Revista escolar SAFA Aldán 2016

Page 1


Colexio MO Sagrada Familia

A VIDA NO PAZO

Aldán 2016

PAZO DE OCA.Realizado por Antonio Piñeiro Figueroa

• • •

• • • •

http://genealogiabermudezdecastro.e s/DISCUSIONESGENEALOGICAS/LOS-ALDAOSiglos-XI-XV/ http://pontevedraviva.com/opinion/ 2209/opinion-jose-benito-garcialeyenda-aldao-maldonado/ http://www.xenealoxiasdoortegal.net /ortegal/bermudezcastro.htm https://pantxike.wordpress.com/2013 /08/16/pazo-de-gondar/ https://books.google.es/books?id=xo QLT2z2Q_kC&pg=PA123&lpg=PA123 &dq=linaje+de+los+aldao&source=bl&ots=mi4JxlHXWE&sig=1kNugsS2vm8FdUwn98aFdY_ 3B6M&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwii15fqmvfMAhUCxRQKHRFXBKIQ6AEISjAH#v=onepag e&q=linaje%20de%20los%20aldao&f=false http://www.xenealoxia.org/linaxes/a-coruna/2-novas/publicaciones/34-las-hidalguias-delmorrazo https://es.wikipedia.org/wiki/Condado_de_Canalejas https://es.wikipedia.org/wiki/Marquesado_de_Figueroa http://apelidosgalicia.org/Aldao-1826

AUTORES Alumnos e alumnas do colexio Sagrada Familia Aldán

Realizado por Alex Pequeño Martínez

48


Colexio MO Sagrada Familia

A VIDA NO PAZO

Aldán 2016

EDITORIAL O proxecto “A Vida no Pazo” ten como obxectivo achegar aos alumnos o coñecemento da historia pasada, que forma parte das nosas tradicións e idosincrasia. Foron os pazos a nosa guía para saber máis da nosa historia e da forma de vida dos nosos antergos.Os pazos son edificacións levantadas nas zonas rurais de Galicia. . A súa orixe está nos castelos da Idade Media, polo que soen ir asociados a unha torre, sendo de vital importancia crucial nos séculos XVII e XVIII. Co tempo foi converténdose na marca social e refuxio da decadencia da clase fidalga galega. Para coñecelos máis profundamente visitamos algúns deles: Pazo de Oca na Estrada, Pazo de Santa Cruz en Bueu, Pazo de A Torre de Aldán e o Pazo da Retirosa en Coiro. Mediante estas visitas os alumnos puideron ver os seus elementos máis representativos, a súa estructura arquitectónica e os seus xardíns. Por cercanía ao estar en Aldán, centramos o noso proxecto en A Torre de Aldán da que imos escribir algunhas reseñas. A súa historia atópase intimamente ligada a lexendaria liñaxe dos Aldao, pois tense constancia de que a mediados do século V, o señor da chamada Casa de Aldana, casou coa filla do derradeiro rei suevo, Aramiro (ou Miro). A liñaxe dos Aldao ramificouse por toda Galicia e por diferentes lugares de España e países como Colombia e Arxentina. A liñaxe dos Aldao foi unha das máis brillantes do Antigo Réxime levando a cabo enlaces que os emparentou cos Bermúdez de Castro, Reyno Mariño,Gayoso Figueroa…….ata os Canalejas, os máis recentes e coñecidos nos alrededores.

