Memoria proxecta

Page 1

TÍTULO DO PROXECTO

NACEMOS OU NOS FACEMOS Queremos levar a cabo un proxecto no que investiguemos conxuntamente profesorado e alumnado que o xénero está relacionado co consumo, dunha maneira dirixida polos axentes socializadores, e que estes inflúen dunha maneira moi clara durante o desenvolvemento evolutivo da persoa.

INTRODUCCIÓN Estamos ubicados nun contexto escolar semiurbano, onde os nenos ao chegar a primaria demostran ser consumidores claramente influenzados polas diferencias de xénero e polo publicidade traballada desde unha perspectiva tamén de xénero. No CEIP Saco e Arce , seis mestras e cuarenta e tres nenos/as, comprometémonos a traballar ao longo do curso unha parte do currículo negociado promovendo unha ensinanza e un aprendizaxe críticos, desde un enfoque cooperativo e comunitario. O alumnado será o protagonista da súa aprendizaxe ao lado das mestras e da súa familia. As persoas implicadas como destinatarios son principalmente os alumnos e logo as familias e os responsables de que o proxecto se leve a cabo seremos o profesorado. Coordina o proxecto a titora de 1º curso e participan no mesmo as titoras de 4º e 6º de infantil, a titora do segundo ciclo de primaria, a orientadora e unha PT que se adica ao centro a tempo completo. Os beneficiarios directos do proxecto será o alumnado e os indirectos os país e o profesorado. Tendo unha visión máis alá tamén pensamos que serían beneficiarios indirectos o resto da sociedade na que nos movemos. As actividades lévanse a cabo nas distintas aulas do centro, incluindo a biblioteca e a sala de ordenadores, no patio e na casa do alumnado. O proxecto iníciase no mes de outubro e remata en maio. Con este proxecto queremos que os propios nenos conclúan que o rol que desempeñan nos distintos ámbitos da sociedade está marcado pola propia sociedade, nun lugar e nun tempo determinado e produto dunha moda establecida e que o que consumen tamén lles ven dirixido dende pequenos, influenzados claramente pola mentalidade da sociedade, pola publicidade, polo lugar e o tempo no que viven. dende pequenos, influenzados claramente pola mentalidade da sociedade, pola publicidade, polo lugar e o tempo no que viven.

GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS Con este proxecto pretendemos mellorar a calidade educativa potenciando e desenvolvendo o logro das competencias básicas, fundamentalmente: aprender a aprender, a competencia


dixital, a social e cidadá, autonomía e iniciativa personal , a competencia lingüística, a matemática e a artística. Para elo pretendemos conseguir os seguintes obxectivos xerais: - Fomentar de forma cooperativa, un pensamento crítico e creativo cara o consumo desde unha perspectiva de xénero. - Concienciarse de que o consumo está relacionado co xénero e marcado polos axentes socializadores que nos rodean: familia, escola, amizade, televisión,… - Detectar características que sel le atribúen ás persoas en función do seu sexo e coñecer o modo no que se transmiten estes esteriotipos. - Contribuir a construir una relación entre o alumnado nun marco de tolerancia, respecto e democracia sen discriminación de ningún tipo. - Potenciar as relacións intra e intergrupos a través da búsqueda e a comunicación compartida empregando diferentes medios. - Abrir camiño á investigación favorecendo o manexo das TICs e xestionando os recursos que temos no medio que nos rodea. Os obxectivos xerais conseguíronse a través das actividades que levamos a cabo que foron as que a continuación se expoñen.

ORGANIZACIÓN, DESENVOLVEMENTO E METODOLOXÍA Planificamos quince actividades que levamos a cabo dende o mes de decembro ata maio. Traballouse de maneira interdisciplinar con materias do currículo como plástica, matemáticas, lingua castelá e galega e atención alternativa. As mestras de infantil encaixaron este proxecto nos proxectos que tiñan planificados para levar a cabo nos distintos trimestres.

ACTIVIDADES DO PROXECTO ACTIVIDADE 1

CUESTIONARIO A PAIS Esta actividade serviunos como avaliación inicial para coñecer a realidade desde a casa. OBXECTIVOS -

Coñecer a través do pais a que xogan os seus fillos e fillas na casa.


-

Apreciar a valoración e a elección dos xoguetes por parte dos pais en función do sexo do neno.

