furafollas09

Page 1


Ola: Lembras quen son? Velaí vai a miña mensaxe e o meu nome:

Vivamos como

Faíldiños!!

Rexeitemos

Un mundo sen vacacións

Sen tempo libRe ReclAmemos o que é noso!! Podemos

Facer o que nos pete:

desfrutar dO sol, xogar á baraLla, ou ao

baLÓn,

ou desfrutAr simplemente das

nosaS vacacións.


Na arca de Noé caben todos, caben todos… O pai dun minusválido nunha cea:

- Dicimos que Deus fai todo á perfección. ¿Onde está esa perfección no meu fillo Shay? Non pode comprender as cousas coma os demáis nenos, non pode recordar coma eles. Coido que creando un neno retrasado, a perfección que busca Deus é como reaccionamos con ese neno…Un exemplo: O meu fillo di: “¿pensas que me deixarán xogar?” Sei que non é a clase de compañeiro que se buscaría, pero aínda así pidollo a un dos xogadores. Despois de reflexionar di: -Perdemos por 6 puntos, pero creo que pode formar parte do equipo e batear na 9ª volta. Shay lanzou un suspiro enorme. Na 8ª o equipo puntúa, ao final da 9ª gaña outro punto está a dous de diferenza, aínda ten posibilidade de gañar o partido. Agora…¡cousa asombrosa…, danlle o bate!!. Todos saben que é imposible gañar porque Shay non sabe nin como collelo. Colócase, o lanzador. Tira amodo. Shay golpea torpemente sen éxito. Un compañeiro axúdalle agarrando el tamén o bate. O lanzador, xa máis perto e máis amodo, tira. Shay co compañeiro golpea a pelota que recolle o lanzador e vólvea tirar ben alta. Todos berran: “¡Corre, Shay á 1ª base, corre!”.Shay galopa asombrado pola liña de fondo, logra a 1ª base. O receptor lanza a pelota á 3ª base. Volven berrar todos “¡Corre á 2ª!, Shay” “¡Corre á 3ª!” Cando pasa pola 3ª: “¡Fai todo o circuíto, Shay!” Shay, finalmente, completa o circuíto, gañan o partido e todos o levantan nos ombreiros. Todo ese día seu pai estivo con bágoas nos ollos: “Estes rapaces alcanzaron o máximo nivel de perfección de Deus”- dixo. Fermosa historia!! Pero…¿real? Tod@s podemos facela realidade.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN


CABALIÑO DOURADO

CABALIÑO DOURADO DE PÉTREAS CINCELADAS LÉVAME A ESTE MENIÑO Á MORADA DAS AUGAS.

AGÁRRATE BEN, MEU REI, ÁS CRINAS DESTE CABALO SERVIRÁN DE ASIDEIRO PARA UNHA VIAXE DE ENGADO.

ALÁ VAN OS DOUS CATIVOS DACABALO DO VENTO AUGA CRARA, LIMPO AR, ENSOÑOS NO PENSAMENTO.

(S.Fernández)


O SAMAÍN A antiga festividade céltica do Samaín foi habitualmente descrita coma unha comuñón cos espíritos dos defuntos, que especialmente nas datas do 31 de outubro ao 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o do máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos. A festa do Samaín era a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo de un novo ano. Nesa data prendíanse lumes sagrados frotando pólas de capudre e tieso. Con esa cacharela inicial alimentábanse as lareiras de todas as casas.

A noite do 31 de outono comezaba o ano novo celta, como aínda se celebra na Illa de Man, marcando a transición do outono ao inverno. Nesta noite as ánimas dos finados voltan para visitar as súas familias e as súas vellas casas. O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas e a súa festa en honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como Día de Todos os Santos, e no século XII, o día seguinte, Día de Todos os Defuntos.

CURIOSIDADES: a) DE LINGUA: A palabra “Sanmaín” foi usada para nomear un mes no antigo calendario celta, en particular as tres primeiras noites deste mes, co festival, marcando o final do verán e das colleitas. Nos idiomas gaélicos “Samhaín” é a palabra para “novembro” e pode significar ”fin de verso”.

b) SOBRE OS COSTUMES: Polo Samaín era costume baleirar nabos de gran tamaño,despois cabazas, para botarlles dentro ROXANA DOVAL BLANCO (3ºESO A)


O MAGOSTO

O magosto é unha festa típica galega que se celebra no mes de novembro (ou finais de outubro) e na que o produto protagonista é a castaña, que, por outra parte, foi un alimento fundamental na alimentación da poboación antes da chegada da pataca de América. Nesta festa tampouco faltan os chourizos asados ou o viño, pero a castaña no lume é a protagonista. Na celebración acéndese unha fogueira e colócase sobre ela un cilindro metálico con buratos chamado tixolo, ou outro artilugio, sobre o que se depositan as castañas para seren asadas. Antes de asalas fáiselle un corte (amoxétanse) nun dos extremos para que non salten ou esbouren. Tamén é común pintar a cara cos restos da fogueira (borralla), facer xogos populares….

PABLO PÉREZ SOTELO (3º ESO)


Na procura da paz

“Nací durante la guerra y todavía sigue. No tenemos derecho a vivir”( LOUIS BAKUMULU,18 anos, República democrática de O Congo)

Era un neno cando o exército da Unión saqueou a súa aldea e asasinou aos seus habitantes, unha aldea que traballaba maioritariamente labarando a terra, unha das poucas que quedan sen contaminar despois da guerra. A Unión atacáraos xa que a xente da aldea prestaba comida e servizos aos rebeldes. De cando en vez o exército cuidaba que tiña dereito a atacar, roubar, matar, violar e castigar a eses “traidores” e que era o seu deber impartir “xustiza” por e para a patria, pensaban que co método do terror ían acabar cos pensamentos opostos aos deles, pero o único que conseguiron foi aumentar as baixas pero tamén o alistamento das liñas rebeldes.

O noso rapaz, non quero revelar o nome, sería un deses homes e mulleres que pensaban doutro xeito. Era un “rebelde”, coma todos os dese grupo, no que podían atoparse diferentes ideoloxías políticas, razas, sexos…, pero cun único propósito: a rotura das cadeas da ditadura que rexía gran parte do planeta.

