Albares 2017

Page 1


ALBARES REVISTA ESCOLAR XUÑO 2017 Nº 6

Edita: Equipo de Dinamización Lingüística do CPI As Mirandas

EDITORIAL Por que é preciso a ampliación do CPI As Mirandas? Dende o ano 2006 en que tivo lugar un incremento de alumnado no centro e tras ter pasado de ser un CEIP (Centro de Infantil e Primaria) a CPI (Centro Público Integrado, con alumnado de EI, EP e ESO) establecéronse diferentes contactos entre a Dirección do centro, Concello e Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para dar resposta á falta de espazo no CPI Conde de Fenosa de Ares (actualmente CPI As Mirandas). O 29 de xuño de 2010 o Consello Escolar decide mandar un escrito á Consellería de Educación reclamando a urxencia do tema da ampliación posto que o centro carece de instalacións suficientes para levar a termo un ensino de calidade. Este centro demanda:

Unha Biblioteca Escolar en condicións para tanto alumnado.

Aula de Idiomas.

Dúas aulas de Infantil

Unha aula de psicomotricidade.

Un ximnasio.

Aulas de titorías.

Tras unha serie de intervencións no Parlamento de Galicia, reunións Consellería-Concello, estableceuse no 2012 un convenio que consistía en:

Dotar ao centro escolar dun novo aulario que se situaría na pista cuberta e contaría con 6 aulas de educación infantil, 1 aula de psicomotricidade, 6 aseos de alumnos, 1 aseo de profesores e 1 sala de profesores.

A Consellería encargaríase tanto da execución dos traballos como da redacción e aprobación do proxecto básico construtivo e a demolición da pista cuberta. Mentres tanto, colocaron as aulas modulares no patio de infantil. O 9 de outubro de 2012 nun Consello Escolar Extraordinario e urxente sobre a “Ampliación do CPI

Conde de Fenosa”, aprobouse por unanimidade esperar á aprobación do Plan Xeral e construír un novo aulario de infantil nos terreos anexos. En diferentes reunións mantidas co Alcalde sempre manifestou que se esperabamos pola modificación do Plan de Urbanismo poderiamos esperar dous anos máximo. O C.E. decide esperar ese tempo para acadar unha construción que axude a solventar os problemas de espazo dos que dispoñemos. A Xefatura Territorial mantén a súa disposición de construír o aulario cando lle entreguen os terreos. Toda a comunidade educativa do centro considera a urxencia das obras de ampliación para garantir un servizo educativo de calidade e acorde coa demanda existente; mantén a indignación diante dos retrasos dunhas obras tan necesarias e reclama o traballo colaborativo, cooperativo entre as diferentes institucións para acadar unha solución o máis pronto posible. Blanca Cortizas Gómez . Directora

1


2


Os alumnos de Segundo de ESO saímos de excursión o luns 29 para visitar Compostela. O programa incluía unha visita ás cubertas da Catedral, percorrido polo exterior e interior do magnífico edificio e despois tiñamos unha actividade sorpresa. A visita ás cubertas foi moi espectacular polas fantásticas vistas da cidade e moi didáctica polas explicacións da nosa guía que o sabía todo sobre historias de arcebispos e construtores de catedrais. As 130 escaleiras non nos pareceron tantas e, despois dunha hora de percorrido, por fin rematou a misa e puidemos visitar o interior. Os rapaces querían visitar as reliquias que uns pensaban de Santiago e outros de Prisciliano. Percorremos o interior, sobre todo vendo as capelas da ábsida e a Capela da Corticela. Con isto e a visita polas fachadas exteriores, rematamos a parte da Catedral e comeza a actividade sorpresa.

Os rapaces, divididos en grupos aleatorios, tiñan que buscar diferentes lugares no casco antigo de Compostela. Axudados pola tecnoloxía e pola nosa compañeira Vanesa, que lles preparou unha aplicación de móbil onde, nun plano da cidade, se marcaban diferentes puntos que tiñan que atopar e dentro de cada punto información e pistas sobre o que buscaban, os rapaces partiron cara a aventura.

Equipo consultando a imaxe interactiva no móbil.

3


Tiñan que localizar once puntos da cidade e, en cada un, facer un selfi onde saíran todos os integrantes do grupo. Namentres as profesoras fomos indo dun punto a outro vendo como os diferentes grupos se apañaban entre o móbil, o plano e as preguntas que lles ían facendo aos turistas e composteláns.

Conversando cun peregrino irlandés Fixérono de marabilla e todos

O primeiro equipo que completou o percorrido

Facendo un selfie

eles puxeron moito empeño na tarefa, de maneira que nos pareceu un xeito divertido de aprender un montón sobre Compostela e de cooperar en grupo, porque todos os grupos traballaron moi ben xuntos, e tamén un bo exercicio de orientación sobre o plano. Rematamos cansos e chegou a hora de xantar, aínda que case todos comeran xa algo durante a busca. Tiñan diferentes opcións, algúns levaron a comida e xantaron na Alameda onde tiñan un lugar estupendo e o día nos acompañou; outros optaron polo equilibrado menú do Burguer King ou unha Pizza. Todos comemos a presa porque o tempo fíxose pouco e xa tocaba volver a casa . Ás profesoras o resultado pareceunos moi positivo, os rapaces tiveron un estupendo comportamento, aprenderon un montón de cousas sobre Compostela e ademais pasaron un día moi divertido todos xuntos.

4


Este curso, dentro do plan de formación do profesorado no centro, realizamos un curso sobre a realización de Booktrailers como estratexia de animación á lectura. Un booktrailer no contexto escolar consiste na elaboración de publicidade en formato audiovisual a partir da lectura previa dun libro para promover a lectura do mesmo. O vídeo elaborado polos alumn@s terá a finalidade de convencer aos iguais de que vale a pena ler o libro en cuestión. Aquí tedes

algúns dos booktrailers que realizamos no curso. Esperamos que vos motiven cara a lectura e

animámosvos a que fagades os vosos booktrailers.

HOMENAXE AS MULLERES DESDE O CPI AS MIRANDAS Todos os días semellan iguais máis este 8 de marzo quixémolo celebrar dun xeito especial, lembrándolle á sociedade que todos e todas temos que asegurarnos de que as mulleres participen plenamente e gocen da igualdade en todos os ámbitos da vida. Para iso, o Equipo de Dinamización Lingüística do cole xunto ao alumnado de 1º ESO realizou un vídeo como recoñecemento a todas as mulleres: irmáns, amigas e mulleres todas, que souberon e saben

escribir a historia con tinta indeleble e que

deixan a súa pegada nas nosas vidas. Premede no código QR para poder velo. Non vos deixará indiferentes.

5

avoas, nais, fillas,


Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polo pobo galego como a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas, pois asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta comunicación e entendemento permanente coa xente, ao se dirixir a ela no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos. No noso centro, asumindo a proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG, ) alumnos/as e profes quixemos conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro realizando diferentes actividades. O alumnando e profesorado de ESO así como o persoal non docente realizaron un magnífico Mannequin Challenge baixo o lema #RosalíaTe, no que se vai mostrando a vida de Rosalía desde a súa nenez, madurez ata a súa morte. En primaria os nenos e nenas de 3º e 4º recitaron o poema “Eu ben vir estar o moucho” e os de infantil o poema “Vente rapaza”. Que fermosura de traballos!!!. Podedes velos premendo nos códigos QR.

6


No presente curso 2016/2017 dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado e dando continuidade á formación do curso pasado sobre o traballo por proxectos, decidimos pór en práctica a elaboración dun proxecto de centro partindo da biblioteca escolar e ao que denominamos: “Dende Ares cara ao mundo”. O obxectivo principal foi elaborar un proxecto conxunto e integralo no currículo. Para levar a termo isto recibimos formación sobre o traballo por proxectos e a súa avaliación. Como punto de partida, o primeiro paso para o proxecto foi repartir dende a biblioteca, unhas caixas informativas sobre cada país; país elixido por cada curso/nivel educativo, ben por ter alumnado dese lugar ou por afinidade. No segundo paso tratamos de aplicar a formación recibida o curso pasado, reflectir por escrito os elementos do currículo que se van traballar(estándares, competencias, contidos,…) e elaborar e aplicar métodos de avaliación. Os países elixidos foron: Brasil, Marrocos, China, Reino Unido, Australia, Portugal, Ucraína, Xapón, Antártida, aínda que despois engadíronse algún máis como Italia e Holanda (época renacentista), Perú, Suecia e EEUU (representación musical da ESO), que se traballaron ao longo do curso integrándoos no proxecto final.