-

Saber quen merca os xoguetes na casa.

-

Autorreflexión dos pais.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Coa intención de recoller información/datos sobre os diferentes xoguetes aos que accede o noso alumnado e a súa implicación e relación co seu xénero elaboramos unha enquisa de 9 preguntas. As dúas primeiras preguntas son de resposta aberta e as outras sete preguntas a escoller unha ou varias opcións de entre as dadas na enquisa. Adxuntamos un modelo de enquisa no Anexo 1. Recibimos o cuestionario cuberto, analizamos os datos e devolvemos resultados as familias. O análise dos datos foi levado a cabo polos alumnos do segundo ciclo e compartido co resto dos nenos e nenas participantes no proxecto.

DATOS OBTIDOS NAS ENQUISAS E INTERPRETACIÓN Responderon á enquisa 38 familias. Das cales 24 teñen un fillo (varón) e 14 teñen unha filla (muller). •

Resultados obtidos na pregunta 1

1. ¿ Qué pediu o voso fillo/a para estes Nadal?

De entre os xoguetes que pediron os nenos destacamos: instrumentos musicais, sacos de boxeo, Psp, tablet, Playmobil, videoxogos, botas de fútbol, patines, coches de xoguete, Wii, Power Rangers, Templo Gormitis, xogos de mesa, cohes con pistas, bici, patinete, coche radio control, arco e frechas. De entre os xoguetes que pediron as nenas , destacamos: Contos, bonecas: bebé con silla e biberón, carro de bonecas, Monster High, cunas de xoguete, peluches, lavadora de xoguete, maletín maquillaxe, Sirenita, plastilina, puzzles, consola, patinete, instrumentos musicais, mochila, mesa, sillas, cómics. •

Resultados obtidos na pregunta 2


2. ¿ Qué regalos recibiu? (máx. 5) A maioría das familias responden que os seus fillos recibiron todos ou case todos os regalos que pediron. 14 das familas que teñen un fillo (varón), ademáis de manifestar que o seu fillo recibiu o que pediu engadiron outros regalos que recibiron tales como: roupa (chándal,...), zapatos (deportivas, botas de fútbol,...), xogos educativos e xogos de mesa. 7 das familias que teñen unha filla(muller), ademáis de manifestar que o seu fillo recibiu o que pediu engadiron outros regalos que recibiron tales como: roupa (pantalóns, chándal,...), patines, contos, zapatos (deportivas, botas,...), paraugas. O resto de familias responde que os seus fillos/as non recibiron todos os regalos que pediron pero sí outro similares.

Resultados obtidos na pregunta 3

3. ¿Qué xoguete credes que non lle pode faltar a un neno (varón)?

O 52 % das familias que teñen un fillo (varón), responden que un balón é o xoguete que non debe faltarlle a un neno (varón). Este mesmo xoguete é o sinalado por o 63% das familias que teñen unha filla (muller). O 24% das familias que teñen un fillo(varón), escollen como xoguete a non faltar, un coche. Sendo este xoguete o escollido por o 35% das familias que teñen unha filla (muller). O 16% das familias que teñen un fillo(varón), escollen o parchís como xoguete que non debe faltarlle a un neno (varón). Sendo este xoguete sinalado por o 7% das familias que teñen unha filla (muller). O 12% das familias que teñen un fillo (varón), din que todos e un 4% non contesta. O 7% das familias que teñen unha filla (muller), non fan distinción entre nenos e nenas ,crendo que todos os xoguetes son bos e non existen xoguetes para nenos ou nenas. •

Resultados obtidos na pregunta 4

4. ¿Qué xoguete credes que non pode faltarlle a unha nena (muller)?


O 60% das familias que teñen un fillo (varón), responde que unha boneca é o xoguete que non debe faltarlle a unha nena. Este mesmo xoguete é o sinalado por o 84% das familias que teñen unha filla (muller). O 20% das familias que teñen un fillo (varón) escollen como xoguete a ter por as nenas o parchís. Sendo este o xoguete escollido por o 7% das familias que teñen unha filla. O 12% das familias que teñen un fillo din que todos e un 4% non contesta. O 7% das familia que teñen unha filla (muller) non fan distinción.

Resultados obtidos na pregunta 5

5. ¿Xoga o/a voso/a fillo/a con bonecas, carriños de bebé, cacerolas,...?