ARIS CARBALLO (4º ESO B)


OS NOSOS MECOS

O señor

Meco e a señora Meca

estiveron unha semana moceando na

entrada do colexio, á vista de todos . E resulta que nesa conversa cando trazaron a súa voda . Foi nunha fría mañá cando el tomou a palabra e foi directo ao gran: -Cariño, ¿Queres casar comigo? - Ti volvícheste tolo! ¿Como imos casar así tan…de súpeto -

-Sr. Meco: Si, meu amor, volvínme tolo por ti. E ademais...xa sei onde imos casar. -Onde? -No CPI Antonio Faílde, ou sexa aquí, no meu antigo colexio -Por que queres casar no colexio? Non podemos casar nunha igrexa co seu cura e a súa ceremonia? -Non, eu quero casar contigo neste colexio e que oficie o acto o profe de Relixión, que é cura, e os convidados serán todos os rapaces e rapazas da escola.

E así foi. Ao cabo de dous meses, o 14 de febreiro, en vésperas do entroido, casaron. Viviron tan felices coma nos contos e tiveron dous mequiños: a un chamáronlle Antonio e a outro, Faílde.

ALFONSO LOBELLE MAN (3º ESOB)


COPLAS DOS MAIOS MANUEL, SANTI E HÉCTOR (5º PRIMARIA)

Gústanos a clase de EF Neste colexio pasámolo ben

co profe Gabriel,

cos nosos amigos,

non deixa facer o que queremos

cos profes tamén.

pero pasámolo ben.

Temos un patio

Na clase de Matemáticas

ben axardinado

hai que estudar as fraccións

traballan os nenos

e aínda que é divertida

e o profesorado.

dánme alteracións.

No noso comedor

Na clase de Inglés

xantamos

este curso non hai naves,

moi “ sano ”

legumes, carne, peixe…

era un xogo divertido.

todo fresco, do mercado.

¡Queremos que nolas rescate!

Como ten que haber de todo hai nenos pouco educados, Insultan, pegan, din palabrotas. Non fan caso aos mandados

Tamén os hai educados, estudan, traballan, saben comportarse e cumpren co ordenado.


AS FONTES Dende o CPI Antonio Faílde de Cambeo queremos que o traballo realizado, sexa unha pequena homenaxe a todos os homes e mulleres que, ao longo dos anos, velaron por un dos elementos que mellor definen á nosa terra: a auga. Amosamos a nosa gratitude hacia todos aqueles que, apreciando o seu valor no xusto termo, con poucos medios e moitos esforzos, non só souberon buscar mananciais, abrir pozos, canalizala para construir muiños ou facer fontes, senon que tamén a gobernaron con responsabilidade, xa que entendían qu era un ben que tiñamos que herdar os seus descendentes. A todos eles adicámoslles as fontes que este ano fixemos no centro e facemos votos para que a súa presenza, o seu murmurio nos sirva de estímulo para proseguir, en vindeiros cursos, o labor de investigación sobre o estado actual dos mananciais do concello, pois desexamos que volvan ser o que no seu día foron: os puntos neurálxicos da vida das nosas aldeas e da convivencia das súas xentes.


O

QUE NON QUEREMOS VER

Unha fonte vertedoiro

Fonte desaparecida para facilitar a entrada a unha leira

Fonte desaparecida porque fixeron enriba unha estrada

Isto obr铆ganos a seguir en pr贸ximos cursos traballando e concienciando da necesidade de conservar as fontes en bo estado


CUESTIÓN DE GLAMOUR?

(CARICATURA)

Nos anos 90 deuse a coñecer unha esmirriada rapariga con beizos de ventosa, patas de flamenco e mirada provocativa. Victoria, agora coñecida como a “Beckham”, triunfou cando formaba parte do quinteto “Spice Girls”. Era morena, con voz de vinteañeira que avasallaba ao público con sensuais coreografías, múltiples entrevistas e pousados do máis…¿como dicilo? do máis “orixinal”. O grupo disolveuse e xa non se soubo máis da mencionada Victoria, pero a rapaza non estaba a perder o tempo e andaba a tontear cun garrido mozo que calquera coitadiña daría ouro e máis por tocar, aínda que fose unha deda dos seus pés, mais a afortunada non foi outra que Vicky que para estar á altura do maromo experimentou varias transformacións: aumentando de tamaño considerablemente os seus peitos, perdendo cada vez máis peso ata converterse nun “chupa chups”… Casaron e a rapaza empreñou e empreñou ata ter a día de hoxe uns…¡catro fillos! ¡Mi madriña …non sei onde os xestou, se está esmirriada! Victoria é adicta á perruquería, ás compras… que se Chanel, Dior… e claro, cando o rapaz cambiou de equipo e se veu para Madrid trouxo a tropa, pero xa se encargou a xefa de escoller unha casiña, nada, unha casucha dun bo feixe de billetes que non caberían en dous cestos de uvas. Mais a rapariga non se atopaba cómoda…porque en España non hai “glamour” e seica cheira a allo… tócate o carall…, sabía que Sevilla ten un olor especial ¡pero non sabía que se estendera con tanta rapidez por toda a península! O conto é que a adiñeirada familia non ficou con nós ( correu a sorte para os españois, ¿non lles parece? O caso é que marcharon coa música a outra parte, e agora chegan novas de Victoria paseándose coa esposa dun tal Cruise e lucindo novos modeliños. Só esperamos, Vicky, que non esquezas o noso cheiro a allo, porque sería unha mágoa volverte a ver polas nosas alfombras vermellas.

Martín Araújo. 4º ESO


O MONOPATÍN

VOADOR

O venres saín da casa e vin como o autobús xa pasara, así que tiven que coller o meu monopatín voador, aínda que miña nai pregáralle a Robotina que non mo deixara levar ao colexio, pero collino sen que se dera conta.

Ao chegar ao colexio os meus compañeiros quedaron impresionados, porque o meu monopatín era de última xeración. Aquel día aparquei o meu vehículo e fun a clase. Cando rematei saín correndo para coller o monopatín, pero…¡non estaba!! Non sabía que facer, miña nai íame matar…Custáranos un millón de electromoedas e agora ¿que?...

Voltei á casa no vello autobús, dos que xa case non queda ningún, e ao chegar, Robotina díxome que miña nai xa me estaba a agardar na sala virtual. Oh, Deus, que intermedo!!! Pensei que me ía preguntar polo monopatín, pero non, só me rifou por suspender electromates. Saín fóra correndo e alí estaba o ultravehículo. Robotina explicoume que tiña un programa para volver só.

