Pingas 8

Page 1

BIBLIOBOLETÍN INFORMATIVO DO C.E.P. MARCOS DA PORTELA MARZO 2010 Nº 8

Unha vez máis o noso agradecemento pola vosa valiosísima colaboración en todas as actividades do centro.Animámosvos a seguir participando nos novos proxectos. MOITÍSIMAS GRAZAS!

39 RAM sop

Autor: José Antonio Ramirez Lozano. Ilustrado por Riki Blanco. A cociña das palabras que se come polos ollos sen garfo nin culler .Entrantes, primeiros pratos , segundo pratos e sobremesas diferentes.

93 STE

ciu

92 FER her

840 TRO dom

SOPA DE SOÑO E OUTRAS RECEITAS DE COCOCIÑA

Ed. Kalandraka.

Novo logo do centro deseñado por Pilar Dasilva; nena de 4ºC

EL DOMADOR DE SUEÑOS Autor e ilustrador : Nicolai Troshinsky Ed. Kókinos. É un marabilloso album ilustrado dedicado á figura do avó e á arte de contar historias.Un libro que permanece na memoria.

Mi primer libros sobre MIGUEL HERNÁNDEZ Autor:José Luis Ferris. Ilustraccións : Max Hierro. Ed. Anaya. Biografía dun dos poetas máis importantes. Miguel é un neno, traste, desordenado, desobediente, que debe abandonar a escola e.... Cumpriu o seu soño de ser poeta e escribir versos para todos e todas.

UNA CIUDAD A TRAVÉS DEL TIEMPO

Autor: Philip Steele. Steve Noon Ed. Blume Unha espectacular viaxe no que descubriredes a historia dunha cidade dende os gregos ata a actualidade. Nel veredes como cambiou a maneira de vivir ao longo dos séculos. 1


833 CUVI pri

LA PRIMERA NACÍ

Autor:

Vincent

VEZ

833 CAS fiz

QUE

Cuvellier .

Ilustrador: C. Dutertre. Ed. S.M.

É un libro que trata da vida, pequenos textos moi simpáticos e amorosos,que contaxia páxina a páxina. A ilustración é sinxela Silvia G., Antía N. e Melissa C. 3ºA

FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS Autora: Fina Casalderrey Ilustrador: Teresa Lima. Ed:OQO. Fiz, era o neno máis medorento do mundo. Na clase nós tamén falamos dos nosos medos para que desaparecesen. Os debuxos estan moi “guais”. Alumnado 1ºB

843 OLI iri

IRIA E A LÚA O conto fala de Iria e a lúa e de seu avó. O avó cóntalle historias a Iria sobre a lúa , as estrelas e os soños. O que mais me gusta do conto foi a lúa de pan. Marina Amestoy , 5ºA

Cada clase, área ou mesmo cada equipo do centro, farase cargo dunha letra. Despois elaborará unha portada de medio folio na que incluirá a Traslí e que dará pé para traballar co sentimento correspondente a esa letra con contos, acrósticos, caligramas, poemas... Unha vez finalizado os traballos, entregaranse na biblioteca para a posterior encadernación antes de rematar o mes de abril. Animádevos a escribir e comezade xa !!

AS M ANS I NVITAN ENTRELAZADAS A D ANZAR E GOZAR.

2


Miguel Hernández naceu o 30 de outubro de 1910 en Orihuela (Alicante). Fillo dun pastor de cabras. Abandonou moi cedo a escola para gañar a vida como pastor . Era un afeccionado á lectura sobre todo á poesía. Coñece a poetas como Pablo Neruda, Rafael Alberti, e Luis Cernuda . Casou no ano 1937 con Josefina Manresa. Durante a Guerra Civil española alistouse no exército republicano Trala guerra foi detido e condenado a pena de morte. Posteriormente conmutóuselle pola de trinta años, pero a tuberculose acabou coa súa vida o 28 de marzo de 1.942 . A súa obra destaca pola calidade estilística dos seus versos e a súa forza expresiva. Os seus poemas tratan do amor, a morte, a guerra e a inxustiza. Este ano celebramos o “Conozco bien los caminos

centenario do seu nacemento. Non deixes de ler os seus libros. Atoparalos na biblioteca ! !

conozco los caminantes del mar, del fuego, del sueño, de la tierra, de los aires”. (Miguel Hernández)

Contacontos no Salón do libro

DÍA DA POESÍA: MARZO 2010 O alumnado dos Campos recitou poemiñas que aprenderon por grupos e o alumnado do CEP Marcos da Portela xogou cos poemas de Miguel Hernández, autor homenaxeado con motivo do centenario do seu nacemento.

A HORA DE LER Neste ano 2010 continuamos as actividades de lectura de pais e nais contadores. Non deixedes de participar!

3


CONTOS DE IDA E VOLTA As actividades dos nenos e nenas contadores de historias protagonizadas esta vez polo alumnado de segundo,terceiro e cuarto de primaria que representaron contos de ratiños.

VISITA DO ALUMNADO DO IES LUIS SEOANE Unha vez realizado o traballo de investigación sobre as lendas e contos dos avós, o alumnado de 1º da ESO achegouse ás nosas aulas para compartir con nós esta fermosa experiencia.Grazas polo voso traballo!

Estou preparando unha nova exposición no colexio para recoller información sobre diversos temas relacionados co pasado recente. Gustaríame que me axudaras aportando fotos dos avós , avoas , ou persoas queridas de máis de 60 anos .(A foto debe vir acompañada dun pequeno texto que recolla o momento en que sucedeu e o motivo da foto). Ademais da foto , recollerei toda a información que eles e elas queiran aportar sobre • Algunha receita de cociña • A descrición do xogo preferido acompañado do debuxo e as indicacións para saber xogar • A súa canción favorita • Unha lenda ,un poema, un refrán, adiviña... • Ou calquera obxecto , recordo, libro...etc, que queiran prestar para expoñer. Con esta proposta imos dar a coñecer as tradicións , a historia do pasado , dos lugares nos que viviron, para que os rapaces e rapazas sexan capaces de valorar e respectar as tradicións e favorecer as relacións interxeracionais . Ao finalizar os traballos realizarase unha festa de convivencia con interpretacións musicais, xogos populares e narración de historias. Nela participarán todas as persoas que colaboraron no proxecto.

4


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.