Cuaderno para 4º de ESO

Page 1

4º ESO

Caderno Persoal de Orientación Académica

ALUMNO/A: IES Poeta Añón 4º ESO

IES Poeta Añón


¿Qué facer ao rematar 4º ESO? Este caderno tratará de axudarche a responder a esta cuestión, xa que está plantexado como unha guía para organizar toda a información que debes manexar.

Coñézome a mín mesm@ • Historial académico • Cuestionarios de intereses profesionais • As miñas aptitudes e capacidades

Coñezo o sistema educativo • • • • •

Esquema xeral Opcións ao rematar a ESO: con TGES ou sen TGES Bacharelato. Acceso á universidade. Ciclos formativos de grao medio e superior. Ensinanzas de rémixe especial

Coñezo as profesións

Resolvo as miñas dúbidas

Tomo decisións

IES Poeta Añón


1. COÑÉZOME A MIN MESMO

HISTORIAL ACADÉMICO

É importante que te coñezas ben a ti mesm@ para que poidas tomar unha boa decisión: que materias se che dan mellor, cales son as túas aptitudes, que áreas de coñecemento che gustan máis … Anota as túas nota do 3º trimestre das materias que cursaches en 3º ESO. MATERIA Lingua castelá e literatura Lingua galega e literatura Inglés Matemáticas Ciencias Sociais E. Física Música Educación Plástica e Visual Bioloxía e Xeoloxía Tecnoloxía Física e Química OPTATIVAS (Cursaches unhas destas tres) OIE Francés

NOTA 3º TRIMESTRE

Anota as túas notas do 1º e 2º trimestre deste curso, 4º ESO: MATERIA NOTAS 1º TRIMESTRE NOTAS DO 2º TRIMESTRE Lingua castelá e literatura Lingua galega e literatura Inglés Matemáticas Ciencias Sociais E. Física Ética OPTATIVAS (As 4 que fagas) Francés Música Educación Plástica e Visual Bioloxía e Xeoloxía Tecnoloxía Física e Química Informática Cultura Clásica

IES Poeta Añón


Das materias que cursaches en 3º e 4º de ESO, ¿en cales obtés mellores notas? ¿Cal cres que é a razón? MATERIAS CON MELLORES RESULTADOS

RAZÓNS POLAS QUE SACO BOS RESULTADOS

Das materias que cursaches en 3º e 4º de ESO, ¿en cales obtés peores notas? ¿Cal cres que é a razón? MATERIAS CON MELLORES RESULTADOS

RAZÓNS POLAS QUE SACO MALOS RESULTADOS

Das materias de 3º e 4º ESO, ¿cales son as que máis che gustan?¿coinciden coas que sacas mellores resultados? MATERIA QUE MÁIS ME GUSTA

COINCIDE COAS QUE SACO MELLORES NOTAS? SI NON SI

NON

SI

NON

IES Poeta Añón


Das materias de 3º e 4º ESO, ¿cales son as que menos che gustan?¿coinciden coas que sacas peores resultados? MATERIA QUE MENOS ME GUSTA

COINCIDE COAS QUE SACO PEORES NOTAS? SI NON SI

NON

SI

NON

¿Cómo se relacionan as materias que estudo na ESO coas ramas de coñecemento nas que se organizan os estudos superiores? A seguinte táboa pódeche axudar: RAMA DE COÑECEMENTO: TECNOLOXÍA Matemáticas Tecnoloxía Iniciación á electricidade e electrónica Educación Plástica e Visual

RAMA DE COÑECEMENTO: CIENCIAS Matemáticas Física e Química Bioloxía e xeoloxía

RAMA DE COÑECEMENTO: CIENCIAS DA SAÚDE Bioloxía e Xeoloxía Física e Química Matemáticas

RAMA DE COÑECEMENTO: CIENCIAS SOCIAIS Ciencias Sociais Ética Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras (OIE) Matemáticas ( álxebra, estatística, funcións)

RAMA DE COÑECEMENTO: HUMANIDADES Lingua castelá e literatura /Lingua galega e literatura Inglés Francés Ciencias Sociais Ética

IES Poeta Añón


RAMA DE COÑECEMENTO: ARTES Música Educación Plástica e Visual Educación Física Adaptado de “Cuaderno de Orientación. 4º ESO”, de APLOCAM.