1


Colexio MO Sagrada Familia

A VIDA NO PAZO

Aldán 2016

O día 21 de outubro os alumnos de 2º ESO tivemos a sorte de escoitar a Fita,( avoa dun alumno de 3º ESO ) que viviu no pazo Torre de Aldán e amablemente explicounos a súa relación coa familia nobre. A filla herdeira do condado casou cun banqueiro ( Banco de Crédito e Inversiones), motivo polo cal saneou a economía ruinosa da súa familia. A partir de eiquí, a situación familiar mellorou moito e o seu patrimonio aumentou. Este matrimonio tivo 5 fillos, morrendo dous moi xóvenes ( un deles era o primoxénito). Quedan tres: Antonio ( herdeiro do título), José María e Ramón. O marido de Fita, ao morrerlle a súa nai moi xoven, pediu traballo na casa do conde, que estaban a construir un campo de tenis, ( este nunca se rematou). A súa irmá ía tódolos días a levarlle a comida, pero un día tropezou e estragouna. O irmán choraba por elo e nese momento, pasaba don José María e díxolle a ela que non lle trouxera máis comida que comería a partir de aí no pazo. Outro día cando regresaba a casa, xa de noite, asustouse porque lle parecera ver a Santa Compaña; volveu correndo e dende ese día quedou tamén a durmir. Converteuse así nun servo, recibindo comida e roupa pero non un soldo. Este non chegaría ata dous anos antes de casarse. O seu traballo sería, ao principio, encargarse das vacas e os traballos relacionados con elas; pero pouco a pouco converteríase nun fillo para a familia e ata viaxaba moitas veces con ela. Falounos dos tempos difíciles desa época e as poucas saídas que tiñan os rapaces que, ou traballaban no campo ou ían ó mar gañando máis cartos. Os condes tiñan uns vinte servos para facer as diferentes labores da casa. Posuían grandes fincas e tiñan dominio sobre as praias, (pois pagaban por mariscar), e os montes. Tamén había a obriga de traballar días para o conde e si non o facías ías ó calabozo. Este existe todavía nos baixos dunha casa preto da igrexa. Chamounos a atención tamén saber que o castelo do “Bosque encantado” é recente, pois se construiu fai un corenta anos. Fixéronno para, en caso de choiva cando estaban a xogar ó “croquet”, cambiarse. O conde e os seus irmáns morreron sen descendencia e o título pasou a unha prima. A casa pazo herdouna Fuencisla ( filla da muller do conde) , que actualmente reside en Madrid. Para rematar, Fita mostrounos unhas fotos do seu marido traballando coas vacas, da familia do pazo, e unha vista do Aldán antigo. A nós esta charla gustounos moito porque aprendemos cousas moi interesantes que non sabiamos. Na clase de Historia falamos da Europa feudal como se fora moi lonxana pero non o é tanto, tendo nós eiquí en Aldán un fermoso pazo. Dámoslle as grazas a Fita por vir a contarnos algo que está tan cerca, pero á vez tan lonxe.

2


Colexio MO Sagrada Familia

A VIDA NO PAZO

Todo comezou cando subín a aquel autobús con destino ao pazo de Sta Cruz. Alí, Arturo ensinounos o pazo, os escudos, a igrexa, os xardíns… despois merendamos cerca do comedor e volvemos ó colexio. En canto á festa de Entroido, foi moi divertida, trouxemos filloas, chulas… Fixeron unha obra de teatro e bailamos e cantamos. Despois marchamos para o colexio para xantar. María Ola, son Emma. No pazo vimos ríos, mesas… Merendamos, xogamos a moitas cousas e vimos un señor que se chamaba Arturo, que nos ensinou moitas cousas,; por exemplo, a fariña e as cousas que había dentro. Despois merendei un sandwich de queixo e chourizo. Emma Rodríguez O principio de curso fomos ao pazo de Sta Cruz para ver como eran os pazos. Tamén fixemos o entroido no pazo de Aldán e alí bailamos, vimos unha obra dun conde, xantamos, cantamos e xogamos. Estaba moi decorado e pasámolo xenial! Yassir

27

Aldán 2016

Foi unha gran festa: divertida , moi grande… Eu levei comida coa miña avoa e bailei con: Antía, Sabela, Ashli, Eva, Rebeca… Fun vestida de danza galega. Ó principio de curso, antes da festa , fomos de excursión ó pazo de Santa Cruz; había unha virxe negra, que é moi, moi antiga. Ela quería vir a España pero o seu barco queimouse e morreu. Este foi o mellor ano do mundo mundial! Emma Rivas O que máis me gustou da festa do pazo foron os disfraces; por certo, paseino moi ben! Tamén me encantou a comida e a obra de teatro que fixeron os maiores. Xoguei moito cos amigos á pita, ó escondite… En resumo, paseino moi ben. Izan O día do entroido foi o meu preferido porque comemos filloas e fomos disfrazados e bailamos e cantamos. O día da excursión foi moi “guay” porque vimos os escudos e contáronnos que a Virxe era negra porque houbera un incendio no barco onde a estaban levando e por iso é negra. Rebeca


