Aplicaciones apps para la docencia

Page 1

APLICACIÓNS EDUCATIVAS EN SMARTPHONES E TABLETS

1


2


3


4


1.2 ¿QUE É ANDROID? Aínda que hoxe en día moita xente xa dispón dun teléfono intelixente ou smartphone e a case todos nos sona que é Android, imos tratar de explicalo un pouco máis xa sexa a modo de profundización ou coma unha referencia que serva de documentación para os alumnos. Android é un sistema operativo que se deseñou para teléfonos móbiles de tipo smartphone, se ben, actualmente estase extendendo o seu uso a outros dispositivos como tablets ou portátiles lixeiros. Este sistema está baseado en Linux, sendo por tanto de código aberto, multiplataforma e gratuíto, seguindo o paradigma clásico do software libre. Actualmente conta co soporte de grandes compañías como Google. De forma parecida ás distribucións Linux de escritorio, incorpora un grande número de aplicacións (APPS) ou programas gratuítos que permiten realizar todas as operacións básicas que precisemos realizar dende os nosos teléfonos. Isto inclúe dende as máis características dos teléfonos móbiles como a administración de mensaxes e chamadas, ata outras máis avanzadas como indicación xeográfica, axendas, navegadores web ou sistemas de almacenamento na nube. Ademais das aplicacións gratuítas dispón tamén de aplicacións de pagamento, con prestacións avanzadas, se ben, co paquete básico abonda para satisfacer as necesidades de calquera usuario. Sumando unhas e outras a cifra actual ronda xa o millón de aplicacións. En futuros artigos iremos analizando cales destas aplicacións nos serán de maior utilidade no ensino.

¿Que nos aporta en Educación? Android na Educación nos vai a permitir dispoñer das aplicacións ou programas gratuítos que mencionábamos anteriormente en dispositivos móbiles como smartphone ou tablets. Encaixaría dentro do modelo que se da en chamar mobile-learning ou aprendizaxe móbil, que nos permite dispoñer dun ordenador de peto, alá onde nos atopemos e realizando calquera actividade. O mobile-learning encáixase moi ben dentro do e-learning, permitindo a alumnos, profesores e familias acceder ás aulas virtuais cun maior número de dispositivos, e dende calquera lugar. Por outra parte, en especialidades como Educación Física onde a aula convértese nunha pista deportiva ou ximnasio teremos máis problemas para dispor dun ordenador, polo que o uso de dispositivos móbiles con Android serán unha alternativa que merece a pena terse en conta. 5


ESTATÍSTICAS DE USO. Existen varias alternativas de sistemas operativos para dispositivos móbiles, sendo as máis empregadas: iOS para os famosos Iphone ou Ipad e Windows Phone. Ademais existen outras alternativas de código aberto como Ubuntu Edge, pero o seu uso é moito menor actualmente. Segundo Gartner Inc., estes serían os datos de ventas nos últimos trimestres: Como vemos parece que Android se está facendo forte no mercado, sendo unha das alternativas pola que máis optan os usuarios. Isto fai que sexa importante telo en conta tanto no mundo da Educación coma no dos negocios a todos os niveis, incluídas as pemes.

