Revista 2016 17

Page 1


AS FORMIGAS




Os alumnos de 1º B quixemos este ano afondar no mundo dos cómics e creamos unha enorme viñeta onde fixemos aos personaxes coas nosas mans.





Na aula de 4 anos B traballamos no dĂ­a das letras galegas a vida de Carlos Casares.




Este ano, os nenos-as de 3º curso de E.P. quixemos rendir unha homenaxe a Carlos Casares, escenificando tres contiños da súa obra: “A galiña azul”, libro que limos e traballamos ao longo do curso. Á par, salientamos valores tan importantes coma a verdade, o esforzo e a solidaridade, un por cada acto da representación.

Primeiro acto: VERDADE. Camilo explica ao garda que os nenos-as non tiveron culpa da morte do pez. O peixe da fonte morreu por socorrer a un paxariño sedento.

Segundo acto: ESFORZO. A formiga coxiña non deixa de traballar aínda que nelo vaille a vida.


Terceiro acto: SOLIDARIDADE. Os gardas van apresar á galiña azul por non ser igual cas demáis. Os vecinos solidarízanse con Lorenzo tinguindo as súas galiñas de cor azul, máis Camilo trabúcase e tingue a súa galiña de cor vermello, polo que ten que escapar. E finalmente, a galiña azul sálvase polo de agora.

A mensaxe que quere transmitir Carlos Casares nesta obra vai dirixida aos nenos-as galegos, para que ao longo da súa vida, aínda que o seu destino os leve lonxe da súa Galicia natal, contribúan a manter a cultura, a lingua e as costumes desta terra na que se escoitan palabras tan fermosas coma: LEDICIA, FEITIZO, SAUDADE, AFOUTEZA, BICO, AGARIMO…


Unha visita ao teatro Curso 2016 - 2017

5º A

O Porriño O día mércores 4 de abril os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º curso do colexio Xosé Fernández López, acudiron a unha obra de teatro na localidade de Ponteareas, chamada “ SOPA DE SAPO ”. Á obra está protagonizada por tres bruxas e un príncipe chamado Reinaldo. Os nenos e nenas saíron do colexio ás nove e cuarto da mañá, e chegaron alí sobre as dez en punto. Á obra durou uns cincuenta minutos. Á obra Sopa de sapo trataba sobre tres bruxas malvadas, que tiñan que facer unha sopa de sapo cada vez que había lúa chea porque se non perderían os seus poderes. Pero tiñan un problemiña, non

atopaban un sapo, porque tiña que ser unha femia. Cando á nena se quedou soa, de súpeto, apareceu o príncipe Reinaldo. As bruxas botáronlle varios feitizos, ata que ao final as bruxas perderon os seus poderes e deixaron de ser malvadas. Despois da obra estiveron merendando nun parque que se atopaba enriba do teatro. Logo volveron ao colexio e chegaron ás doce e vinte minutos.


DAILY COTILLEO O COTILLEO PREFERIDO DOS DE PORRIÑO

- Since 1802

VISITA DO GRAN AVELINO CREATALES

Fixemos contos por parellas, historias O pasado venres 17 de marzo, inventadas por nós, onde tivemos a sorte de recibir no tiveron cabida super CEIP Xosé Fernández López ao heroes, raíñas, gran Avelino, o rei do princesas...e un sinfín de CreaTales. Un crack que veu personaxes cos que ensinarnos como argallar nos desenvolver a nosa ipads para crear os nosos iniciativa e imaxinación. propios contos con imaxes, Despois expuxemos a audio, efectos... Unha nosa obra. actividade cargada de boas Esperamos poder ter a experiencias onde tivemos a sorte de recibir unha nova oportunidade de desenvolver a visita de Ave e os seus nosa creatividade sen ningún IPAD`s cargados de tipo de límite. Unha maxia. experiencia moi divertida. GRACIÑAS AVE


A HORTA DE INFANTIL Este curso, os/as alumnos/as de Educaciรณn Infantil, aproveitando que estรกbamos a traballar o proxecto da granxa, decidimos recuperar a antiga horta do colexio, coa axuda das nosas mestras e do conxerse, que foi o encargado de preparar e abonar o eido. Cada neno/a trouxo unha semente e plantouna. Os nenos e nenas de 5 anos A e B eliximos plantar leitugas. Mirade cal foi o resultado.

REGANDO

MEDRANDO

PLANTANDO


RECOLLIDA DAS LEITUGAS






Os alumnos do C.E.I.P. Xosé Fernández López, participaron nunha actividade proposta polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, relacionada coa elaboración dun conto de temática libre en galego. Escolléronse os seguintes relatos, tendo en conta a creatividade, a orixinalidade, a presentación e a limpeza:

5 ANOS A -EDUCACIÓN INFANTIL-

2ºA -EDUCACIÓN PRIMARIA-

ESTELA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

ÓSCAR PÉREZ CARRERA

3ºB -EDUCACIÓN PRIMARIA-

6ºA -EDUCACIÓN PRIMARIA-

IRENE GAYOSO RODRÍGUEZ

ARIATNA FONTÁN CRUZ




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.