Colexio MO Sagrada Familia

A VIDA NO PAZO

Aldán 2016

UN POUCO DE HISTORIA.- A mediados do século V, o señor da familia da casa de Aldana, casou coa filla do último rei suevo, Aramiro dando lugar a árbore xenealóxica dos Aldao. Segundo Sánchez de la Rocha, os primeiros asentamentos desta estirpe producíronse en San Cibrao de Aldán, preto de Bueu, na península do Morrazo (moi cerca do coto de Bon) pero o solar principal que sobreviviu á época foi o de Gondar en San Andrés de Xeve. As alusións que se fai a esta estirpe comeza con: 1. Arias Pérez de Aldao, señor de Aldao, preto de Pontevedra e foi pai de.(século XI) 2. Pedro Arias de Aldao, foi pai de, 3. Fernando Pérez de Aldao pai de, 4. Pedro Arias de Aldao ou (Maldonado) pai de, 5. Nuño Pérez de Aldao, pai de , 6. Pedro Nuñez de Aldao 7. Arias Pérez de Aldao o que se lle perde a pista en Galicia, pai de, 8. Juan Arias Maldonado, os seus descendentes levantaron en Salamanca a Casa das Cunchas, posible irmán de Pedro Ares de Aldo. Foron os descendentes de Pedro Ares de Aldao os que crean o maiorazgo de Gondar e o señorío de Aldao con todas as súas xurisprudencias xa desde o medievo. Símbolo da época medieval é a primitiva torre, situada no outeiro ante o que se levanta o edificio actual, era de grandes dimensións e os documentos consultados, do século XVIII, fan mención ao grosor das súas paredes e muros, entre os 292 e os 298 centímetros. No alto do outeiro, un sarcófago é vestixio dun tempo que, segundo as autorizadas palabras de Sánchez Cantón e Chamoso Lamas, remóntase ao século II da nosa Era. Conta a lenda que” un barco normando se achegara a esta ría e un dos seus navegantes se casara coa filla do señor da Torre. Á súa morte foi enterrado tal e como marca a tradición vikinga, na parte máis alta orientada cara o mar.” Co avance da Reconquista os monarcas cristiás comezaron a conceder , cada vez con maior frecuencia, a facultade de rexir ou administrar un territorio en “ beneficio ou prestimonio”. Os receptores desas concesións, chamados “tenentes ou condes”, exerceron a función pública de rexilos e administralos asumindo, como representantes da autoridade rexia, todos os dereitos ou rendimentos que dela se obtiveran. Este tipo de concesións tiveron un claro carácter temporal e amovible, polo que podían ser revocadas en calquera momento polo monarca concedente. O SEÑORÍO.- Un deses territorios era o coñecido como Señorío de Aldao, moi próximo a cidade de Pontevedra do que sabemos que xa dende comezos do século XI, exercía como titular Arias Pérez de Aldao. Ao longo do século XII foi cada vez máis acusada a tendencia a perpetuar esas tenencias e moitas acabaron sendo hereditarias.

