Viaxar... Suxestións de lectura para ESO

Page 1


“Ese es el fondo de la cuestión: volver. Desear irse de un punto del globo, partir y después volver. Sin ese puerto al que sentirte unido, no puedes desear ni ese, ni otro lugar; no tienes un punto de partida, por lo tanto no estás en ninguna parte. Pero si solo tienes ese lugar de referencia, tampoco estás en ningún sitio, porque no puedes entonces quererlo, añorarlo, pensar en él. Y eso no es bueno. Hay que pensar, añorar, querer. Así que prepárate para el viaje” Mesa Selimović, El derviche y la muerte

“Botou as cascas de laranxa ao mar. Goteáballe o zugo polas mestas barbas. Berroulle ao rapaz que estaba facendo uns estrobos na gamela. -¡Sari! ¡Olla pra esas cascas que tiréi á auga! ¿Ves o marelas que son? Pois asi son crarexando á ialba as illas das Cotovías. Somentes falta a do medio, que ten unha montaña verde. -¡Non hai tales illas Sinbad! Dixo Adalí que ao sul non había nada. -¡Hai, hai! ¡Están as illas das Cotovías coma sete laranxas!”

Álvaro Cunqueiro, Se o vello Sinbad volvese ás illas


1º e 2 de ESO

BARRIL, Joan, Tódolos portos se chaman Helena, Xerais. Guillem vai acompañar a súa nai e a Pier nunha viaxe en gabarra polo corazón de Europa, a través dos seus ríos, dende Róterdan ao Mar Negro. BOYNE, John, El increíble caso de Barnaby Brocket, Nube de tinta. “Esta es la historia de Barnaby Brocket y, para entender a Barnaby, primero hay que entender a sus padres...”. Así comeza esta novela do autor de El niño con el pijama de rayas. CARIDE OGANDO, Ramón, O futuro roubado, Xerais. Os intrépidos Said e Sheila viaxan ao pasado a través dunha fenda no espazo-tempo provocada por un terremoto. DAHL, Roald, Iago e o pexego xigante, Edicións do Cumio. Ao quedar orfo James vese obrigado a vivir coas súas dúas tías. Un día un pexego xigante crúzase na súa vida... DOCAMPO, Xavier P., O libro das viaxes imaxinarias, Xerais. Un “Viaxeiro” cóntanos as súas viaxes por cidades e reinos, xunto coas súas reflexións, neste libro fermosamente ilustrado por Xosé Cobas. ENDE, Michael, La historia interminable, Alfaguara. Bastián Baltasar Bux atopa un libro que comeza a ler ás agachadas sen sospeitar que non ía tardar en converterse nun protagonista máis da... KIPLING, Roald, Capitanes intrépidos, Alianza. Harvey, o consentido fillo dun multimillonario, cae a auga dende a cuberta dun luxoso vapor e é recollido por un barco de pescadores. HOMERO, Odisea, Anaya. (Adaptación de Manuel Yruela Guerrero) Unha adaptación do poema épico de Homero que che permitirá achegarte ás fantásticas aventuras de Ulises, ou Odiseo, na súa volta ao seu fogar na illa de Ítaca.


ISASA, Rocío, Las verdaderas confesiones de Carlota Doyle, Alfaguara. En 1832 Charlotte Doyle unha ousada mociña de trece anos embarca no “Halcón del mar”, un barco comandado polo misterioso capitán Andrew Jaggery. LEWIS, C.S. El león, la bruja y el armario, Destino. Un enorme armario ábrelles a Peter, Susan, Edmund e Lucy a entrada ao país de Narnia no que os seus habitantes viven ameazados pola Bruxa Branca. LOZANO, Antonio, Me llamo Suleiman, Anaya. Suleiman chegou a España nun caiuco fuxindo da miseria e na procura dunha vida mellor. Unha longa e dura viaxe... NUZZI, Giovanni, Las aventuras de Ulises, Siruela. Unha adaptación da Odisea, o poema épico de Homero, que comeza así:” Había mil naves griegas surcando el mar Egeo, rumbo a Troya, para rescatar a Helena.” PEARCE, Philippa, El jardín de la media noche, Siruela. Tom Long abúrrese moito e inventa un mundo de fantasía, pero é real ou imaxinado? Porque todos os días cando o reloxo dá as trece, en lugar das doce, entra naquel xardín... STEVENSON, Robert Louis, A Illa do tesouro, Xerais. Unha viaxe en busca dun tesouro soterrado nunha perdida illa por un grupo de piratas resultou ser a máis extraordinaria aventura que o protagonista puido imaxinar. SAINT-EXUPÈRY, Antoine, O principiño, Galaxia. Un príncipe dun planeta sen xente emprende un día unha viaxe por distintos planetas ata que finalmente chega á terrra. SOTELO BLANCO, Olegario, A volta os mundos de Tucho, Sotelo Blanco. Tucho, quen ten catorce anos e vive nunha aldea galega, percorre o mundo coñecendo os problemas deste e a súa diversidade cultural. TOBARUELA, Pere, Memorias dun can de palleiro, Sotelo Blanco. “Eu son un can de palleiro, un can de aldea. Coma quen di,


