Dereitos dos nen@s 2013

Page 1

DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NEN@S. DÇ 20 Novembro 2013 CPI Virxe da Cela Monfero


POR UNHA INFANCIA DIGNA O Día dos Dereitos Humanos é un día no que todas as persoas defendemos os nosos dereitos e deberes pero, os nenos son moito mais vulnerables na nosa sociedade e necesitan un trato especial, así que se crearon os dereitos dos nenos e das nenas. Ao principio non había estes dereitos e os nenos eran utilizados para os traballos mais forzosos e nas condicións máis insalubres que un se pode imaxinar; grazas aos dereitos isto cambiou pero… sempre se escapa algo, unha pequena parte que se vai facendo máis e máis grande. Cal é a maneira de paralo?, pois o 20 de novembro hai que reivindicar esa parte que non se está a cumprir. Por exemplo erradicar a fame e a enfermidade; como é posible que ninguén faga nada?. Nós co noso programa de radio intentamos transmitir esta mensaxe, sabemos que non vamos erradicar a fame nin a pobreza pero si podemos mandar unha mensaxe que queremos que sexa escoitada por quen pode facer algo. Que se poñan no lugar dun neno que é maltratado, ou dunha nena a piques de morrer porque non ten unha simple vacina para curar un catarro.

Loitemos polos dereitos dos nen@s e por unha infancia digna.

Andrea Brage. 1º ESO


20 DE NOVEMBRO

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS Ola bos días vouvos contar o que me parece a min a data a conmemorar este 20 de Novembro, que non é outra que o día dos dereitos dos nenos. Este día paréceme algo xenial, xa que dende que existe, millóns de nenos e nenas puideron ir ao colexio, acceder a servizos sanitarios, de protección… Grazas á Declaración Universal dos Dereitos dos Nenos moitas destas cousas son unha realidade, pero aínda queda moito por facer, xa que en moitos países aínda non hai acceso á educación ou á sanidade. Nós no cole fixemos un programa de radio coa nosa profesora de relixión, para conmemorar este día como se merece, penso que con el axudamos a contribuír un pouco a facer un mundo mellor para todos.

¡DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS, ISO, NIN LOCOS OS PERDEMOS! Iván Deive. 1º ESO


POR UN MUNDO DIGNO!!! O 20 de novembro conmemórase o día dos dereitos dos nenos. Os nenos de todo o mundo teñen uns dereitos pero a verdade e que nalgúns lugares non se respectan moitos deles, por exemplo nalgúns países os nenos son utilizados como man de obra barata, nos conflitos armados… Nós os alumnos de 1º de ESO do CPI Virxe da Cela fixemos un programa de radio para conmemorar este día. O 20 de novembro é unha oportunidade para reflexionar sobre si se están a cumprir estes dereitos.

Adrián Mosquera Varela.1º ESO


Loita polos dereitos dos nen@s O dia dos dereitos dos nenos e moi importante recordar

xa que

en

que

sirve

moitos

para

sitios

do

mundo non se están a cumprir, e deberían de cumprirse, sobre todo cousas tan sinxelas como ter comida ou unha vivenda digna. Porque non se cumpren?, porque os que poden cambiar isto son os que teñen de todo e entón a eles lles dá igual. Nós fixemos en clase de Reli un programa sobre este tema, o dos Dereitos. Con el intentamos concienciar sobre o seu incumprimento, falamos de cómo son os dereitos dos nen@s e de cómo se poderían cumprir xa que non é tan difícil.

Tania Grueiro Buján. 1º ESO


OS DEREITOS DOS NEN@S

Os dereitos dos nen@s ai que cumprilos !!!!!!!!!!!! Cúmprense ¿? ……. Non se cumpren ¿?.......... Estas preguntas facémonolas todos os días. No noso país maioritariamente cúmprense, pero en países subdesenvolvidos non se cumpren nin sequera no seu día o “20 de novembro “, o Día dos Dereitos dos Nen@s. Ai en países que nin sequera os dereitos mais prioritarios como a comida , un lugar digno onde vivir ou a igualdade entre homes e mulleres se cumpren. Ai nenos que sofren violencia machista por parte da xente e incluso dos seus pais . Ai persoas que utilizan aos nenos e nenas como método de contrabando sexual ou como man de obra Barata . ¡¡¡¡¡¡¡¡ Isto non se pode permitir!!!!!!!!, e unha cousa incomprensible .