3


Colexio MO Sagrada Familia

A VIDA NO PAZO

Aldán 2016

Así ocorreu co Señorío de Aldao que continuou en mans desta liñaxe pasando por: Pedro Arias de Aldao, que casou con Ana de Soutomaior, fundou o maiorazgo da casa de Gondar en Santa María de Xeve a favor do seu fillo tamén, Pedro Arias en 1317,”...toda a miña fazenda quede junta...Por ende nombro por heredeiro e señor de toda ela a meu fillo Pedro Ares……”con motivo da súa partida cara Toledo para loitar na guerra ao carón de Alfonso XI. Pedro Arias de Aldao coñecido como “O vello” casou con Inés Álvarez e tiveron como fillo a Pedro Arias de Aldao de Soutomaior (1430-1498?). A partires del xa se pode seguir a liña da liñaxe dos Aldao sen interrrupcións. Foi Mestre de Campo dos Reis Católicos. Serviu aos mesmos nas guerras contra Portugal para defender os seus territorios e na conquista de Granada. Estivo implicado nos conflictos sociais da época xunto co resto dos caudillos medievais da vila de Pontevedra, intervindo na agresión ao mosteiro de Armenteira en 1486. foi señor da Casa e Fortaleza de Gondar, coas súas xurisdiccións de San Andrés de Xeve, Santa María e San Martín de Berducido, da Torre de Aldán e as súas xurisdiccións, e dos cotos de Bon , Vilar, Dorrón e Villacoba entre outros.Tiveron como fillo a , Pedro Arias de Aldao,” O Mozo”, naceu en 1430 e foi mestre de campo dos Reis Católicos que casou con María de Castro. Foron pais de : 1. Nuno Álvarez de Aldao: teniente de xuíz da vila de Cangas en 1457.Casou con Inés Álvarez de Aldao. 2. Pedro Bermúdez de Aldao e CAstro. 3. Luis Bermúdez de Aldao, sucesor da Torre de Aldao, da fortaleza de Gondar, Berducido.Naceu en 1470 e faleceu sobre 1555. 4. Dona Leonor Bermúdez. En 1497 doa ao seu fillo Luis Bermúdez de Aldao de Castro o coto de Aldao con todos os seus vasalos, a casa de Gondar coas súas rentas, o señorío das ferigresías de San Andrés de Xeve, Santa María de Gatomorto, San Martín de Berducido…. es as casas de Pontevedra. Naceu en 1470 e faleceu en 1555. acompañou a Raíña Catalina de Aragón( filla dos Reis Católicos) a Inglaterra cando esta se ía casar con Enrique VIII de Inglaterra.Grazas a ese servizo o Emprerador Carlos V outorgoulle a facultade Real para fundar o maiorazgo de Gondar en 1545: Casou en primeiras nupcias con María Sisso de Ybias e en segundas nupcias con María MAriño de Lobera e entre os seus fillos estaban: 1. Pedro Arias de aldao (1540- 1609) 2. Juan Sisso Bermúdez de Aldao , señor de Gondar e das súas xurisdiccións 3. Luis Bermúdez de Aldao 4. Isabel Álvarez Bermúdez de Aldao O primoxénito Pedro Arias de Aldao falece sen descendencia e os dominios e propiedades pasan a mans dos outros dous irmáns, Isabel Álvarez Bermúdez de Aldao (sra. de Aldao e as súas xurisdicións) e Juan Sisso Bermúdez de Aldao (sr. de Gondar e as súas xurisdiccións). Aquela casou con Gregorio Reyno Mariño e Soutomaior (1589) señor de Silgadas.Herda o seu fillo Pedro Bermúdez de Castro e Reyno , señor de Aldao , herda a Torre de Aldao, Villar Bon, Villacoba, moraña e Silgadas. Casou con Teresa Nuñez de Puga. Herda o seu fillo, Francisco Bermúdez de Castro e Reyno casado con Ana Prado e Gayoso . Herdou o seu fillo Pedro de Castro e Aldao, señor de Aldao, casado con Ana Luísa de Figueroa Castro e Maldonado.

4


Colexio MO Sagrada Familia

A VIDA NO PAZO

Aldán 2016

Parece ser que ata este intre o señorío de Aldao estivo asociado ao de Gondar, en santa María de Xeve, ata o século XVI. Con este casamento sepáranse os dous señoríos. Herda a súa filla, Ana María Aldao e Castro Maldonado señora d Aldao que casou con josé Francisco Gayoso e Figueroa, señor de Andabao. Herdou o seu fillo, Pedro Antonio de Gayoso Aldao Castro e Reyno, señor da casa de Aldao. Casou con María Bernarda Beloso e Novoa e Pazos. Foi alcalde de Pontevedra en 1705 e Alcalde Maior en 1718. Os seus descendentes deixaron de usar o apelido Bermúdez de Castro. tiveron como fillo e herdeiro a, Capitán de Milicias José Mariano Aldao e Gayoso (1710), casou con María Teresa Araújo e Mariño Lobeira .Tiveron como filla a, María Joaquina Aldao e Gayoso (1736) que casou en 1755 con Pedro Miranda Trelles Omaña, III marqués de Santa María del Villar e IV conde de San Román. Poderemos comprobar que a partires deste momento o apelido Aldao perde o seu uso, seguramente debido a que se levan a cabo casamentos con nobles de maior importancia,económico e social. De entre os sete fillos será Joaquín de Miranda y Gayoso ,IV Marqués de Santa María del Villar e V Conde de San Román, e nacido en Pontevedra en 1756, o seu herdeiro, pertencendo a unha das familias máis importantes desta cidade. Viviu xunto cos seus irmáns e pais nun pazo urbano construído polos seus avós maternos que ía dende a praza do teucro ata os soportais. Casou con María Pilar Sebastián y Raón, casamento que tivo que esperar á morte dos seus pais para poder realizarse xa que a dona era unha dama de boa liñaxe, irmá dun amigo de infantería, pero non pertencía a nobreza. Dese casamento nace a súa filla, Luisa de Miranda y Sebastián, V marquesa de Santa María del Villar e VI condesa de San Román. Casou con Francisco Javier de Losada y Pardo de Figueroa, VII marqués de la Atalaya, VIII marqués de Figueroa, XI conde de Maceda, IX vizconde de Fefiñanes, Grande de España.Mariscal de Campo, loitou contra os exércitos napoleónicos. Sucedeulle o seu primoxénito, José de Losada e Miranda, con todos os seus títulos e dominios. Falece solteiro de herda todos os títulos nobiliarios a súa irmá, María del Carmen Losada e Miranda que casa con Diego de Quiroga e Prieto. Tiveron como filla a María del carmen de Quiroga e Losada que se casará cun noble da familia dos Canalejas título nobliliario creado por Carlos II en 1675.