Mª NIEVES RODRÍGUEZ GONZÁLEZ ( 3ºESO B)


GREGUERÍAS - El lápiz saca todo el amor del papel sobre el que pintas. - La sonrisa de tu boca resplandece por la noche. -La inspiración se me ha parado en el medio del viaje. (AïSA,1º B)

-El cielo está esperando que el pájaro suba volando para saludarlo. -El viento silba para enamorar a las hojas. -El mar acompaña al velero solitario. -El reloj no va a llegar a tiempo a su reunión. -Las nubes lloran porque no ven a su amigo el sol. (ALEX,1º B)

-El velero hace cosquillas al mar. -El tacón es la Torre Eiffel. -El tigre es feroz como un león muerto de hambre. (ANDRÉS,1º B)

-Las olas del mar son cientos de leones abalanzándose sobre los barcos. -La gaviota pensativa está aislada en un islote como un náufrago. (DAVID, 1º B)

-Las nubes rascan el cielo y poco después la lluvia brota y se estira hacia los campos. -La luz hace cosquillas en los pies a la oscuridad en una habitación triste y solitaria.

( JANET,1º B)


RECORDOS Sentas a carón do lume. Contemplas os milleiros de formas que o fogo debuxa no aire, formas que aparecen e desaparecen, que nunca volven ser iguais. Sentes a calor da chama na túa pel, esa que che recorda aquelas tardes de xullo, hai xa bastantes anos, correndo polo prado, ollando o seu sorriso, comtemplando a súa mirada. E os recordos reclaman a túa atención tan só por uns segundos, segundos que aproveitan para somerxerse no salgado mar da túa melancolía, e logo saen rapidamente, deixando un enorme oco no baúl dos sentimentos. Recordos... recordas aos amigos da infancia, o primeiro amor, o primeiro bico, algúns dos amores que viñeron despois, a maioría xa esquecidos, o amor verdadeiro, o que espertou en ti o maior sentimento de afecto, de felicidade... Recordas as romarías do pobo, as tardes cos amigos, os saltos ao río dende a vía do tren, as carreiras ata o cruceiro, o arrecendo do caldo da mamá, as festas da matanza, o sabor dos chourizos no magosto, asados nunha fogueira que o teu pai che axudaba a facer, a maxia da queimada, os contos da avoa... Botas de menos aqueles momentos, que xamais se repetirán, momentos cuxo reflexo permanecerá sempre gravado na túa memoria. Pero sobre todo estráñala a ela, si, a ela, coa que viviches os mellores momentos da túa existencia, coa que percorriches as paraxes máis marabillosas, aquela que che proporcionou os días máis felices... A túa mocidade. Cando deixei de ser un neno?

SABELA VARELA (4º ESO A)


COMA UNHA ROSA Es tan delicada coma unha rosa, tan fermosa es coma un caravel. Son os teus ollos tan inquedos, coma as bolboretas que andan a voar no meu corazón Pero…que lle queres? Así é o amor. SABELA MARTÍNEZ(2º ESO B)

O LIBRO CONTACONTOS O día do libro é xenial,

Dime,

E ademáis moi especial.

Libro de cartón ¿Podes ser de algodón?

O libro pode ser grande Ou pequeniño, de colorins

Aos nenos pequenos

Como algúns collíns.

Cóntalle un conto

O libro ten

Que están tristes e teñen sono. JULIA LECUONA (3º Primaria)

Historias xeniais Ainda que nunca son reais.


DICIONARIO DE VOCES ESQUECIDAS Arnela: anela de parede, para prender aos animais.(Chantada) Baldrogas: baldreu (A Veiga do Bolo) Bostarego.-a: aplícase a alguén que está tirado no chan. (A Veiga do Bolo) Bregueiro: xugo, pau que se utiliza para suxeitar as vacas.(A Veiga) Cadabullo: cabeceira dunha finca que se ara transversalmente. (Gustei) Caspirrio: home que lle toca a todas as mozas. (S. Cibrao das Viñas) Colmaza: tellado de palla.(Gustei) Cornello: recanto, esquina ( Vilamarín) Covacha: parte posterior do pescozo, caluga.(A Veiga do Bolo) Chousa: eido, finca pequena e pechada. (Chantada) Esbolsar: rebordar un líquido (A Veiga do Bolo) Emboligar: revolcarse polo chan (A Veiga do Bolo) Gabela: 1.Manoxo 2. Banda de malfeitores. Ladrairo: táboa que se usa nos laterais do carro para que teña máis capacidade.(Gustei) Langrina: fame (A Veiga do Bolo) Moxega: caixa de madeira dende a que cae o gran para a moa do muíño (Gustei) Pernillotos: pernas gordas (A Veiga…) Raer: tensar unha corda ou adival(Chantada) Sucarrío: suciedade que se acumula no fondo dun recipiente.(Gustei) Troupelear: facer ruído cos pés. Zorrego: corda longa para bater noutro. (Chantada)

Colaboraron: -NURIA(4º ESO B) -RAÚL (6ºPRIMARIA) -BRAIS(3º PRIMARIA) -S.FERNÁNDEZ(PRIMARIA)


O MEU COLEXIO EN UCRANIA Son Sofía Lykhohray . Cheguei aquí a Cambeo en xaneiro. Xa é o cuarto mes que levo aquí en Ourense e no colexio atópome máis cómoda. Ao principio tiña moito traballo coa lingua e a dificultade de que todo era novo para min(edificio, profesores, compañeiros…). Eu viaxei por escolas de moitos países utilizando, polo tanto, distintas linguas. Con catro anos estaba estudando alemán, o ucraniano só sabía falalo e agora fáloo só con meus pais; con meus irmáns falo en alemán. Na cidade en que nacín só vivín cinco anos da miña vida e despois residín tres anos na cidade de Odesa, onde tres veces á semana estudaba ruso. Alí, nas cidades fálase máis ruso, pero nos pobos, ucraniano. Nas clases practícase máis disciplina que aquí : cando queres dicir algo debes levantar a man e despois erguerte para falar. Cando a profesora entra na clase todos os alumnos se levantan e din:”Bos días”. Os profesores e os alumnos chámanse co nome seguido do nome do pai e sempre debemos chamar con “vostede”. En relación coas materias que se estudan, alí temos as mesmas que aquí en España, pero estúdanse por separado: Xeografía, Álxebra, Bioloxía, Química…e para cada materia hai un profesor. As clases comezan ás 8:30h e rematan ás 15:00h Despois de cada clase temos 10 minutos de recreo. A comida(un bocadillo) levámola da casa porque non hai comedor. En canto ao tempo de escolarización, estudamos dende os 7 ata os 17 anos cos mesmos profesores. Despois dos 15 anos podes ter un exame moi importante de sete materias e deixar o colexio e ir a estudar a un instituto onde xa podes elixir a rama que máis che gusta. As opcións que teño neste sistema gústanme moito máis que en Ucrania. Espero encontrar aquí o meu futuro.