un ninguén. O meu nome non importa. O realmente importante desta historia é a historia mesma.” Así comeza esta sorprendente novela. TWAIN, Mark, Las aventuras de Huckleberry Finn, Juventud. Huck, un mociño moi espelido, emprende unha viaxe con Jim, un escravo fuxitivo, cara a liberdade polo río Missisipi . VERNE, Jules, Miguel Strogoff, Baía Edicións. Miguel Strogoff, oficial de correos do zar, debe recorrer as 5200 verstas que separan Moscú de Irkutsk e entregar aquela mensaxe... VERNE, Jules, Viaxe ao centro da terra, Xerais. O profesor Otto Liddenbrock viaxa ao centro da Terra guiado por un vello pergamiño dun sabio islandés. 3º e 4º de ESO ALEIXANDRE, Marilar, A expedición do Pacífico, Xerais Emilia, é unha mociña que se agacha coma polisón nun barco nunha expedición científica que transcorre no século XIX. ANDRUETTO, María Teresa, Stefano, SM. A comezos do século XIX Stefano embarca cara América buscando un futuro mellor que a súa terra semella non poder ofrecerlle. BAROJA, Pío, Las inquietudes de Shanti Andía, Alianza. Shanti Andía narra a súa vida e as súas viaxes coma piloto, primeiro na travesía Cádiz-Filipinas e posteriormente nunha compañía inglesa. CALVEIRO, Marcos, Sari, soñador de mares, EdelvivesTambre. Sari, despois do monzón, embarca na dorna Preciosa á procura do seu mestre e amigo Simbad o Mariño. CELA, Camilo José, Viaje a la Alcarria, Destino Un libro, xa clásico da literatura de viaxes, publicado por Cela en 1948 sobre a súa viaxe por esta comarca de Guadalaxara. CUNQUEIRO, Álvaro, Se o vello Sinbad volvese ás illas,


Galaxia. Sinbad, o vello mariño de As mil e unha noites, narra a quen o quere oír as súas viaxes sen poder esquecer a melancolía... CLÉMENT, Catherine, El segundo viaje de Theo, Siruela. Nesta viaxe, Theo xa non é o mociño que acompañaba a súa tía percorrendo todo o mundo, senón un médico ecoloxista que traballou en varios países africanos. DAHL, Roald, Voando só, Alfaguara A segunda parte das memorias de Dahl empeza cun mociño Roald marchando a África a traballar. DE LIS, Manuel P., A viaxe do Ser, Xerais. O viaxeiro emprende a súa viaxe polas ribeiras do Ser, un río de sesenta quilómetros de lonxitude, afluente do río Navia, que nace nos Ancares. GARCÍA MÁRQUEZ, Gabriel, Relato de un náufrago, Tusquets. A verdadeira historia de Luis Alejandro Velasco que foi quen de sobrevir dez días só no mar. KAPUSCINSKY, Ryszard, Viajes con Herodoto, Anagrama. Que é este libro? Quizais un libro de viaxes só? Unha homenaxe a Herodoto? Unha reportaxe? MERINO, Javier, El oro de los sueños, Alfaguara. “A veces me quedo absorto. En pocos instantes, en segundos, soy capaz de recordar o imaginar cosas que...” MOURE, Gonzalo, Tuva, Edelvives. Marcos, o protagonista da novela, viaxe a Tuva desexoso de saber se en realidade alí se doman os cabalos coa música. MORENO, Mª Victoria, Anagnórise, Galaxia. Nicolau, un rapaz con moitos problemas, decide abandonar os seus estudos no instituto e marchar para Madrid. SALINGER, J.D., O vixía no centeo, Xerais. Holden sabedor de que vai ser expulsado da súa escola decide abandonala e vagar durante tres días por Nova York.