María Joaquina Aldao e Gayoso

5


Colexio MO Sagrada Familia

A VIDA NO PAZO

Aldán 2016

CHEGADA DOS CONDES DE CANALEJA .- María del Carmen de Quiroga y Losada (1829- 1907). casou con Ramón de Armada e Fernández de Heredia, XII conde de Canalejas. Tiveron catro fillos e foi a súa filla, María del Carmen de Armada e Quiroga, XIII condesa de Canalejas (1895-1955) a que herda entre títulos e propiedades as dúas Torres de Aldán.Casou con Julián Pérez esteso e tiveron cinco fillos. 1. Julián Pérez de Armada 2. Antonio Pérez de Armada (1921- 1989)) 3. José María Pérez de Armada 4. Mª Carmen Pérez de Armada 5. Ramón Pérez de Armada.(1930- 1999). Foi o primoxénito que herdou A torre de Aldán e o Pazo de Vistalegre, pero falece sen Os cinco fillos do conde diante da súa nai (de negro) e familiares descendencia herdando as propiedades e título o seu irmán Antonio. 198 Antonio Pérez de Armada naceu en 1924 e faleceu en 1989.Foi XIV conde de Canalejas. Casou sou dúas veces . Á súa morte sucedeulle por Real Carta en 1991 o seu irmán Ramón Pérez de Armada XV conde de Canalejas. Ramón Pérez de Armada , solteiro, morre sen descendencia directa de sangue, quedando extinguida . Nas súas últimas disposicións, legou o pazo de Vistalegre ao seu pariente Ramón Gil González de Careaga XV conde de Canalejas e trala súa morte a súa viúva, María del Mar Beristaín Díez, que faleceu en Aldán en 2009.Morreron sen descendencia. O título nobiliario recaiu en 1999 na súa sobriña segunda, filla de José Bela e Armada, Ar Paloma Bela e Rodríguez de Zabaleta, XVI actual condesa de Canalejas. Na actualidade o pazo de A Torre é propiedade de Fuencisla Pérez y Antonio Pérez de Armada e a súa Roca de Togores, filla da segunda esposa de Antonio Pérez de dona Dona Fuencisla Pérez y Roca Armada de Togores Esteso e Quiroga de Losada, Dona Fuencisla Roca de Togores falecida en 2014 en Aldán.

6


. Colexio MO Sagrada Familia

A VIDA NO PAZO

Aldรกn 2016

Os alumnos e alumnas de Infantil participaron na decoraciรณn do cole coa composiciรณn dunha lareira. Para elo elaboraron un collage utilizando papel de periรณdico, area e pintura de dedos.

7


Colexio MO Sagrada Familia

A VIDA NO PAZO

Os alumnos máis pequenos tamén confeccionaron un mural con debuxos relacionados coa época dos pazos: • animais como o porco, a galiña, a vaca, o coello, a ovella; • comestibles como a pataca, o pemento, o millo; • utensilios como o trípode, o pote, os cubertos, o fol…