SOFÍA ( 4ºESO B)


QUE BONITA ERA! Dicían que viña dun país que eu daquela descoñecía. Rusia, creo que me dixeran. Coñecina un día que facía moita calor, dunha maneira un tanto peculiar. Eu estaba no Parque das Pombas, xogando ao fútbol. Oín berrar a miña nai desde a nosa casa para que fose merendar. Corrín rápido e tropecei caendo por riba dunha rapaza. Pedínlle desculpas moitas veces, pero ela non me contestou. Pensei que se cadra non sabía falar galego.

Ao día seguinte cando fun á escola quedei abraiadao. A rapaza do incidente do parque estaba sentada ao meu carón. Saudeina, pero ela sguía sen responderme. O profesor díxolle que se erguera e que se poresentara, pensei que nos ía falar en ruso. Retirou amodiño a cadeira cara atrás e dixo : -Bos día, chámome tatiana e veño de Rusia. Quedei abraiado. Sabía falar galego!!! Cando rematou a clase, veu onda min e pediume desculpas por non me falar. Apampado, eu non deixei de mirar os seus beizos encarnados que destacaban sobre a súa pel branquísima. Reaccionei e púxenme a falar do tempo, dos horarios…de nós. Cada tarde vémonos no Parque das Pombas. Dende o primeiro día souben que me namoraría dela.

ANA RODRÍGUEZ NOVOA(4º ESOB)


PIERCING

E

ROCK And

ROLL

Un piercing dá para moitas conversas na casa. Aínda que non deixa de ser un insignificante cachiño de metal pendurado nunha parte do corpo….Pero para os pais, non, diso nada. É unha temida demanda dunha adolescente rebelde que non quere ser “normal”. É unha resposta negativa que non ten que ser argumentada. Un piercing é asociado a unha cultura determinada, a unha maneira de andar pola vida que aos pais non lles gusta nadiña de nada.

Outro tanto ocorre coa música: é a que me acompaña sempre e faille disfrutar de momentos pracenteiros. É un medio de transporte ao mundo propio, que non é tampouco o mundo dos pais.

Despois de lles ler isto na casa, dixéronme que, con poñelo por escrito, tampouco coaba. Ben, terei que seguir intentándoo.

ELISA COUTO FIGUIRAL(4ºESO A)


Adiviñas Coa súa cola inmensa

Se sopra o ar

E o seu traxe gris

Á cara vén

Busca na despensa

Quen é calvo

En calquera país.

Non o ten.

Redondo, redondo

Dous exércitos en pugna:

Coma un queixo

Un negro e outro branco;

A cara coma o carbón

Ao lado do rei, a raíña;

E o longo rabo, moi teso

Xunto á torre, o cabalo. Sandra 4ºPrimaria

Cariña sonrosada, Figura espiñosa ¿Por que tes apertas tan dolorosas?

Seica a cenoira me gusta Saltando vou polo prado E quedo petrificado Se algún cazador me asusta.

Teño dentes que non morden E o meu corpo é alongado. Eu desenredo o teu pelo. Ben sexa liso ou rizado.

Mírian 4º Primaria


FLOR DE DESENGANO Coma se fose certo

“Lograr escapar”,

na noite fría de inverno

sombras tras de min

a escuridade era

sempre a me perseguir

o meu doce tormento

collo a túa man e así escápome deste inferno.

A lúa reflectía todos os meus medos,

Aquela flor de desengano

mentres o teu recordo

por fin xa se murchou

arrastraba o vento.

e a soñar me deixou co mundo noso

De súpeto chegaron Agora onda ti

ás túas mans, que ao tocarme, despexaron as nubes da miña soidade.

comezarei de novo a vivir e voltarei a sentir o latexar do meu corazón

ANDREA LORENA RIVANERA (4º ESO A)

Agora xa non lembro se aquilo era real ou só un soño efémero.


AI, QUE MEDO !! Eu tiña medo non sei a que. Agora estou ledo Dime, ¿por qué?

Cando era meniña de algo medo tiña. ¿Que podía ser Para tanto medo ter?

Tiña tres anos, andaba correndo, entrei nunha casa e fuxín tremendo. A casa era vella, chea de arañas. Había uns libros que contaban patrañas.

Sería un doutor que branca bata tiña? e que sempre me viña cunha enorme xiringa? Algunhas veces pinchábame e despois o trampeiro un carameliño dábame. Así naceu o meu terible medo que a aquel doctor lle debo.

Había dous nenos, eran moi malos, non tiñan medo, pegábanlle aos gatos.

LUCÍA RGUEZ (3º ESO A)

Fuxín para casa cheo de medo, espertei deste soño, aínda era cedo. DAMIÁN CONDE (3º ESO A) Na casa da miña veciña Hai unha vella embruxada Sempre sae coa vasoira Na procuar dun anano ou unha fada Pero ao que máis medo lle tiña Era ás noites de lúa chea Pois sempre andaba unha rapaza Pedíndolle esmola a Dna. Fea. ELENA (3º ESO A)