7


Todos os cursos traballaron de forma interdisciplinar e realizaron infinidade de actividades: presentacións, exposicións, vídeos informativos, realización de mapas, collages, paneis informativos, guías de flora e fauna dos países, confección de traxes típicos, elaboración de receitas típicas, representacións de bailes e danzas dos países expostos, obradoiros de xogos, e unha morea máis delas que, polo reducido espazo desta revista, non podemos poñer.

Ao final de curso, e como produto final, o luns 15 de maio de 2017, levamos a termo unha feira: I Feira Dende Ares cara ao mundo, na que mostramos ao toda a comunidade educativa e ao resto da xente que se achegou ata o pavillón da feira, todo o elaborado no noso proxecto. Un total de 15 stands conformaron o recinto ferial: un por cada país estudado máis un da oficina de turismo do Concello, outro do proxecto LÓVA, da Biblioteca Carabela, de Músicas do Mundo e por último un solidario de #unhacuraparaAdri.

Neste código QR podedes ver un resumo da feira.

8


Despois do evento, podemos dicir que estamos tremendamente satisfeitos da xornada, na que se reflectiu o traballo colaborativo realizado no noso cole durante o curso e que deu como resultado esta I Feira “Dende Ares cara ao mundo”. Parabéns a toda a comunidade educativa: a todos os profes de infantil, primaria e secundaria, a todo o alumnado do centro desde os máis pequerrechos ata os máis maiores, que traballaron e colaboraron dunha maneira impecable, realizando unha gran labor en cada un dos stands representados; ás profes de música e as titoras polas actuacións musicais; aos que organizaron o stand de Unha cura para Adri que, dito sea de paso, foi un acerto co apadriñamento de pingüíns e o photocall dos países; ao noso paisano Javier Cristobo que sempre está aí cando precisamos del e que pasou a xornada con nós dando dúas estupendas charlas sobre a Antártida e inaugurando a Feira xunto cos representantes do CEFORE e autoridades do concello e asociacións de Ares; ao Concello e a ANPA pola súa inestimable axuda; á dirección do centro por promover e apoiar todas as iniciativas que se están a levar a termo no noso centro e a todas as familias que nos acompañaron na xornada. Grazas a todos por facer que a xornada resultase todo un éxito.

9


O dia 7 de Abril tivemos uns visitantes de excepción no CPI As Mirandas. Armados con espadas e protexidos con escudos e armaduras, entraron no cole como se chegaran os vikingos a invadirnos no século X, pero non... non tiñan intención de facernos dano. Todo o contrario . Non eran vikingos, visigodos nin romanos, pero íannos ensinar moito destes pobos da antigüedade e da súa maneira de defenderse e loitar. Eran algúns dos integrantes da ANEA (Asociación Naronesa de Esgrima Antiga), clube no que se practica o vello arte marcial de loitar con espada en moitas das súas variedades. A charla foi dirixida por un dos mestres e monitores do clube, Daniel López Varela, apoiado por Ana aos mandos do ordenador, no que se proxectaron imaxes para mellor entender o que se ía falando. Ademais de poder ver un peto de placas de coraza auténtico e os brazais e hombreiras que o acompañaban, a cota de malla, as chaquetillas ou gambesóns (e podelos probar), puidemos ver un escudo redondo (chamado Tarja) e ir seguindo a evolución das armas de defensa no tempo (especialmente as espadas), dende as máis curtas e antigas (a Gladius hispaniae e a Falcata Ibérica), pasando pola espada de punta e corte (típica espada medieval utilizada a unha man) ou a Zweihander ou Montante (espada moi grande utilizada a dúas mans), ata chegar a armas Tardomedieváis (como a Espada de man e media ou Espada Bastarda) e as renacentistas, onde as espadas deixaron de facerse máis longas e pesadas e comezaron a ser máis lixeiras e rápidas, como as Espadas Ropeiras, Espadíns e Estoques . O clube dedícase principalmente a ensinar e practicar o tipo de arte marcial coñecido como “Verdadera Destreza Española”, segundo o manual homónimo do século XVII escrito por Jerónimo Sánchez de Carranza e Luis Pacheco de Narváez. Ademais deste estilo, que se centra máis nas tres variedades de Espada ropeira (Ropeira a unha man, Ropeira e Daga de Vela ou Ropeira e Broquel, un escudo pequeniño de man), o clube practica tamén coa espada de man e media. Entre explicación e explicación, dous dos integrantes do clube (Jacobo e Zeke) amosaron a utilización práctica de cada un dos estilos nunha tirada libre para amosar a velocidade e dificultade que implica a realización destas artes marciais. Ao final algúns dos nosos compañeiros puideron tirar contra Dani e probar a súa verdadeira destreza contra o campión de España e Portugal de Esgrima Histórica!! Para aqueles que queremos participar de esta actividade tan guai e tan saudable, teremos que esperar ate os 14 anos de idade, que é a mínima na que se aceptan as novas solicitudes neste clube, situado en Narón.

10


Os rapaces e rapazas de 2º ESO do noso centro, en colaboración co EDL e a Biblioteca Escolar, realizaron unha homenaxe a un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil en Galicia e no resto do Estado, que faleceu en xullo do ano pasado. Foi autor de máis de cincuenta títulos e os seu libros están traducidos a varias linguas: castelán, catalán, éuscaro, portugués, coreano, búlgaro, inglés, chinés, árabe, francés e italiano. Os seus libros obtiveron numerosos premios e gozan do aprecio de milleiros de lectores. Cartas de inverno, superaba xa no ano 2016 os cen mil exemplares vendidos. E para render a nosa homenaxe, tivemos a colaboración do ilustrador aresán Antonio Seijas ao que os alumnos de 2º ESO entrevistaron. Seijas tivo o pracer de traballar co autor, posto que o noso ilustrador, baseándose na novela Cartas de inverno, publicou a exitosa novela gráfica do mesmo nome; e dicimos exitosa porque Antonio Seijas recibiu, entre outros premios, o Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado no ano 2012. Tamén os alumnos e alumnas realizaron unha gravación de anacos da obra de Agustín Fernández Paz. Todo este traballo culminou nun acto no Auditorio de Ferrol no que os colexios de toda a bisbarra homenaxearon ao autor expoñendo os traballos que fixeron previamente. Aquí podedes ver o resultado.

11


Este ano a Real Academia Galega adícalle a Carlos Casares o Día das Letras Galegas polo seu compromiso coa nosa lingua e literatura. Carlos Casares está considerado como unha das figuras máis singulares e renovadoras da nosa literatura. Naceu o 24 de agosto de 1941 en Ourense e, durante a súa vida, nunca deixou de estar implicado na vida cultural, social e institucional do noso país, sendo un firme defensor da lingua galega e un dos impulsores da Lei de Normalización e da creación do Consello da Cultura Galega. A súa creación literaria é moi ampla, cunha gran cantidade de obras de literatura infantil, ademais de novelas, ensaios, artigos periodísticos... Faleceu en Vigo o 9 de marzo de 2002, pouco despois de rematar a que sería a súa obra póstuma “O sol do verán”. E para conmemorar este día, que mellor que a voz de mil escolares de ferrolterra e a Coruña metidos nunha nave do estaleiro Navantia cantando a coro o tema "Chea de Vida", de Guadi Galego. Esta actividade, enmarcada dentro dos actos previstos polo centro de formación e recursos de Ferrol (CFR) para festexar o Día das Letras Galegas, ten por obxectivo promover os coros escolares como actividade integradora e o canto coral como ferramenta educativa fomentándoos nos colexios e institutos utilizando como base o repertorio de grupos e cantantes galegos actuais. A canción, que foi tamén interpretada en lingua de signos polos rapaces e rapazas do noso cole, conseguiu abraiarnos a todos. E vendo o resultado, podemos dicir que cando se utiliza a voz, a música e a lingua de signos como ferramenta de comunicación, é imposible non emocionarse.