SÁNCHEZ FERLOSIO, Rafael, Industrias y andanzas de Alfanhuí, Destino. Un suxestivo título para unha excelente novela na que se nos contan as andanzas de Alfanhuí dende que sae da súa casa en Alcalá de Henares. SWIFT, Jonathan, Los viajes de Gulliver, Anaya. Quen non escoitou falar dos liliputenses ou dos yahoos? Se ese é o teu caso é hora xa de somerxerte nesta sátira brillante, coma todos os escritos do seu autor. TWAIN, Mark, Un ianqui na corte do Rei Arturo, Kalandraka/Xerais Un cidadán estadounidense do século XIX esperta sen saber como nin por que no Reino de Camelot na Idade Media. VÁZQUEZ CHANTADA, Francisco, Crónica de Ofiusa, Sotelo Blanco. Ando abandona ás terras de Sonán na procura de Ofiusa. O camiño non será fácil e deberá superar numerosas probas. VERNE, Jules, A volta ao mundo en 80 días, Xerais. Phileas Fogg, un cabaleiro inglés, acompañado do seu inseparable Passepartout, quere gañar unha aposta: dar a volta ao mundo en 80 días.

Banda deseñada e álbum ilustrado Para todos e todas CONRAD, Didier & FERRI, Jean-Yves, Asterix e os pictos, Xerais. Semellaba imposible que alguén puidese revivir as aventuras de Asterix e Obelix, pero Conrad e Ferri si foron capaces. DAUVILLIER, Louïc, La vuelta al mundo en 80 días de Julio Verne, SM Unha adaptación da famosa novela do escritor francés sobre as aventuras de Fogg no seu afán de dar á volta ao mundo en 80 días. HERGÉ, Tintín. El secreto del unicornio & El tesoro de Rackham el Rojo, Juventud.


Un volume que contén os dous primeiros álbums completos en color publicados por Hergé e protagonizados, coma non, por Tintín, Milou, o capitán Haddock e o profesor Tornasol. DE PRADO, Miguelanxo, De profundis, El Patito Editorial Unha casa no medio do mar na que viven dous namorados: unha muller que toca o violoncelo e un pintor fascinado polo mar e os seus segredos... Para 3º e 4º de ESO DELISLE, Jules, Crónicas de Jerusalén, Astiberri. Este é un cómic autobiográfico no que o autor nos narra os acontecementos que lle aconteceron ao longo do ano que viviu en Xerusalén como acompañente da súa parella, médica nunha ONG. INACIO & SUÁREZ, David, Castelao. O pobre tolo, Demo Editorial. Un cómic que nos permite viaxar no tempo ata o Castelao dos anos 30, coñecer o seu desterro en Badaxoz e as súas viaxes a Portugal... PINTOR, David, Lisboa, Kalandraka. Fermoso caderno de viaxes para coñecer Lisboa: a Rua Correia Garção, a Calçada da Estrela, a Rua o Café A Brasileira, a Praça das Flores... PRATT, Hugo, La batalla del Mar Salado, Norma Editorial. Corto Maltés, o heroe imaxinado por Pratt, é fillo dun mariño maltés e dunha xitana andaluza. Pero, quen é en realidade? Quizais o último heroe romántico? Para todos ALDREY VÁZQUEZ, José Antonio e GONZÁLEZ, RUBÉN C., Breve xeografía de Galicia, A Nosa Terra. Unha breve e sinxela introdución á xeografía de Galicia, a súa superficie e a historia da relación dos homes e as mulleres co medio. CANCELAS, Suso, JURADO, Javier e SAMPIL, Pilar, De roda en roda, Galaxia. Podemos viaxar tamén a través das danzas do mundo tal e como nos propoñen os autores deste libro que vén