Non podo soportar que non se cumpra algo tan esencial coma os seguintes dereitos:

Paréceme unha gran falta de respecto cara nós os nenos …….. Queremos que se cumpran os nosos dereitos. Os dereitos son necesarios. !!!!!!!! NON Á EXPLOTACIÓN DOS NEN@S ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

Un bebe como este debe crecer decentemente

Antía Lista Ramos. 1º ESO


OS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS O Día dos Dereitos dos Nen@s é o 20 de Novembro. A min paréceme ben a conmemoración deste día e que existan estes dereitos porque se non os nen@s non irían ao colexio nin terían outros dereitos.

No colexio fixemos un programa de radio sobre esta data . VIVAN OS DEREITOS DOS NENOS. O MUNDO SERA MOITO MELLOR!!!!!!!

Ángel Varela. 1º ESO


DEREITOS DOS NEN@S Hola boas tardes, son Kevin Sanjurjo e quero falarvos dos Dereitos dos Nenos. Na clase de Reli fixemos un programa baseado nestes dereitos

e

falamos de moitas cousas sobre eles como por exemplo: dos nenos que traballan escravizados, que caen en mafias de prostitución, dos nenos que non teñen teito e comida, etc. Aquí vos deixo unha imaxe que seguro nos vos vai a gustar nada.

Kevin Sanjurjo. 1º ESO


Loitemos polos dereitos O 20 de novembro celébrase o Dia dos Dereitos dos nenos e das nenas .Sabemos que hai moitos nen@s que non poden comer todas as comidas necesarias ao día, non poden ir ao colexio nin ao médico, etc. Pero todos os nen@s debemos recibir e disfrutar de todos os dereitos.

Levantemos as mans polos dereitos dos nen@s

Laura Río. 1º ESO


20 DE NOVEMBRO DIA DOS DEREITOS DOS NENOS O día 20 de novembro é un día moi especial xa que é o día dos nosos dereitos. Eu creo que noutros países non se respectan os dereitos xa que os nenos e as nenas son prostituídos, utilizados como man de obra barata, non teñen acceso á escola… Coa profe fixemos un programa de radio sobre este día. Deberíamos contribuír para que todas estas cousas non ocorran de novo.

Loitemos polo dia dos nenos.

Martín Fernández Rodríguez.1º ESO


DIA DOS DEREITOS DOS NENOS O outro dia fixemos un programa de radio con unha entrevista e un concurso sobre os dereitos dos nenos e das nenas.Tivemos uns invitados e fixemos ata un anuncio no que eu tiña un papel: era un rapaz e me entrevistaban na rúa sobre o Día dos Dereitos. Eu penso que non en todos os lugares se cumpren os dereitos. Gustoume moito facer o programa.

Raúl Rodríguez. 1º ESO


OS DEREITOS DOS NENOS O Día dos Dereitos dos nen@s é o 20 de Novembro. O outro día fixemos un programa de radio. Dividímonos en grupos cos nenos da clase: uns fixeron unha entrevista, outros un concurso , outros un anuncio e outros unha enquisa pola rúa. O meu papel era o anuncio de piensos Biona. Despois de gravalo na clase, sacamos en conclusión que non se cumprían en todos os países os dereitos dos nen@s. Eu quero que todos vexan o programa de radio por que é moi interesante e grazas a el reflexionamos sobre os Dereitos .

Sergio Torrado. 1º ESO


DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS O Día dos Dereitos dos Nen@s é o 20 de Novembro. Todos temos dereitos pero hai veces que non se cumpren. Nós no colexio fixemos un programa de radio sobre os Dereitos. Eu fun un dos concursantes do programa e a min gustoume moito. O podedes ver todos e todas porque o subimos ao blogue. Esperamos que vos guste.

Ángel Seijas. 1º ESO


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.