magosto

Page 1


Unha das árbores máis fermosas que podemos atopar en Galicia é o CASTIÑEIRO.


Si se enterra unha castaña no mes de novembro, a unha fondura dunha cuarta poden pasar dúas cousas: -que a coman os ratos. -ou que xermole e que para a primaveira empeze a brotar xa algunha folla.. e logo vai medrando pouco a pouco: é un castiñeiro.


Pasado un ano pode medir dúas cuartas. E pasados dous anos pode medir un metro. Logo sigue medrando .

E, se a sorte é boa, ó cabo de nove ou dez anos pode dar xa as primeiras candeas, os primeiros urizos, e as primeiras castañas.


No mes de abril os castiñeiros empezan a vestirse con follas grandes e fermosas, e no mes de xuño botan as súas flores. Das flores nacerán no mes de xullo os urizos, que irán medrando, e que alimentarán dentro deles, escondidas, as castañas. Os urizos vístense de picos, para defender o seu tesouro interior das mans dos impacientes.


Cando chega o mes de outubro abren as súa camisola os urizos e deixan caer as primeiras castañas. No mes de novembro caen as castañas e os urizos, e secan as follas.


Entón empeza o tempo de coller as castañas. Chámaselle soutos ás fincas nas que hai castiñeiros. Unha a unha vanse collendo as castañas do chan e bótanse para un canastro. Cando se enche o canastro bótanse nun saco. E cando se enche o saco ataselle a boca e lévase para a casa.


¿Para qué sirven as castañas? As mais pequeniñas e as que están vacías dánselle ós porcos, que as comen de maravilla. E as outras sirven de alimento para as persoas.


As casta帽as p贸dense comer de moitas maneiras: -Recien collidas, p贸dense asar nunha tixola, para comelas.


-As castañas verdes, tal como veñen da árbore, tamén se poden cocer nunha pota, con auga e un pouco de sal. Son as "castañas cocidas".


A castaña ten a súa propia festa gastronómica: o magosto. Os amigos, os veciños, os nenos do colexio, os homes e as mulleres, xúntanse arredor dun lume encendido no chan, con pico e leña e botan castañas verdes no lume, para que se asen e despois comelas.


A festa do magosto celebrase arredor do San MartiĂąo, alĂĄ polo 11 de novembro.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.