acompañado dun CD e un DVD. CORDÓN, Sara, Marco Polo, el aventurero, El Rompecabezas. Un duro camiño cheo de aventuras agardáballe a aquel mociño que quería chegar a China hai máis de oitocentos anos. CUVI, Nicolás, Humboldt el explorador, El Rompecabezas. A vida semellaba fácil para aquel neniño nacido nun pazo; pero el elixiu viaxar por todo o mundo e converterse nun dos máis famosos xeógrafos, exploradores e naturalistas da historia. DESNÖETTES, Caroline, Descubrir a arte a través do mundo, Kalandraka. Viaxar coa arte a través do mundo é o que poderás facer con este libro que che permitirá coñecer biombos coreanos, máscaras brasileiras, iconas rusas.... GIBBONS, Allan, Darwin, Baía Edicións. A vida dun grumete pode ser aburrida, agás que sexas o asistente de Charles Darwin na súa viaxe no Beagle... GONZÁLEZ VÁZQUEZ, Marta e GONZÁLEZ DORAO, Joaquín, Guía ilustrada da Catedral de Santiago de Compostela, El Patito Editorial. Unha guía, fermosamente encadernada, que nos mostra a Catedral de Santiago de Compostela a través da súa historia e da súa arte. GOLDSMITH, Mike, ¡Eureka!, Siruela. Viaxar a través da historia coñecendo algúns dos descubrimentos científicos máis asombrosos de todos os tempos é outra forma de viaxar. HERREROS, Cristina, Geografía mágica, Siruela. Un libro, con ilustracións de Carlos Arrojo, que nos permite viaxar pola Península Ibérica a través das lendas populares. MANUEL ANTONIO, De catro a catro, Xerais. Follas sin data dun diario d'abordo é o subtítulo dun dos máis famosos e innovadores libros escritos en lingua galega.


KORN, Wolfgang, La vuelta al mundo de un forro polar rojo, Siruela. Un xornalista ve na televisión a un inmigrante nun caiuco que viste un forro polar vermello que foi del. Como chegou a esa persoa? Onde e como se fabricou? PARDO, Antón, As marabillas de Galicia contadas aos rapaces, Lóstrego. Unha forma divertida e entretida de coñecer as marabillas históricas e naturais de Galicia, as cales a veces nos pasan desapercibidas. RICHARDSON, Gillian, Diez plantas que cambiaron el mundo, Siruela. Un libro sobre dez plantas que cambiaron o mundo: onde se descubriron, as longas viaxes dende o seu lugar de orixe... SALESAS, Florenci, Monturiol y su submarino, El Rompecabezas. Viaxar ao fondo do mar? Si. Nada era impensable para a mente daquel home que soñaba con cambiar o mundo. Cine A lei da fronteira de Rodolfo Aristarain Dous mozos, un galego e outro portugués, foxen do destino e viven sorprendentes aventuras na fronteira galego-portuguesa. Astérix en Bretaña de Pino Van Lamsweerde Astérix e Obélix viaxan á Gran Bretaña para axudar aos habitantes dunha aldea que resisten aos romanos. Capitanes intrépidos de Victor Fleming A inesquecible versión da novela de Kipling, protagonizada por Spencer Tracy, é xa un clásico do cine. El viaje de Chihiro de Hayao Miyazaki Chihiro viaxa con seus pais no coche, cando de repente, despois de entrar nun túnel chegan a un mundo fantástico...