12


VISITA AO MUNCYT A comezos de maio os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria visitamos o MUNCYT na cidade da Coruña. É un museo relacionado coa ciencia e a tecnoloxía. Ademais conta con diversas salas moi interesantes para visitar. A sala que máis nos chamou a atención foi a sala Iberia, xa que entramos na cabina do Jumbo “Lope de Vega” e por un intre fixémonos pasar por viaxeiros do avión. Tamén estivemos moi entretidos co xogo de pistas que nos fixeron os guías do museo na sala do século XX para adiviñar diferentes inventos desa época.

Animamos a todos a visitar o MUNCYT!

UN PREMIO BEN MERECIDO Este curso o noso cole recibiu de mans do conselleiro de Educación Román Rodríguez o premio do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP). Esta convocatoria recoñece o traballo de formación e implementación do mesmo nos centros de ensino. A renovación e a temática dos itinerarios “á carta” deseñados polos docentes de colexios e institutos, e que van servir de referencia para o conxunto da comunidade educativa, son un dos piares deste recoñecemento. Ao acto de entrega no Gaiás, asistiron as nosas compañeiras Carmen Regueira e Conchi Cambeiro que forman parte do equipo de formación do noso centro. Dende a Dirección agradecemos este recoñecemento ben merecido polo excelente traballo que realizou e segue realizando o profesorado deste centro, agradecendo tamén o inestimable traballo do alumnado e a colaboración das familias.

13


HAI UN ARTISTA EN TI: maiLÓVArt E xa estamos coa 4ª convocatoria de Arte Correo. Novamente dedicada ás artes, pero este ano facendo referencia ás artes escénicas e por tanto a todas as profesións visibles e invisibles que a conforman. O motivo é que na aula de 2ºA púxose en práctica o proxecto LÓVA (a Ópera como Vehículo de Aprendizaxe). Por iso o lema é Hai un artista en ti: maiLÓVArt”. Xa estamos a recibir moitos mailarts, coma sempre. Esperemos que sexa moi concorrido. En novembro será a inauguración da exposición. Animádevos todos!!

OS NENOS E NENAS DE 2º EP. APRENDEN A IDADE MEDIA Este ano nas aulas de 2º A e B están a traballar a Idade Media e, como fixeron o ano anterior para o Samaín, pediron ás familias que trouxeran cabazas con temas típicos da idade media. Os corredoiros do cole quedaron cheos de castelos, bufóns, leprosos, peste negra, cabaleiros e meigas. Tamén aproveitaron a temática do noso proxecto para que no magosto as coroas que levaban, tiveran motivos de guerreiros, cabaleiros, monxes, bruxas, princesas… Ademais fixeron unhas faltriqueiras que así de molonas quedaron.

14


ACTIVIDADES CON OUTROS CENTROS DA NOSA CONTORNA Os alumnos e alumnas de 5º fixemos unha saída a Monfero para realizar unha ruta de sendeirismo xunto con outros coles ( Unión Mugardesa, Loyola,Franza e Virxe da Cela de Monfero ). Pasámolo moi ben, menos a ida no autobús, xa que moitos compañeiros mareáronse. Parécenos moi interesante compartir xornadas con outros rapaces e rapazas..

Os nosos alumnos de 1º e 2º ESO gozaron, xunto cos alumnos e alumnas dos coles de Mugardos e Monfero, dunhas xornadas de actividades físicas e deportes acuáticos no areal da praia de Ares, onde puideron practicar windsurf, volei praia, canoa, paddle surf, vela... Que ben o pasamos!!!

15


No mes de maio os alumnos e alumas de 5º e 6º de primaria fixemos unha visita ao Museo Naval e tamén fixemos o noso bautismo de mar. Realizamos un percorrido pola ría de Ferrol a bordo do remolcador Y-122. Unha aventura inesquecible.

Grazas a todos os que o fixeron posible !!

SOPA DE LETRAS Imos ver os vosos coñecementos sobre o mar e os barcos. Seredes quen de atopar as 15 palabras relacionadas co tema?

16


O PROXECTO DENDE ARES CARA AO MUNDO ENCHE O ENTROIDO DE COR Colorido, desfiles, bailes e moita alegría é o que viviu o noso cole na celebración do Entroido 2017 neste fantástico venres no que o sol e o bo tempo, nos acompañou. Tomando como eixo o proxecto “Dende Ares cara ao mundo” os nenos e nenas desfilaron con traxes que nos recordaron a Australia, Portugal, China, Inglaterra, Marrocos, Brasil, Italia, Ucraína…. A verdade é que hai que dar as grazas a todo o profesorado e, por suposto ao alumnado, por todo o traballo e implicación nesta xornada. Non somente se apreciaba toda unha labor de semanas na elaboración dos disfraces, senón tamén nas coreografías e representacións que os alumnos/as dos diferentes cursos da ESO levaron a termo .

17


TRABALLOS DESENVOLVIDOS NO OBRADOIRO DE ARTES ESCÉNICAS Os rapaces e rapazas de 1º ESO realizaron durante o primeiro trimestre un traballo sobre o nadal en Suecia e en Perú enmarcados tamén no proxecto de centro “Dende Ares cara ao mundo”. Prepararon uns excelentes decorados para as nosas recreacións, así como as presentacións das costumes e tradicións de cada país. Os de 2º ESO recrearon e interpretaron a canción do día de Santa Lucía en Suecia e a canción tradicional peruana Festejo de Navidad. O traballo foi desenvolvido no obradoiro de artes escénicas e comunicación oral, que como sabedes é unha colaboración dos departamentos de plástica e música.

QUERIDAS TRADICIÓNS: UN PASEO POLA NOSA MÚSICA. Os nenos e nenas de 3º continuamos coa nosa tradición musical e, este curso, decidimos facelo ao grande. Para iso escollemos dúas xotas: Xota de Sabaxáns e A rabieira. Ademais das voces, acompañamos as cancións coas pandereteiras, que tocaron de marabilla. Os nosos titores e a mestra de música axudáronnos a preparar estas cantigas. Non deixedes de cantar e que A MÚSICA VOS ACOMPAÑE!!!

18


A ÁRBORE DAS PALABRAS

Coa chegada da primavera, nas aulas de infantil medran unhas árbores moi especiais. Comezan a brotar e énchense de palabras: auga, paxaro, avoa, bolboreta,…

O CIRCO As nenas e nenos de 4 anos, estiveron a aprender cousas sobre o circo, e fixeron o seu propio espectáculo. Hai paiasos, domadores, equilibristas, magos…

UCRAíNA: O NOSO PROXECTO PARA A FEIRA DENDE ARES CARA O MUNDO

19


Neste curso, os nenos e nenas de terceiro traballamos nun proxecto sobre China. Descubrimos moitas cousas deste país, algunhas sorprendentes: a vestimenta, a escritura, o ManekiNeko ou gato da sorte, o Yin e o Yang, a gran muralla que mide máis de 20.000 km e o dragón. Sabiades que ten partes de 9 animais diferentes?. Tamén fixemos un libro de receitas e outro do horóscopo, aprendemos a facer farois e algúns xogos de orixe oriental. Todas estas cousas amosámolas na 1ª Feira: “Dende Ares cara ao mundo”. Foi unha experiencia moi divertida!

Escornabot é un proxecto de código/hardware aberto, cuxo obxectivo é acercar a robótica e a programación aos nenos e nenas. O Escornabot pode programarse con botóns para executar secuencias de movemento, a partir de aquí a imaxinación é o único límite nas posibilidades.