Despois da reflexión anterior, ¿Qué tipo de estudos pensan que che irían mellor? ¿por qué? Algo relacionado coas ciencias puras ( matemáticas, bioloxía, física …); estudos relacionados coas ciencias da saúde e bioloxía ( farmacia, veterinaria, logopedia, óptica, enfermaría, actividades agrarias, …); estudos relacionados coa tecnoloxía ( arquitectura, enxeñarías, artes gráficas, fabricación mecánica, electricidade, mantemento de vehículos, vidro, téxtil ..); estudos relacionados coas ciencias sociais e xurídicas ( economía, empresas, dereito, ciencias políticas, maxisterio, xornalismo, hostalaría …) ou estudos relacionados coas artes e humanidades ( belas artes, filoloxías, xeografía …)

IES Poeta Añón


CUESTIONARIO DE PREFERENCIAS PROFESIONAIS

Os cuestionarios son unha boa forma de organizar ideas, xa que che axudan a valorar que cousas che gusta facer. Partindo dos teus intereses e características persoais enfócante cara as ramas de coñecemento e itinerarios de estudos máis axeitados para ti.

Cuestionario PPM En titoría fixemos o Cuestionario de Preferencias Profesionais (PPM) de Carlos Yuste.

En PPM/B ( Bacharelato) ¿En qué rama de coñecemento tiñas a puntuación máis alta? RAMA DE COÑECEMENTO

PUNTUACIÓN OBTIDA

1º)

2º)

En PPM/FP ( Formación Profesional) ¿En qué rama de coñecemento tiñas a puntuación máis alta? RAMA DE COÑECEMENTO

PUNTUACIÓN OBTIDA

1º)

2º)

IES Poeta Añón


Programa Orienta En titoría tamén fixemos cuestionarios orientados a axudarte a decidir se continuar facendo bacharelato ou un ciclo formativo de grao medio.

Completa os cuestinarios que seguen coa información que recompilaches no Programa Orienta. INFORMACIÓN DE BACHARELATO ¿A túa media é suficiente para facer Bacharelato?

SI /NON

MEDIA Bacharelato aconsellado ESTUDOS ACONSELLADOS

IES Poeta Añón


E A TI QUE CHE GUSTARÍA ESTUDAR? GRAO

MATERIAS QUE DEBERÍAS CURSAR EN 2º BACH( 0.2)

NOTA DE CORTE ACTUAL

DONDE PODES ESTUDALO

INFORMACIÓN DE CICLOS MEDIOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

SEGUNDO O CUESTIONARIO, QUE CICLOS CHE PODEN RESULTAR DE INTERESE FAMILIA

CICLO

ONDE PODO ESTUDALO

IES Poeta Añón


E A TI QUE CHE GUSTARÍA ESTUDAR…. FAMILIA

CICLO

ONDE PODO ESTUDALO

Podes consultar a guía do programa Orienta do blogue do departamento de orientación: Guía Programa Orienta: http://www.calameo.com/books/0011675970e68f44098ab

AS MIÑAS APTITUDES E CAPACIDADES

Podemos definir as aptitudes como a capacidades que ten unha persoa para desempeñar unha determinada tarefa, función, emprego … É interesante que coñezas en que destacas, para que tes aptitude: deporte, música, visión espacial, idiomas…

Para traballar as aptitudes a orientadora entregarache un dossier de fotocopias.

IES Poeta Añón


2. COÑEZO O SISTEMA EDUCATIVO Para que tomar unha boa decisión debes coñecer tódalas alternativas que che ofrece o sistema educativo: oferta de estudos, requisitos de acceso a cada tipo de estudo, itinerarios, prazos de preinscripción e matrículas… Dende decembro de 2013 está vixente unha nova lei, a LOMCE que substitúe á anterior, a LOE. A LOMCE terá que implantarse nos próximos cursos, segundo se vaia lexislando, polo que debes estar atento aos cambios que se vaian producindo. CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN DA LOMCE:

Podes consultar máis información sobre a LOMCE no blogue do departamento de orientación:

IES Poeta Añón


O SISTEMA EDUCATIVO (LOE)

IES Poeta A帽贸n


OPCIÓNS AO REMATAR A ESO: CON TGES E SEN TGES TITULACIÓN: Para obter o Título de Graduado en ESO cómpre alcanzar as competencias básica e os obxectivos da Etapa. Debes ter tódalas materias aprobadas. Excepcionalmente con dúas materias suspensas.Para o cómputo de materias contan as materias de cursos anteriores.( Ex: se teño suspensa Matemáticas de 4º e de 2º, contan como 2 materias)

