Lecturas para o verán 2015-2016. ESO

Page 1

Lecturas para o verán ESO Biblioteca CPI de San Sadurniño


Así que la joven mente de Matilda siguió creciendo, alimentada por las voces de todos aquellos autores que habían lanzado sus libros al mundo como barcos a la mar. Esos libros dieron a Matilda un mensaje de esperanza: No estás sola. Roald Dahl: Matilda


Narrativa, poesía, teatro e banda deseñada El mar. La mar. El mar. ¡Sólo la mar! ¿Por qué me trajiste, padre, a la ciudad? ¿Por qué me desenterraste del mar? En sueños la marejada me tira del corazón; se lo quisiera llevar. Padre, ¿por qué me trajiste acá? Rafael Alberti: Marinero en tierra

Xa andaba Manuel de Paderna pasándose no seu soño e imaxinando ondas salgadas do Mar Maior e ousadas navegacións atlánticas cando, supetamente, voltou á realidade. Manuel María: Cando o mar foi polo río


A partir de 1 2 anos Ana Pelegrín (comp.): Huerto del limonar. Edelvives. Ana Pelegrín selecciona algúns dos poemas máis fermosos da Generación del 27: Rafael Alberti, Concha Méndez, Luis Cernuda, Federico García Lorca... Poesía excelsa e belas ilustracións de Rafael Vivas. Andrea Barreira Freije: Non hai luz sen escuridade. Urco Editora. Lea, a Princesa da Escuridade, debe emprender unha viaxe na procura do seu dragón. Acompañada dun corvo e dunha loba coñecerá a moitos personaxes, pero sobre todo coñecerase mellor a si mesma. García Teijeiro Antonio e Antonio Reigosa: Lendo lendas, digo versos. Xerais. Os autores ofrécennos neste libro, con fermosas ilustracións de Xosé Cobas, vinte lendas acompañadas de cadanseu poema. Vinte lendas moi variadas tanto nos temas coma na procencia xeográfica. Heidi Künn-Bode: Tres mulleres do seu tempo. Baía. O 22 de novembro de 201 6 cumpriranse vinte anos do falecemento da grande actriz María Casares a quen lembra Heidi Künn-Bode nunha das tres pezas teatrais incluídas neste libro. Jackqueline Kelly: El curioso mundo de Calpurnia Tate. Roca. Calpurnia Tate, máis coñecida coma Callie Vee, volve a deleitarnos coas súas aventuras mentres profundiza no coñecemento sobre a natureza guiada polo seu avó, o seu principal apoio na aventura do saber. Laura Gallego: Omnia. Montena. En Omnia, a gran tenda virtual podes atopar de todo, mesmo obxectos cuxa existencia descoñecías. Así que Nico, quen vén de tirar ao lixo por erro o peluche favorito de súa irmá, non dubida en buscar un igual na súa web... Lewis Carroll: Alicia en el país de las maravillas. Nórdica. Marta Gómez-Pintado ilustra esta versión do libro clásico de Lewis Carroll que nos achega a un sorprendente mundo cheo de fascinantes personaxes, situacións absurdas e xogos de lóxica. Luis Matilla: Las piernas de Amaidú. Anaya. Miguel e Carlos teñen que facer un traballo escolar e no proceso de busca de información atoparanse cunha fotografía que lles chamará a atención e que os


levará a coñecer a existencia das minas antipersoa. Manuel María: Cando o mar foi polo río. Casa-Museo Manuel María. Manuel de Paderna é poeta, pero tamén barbeiro e alguacil municipal. Coñece a maxia das palabras e mesmo hai quen di que é quen de parar os voos dos paxaros con elas. René Goscinny e Jean-Yves Ferri: Asterix. O papiro do César. Xerais. Semellaba difícil continuar as aventuras dos personaxes ideados por Goscinny e debuxados por Uderzo, pero JeanYves Ferri e Didier Conrad lógrano nesta, polo momento, última aventura de Asterix e Obelix. Roald Dahl: Matilda. Alfaguara. A piques de celebrar o centenario do nacemento de Roald Dahl que mellor homenaxe que ler ou reler un dos seus clásicos: Matilda. Unha rapaciña apaixonada polos libros e con solucións enxeñosas para todos os problemas. Xabier P. Docampo: A illa de todas as illas. Xerais. Tres rapaces nunha illa deserta bautizada coma Navalleira, brétemas moi mestas e espíritos! Unha novela de aventuras coa que o autor quere homenaxear aos grandes clásicos das novelas de “illas desertas”...