20


21


22


Durante o curso 2016/17 na clase de 2º A levamos á práctica un novo proxecto de aprendizaxe, o Proxecto LÓVA ( A ópera como vehículo de aprendizaxe). Con nós colaboran os 7 alumnos da clase de Música de 4º da ESO e a súa profe Teresa así como Lara, mestra de música en primaria. Tamén temos a colaboración de persoas externas que xenerosamente nos axudaron, como Alma, a concelleira de Cultura e Deportes do Concello de Ares, e outras persoas que viñeron a ensinarnos moitas cousas da súa profesión. E por suposto os colaboradores máis especiais, os nosos país e nais que sempre estiveron aí axudando e animándonos. A principios de curso lles propuxemos aos nenos crear unha ópera orixinal completa, cos seus personaxes e características psicolóxicas, o seu libreto, escenografía, iluminación, tema, tese, maquillaxe, música e letra orixinais para, finalmente en xuño, facer o estreo mundial da mesma. Para levalo a termo os nenos creamos un equipo, fixemos unha compañía, comprendemos o sentido das metáforas e aprendemos a falar con elas; buscamos un nome para a mesma, un logo que nos representase. Isto supuxo superar retos que nos puxeron a proba como equipo e compañía. Aprendemos a escoitar e falar mirándonos

Elixindo o nome da compañía

os uns aos outros. Aprendemos a respectarnos e aceptar opinións diferentes ás nosas. Escribimos moito, moitísimo!!. Reflexionamos cada día. Viñeron profesionais a ensinarnos as súas profesións: Clara Gayo, José Manuel, Cristóbal, Susana, Ana, Naty e outras persoas que nos facilitaron moito as cousas e tamén nos acompañaron nesta aventura coma Fany, Naty, Nuria, Pilar ... Canto aprendemos!!!.

Reflexionando

Creando personaxes

23

Logo da compañía

As familias


Eliximos ás nosas profesións e chegou o día especial en que nos entregaron o diploma coa nosa profesión, na que deberiamos traballar a partires dese intre para crear a nosa ópera. Aprendemos a crecer e convertémonos en profesionais especialistas para poder facer o noso gran reto: a representación da nosa Ópera.

Diploma profesións

Entrega de profesións

Pero o máis importante de todo este proxecto non é a representación da Ópera creada por nós, senón todo o traxecto que nos levou a ela.

Moitas grazas ao cole, aos profes que colaboraron con nós, aos país tan entusiastas que dende o principio confiaron en nós, e sobre todo aos nosos nenos e nenas que son o mellor que temos, coa súa ilusión, coas súas emocións, coa súa xenerosidade e gañas de traballar sempre.

24


Este curso escolar a rapazada do cole tivemos a inmensa sorte de participar nun feixe de acontecementos musicais dentro e fora do centro escolar. Imos facer unha pequena escolma relacionada con todos eles. Coma todos os anos, o primeiro trimestre dedicámolo en gran medida a preparar o noso Festival de Nadal no Casino de Ares. Primeiro os pequerrechos de Infantil agasalláronnos cunhas panxoliñas moi divertidas e a continuación varios alumnos de 6º de EP convertéronse en presentadores dun curioso telexornal: “TELEARES, onde nunca a ficción supera á realidade”. A través das súas novas convidáronnos a unha viaxe musical ao longo do tempo. Participou toda a rapazada en diversas cancións, bailes, e ata voltamos a idade media cun canto de cego con zanfona incluída grazas a Emilio Mesías.

Á volta de vacacións, e coincidindo coa chegada do día da Paz, participamos nunha iniciativa moi interesante promovida por un cole de Valladolid e que tivo repercusión en toda España e nalgúns países no estranxeiro.“Como te atreves a volver” foi o título escollido pola plataforma #cylcantaporSiria. No noso cole, a profe Lucía fixo a adaptación ao galego “Siria non ten a paz, témola que atopar”. O día da Paz ás 12.00 da mañá todos os nenos e nenas do cole: infantil, primaria e secundaria mais os miles de nenos e nenas de toda España, xuntamos as nosas voces e saímos ao patio para berrar

coa nosa música contra o conflito

que están a vivir neste país.

Este ano tamén escollemos unha canción ben fermosa para agasallar as nosas nais na celebración especial, que non única, do día da Muller Traballadora. Para o 8 de marzo cantamos, interpretamos e fixemos un agasallo musical inspirado na canción “Matriarcas” de Guadi Galego.

25


Non sabiamos que este tema de Guadi non sería o derradeiro a cantar este ano, xa que o día 11 de maio varios grupos do cole, nunha iniciativa promovida polo CFR de Ferrol, tivemos a inmensa sorte de participar nun coro formado por 1000 rapaces dos coles de Ferrolterra que baixo a dirección de Ramón Bermejo e coa mesma Guadi Galego e Guille Fernández á guitarra, cantamos o tema “Chea de vida” no astaleiro de Navantia. Emoción en estado puro!

Xa no terceiro trimestre, varios grupos do cole traballamos na procura de ter máis coñecementos acerca da música dos países que estiveron representados na Feira que fixemos. Despois de varios traballos colaborativos na aula, os rapaces e rapazas de 5º e 6º de EP elaboraron unhas presentacións relacionadas coa música en Marrocos e que foron expostas no seu stand, máis uns instrumentos musicais con material reciclado inspirados no propio instrumentario marroquí. Por outra banda, o alumnado de 1º de primaria que traballou Australia dentro do seu proxecto de clase, elaborou unha serie de xestos e dramatizacións propias dos maorís para representar un dos feitos musicais máis impactantes destas tribos: os hakas. E o noso proxecto LÓVA (a ópera vehículo de aprendizaxe) que tantas alegrías nos está dando coa compañía de ópera de 2ºA de EP “Vidriera” e que estrea a súa composición feita por todos eles na súa integridade (texto, vestiario, escenografía, distribución, composición musical…) o día 2 de xuño no Casino de Franza, función para nais/pais e público en xeral e os días 8 e 9 de Xuño no casino de Ares para a rapazada do centro. Non podemos esquecer a nosa Convocatoria de Arte Postal que este ano está dedicada ás artes escénicas e leva por lema: maiLÓVArt Por último, temos que lembrar a chea de Concertos Didácticos e actividades teatrais que tivemos ocasión de gozar tanto na Coruña coma en Ferrol. Unha pequena mostra foron: “Historias do mar”, “Dúas”, “Todo es percusión”... Grazas ao Departamento de Actividades Extraescolares e ás institucións que fan posible estas interesantes saídas musicais e culturais.

VIVA Á MÚSICA E VIVA AS ARTES ESCÉNICAS!!

26


Por Nuria Fernández Iglesias, Isabel Terradillos Molina e María Veiga Garrote. 1ESO

Ímosvos falar do coltán, un mineral que se volveu imprescindible para a nosa vida cotiá, pero que debemos pensar nos problemas que iso causa: O coltán é un mineral negro e opaco, composto por columbita e tantalita. Utilízase para fabricar compoñentes claves dos móbiles e dispositivos electrónicos portátiles. En España existe o proxecto de explotar unha mina en Ourense, pero as principais minas a nivel mundial atópanse en Brasil, Tailandia, Australia e, sobre todo en África (Congo, Etiopía e Ruanda).

En realidade, sabedes o sufrimento que supón extraelo?

Guerras Falamos de sufrimento porque o contrabando deste Congo,

mineral

provoca

financiando

aos

guerras grupos

como a rebeldes

do e

facilitando a compra de armas.

Traballo infantil Ademais

das

guerras, cada día morren

moitos

nenos, xa que os rebeldes os capturan para que traballen nas minas porque os nenos poden meterse mellor polos recunchos.

Destrución medioambiental O coltán non só afecta negativamente aos nenos, senón tamén ao medio ambiente. Ao extraer coltán, destrúense os ecosistemas, pois os principais xacementos coinciden cos hábitats dos gorilas de montaña e outra fauna en perigo de extinción, ao ser zonas de selva declarados parques naturais.

Alternativas Estase a investigar con outros materiais que poidan ser alternativas ao coltán, como por exemplo o grafeno. Non deberiamos tolerar que a explotación dos recursos supoña o sufrimento dos máis desfavorecidos, e no primeiro mundo teriamos que asumir as nosas responsabilidades como consumidores.