OPCIÓNS SE REMATAS A ESO CON TÍTULO:    

Bacharelato Ciclo Formativos de Grao Medio. Ciclo Formativo de grao medio de Ensinanzas Deportivas ou Artes Plásticas e Deseño. Outras opcións: oposicións á Administración pública (grupo D), corpos e forzas de seguridade do Estado ( policía nacional, garda civil, protección civil, forzas armadas, bombeiros… ), piloto civil, azafato/a ou auxiliar de voo, socorrista, monitor/a de tempo libre…  Mercado Laboral

OPCIÓNS SE REMATAS A ESO SEN TÍTULO: CON 15 ANOS: -Repetir algún curso de ESO. -Incorporarse a FP Básica para acceder a un ciclo formativo de grao medio. CON 16 ANOS: -Repetir algún curso de ESO. - Incorporarse a FP Básica para acceder a un ciclo formativo de grao medio. -Se tés un contrato de traballo: Educación de adultos (EPA) -Escolar taller. -Formación ocupacional ( Tes que estar desempregado e inscrito no SEPE) -Mundo laboral. CON 17 ANOS: - Incorporarse a FP Básica para acceder a un ciclo formativo de grao medio. - Probas de acceso ós Ciclos Formativos de Grao Medio. - Se tés un contrato de traballo: EPA -Mundo laboral CON 18 ANOS: -Probas libres para a obtención do Título da ESO ( Non podes estar matriculado en ESO, EPA ) -Educación Secundaria para Adultos (EPA) - Mundo laboral

IES Poeta Añón


BACHARELATO

¿QUÉ E O BACHARELATO? Forma parte da Educación Secundaria Post-obrigatoria, ten carácter voluntario. A súa finalidade e continuar cara estudos superiores : grao universitario ou Ciclos Formativos de Grao Superior. ¿QUÉ TIPOS DE BACHARELATO HAI?  Réxime ordinario. Asistencia obrigatoria en horario de mañá.  Réxime de adultos. Se ten 18 anos ( ou 16 e contrato laboral o u deportista de alto rendemento). Hai tres modalidades no réxime de adultos: o Presencial. Asistencia obrigatoria en horario de tarde. o Semipresencial. Asistencia obrigatoria a titorías en horario de tarde. o A distancia. Podes consultar mais información sobre o bacharelato de adultos no ANEXO I

¿CANTOS CURSOS SON? 2 cursos académicos. Podes estar un máximo de 4 anos cursando 1º e 2º de bacharelato.

¿QUÉ MODALIDADES TEN ? Ten 3 modalidades:  Artes. Con dous itinerarios: o Artes Plásticas, Deseño e Imaxe o Artes escénicas, Música e Danza.  Ciencias e Tecnoloxía  Humanidades e Ciencias Sociais

¿COMO PODO ACCEDER A BACHARELATO?     

Co título de graduado Educación Secundaria Obrigatoria (TGES) Co título de Técnico, tras cursar un ciclo formativo de grao medio de formación profesional. Co título de Técnico Deportivo, tras cursar un ciclo formativo deportivo de grao medio. Co título de Técnico de Artes Plásticas e Deseño ( acceso a Bacharelato de Artes.) Aprobando a Proba de acceso a Bacharelato

IES Poeta Añón


¿QUÉ MATERIAS VOU A ESTUDAR ? 1º BACHARELATO •7 COMÚNS •3 MODALIDADE •1 OPTATIVA

2º BACHARELATO •6 COMÚNS •3 MODALIDADE •1 OPTATIVA

MATERIAS COMÚNS 1º BACHARELATO •Ciencias para o mundo contemporáneo. •Educación Física. •Filosofía e Cidadanía. •Lingua galega e Literatura I. •Lingua castelá e literatura I. •Lingua estranxeira I. • Relixión/ Atención educativa

2º BACHARELATO •Historia de España. • Historia da Filosofía. •Lingua castelá e literatura II. •Lingua galega e literatura II. •Lingua estranxeira II. •Relixión /Atención educativa

MATERIAS DE MODALIDADE   

Debes cursar 3 MATERIAS DE MODALIDADE en cada un dos cursos do Bacharelato. Das 6 materias de modalidade a cursar no Bacharelato, 5 deberán ser da modalidade elexida. A TER EN CONTA: o En negriña as materias obrigatorias vinculadas a cada modalidade. o Aprendizaxes progresivos: Son as que van seguidas de I e II. Requerirase a superación das de 1º curso para seren avaliadas en 2º. Asemesmo, para poder cursar a de 2º (ex: Debuxo técnico II) tes que ter cursado a de 1º ( ex: debuxo técnico I). o Materias chave: hai materias de 2º que para poder cursalas necesitas ter cursado algunha concreta de 1º, xa que precisas os contidos. Son as que a continuación van marcadas con números.

