your_way-glg

Page 28

Kleihues, Álvaro Siza, Manuel Gallego Jorreto, Giorgio Grassi, Alberto Noguerol, Jean Nouvel, Andrés Perea, Arata Isozaki, Peter Eisenman ou César Portela son só algúns dos nomes que deixaron a súa pegada na cidade. Tour guiado polas principais arquitecturas contemporáneas da cidade: ver Compostela Walking Tours, páx. 36.

Miradoiros nos parques: as mellores panorámicas A topografía ondulada da cidade permite a existencia dunha serie de miradoiros naturais, a maioría dos cales contan co encanto adicional de atoparse en fermosas zonas verdes. Á parte dos clásicos (como os da Alameda, Campus Sur, San Domingos de Bonaval, Belvís…) hai outros máis descoñecidos na Almáciga, Monte Pío (parque de Galeras), Granxa do Xesto, parque de Eugenio Granell, parque de Carlomagno… e estupendos balcóns urbanos, coma o da cima da rúa Costa Vella.

Ensanche: o Santiago máis urbano É o nome co que se coñece á grande área de expansión da cidade, construída a partir de 1950. É unha zona moi viva, con toda clase de servizos, unha interesante concentración de tendas de todo tipo (pero sobre todo de moda, e en particular a galega, que inclúe dende Zara ata os grandes modistos galaicos), cafés, bares, restaurantes, cines, etc. Nunha das súa vías principais, a rúa do Hórreo, está o Parlamento de Galiza. b3, c3

Máis información sobre estes e outros lugares imprescindíbeis de Santiago en www.SantiagoTurismo.com 028

yourway


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.