Guia Rosalia de Castro

Page 1

Eu cantar cantei 1 5 0 a n o s d a pu b l i c a c i テウ n d e C a n t a r e s Ga lle g o s d e Ro s a l テュ a CPI DE SAN SADURNIテ前 BIBLIOTECA E EDL


A Rosalía de Castro Do mar pola orela mireina pasar, na frente unha estrela, no bico un cantar. A musa dos pobos que vin pasar eu, comesta dos lobos, comesta se veu E vina tan sola na noite sin fin, ¡Que ainda recei pola probe da tola eu, que non teño que rece por min!. Os ósos son dela, que vades gardar. ¡Ai dos que levan na fronte unha estrela! ¡Ai dos que levan no bico un cantar! Manuel Curros Enríquez


ACONTECEMENTOS DO ANO 1863 En 1863 publícase Cantares Gallegos de Rosalía de Castro e iníciase o Rexurdimento pleno. Cen anos despois, esta data será elixida para conmemorar o “Día das Letras Galegas”. Neste ano tamén se produciron outros acontecementos: 1 de xaneiro de 1863 : entra en vigor a a Proclamación de Emancipación, que abole a escravitude en todo o territorio confederado dos EE.UU. 1 de xullo de 1863 : Batalla de Gettysburg durante a Guerra de Secesión Estadounidense. 8 de decembro de 1863 : fúndase a Cruz Vermella Internacional por iniciativa de Jean Henry Dunant. 29 de decembro de 1863 : ábrese a Canle de Suez que une as augas do Mediterráneo e o Mar Vermello. En 1863 nacen os seguintes persoeiros: 1 de xaneiro: Pierre de Coubertein, restaurador dos Xogos Olímpicos. 27 de febreiro: Joaquín Sorolla, pintor. 3 de marzo: Arthur Machen, escritor, periodista e actor galés. Un dos mestres do relato de terror fantástico. 12 de marzo: Gabriel D'Annunzio, poeta, novelista e dramaturgo italiano. 29 de abril : Constantino Cavafis, poeta grego nado en Alexandría.


E publícanse estes libros:

Cinco semanas en globo de Jules Verne El principio federativo de Pierre-Joseph Proudhon

Os Cosacos de Leon Tolstoi A señora Lirriper de Charles Dickens Os amores de Sylvia de Elizabeth Gaskell Vida del Chacho de José Hernández DATAS DE PUBLICACIÓN DA OBRA LITERARIA DE ROSALÍA

Poesía

1857: La flor 1862: Poemas en Album de la Caridad e “Adios que me vou” no Museo Universal. 1863: A mi madre e Cantares Gallegos. 1880: Follas Novas 1884: En las orillas del Sar

Narrativa 1862: Flavio (novela) 1866: Ruinas (novela) 1867: El caballero de las botas azules (novela) 1881: El primer loco (novela) 1923 (1ª edición póstuma): Conto galego

Prosas varias 1858: Lieders 1866: Las literatas e El Cadiceño . 1881: El domingo de Ramos, Padrón Costumbres gallegas.

y las inundaciones e


CANTARES GALLEGOS A importancia dos Cantares excede o campo meramente literario. Non é posible ponderar a súa importancia moral no aspecto de rehabilitación de Galicia. Ricardo Carballo Calero: Historia

da literatura galega contemporánea

Cantares gallegos consta de 36 poemas que son glosas de

cantares populares. Presenta unha estrutura circular xa que comeza cun poema no que se invita a unha moza a cantar. As composicións están enmarcadas polo primeiro e o último poema. Se o primeiro é unha invitación poética feita a unha moza para que cante:

As de cantar Meniña gaiteira, As de cantar Que me morro de pena”

O derradeiro é o testemuño de que a “meniña” así o fixo:

Eu cantar, cantei a grasia non era moita, que nunca (delo me pesa) fun eu meniña grasiosa


Temas Liña costumista Está presente nos poemas que describen costumes, tradicións e tipos galegos.

Nosa Señora da Barca ten o tellado de pedra; ben o pudera ter de ouro miña Virxe se quixera.

Liña amorosa Pertencen a esta liña temática unha serie de poemas nos que forma de monólogo ou diálogo se reflicten as penas, coitas e rexeitamentos amorosos da xente do pobo.

Vinte unha crara noite, noitiña de San Xoán, poñendo as frescas herbas na fonte a serenar. E tan bonita estabas cal rosa no rosal que de orballiño fresco toda cuberta está. Por eso, namorado, con manso suspirar os meus amantes brazos boteiche polo van. Cantares galegos


Liña social Rosalía expresa un claro propósito reivindicativo e de defensa de Galicia e dos galegos, claramente manifesta no prólogo. Así, nos poemas deste libro falará da emigración, a soidade da muller, etc.

Mais son pobre e, ¡mal pecado! A miña terra n'e miña, que hastra lle dan de prestado a beira por que camiña, ao que naceu desdichado.

Liña intimista Aínda que é en Follas Novas onde aparece máis claramente esta liña temática en Cantares Gallegos tamén atopamos poemas intimistas como “Campanas de Bastabales” e “Como chove miudiño”.

Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio penso que por min chamades e das entrañas me doio.


Estilo En Cantares Gallegos predomina os modelos métricos tradicionais con preferencia polos versos de arte menor e pola rima asonante. Os recursos estilísticos máis empregados son: anáfora, paralelismo, aliteración, etc.

O galego de Rosalía O galego de Rosalía baséase na lingua oral e presenta numerosos castelanismos, dialectalismos e vulgarismos. A propia Rosalía así o explica no prólogo de Cantares Gallegos: “Sin gramáticas nin regras de ningunha clas, o lector

topará moitas veces faltas de ortografía, xiros que disoarán ós oídos dun purista; pro ó menos, e pra disculpar algo estes defectos, puxen o maior coidado en reprodusir o veradeiro esprito do noso pobo, e penso que o conseguín en algo. . .


CANZÓN DE CUNA PRA ROSALÍA CASTRO MORTA ¡ÉRGUETE MIÑA amiga que xa cantan os galos do día! ¡Érguete miña amada porque o vento muxe, coma unha vaca! Os arados van e vén dende Santiago a Belén. Dende Belén a Santiago un anxo ven en un barco. Un barco de prata fina que trai a door de Galicia. Galicia deitada e queda transida de tristes herbas. Herbas que cobren o teu leito e a negra fonte dos teus cabelos. Cabelos que van ao mar onde as núbens teñen seu nidio pombal. ¡Érguete miña amiga que xa cantan os galos do día ¡Érguete miña amada porque o vento muxe, como unha vaca!

FEDERICO GARCÍA LORCA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.