A) MODALIDADE DE CIENCIAS 1º BACHARELATO -Bioloxía e xeoloxía¹ -Debuxo técnico I. -Física e Química² -Matemáticas I -Tecnoloxía industrial I

2º BACHARELATO -Bioloxía¹ -Ciencias da Terra e medioambientais.¹ -Debuxo técnico II. -Electrotecnia.² -Física.² -Matemáticas II. -Química² -Tecnoloxía industrial II. IES Poeta Añón


B) MODALIDADES DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS 1º BACHARELATO -Economía

2º BACHARELATO -Economía de empresas.

-Grego I

-Xeografía.

-Latín I

-Grego II.

-Hª do mundo contemporáneo

-Latín II.

-Matemáticas aplicadas ás CC.SS. I

-Matemáticas aplicadas ás CC.SS. II. -Literatura universal. -Hª da arte.

C) MODALIDADE DE ARTES 1º BACHARELATO ARTES PLÁSTICAS, ARTES ESCÉNICAS, DESEÑO E IMAXE MÚSICA E DANZA -Cultura audiovisual. -Análise musical I -Debuxo artístico I -Anatomái aplicada -Debuxo técnico I -Cultura audiovisual. -Volume -Linguaxe e práctica musical

2º BACHARELATO ARTES PLÁSTICAS, ARTES ESCÉNICAS, DESEÑO E IMAXE MÚSICA E DANZA -Hª da arte. -Artes escénicas. -Técnicas de -Hª da música e da expresión gráficodanza. plástica. -Literatura universal. -Deseño. -Análise musical II -Debuxo artístico II. -Debuxo técnico II.

MATERIAS OPTATIVAS  

Elexir 1 en primeiro e 1 en segundo. Podes elexir como optativa unha materia de modalidade. OPTATIVAS DE 1º E 2º DE BACHARELATO

-Música -Segunda lingua estranxeira. É a única optativa que podes cursar en 1º e en 2º de bacharelato. -Tecnoloxías da información e comunicación -Antropoloxía -Ética e filosofía do dereito -Filosofía da ciencia e da tecnoloxía -Métodos estatísticos e numéricos -Literaturas hispánicas (Ofértase só en 1º Bach) -Xeograría e Historia de Galicia -Xeoloxía (Ofertase só en 2º Bach. Necesario ter cursado en 1º Bioloxía e Xeoloxía) -Literatura galega do século XX e actualidade. (Ofértase só en 2º Bach) Ao rematar o bacharelato obtés o Título de Bacharelato.

IES Poeta Añón


ACCESO Á UNIVERSIDADE ¿COMO PODO ACCEDER AOS ESTUDOS DE GRAO NA UNIVERSIDADE?     

Título de bacharelato e aprobar as probas de acceso a grao (PAEG) Co título de Técnico Superior, tras cursar un ciclo formativo de grao superior de formación profesional. Co título de Técnico Deportivo, tras cursar un ciclo formativo deportivo de grao medio. Co título de Técnico de Artes Plásticas e Deseño ( acceso a Bacharelato de Artes.) Aprobando a Proba de acceso a Bacharelato, para maiores de 20 anos.

 Se accedes con título de bacharelato deberás presentarte á selectividade. A túa nota de acceso á universidade calculase facendo a nota media das PAU (40%) e a nota media de bacharelato (60%). Deberás acadar un 5 para poder aprobar a selectividade e así acceder á universidade.  Se accedes con título de técnico superior en FP o acceso é directo ( non necesitas aprobar a selectividade). A túa nota de acceso á universidade calcularase facendo a media da cualificación dos módulos ( a excepción da formación en centros de traballo, FCT).

¿EN QUE CONSISTE A PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE? A Selectividade, tamén chamada PAU (proba de acceso á universidade), ou PAEG (proba de acceso a ensinanzas de grao) e unha proba á que deberás presentarte se queres acceder á universidade.

