Guía de uso e disfrute da biblioteca

Page 1

Horario de apertura:

A C.D.U. Os libros están catalogados segundo o sistema universal de clasificación, adaptado ó noso centro: 0. OBRAS XERAIS. ENCICLOPEDIAS. DICIONARIOS

Mañás, durante o recreo

Tardes de 16 a 17, de luns a venres, para lectura na sala, uso de materiais e devolucións de préstamos.

A biblioteca está aberta a tódolos membros da comunidade educativa (estudantes, persoal e familias).

031. Enciclopedias 038. Dicionarios 1. FILOSOFÍA 1.Filosofía

17. Ética

Guía de uso e disfrute 2013-14

Biblioteca do CPI da Ribeira Sementando palabras, recollendo soños

2. RELIXIÓN 26. Relixión católica 29. Outras relixións 292. Mitoloxía 3. CIENCIAS SOCIAIS 3. Política. Economía. Dereito. 37. Didáctica 37-R. Reforzo educativo 37-C Educación en valores 39. Etnografía

En internet Podes consultar o noso catálogo, acceder a noticias, artigos, novidades, concursos, dar a túa opinión e moito máis no noso blog:

osquelemos.blogspot.com

5. CIENCIAS EXACTAS E NATURAIS 5. Medioambiente. Bioloxía. Botánica. Zooloxía. 51. Matemáticas 52. Astronomía 53. Física 54. Química 6. MEDICINA. TECNOLOXÍA. COCIÑA 61. Medicina

62. Tecnoloxía

64. Cociña

7. BELAS ARTES. XOGOS. DEPORTES. 70. Historia da arte 73. Artes plásticas. Manualidades 77. Fotografía 78. Música 79. Deportes. Xogos 791. Cine

“Todo o que necesitas para ter éxito e un futuro mellor xa está escrito. E sabes que? O único que tes que facer é ir á biblioteca”. H. F. Amiel (1821-1881)

8. LINGUA. LITERATURA. 81. Lingua 82. LIteratura 82N. Narrativa

-G. Galego

82P. Poesía

-C. Castelán

82T. Teatro

-I. Inglés

82E. Ensaio

-F. Francés

82C. Cómic

-P. Portugués

9. XEOGRAFÍA. HISTORIA

Polígono de Torneiros, III 36410 - O Porriño

Teléfono: 986 333 484 Fax: 986 344 152 Correo: biblio.cpi.ribeira@gmail.com Web: osquelemos.blogspot.com

“Unha biblioteca ben provista e ben atendida é coma un xardineiro que sementa libros, coñecemento e soños, e colleita lectores, aprendices e facedores”. Laura P. Salas


Plano das instalacións

Cando estás na biblioteca...

O empréstimo

As normas son poucas e sinxelas, e están baseadas no

Podes levar prestados ata 3 documentos diferentes

respecto ós demais lectores: 1. Bebe e come fóra da biblioteca 2. Respecta o material e as instalacións 3. Garda silencio 4. Respecta os prazos de devolución (outras persoas agardan polo teu libro)

(libros, CD, DVD…) simultaneamente. O prazo de

Os ordenadores son exclusivamente para uso didáctico. Non poden empregarse para actividades alleas ó ensino (tuenti, chat, xogos, etc.) nin para acceder a páxinas relacionadas coa pornografía, a violencia… Por respecto ós demais usuari@s, non cambies o fondo do escritorio ou as iconas. Asimesmo, evita gravar os teus ficheiros no disco duro, pois poden desaparecer sen previo aviso. Pídelle permiso ó profesorado para usalos e le as normas que hai na sala. Consulta, respecta e obedece ó alumnado axudante: están aí para botarche unha man.

Devolve as cousas ó seu sitio para que os demais tamén podamos atopalas cando as busquemos!

empréstimo é de 15 días no caso dos libros (ampliables en 7 días máis) e de 5 días para os materiais audiovisuais. Nas vacacións de nadal, podes levar ata 5 documentos, e devolvelos o primeiro día de clase. Se incumpres os prazos de devolución, terás que vir polas tardes a traballar na biblioteca. As revistas, dicionarios, atlas e enciclope-

dias non se poden emprestar. Para levar un documento, presenta na mesa do profesorado o teu carné de biblioteca (ou, no seu defecto, dilles o teu número de usuario) xunto co libro/CD/DVD. Para devolvelo, déixao no carriño de devolucións.

O profesorado debe realizar o mesmo proceso cando leve material da biblioteca, e respectar os mesmos prazos que o alumnado.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.