S.O. Móbiles más vendidos 2013

Android iOS

156186 38332

Windows Phone Blacberry OS

5989 Otros 6219

1971

1.3 ¿QUE É IOS? iOS é un dos sistemas operativos móbiles con máis presenza no mercado, estas son as súas principais características. Se fai pouco víamos que era Android, nesta ocasión lle toca o turno a iOS, outro dos principais sistemas operativos móbiles. iOS (en inglés “iPhone Operating System”) é un sistema operativo propietario da empresa Apple Inc utilizado en dispositivos como smartphones, tablets e outros dispositivos como televisións ou reprodutores mp4, entre eles os famosos iPhone, iPad e iPod. En esencia é moi similar a Android, permitíndonos como este instalar aplicacións ou apps, para aumentar as funcionalidades dos nosos dispositivos, co que ademais das funcións básicas dun teléfono teríamos aplicacións ofimáticas, de produtividade, almacenamento na nube, educativas, xogos e moitas máis. No plano tecnolóxico non permite tecnoloxías como Java ou Flash, o que fai que compoñentes de algunhas páxinas non sexan accesibles dende os seus navegadores e outras aplicacións. Para instalar aplicacións podemos utilizar a súa tenda oficial App Store que ofrece actualmente preto dun millón de apps. En canto ás súas diferenzas con Android, a principal é que o seu uso se restrinxe a dispositivos de fabricación propia, mentres que Android pódese instalar en infinidade de dispositivos. Por outro lado, o nivel de seguridade é moito máis alto nestes dispositivos, sobre todo no referente a virus ou malware. As apps pasan por un proceso de validación moito máis estrito e ademais o firmware do sistema é máis robusto. Por contra, un desenvolvedor amateur terá moitos máis impedimentos para publicar aplicacións ou calquera tipo de documentos multimedia. En resumo, e deixando políticas de empresa e temas económicos á marxe poderíamos diferencialos dicindo que Android sería máis aberto e iOS máis seguro.

Estatísticas de uso Segundo Gartner Inc., estes serían os datos de vendas nos últimos trimestres do ano pasado, o que da unha idea dos volumes de vendas e presenza de cada sistema. Como vemos Android e iOS serían as dúas opcións principais:

1.4.- COMO INSTALAR APLICACIÓNS EN ANDROID Anteriormente víamos que era Android, o sistema operativo para dispositivos móbiles que nos permitía dispoñer dunha grande cantidade de aplicacións, pero ¿como buscalas e instalalas? Algunhas das aplicacións que teremos en Android veñen preinstaladas, sendo propias do fabricante do dispositivo ou outras que da por boas para incluír de inicio.

Tendas de aplicacións: Google Play Para obter novas aplicacións temos o que se denominan as App Store ou Tendas de aplicacións. Cada fabricante acostuma a engadir a súa propia, pero sempre cabe a posibilidade de empregar a que vén integrada no propio sistema Android, a tenda online de Google: Google Play. Hai que subliñar que a pesares de levar no nome a palabra “tenda” se poderán descargar aplicacións tanto gratuítas como pagando. Para acceder a Google Play, podemos facelo dende a aplicación preinstalada no dispositivo ou ben dende a web de Google Play sincronizando o noso dispositivo como o usuario co que accedamos. Dende Google Play pódese realizar unha busca por categorías ou polo nome da aplicación. A continuación veremos un exemplo sinxelo: 1. Imos a aplicacións e buscamos unha aplicación que queiramos instalar. Neste caso probamos con “Abalar”, unha aplicación educativa. 2. A continuación aparecen os resultados máis similares e seleccionamos a que buscabamos. 6


3. Dentro da pantalla da aplicación aparécenos un botón “Instalar”, dámoslle e advírtenos dos permisos que vai ter a aplicación (conviría lelo con calma sempre). 4. Unha vez instalada cambia a pantalla da aplicación aparecendo dous botóns, o que nos permite lanzar a aplicación e o que nos permite desinstalala. ¡E así para todas!.

Instalación a partir de arquivos APK Por outra banda, pódese descargar directamente un arquivo de instalación de aplicación denominado APK (Application PacKage File), que descargado ao noso dispositivo e unha vez aberto cun navegador de arquivos tamén realizaría a instalación. Sería un paquete que contén todo o necesario para instalar unha aplicación, o mesmo proceso que realiza a App Store de forma transparente para nós. Para saber máis deste tipo de instalación, recomendamos este magnífico titorial: Cómo instalar aplicacións manualmente en Android. Para rematar, comentar que Google anunciou recentemente o lanzamento de Google Play Education, o que virá a ser unha categoría restrinxida onde as aplicacións que se atoparán serán estritamente educativas. Tamén podería haber outros programas como xogos, pero con orientación didáctica. En Google Play Education as aplicacións agruparanse en categorías segundo o seu idioma, nivel educativo e outros parámetros que facilitarán a súa busca por parte de profesores, familias e estudantes.