FASE XERAL -É obrigatoria para o alumnado de bacharelato.

FASE ESPECÍFICA -É voluntaria. Pode presentarse o alumnado de Bacharelato ou o de ciclos formativos de grao superior. É para mellorar a nota de acceso.

MATERIAS DAS QUE TE EXAMINAS -L. Castelá e literatura -L. Galega e literatura - Historia de España/ Historia da filosofía - Lingua estranxeira (inglés) -Materia de modalidade de 2º Bach - Un máximo de 4 materias de modalidade de 2º Bach. -Teranse en conta as dúas mellores notas. Ás notas aplicaráselle un factor de ponderación: x 0.1: se a materia pertence á rama de coñecemento. x 0.2: se ademais se considera materia prioritaria.

Deberás ter un 4 para que che faga media co expediente de bacharelato

IES Poeta Añón


EXEMPLO PARA CALCULAR A NOTA DE ACCESO: -Nota do expediente de bacharelato: 7.5 -Nota da fase xeral: 6.8 - Nota de acceso: (0.60 x 7.50) + (0.40 x 6.80) = 7.22 *Se te presentaches á fase específica: -Nota de materia a (prioritaria): 7 -Nota da materia b( prioritaria): 7.5 (7 x 0.2) + ( 7.5 x 0.2) = 2.9 NOTA DE ACCESO: 7.22 + 2.9 = 10.12

Podes consultar os parámetros de ponderación no ANEXO II.

OFERTA DAS UNIVERSIDADES GALEGAS E NOTAS DE CORTE En Galicia hai tres universidades: Universidade de A Coruña (http://www.udc.es/) , con campus en -Coruña -Ferrol Universidade de Santiago de Compostela ( http://www.usc.es/ )con campus en -Santiago de Compostela -Lugo Universidade de Vigo ( http://www.uvigo.es/ ), con campus en -Vigo -Pontevedra -Ourense

Esta é a súa oferta formativa e as notas de corte deste curso:

IES Poeta Añón


Para consultar máis información sobre universidade galegas:  Descaragando a guía do sistema universitario galego. Está no blogue do departamento de orientación.

 Entrango nas páxinas web das universidades galegas: Universidade de A Coruña http://www.udc.es/ Universidade de Santiago de Compostela http://www.usc.es/ Universidade de Vigo http://www.uvigo.es/

Se queres ter máis información sobre a oferta de graos universitarios noutras universidades no Pograma Orienta, que podes descargar no blogue do departamento de orientación do instituto: www.orientacioniespoeta.blogspot.com.es

FORMACIÓN PROFESIONAL (FP) CÓMO SE ACCEDE Á FORMACIÓN PROFESIONAL?

IES Poeta Añón


¿CALES SON OS RÉXIMES E AS MODALIDADES DA FP?  Réxime ordinario. Curso completo. Asistencia diaria obrigatoria.  Réxime de adultos. Cursase por módulos. Debes ter 18 anos.  Hai tres modalidades no réxime de adultos: o Presencial. Asistencia obrigatoria en horario de tarde. o A distancia. En aulas virtuais (Platega). Hai titorías de asistencia recomendable, pero non obrigatoria.

¿CÓMO SE ORGANIZAN AS ENSINANZAS EN FP?  Os ciclos formativos organízanse en FAMILIAS PROFESIONAIS. Existen 26 familias profesionais.  Cada Ciclo está estructurado en MÓDULOS PROFESIONAIS, con formación teóricopráctica (entre 1300 e 2000 horas) ó longo de 2 cursos.  Todos os ciclos formativos teñen FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO (FCT) 

Prácticas en empresas 3 meses ( 450 horas)

Non remunerado, con posibilidade de bolsas de desprazamento.

Validable por 1 ano de traballo no mesmo sector profesional

¿QUE CICLOS MEDIOS E CICLOS SUPERIORES PODO ESTUDAR EN GALICIA? O máis recomendable é que o consultes na páxina web da Consellería de Educación: http://www.edu.xunta.es/fp/oferta-fp

IES Poeta Añón


Se queres coñecer que módulos terás que realizar en 1º e/ou 2º podes consultar os folletos que a Consellería ten sobre FP. Podes descargalos dende este enlace: http://www.edu.xunta.es/fp/folletos-informativos-fp Hai un folleto para cada familia profesional.

