O Substantivo

Page 1

O SUBSTANTIVO O substantivo é unha clase de palabras que serve para designar seres vivos, obxectos, ideas, sensacións, etc. É unha palabra variable formada por un lexema, morfemas flexivos de xénero e número e morfemas derivativos (só nalgúns casos).

O XÉNERO: OS SUBSTANTIVOS INVARIABLES non presentan oposición de xénero, senón que ou ben son masculinos ou ben femininos (a xirafa macho, o disco, a ponte...). 

Substantivos invariables femininos: o A maior parte dos nomes das árbores froiteiras e o seu froito. Con todo, son masculinas: o pexegueiro, o limoeiro. o Os substantivos rematados en –axe: a paisaxe ...(agás o traxe, o paxe, o garaxe) o Os rematados en –se, -te, -ite: a analise, a crise, a paréntese, a apendicite, ... o Outros substantivos femininos: a orixe, a ponte, a dor, ... Substantivos invariables masculinos: o Os nomes das letras do alfabeto: o erre, o hache... o Os substantivos rematados en –ume: o costume, o cume....(agás a pesadume, a servidume...) o Outros substantivos masculinos: o dote, o cárcere, o diadema....

OS SUBSTANTIVOS VARIABLES presentan oposición de xénero (en xeral, morfema –o para masculino, morfema –a para feminino)    

Ás veces, o xénero feminino indícase cos morfemas –iña, -ina: galo/galiña, heroe/heroína. Outras, a oposición indícase con lexemas distintos: home/muller. Outros , marcan a oposición de xénero mediante o determinante: o/a deportista, o /a cantante. REGRAS DE FORMACIÓN DO FEMININO: MASCULINO FEMININO Rematados en –o ou en –a át Substintúen a vogal final por –a Rematados en –eu fan o feminino en –ía: xudeu/xudía, sandeu/sandía Rematados en vogal tónica Engaden –a: avó/avoa Rematados en consoante Engaden un –a: distinta de –n Deus/deusa, profesor/profesora Rematados en -ón  fan o feminino en –oa: león/leoa, patrón/patroa  fan o feminino en –ona: mangallón/mangallona, Rematados en -án  fan o feminino en –á: fisterrán/fisterrá,  ou ben en –ana: folgazán/folgazana.


O NÚMERO: REGRAS DE FORMACIÓN DO FEMININO 

 

Engádese –s se en singular as palabras rematan en vogal, ditongo ou consoante que non sexa –r, -z, -s ou –l (cadro/cadros, xersei/xerseis, bailarín/bailaríns, tic/tics). Engádese –es:  Ás agudas que rematan en –s no singular: compás/compases.  Se os substantivos rematan en –r ou –z: xogador/xogadores, raíz/raíces.  Cando en singular rematan en –l e son monosílabas ou graves: ril/riles, fácil/fáciles. Cámbiase o -l por –is se rematan en –l e son palabras polisílabas agudas (canal/canais, mandil/mandís) Permanecen invariables as graves ou esdrúxulas rematadas en –s e todas as rematadas en –x (o lapis/os lapis, o mércores/os mércores, o fax/os fax, o tórax/os tórax)


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.