O 52% das familias que teñen un fillo (varón) responden que SÍ , e un 40% que NON. O 93% das familias que teñen unha filla (muller) responden que SÍ, fronte ao 7% que responden que NON.

Resultados obtidos na pregunta 6

6. ¿Xoga

o/a

voso/a

fillo/a

con

coches,

balóns,

contruccións,

animais,...?

O 96% das familias que teñen un fillo (varón) responden que SÍ ,e un 4% que NON. O 66% das familias que teñen unha filla (muller) responden que SÍ, fronte ao 34% responden que NON.

Resultados obtidos na pregunta 7

7. ¿Quen merca os xoguetes na vosa casa?


O 76% das familias que teñen un fillo(varón) responden papá e mamá. Un 20% mamá, un 16 % outros e un 4% papá. Unha gran maioría das familias que teñen unha filla (muller), o 91% responden papá e mamá, o 14% reponde que outros,o 7 % que mamá e un 0% responde papá.

Resultados obtidos na pregunta 8

8. Se o voso/a fillo/a vos pide unha boneca reaccionades:

O 50% das familias que teñen un fillo (varón) responden que SÍ lla mercan. O 34% da familias falan co neno facéndolle ver que é un xoguete do outro sexo. O 12% non lle merca a boneca ao seu fillo(varón) e un 4% das familias non contesta. O 100% das familias que teñen unha filla (muller) responden que SÍ lla mercan.

Resultados obtidos na pregunta 9

9. Se o voso/a fillo/a pide un coche reaccionades: O 90% das familias que teñen un fillo (varón) responden que SÍ llo mercan. O 10% non contesta a esta pregunta. O 63% das familias que teñen unha filla (muller) responden que SÍ llo mercan. Un 35 % que NON llo mercan , e o 2% non contesta.

ACTIVIDADE 2

CARTA A PAPÁ NOEL OBXECTIVO -

Coñecer que piden os nenos e nenas a Papá Noel.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Modelo cartas: primaria, infantil. Anexo (2) Os nenos e nenas de infantil empregando catálogos de xoguetes recortan e pegan confeccionando a súa carta.


Os nenos e nenas de primaria diseñan a súa carta e escriben as súas peticións.

ACTIVIDADE 3

ANALISE DOS XOGUETES E CREACIÓN DUN FOLLETO OBXECTIVOS -

Analizar os xoguetes que prefiren compartindo o porque.

-

Traballar o tipo de xoguetes. Características, ventaxas e incovenientes.

-

Elaborar un folleto coas recomendacións dos xoguetes.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE O alumnado selecciona, entre as cartas dunha baraxa, aquelas que conteñen xoguetes que prefiren e comparten o porque. Buscan na rede as características do xoguete seleccionado e compoñen un mural. Elaboramos un folleto. Anexo (3)

ACTIVIDAD 4

HISTORIA DO XOGUETE OBXECTIVO -

Coñecer a historia do xoguete e identificar o consumo relacionado co xénero.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Investigan na rede a que se xogou ao longo da historia facendo especial atención na diferencia ou similitude dos xogos e xoguetes consumidos. Recollen datos e realizan unha comparación coa situación actual.

ACTIVIDADE 5

TODOS E TODAS PROMOVENDO A PAZ OBXECTIVOS


-

Valorar a participación de tódalas personas que conforman a comunidade educativa sexan homes ou mulleres para levar a cabo actividades promotoras de paz e ver a relación destas co consumo.

-

Coñecer nóbeles da Paz.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Taller solidario de libros. o Invitamos a tódolos nenos e nenas e as súas familias a que aporten libros que teñan na casa e lles queiran dar saída. o Intercambio de libros por un kilo de alimentos. (Anexo 4) o Recollemos datos dos libros que seleccionaron, para o intercambio, nenos e nenas a través da observación e da posta en común xustificada e verbalizada na aula. Anexo (5) Traballamos os nóbeles da Paz analizamos a vida de homes e mulleres que loitaron consumindo parte da súa vida adicándoa aos demais promovendo un mundo mellor. Anexo (6) Creación dun mural: participación da familia. Anexo (7) 1. Tódolos nenos e nenas pegan as súas mans e as dos seus familiares que previamente enchen de valores a favor da paz. Traballamos O CONSELLO DE FACUNDO (obra de teatro) Anexo (8)

ACTIVIDADE 6

FESTEXAMOS O ENTROIDO OBXECTIVOS -

Coñecer a historia dos compadres e comadres en Galicia.