Aldán 2016


Colexio MO Sagrada Familia

A VIDA NO PAZO

Aldán 2016

Existen diversas versións sobre este acontecemento e se ben varía a historia, o final é o mesmo. O feito nárranos como un membro da familia dos Aldao, Hernán ou Nuño (hai discrepancias) Pérez de Aldao, se converte no fundador do apelido Maldonado e toma por armas nobiliarias as que o rei de Francia lle concedeu (cinco flores de lis colocadas en cruz). Descoñécese con exactitude a data en cuestión, pero este acontecemento estaría englobado entre a segunda e quinta Cruzada, arredor dos anos 1147-1221. Don Hernán Pérez de Aldao atopábase gravemente enfermo e encomendouse á Virxe, prometendo visitala se lle devolvía a saúde. Apenas mellorou un tanto, púsose en camiño desde Galicia cara as ásperas montañas de Cataluña. Co cansancio e as molestias de tan longa viaxe intensificouse a súa doenza, polo que ao chegar foi preciso poñerlle unha cama nun dos ángulos da igrexa para que puidera facer a novena que ofrecera. Chegada a festa da Virxe, o 8 de setembro, encheuse por completo o templo de fieles dexesosos de presenciar as ceremonias litúrxicas. Un dos peregrinos, chamado Guillermo, Duque de Normandía, sobriño do rei Felipe de Francia,ao non atopar outro lugar máis claro de xentes en toda a igrexa que aquel onde estaba a cama do mencionado don Hernán ou Nuño Pérez de Aldao, permitiuse a liberdade de porse de pe nela para ver mellor as ceremonias; agraviado don Hernán, tanto pola molestia que lle causaba o Duque como pola súa falla de atención, e díxolle: - "Prégovos, en cortesía, cabaleiro, busqudes outro sitio no que poidades estar mellor, que os vosos pés incomódanme". Ao que contestou o Duque Guillermo con altanería: - "Non te incomodarían se soubeses quen son". Replicándolle o enfermo: - "Ti tamén, se me coñeceses, faríasme máis cortesía". Pero, lonxes de ceder, voltou a contestarlle o Duque: -"Non me deas ocasión para que poña os pes de modo que os sintas". Estas palabras acabaron de agraviar ao de Aldao, e cheo de indignación, replicou ao Duque: -"Prometo que si esta Señora, a onde vin con devoción , cura o meu adecemento irei a tomar enmenda da inxuria recibida na súa casa". Pero escarnecendo o Duque a ameaza, resbotouna ríndose. Sanou o de Aldao e convocou os seus principais parentes, manifestándolles o seu desafío e queixa. Todos ofreceron asistilo, arriscando as súas vidas e gastando as súas facendas,e acordaron dar conta ao rei don Alonso, que se atopaba en Burgos, a onde foron a pedir amparo. Enterado a súa Maxestade ofreceron ao seu favor, enviándolle como embaixador ante o rei de Francia, para que lle asegurase que Hernán Pérez de Aldao era tan principal cabaleiro, que podía desafiar a outro calquera dos de Francia, sen exceptuar ningún por preeminente que fose, e que baixo o seu amparo non permitise se lle enganara. Foi recibido Hernán e os seus parentes con benigno agrado do rey Felipe, e reunidos os Grandes de Francia referiuse ao suceso. O Duque Guillermo pediu perdón, máis Hernán propuso se postrase, en castigo da súa ignorancia, e consintira lle pusese os pes encima. O Duque non 9


Colexio MO Sagrada Familia

A VIDA NO PAZO

Aldán 2016

consintiu e Hernán suplicóu ao rei terminase a súa querella por desafío, sinalando armas e día, e asegurando o campo, pois era extranxeiro e estaba no seu reino. O rei pediu xustiza. Chegou o día sinalado e ambos cabaleiros concurriron nos seus cabalos, con arneses brancos, lanzas de armas, porras, espadas e dagas, usando por timbre Hernán Pérez de Aldao o lema Ave María e levando no seu escudo as armas de Aldao, que eran dous lobos de púrpura en campo dourado. Postos así na estacada, arremetéronse rompendo lanzas, polo que usaron as porras, dándose recios golpes, dos que saleu ferido na cabeza o Duque, que caiu ao chan. Saltóu entón Hernán do seu cabalo, a desenlazalo o xelmo para cortarlle a cabeza, ao tempo o rei arroxou o cetro, e os fieis do campo se interpuseron para estorbarlo, do que deu Hernán queixas a súa Maxestade. O rei díxolle a don Hernán que bastaba o feito, que si o Duque morría quedaba vengado e se sanaba do golpe na cabeza, o rei quedaba obrigado a darlle satisfacción ao seu agrado. Mellorado o Duque, pediu Hernán o cumprimento do prometido, e se lle dixo pedise o que quixera. Xunto aos altos homes da Corte e ratificado o rei no seu ofrecemento por tres veces, dixo Hernán: - "Señor, pídoche que como traes tres flores de lis por armas, me outorgues para que eu poida ter cinco". Ao rei Felipe non lle gustou a pretensión, e ofreceulle en cambio riquezas e outras mercedes, pero o de Aldao contestou que non fora a Francia por riquezas, senón pola súa honra, e que de non cumplir o rei a súa promesa, volveríase queixoso, non xa do Duque, senón do mesmo Monarca. O rei contestoulle: - "Eu douchas, se ben, mal donadas, é dicir, contra a miña vontade". Desde entón Hernán Pérez de Aldao levou como sobrenome o de Maldonado, tomada da frase do rei Felipe, "maldonadas", e comenzou a lucir por armas as cinco flores de lis. Os seus descendentes conservaron o apelido Aldao e o sobrenome de Maldonado e, este, en diversas ramas desta familia de orixe galego terminou por prevalecer.

