Traballo colaborativo na rede

Page 1

TRABALLO COLABORATIVO 5.1 Apps mรณbiles para traballo colaborativo. MOBILE LEARNING.

1


2


3


4


5


6


5.2. PRIMEIROS PASOS EN TWITTER (VERSIÓN MÓBIL) Twitter. Twitter é unha rede social que nos permite consultar rapidamente gran número de mensaxes, grazas sobre todo á súa limitación de caracteres. É unha rede moi dinámica e moi adaptada ao seu uso dende dispositivos móbiles. Twitter é a segunda rede social con máis usuarios, despois de Facebook, mais a diferencia de Facebook é completamente pública permitindo acceder aos perfís ou muros e seguir a calquera usuari@. A súa principal característica é a limitación no tamaño das mensaxes en 140 caracteres, o que fai que sexa moi dinámica, se busque a síntese e se adapte mellor que outros servizos a contornos móbiles, que teñen a pantalla máis reducida. Rexistrarnos é moi rápido e posteriormente poderemos ampliar o noso perfil se así o desexamos: Unha vez dentro podemos meternos en faena, enviando mensaxes ou tuits, seguindo a outros usuarios ou buscando mensaxes sobre calquera tema. Capturas amosando como enviar un tuit coa app de Twitter.

7


Esta rede é pioneira no uso de Hashtags ou etiquetas para agrupar mensaxes sobre unha mesma temática entre todos os usuarios da rede. Deste xeito cada mensaxe ou "Tuit" enviado pode levar unha serie de etiquetas que comienzan co símbolo '#', para deste xeito agrupar as mensaxes e que os usuarios as poidan buscar despois. Por exemplo, podemos poñer na nosa mensaxe os hashtags: #educacion, #TIC, #elearning, ou #mLearning e serviranos tanto para clasificalas como para que outros usuarios/as que busquen mensaxes desta temática as atopen. Tuit enviado dende o Twitter de Gabit, etiquetado con hashtags e cunha imaxe. Do mesmo xeito que podemos publicar podemos buscar por hashtags sobre un tema determinado, por exemplo: #smartphones ou#android e nos irán aparecendo entradas e outras contas ou usuarios relacionados. Ademais de mensaxes de texto permite achegar imaxes ou fotografías, mellorando en moito as mensaxes. Tamén podemos achegar ligazóns a sitios ou páxinas, se ben, debido á limitación de caracteres nas mensaxes e que determinadas ligazóns poden resultar excesivamente longas acostuman a empregarse acortadores de ligazóns.

Exemplo de busca dos temas #mLearning e #educacion.

Acurtadores de ligazóns Os acurtadores de ligazóns son servizos que nos dan URLs personalizadas e que ofrecen outras funcionalidades como analíticas para contar cantos usuarios/as fixeron clic nunha ligazón. Exemplos destes servizos son: • Bitly. Que permite ver estatísticas de clics na ligazóns ou crear grupos de ligazóns para compartir como coleccións. Podes obter máis información sobre Bitly no artigo: Acurtadores de ligazóns: Bitly. Sitio web: https://bitly.com • Google URL shortener. Tamén permite facer un seguimento análitico e xeración de códigos QR. Sitio web: http://goo.gl • Su.pr. Ademais de acurtar as ligazóns permite programar cando publicalas nas redes sociais. Sitio web:http://www.stumbleupon.com/supr/ Ex. tweets con ligazóns acurtadas

Outras características Por outro lado, permítese a creación de listas de usuarios para facilitar o seguimento, pois podemos vernos desbordados pola avalancha de mensaxes da rede ou tuits. Coas listas podemos seleccionar grupos de contas ou temas aos que seguir para logo acceder só ás mensaxes incluídas na lista. No blog Desenredando a rede nos explican pasiño a pasiño como crear unha lista. Podemos enviar mensaxes a un usuario concreto indicando o seu nome de usuario precedido por '@', por exemplo: @InfoGabit. Deste xeito o usuario/a será notificado. Tamén podemos compartir ou retuitear as súas mensaxes deste xeito: "RT @InfoGabit" indicando quen é o autor orixinal do tuit. Sempre podemos facelo tamén coas opcións de "Retwittear" ou "Favoritos", pero deste xeito quedaría máis claro. Dispoñibilidade. Como é un servizo web 2.0 podemos acceder a través da web, pero ademais dispón de apps nativas para os principais sistemas operativos móbiles (Android, iOS, Windows Phone, etc).

Exemplo da lista EduTIC en Galicia.

8


Recomendacións para facer un tuit

‹ Acurtadores de ligazóns: Bitly

mLearning: Traballo colaborativo, PLN e Redes sociais ›

Infografía sobre como facer un tuit elaborada por SocialMood

Anexo: Recursos complementarios (opcional) • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

Infografía coas principais apps de mensaxería instantánea, elaborada por EGI. Ideas para empregar Whatsapp na clase, do blog de formación nun clic e orientado a materias de Linguas. Guía básica para empregar (ben) Whatsapp, artigo de El País. 7 suxestión para utilizar Whatsapp con seguridade, artigo elaborado por Softonic. Contidos para evitar o sexting, da Xunta de Galicia. A idade do pavo dixital, artigo de El País. Vídeo de introdución a Google Keep, de Softonic. Como gravar un vídeo con Vine, de ComputerHoy. Redes sociais educativas, presentación en Slideshare. Ideas para integrar as redes sociais na aula, de Paz Gonzalo. Como rexistrarse e escribir unha mensaxe en Twitter, de tecnoloxía doada. ¿Que é un Hashtag?, de tecnoloxía doada. Iniciación a Twitter, presentación en Slideshare de Lorena Fernández. 10 suxestións para collerlle gusto a Twitter, do blog Trece Bits. Guía avanzada para buscar en Twitter, presentación de Slideshare. Infografía cos principais Hashtags de Educación en Twitter (en inglés). Infografía co vocabulario Twitter, de Wokomedia. Decálogo de uso de Twitter para estudantes, de Pantallas amigas. Exemplo de dinámica de grupo para a aula usando Whatsapp: "¿Seguro que sabes whatsappear?" de Antonio Omatos. Exemplo de dinámica de grupo para a aula (II): "Traballar a xestión da privacidade nas redes sociais" de Antonio Omatos. Exemplo de dinámica de grupo para a aula (III): "Ciberbullying e grooming" de Antonio Omatos. Actividades básicas sobre Ciberbullying, recopilatorio en Blendspace de Antonio Omatos.

9


10


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.