your_way-glg

Page 27

compoñen conserva como poucos o seu aire tranquilo e popular, as súas casas tradicionais, antigos comercios e anellas tabernas, ás que se lle sumaron ultimamente un bo número de casas de comidas. e3-f3 Toda a información en www.SantiagoTurismo.com

Colexiata de Sar, milagre románico

Santiago é moito máis ca o seu centro histórico. Máis alá das antigas murallas e dos itinerarios turísticos convencionais, hai outras zonas con monumentos relevantes, pintorescas rúas populares, edificios de deseño, ou sedutoras boutiques. Barrio de Belvís: a 'bela vista' Parece que Belvís quere dicir 'bela vista', e iso é o que se ten dende alí: unha estupenda panorámica da zona histórica, sobre todo á tardiña. Ademais, alí atópase o convento de clausura das dominicas, un dos máis coñecidos e queridos da cidade: non só polo santuario da Virxe do Portal, de grande devoción histórica, senón tamén polos ricos doces que elaboran as monxas, que se poden mercar nos arredores. Para chegar crúzase o parque de Belvís: unha especie de foxo natural da cidade reconvertido en interesante parque. A arquitectura do centro sociocultural da Trisca, obra do neoiorquino John Hejduk, é outro dos atractivos deste barrio histórico compostelán. d4, e3, e4

Arquitectura Contemporánea: edificios de autor e urbanismo de deseño A singularidade e o encanto de Santiago foron crecendo ao longo do tempo coa combinación e superposición de estilos de diferentes épocas. As novas actuacións urbanas, asinadas por arquitectos de sona internacional, enriquecen aínda máis esa imaxe acumulativa que define á cidade: John Hejduk, Josef Paul yourway

027

o mellor de Santiago

Outros Santiagos

Situada na beira do pequeno río Sar, a Colexiata (románico, s. XII) é única pola inclinación dos seus muros e columnas, defecto construtivo máis que apreciábel no interior e que a converteu en toda unha rareza á vez que nun milagre arquitectónico, equiparábel á torre de Pisa. No seu claustro románico ten ademais unha pequena colección que se pode visitar. Horarios de visita na páx. 42. c5


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.