-

Reflexionar sobre a elección dos disfraces.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Coñecemos a historia dos compadres e comadres en Galicia. Facendo uso da rede buscan información sobre o significado do día de comadres e compadres. Realizamos os compadres e comadres e levamos a cabo a batalla de xéneros o xoves correspondente. Anexo(9) Elaboramos disfraces baixo a temática “os xogos olímpicos” Anexo(10) o Analizamos os distintos deportes olímpicos desde unha perspectiva de xénero remitíndonos a historia. o Fixemos selección para os distintos grupos. o Planificamos o material, as cores e quenes serían os responsables da súa confección.


o Involucramos as familias e recollemos datos de quenes realmente se responsabilizaban da elaboración do pedido. Invitamos aos nenos e as nenas a que veñan disfrazados/as con temática libre un dos días do entroido. Recollemos a diferencia na elección dependendo se é un neno ou una nena. Traballamos o porque das diferenzas. Anexo (11) Xogo de selección de disfraces nun baúl de roupa misturada por parte dos de infantil e dos de primaria. Anexo (12) o Observación, rexistro das conductas. o Análise da elección.

ACTIVIDAD 7

SOMOS IGUAIS PARECEMOS DISTINTOS. OBXECTIVOS -

Describir verbalmente como somos. Describir a forma como nos vestimos, o que nos gusta. Reflexionar sobre os cambios que se producen cando nos disfrazamos.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Pedimoslles aos alumnos e alumnas que observen a súa imaxe nun espello de corpo enteiro. Teñen que dicirnos como son: altura, cor dos ollos e pelo,… Despois teñen que describir a un compañeiro e que expresar as diferencias que haxa respecto a eles. Invitámolos a que se disfracen libremente. Despois que se intercambien os disfraces. Fanno por parellas de neno-nena. Se algún se resiste pedímoslle que se explique. O resto de compañeiros tamén poden dar a súa opinión. Debatimos o experimentado. Conversamos sobre a función da roupa e como nos vestimos cada día. As mestras incidiremos en que a roupa non define o que somos senón que nos da una apariencia externa.

ACTIVIDADE 8

DÍA DA MULLER OBXECTIVOS -

Analizar os distintos traballos que realizan homes e mulleres dentro e fóra da casa.

-

Valorar a igualdade da realización dun traballo sexa afeito por un home ou por unha muller.


DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Analizamos en cada familia que traballos leva a cabo a muller na casa e cales o home. o Recollemos datos orais. o Fixemos gravacións dos relatos. Traballamos as profesións: analizamos varias profesións e vimos a quen llelas adxudicaban. Manipulamos noticias reais e creamos as propias onde traballos “propios” de homes son levados a cabo por mulleres. Fixemos unha mesa redonda onde se discutiron os pros e os contras de que certos traballos foran levados a práctica por homes ou por mullleres. Achegámonos o día a día dunha muller Xuez e dunha inxenieira a través da lectura. Testimonio dunha muller condutora de autobús.

ACTIVIDADE 9

TRABALLAMOS COAS CORES OBXECTIVO -

Analizar as diferentes cores e traballar o significado que se lle da a cada un deles e a súa relación cos distintos sexos.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Lectura e comentario dunha noticia do xornal onde se fala das distintas cores e o significado que se lle asocia a cada unha delas. Anexo (13) alumnado selecciona dunha cesta as cores para pintar diferentes debuxos. Razonan o porque.

ACTIVIDADE 10

COCIÑAMOS UN BIZCOITO OBXECTIVO -

Compartir momentos de elaboración do propio bizcoito de cumpreanos e valorar a importancia da colaboración para a preparación da festa e o disfrute da mesma.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Celebramos os cumpreanos e todo o alumnado participan nas tarefas de colocación, ambientación, cociña, recollida e limpeza da aula. Anexo (14)

ACTIVIDADE 11


HOXE LIMPO EU OBXECTIVO -

Participar de maneira natural nas tarefas para manter a aula en estado de armonía onde todos poidamos convivir.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Recollen e limpan o material e o espazo de traballo axudándose mutuamente. Anexo (15)

ACTIVIDADE 12

¿A QUE XOGO? OBXECTIVO -

Coñecer e analizar a que xogan nos distintos curso e etapas e reflexionar conxuntamente o porque da elección.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Rexistramos cal é o recuncho favorito nos distintos cursos a través da observación e do diálogo.