27


Cada ano morren en España unhas 30000 persoas por parada cardiorrespiratoria. O 80% tiñan ao redor familiares ou amigos que non lles prestaron axuda por descoñecer as técnicas básicas de reanimación. Cada minuto que pasa sen axuda, diminúen as posibilidades de sobrevivir, xa que só despois de 6-8 minutos, as células do cerebro, as neuronas, comezan a morrer. Se a persoa sobrevive, terá secuelas: parálise, deterioro cognitivo... En países onde a sociedade recibe formación nas técnicas de soporte vital básico as taxas de supervivencia soben ata o 50%. En adultos, as causas máis frecuentes de parada cardiorrespiratoria son as de orixe cardíaco, por problemas circulatorios. Na infancia, as causas son sobre todo por fallo respiratorio, por exemplo, por meter na boca obxectos ou atorarse con alimentos. Oxalá nunca as teñas que pór en práctica, pero, polo ben de todos, debes coñecer estas técnicas, e estes son os pasos a seguir:

Seguridade A persoa afectada debe ser levada a un sitio seguro (beirarrúa se foi no medio da calzada, por exemplo) e colocala boca arriba nunha superficie dura Comprobar a inconsciencia Intentar que a persoa responda a estímulos externos: berrar, abaneala, darlle pequenas labazadas, beliscos... Abrir vía aérea, coa manobra fronte-mentón Consiste en levantar o mentón e baixarlle a fronte Comprobar a respiración Mirando se sobe e baixa o torax ou se notamos ou oímos se respira Chamar aos servizos de emerxencia: 112 ou 061 Mellor se o fai outra persoa. Se estamos sos, colocar o móbil en mans libres para recibir instrucións dos servizos sanitarios Compresións torácicas: 30 Poñerse de xeonllos ao carón da persoa, e cos brazos estirados e as mans entrelazadas, facer forza na parte baixa do esternón (entre as dúas mamilas). O ritmo será de 100-120 compresións /minuto, ata que cheguen os servizos de emerxencia. Insuflacións: 2 O máis importante son as compresións torácicas, pero poderiamos facer tamén o boca a boca.

28


O Magosto deste ano estivo xenial! Primeiro preparamos cucuruchos, caixas, cestiños, etc. para recoller as castañas que logo comemos asadas. Estaban tan ricas!!!. E para axudar á dixestión, xogos populares a mogollón: letras corporais para formar a palabra Magosto, baile da castaña, carreiras con castañas en culleres e volta coa castaña entre as pernas, baile da vasoira, encesta a castaña... QUE BEN O PASAMOS!!

29


This year we did an activity in English and then we used AUGMENTED REALITY. It´s a new technology.

We did lots of different activities: We celebrated Hallowe´en, Christmas, Valentine´s Day, Easter... We saw a play called `Fricky' performed by The Blue Mango. We prepared some activities previously and all the songs. We participated and enjoyed it.

We also participated in the First Fair: From Ares for the World with a stand: The UK (United Kingdom) with a display, a sport, a double decker bus, a power point and an activity using Augmented Reality.

30


CHEGOU A VI SEMANA PROBLEMÁTICA!!! Hai que ver como pasa o tempo. Parece que foi onte pero así, sen darnos de conta, levamos seis edicións da Semana Problemática cunha participación récord por parte dos nosos alumnos (entre as cinco xornadas de concurso houbo 200 papeletas de resposta). Como sabedes, consiste en resolver un problema matemático cada día depositando a resposta nunha furna. Houbo un premio por día que se sorteou entre os gañadores de cada xornada, facendo entrega de todos eles aproveitando a festa do entroido. Moitas grazas a todo o alumnado que participou e xa sabedes...vos agardamos na VII edición!!

III EDICIÓN DE MATEMÁTICAS NA RAIA AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocaron a terceira edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portugal) no que o noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3ºB participou o 20 de abril. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colaborativo, pois os equipos son grupos-clase completos. Os rapaces fixérono xenial, e claro, o esforzo trouxo a súa recompensa porque foron os gañadores dos equipos galegos que participaron. E alá nos fomos o 27 de maio a gozar do premio: "Unha fin de semana en Tui" con todos os gastos pagos, onde tiveron (e tivemos, xa que grazas a eles as profes tamén os acompañamos) un “Encontro Matemático” xunto ao equipo gañador de Portugal: xogos entre o alumnado de Galicia e Portugal, actividades para “romper o xeo” (coñecer o máximo número de compañeiros do equipo portugués), formación de equipos mixtos para as probas da fin de semana (equipos con nomes moi familiares: Euclides, Pitágoras, Sofía Kovalevskaya…), roteiro matemático con probas por equipos, visita turística a Valença, actuación dun mago, descenso do Miño en kayak, máis xogos matemáticos de estratexia por equipos... Non paramos nin un minuto e pasámolo moi ben (si rapaces, as mates tamén son divertidas...que volo diga 3ºB) e para mostra aquí tedes un pequeno documento gráfico. A ver se nos vemos o ano que ven en Portugal...oxalá.

31


XIX

OLIMPÍADA

MATEMÁTICA

GALEGA DE 2º DA ESO Co fin de promover a ensinanza e a aprendizaxe das Matemáticas a través da resolución de problemas, AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) organiza unha nova edición da Olimpíada Matemática Galega para o alumnado de 2º da ESO. Un ano máis o noso centro tomou parte nesta actividade coa participación de catro alumnos: Pablo Cartelle Filgueiras, de 2ºA Lucía Couceiro Polo, de 2º A Raúl Nogueras Anca, de 2ºA Martín Rodríguez Sanjuán, de 2ºB A fase local tivo lugar o día 27 de abril no IES Canido (Ferrol) e desta fase sairon os 40 seleccionados de toda Galicia para participar na Fase Final Galega, que se celebrou o día 18 de maio na cidade de Lugo. Este ano formou parte de isos 40 seleccionados Lucía Couceiro Polo, e ata Lugo nos fomos a pasar unha xornada de probas matemáticas individuais e grupais, e onde AGAPEMA nos obsequiou tamén con unha comida para os clasificados e acompañantes. Moitas grazas ós alumnos e as súas familias por animarse a formar parte desta actividade, e tamén grazas ao IES Canido por tratarnos tan ben e por facerse cargo da organización da fase local. Non queremos esquecernos de felicitar e agradecer a AGAPEMA toda a labor que fai pola divulgación das matemáticas. Grazas e mil grazas!!!

E PARA QUE VAIADES PRACTICANDO CARA O CURSO QUE VEN, AQUÍ TEDES UN SUDOKU. SEREDES CAPACES DE RESOLVELO?

32


CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE E xa van 6 anos nos que o noso

Un ano mais, a atleta are-

centro organiza a Carreira

sán Paula Mayobre colabo-

Quilómetros de Solidariedade.

rou con nós durante a xor-

Enmarcada dentro das activi-

nada participando con todos

dades solidarias do noso cole-

os rapaces e rapazas do no-

xio, é unha actividade con do-

so centro. Na carreira reca-

bre finalidade: por unha banda, espertar nos nosos alumnos

damos 976,45 € que foron

e alumnas un espírito crítico e

enviados á ONGD Save The

solidario cara as inxustizas que

Children. Nunca me cansarei

afectan a millóns de nenos e

de sorprender ante tanta

nenas de todo o mundo e, por

xenerosidade. Grazas a toda

outra, recadar fondos en cola-

a comunidade educativa

boración coa ONG “Save the

pola vosa colaboración e es-

Children” para axudar á in-

forzo.

fancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos

EMERXENCIA REFUXIADOS RECOLLIDA DE ROUPA

OPERACIÓN QUILO NO NADAL

Desde o colexio, realizamos unha campaña de Un ano máis resultou

recollida de roupa para os refuxiados sirios que

todo un éxito a

estaban nos campos de Tesalónica e Lesbos, tras

campaña de recollida

sufrir a ola de frío polar que azoutou Europa,

de alimentos para

cousa que agravou máis o problema migratorio.

Cáritas de Ares e a

Enchéronse dous camións!!!!

Cociña Económica de Ferrol, na que recollemos preto de 350 quilos de alimentos. Dende aquí queremos expresar, de novo, o noso agradecemento a todas as familias pola solidariedade mostrada.

