A OUTRA HISTORIA DE PEER GYNT

Page 1

HISTORIA CREADA POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º DE PRIMARIA A PARTIR DA COMPOSICIÓN MUSICAL DE EDVARD GRIEG

PEER GYNT

OBXECTIVO: CREAR UNHA HISTORIA NOVA A PARTIR DUNHA ORIXINAL,EN PEQUENOS GRUPOS E DE XEITO COLABORATIVO.

CONTIDOS: A HISTORIA DE PEER GYNT E OS SEUS PERSONAXES RECURSOS:AUDICIÓN DE PEQUENOS FRAGMENTOS DA OBRA.:VIDEOS EN YOU TUBE BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN DO COMPOSITOS NA REDE. INVESTIGACIÓN SOBRE O ARGUMENTO DA OBRA UTILIZACIÓN DOS NETBOOKS DOS ALUMNOS PARA A REDACCIÓN DA NOVA HISTORIA E UTILIZACIÓN DE PEN DRIVE PARA INTERCAMBIAR A INFORMACIÓN.

CPR SAGRADA FAMILIA ALDÁN EDUCACIÓN MUSICAL 5º PRIMARIA


Unha mañá Peer Gynt levantouse ilusionado porque aquela noite era a noite do gran baile; dicía iso porque era un baile moi especial ¡casábase unha gran amiga! Todo o día, estivo pendiente

da hora e

pensando que se achegaría a noite e podería ir ó baile . Efectivamente, pasaron as horas rapidamente, e chegou a noite...

Cando Peer Gynt estaba no baile, bailou cunha muller moi fermosa,chamada Solveig . Ela díxolle que era a mellor amiga de Ingrig, a noiva que el tivera e que agora se ía casar. Logo saíron a tomar o aire, e de entre a árbores apareceu ,da nada, a súa nai ,que lle díxo que non podía facer nada para impedir a boda , pero Peer quedou moi sorprendido das palabras daquela muller xa que se fora a súa nai

nunca lle diría iso. Así que descrubriu que era unha

bruxa a que se facía pasar pola súa nai.


Ao ser descuberta empezaron a loitar con espadas que estaban colgadas na parede pero a bruxa fixo maxia e convertiu a súa espada nunha

machacha de lume, pero Peer,que era listo sacou unha pedra cun tirachinas que lle regalara a súa nai.

Deulle coa pedra na cabeza e deixouna no chan incosciente. Peer e Solveig volveron ó baile sen ferida algunha ,pero de súpeto deuse conta de que alguén o perseguía..Díxolle a Solveig que se marchara e protexera e el escapou para a montaña . Alí coñeceu a filla do rei da montaña,que nada máis ver a Peer namorouse del.Peer escapou pero para iso tivo que dicirlle a rapaza-trol ,que era moi guapa e que estaba namorada dela. Só desta forma puido fuxir....

Despois dun tempo regresou ó baile e ve que Solveig se marchara.Entón colleuna da man e levouna a dar un paseo a cabalo; despois dunha hora volveron ao baile e bailaron os dous xuntos. Despois de bailar foron á praia e deron un paseo moi longo de mil metros. Máis tarde foron a durmir cada un a súa casa e quedaron para o


día seguinte ás doce no monte no que se namoraron os dous. Ó día seguinte Peer chegou un pouco tarde porque tivera que ir a encher de gasolina o coche. Solveig enfadouse moito e deixaron de ser noivos, pero ó cabo duns días déronse conta de que se namoraran máis do normal. Sen embargo non foron capaces de ser noivos outra vez. Mentras tanto os trolls enviados polo Rei da montaña ían perseguindo a Peer para secuestralo e casalo coa súa filla-troll....

Peer Gynt perseguido polos trols,fuxiu e escondeuse no barco do seu amigo Esteban que ía a África e levouno con él.


Esteban traballaba no mercado africano onde vendía comida. Alí coñeceu a filla dun alcalde.

Un día Peer foi atacado por uns bandidos que os secuestraron. Os secuestradores pedíronlle a Peer que lles dese todas as súas

riquezas e Peer deullas. E os secuestradores envelenaron á muller a que morreu pasado un tempo.

Peer decidiu volver e cando chegou enterouse por Esteban que a súa nai morrera entón foi á montaña axunto a filla do Rei da

Montaña que o estaba esperando como prometera para averiguar se foran eles quen mataran a súa nai...

Pero as cousas non saíron como el pensaba.Os trols tiñan todo o pobo rodeado e Peer tivo que volver no mesmo barco.


Navegou por diferentes países ata que chegou a Asia.. Nun pobo de Asia coñeceu a Anitra que era a filla dun mercader rico pero moi

rencoroso.Este dalle traballo na súa tenda.A Peer todo lle ía saíndo ben e pasado o tempo Peer e Anitra fixéronse noivos.

Meses despois Peer segue enamoradísimo de Anitra.

Deciden casarse e Anitra acepta. Pasaron os días, ata que chegou o día da boda. Peer, durante o casamento, deuse conta de que

Anitra o engañaba. Peer séntese ofendido, e decide marcharse, e volver a estar con Solveig.


Preparando a viaxe de volta a Noruega coñeceu a un navegante chamado Ruberto que tiña un barco grande. Ín zarpar e Peer pideulle que olevase con.Ruberto díxolle que non tiña

ningún problema sempre e cando lle pagara a viaxe.Peer deulle todos os seus aforros,pensanso que o maís importante era que ía á súa terra a ver as persoas que el quería . Pero na metade do camiño sufriron unha gran tormenta . O barco sufriu unha sacudida de mar moi forte polo que as velas se soltaron.pouco a pouco otemporal foi amainado e Ruberto pediulle que lle axudara a atar ben as velas e asi seguir a viaxe.

Unha vez atadas as velas seguiron navegando .Pero cando estaban xa moi preto da costa noruega outra tempestade bateu contra o barco e desta xa non puideron facer nada. A tormenta empeorou ,e o barco afundiuse. Por sorte Peer acabou tirado na praia e para sorpresa súa alí estaba Solveig .Como todas as mañás Solveig ía a praia a esperalo,e despois de moitos anos o seu soño fíxose realidade.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.