ACTIVIDADE 13

XOGUEMOS AS CORES OBXECTIVOS -

Entender que é un esteriotipo. Descubrir como estamos cheos de esteriotipos asumidos como algo normal e xeneralizado.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Facemos unha chuvia de ideas sobre que lles suxire a palabra “esteriotipo”. A mestra dicta unas palabras e manda completar individualmente unha cualidade positiva: o Muller o Home o Neno


o Nema o Xitanas o Político o Actriz o Africano Pomos en común os resultados e debatimos con argumentos o escrito. Damos unha lista de nomes cuxas cualidades son cores. Pedimos que os lean e coloquen ao lado un signo (+positivo, - negativo, 0 neutro) Comprobamos que signo adxudicaron ás diferentes cores e porque. Poñen en común as conclusións que saquen.

ACTIVIDADE 14

ESTE CONTO ACABOUSE OBXECTIVOS -

Recoñecer os esteriotipos dos contos. Cuestionar os roles que se adxudican aos personaxes femeninos e masculinos. Reflexionar sobre as consecuencias nos nenos e nenas dos esteriotipos.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Esta actividade lévase a cabo en tres sesión. 1ª sesión Len en voz baixa o conto de Carapuchiña. Realizan un listado dos personaxes do conto e lle poñen un adjectivo que os indentifique. 2ª sesión ¿E se o mundo fora ao revés? Leeremos o conto invirtindo o sexo dos personaxes. De novo elaboran unha lista dos personaxes e lees adxudican un adjectivo. 3ª sesión Tempo de exposición Anotarase na pizarra os adjectivos que os nenos e nenas atribuiron a: o Carapuchiña, o lobo, a mamá, a avoa e o cazador. o Carapuchiño, a loba, o papá, o avó e a cazadora. o Faise unha comparación de adxectivos.

ACTIVIDADE 15

¿XOGAMOS A XOGOS DE PERSONAS?


OBXECTIVOS -

Comprender que nenos e nenas teñen os mesmos dereitos e comprender que non hai nada que non poidan facer por ser nena ou neno.

-

Disfrutar buscando xogos que inclúan a participación de nenos e nenas.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE Repártense tarxetas de figuras humanas a toda a clase. As das nenas levan un texto que diga: “son unha niña e podo…” As dos nenos levarán un texto que diga: “ son un neno e podo…” A profesora irá dicindo verbos e os participantes levantarán a man cuando crean que poden realizar esa acción. Se ao dicir algún dos verbos algún neno ou nena non levanta a man lle preguntaremos porque cree que non pode facelo e axudarémolos a concluir que todos podemos levar a cabo a acción. Preguntaremos a nenos e nenas se podemos facer as mesmas cousas e conversaremos sobre elo.

TEMPORALIZACIÓN O proxecto levouse a cabo desde o mes de outubro ata maio. A cronoloxía da realización das actividades foi a seguinte. CUESTIONARIO A PAIS

Ao longo do mes de decembro.

CARTA A PAPÁ NOEL

Primeira semana do mes de decembro.

ANALISE DOS XOGUETES E CREACIÓN DUN FOLLETO

Segunda e terceira semana do mes de decembro.

HISTORIA DO XOGUETE

Última quincena do mes de xaneiro.

TODOS E TODAS PROMOVENDO A PAZ

Última semana do mes de xaneiro.

FESTEXAMOS O ENTROIDO

Mes de febreiro.

SOMOS IGUAIS PARECEMOS DISTINTOS.

Mes de febreiro

DÍA DA MULLER

Primeira semana de marzo.

TRABALLAMOS COAS CORES

Segunda quincena do mes de marzo.

COCIÑAMOS UN BIZCOITO

Ao longo de todo o ano, cada vez que o alumnado cumpría anos.


HOXE LIMPO EU

Ao longo de todo o ano.

¿A QUE XOGO?

Mes de marzo.

XOGUEMOS AS CORES

Segunda semana do mes de abril.