33


#UnhacuraparaAdri “A

síndrome de Hunter é unha enfermidade que se denomina cien-

tificamente Mucopolosacaridosis, que pode ser incapacitante, multisistémica e dexenerativa. É fundamental un diagnóstico prematuro para paliar os síntomas e que non teña un final devastador.” Así o define Teresa Muíños Rodríguez a través dun xogo que había

Stand de #UnhacuraparaAdri

no “Stand de Unha cura para Adri”, na FEIRA DENDE ARES CARA O MUNDO. Marcos Pérez de 5º B explicouno deste xeito: “A sín-

drome de Hunter é unha enfermidade xenética devastadora que incapacita totalmente á persoa que o padece. Non ten cura e ten que ver co cromosoma X porque da nai ” . O obxectivo era dar a coñecer esta enfermidade e ser capaces de redactar un texto definindo a Síndrome de Hunter, a través dunha serie de palabras clave que estaban colgadas na decoración do stand. Pero non só era iso o que se podía descubrir neste recuncho, tamén podiamos viaxar a un país de xeito seguro, económico e rápido a través do noso photocall. Foron tantos os que quixeron viaxar aos países dos stands, que tardaremos un chisquiño en acabar as montaxes, pero nos vos preocupedes...antes de rematar o curso teredes cada un a vosa foto, grazas a labor da nosa incansable compañeira Yolanda. Xa no stand, atopabámonos cunhas marabillosas colaboradoras que todo o día estiveron a informar sobre todas as actividades do noso stand; dende colaborar levando un marcapáxinas personalizado polo alumnado, ou apadriñar un pingüín na Antártida, ou mercar area volcánica que nos trouxo Cristobo da mísmísima Illa Decepción -moitas grazas, Cristobo!!- ata comprar camisetas, pegatinas e calendarios de #UnhacuraparaAdri. E con todas estas actividades, e poñendo moita ilusión e ganas, o noso centro recadou 601,97 € na I Feira Dende Ares Cara o Mundo para colaborar con #UnhacuraparaAdri. Grazas a todos e todas pola vosa solidariedade!!!

Photocall

34


O 25 de maio o alumnado de 1º ESO recibiu ao de 6º EP na sala de usos múltiples co fin de acercarlle a súa experiencia no primeiro curso. Como colofón da visita, a actividade planificada consistiu na entrega de cartas de benvida que reflicten as súas vivencias nesta nova etapa. Na carta que tedes a continuación podedes ler os consellos que Miguel Martínez García lles da aos futuros compañeiros. Esperámolos o próximo curso con entusiasmo! Departamento de L. Castelá e literatura

Futuro compañero/a: Pronto comenzarás la ESO y, seguramente, te sientas un poco nervioso/a. Yo, hace un año, también lo estaba. Pero no pasa nada. Para quitarte esos nervios estoy yo aquí escribiéndote esto. Te daré unos consejos sobre cómo debes afrontar este cambio de centro. Espero que te sirvan de ayuda. Soy consciente de que hay dos cosas principalmente que te preocupan. A ti y a todos cuando llegamos aquí. La primera es eso tan temido de “LA FALTA DE ORDEN” y la segunda, cómo es cada profesor/a y cada asignatura. Así que, vamos por partes. En primer lugar, la falta de orden. Lo primero que debes saber sobre ello es que no te la ponen por entretenimiento; si te la ponen es porque algo hiciste. Esto suena muy típico, pero es así. Te la ponen si hiciste algo malo, a veces no muy grave que digamos, pero bueno... Tranquilo/a, en 1º no suelen poner muchas (alguna que otra cae, eso sí). Como te decía, en 1º no suelen poner muchas. Yo creo que es porque aún piensan que somos ángeles caídos del cielo. Así que mis consejos para que no te caiga ninguna son los siguientes: no la líes en clase, no vaciles ni te pases de listo con ningún profesor, no insultes a tus compañeros y no imites el sonido de ningún animal en medio del silencio (por esta última me la pusieron a mí). Las asignaturas y profesores… María, la de matemáticas, es una profesora muy dinámica, hace las cuentas rapidísimo y manda muchísimos ejercicios, muchísimos. A veces, vemos vídeos de cosas y trucos de matemáticas o de acertijos. Maru, la de castellano, os va a caer bastante bien, sus clases son muy divertidas y a veces nos ponemos a hablar de cosas graciosas que, a lo mejor, no vienen a cuento. Nos suele contar muchas anécdotas que le pasaban cuando ella era pequeña; como cuando le entró un moscardón en el oído o cuando vio a una vieja sin dientes comiendo turrón y desde ese día no lo volvió a probar. Es la jefa de estudios y por tanto, por ella pasan las faltas de orden y habla con tu tutor sobre tu comportamiento, así que, intenta caerle bien. Luisa, la de gallego, es una profesora muy familiar, se preocupa por nosotros si nos encontramos mal y se sienta, incansablemente, a enseñarnos los pronombres y su colocación. No le gustan las salidas de tono en clase ni las interrupciones indebidas. Chus, la de biología, es una profesora muy exigente, de todos espera lo máximo y sueña con que, algún día, lleguemos a ser científicos… Le gusta que seamos serios y efectivos en clase. Terminaréis enamorados de su cronómetro y de su “Pensamento Científico”. Rocío, la de historia, es muy permisiva, me refiero a que tiene paciencia con nosotros, aunque eso no significa que puedas hacer de todo en sus clases. Su asignatura es muy divertida porque siempre trabajamos en la pantalla grande. Ella es “LA REINA DE LAS PESTAÑAS”, un día llegó a abrir 45 pestañas. A cada una que abría le gritábamos “OPA”, al final, se le acabó bloqueando el ordenador y lo tuvo que reiniciar.

35


Pilar, la de inglés, es tranquila y muy inteligente. No suele gritar ni llamar mucho la atención. La verdad, nosotros hacemos méritos para ello. No le gusta escribir en la pizarra y siempre mira si tienes deberes, así que… Hazlos!!!. Pero tranquilo, Inglés es muy fácil en primero y es una de las asignaturas en las que mejor notas sacamos todos. Carmen, la de francés, es bastante buena, te dice lo que te va a caer en el examen y le gusta que seas bueno en la pronunciación. Víctor, el de plástica y artes escénicas (OINARES), se preocupa mucho por nuestro futuro y dice cosas muy raras e interesantes al mismo tiempo. A mí me tocó de tutor y digamos que mi clase no es sencilla en cuanto a conflictos se refiere, pero él nos intentó explicar e intentar hacer comprender que, en un futuro, tendremos que trabajar con gente y deberemos ser buenos compañeros y ahora, lo mismo. Manda 4 láminas por trimestre y en Artes Escénicas hacemos manualidades o trabajos. Amalia, la de gimnasia, le gusta que entreguemos todos los trabajos en el día y bien hechos, que nos hablemos con “cariño” y que no dejemos de correr en las vueltas que nos manda hacer al principio de todas las clases . Es muy graciosa y a lo mejor, un día te suelta: “Oye, ¿tu sales con Fulanita verdad?” y esto te lo dice delante de todos tus amigos y luego ellos te vacilan… Yoli, la de religión, es la profesora más buena de todas, es muy, muy, muy buena. En clase siempre hacemos cosas divertidas o trabajos en grupos. Para mi, es la mejor clase de todas, junto a gimnasia, por supuesto. Bueno...., creo que ya te he dado suficiente la brasa, ¿no?. Pero lo hago con la intención de que te sirva de ayuda para afrontar la nueva vida que te espera. Por último, para fulminar mi espectacular testamento, te voy a dar unos consejos para que apruebes. Yo te aconsejo que seas transparente con los profesores, es decir, no te hagas una persona que no eres con ellos; estudia dos horas mínimo por las tardes, fines de semana incluidos, atiende en clase, pregunta a los profesores las dudas que tengas; haz buenos esquemas, lee los libros que mandan en cada trimestre, haz los deberes y no te portes mal en clase. Si sigues todos estos requisitos, te garantizo que tienes una nota de 7 para arriba. Y nada más, que disfrutes y estudies mucho. Feliz curso 2017-2018 . Un saludo . Miguel Martínez García P.D: Si necesitas algo, estoy en 2ºA.

Alumnado de 1º ESO

36


LECTURAS E PELÍCULAS RECOMENDADAS ADULTOS: As rapazas de Xan, Manuel Iglesias Turnes. Xerais. Sipnose: De malla a malla desenvólvese a historia de amor, protagonizada por Carmela e Manuel durante os difíciles anos da posguerra en Cabanelas. Mais tamén é esta unha emocionante novela coral na que se describe o complexo tecido de relacións que compoñen a vida dunha aldea, marcada pola pobreza e a miseria, pola forte presenza da Igrexa que exerce unha notable influencia na vida cotiá, e pola ausencia de futuro na propia terra, cando a saída máis favorable para os seus habitantes máis novos é a emigración a Montevideo.

