Entrevista a Xosé Neira Vilas

Page 1

Proxecto Comunicar

C.P.I. de Vedra 2012-13

Departamento de Lingua Española e Literatura

“Emigrei para seguir estudando” O escritor Xosé Neira Vilas emigrou a Arxentina MANUEL MILLÁN FERRO Lestedo Xosé Neira Vilas fixo vida e obra entre dous mares. Como tantos galegos e galegas, emigrou a América, alí encontrou á súa compañeira Anisia Miranda, coa que escribiu, traballou nunha revolución, formouse e realizou unha grande tarefa cultural e humana. Despois de 42 anos entre Buenos Aires e La Habana, volveu a Gres, a súa aldea galega e creou a "Fundación Xosé Neira Vilas" na que nos recibe. Visitalo é aprender miles de cousas que non caben nunha entrevista, saber dos seus estudos, das súas creacións, da súa admiración pola educación cubana. Nós escoitamos e sentímonos ricos, quizás este é outro xeito de facer as Américas. Pregunta: Como lle naceu a idea de viaxar a Arxentina? Resposta: Foi en 1949, despois da Segunda Guerra Mundial. Aquí non había traballo e emigraba moitísima xente, a países onde había posibilidades, como Arxentina, que exportaba á Europa destruída. Emigrei alí coma tantos miles e miles de galegos, pero cun matiz distinto, porque eu, desde os 16 anos, e grazas a un curso de comercio e contabilidade por correspondencia, xa tiña un traballo na oficina dun serradoiro e un salario maior que o que gañaba un mestre daquela, con 16 anos, pero eu quería seguir estudando e na aldea non podía.

Entrevista a Xosé Neira Vilas na súa Fundación en Gres / Foto I.R.A.

P: E foi para Buenos Aires... R: Eu quería estudar sobre todo, non me importaba ter un salario maior ou menor, quería superarme. Busquei traballo en Santiago, en Ourense e ata en Madrid, porque os meus país non podían pagarme estudos e eu tiña que compaxinar vida laboral con educación. Aquí non atopei a posibilidade, e embarquei para Buenos Aires. Xa me collía o servizo militar e non me renovaban o pasaporte, así que xuntei co meu pai todo o que puiden e viaxei en primeira clase. Tiven que ir en tren ata Cádiz e alí coller o buque Cabo de Buena Esperanza. Viaxei cos ricos ata Buenos Aires, aínda que cando tiven oportuni-

dade fun a terceira a visitar aos que de verdade eran da miña clase. O outro día fun a presentar a exposición Querido Balbino ao Val do Dubra, e alí me atopei con un daqueles rapaces que viaxaban en terceira, agora da miña idade e lembramos xuntos a nosa ida. El era un campesiño. P: Que fixo ao chegar a Buenos Aires? R: Continuei os meus estudos de técnicas comerciais e administrativas, logo estudei acordeón no conservatorio e máis tarde fixen a carreira de xornalismo. Alí coñecín á miña compañeira Anisia, cubana, filla de galegos, que acababa de chegar á Arxentina. Con ela ca-


Proxecto Comunicar

C.P.I. de Vedra 2012-13

Departamento de Lingua Española e Literatura

saría tres anos despois. Por aquí teño un retrato (móstrao) no que se ve bailando comigo, vese un trisco nada máis, un anaquiño dela. Morreu hai tres anos. P: Representan os personaxes emigrantes das súas obras historias que vostede coñeceu en Buenos Aires? R: En parte si. En Historias de emigrantes hai contos que están baseados en personaxes reais, outros son imaxinarios pero posibles, ademais do traballo de ficción de Tempo novo, Camiño bretemoso, Remuíño de sombras e outras moitas, en Cuba adiqueime a investigar sobre a presenza dos galegos na illa. Publiquei libros de información sobre esa inmigración, porque había moito que falar deles. Escribín sobre Castelao en Cuba, sobre Rosalía, sobre os galegos que loitaron pola independencia,entrevistei a galegos… Tamén publiquei o libro Galegos no Golfo de México, é dicir que non so tratei o tema en libros de ficción, senón tamén nos de información. En Historias de emigrantes quería dar fe, porque a maior parte dos emigrantes non escribía, por iso tiña un deber con Galicia de dar a coñecer todo aquilo. P: En Arxentina, fixo de todo. R: Si, mesmo andei vendendo madeira a comisión a iugoslavos, a galegos, a italianos… nunha cidade inmensa que non coñecía, despois, como quería estudar, traballei na oficina dunha casa importadora de madeira, de donos galegos. Ao mesmo tempo estudaba e, tanto na Arxentina como en Cuba, sempre quixen ter un traballo que me aportase o mínimo para a miña subsistencia e a miña familia. O resto do tempo quería estudar, escribir... P: Que foi o máis importante

