María Wonenburger

Page 1

CADERNIÑOS DO DÍA

DA

MULLER

María Wonenburger a mociña de Montrove que se dedicou ás Matemáticas

Biblioteca do CPI de San Sadurniño 8 de marzo de 2015


Podo dicir que vivín como sempre soñei que quería vivir. María Wonenburger

Eu non me considero unha persoa extraordinaria. O que fixen foi unha ampliación de ideas xa existentes, profundar sobre algo que ninguén investigara nesa dirección. Iso si, era consciente de que partiamos dunha situación na que vía certas limitacións e intentei superalas. María Wonenburger

Na miña vida enfronteime a temas que me intrigaron e sobre eses temas unha vai pensando, vai analizando e, cando atopa un camiño a seguir para chegar á solución, iso produce unha grande satisfacción intelectual. Por iso, eu falaba dese gozo e vos desexaba que disfrutedes coas Matemáticas como eu o fago aínda hoxe. María Wonenburger


Hai dous anos escribimos unha breve biografía de Rita Levi­Montalcini acompañada duns cantos libros destinados a aqueles que quixesen ampliar os seus coñe­ cementos ou simplemente ler algún texto da científica italiana. O noso propósito era continuar coa publicación destes “caderniños” para con­ memorar o Día Internacional da Muller, non obstante o curso pasado non nos foi posible. Este ano queremos retomar aquel proxecto inicial con María Wonenburger que faleceu o 14 de xuño de 2014. É a nosa homenaxe a esta matemática coruñesa no Día Internacional da Muller e tamén unha contribución ao lema elixido polas Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso: Biblioteca escolar... matemático!!!

María Wonemburger, a paixón matemática dunha mociña de Montrove María Josefa Wonenburger Planells naceu en Montrove (Oleiros) o 17 de xuño de 1927. Era filla de Julio Wonenburger Canosa, descendente dun tataravó alsaciano, e da valenciana Amparo Planells. Julio Wonenburger era un empresario coruñés que se fixo cargo con só 16 anos da fundición que seu avó abrira na Coruña. Na


cidade herculina coñeceu a que había de ser a súa dona, nunha visita que esta fixo á cidade para visitar a unha irmá súa que se establecera na cidade co seu esposo. O pai de María foi tamén un coñecido político coruñés afiliado á ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma) que fundara Santiago Casares Quiroga en 1929, chegando a ser nomeado deputado provincial en 1931 despois de ter sido elixido concelleiro en 1922. A infancia de María foi unha infancia feliz no seo dunha familia culta e acomodada que nunca puxo impedimento algún para que ela se dedicase á actividade intelectual e aos deportes (era moi afeccionada de adolescente ao hóckey e ao baloncesto), senón máis ben todo o contrario. Este apoio familiar non deixa se ser excepcional nunha época na que non era frecuente. María ingresou con catro anos no Colegio Francés da Coruña e alí descobre a súa paixón matemática, posto que coma ela lembraba era moi afeccionada ao cálculo matemático e adoitaba pasar moito do seu tempo facendo contas na súa pizarra. María lembra nunha entrevista como súa nai a incentivaba: A miña nai, cando había que facer algunhas contas na casa, chamábame para que as fixera, o que indica que tiña unha tendencia cara ás Matemáticas, que me gustaban os números e que gozaba con eles. Foi a miña primeira aproximación ás Matemáticas, como a de moitos outros nenos. (Xosé Henrique Pujales, 2007: p.107).

Aos sete anos trasladouse a vivir coa súa familia ao Temple, parroquia do concello de


Cambre, e aos nove Colegio del Angel. Con María trasládanse á matriculan a María no Guarda1 onde cursou rematou en 1944.

anos ingresou no dez anos os pais de cidade herculina e Instituto Eusebio da a secundaria que

Ao remate do bacha­ relato María decide estudar Matemáticas, en contra da opinión familiar que prefería que estudase unha enxeñería para así poderse facer cargo da empresa familiar; porén, os seus pais apoiárona, se ben parece que seu pai nunca perdeu a ilusión de que completase os seus estudos de Matemáticas cos de Enxeñería Industrial.