SUCEDEU EN CANTABRIA Levabamos moito tempo pensando nela, pero xamais imaxinamos o xenial que sería. Todos xuntos, os que levamos dende pequeniños no colexio máis os que foron chegando. É algo que quedará para todos nós como un fermoso recordo convertido sempre nun sorriso e en anécdotas. Un mes antes, xa estabamos organizándonos, sobre todo as rapazas : que se as pranchas do pelo, que se a roupa,o bañador, a crema de sol, as botas para neve, as botas para ir á disco, estes zapatos, aqueloutros, que se estas pulseiras con esta camiseta que se aqueles pendentes con aqueloutra… Quen pudiera voltar ao luns 30 de marzo. ¡Bendito día! As 9.30 a entrada do colexio semellaba un aeroporto: todos contentos coas nosas maletas e miles de aventuras que nos esperaban… O camiño aínda sendo moi longo foi levadeiro, fixemos varias paradas. Inmellorable Ángel, que nos puxo ese pedazo auto!: asentos de coiro, dvds, mesa para xogar ás cartas… En resumo, un autocar “lo más de lo más”. Xa no albergue a iso das oito da tarde cada un xa estaba na súa habitación cuchicheando sobre o que habería para cear. Esa noite comezamos a falar cos de Guadalajara. Ao día seguinte xa sentiamos que o albergue era “noso” levabámonos moi ben con eles incluso nos días seguintes, algún “pimpím” falaba coma eles..imitando o seu acento,dicindo que se lle pegara!! Case sen decatarnos, os días foron pasando… O mércores,que día! ¡Picos de Europa!. Vinte e tres rapaces rodeados de neve, xunto cos de “Guada” que nos acompañaron un tempo naquel paraíso cuberto de branco! Foi moi bonito. O último día, foi xenial e o tempo tamén axudou: fixo un día de sol radiante para ir ás canoas e estivo unha tarde fresquiña para facer o circuito de aventuras de “marras”nas que a case todos lles tremían as perniñas e algún que outro tropezou. Pola noite fomos á disco onde bailou o que mais e o que menos pero fixémolo todos, mesmo instalaron unha tarima á que subiron os menos vergoñentos para amenizar a festa. Esa noite foi boísima aínda que as demais tamén tivemos bailes propios e todo: sex boom, ou paradexa!! Pero esa como era a última creo que lle demos máis importancia, ¡foi xenial! xuntámonos todos, os de aquí e os de alá. Fixemos festa, pero non de música, senón de parvadas das nosas: tirados enriba das camas, puxémonos a contar cousas e rir a gargalladas, a xogar as cartas e rirnos do que perde ou facer trasnadas varias: que se esconder un pixama , que se destapar cousas tontas que naquelas habitacions facíannos rir mundos. Chegou o venres e con el a volta á casa, as despedidas dos monitores mellores do mundo (Sergio e Alex) e a dos rapaces de Guadalajara. Uns choraron, outros quedaron mal, pero… ¡¡¡Rapaces s de Cambeo, só será un ata logo nunca un adeus!!! Laura Lobelle e Uxía 4ºB ESO


My uncle Antonio My uncle Antonio is a blind person. When he was young he had a car accident and lost his sight. I´m very proud of him because he can do almost the same things that a person who is not blind. He lives alone in Valencia and the rest of his family lives in Galicia. He works in a kiosk selling coupons of lottery. Every morning he wakes up and goes to the bank that is very far from his house. Then he goes to his work. When it´s time to have lunch, he goes home and cooks his own food. He cleans his house, too; but he can´t clean totally well. Sometimes a girl cleans his house and cooks for him when it´s difficult to cook some food. He can use his computer like a not blind person because he has got a programme that talks and tells him everything he does. He has got a walking stick when he walks on the street. He watches tv as if he could see the images. He is a person who is very brave and independent. In addition to that, he is very friendly and talks to the people without shame. He knows everyone who works near him and they treat him very well. When he walks on the street and passes by a place where he knows someone, he greets him or her as if he could see that person. When someone buys from him the first time, he or she always returns because people like his temperament a lot. He lives alone because he likes hot places and in Galicia there is not heat, but he is not afraid of living alone. We talk to him very often. I think he is the best person in the world because he always tries to help everybody and he gives everything he has got without interest. by

Sabela 4º A


CONCURSO “palabras para namorar” Laura, Lauriña, es pequeniña…. Dime…¿Ti queres á túa irmanciña? Espero que si!!...porque é moi boíña. Ti es linda e cariñosa E por iso es fermosa ¿Que che gusta? ¿Qué che gustaría? ¿Levar unha bonita alegría? Os teus ollos son marróns, O teu pelo é de ouro, E falas máis ca un loro Cabaliño, cabaliño, Cabaliño da terra, Cabaliño, cabaliño, Cabaliño da néboa, Tanto che gusta, Tanto os amas, Que se non existisen, Ti non falabas. JULIA LECUONA LABARTA ( 3º B)

Cuando diluvia al patio sale Julia. Con toda su alegría, canta todo el día.

Cuando diluvia al patio sale Julia, cantando y bailando. Y también saltando.

Me enamora sentirla, me enamora tenerla, por eso cada día yo quiero verla.

Me enamora sentirla, me enamora tenerla porque es preciosa y la más cariñosa.

LAURA LECUONA LABARTA (5º PRIMARIA)


O MEU LUGAR MÁXICO

O meu lugar máxico é a casa dos meus avós. Aquilo é diferente dos demais lugares que vin. Alí as árbores florecen antes, os froitos saben mellor. Os meus avós están orgullosos do que fan cada día. Agora xa sei porque os animais están mellor alí. Paseino xenial con Uxía, a non ser polos cans. Iso si que foi pasalo mal. Ah! Uxía é a miña amiga. Xogamos xuntas ao fútbol e ás agachadas. A miña nai e a avoa estaban cociñando e eu facendo pastas de millo. Ao cabo dunha hora fomos durmir. Ao día seguinte a miña tía trouxo unhas pitas pequenas e eu comín ovos delas. SILVIA (3º PRIMARIA) O meu lugar de vacacións foi Castela e León nunha casa afastada do pobo. É un lugar moi tranquilo. Ten un pequeno río que se forma a partir dunha fonte. É un lugar moi salvaxe, non hai fábricas… ten montañas pequenas, moitas árbores. Era un sitio onde reinaba a natureza. Paseino moi ben. Fun pasear polo monte, atopamos un niño nun carballo, collemos fresas…E así todos os días. Espero ir de volta o ano que vén. BRAIS FERNÁNDEZ ( 3º PRIMARIA)