O primeiro mar A onda non desandará o seu camiño Sabe que o mellor dela Agarda no rompente Da pantalla. A conciencia é o estilo: Non defraudar na derrota, Caer con dignidade Na vixilia Da célula do primeiro mar. Manuel Rivas: A boca da terra

Maycomb era una población antigua, pero cuando yo la conocí por primera vez era, además, una población antigua y fatigada. En los días lluviosos las calles se convertían en un barrizal rojo; la hierba crecía en las aceras, y, en la plaza, el edificio del juzgado parecía desplomarse. Harper Lee: Matar a un ruiseñor.


A partir de 1 5 anos Andrea Maceiras: Europa Express. Xerais. Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden ao rematar o Bacharelato viaxar xuntos por Europa en Interrail. Dez anos despois daquela viaxe Nico atopa unha postal e... Ángeles Caso: Todo ese fuego. Planeta. A vida de Charlotte, Emily e Anne Brönte é narrada por Ángeles Caso nesta novela que nos permitirá viaxar á Inglaterra do XIX e comprender mellor Cumbres borrascosas, Jane Eyre ou Agnes Grey. Antonio Colinas (selección): Nuestra poesía en el tiempo. Siruela. Unha antoloxía, seleccionada e prologada polo poeta Antonio Colinas, que recolle nove séculos de poesía escrita en castelán en España e Hispanoamérica: dende o Cantar de Mío Cid ata os nosos días. Enrique Jardiel Poncela: Cuatro corazones con freno y marcha atrás. VicensVives Jardiel Poncela estreou un 2 de maio de hai oitenta anos unha das súas máis coñecidas comedias. Os seus catro protagonistas beben un elixir que lles garante a eterna xuventude e ata o rexuvenecemento... Gayle Forman: Lo que fue de ella. Salamandra. Mia, a protagonista de Si decido quedarme, decidiu abandonar a súa cidade natal na Costa Oeste para empezar unha nova vida en Nova York onde asiste ao famoso consevatorio Juilliard. Gerald Durrell: A miña familia e outros animais. Sushi Books. Un divertido libro sobre unha familia moi peculiar tal e coma escribe o seu autor: “Nun principio estaba previsto que fose unha descricion lixeiramente nostalxica da historia natural da illa, pero cometin o grave erro de presentar a miña familia... “ Harper Lee: Matar a un ruiseñor. Harper Collins. Hai uns meses soubemos da morte de Harper Lee, a autora desta novela publicada en 1 960. O libro, que gañou o Premio Pulitzer, non tardou en converterse nun clásico da literatura norteamericana. Inacio e Iván Suárez: Castelao. Máis alá! Demo Editorial. Iván Suárez e Inacio ofrécennos neste terceiro tomo da serie Castelao unha mirada sobre a viaxe a Paris en 1 921 do rianxeiro: os seus encontros con diversos personaxes da cultura, a descuberta da arte vangardista...


Isaac Rosa e Cristina Bueno: Aquí vivió. Historia de un deshaucio. Nube de tinta. A primeira novela gráfica de Isaac Rosa (ilustrada por Cristina Bueno) está protagonizada por Alicia, unha mociña a quen lle tocará vivir unha ruptura familiar e un cambio de casa. Pero hai algo estraño na súa nova vivenda... Marcos Calveiro: Fontán. Galaxia. A vida de Domingo Fontán, “matemático sublime” en palabras de Suso de Toro, novelada por Marcos Calveiro permítenos coñecer mellor ao artífice do primeiro mapa científico de Galicia que saiu do prelo, despois de moitos avatares, en 1 845. Manuel Rivas: A boca da terra. Xerais. Deixemos que Manuel Rivas nos presente o seu último poemario: “O círculo de A boca da terra -a boca tamén é circular- é como outro círculo máis nese petróglifo, unha boca que se abre”. Teresa Moure: Unha primavera para Aldara. Xerais. Esta obra teatral, que recibiu o Premio de Teatro María Casares ao mellor guión orixinal, desenvólvese no interior dun mosteiro na Galicia na época na que estoupa a Revolta Irmandiña (século XV).


Existen saberes que por si mesmos, xustamente en virtude da súa natureza gratuíta e desinteresada, lonxe de calquera atadura práctica e comercial, poden desempeñar un papel fundamental no cultivo do espírito e no crecemento civil e cultural da humanidade. Neste contexto, considero útil todo canto nos axuda a ser mellores. Nuccio Ordine: A utilidade do inútil.

