Matadoiro Municipal

Page 1

Moción do Grupo Municipal Ourense en Común a presentar no pleno ordinario do mes de febreiro (05/02/2016) Matadoiro Municipal Moción presentada para a constitución dunha comisión de investigación da concesionaria Sociedade Limitada Matadero Ourense

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN A xestión do matadoiro municipal atópase na actualidade en prórroga de cinco anos de man da concesionaria Sociedade Limitada Matadero de Ourense. Prorrogación acordada en Xunta de Goberno Local en xuño de 2013 despois de 20 anos de xestión privada dende que no ano 1993 acordárase a súa privatización. Malia a incerteza inicial recollida na Xunta de Goberno Local do 4 de decembro de 2012, derivada dos informes xurídicos e de intervención que advertían sobre a inexistencia de informes do servizo sobre a conveniencia para o interese público da citada prórroga e a inexistencia de compromisos de inversión do adxudicatario; acordouse fixar un canon adicional de 4.644,33€ ao mes para manter o equilibrio económico do contrato e mellorar a oferta realizada pola concesionaria e manter a explotación do servizo no período de vixencia da citada prórroga. O grupo municipal Ourense en Común, na súa obriga de fiscalización e control da labor de goberno, ten analizado en detalle varias concesións de servizos municipais para avaliar o seu grao de cumprimento, oportunidade, etc. Contexto no que se enmarca a solicitude de información sobre as taxas por sacrificio deste matadoiro municipal na Xunta de Área de Promoción Económica, Emprego e Comercio o 22 de setembro de 2015 e seguintes. Segundo a información recollida, a actividade da concesionaria municipal no servizo de matadoiro precisa de forma complementaria da presenza de persoal funcionario do Concello de Ourense. A súa labor enmárcase no control da báscula de pesado para evitar calquera tipo de anomalía ou irregularidade. Así é que a empresa Sociedade Limitada Matadero de Ourense debe aboar unhas taxas que varían en función das cabezas de gando sacrificadas. Unha vez analizada unha pequena mostra desta actividade, segundo datos facilitados pola propia concellería, comparada cos listados de control de sacrificio regulamentario que tamén exerce o persoal funcionario responsable da área de Sanidade; evidéncianse grandes diferenzas en favor da concesionaria e en detrimento dos intereses do propio Concello de Ourense. Ver gráficos anexos:


Mes

Control sanitario de sacrificio

Taxas municipais Matadero de Ourense S.L.

Diferenza

Decembro 2014

3952

2451

1501

Xaneiro 2015

1157

866

291

Febreiro 2015

1572

1158

414

Marzo 2015

2122

1498

624

Abril 2015

1411

1057

354

Maio 2015

1353

968

385

Comparativa e diferenza datos en cabezas de gando segundo concesionaria e administración responsable en materia de sanidade.

4500 4000 3500 3000 2500 2000 1500 1000 500 0 1

2

3

4

5

6

Comparativa da numeración inventariada pola administración responsable en materia de sanidade (azul) e a empresa concesionaria (vermello)

É por todo o anterior que o grupo municipal Ourense en Común presenta ao Pleno para o seu debate e aprobación o seguinte ACORDOS: 1.

Que se constitúa unha Comisión de Investigación da concesionaria Sociedade Limitada Matadero Ourense con representación de todos os grupos municipais e técnicos competentes na materia a fin de dilucidar posibles desfases e desigualdades no invetariado.

E para que conste aos efectos oportunos Martiño Xosé Vázquez Mato, en calidade de concelleiro e voceiro do grupo municipal de Ourense en Común, asina o presente documento en Ourense a 01/02/2016

Asdo. Martiño Xosé Vázquez Mato


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.