ESTE CONTO REMATOU

Última semana de abril.

¿XOGAMOS A XOGOS DE PERSONAS?

Ao longo do mes de maio.

METODOLOXÍA A metodoloxía pretendemos que fora activa, participativa e coopertativa. Fixemos o traballo de campo, recollemos datos, analizamos resultados, plasmámolos en diferentes soportes e os expuxemos a outros grupos empregando diferentes técnicas e diferentes recursos. En varias actividades fixemos chegar ás familias o resultado obtido. O traballo levarémolo a cabo de forma individual, en parellas, en pequeño grupo e en gran grupo. Varias das actividades traballadas foron compartidas entre nenos de idades similares pero outras inclúen a totalidade dos nenos que están a participar no proxecto. Traballouse de maneira interdisciplinar con materias do currículo como plástica , matemáticas, lingua castelá e galega e atención educativa. En infantil tódalas actividades levadas a cabo foron traballadas dentro do proxecto de aula do momento.

RECURSOS Recursos humanos: profesores, nenos e nenas, familia, persoas axenas ao alumnado que nos aportaron as súas vivencias . Recursos materiais: papel, bolígrafo, lápiz, ordenador, conexión a internet, cámara de fotos, disfraces, contos, pinturas, biblioteca, aula de informática, tarjetas, periódico, revistas, catálogos de juguetes, fariña, ovos, cociña, recipiente de cociña, culler, pratos, escoba, recolledor, panos, obra de teatro, pliego de papel para mural, témperas, bolsas para disfraces, teas, tixeiras, fios, agullas, pegamento, botellas de plástico, cola, xoguetes.

AVALIACIÓN Utilizamos o cuestionario aos pais e a carta a papá Noel para ver de que situación partimos. Durante o proxecto (investigación, búsqueda, traballo compartido,...) avaliamos a través dunha observación sistemática , rexistro dos datos observados e compartir de experiencias e


vivencias. Ao rematar unha actividade fixemos sempre unha avaliación analóxica na que o propio alumnado fixo unha autoevaluación. As imáxenes que escolleron para dita avaliación, eran explicadas con carácter positivo e de satisfacción. Cando chegamos ao final analizamos: ¿Que aprendemos?, ¿Con que dificultades nos atopamos?, ¿Como traballei?, ¿Que cambiou en min?, ¿Como me sentín ao longo do proxecto?, interese amosado, implicación no grupo, implicación das familias. Os instrumentos empregados para a avaliación foron: autorrexistros, diarios de clase, debate, postas en común, elaboración dun libro de proxecto no que recollemos o máis relevante. As mestras analizamos se os obxectivos se cumpliron e compartimos a experiencia do traballo, analizando os aspectos a mellorar. Pensamos que a maioría dos obxectivos se cumpliron. A experiencia de traballo foi positiva debido a boa comunicación e o apoio por parte dos componentes do grupo. Cada unha das actividades foi valorada polos participantes. O grado de satisfacción co traballo foi positivo tanto por parte do alumnado como do profesorado implicado. Coa avaliación de proceso descubrimos a vivencia da realidade dos/as nosos/as alumnos e alumnas, das familias e as nosas propias. Este proxecto invitounos a autorreflexión, ao compartir entre persoas do mesmo grupo e persoas de grupos diferentes. Fomentou a convivencia e o coñecemento entre o alumnado e o profesorado. Aprendemos que o sexo non e o mesmo que o xénero. O xénero está marcado por un entorno social e que o consumo moitas veces está dirixido dende unha perspectiva de xénero errada. O consumo está influenciado polo tempo, polo lugar, polas modas e a maioría das veces polos esteriotipos. Ainda que a avaliación é positiva atopámonos con varias dificultades: Sentimos abandono e pérdida de motivación para o desenvolvento do proxecto durante varias sesión por unha falta dun seguimento máis activo e personalizado. A pesar de ter unas indicacións aparentemente claras, as dúbidas foron varias, resolvéndoas cun espírito de traballo cooperativo e optimista baseado no compromiso de levar a cabo o plan. Problemas relacionados coa autonomía na búsqueda de información relacionado coa idade dos máis pequenos. Relacionar dunha maneira máis explícita o consumo e o xénero en tódalas actividades feitas. O proxecto foi valorado moi positivamente por todos os membros da comunidade educativa.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.