Leria 11 - primavera 2013

Page 1

Actividades do trimestre Como vén sendo costume, a finais de febreiro celebrouse o Día da Paz. Desde a biblioteca proxectáronse as películas O neno do pixama a raias para 1º ciclo de ESO e Sendeiros de gloria para 2º ciclo de ESO. Máis tarde, polos Namorados, propúxose o concurso de interpretacións de declaracións de amor no cine e no teatro, pero o tema debeu asustar ó noso alumnado porque non houbo participación, e iso que se lles facilitou unha escolma de títulos de películas que contiñan declaracións amorosas!

Para ver e escoitar . Libro+CD+DVD. Os poemas de Manuel María, a voz de Uxía e o audiovisual premiado.

Boletín da biblioteca

Para celebrar o Día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, elaborouse unha exposición sobre a súa vida e a súa obra. Pero por estarse a celebrar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, todo o alumnado do centro está a preparar un acto para o 23 de abril, Día do libro. Dentro do Proxecto “100 anos de cine sonoro”, desde o mes de febreiro estanse a proxectar making of tódolos venres na televisión da entrada do centro. Os do mes de marzo, para festexar o mes da muller, son de directoras célebres. Ademais, o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu a unha charla impartida por Tania González, técnico en caracterización. Para conmemorar o Día mundial da poesía, 21 de marzo, o grupo Poetas da hostia presentoulle ó alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO “A hostia en verso”. Para clausurar o trimestre, o 22 de marzo un grupo de actrices do IES da Ribeira do Louro representaron a mulleres célebres da historia. Cómpre destacar o encontro do escritor Eduardo Santiago cos membros club de lectura o xoves 7 de marzo. Finalmente, habilitouse un espazo na biblioteca para as familias que será inaugurado proximamente.

Leria

CPI da Ribeira Sementando palabras, recollendo soños

A nosa pegatina de Rosalía

Pide a túa na biblio!

http://osquelemos.blogspot.com biblio.cpi.ribeira@gmail.com Leria

Número 11 - primavera 2013


Os máis lidos e vistos

Para ler en vacacións

no 2º trimestre

En galego:

Un romance xuvenil. Premio Neira Vilas 2013 ó Mellor Libro infantil e xuvenil.

O neno do pixama a raias Fantasía para xóvenes e adultos Inclúe DVD.. Libro solidario con 7 relatos de Fran Alonso, A. Fernández Paz, María Reimóndez… Para adultos.

En castelán: La invención de Hugo Los juegos del hambre Perdona pero quiero casarme contigo

. . Reedición dun clásico da literatura galega.

.

Novela “puzzle” para xóvenes de 30/40 anos, con 37 finais posibles.

. Un libro para chorar, pero non de risa.

Os máis vistos: Brave Eclipse Gru, mi villano favorito Piratas del Caribe

Premio Ánxel Casal 2012 ó mellor libro de non ficción. . . Ilustrado con excelentes fotografías abstractas de Pepe Barro. Para os que lles gusta resolver misterios.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.