Estudos universitarios en Madrid e doutoramento en Yale Aínda que María acabou o bacharelato en 1944, non empezou os seus estudos universitarios até o seguinte ano, por mor de que os seus pais consideraban que naquela difícil época histórica, que foi a xuventude de María, era preferible que permanecese un ano máis en Galicia.

1 O Instituto Eusebio da Guarda foi inaugurado en 1890 e foi o primeiro da Coruña onde se formaba a estudantes de ensino medio até que se inaugurou o IES Salvador de Madariaga en 1941. Polas súas aulas pasaron ilustres personaxes como Picasso, Torrente Ballester, Novoa Santos e María Wonenburger. De feito, María participou nos actos do 120 aniversario.


Por fin, en 1945 María inicia os seus estudos en Madrid, na daquela chamada Universidade Central (dende o 1970 Universidade Complutense), xa que na Universidade de Santiago de Compostela, a única existente en Galicia naquela época, non se ofertou a Licenciatura de Matemáticas ata o ano 1957. Na Universidade Central María atopou algunha das súas mellores amigas e pronto destacou coma unha alumna extrema­ damente brillante que obtivo o seu título de Licenciada en 1950. Cómpre sinalar que pertence á primeira promoción de Licenciados en Matemáticas cunha carreira de cinco anos xa que antes os estudos, que recibían a denominación de Ciencias Exactas, duraban catro anos. Por certo, tal e como lembra na súa entrevista con Xosé Enrique Pujales (2007), María non tomaba apuntamentos: Non tomaba apuntes porque se os tomaba perdía parte da explicación e eu prefería atender. E como ademais había persoas que tomaban apuntes e me pedían que llos corrixira, non tiña ningún problema.

Cursou estudos de doutoramento entre 1950 e 1953. Nesta época tamén comezaron os primeiros contactos con matemáticos de prestixio que lle propuxeron diversas colaboracións, coma Ernst Witt2 ou Julio Rey Pastor. Mais, non todo foron alegrías neses anos porque en 1951 faleceu seu pai. María decidiu solicitar unha das bolsas 2. Ernst Witt fora alumno de doutoramento de Emmy Noether ,a famosa matemática bávara de orixe xudía que se vira forzada a fuxir de Alemaña pola persecución nazi, instalándose en USA.


Emmy Noether, mais a súa solicitude non recibiu contestación, así que decidiu solicitar unha nova bolsa que viña de se crear e que cos anos acadaría un gran prestixio:Referímonos as bolsas Fullbright, convocadas polo Instituto de Educación Internacional dos Estados Unidos. Na primavera de 1953 foille concedida unha destas bolsas para estudar na Universidade de Yale e converteuse na primeira española que obtivo esta axuda para realizar estudos de doutoramento en Matemáticas e en membro da primeira promoción de bolseiros Fullbright. En 1957 doutorouse na Universidade de Yale3 cunha tese, titulada “ On the group of similitudes and its projective group”, que foi dirixida polo destacado alxebrista Nathan Jacobson.

España, Canadá, Estados Unidos e... España En 1957 regresa a Madrid onde recibe unha bolsa do Instituto de Matemáticas Jorge Juan do CSIC. Como a súa tese de doutoramento non lle fora validada, decidiu iniciar outra que foi defendida, aprobada e publicada co título de “Representación espinorial de los grupos de semejanza”; porén nunca obtivo 3. A Universidade de Yale, unha das máis prestixiosas do mundo, fundada en 1701, é a terceira máis antiga de USA

que foi


o seu título español de doutora por pro­ blemas administrativos. Que cousas! Non si? Así lembraba aqueles anos na xa amen­ tada entrevista: A diferenza principal entre España e EE.UU. era a distancia entre profesorado e alumnado. Aquí en España non había contacto persoal cos profesores. En cambio, en América o trato era o natural, como debe ser. En España había profesores e alumnos, en América había persoas que se dedicaban ás Matemáticas. (Xosé Henrique Pujales, 2007: p.108).