que lle aportou Buenos Aires? R: Alí descubrín Galicia. Aos poucos meses de chegar fun á biblioteca do Centro Galego, cando me fixen socio do Centro para ter asistencia sanitaria, e naquela biblioteca coñecín rapaces e rapazas fillos de galegos e tamén a Luís Seone, a Lourenzo Varela, a Ramón Valenzuela, a Rafael Dieste, a Blanco Amor... figuras importantísimas que foron os meus mestres, compañeiros e amigos. Descubrín alí a historia de Galicia, e a súa significación no mundo, a importancia do noso idioma. Antes eu falaba galego, que era o que aprendera dos meus pais, pero sen saber nada, do país, porque vivía nunha aldea, nun escenario franquista que uniformaba todo. Convertinme nun apaixonado activista da cultura galega. Xa non puiden renunciar máis a divulgar Galicia, e escribín nos periódicos galegos de Buenos Aires, nas revistas e, dez anos despois, publiquei o primeiro libro: Versos Desde Lonxe e despois Memorias Dun Neno Labrego, que tanto éxito acadou. P: O ambiente cultural permitía facer todo iso? R: Xunto con aqueles mozos e mozas que ían pola Biblioteca do Centro Galego, creamos as Mocidades Galeguistas o 28 de agosto de 1953, algo así como a xuventude do Partido Galeguista no exilio, pero ideoloxicamente máis adiante. Unha vez Suárez Picallo dixo: “Vós tedes unha posición moi radical. Nós, os maiores, non somos así, pero se aos vinte anos un non vai máis alá, cando vai ir?” Fixemos moitas cousas: cursos de idiomas, baile… e tamén actos recreativos. Un amigo meu tiña unha casa a corenta quilómetros de Buenos Aires e un día pedinlla prestada para fa-

cer alí un baile de xuventude. Fomos para alá nun autobús cantando cancións galegas e connosco viaxaba un militar que nos recriminou dicindo: “No, no, no! Están en un medio público, no pueden cantar aquí, y menos en otro idioma”, pero nós seguimos cantando, co apoio de unha señora arxentina que dicía: “dejelos , que cantan muy lindo”, pero cando chegamos diante da comisaria o militar fixo parar o autobús, e meteunos a todos na comisaria. Éramos coma corenta e o comisario non sabia que facer con nós. Anotaron os nosos nomes e cando nos preguntaron pola nacionalidade dixemos: “gallega”, xunto cos viaxeiros arxentinos que tamén se declararon galegos. O comisario decidiu que mentres estivésemos no territorio da provincia de Buenos Aires fósemos calados, pero que cando cruzásemos a Avenida General fixésemos o que nos parecese, e (risos) entón cantamos máis forte, para gran enfado do militar. Nas Mocidades tamén creamos o periódico Adiante e con vascos e cataláns resucitamos Galeusca. Organizamos o Primeiro Congreso da Emigración Galega, no centenario do Banquete de Conxo, xa que Castelao deixara dito que había que celebralo. P: Como foi a súa vida con Anisia en Buenos Aires? R: Casamos en febreiro do ano 57 e cinco meses despois creamos Follas Novas, unha organización de librería, que vendía libros na nosa casa. Reuníamos os libros galegos que se publicaban, representábamos a Galaxia,a Bibliófilos Gallegos, a Ruedo Ibérico de París.... E alí reuníamos todo e facíamos un catálogo global por xéneros que enviábamos a todos os exiliaAmérica,


Proxecto Comunicar

C.P.I. de Vedra 2012-13

Departamento de Lingua Española e Literatura

Os alumnos e as alumnas do Proxecto Curricular de 4º da E.S.O. do C.P.I. de Vedra con Xosé Neira Vilas / FOTOS I.R.A.

dos de América, a todos os centros galegos de Canadá ata Chile. Transformábamos as ganancias de cada mes en libros, que doábamos á Biblioteca Nacional. P: E foron para Cuba ¿Colaborou coa cultura cubana? R; Claro que si, e coa cultura galega en Cuba, e traballei co Che que era un home extraordinario, era un brillante analista

político. Era moi novo cando o mataron en Bolivia,con trinta e nove anos. O Che era un home de unha gran puntualidade, de unha gran modestia, unha elevada cultura. Xunto a el teño esperado moitas tardes a merenda nunha cola que el gardaba como todos. Teño feito traballos voluntarios con el, cortando cana a machete os domingos.

P: ¿Cando volveron vostede e Anisia a Galicia? R: Viñemos no 72 e estivemos vinte anos volvendo ata que nos establecemos aquí. Anisia coñeceu a terra dos seus pais, pero ela era moi cubana e sempre tiña saudades da súa terra, aínda que alí as tiña de Galicia. Iso acontece. Aquí vivimos, ata que ela faleceu hai tres anos. Aquí continúo, en Gres.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.