Orientacións alumnado 6º

Page 1

Instituto de Educación Secundaria 15027976

Poeta Añón

Rúa Poeta Añón 21, 15230 A Serra de Outes Tfno/Fax: 981850637 Correo elec: ies.poeta.anon@edu.xunta.es

Fondo Social Europeo “O FSE inviste no teu futuro”

CONSELLOS PARA TRIUNFAR NA ESO AMBIENTE DE ESTUDO E TRABALLO -Estuda sempre no mesmo sitio e á mesma hora. Procura facelo solo/a, sen pais nin irmáns. -Estrutura o teu cuarto de estudo da seguinte forma: mesa ampla, cadeira con respaldo, lámpada de mesa, temperatura agradable (22º), habitación ventilada, materiais necesarios á man. -Non teñas preto cousas que che distraian (mp3, móbil, Tuenti, Facebook …) -Non estudes tombado /a na cama ou no sofá: dificulta a activación cerebral e decae a atención. HÁBITOS DE ESTUDO -Planifica o teu traballo diario. TÓDOLOS días terás que facer algo: tarefas, esquemas, actualizar apuntes, estudar ….) Fai un cuadrante diario repartindo as tarefas e os descansos. - Fai primeiro as actividades máis difíciles, aquelas nas que precises máis atención e deixa as máis sinxelas para o final, xa que estarás máis canso. -Estuda en tempos de 50 minutos sen levantarte e vai intercalando descansos de 5 minutos para non perder a concentración. -Estuda durante todo o trimestre e non só cando se acerquen os exames. -Realiza as tarefas de estudo antes de ver a TV, saír, ou estar en internet. -Almorza ben cada mañá. Deber durmir 8 horas ao día para estar descansado/a. EN CLASE

-Atende en clase e concéntrate no que estás facendo. -Toma sempre os teus apuntes e fai esquemas dos temas que teñas que estudar. -Leva o material necesario para cada día. -Pregunta SEMPRE as túas dúbidas ao profesor/a. -Usa a axenda A DIARIO para anotar datas de exames, traballos, tarefas… NOS EXAMES

-Intenta ir tranquilo/a e relaxado/a. -Non empeces apresa, LE ben as preguntas. -Empeza polo que mellor saibas facer e deixa as preguntas máis difíciles para o final. -Ten en conta o TEMPO do que dispós. Distribúeo para cada pregunta e deixa cinco minutos para repasar o exame. -Ten en conta a orde, a limpeza e evita as faltas de ortografía. http://www.edu.xunta.es/centros/iespoetaanon/> Departamentos> Orientación>Blog do Departamento de orientación (www.orientacioniespoeta.blogspot.com)


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.