Obra dirixida pola profesora Beatriz Malvido coa axuda das alumnas Alicia Piñeiro, Candela Marcelino, Adriana Marcelino, Yasmina Zaky e o alumno Yeray Gil. Para a súa confección utilizaron: un taboeiro como soporte, papel de xornal, papel hixiénico, cola branca, auga e pinturas.

Cinco frores de lis colocadas en sotuer.

10


Colexio Familia QUE TEÑEN O APELIDO A VIDA NO PAZO TÁBOASagrada DE PERSOAS ALDAO EN GALICIA

O apelido Aldana está emparentado (según os heraldistas) coa liñaxe dos Aldao, Aldán e Maldonado, todos con casa primixenia no actual condado de Aldán. O estudiadísimo topónimo Aldán é un antropónimo de posesor, como tantos centos que hai ao longo da toponimia galega. Deriva de Aldanus, nome xermánico latinizado. Deriva de Alt 'viejo' (compárese co inglés old o el almean alt); Aldanus significa polo tanto 'el Viejo', e o condado de Aldán (que deriva de Terra Aldani) 'la tierra del Viejo, la tierra fundada por el viejo'. Con iod temos o antropónimo xermánico Aldianus, igual que Aldanus, e que deriva en Alxén, unha parroquia do entorno de Vigo. Hai máis de 20 formas distinas derivados de Alt 'viejo' como topónimos en toda Galicia, magníficamente estudiadas por Piel. As formas vascas non teñen nada que ver con estas outras, cuxas terminacións as delatan xa de por sí como antropónimos.

Cangas Moaña Bueu Marín Pontevedra Vigo Redondela Chantado Malpica de Bergantiños Coristanco A Larancha Arteixo A Coruña Culleredo Cambre O Leiros Sada Abegondo

Aldán 2016

7 pers. 6 pers. 30 pers. 150 pers. 68 pers. 96 pers. 12 pers. 14 pers. 90 pers. 9 pers. 131 pers. 191 pers. 191 pers. 12 pers. 33 pers. 9 pers. 13 pers. 6 pers.

ESTE APELIDO EXTENDEUSE POR OUTROS LUGARES DE ESPAÑA E AMÉRICA. NO NOSO COLE TAMÉN TEMOS UNHA ALUMNA CO APELIDO ALDAO.

Antía Gómez Aldao e a súa nai (Alumna de 3º de E.P.)

11


Colexio MO Sagrada Familia

A VIDA NO PAZO

Aldán 2016

Lenda 0.000% 0.0394% - 0.0816% 0.0816% - 0.1437% 0.1437% - 0.3047% 0.3047% - 0.3911% 0.3911% - 0.6093%

CONCELLO Laracha , A Arteixo Marín Carballo Bueu Cambre Chantada Malpica de Bergantiños Coristanco Sada Abegondo Pontevedra Coruña, A Culleredo Redondela Moaña Vigo Oleiros Cangas

APELIDOS 131 191 150 83 30 33 14 9 9 13 6 68 191 12 12 6 96 9 7

PORCENTAXE

PROVINCIA

0.6093 0.3911 0.3047 0.1437 0.1217 0.1816 0.0728 0.0649 0.0573 0.0547 0.0521 0.0438 0.0394 0.0253 0.0205 0.166 0.0165 0.0158 0.0143

A Coruña A Coruña Pontevedra A Coruña Pontevedra A Coruña Lugo A Coruña A Coruña A Coruña A Coruña Pontevedra A Coruña A Coruña Pontevedra Pontevedra Pontevedra A Coruña Pontevedra Instituto de Lingua Galega

12


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.