CONTOS DE NADAL 5ºP

Page 1

DECEMBRO2011

CONTOS DE NADAL- L.GALEGAP.ABALAR 5ºP

Alumnos 5ºP

HISTORIAS DE NADAL ESCRITAS POLOS ALUMN@S DE 5º DE PRIMARIA NA TERIA DE LINGUA GALEGA, DENTRO DAS ACTIVIDADES DE INTEGRACIÓN DAS TICS NA AULA,LEVADAS A CABO NO PROXECTO ABALAR.

CURSO 5º PRIMARIA COLEXIO SAGRADA FAMILIA ALDÁN


CONTOS DE NADAL- L.GALEGA- P.ABALAR 5ºP

2

A ÁRBORE MÁXICA

Había unha vez unha familia que ía en busca de adornos e cousas para o Nadal, porque estaba moi preto. Foron en busca de cintas á tenda; ó supermercado mercar turrón .... Cando mercaron todo só lles faltaba a árbore, entón, foron ó monte como tódolos anos, pero este, non encontaron ningún. Tiveron que mercalo, e déronse conta, de que faltaban os adornos para á árbore, e foron mercalos tamén. Xa acabaran e estaban na casa adornando todo. Cando chegaron as festas, uns días despois, estaban moi ledos. E ... unha noite, cantando arredor da árbore, tamén cantaba e bailaba . Quedaron abraiados e dixeron: -É unha árbore máxica !!! Pero é que eles, non sabían, que era un mecanismo que ten a arbore que lle puxera o dependente, porque sempre o collían no monte. E así pasaron o Nadal: cantando, bailando, brincando e facendo máis cousas, pero tamén pensando que era unha árbore máxica. Poderían pedir cousas para tódolos nenos do mundo? Sería marabilloso. Tania


CONTOS DE NADAL- L.GALEGA- P.ABALAR 5ºP

3

O NADAL Este era un día no que nevaba e había moito frío. Os animais estaban nas súas madrigueiras e os nenos nas súas casas, pero nesta noite na que viñan os Reis Magos,había unha nena que lles escribiu unha carta dicindo:queridos Reis Magos:Este ano porteime regular,pero non pido ningún xoguete só pido que tódolos nenos e nenas pobres do mundo teñan xoguetes e algo que comer. Así que cando pasou a noite e a nena xa espertou,sentíase satisfeita co que pedira. Pero como se portara tan ben,os Reis Magos déronlle algún que outro agasallo.Logo,cando había que leva-los xoguetes ó colexio,ela os compartiu con tódolos nenos e nenas,e todos aprenderon a comparti-los seus xoguetes cos demais e xa non foron máis egoístas con ninguén. Ana M.P.


CONTOS DE NADAL- L.GALEGA- P.ABALAR 5ºP

4

É NADAL, FELIPE

Érase unha vez un rato que vivía en Ratonia e chamábase Felipe. Sempre se levantaba moi tarde. Un día eran as nove e escoitábase ós ratiños canta – las panxoliñas de Nadal. Felipe levantouse con moita peguiza, vestiuse e saíu á rúa. Todo estaba nevado! Tódolos ratos de Ratonia paseaban alegremente e cantando cantigas. Felipe estrañouse moito. Non sabía por que os ratiños cantaban panxoliñas de Nadal. Moi estrañado volveu para a cama. Dúas horas máis tarde, o seu amigo Xoán petou na porta e Felipe dixo con moito sono: – Que queres , Xoán? – Non te dás conta de que é Nadal? – Nadal? – Iso é imposible – Pois si, é Nadal, tódolos ratos estabamos esperando por ti, porque a cabalgata está a punto de pasar. – Tes que vestirte rápido de Papá Noel cos demais ratos e tirarlle os caramelos ós ratiños. Ó final Felipe deu chegado, pero moi abraiado e aínda medio durmido!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.