Maria recibiu unha invitación para traballar coma profesora na Queen University en Kingston, Ontario (Canadá). Posteriormente trasladouse a Toronto, onde era a única muller que ocupaba un posto de profesora de Matemáticas, e dirixiu a primeira tese dun estudante, quen por certo era o despois afamado alxebrista Robert Moody4. Decide trasladarse aos Estados Unidos e o seu primeiro destino será a Universidade de Buffalo. Dende 1967 até 1983 foi Full Professor na Universidade de Indiana. Nos EE.UU. María recibiu numerosas ofertas académicas, o cal desafortunadamente non acontecía así en España tal e coma indican Mª José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar (2007): Paradójicamente y lamentablemente, en España sólo le ofrecieron presentarse a alguna oposición y le decían que “con suerte”, algún día, era probable que pudiese obtener una de esas plazas. María cuenta esto con una amarga sonrisa. Ella, en sus primeros años posdoctorales, pensó varias veces regresar a España 4. http://en.wikipedia.org/wiki/Robert_Moody


pero la realidade es que era imposible: la esperaba un futuro incierto y además salía perdiendo en todos los aspectos: salario, medios, prestigio, etc..

En 1983, debido á enfermidade de súa nai María decide deixar a súa actividade académica5 (centrada na Teoría de Grupos e Álxebras de Lie) e regresar á Coruña. En 2010 foi investida doutora honoris causa pola Universidade da Coruña e tamén neste ano o Consello da Cultura Galega lle rendeu homenaxe. En xullo de 2012 inaugurouse unha zona verde de máis de 10.000 mentros cadrados en Montrove co seu nome e no ano 2014 o concello da Coruña adicoulle unha rúa no polígono de Agrela. María finou na súa querida Coruña o 14 de xuño de 2014.

Bibliografía e webgrafía PUJALES, Xosé Enrique (2007): “María Wonenburger ou a paixón pola investigación matemática. Entrevista.” Gamma nº 7 (setembro do 2007), p. 107­109. Dispoñible en http://www.culturagalega.org/album/docs/s obre%206.pdf SOUTO SALORIO, Mª J. & TARRÍO TOBAR, A.D., “María Josefa Wonenburger Planells: mujer y matemática” en Gaceta de la Real Sociedad Matematica Española, v. 9, n.º 2 (2006), p. 339­364. Dispoñible en: http://www.culturagalega.org/album/docs/s obre%202.pdf 5. Atoparás unha introdución ao seus traballos matemáticos no artigo de Mª José Souto Salorio e Ana Dorotea Tarrío Tobar.


Para saber máis sobre María Wonenburger Recompilación de recursos do VI Día da Ciencia en Galego: http://www.cienciaengalego.org/drupal6/nod e/27

Para saber máis sobre as mulleres matemáticas NOMDEDEU MORENO, Xaro (2000): Mujeres, manzanas y matemáticas. Entretejidas. Madrid: Nivola. RÍOS FACHAL, Matilde (2008 ): As mulleres nas Matemáticas. A Coruña: Baía Edicións. SALESAS, Florenci (2009): Hipatia. La maestra. Madrid: El Rompecabezas. Universo matemático­Mujeres matemáticas. Documental de RTVE dispoñible en http://www.rtve.es/alacarta/videos/universo ­matematico/universo­matematico­20­09­ 10/882229/ Divulgamat. Centro Virtual de Divulgación das Matemáticas. Real Sociedad Matemática Española: http://www.divulgamat.net/ Agapema. Asociación galega do profesorado de Educación Matemática: http://www.agapema.org/


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.