DEICA LOGO! Fai trece anos que cheguei a este colexio e , segundo conta miña nai, aquel día non parei de chorar, pero grazas á tenrura e cariño da miña primeira mestra, cada día foime custando menos quedarme. Son moitos os profesores que me deron clase e que, sen decatarme case, fóronmre ensinando cousas que espero non esquecer nunca. Con Dna. Marité e Dna. Lola aprendemos as primeiras letras e números. En primeiro e segundo de Primaria foi Dna. Fina (que con tanta delicadeza escribía na pizarra) a que nos ensinou a resolver os primeiros problemas de matemáticas; con Dna. Encarna en terceiro e cuarto aprendín educación, respecto aos demais e …matemáticas, moitas matemáticas; en quinto e sexto todo cambiou: Xusto e Lupe mostráronnos un xeito novo de estudar. Ademais aprendemos que non abonda con ser listos, hai que ser “listismos!!”. Soco e Ana, rompían o decorrer diario coas súas clases de Inglés e Música, onde, ademais de aprender cancións novas aprendemos a tocar a frauta. E tamén da ESO gardo moitos recordos: as silenciosas clases de Inglés coa dire e as variadas clases de Dn. Antonio ( ora escribindo, ora sachando) eran as horas claves do día, as xeroglíficas fichas de Inglés e as intensas clases de Física marcaron tendencia. Hoxe doume conta de que é imposible resumir trece anos da miña vida nun anaco de papel. Cervantes deixou a man, Van Gohg deixou a orella, Cinsenta deixou o seu zapato e eu deixo centos de recordos nun colexio que nunca poderei esquecer. A xente, cando se despìde dalguén que non vai volver a ver di adeus; eu dígovos a todas e todos: DEICA LOGO !!!!!

MARTÍN ARAÚJO MOSQUERA (4º ESO A)


COMO É O FUTURO?? -Acordaste do avó Pablo?- preguntoulle Electro a sua irmá Estrela. -Como o vou esquecer?- respondeu ela. Electra colleu o álbum dixital das fotos e empezou a recordar o seu avó: - Lembro o que nos contaba que pasaba cando el era mozo, alá polo ano 2009. O quentamento global, as guerras en Asia, a crise económica e mundial, o practico que resultaba Internet… -E acórdaste cando se comentou que barack Obama foi o primeiro presidente negro de EE.UU?dixo Estrela cun pequeño sorriso burlón. -Si, si, que raro,verdade? Hoxe en día hai moitos gobernantes negros. Ata o presidente de España é negro e goberna moi ben . Que che parce?-dille el. -Pois estou de acordo contigo irmán -dixo Estrela moi decidida. -E que me dis de cando só lles faltaba arrincar os pelos da cabeza pola crise económica dese ano?-dixo Electro pulsando a tecla para pasar as fotos do álbum. -Cala, cala, que sempre se poñía tristeiro cando contaba que moitas familias non chegaban a fin de mes. El nunca pasou por iso, pero dicía que era terrible. - Agora penso que nós tampouco estamos moi ben que digamos…eh? Xa sei que estamos moito máis informados e evolucionados que na época do avó Pablo. Hoxe a esperanza de vida dunha persoa é de cento cinco anos grazas aos fármacos, aos robots e máquinas. Os rapaces substituíron ás mochilas, que pesaban máis ca eles, por cómodos portátiles de alta tecnoloxía. Trox Pret foi o primeiro home que pisou Xúpiter…Pero… de verdade queremos evolucionar? Sabes a que me refiro, Estrela? – E cáenlle unhas grosas bágoas que limpa á camisa ecolóxica. - Irmán, non empeces xa- intenta animalo Estrela. -Gustaríame falar co veciño do tempo que fai, de como lle vai …De calquera cousa, pero falar. -Xa o sei, pero…Con quen vas falar, a parte dos teus, nunha cidade na que cada un vai ao seu?, co condutor do aerobús? E agora aínda máis, que somos vellos… - Mira, o mellor que podes facer é vivir a vida na época na que estás, con problemas ou sen eles…e non lamentarse de nada- díxolle ela e deulle unha aperta. -Que remedio, irmanciño, que remedio…

LUCÍA RODRÍGUEZ (3º ESO A)


DEPORTE A RACHAR Xornadas con Cea Coma outros anos, os rapaces de Cambeo fanlle unha visita ao colexio de Cea. Alí xogamos a moitas cousas: batminton, baloncesto… co único obxectivo de divertirnos e á vez coñecernos. Cada ano que pasa as súas caras fánsenos máis coñecidas, xa que non é o primeiro ano que facemos esta visita . Logo, comemos alí todos xuntos e así establecemos xa unha amizade co colexio veciño. Cando nos despedimos, facémolo con tristeza e coa esperanza de volvelos ver o próximo ano. LAURA MOSQUERA (5º PRIMARIA)

OS XOGOS DO PATIO No bosquete do noso colexio hai moitos xogos populares : as canicas, as chapas, o brilé, o tres en raia, o voleibol, a chave, o pano, os bolos… Sempre que podo vou xogar alí abaixo porque é moi divertido. Os xogos non están disponibles todos os recreos, por iso eu quero pedirlle ao noso profe que os poña máis días. LAURA LECUONA (5º PRIMARIA)


A PROPÓSITO DE MASLOW Hoxe na clase tentaba concentrarme pero non podía. O meu pensamento era alleo a todo o que o profesor explicaba, xa que hoxe é 17 de febreiro e non deixo de pensar no día que marchou, para converterse en Médico Interno Residente. O profesor acaba de mencionar a Maslow… que dixo que todos buscamos as mesmas cousas na vida: primeiro ter saúde, que fai referencia ás fisiolóxicas, logo buscamos que alguén nos protexa, e nos faga sentir seguros, logo , segundo di, queremos relacionarnos cos demais. Para min é fundamental, xa que non hai nada mellor que, cando te sentes soa, ter a certeza de que no outro lado da liña tes alguén escoitándote. A esas cousas Maslow chamoulle sociais . E xa case rematando, dixo que a todos nos gusta sentirnos escoitados, que a xente entenda os nosos actos, pero algunhas veces as decisións da xente chégannos a doer demasiado e pensamos que se fan con mala intención. A última sería a da autorrealización que, segundo Maslow, é a que el estaría levando a cabo, pero Maslow non sabe o que é despertar ao seu lado cada mañá. Se teño que ser sincera, penso que el podería agora mesmo estar comigo, así que dígolle a Maslow que esas cousas que llas vaia contar a outra. Porque o que sinto hoxe chámase PENA e desa Maslow non fala. Eu penso que é moito mellor chamarlle a cada cousa polo seu nome sen pensar en todas as historias que nos contaban de cativos para que os problemas non fosen máis ca un soño tapado por unha historieta.