Os nenos da variola, María Solar. Galaxia. Tamén hai película “22 Anxos” Sipnose: No hospicio da cidade da Coruña , en 1803, os nenos sobreviven a duras penas. Nin eles, nin a súa reitora Isabel Zendal, poden imaxinar de que maneira lles cambiará a vida a chegada do doutor Balmis e a súa expedición médica. Só o ilustrado doutor Antonio Posse Roybanes coñece a envergadura do propósito destes homes que pretenden levar a recentemente descuberta vacina da varíola ata o Novo Mundo. Vinte e dous orfos procedentes de Madrid, A Coruña e Santiago conformarán unha cadea humana “brazo a brazo” para levar a vacina aos territorios de ultramar nunha das maiores xestas médicas realizadas na historia da humanidade.

3º e 4º ESO A praia dos afogados. Domingo Villar. Galaxia. Tamén hai película Sipnose: A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable.

Corredora. María Reimóndez. Xerais Sipnose: Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de atletismo que, sorprendido coa súa resistencia e velocidade, lle propón adestrar en Meskel Square. Dende entón, a súa vida mudará, como a doutras nenas, mozas e mulleres etíopes que corren contra si mesmas sen fin.Corredora é unha historia colectiva de superación deportiva. Recolle a tradición atlética de Etiopía na busca activa de talentos entre as crianzas do rural ou empobrecidas nas cidades.

37


Este curso 2016-17 foi especialmente prolífico no noso centro, e se non o credes, lede, lede…. CONCURSO RELATO CURTO MÚSICA, LINGUA E VALORES A Asociación Nacional de Directores de Banda, a través da Banda Sinfónica Infantil e Xuvenil de Galicia, organizou o 1º Concurso de Relato Curto Música, lingua e Valores e nel foi premiada a nosa alumna Verónica Rodríguez (3º ESO). O xurado decidiu, por unanimidade, outorgar o premio ao relato "ELA", pola transmisión de valores, musicalidade do texto, reivindicación da liberdade e a amalgama de sentimentos que reflicte. O premio do concurso, consiste na musicalización e edición do relato en versión Narrador + Banda Sinfónica; que estreará este verán a Banda Sinfónica Xuvenil de Galicia.

Concurso Relato Curto Coca-Cola IX edición en galego e 57 en castelán Nesta novena edición, para non rachar coa nosa tradición, asistiron ao concurso de relato curto de Coca-Cola dúas alumnas: Lucía Couceiro e Lucía Seijo. E tamén, para non rachar coa nosa tradición, ambas as alumnas gañaron uns fantásticos premios que lles foron entregados nun acto celebrado o 19 de maio nun marco incomparable, A Illa de San Simón. Ao peche da revista aínda non se fallaron os premios en castelán, axiña o saberemos. Moita sorte ás dúas!

IV CONCURSO RELATO CURTO CONCELLO DE ARES Ademais dos anteriores concursos algunhas e algúns dos vosos compañeiros participaron neste concurso celebrado no voso concello, Ares. Os relatos gañadores no IV concurso de relato curto Concello de Ares foron os mencionados a seguir, segundo a categoría en que participaron. Na categoría 3º e 4º da ESO, a gañadora foi Verónica Rodríguez co relato: Ben sabe Rosa que con

felicidade non se escribe. Na categoría 1º e 2º da ESO, a gañadora foi Blanca Gago Suárez, co relato: Unha panda na procu-

ra; nesta mesma categoría o segundo premio foi para Bruno Suárez Cuervo, co relato: Unha viaxe en globo. E a mención especial, tamén nesta categoría, recibiuna o alumno de 1ºESO B: Iker Beceiro Torres que participou co relato: En contra do mundo.

Parabéns a todos e todas!!!

38


Por Marta Fdez. Alcantud, Martín Castro, Daniel García-Alonso, Saúl Leyva, Jaime Roade e Pablo Vascós.

O

luns

22

de

maio,

o

San Andrés de Teixido

alumnado de 4º da ESO e

As rochas que hoxe en día atopamos neste territorio polo xeral

as nosas profesoras de bio-

atópanse a 30 km baixo a superficie da codia. Son granulitas

loxía e xeoloxía fixemos un-

(metamórficas procedentes de magmáticas) formadas polos minerais:

ha ruta xeolóxica pola costa

granates, piroxeno, anfíbol, plaxioclasa e seixo.

de Cedeira co xeólogo Fran Canosa. Nesta ruta, visitamos

puntos

de

interese

xeolóxico a nivel internacional. A partir da formación do noso

planeta,

hai

4600

millóns de anos, a súa superficie foi cambiando de aspecto. Hai 500 millóns de anos existían dous inmensos continentes, e os materiais que logo conformarían Galiza, por exemplo, atoparíanse preto do polo sur. Hai 300 millóns de anos chocan os dous supercontinentes,

polo

movemento

das placas tectónicas, fórmase

aquí

unha

e

gran

cordilleira, o oróxeno Varisco, dando lugar a un cabalgamento de materiais da

codia

oceánica

e

do

manto sobre a codia continental.

Esta

colisión

fixo

que estes materiais subisen, non quedando na superficie da enorme cordilleira pero si moito máis elevados do normal. Como resultado de milleiros de anos de erosión, actualmente pódense

Porén, tan só uns metros máis afastado podemos ver rochas propias do manto terrestre que en condicións normais deberían atoparse a máis de 70 km de profundidade. Estas, na súa maioría, son peridoti-

tas, rochas magmáticas que arrefrían no interior formadas por olivino (xa que é ultramáfica) e piroxeno. Hai 20.000 anos, nunha época máis fría, unha lingua de xeo conformou aquí un val glaciar, e cos cambios de temperatura sufridos provocou unha depresión con materiais arxilosos que, aínda a día de hoxe, segue deslizando o terreo cara ao mar polo seu material inestable.

Cruce de Teixedelo

A

Nesta zona abondan

negra non volcáni-

os pregues formados hai uns 350 millóns de

anos

compostos

por peridotita pero, en maior cantidade, por granulita; aínda que esta, debido á presión,sufriu

unha

realiñación nos seus minerais

formando

láminas.

ver con claridade.

39

praia

de

area

ca: única no mundo A area é olivino, resultante da

da

erosión

peridotita.

Ao

estar a praia entre cantís evitouse que o mar levara a area ou que a mesturara con area doutras zonas.


Subindo á Garita de Herbeira Esta parada é unha gran falla cun dique de seixo (cuarzo), material que se introduciu debido a unha corrente de auga quente que aproveitou a zona débil e logo se depositou o material disolto. Existe unha canteira de serpentinitas, antiguas peridotitas que foron modificadas pola auga quente alterando o seu mineral olivino, dando lugar a serpentina, de cor verde e semellante ao talco. Cara ao mar identifícase un val glaciar en forma de “U” . A presenza do cromo e de elementos do grupo do platino promoveron unha campaña de exploración coa idea de explotar os minerais, pero non tivo éxito pola pouca cantidade existente.

Cabo Ortegal Existen moitos criterios polos que establecer o límite entre o Océano Atlántico e o Mar Cantábrico, pero dende o punto de vista xeolóxico, o Cabo Ortegal é o máis factible. Está formado por un dique de ecloxitas, rochas metamórficas moi duras formadas por granate e piroxeno, aínda que este último, debido ao cambio de presión ao chegar á superficie desde máis de 100 km de profundidade, transformouse en anfíbol . Ás veces estas rochas poden ser portadoras de diamantes, xa que estes tamén se forman a gran profundidade.É unha zona moi afectada pola erosión do mar a pesar de ter material moi duro.O cabo non está aliñado cos Aguillóns por existir fallas polo medio. Tamén atopamos gneis, rocha máis branda (metamórfica de procedencia sedimentaria oceánica).

Praia de Fornos: area vermella Esta praia é unha zona de confluencia fluvial e marítima. Contén numerosas fallas que aproveitan os ríos para discorrer ao mesmo tempo que transportan sedimentos ata as desembocaduras. A súa area ten unha característica moi diferenciada: está formada por seixo, cunchas, anfíbol e piroxeno na súa superficie provocando unha cor visualmente marrón ou area, pero ao cavar un pouco podemos ver que contén tamén granate e magnetita, sendo a praia coa area con máis granates da Península. Foi unha experiencia distinta e moi didáctica. As paisaxes foron impresionantes e as explicacións, moi interesantes.