Hanan. De Marrocos a Galicia: o que nos une de Valentín Carrera ( Serie documental de seis capítulos) A través de Hanan, filla de Elomari e Zaina e nacida en Compostela, coñecemos os elementos que nos unen. Kon-Tiki de Joachim Rønning e Espen Sandberg Unha película sobre a mítica viaxe emprendida por Thor Heyerdahl en 1947 coa que pretendía demostrar que cunha embarcación semellante á das civilizacións precolombinas peruanas era posible atravesar o Pacífico. Memorias de África de Sydney Pollack Unha película, inspirada na novela homónima da escritora Karen Blixen, que conta coma a protagonista e o seu home se establecen en Kenia a principios do XIX para explotar unha plantación de café. Ni uno menos de Zhang Yimou Á protagonista desta película o seu mestre encomendoulle a clase mentres el non estaba e ela non estaba disposta a que nin un só dos seus alumnos non estivese a súa volta. El hobbit: un viaje inesperado de Peter Jackson Bilbo Bulseiro emprende unha viaxe a través do país dos elfos e dos bosques dos trolls acompañado do mago Gandalf. Gorilas en la niebla de Michael Apted Unha película baseada na vida de Dian Fossey quen viaxou a África para estudar a vida dos gorilas de montaña e se converteu nunha experta zoóloga. Rebelión a bordo de Lewis Milestone A fragata Bounty comeza a sú viaxe para trasladar un cargamento a Xamaica en 1787. Pero o carácter e actitutudes do seu capitán van ter consecuencias inesperadas... Sinbad de Antón Dobao Esta película, protagonizada polo inesquecible Xosé Manuel Olveira “Pico”, inspírase na novela Se o vello Sinbad volvese ás illas de Álvaro Cunqueiro. The way de Emilio Estevez Unha película sobre o camiño de Santiago protagonizada


polo actor norteaemericano, de ascendencia galega por parte de pai, Martin Sheen e dirixida por un dos seus fillos. Ocho apellidos vascos de Emilio Martínez-Lázaro O amor pódese converter nun acicate para emprender inesperadas viaxes coma a de Rafa, o sevillano protagonista deste grande éxito cinematográfico. Revistas Altaïr Geo Lonely Planet Viajes. National Geographic Viajar Enlaces de interese Casa África http://www.casafrica.es/index.jsp Casa América http://www.casamerica.es/ Casa Asia http://www.casaasia.es/ De viaxe (TVG) http://www.crtvg.es/tvg/programas/de-viaxe Galegos no mundo http://www.crtvg.es/tvg/programas/galegos-nomundo Google Earth https://www.google.es/intl/es/earth/index.html


HRW. Atlas Mundial http://go.hrw.com/atlas/span_htm/world.htm El viajero. El País http://elviajero.elpais.com/ La música en África http://www.juntadeandalucia.es/averroes/iesmateoalema n/musica/la_musica_en_africa1.htm

Ler o mundo. Bibliotecas escolares de Galicia https://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/60093 99-Guia%20PROFE%20prim.pdf Músicas del mundo http://www.juntadeandalucia.es/averroes/iesmateo aleman/musica/musicas_del_mundo.htm Mi Atlas http://www.aularagon.org/files/espa/atlas/Mapa s_politicos_index.htm National Geographic. Viajes http://www.nationalgeographic.com.es/catego ria/viajes “Os quince castelos para viaxar á Galicia máis medieval” en La Voz de Galicia http://www.lavozdegalicia.es/album/ocioycultura/2014/08/ 20/15-castillos-viajar-galiciamedieval/01101408559719350590162.htm?idioma=galego Nómadas (RNE) http://www.rtve.es/radio/nomadas/ Periodismo de viajes


http://www.periodismodeviajes.org/ Programas de viaxe en TVE http://www.rtve.es/alacarta/programas/tve/viajes/1/ Real Sociedad Geográfica http://www.realsociedadgeografica.com/es/site/index.asp Recursos didácticos en Geografía. AGE (Asociación de Geógrafos Españoles) http://age.ieg.csic.es/recur_didacticos/ Turismo de Galicia http://www.turgalicia.es/portada?langId=gl_ES


Ítaca

Cando comeces a túa viaxe a Ítaca pide que o camiño sexa longo, pleno de aventuras, pleno de experiencias. Aos Lestrigóns e aos Cíclopes, ao irado Poseidón non temas: nunca atoparás criaturas tales na túa ruta se mantés o pensamento elevado, se unha selecta emoción o teu corpo e espírito ilumina. Aos Lestrigóns e aos Cíclopes, ao feroz Poseidón non acharás. Non, se non é a túa alma a que os alberga; non, se non é ela a que chos mostra.

KAVAFIS, Konstantinos. Poemas canónicos, Ed. Rinoceronte


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.