Estas lecciones se han escrito pensando en quienes desconocen la ciencia moderna o la conocen poco. En conjunto, componen una rápida panorámica de algunos de los aspectos más relevantes y fascinantes de la gran revolución acaecida en la física del siglo XX, y, sobre todo, de las cuestiones y misterios que dicha revolución ha planteado. Porque la ciencia nos enseña a comprender mejor el mundo, pero también nos da una idea de la vastedad de lo que aún ignoramos. Carlo Rovelli: Siete breves lecciones de física


Máis libros... e música tamén! Antonio Reigosa: Galicia encantada. O país das mil e unha fantasías. Xerais. Hai anos xurdiu na rede o proxecto Galicia encantada1 coma unha “Enciclopedia da Fantasía Popular Galega” na que se recollesen lendas, contos, ritos, etc.. Esta peculiar enciclopedia é a cerna deste libro prologado por Xabier P. Docampo. Carlo Rovelli: Siete breves lecciones de Física. Anagrama (+ 1 5 anos). Carlo Rovellii, físico teórico e un dos fundadores da chamada "gravidade cuántica de bucles", escribe este libro que se converteu nun best seller en Italia e non tardou en ser traducido a máis de vinte idiomas. Claire d'Harcourt: Un cadro de Van Gogh. Kalandraka. A luz da Provenza fascionou tanto a Van Gogh que non dubidou en tentar introducila nas súas pinturas. Este libro ensinarache a “ler” a pintura a través dun famoso cadro do pintor holandés. Davide Ciferri e Stefano Di Colli: Pequeña historia de la economía. Siruela. Por que se producen as crises financieiras? Que é o desenvolvemento sostible? Como funciona a débeda? Que é o PIB? E a prima de risco? Estas preguntas e moitas máis atoparán resposta neste libro. Jo Nelson e Richard Wilkinson: Historium. Impedimenta. En palabras de Cris Packham: “Un gabinete de las curiosidades riquísimo, informativo y maravilloso, bellamente encerrado en un libro tremendamente imaginativo y coqueto que hará las delicias de los sentidos." Jorge Mira: ¿A que altura está o ceo? Alvarellos. Atoparás nesta obra a resposta a esta pregunta e a moitas outras da man do físico e divulgador científico Jorge Mira, quen contou para a súa redacción coa colaboración da enxeñeira e escritora María Canosa. Nuccio Ordine: A utilidade do inútil. Kalandraka. (+ 1 5 anos) O profesor e filósofo italiano Nuccio Ordine publicou este manifesto para reivindicar os coñecementos humanísticos e todos aqueles que son alleos a unha finalidade utilitarista inmediata. 1.

http://www.galiciaencantada.com/


Rafael Giraldo e Teo Gómez: 105 ideas clave de Ecología. Oceáno-Ámbar Un libro que pretende achegarnos ás cuestións medioambientais que afectan ao presente e ao futuro do noso planeta: o cambio climático, o desenvolvemento sostible, etc.. Vicente Muñoz Puelles, El pintor de las neuronas. Ramón y Cajal, científico. Anaya. A historia de Santiagué un neno ao que lle gustan moito as trasnadas, as investigacións e a pintura. Un neno que en 1 906 acabará recibindo o Premio Nobel de Medicina, porque si, o protagonista é o científico Santiago Ramón y Cajal.

Uxía canta a Manuel María (CD+52 poemas+DVD)

Un CD gravado ao vivo na Casa Museo Manuel María que vén acompañado de 52 poemas incorporados a un portapoemas personalizado cunha folla de carballo do Campo de Santa Isabel en Outeiro de Rei.

Webs sobre lecturas Bibliotecas Escolares de Galicia

https://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/ Blogues de bibliotecas escolares galegas de centros de secundaria https://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=category/1 2/40

Culturagalega.org ofrécenos novas relacionadas coa cultura, reseñas de libros e de discos, etc.:

http://www.culturagalega.org/

Rede Lectura: un blogue que nos presenta libros para todas as idades. http://redelectura.blogspot.com.es/

Canal Lector: reseñas de libros, seleccións segundo tema e idade, novas, entrevistas, recursos... http://www.canallector.com/ Leer.es http://leer.es/


Tamén nos nosos blogues da biblioteca e do club de lectura atoparás suxestións de lectura: http://bibliosansa.blogspot.com.es/ http://sansaliberbis.blogspot.com.es/

Coma sempre, agardámosvos onde o mundo se chama biblioteca. Felices vacacións de verán!


Serán Agardade docemente a que chegue a fondura queda da tardiña. Acougade. Acougade un pouquiño para que se vaia a brétema soíña e as aves voen ao seu niño. Entón as cousas atopan o seu sitio e nace a soedade na campía...

Manuel María:

Marmaior


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.