40


Este curso 2016/2017 foi moi importante para nós, por fin a nosa biblioteca medrou. Durante o verán fixeron obras de ampliación e actualizouse o mobiliario, mercáronse máis ordenadores..., por este motivo estivemos pechados durante o primeiro trimestre.

Contacontos.-

ACTIVIDADES

Conto da Galiña Azul.Con motivo da semana das

O escritor e contacontos

Letras Galegas, decidimos

Iago López fíxonos un

preparar un conto de Carlos

agasallo moi especial,

Casares, “A Galiña Azul”, para

veunos contar o seu

achegar aos nosos nenos e nenas

conto “ O cociñeiro

as letras do noso ilustre escritor.

Martiño “, un pracer

Unha das compoñentes do

escoitalo!!!. Os nosos

equipo de biblioteca ( Pacucha )

alumnos case non o

preparou a conciencia unha

deixan ir de tantas

montaxe que nos deixou a todos

preguntas que lle fixeron.

coa boca aberta.

Torneo de Xadrez.Durante o segundo trimestre a mestra de E.F. ( Bárbara ) en colaboración coa biblioteca escolar levou a termo un torneo de xadrez que se celebrou todos os venres na hora do recreo. O éxito foi tal que habilitamos un par de mesas para que os nenos e nenas puidesen practicar calquera día.

41


Robótica.Inauguramos un recuncho de robótica cos escornabots como protagonistas. Foron construídos polo alumnado de 4º da ESO na materia de tecnoloxía e viñeron a parar a nosa biblioteca para deleite dos nosos alumnos. Como gozaron!!!

Exposicións.Este curso fixemos dúas exposicións, unha de Carlos Casares e outra da bibliografía do proxecto “ Dende Ares cara ó Mundo “

Pizarra dinámica.Ao longo do mes de Maio (mes do libro ), decidimos facer recomendacións dun libro cada día nunha pizarra que colocamos na entrada de primaria.

42


Durante o mes de abril e boa parte do mes de maio, o alumnado de 1ºA e 1ºB traballou varias actividades relacionadas coa Antártida.. Preguntarédesvos por que a Antártida? A resposta coñecémola todos os membros da nosa comunidade educativa: A Antártida foi o continente elixido en secundaria para asistir á feira celebrada o 15 de maio, “Dende Ares cara ao mundo”. Na materia de lingua, os luns con 1º B e os xoves con 1º A, propuxémonos elaborar “pasapalabras”, neles os contidos debían estar relacionados, por suposto, coa Antártida e ademais debían ter un nivel adecuado para que todo o alumnado do centro puidese participar e gozar realizándoos. A creación de Raps foi outra das actividades da materia de lingua, neles participaron varios alumnos e alumnas de ambas aulas. Pero a creación non se centrou só na escrita, tamén se converteron en cantantes! Achegámosvos a letra dun dos raps e un exemplo dos pasapalabras (A ver se sodes quen a facelo!)

Comeza polo A: Instrumento para medir a velocidade do vento. Comeza polo B: Calzado imprescindible na Antártida. Comeza polo C: Instrumento de navegación. Comeza polo D: Moeda antártica sen valor legal. Comeza polo E: Volcán activo na Antártida. Comeza polo F: Cámara imprescindible na Antárdida para realizar instantáneas. Comeza polo G: Gaivota: Ave da familia dos láridos presente nas nosas costas e mesmo na Antártida. Comeza polo H: Cada unha das metades da esfera terrestre limitada polo ecuador ou por un meridiano. Comeza polo I: Do inverno ou propio del. Comeza polo K: Pequeno crustáceo parecido ao camarón que habita nas augas da Antártida. Comeza polo L: Molusco da clase dos cefalópodos. O que prefire como hábitat as augas da Antártida, é xigante. Comeza polo M: Ciencia que estuda os fenómenos que teñen lugar na atmosfera. Comeza polo N: Comida característica da Antártida. Contén o Ñ Relativo ou pertencente ao mar. Comeza polo O: Capa da atmosfera terrestre que diminúe de xeito alarmante e constatable desde a Antártida, debido á contamición do ser humano. Comeza polo P: Ave mariña palmípeda que non voa e ten como hábitat natural as zonas de clima polar. Contén o Q: Organismo vivo composto pola asociación dunha alga e dun fungo moi resistente ao clima da Antártida. Comeza polo R: Nome do inglés que en 1912 acada o Polo sur coa súa expedición. Comeza polo S: Meterse por completo dentro dun líquido. Comeza polo T: Terreo propio da zona norte da Antártida, próxima ao mar, composto basicamente de mofos e liques. Comeza polo V: Ter vida, estar vivo. Comeza polo X: Base española na Antártida, xestionana polo CSIC. Comeza polo Z: Embarcación de caucho, inchable e de estrutura ríxida, con motor fóra borda

43


RAP DA ANTÁRTIDA Falamos dun contineente, que non está nada queente En realidade é un deseerto formado por moito xeeo. Hai moitos iglús, e esta situado no, hemisferio sur. Tamén hai moitas orcas que sempre comen focas cando xa estan todas cheas vanse coas baleas. Hai pingüíns valeentes que polas noites facilmente cando teñen moito frííío danlle moitos calafríos. O clima non é nada queente por iso vive pouca xeente, que moi rapidamente fan iglús de neve O meu primo dixoo que un iceberg el fiixo. Cando o rematou quixo facer un montón.

44


Na Prehistoria hai termos confusos: A Venus Paleolítica parece ser un planeta da Prehistoria, Os Homínidos foron os primeiros humanos e os primates os máis evolucionados. Unha momia é un corpo envolto en papel e enterrado Ás momias metíanlles na boca Pedras Rosetas Pero como os exipcios eran tan supersticiosos acostumaban levar sempre un Obelisco para protexerse dos males (como Obelix ou Menhir) Para liala máis temos as Mámoas, que son obxectos para moer cereais, ou tamén é como chamamos ós que están dentro dos sarcófagos. Pero o termo máis discutido da Prehistoria é Silo, que pode ser:

Palla putrefacta que se lles da aos animais.

Tipo de mineral

Instrumento do campo

Lugar onde unha persoa está interna

Material para confeccionar roupa e mantas

Andando o tempo seguimos confusos ás veces cos personaxes: Miguel Servet, un gran home, pode ser: Matemático, Rei de Inglaterra ou Astrónomo Leovigildo convértese en pai de Carlomagno, e a súa capital, Aquisgran, nun pobo xermánico. Galileo troca as estrelas polos pinceis e convértese en pintor. Tamén o mundo musulmán nos confunde: A Sunna pode ser: un patio onde se lavaban antes de rezar ou tamén un sistema de refrixeración. Zoco eran os zapatos musulmáns. En xeografía tamén nos confundimos: Chaira é unha gran depresión Acuífero un entrante de mar na terra ONG: Organización de Naciones Gobernalizadas E por último na arte atopamos Bodegón, que pode ser segundo algúns:

O que tiñan os edificios polos bordes

Lugar onde expoñían cadros

Ou lugar onde gardaban a vaixela

Que confundidos andamos as veces!!!

45


- E que lle parece o meu rapaz? - É un xogador moi prometedor. - É bo? - Non, pero desde fai cinco anos que me está prometendo xogar mellor.

-María, dime a verdade, cantos anos tes? - 25. - Pero se me dixeches 25 o ano pasado! - A ver se te pensas que son desas que primeiro di unha cousa e despois outra!

- Cariño, que me vas regalar polo meu aniversario? - Ves ese coche de alí? - Síiii!!! - Pois unha licuadora da mesma cor.

- Canto custa esta estufa? - 5.000 euros. - Pero, oía, isto é unha estafa! - Non, señor, isto é unha estufa

- E di que sabe de historia da arte? - Si, son un experto. - E que opina do Renacemento? - Que é imposible! Se morres, morres.

FELICES VACACIÓNS!!! SOLUCIONARIO PASAPALABRA Anemómetro, Bota, Compás, Dólar, Erebus, Fotográfica, Gaivota, Hemisferio, Invernal, Krill, Lura, Meteoroloxía, Ningunha, Mariño, Ozono, Pingüín, Lique, Robert, Somerxerse, Tundra, Vivir, Xoán Carlos I, Zódiac.

46



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.