UXÍA (4º ESO B)



A EUTANASIA Todos sabemos que a eutanasia consiste na morte inmediata dun paciente só co fin de evitarlle sufrimentos insoportables e a prolongación dunha vida artificial. Neste tema tan delicado existen basicamente dúas posturas: os que están a favor e os que están en contra. Nos casos máis leves e menos polémicos, como por exemplo cando o paciente non quere sufrir máis e quere levala a cabo, como foi o caso de Ramón Sampedro. ¿Por que vai ser considerada un delicto se o enfermo o decide? Existen outros casos que a min me parecen máis complexos: a situación dun paciente en estado vexetativo. Este caso ten moitas contradiccións, pero ao meu parecer, tamén os pros superan os contras: unha persoa no estado en que estaba esta moza italiana que levaba 17 anos nunha cama, só vive artificialmente e oseu corazón latexa grazas aos fármacos que lle suministran. É coma se fose un corpo inerte, sen vida, e o paciente non pode decidir. Así que en casos como o primeiro, deberíase deixarlle escoller ao paciente, e en casos como o segundo ¿por que non evitar a prolongación do sufrimento?

LAURA VALCÁRCEL CAO (4º ESO B)


VIDEOVALORES Este curso na hora de titoría vimos a película THE WAR (A guerra) e gustounos moito. Todo sucede nunha apartada vila de EE.UU., despois da Guerra do Vietnam. Despois da guerra chega á súa casa un soldado que está casado e ten dous fillos. Ao longo do verán o pai trata de explicarlles aos fillos que a guerra non conduce a nada e que a mellor maneira de resolver os conflitos é a través do diálogo. Pero a realidade cotiá mostraba a dificultade para levar a cabo ese obxectivo: a rivalidade entre bandas, as dificultades económicas, a discriminación racial, a loita entre sexos… Pero, pese ás dificultades, o protagonista tratou de conseguir a súa tarefa. A película tamén nos ensinou a importancia de loitar polos nosos ideais. 2ºESO B

Pois nós os de 4º e Alternativa de 5º vimos outra película moi interesante, chámase LIBERAD A WILLY. Vimos que un rapaz con problemas de comportameto consigue rehabilitarse coñecendo a unha orca asasina que vive nun acuario,axudandoa a ser libre . Nesta peli a aprendimos: • A importancia de que os animais vivan no seu habitat. • A importancia do cariño e o afecto nos rapaces. • A importancia da vida en familia para os nenos. • A liberdade como valor fundamental.… E se queredes saber como unha orca asasina salta un peirao tedes que ver esta película. 4º e Alternativa 5º PRIMARIA

Eh!, que nós os de Sexto de Primaria tamén vimos unha peli de valores na clase de Reli. Titulábase “BINTA Y LA GRAN IDEA”. Binta é unha nena de seis anos que vive en Senegal. O seu pai é pescador e súa nai traballa a terra . Binta vai á escola, pero a súa prima Cora non pode ir. O papá de Binta non sabe ler nin escribir, por iso lle pide a ela que escriba uunha carta ao gobernador na que lle explica a súa idea para rogresar. Nesta peli aprendemos: -como viven nun país empobrecido. -a educación como forma de progreso. -a discriminación da muller. -a verdadeira felicidade: non importa o que temos, senón o que podemosdisfrutar. Pero o mellor de todo foi a idea do pai de Binta. Queredes saber cal é? Pois…tedes que ver a película. É curta . Só dura 30 minutiños.

6 º PRIMARIA


CAMBIO DE PLANS Unha potente luz entraba pola fiestra ilumnando toda a habitación. Entre folios e follas escritas nunha letra incomprensible, Carlos busca con nerviosismo as súas chaves. Quedárase dormido. Aínda que ocorrese un milagro, sería imposible que cegase a tempo á universidade. A puntualidade non era o seu, sen embargo a súa paixón pola medicina convertérano nunha persoa extraordinariamente metódica. Lonxe quedaban todas as aspiracións e desexo de axudar aos demais. Con trinta e dous anos, a súa vida volveuse tan monótona e aburrida coma a do resto da xente: madrugar, présas atasco, traballo, insomnio… Os seus soños sempre foran grandes: cando tiña sete anos pensaba que de maior sería unha auténtica estrela de fútbol e adestraba cada semana no descampado que había fronte ao supermercado. Foi o día que comezaron as obras cando Carlos renunciou á súa carreira futbolística: en calquera lugar no que adestrara a pelota iría bater contra algunha fiestra. …E así cambiou a súa idea do futuro…Xa fai tempo que non falamos, pero lembro moi ben a súa última chamada. A súa voz soaba distante ¿Que nos pasou? Quizais el camboiu, ou eu cambiei. Mañá irei á casa de miña nai e poida que o vexa.¡Cantas ganas teño de abrazar ao meu querido irmán. Se cadra todo volve ser coma cando vivía papá. ANDREA LORENA RIVANERA L. 4º ESO A


CHISTES No dentista: Paciente: ¡ Ese non é o dente que me tiña que sacar! Dentista: Cálmese, enseguida chegarei a ese tamén. Pai: ¡Fillo! Baixa do coche e dime se funciona o intermitente dereito. O fillo baixa do coche decidido: -Agora si, agora non, agora si, agora non… PATRICIA CAMBEIRO 3º Primaria

Exame de Historia nunha escola para adultos: -¡A ver!Aquel que está onda a porta.¿Cando ocorreu a batalla de Trafalgar? -Non o sei. -¿Pero saberá quen perdeu en Waterloo? -Waterloo? Nin idea. -Vexamos, ¿Quen incendiou Roma? -Non sei nada diso. -Entón ¿Qué fixo vostede á noite en vez de estudar? -Estiven xogandoás cartas. -¡Moi bonito, home! Non sei a que vén vostede aquí. -Veño poñer unhas bombillas. Son o electricista. -Mamá, hoxe non quero ir á escola. -¿Qué che pasa fillo? -Pois mira, primeiro porque teño sono, segundo porque me aburro e terceiro porque se rin de min. -¿Sabes o que che digo? Que tes que ir. Primeiro porque é a túa obriga, segundo porque tes trinta e cinco anos, e terceiro porque es o director. -¿Canto tempo fai que vostede non roubaba? -Cinco anos, señor comisario. -Bastante tempo. ¿E onde estivo durante eses cinco anos? -No cárcere. Dous nenos saen do colexio, e dille un ao outro: -¿Que tal che saiu o exame? -Fatal, deixeino en branco. -Anda, eu tamen ¡A ver se van pensar que nos copiamos. SANDRA 4º Primaria A nai de Marta estaba embarazada de nove meses cando Marta lle preguntou: -Mamá, ¿Por qué estás tan gorda? -E que traguei moito aire, filla. A semana seguinte nace un irmanciño. Mara dille ao bebé: -¡Benvido, Peidiño! LORENA 5º Primaria