Se o prefires pasa polo departamento de orientación que sempre hai algúns dispoñibles.

ADMISIÓN E PRAZOS EN FORMACIÓN PROFESIONAL Se queres matricularte en FP terás que facer dous trámites: unha preinscripción para solicitar os ciclos formativos que queres cursar, e formalizar a matrícula, unha vez que sexas seleccionado para cursar un ciclo. É moi importante que estes pendente dos prazos, en xuño e en setembro:

IES Poeta Añón


¿COMO SE VINCULAN AS MODALIDADES PREFERENTES E MATERIAS VINCULADAS DO BACHARELATO PARA O ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR? Se despois do Bacharelato queres acceder a un ciclo formativo de grao superior, deberás ter en conta que para acceder a determinadas familias debes cursar determinadas modalidades ( e incluso materias) no bacharelato. Podes consultar esta información no ANEXO III

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR Tódolos anos convócanse probas para acceder a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior. Os requisitos para presentarse son os seguintes: PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO: -Ter 17 anos. -Non ter o título da ESO. PROBAS DE ACCESO A GRAO SUPERIOR: -Ter 19 anos - Ter 18 anos e un ciclo de grao medio na familia profesional incluída na opción á que opta. -Non ter o título de Bacharelato.

CARACTERÍSTICAS DA PROBA:

IES Poeta Añón


ENSINANZAS DE RÉXIMEN ESPECIAL QUE SON AS ENSINANZAS DE RÉXIMEN ESPECIAL? Son as ensinanzas que precisan dunha proba de acceso para cursalas.      

Ensinanzas de idiomas Ensinanzas deportivas Ensinanzas de artes plásticas e deseño Ensinanzas de música e danza Ensinanzas de arte dramática Escola superior de Deseño

Se queres máis información sobre algún destos estudos pasa polo Departamento de Orientación do IES.

IES Poeta Añón


3. COÑEZO AS PROFESIÓNS

Nas páxinas webs que están a continuación podes consultar información sobre as profesións actuais e facerte unha idea máis concreta de en que consisten. Fonte: orientaguia.wordpress.com (Blog de Claudio Castilla)

ELIGE PROFESIÓN. Recurso no que se describen numerosas ocupacións: en que consisten, aptitudes necesarias, estudos a realizar, saídas laborais,…

www.eligeprofesion.org

EL ARCHIVADOR PROFESIONAL.

Páxina coa que poderás seleccionar numerosas profesións e coñecer en que consisten, que tarefas desenvolven, a formación que precisas, saídas profesionais…. Interésache se queres coñecer a formación profesional.

http://www.educastur.princast.es/fp/hola/pil_col/perfiles/index.html

IES Poeta Añón


GO! GUÍA DE OCUPACIONES. Buscador de profesións e actividades laborais a través de varias posibilidades de busca: por materias, actividade, entorno de traballo, alfabeticamente,…

http://www.guiadeocupaciones.info/cgi-bin/gwo.pl?accion=onlysee&pg=main/whoare#WHO2

GUÍA DE NUEVAS PROFESIONES. Aquí

tés unha descrición de novas

profesións emerxentes agrupadas por setores.

http://www.educastur.princast.es/fp/hola/ocupaciones/index.htm

QUIEROSER.NET Páxina con vídeos sobre distintas profesións correspondentes aos Ciclos Formativos.

http://www.quieroser.net/08/descarga.php

IES Poeta Añón


DICCIONARIO DE ESTUDIOS. Ferramenta con información das ocupacións e profesións agrupadas por ramas e sectores.

http://www.educaweb.com/estudios/

ITINERARIOS EDUCATIVOS PASAS. Ferramenta cun bloque de autoanálise (cuestionario vocacional), outro onde coñecerás os grupos profesionais e sectores de actividade, e outro sobre os itinerarios formativos despois da ESO.

http://www.educastur.es/itepasas/inicio.htm

WIKIOFICIOS. Wiki onde poderás explorar numerosos sectores profesionais: traballos e oficios, tarefas, formación, etc.

http://www.wikioficios.org/wiki/P%C3%A1gina_Principal

IES Poeta Añón


4. RESOLVO AS MIÑAS DÚBIDAS

Durantes o mes de maio e xuño haberá un horario especial no departamento de orientación para que poidas pasar a resolver as dúbidas que teñas en relación á toma de decisións sobre os teus estudos. A orientadora facilitaravos un horario para que sepades que día e en que recreo podedes pasar cada un de vos.

