O LIÑO E A MÚSICA

Page 1

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE A MÚSICA TRADICIONAL E AS ACTIVIDADES RELACIOANADAS COA TERRA E CO MAR, ASI COMO ROMARÍAS E FEIRAS . MÚSICA 6º PRIMARIA (podedes ver

este video antes e despois de ler o texto)

O LIÑO

O liño é unha planta da familia das lináceas. En Galicia hai varias especies de liño, así o liño cultivado chámaselle liño manso ou galego. É unha planta anual, e dicir que se cultiva unha vez no ano. Pode alcanzar dende 30 cms ata un metro. As cores das súas flores son dun azul vivo e o seu froito é globuloso. Esta planta é coñecida dende fai miles de anos por diversas culturas, como a exipcia , pero é a partires da Idade Media cando aparecen os primeiros datos sobre a importancia do liño en Galicia.A época de máis importancia e onde se cultivou máis liño foi entre o século XVIII e o XIX. Hai un longo proceso dende que se planta o liño ata que se confecciona o tecido. O ciclo de producción do liño escomenza co: 1-Sementado: espallábanse sementes de liñaza( semente do liño) pola terra abonada tendo coidado que non crecera nela malas herbas. Ó proceso de sacar as malas herbas chámaselle “mondar”. 2-Arrincado ou ripado: Sucede a finais de Xullo ou principios de Agosto. Cando o liño empeza a poñerse amárelo, é o momento de arrincalo coa raíz. Faise coa man tendo coidado de non perder a raíz.


Despois de arrincalo lévase para a casa a “ripalo”, é dicir, a separala semente da planta facendo pasar o liño por entre os dentes dun aparello chamado “ripo”. A semente que se lle quita ponse a secar ao sol uns días para poder sacarlle a liñaza, que se garda para volver a sementar ou para facer aceites moi bo para as queimaduras. 3-Empozado:Para que o liño abrande hai que mergullalo na auga do río no cal se facían pequenoas pozas onde se deixaban entre oito e nove días. 4-Secado: Despois de lavalo exténdese polo campo, onde lle da o sol permanentemente, dándolle voltas de cando en vez. Cando xa está seco fanse “mollos” ou “feixe”. 5-Mazado: Para poder mazar o liño, ten que estar ben quente, por iso se extenden os mollos nun campo soleado. Despois lévase o “mazadoiro” onde se bate cun mazo, que é unha peza de madeira rectangular grosa.Era nesta tarefa cando a xente aproveitaba para estar en grupo sentarse e falar ou cantar. Pódese dicir que era o lugar da tertulia. Se algún remataba axiña axudaba aos demais sen ningún tipo de interés. 6-Espadelado: Faciáse para conseguir que o liño cada vez fose máis fino. Para iso había que quitarle os “tascos”. Isto conseguíase batendo o liño contra o “espadeleiro” que é unha peza de madeira . 7-Restrelado:O “restrelo” é un utensilio en forma de banco e nos seus extremos ten uns pinchos curtos e moi xuntos por onde paso o liño. Pasando a fibra polos seus dentes sacamos tres fíos onde o liño é a mais fino. 8-Fiado: Fiar é enroscar o fío nunha especie de vara que se chama “roca”. Soe ser de abeleira (árbore que da abelás) Tamén necesitamos o “fuso” que é unha peza de madeira semellante a unha buxaina. Para fiar colocamos a roca na cintura. Suxeitamos o fuso cunha das dús mans, suxetirando coa outra man do


