Guianadal2013

Page 1

“Despois das primeiras letras que lle deprendeu o Avó foi á escola. Para el era todo un milagre iso de levar a fala a signos, poñer en figuras o que se dicía ou se cantaba, unha oración ou unha maldición.” Xosé Neira Vilas, Aquel neno

LITERATURA, CINE E EDUCACIÓN SUXESTIÓNS PARA ESO BIBLIOTECA CPI DE SAN SADURNIÑO


1º de ESO

DAHL, Roald, Matilda, Alfaguara A señorita Honey, a mestra, ten un papel fundamental na historia da protagonista dunha das máis famosas novelas de Roald Dahl.

VENTOSO MARIÑO, Xosé Antonio, Historia das historias da escola, Ir Indo. Un feixe de relatos nos que os narradores lembran as súas vivencias na escola, unha época que lles deixou unha gran pegada

2º de ESO

FARIAS, Juan, A la sombra del maestro, Alfaguara Atoparás nesta novela breve, fermosa e poética unha historia que transcorre nunha vila mariñeira galega, un lugar onde a auga non se decide a ser “ni sosa, ni salada.”

FINNE, Anne, O saco de Simón, Xerais Simon nunca pensou que aquel proxecto da escola consistente en coidar bonequiños de fariña lle ía axudar a entender a súa propia vida.

3º de ESO

NOZIÈRE, Jean­ Paul, Cabeza de pelouro , Galaxia Aïcha, unha mociña de orixe alxeriano, prepara os exames de bacharelato pola súa conta nunha pequena vila francesa.

YUSAFZAI, Malala, Yo soy Malala, Alianza Editorial. O valente testemuño de Malala: “Yo no hablo por mí, sino por aquellos cuya voz no puede ser oída. Aquellos que han luchado por sus derechos. Su derecho a vivir en paz. Su derecho a ser tratados con dignidad. Su derecho a la igualdad de oportunidades. Su derecho a la educación.”


4º de ESO PENNAC, Daniel, Mal de escuela, Mondadori Así lembra Pennac o seu paso pola escola: “De modo que yo era un mal alumno. Cada anochecer de mi infancia, regresaba a casa perseguido por la escuela. Mis boletines hablaban de la reprobación de mis maestros.”.

FERNÁNDEZ FERREIRO, Xosé, Agosto do 36, Xerais Xosé Fernández Ferreiro relata nesta novela unha tráxica historia baseada nun feito real acontecido en agosto do 36

OUTROS LIBROS DE INTERESE

McCOURT, Frank, BEGAUDEAU, Françoise, A El profesor, Maeva clase, Xerais “Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que...”

O escritor Frank McCourt lembra neste libro os seus 30 anos como profesor nun instituto de secundaria de Nova York.

CENTELLAS, Pau (selección), Amor y perseverancia, Ediciones Ceac Este libro contén máis de 300 aforismos, máximas e sentencias relacionadas coa educación de relevantes pensadores e educadores.


PELÍCULAS Los chicos del coro Christophe Barratier, o director desta película afirmou que hai algo que teñen en común as súas películas preferidas: “como pode contribuír un individuo a mellorar o mundo”...

Ni uno menos O mestre de Wie Minzhi ten que ausentarse para coidar a súa nai enferma e déixaa a ela encargada da escola.

Ser y tener. Être et avoir

A lingua das bolboretas

Un documental que retrata a vida nunha escola unitaria, á que asisten nenos de entre 4 e 10 anos, durante un curso escolar.

A Moncho non lle chistaba moito ter que empezar a ir á escola, porén coñecer a D. Gregorio, o mestre, vai cambiar a súa vida.

2º CICLO La clase de Laurent Cantet Adaptación cinematográfica da novela de François Bégaudeau antes mencionada e protagonizada, por certo, polo propio Bégaudeau.

El club de los poetas muertos Aínda non coñeces o significado de “carpe diem”? Pois tes que ver esta película dirixida por Peter Weir

Hoy empieza todo. Ca commence aujourd'hui Daniel Lefebvre é director dunha escola infantil dun barrio dunha vila mineira do Norte de Francia.


ENLACES DE INTERESE Carta de Albert Camus ao seu mestre despois de ter recibido o Premio Nobel de Literatura http://www.joanteixido.org/doc/mat_form/carta_Camus.pdf Temas de educación y cine http://www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/educacionycinetemas.htm MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) http://www.edu.xunta.es/mupega/ Na web do MUPEGA podes atopar enlaces de interese sobre museos pedagóxicos. http://www.edu.xunta.es/mupega/enlaces

EDUCAR Educar es lo mismo que poner motor a una barca… hay que medir, pesar, equilibrar… … y poner todo en marcha. Para eso, uno tiene que llevar en el alma un poco de marino… un poco de pirata… un poco de poeta… y un kilo y medio de paciencia concentrada. Pero es consolador soñar mientras uno trabaja, que ese barco, ese niño irá muy lejos por el agua. Soñar que ese navío llevará nuestra carga de palabras hacia puertos distantes, hacia islas lejanas. Soñar que cuando un día esté durmiendo nuestra propia barca, en barcos nuevos seguirá nuestra bandera enarbolada. Gabriel Celaya


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.