1.5 COMO INSTALAR APLICACIÓNS EN IOS Anteriormente víamos como instalar aplicacións en Android, agora é o turno de iOS. Como veremos o procedemento é moi similar, e baséase tamén en buscar a aplicación na tenda de aplicacións ou store, que neste sistema será a App Store. 7


Tenda de aplicacións: App Store Para instalar novas aplicacións no noso dispositivo dispoñemos de varias aplicacións que funcionan á súa vez como App Store ou Tendas de aplicacións. Cada fabricante acostuma incluír a súa propia, pero sempre cabe a posibilidade de utilizar a que vén integrada co propio sistema, a tenda online do sistema operativo iOS: App Store. Aínda que reciban o nome xenérico de “tenda” van a permitirnos descargar aplicacións gratuítas ademais das de pago. Así mesmo poderemos descargar ademais de aplicacións, xogos, libros ou música, de maneira similar. Cando imos ao sitio web dunha aplicación ou app, normalmente aparecerá indicado se se atopa dispoñible para o noso sistema cunha icona como esta: Outra opción é buscala dende a propia tenda. Para facelo non temos máis que buscar o nome da aplicación, ver se aparece nos resultados e instalala, despois de autentificarnos. A continuación veremos un exemplo sinxelo: 1. Dende o cadro de busca escribimos o nome da aplicación que queramos instalar, neste caso “Abalar”, unha aplicación educativa. 2. A continuación aparecen os resultados coincidentes, neste caso un só, que é a aplicación "Abalarmóbil". Vemos que é gratis, senón o fora amosaríanos o prezo da app. Para instalala temos que premer sobre "Gratis".

8


3. Na seguinte pantalla aparecerá xa o botón “Instalar”, prememos sobre el e procederase coa instalación. Neste punto pode pedir as credenciais de acceso á App Store. 4. Unha vez instalada amosaranos a icona no escritorio do dispositivo para arrincala rapidamente. ¡E así para todas!

ANEXO: RECURSOS COMPLEMENTARIOS (OPCIONAL) •

Introdución ao Móbil Learning no observatorio tecnolóxico do INTEF.

Revista comunicación e pedagoxía. O teléfono móbil como ferramenta educativa: O m-Learning.

Fundación proxecta: A tablet en Educación Primaria.

Relpe: Tablets en educación. Oportunidades e desafíos en políticas un a un.

Artigo de Educacontic sobre A prohibición de empregar móbiles en escolas.

Artigo a debate ¿A que idade debería ter o primeiro móbil un rapaz?.

No blog de Avanza: Uso e abuso de novas tecnoloxías.

Artigo do Anuario de Psicología Clínica y de la Salud: Menores e novas tecnoloxías, ¿uso ou abuso?

Artigo a debate: O móbil cólase na aula.

Artigo a debate: O móbil na aula, ¿distracción ou aprendizaxe?

Artigo da Voz de Galicia: Inmóviles ante a porta de clase.

Infografía sobre o uso de dispositivos móbiles por menores, de BQ.

Revista Didáctica, Innovación e Multimedia: Potencialidades do uso do teléfono móbil como recurso innovador na aula.

Revista Edutec: Unha experiencia con móbiles en primaria.

Universidade politécnica de Madrid: Guía para a implantación do Mobile Learning.

Guía práctica para introducir os móbiles na aula. A experiencia do colexio Juventud en Santiago de Compostela.

Proxecto H@z TIC. Guía práctica de aprendizaxe dixital de lectoescritura mediante tablet para alumnos con Síndrome de Down.

Humor: Suxestións para usar o smartphone con seguridade. Elaborados pola OSI con Leo Harlem.

9


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.