Linguaxe do cine

Page 1


GRAN PLANO XERAL O gran plano xeral ou plano xeral longo mostra un grande escenario ou unha multitude. O suxeito (ou figuras) non se pode ver ou ben queda diluĂ­do no ĂĄmbito, afastado perdido, pequeno, masificado.


PLANO XERAL

Mostra un escenario amplo. Interesa o elemento visual (suxeito) e o seu 谩mbito. Xeralmente ten unha funci贸n descritiva.


PLANO DE CONXUNTO OU PLANO CURTO

Mostra a un grupo de persoas ou elementos visuais interatuar entre si. Pode ter un valor descritivo, narrativo ou dramรกtico.


PLANO DE CORPO ENTEIRO OU PLANO FIGURA Mostra unha persoa de corpo enteiro, de pé ou noutra posición, e o ámbito que a rodea. Poderíase dicir que abrangue dende a cabeza ata os pés. Ten un valor descritivo pero pode potenciar o valor expresivo ou dramático


PLANO AMERICANO OU PLANO MEDIO LONGO Encadra dende a cabeza aos xeonllos. Ten un valor narrativo e dramático. Naceu no xénero Western americano.


PLANO MEDIO Encadra dende a cabeza á cintura do suxeito. Corresponderíase coa distancia de relación persoal, distancia adecuada para mostrar a realidade entre dous suxeitos.


PLANO MEDIO CURTO Encadra o suxeito dende a cabeza ata a metade do torso. Permite illar o personaxe e concentrar nel a mรกxima atenciรณn. Se encadra dous personaxes chรกmase TWO SHOT.


PRIMEIRO PLANO Utilízase para mostrar o rostro dunha persoa ou calquera obxecto de forma moi próxima. No caso da figura humana recollería o rostro e os ombros. Utilízase para mostrar confidencia e intimidade.


PRIMERÍSIMO PRIMEIRO PLANO

Corta a imaxe do personaxe dende a fronte ao queixo. Ten unha función psicolóxica, íntima e asfixiante.


PLANO DETALLE É o máis próximo de todos os planos e úsase para mostrar detalles e destacar elementos importantes para a trama da película.


PLANO NORMAL OU NEUTRO O ángulo da cámara é paralelo ao chan e á altura dos ollos do personaxe. Mostra ao suxeito e o seu aspecto físico.


PICADO A cámara grava a unha altura lixeiramente superior aos ollos (en caso de suxeitos) ou da altura media (en caso de obxectos), coa cámara lixeiramente orientada cara ao chan. Utilízase para transmitir ao observador que alguén é inferior, inocente, débil, fráxil, inofensivo ou mesmo para ridiculizar.


PLANO CENITAL É un plano realizado dende arriba, xusto enriba dos suxeitos ou obxectos. Xeralmente ten un efecto estético da imaxe.


PLANO CONTRAPICADO A cámara sitúase en fronte e a unha altura lixeiramente inferior aos ollos do suxeito, ou inferior da altura media dun obxecto. Coa cámara lixeiramente orientada cara ao teito. Serve para enxalzar e magnificar ao suxeito ou obxecto.


PLANO NADIR A cámara sitúase totalmente por debaixo do suxeito, con ángulo perpendicular ao chan. Úsase a nivel estético para dar dramatismo, interese á escena ou dá dinamismo á acción.


PLANO SUBXECTIVO

A cámara substitúe á mirada do personaxe, nós vemos o que se supón que ve.


PLANO DORSAL OU SEMISUBXECTIVO

Explícanos que ve o protagonista pero incluíndoo. Tamén nos dá un poder sobre os suxeitos: nós vémolos pero eles a nós non. É típico das películas de medo.


CONTRAPLANO Típico plano de conversación. Inclúe o suxeito protagonista de cara e o suxeito que escoita de costas. Resalta o suxeito que ten a acción nese momento. A cámara sitúase detrás do suxeito filmado, en 45 graos.


PLANO HOLANDร S O ABERRANTE A cรกmara estรก inclinada uns 45 graos e comunica ao espectador un efecto de inestabilidade, รก vez que serve para dar dinamismo รก escena.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.