Libro de recetas

Page 44

EDIC.2010 TAPA Nº 6 CASTELAO “Hamburguesa de xoubiña” Ingredientes: Pan de trigo do país antigo Xoubiñas Xema de ovo Pementos de Herbón Tomate Aceite Patacas Sal Pementa negra moída Método de elaboración: Quitar a espiña ás xoubiñas e picalas moi miúdo. Engadir xema de ovo, sal e pementa. Mesturar e reservar. Asar os pementos de Herbón e marcar na prancha o tomate en rebanda. Moldear a pasta das xoubiñas en forma de hamburguesa e marcar na prancha. Quentar o pan na prancha, montar nunha rebanda de pan unha rebanda de tomate, a hamburguesa e os pementos, acompañado de pataca chip. ES. PÁG. 255

ENG. PAG. 255


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.