BASES O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES de Ponteceso e a Biblioteca do IES de Ponteceso organizan co gallo do Día dos Namorados un concurso de cartas de amor e desamor. Anímase a todo o alumnado a que participe e a que ceibe do seu corazón os seus sentimentos máis profundos. 1 . As cartas terán como temática o amor ou o desamor e deberán estar escritas en lingua galega. 2. Os destinatarios deberán ser anónimos. 3. Admitirase unha soa carta por persoa. 4. A extensión máxima da carta será dun folio por unha cara. Deberán estar escritas a man. 5. Os traballos presentáranse sen ningunha identificación exterior, acompañados dun sobre pechado no que se fará constar o nome e o curso. 6. H abe rá dú as cate go rías de p re m io s: C atego r í a A : 1º, 2º e 3º d e E SO . C atego r í a B : o re sto d e cu r so s 7. O prazo límite para a presentación das cartas será o día 10 de febreiro. 8. O xurado estará composto por profesorado e alumnado do IES de Ponteceso. 9.
A participación no concurso implica a total aceptación destas bases.