A HISTORIA DE NOÉ Chamábase Noé. Coñecino un día por casualidade, pero nunca imaxinei que traía tras de si unha historia tan conmovedora. O noso veciño era unha persoa famosa. Todos quedamos abraiados o día que se anunciou a súa morte en todos os canais. Vaia, en todos non. Miña avoa sabía a historia mellor ca ninguén e decidiu contárnola: Noé naceu na Alemaña dos anos 30, cando Hitler tiña o control do país. Como seus pais eran xudeus, a familia tivo problemas para evitar unha morte segura. Todos os días se tiñan que agachar sen poder durmir sequera. Cando Noé tiña cinco anos seus pais decidiron fuxir con el para Túnez onde vivía un irmán de Dna. María, e era o alcalde dunha pequena vila. Realizaron o traxecto en barco e fixeron boas migas cun grupiño de soldados que, aínda que eran das filas de Hitler, non estaban de acordo coa matanza dos xudeus. Nunha desas noites cando todos durmían, os piratas asaltaron o barco e acabaron con toda canta xente pillaron. Cando Noé espertou e viu a seus pais bañados de sangue quedou aterrado, pero os gardas “amigos” colleron a Noé e metéronse nun bote no que estiveron dous días ata chegar á costa. O neno quedou a vivir na casa dos gardas ata o ano 1995, data en que emigrou a España. Alí casou coa filla dun dos gardas e tiveron dous fillos que agora xa son mozos. Mentres o garda-patrón viviu non o pasaron mal, pero ao morrer seu pai no ano 90, todo se volveu miseria. Entón decidiu emigrar a España nunha patera e así traballar aquí e mandarlles cartos á familia para poder sobrevivir. Cando chegou a España anotouse na lista dunha empresa de construción. Chamárono para traballar en Coles, na provincia de Ourense. O martes pasado Noé foi noticia do telediario por honrado e afortunado: atopou na rúa un cheque ao portador de 50.000€, que el devolveu ao seu dono, quen en recompensa o premiou con 10.000. LUCÍA MONTÁNS PARMO (3º ESO A)


Adicatorias -A Conchita por estar sempre nas boas e nas malas. (JUDHIT, 2º ESO B)

-A Judith, por ser tan boa comigo e aceptarme como son. (CONCHITA, 2º ESO B)

-A Marita, polos seus consellos. Querémoste e dámosche as grazas por todo. (3º ESO B)

-A Félix, que ao principio dábasnos medo por seres tan “serio”. Grazas por facernos rir tanto e transmitirnos tanta confianza. (3º ESO B)

-A Carmela, por ter sempre tempo para nós. (2ºESO B)

-A todos os compañeir@s de 3ºB, polas vosos risos, polo voso compañeirismo en todos os anos que levamos xuntos. Que todo siga igual.

-Para 4º A e B, por todos estes anos xuntos e por facer que que a excursión deste ano fose a mellor de todas. En especial a Pepe, a quen quero transmitirlle todo o meu apoio. ( SABELA, 4º ESO A)

- Para Sabela, por ser un ceo de rapaza e por facerme rir nos meus momentos máis difíciles. ( ALEJANDRO, 4º ESO A)


LETRAS GALEGAS dous mil…9 (SEMANA

do 19 ao 22 de maio )

Véñennos visitar: BIEITO IGLESIAS

- É un escritor de aquí, de onda nós. Naceu en Quintián (Coles) e ademais de escritor, traballa como profesor de Historia en Santiago. - Escribiu sobre: política, diñeiro, amor, a vida e a morte. Pero tamén sobre pequenos enigmas, como, por exemplo: ¿”Desde cando se comercializan as

xardas en conserva”?

- Colaborou nalgúns xornais, como A Nosa Terra e La Voz de Galicia. -Algunhas das súas novelas policiais están ambientadas no seu lugar natal: Miss Ourense e Pan e coitelo. Curiosidade: Defínese como “unha persoa que non cre na literatura, na política nin na sorte”. Así e todo, escribe, vai votar e xoga á quiniela ¿Que quere dicir entón con esa frase? É unha boa pregunta para facerlle o día que nos veña visitar.

KIKO DASILVA

-É debuxante de historietas, humorista gráfico e ilustrador de literatura infantil e xuvenil. -Comeza a súa traxectoria profesional sendo moi novo, recibe o seu primeiro premio de Banda Deseñada cando tiña 17 anos. -Os seus traballos abranguen diferentes campos: portadas, carteis, cómics, obras de literatura infantil e xuvenil… -É autor da revista Retranca e tamén colaborou noutras moi coñecidas nas últimas décadas como “Golfiño” ou “ Fiz nos Biosbardos”… Curiosidade: Ás veces fai figuras en madeira, planas ou tridimensionais, que logo fotografía para inmortalizalas nos seus libros. Alumnado de 4º ESO A


RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ ( 1915-1990) “Existe un pensamento desde o momento en que existe unha lingua, unha cultura, un xeito de vivir e de contemplar o mundo”

“Galicia é unha realidade dobre: por un lado xeográfica E por outra humana. Ou sexa, un país, un pobo, unha terra e unha cultura” RAMÓN PIÑEIRO

-Filósofo, político, intelectual e escritor; loitou na Guerra Civil no bando nacionalista. En 1936 participou na redacción do Estatuto de Autonomía. Foi tamén un dos creadores da Editorial Galaxia e fundador da Revista Grial. É un dos pais da 1ª Lei de Normalización Lingüística. ADRIÁN GONZÁLEZ PAULO (4º ESO B)



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.