O ADXECTIVO Os adxectivos cualificativos son palabras que modifican o substantivo expresando propiedades ou características deste. Igual ca os substantivos, presentan variación de xénero e número. E para a formación do feminino e do plural, o adxectivo segue as mesmas regras ca o substantivo. Se atendemos á forma de concretar o substantivo, distinguimos dúas clases de adxectivos: os especificativos e os explicativos: Os adxectivos explicativos ou epítetos expresan unha característica propia do substantivo que modifican (neve fría; pedra dura). Os adxectivos especificativos serven para individualizar o substantivo dentro dun grupo de posibilidades, atribuíndolle unha calidade que non lle é propia (casa amarela; rapaza loura).
GRAOS DO ADXECTIVO: O adxectivo pode presentar tres graos, segundo a intensidade con que cualifique ao substantivo:
Grao positivo: o adxectivo expresa a calidade do substantivo sen comparala nin intensificala (Antía é boa estudante). Grao comparativo: as calidades indicadas polo adxectivo están en comparación con outros elementos. A comparación pode ser: o o o
De igualdade: Mariña é mais alta ca Martiño. De superioridade: Mariña é tan alta coma Martiño De inferioridade: Mariña é menos alta ca Martiño
No grao comparativo diferéncianse dous elementos básicos:
PRIMEIRO TERMO
SEGUNDO TERMO
adverbio
Adxectivo en grao positivo
conxunción
Elemento de comparación
Máis
listo
ca
un allo
USO COMPARATIVAS
DAS
CONXUNCIÓNS
IGUALDADE
Coma: ante pronome Está tan canso coma ti. persoal tónico. Seica era tan intelixente Como: ante forma como contan. verbal conxugada. Dixo catro palabras Coma ou como: ante claras coma/como a outros elementos. auga.
SUPERIORIDADE E INFERIORIDADE
Ca: ante pronome persoal tónico. Do que: ante forma verbal conxugada. Ca ou que: ante outros elementos.
Estás máis/menos moreno ca min. É máis/menos parvo do que pensabas. Púxose máis/menos vermello ca/que un tomate.
Grao superlativo: o adxectivo expresa a calidade do substantivo no seu grao máis elevado. O superlativo pode ser absoluto ou relativo. o O superlativo absoluto indica unha calidade no grao máximo sen comparala con nada. Créase de dúas maneiras: De maneira sintética: engadindo a terminación –ísimo, ísima ou –érrimo ao adxectivo (brancobranquísimo;amable-amabilísimo; pobre-paupérrimo). De maneira analítica: co adverbio moi ou ben antes do adxectivo (moi branco/ben branco). o O superlativo relativo, cando a calidade se compara coa doutros substantivos (Roi é o máis divertido da clase). FORMAS ESPECIAIS QUE POSÚEN ALGÚNS ADXECTIVOS PARA EXPRESAREN OS GRAOS COMPARATIVO E SUPERLATIVO POSITIVO
COMPARATIVO
SUPERLATIVO
Bo, boa Malo, mala Grande Pequeno, pequena Alto, alta Baixo, baixa
Mellor Peor Maior/meirande Menor
Óptimo, óptima Pésimo, pésima Máximo, máxima Mínimo, mínima
Superior Inferior
Supremo, suprema Ínfimo, ínfima