liño.(semella a como se fan as nubes de algodón nas festas do pobo).Cando o fuso está cheo quítase o fío pola parte estreita e así queda feita unha “mazaroca”. O fiado facíase durante as longas tardes do inverno. A xente xuntábase nas casas, polo serán, e alí a xente falaba, contaban chistes, rumores, historias e tamén se cantaba. Tan importantes eran estas reunión que tiñan nome propio “os fiadeiros” e foron moi importantes en toda Galicia como transmisores da literatura popular de forma oral. Despois de fiar o liño , facíanse madeixas (ovillos) nun aparello chamado “sarillo” que ten catro aspas de madeira que xiraban. 9-Clareo: Colocábanse as madeixas nun recipiente con auga e cinza de madeira de carballo e fervíase durante varias horas. Despois poñíanse o sol durante tres ou catro días (clarear). Cando a cor castaña se volvía branca xa a tiñamos lista para tecer. No caso de que quiseramos o liño doutras cores , tíñase que tinxir. Esta tarefa podíase facer na casa pero o máis usual era mandalo a Astorga (León). 10-Tecido: O último proceso é o de poner o liño nun aparello semellante o “sarillo” pero en horizontal, para facer os novelos(ovillos) e levar a otear para transformalos en teas.

USOS E UTILIDADES DO LIÑO O liño xunto a lá eran os principais elementos cos que se confeccionaba a roupa tanto para uso persoal como para a casa. Do liño aproveitábase todo: Co liño máis groso (o primeiro que se sacaba no rastrelado) facíanse sabas e panos de cociña. Co segundo, sabas, calzóns, camisolas. E co liño máis fino tecíanse sabas, toallas, manteis etc. Coa mestura de diferentes liños facíanse colchas e alfombras. Hoxe en día algunas partes do traxe tradicional confeciónase con liño como son as camisas dos homes ou os calzóns. Tamén é utilizada por modistos actuais e en productos de artesanía.


FONTES DE INFORMACIÓN Fotos e son dos procesos do liño Artesanía de Galicia Galicia espallada

CANCIÓNS Case tódalas tarefas do campo acompañábanse de cancións relacionadas coa actividade que relizaban. Algunhas relacionadas co liño son: FÍA NA ROCA Fía fía fía na roca fía fía e fai mazaroca fía fía e fai mazaroca ai! la lalalala (bis) Fiando fía que fía, fiando na miña roca Fiando fía que fía, fiando fai mazaroca. Agora vouche contar, agora meu queridiño, para que o liño sexa bo, haise que meter no río. Fía, fía, fía na roca, fía, fía e fai mazaroca, fía, fía e fai mazaroca ¡ Ai!, Fía miña roca fía, que eu son boa fiadora. Cada día fío un fío, no mes unha mazaroca. Fía, fía, fía na roca, fía, fía e fai mazaroca, fía, fía e fai mazaroca, ¡Ai!, la, lalalalá TRÓUPELE "Este é o tempo do tróupele, tróupele, este é o tempo de troupelear; este é o tempo de mazar o liño, este é o tempo do liño mazar" ESTROUPELEAR E o ferreiro vai fora e o ferreiro vai fora e a muller tamén, mira Pepe e a muller tamén. Estaba detrás da porta estaba detrás da porta e eu ben sei con quén, mira Pepe e eu ben sei con quén.


Estaba mazando o ferro estaba mazando o ferro non lle saleu bén, mira Pepe non lle saleu bén. Estroupele-estroupelear que ven o tempo do liño mazar. FIANDEIRA NAMORADA FIANDEIRA namorada que fías detralo lume cos ollos postos nas chamas roxiñas brancas i azules. Fiandeiriña que fías nas noites do longo inverno as liñas máis delgadiñas co fío do pensamento. Cai a neve quedo fóra riba dos teitos calada mentres ti fías e soñas nunha cousiña lonxana... -FIANDEIRIÑA delgada sempre metida a fiar sempre a fiar e soñar para logo non ser nada. -Para logo non ser nada eso inda está por ver e pois cas frebas do liño ó torcelas de camiño algo se ha de prender. -Algo se ha de prender i afé que tiñas razón que eu estábache mirando sin deñar que encantenón íbame indo namorado. 1954 Uxío Novoneyra


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.