your_way-glg

Page 75

Miradoiros naturais

riqueza de especies botánicas do Campus fai aínda máis fotoxénica esta panorámica. Recomendado ao solpor.

Igual que Roma, Santiago de Compostela naceu entre outeiros. Algúns deles pasaron co tempo a formar parte da área urbana; outros seguen a desempeñar a súa función de límites e bastións da cidade. Entre todos compoñen un horizonte sinuoso, de moita riqueza paisaxística, e son miradoiros naturais, balcóns privilexiados sobre a cidade. Algúns dos mellores miradoiros están situados en parques, a só uns pasos do centro histórico. Miradoiro do Paseo da Ferradura (Parque da Alameda)

Miradoiro do Campus Sur (Parque da Alameda) Na Alameda, na pendente oeste do outeiro de Santa Susana, está a balaustrada que mira ao Campus Universitario Sur. Dende alí, a visión das coidadas intervencións urbanísticas e arquitectónicas levadas a cabo a comezos do século XX fai que un teña envexa dos estudantes universitarios que o habitan. A

Panorámicas dende o Parque de San Domingos de Bonaval Dende distintos lugares, o parque monumental de San Domingos de Bonaval, situado na ladeira de poñente do outeiro da Almáciga, ofrece vistas atípicas da zona antiga. O mellor momento para visitar este parque miradoiro é ao solpor.

Miradoiros do Parque de Belvís Belvís ofrece varios puntos de mira diferentes. Dende o cumio da costa das Trompas, da catedral só se ven sobresaír as torres, que asoman por riba dos tellados da zona histórica. Case en fronte da entrada do Seminario Menor, hai un belvedere dende o que

yourway

075

ao aire libre

O miradoiro máis coñecido e admirado é o do Paseo da Ferradura, situado no parque da Alameda, na faldra leste do outeiro de Santa Susana. Dende alí hai unha espectacular visión frontal da catedral sobresaíndo magnífica entre a masa de edificios históricos: é a postal máis retratada da cidade. Recomendado a calquera hora do día e imprescindíbel á noitiña.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.