IES Poeta Añón


jfjjfjjf Consejo.- 1. Toda decisión implica cierto componente de incertidumbre. Si esperas hasta obtener una garantía total nunca tomarás la decisión, lo que es tan nefasto como lo que temes que pueda ocurrir si escoges la opción incorrecta. Consejo.- 2. Es más fácil demostrar lo negativo que lo positivo. Te será más difícil concluir qué tendrá éxito. Por ello, la falta de conclusiones negativas puede ser sinónimo de buenas noticias, aunque no puedas probar que la opción vaya a ser un acierto. Consejo.- 3. Involucra a los demás.- Si tienes dudas, nada te impide pedir consejo a terceros. Ya consultaste a los demás a la hora de elaborar la lista de opciones y puedes volver a hacerlo ahora. Lo más probable es que decidas hablar con una o dos personas: un buen amigo, tu padre, tu madre, un hermano mayor, el orientador o la orientadora de tu IES. Consejo.- 4. No debes perder tiempo ni malgastar el de los demás hablando por hablar. Diez o quince minutos son más que suficientes para que los demás hagan su aportación y te ayuden a aclarar tus ideas. Consejo.- 5. Consúltalo con la almohada.- Siempre es bueno poder consultar con la almohada una decisión, aún la menos trascendente. Disponer de un margen de tiempo entre la decisión y el momento de comunicarla puede ser de gran ayuda. El retomar el análisis después de una pausa disipa muchas dudas sin esfuerzo Fuente: orientacionandujar.com ( Evelina Asián Chaves y colaboradores)

IES Poeta Añón


5. TOMO DECISIÓNS

O último paso é tomar unha decisión. Dámosche algúns consellos que che poden ser útiles no proceso de toma de decisións.

Toda decisión implica certo compoñente de incerteza. Se esperas ata obter unha garantía total nunca tomarás unha decisión, que é tan negativo como o que temas que pode ocorrer se escolles a opción incorrecta. Se non sabes que é o que che gusta facer, empeza por descartar aquelas opcións que tes claro que non queres escoller. Pide consello a outras persoas: amigos, os teus pais, algún familiar que teña unha profesión que che guste, profesores… canta máis información mellor. Cando analices as profesións e os estudos que precisas para chegar a elas, empeza de arriba a abaixo. Por exemplo, se quero estudar Farmacia, mira que materias terás na carreira ( podes consultalo na páxina web da universidade), consulta logo que materias de 2º de bacharelato che ponderan 0.2 ( co cal xa saberás que materias tes que escoller para 2ºe en que modalidade). Podes consultar as ponderacións no ANEXO II. Sabendo as materias que precisas para 2º de bacharelato xa sabes que materias necesitas para 1º de bacharelato…polo que o itinerario xa está practicamente feito. Consulta as páxinas web das facultades ou os folletos de FP para coñecer as materias/ modulos que cursarás durante cada un dos cursos da carreira ou ciclo. (Tes os enlaces neste caderno) Se vas a facer bacharelato para logo acceder a un ciclo formativo de grao superior é importante que consultes como se vinculan as modalidades de bacharelato e os ciclos formativos de grao superior ( ANEXO III) Elixe uns estudos que che fagan sentir ben, que desfrutes, que te dirixan a unha profesión que che vaia a gustar desenvolver. Isto é máis importante que pensar nunha profesión “que teña salida” pero que non che guste. Vas a acceder ao mercado laboral dentro de 3-7 anos, en función do itinerario formativo que elixas, así que non sabes que profesións serán as mais demandadas nun futuro.

IES Poeta Añón


Para rematar, despois de buscar información, analizar os teus gustos e capacidades, coñecer o sistema educativo, investigar as profesións… imos poner por escrito a conclusión final.

ESTA ÚLTIMA PARTE DEBERAS FOTOCOPIALA E ENTREGARLLA A ORIENTADORA

O meu estudo elexido é o seguinte:

Requisitos/ condicións para acceder aos estudos:

Datas e lugar para solicitar o acceso:

IES Poeta Añón


Centros nos que o podo estudar:

Duración dos estudos:

Materias ou módulos que se estudan (anota as do 1º curso):

IES Poeta Añón


Estudos posteriores aos que permite aceder.

Traballos aos que permite aceder.

Anota outros aspectos de interese e dúbidas que teñas:

IES Poeta Añón


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.