A nosa cidade

Page 1

A NOSA CIDADE


PRAZA DA LEÑA A praza recibe este nome porque nela se vendía a leña para as cociñas. Está rodeada por un conxunto de edificacións populares. No medio da praza atopamos un

cruceiro

do

século

XV

que

posiblemente estivo antes na ponte do Burgo.

O museo , que se atopa na mesma praza, está instalado en dous pazos levantados a finais do século XVIII: o que dá á rúa Sarmiento, asoportalado e con escudo de armas e con gárgolas nas cornixas; e o de Casto Monteagudo,unha gran casa señorial urbana. Para adecuala a Museo fixéronselle algunhas reformas, como a ponte que une os dous edificios e, na fachada principal, dúas estatuas que representan a Esperanza e a Fortaleza.


PRAZA DA VERDURA

Esta praza, como outras de Pontevedra, tomou o nome do comercio que se desenvolvía

nela ata hai poucos anos.

Hoxe en día os domingos pola mañá celébrase un mercado de antigüidades. Os edificios que rodean a praza destacan polos seus soportais que contan con locais de tabernas típicas.


Debemos destacar o edificio da Casa da Luz que recibe o seu nome porque no ano 1.888 se instalou nel unha fábrica de luz, sendo así Pontevedra das primeiras cidades de España en contar cunha fábrica deste tipo. A fonte que aquí vemos é de ferro. Existen catro iguais en Pontevedra. A primeira delas trouxérona de París no ano 1.887, e as outras tres foron feitas nos talleres vigueses de Sanxurxo Badía. Sacaron o molde da que trouxeran pero os floróns que a rematan son obra do arquitecto Sesmeros.

PRAZA DA VERDURA


PRAZA DA FERRERÍA A Ferrería é sen dubida unha das prazas máis típicas, visitadas e queridas da cidade e o centro neurálxico da vida pontevedresa. Recibe o seu nombre das forxas que existían nos seus soportais e que antigamente subministraban metal aos demais gremios da cidade. Únese coa pequena Praza da Estrela, onde destaca a Casa das Caras que chama a atención pola cantidade de caras da súa fachada .


PRAZA DA FERRERร A

Atรณpase rodeada de tradicionais terrazas especialmente concorridas durante o verรกn, permiten gozar dos variados edificios que conforman este irregular espazo, casas de carรกcter popular, outras de corte modernista que lle dan un especial perfil.


Todo este conxunto encóntrase presidido pola potente presenza de dous edificios relixiosos: San Francisco e o Santuario da Peregrina, así como por unha serie de edificacións de pedra, algunhas con soportais dunha grande harmonía.

PRAZA DA FERRERÍA


No medio dos xardíns de Casto Sampedro. atopamos a afamada fonte da Ferrería (s.XVI) que foi reconstruida en 1930 neste lugar tras ser retirada do centro da praza onde se atopaba nun principio. Detrás da fonte está o convento de San Francisco. Destaca pola súa extraordinaria dimensión e a súa riqueza decorativa. Na capela maior atopamos a tumba do trobador Paio Gómez Chariño que financiou parte das obras do convento.

Convento de San Francisco


Praza da Peregrina

A praza da Peregrina é unha das principais da cidade galega de Pontevedra, tanto pola súa céntrica situación como por albergar a igrexa da Peregrina, o templo principal da cidade xa que esa virxe é a súa patroa. Conecta a zona nova co casco antigo da cidade e é un dos puntos máis frecuentados polos pontevedreses e considerado por eles como o corazón da cidade, lugar de camiño, lecer e de celebracións como os "maios". É un espazo bastante amplo xa que enlaza coa praza Ourense, a da Ferrería e os jardins de Casto San Pedro.


Virxe Peregrina


Esta praza está rodeada por casas dos séculos XVII y XVIII, o Pazo de San Román e o Pazo do Marqués de Aranda, onde podemos atopar algúns escudos nas súas fachadas. As rúas situadas nas súas proximidades constitúen unha das zonas máis importantes para tomar tapas ou para ir de viños. O máis curioso do lugar son as preciosas casas que a rodean e os marabillosos soportais que lle dan ao lugar un encanto especial.

PRAZA DO TEUCRO


PRAZA DA PEDREIRA Nome derivado das actividades da talla de pedra que aquí desenvolvían os canteros da cidade. Antigamente coñecida como praza da Herba, é un lugar inundado de tempos pasados no que atopamos o precioso Pazo de Mugartegui construído durante os séculos XVII y XVIII, exemplo característico da arquitectura urbana do barroco galego. Actualmente restaurado como sala de exposicións, conferencias e concertos, O Pazo de Mugartegui posúe unha fachada onde están os escudos das familias importantes galegas e, rematando a construción, un magnífico exemplar dun reloxo de sol. Hoxe en día é a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe dos Viños Rías Baixas e nel realízanse algunhas bodas civis oficiadas polo Alcalde.


Praza de Méndez Núñez Antigamente coñecida como a praza das Galiñas debido ao mercado de aves que alí se celebraba. No gran casarón dos Cruz e Montenegro construída no século XV, viviu o afamado contra-almirante Casto Méndez Núñez, onde morreu en 1869 pouco despois da batalla do Callao (Perú) na que participou. A finais do século XIX, este edificio foi centro de importantes e concorridas reunións de pensadores e escritores da época, como por exemplo Valle Inclán. Actualmente na praza establécese unha estatua en honor ao escritor de Vilanova de Arousa.


PRAZA DE ESPAÑA Tamén coñecida como praza do concello porque é ali onde está ubicada a casa do concello. Este edificio foi construido entre 1877 e1890 sobre os restos das antigas casas dos concellos dos séculos XV-XVI. é obra do arquitecto Alejandro R. Sesmeros. Tamén podemos admirar no mesmo entorno desta praza o monumento aos heroes de Ponte Sampaio levantado no ano 1911 polo escultor González Pola logo duna subscrición popular, a fin de conmemorar a vitoria dos galegos contra as tropas de Napoleón.


Ruinas de Santo Domingo

Nun lateral desta praza atópanse as Ruinas de San Domingos, o templo máis misterioso e atraínte da cidade. É unha obra do gótico galego de principios do século XIV . Era un convento do que so se conserva a cabeceira formada por 5 ábsides e unha parede cun rosetón.


Ruinas de Santo Domingo

Na actualidade acolle a secci贸n lapidaria do Museo Provincial con numerosos escudos, labras e sepulcros medievais de cabaleiros como Paio G贸mez de Soutomaior.


Real Basílica de Santa María A Basílica de Santa María a Maior, foi construida no século XVI polo gremio de mareantes. É unha edificación relixiosa con tres portas de entrada. A básilica posúe planta de tres naves, que están divididas en tres tramos máis outro nos laterais a modo de capela. O interior do templo é moi harmonioso e está cuberto por complicadas crucerías. No seu entorno cabe destacar as construccións con soportais situadas no Campiño


Real Basílica de Santa María A fachada principal é a máis rica. No centro a parece a Virxe rodeada polos apóstolos. Nun lateral da fachada chama a atención a figura de San Xerónimo, pois aparece con lentes. A porta sur dá á praza de Alonso III de Fonseca. A carón dela está a imaxe do Cristo da Boa Viaxe

Cristo da Boa Viaxe San Xerónimo


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.