Libro de recetas

Page 235

EDIC.2010 TAPA Nº 100 Hotel AC Palacio del Carmen “Vasiño de crema suave de pataca e espeto de polbo crocante” Ingredientes: ½ pataca 20 gr de polbo cocido Aceite de oliva virxe extra 20 ml de nata de cociña Fariña de millo torrado Clara de ovo

Sal Pementa Espeto de madeira Aceite 1 cullerada de allada de pemento

Método de elaboración: Confeitar a pataca dentro do aceite virxe extra. Retirala do aceite e xunto coa nata quente, sal, pementa e dúas culleradas do aceite de confeitar, licuar cunha túrmix, ata lograr unha crema dunha consistencia suave. Reservar quente ata o momento de servir. Colocar as dúas rodas de polbo no espeto de madeira, atravesándoas ao longo, para aparentar unha piruleta. Pasala pola clara e cubrir coa fariña de millo torrado. Fritir en aceite moi quente ata que estea crocante. Secar o exceso de aceite e botar por riba sal. Montaxe: Colocar allada de pemento no fondo do vasiño de cristal, engadir a crema de patacas e rematar co espeto de polbo crocante. ES. PÁG. 288

ENG. PAG. 288


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.