A ciencia como profesión 2

Page 1

CAMPUS TERRA - LUGO

XUVENCIENCIA NA AULA- 2019

ENQUISA CIENTÍFICA

Tras levar a cabo a enquisa no noso centro, podemos concluír que si que hai diferenza en canto a sexo tanto na nosa enquisa como na dos científicos, xa que as opcións escollidas na nosa enquisa polos homes e as mulleres son diferentes nas mesmas preguntas.

Pregunta 1(Que espero da miña carreira profesional?): As 4 opcións máis elixidas na pregunta 1 na enquisa das alumnas foron “aprender continuamente cousas novas” (32%), “ter un bo soldo” (32%), “facer algo importante, contribuír á sociedade” (44%) e “tempo para a familia e amigos”(44%). As mulleres da gŕafica dos científicos están de acordo coas da gráfica das alumnas en “aprender continuamente cousas novas”, xa que foi escollida por un 84%. En cambio, as opcións que máis valoran as mulleres científicas na pregunta 1 son: “facer tarefas motivadoras”(63%), “ter flexibilidades á hora de organizar o traballo e a xornada laboral” (61%) e “liberdade para poñer en práctica ideas propias” (42%). En canto aos homes, os alumnos do Perdouro na pregunta 1 escolleron maioritariamente “ter un bo soldo”(50%), “facer algo importante, contribuir á sociedade”(28%), “ter tempo para a familia e amigos” (59%) e “ter establidade e seguridade laboral”(33%). Como vemos, coinciden en moitas coas opcións das alumnas, pero non coinciden en ningunha coa gráfica dos científicos, que escolleron maioritariamente: “tarefas motivadoras”(79%), “aprender continuamente cousas novas”(81%), “flexibilidade á hora de organizar o traballo e a xornada laboral”(40,5%) e “liberdade para poñer en práctica ideas propias”(50,5%).

Pregunta 2 (Que podo ofrecer?): Con respecto á pregunta 2, as alumnas do Perdouro votaron maioritariamente: “creatividade”(33%), “paciencia e perseveranza”(29%), “capacidade para asumir responsabilidades”(32%) e “mentalidade aberta”(41%), coincidindo coas mulleres científicas en “creatividade”(58%) e “paciencia e perseveranza”(50%). Ademais, as seguintes máis votadas polas científicas foron “capacidade analítica e rapidez de percepción”(47%) e “pensamento crítico”(52%). Os alumnos do Perdouro elixiron maioritariamente: “traballo en equipo”(28%), “motivación persoal”(30%), “mentalidade aberta”(26%) e “pensamento crítico”(28%), coincidindo cos homes científicos en “pensamento crítico”(52%). Ademais, os científicos tamén escolleron maioritariamente: “creatividade”(70%), “paciencia e perseveranza”(52%) e “capacidade analítica e rapidez de percepción”(43,5%).

IES PERDOURO

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA - 2019


CAMPUS TERRA - LUGO

XUVENCIENCIA NA AULA- 2019

Como vimos no estudo, as alumnas coincidiron en moitas máis preguntas coas científicas que os alumnos cos científicos. Pero, aínda así, a ciencia e a enxeñería parecen ser aínda “cousa de homes”, posto que as mulleres están infrarrepresentadas neses campos. Isto débese á cantidade de estereotipos que hai na sociedade con respecto ao sexo e á carreira profesional. Moitas mulleres acaban escollendo outras carreiras alternativas por medo ao “que dirán” ou, simplemente, porque saben que se van atopar a moi poucas mulleres estudando iso. E o mesmo pasa cos homes, xa que moitos non se deciden a estudar carreiras elexidas maioritariamente por mulleres por vergonza ou pola pouca representación masculina que hai nesas carreiras. En definitiva, non deberían existir diferenzas entre homes e mulleres á hora de elexir o que se vai estudar porque non hai carreiras específicas para homes nin específicas para mulleres, todos estamos igual de capacitados para todas.

En conclusión, cabería dicir que as respostas dos científicos diferiron bastante das respostas dos alumnos, tanto en homes coma en mulleres. De todas maneiras, non podemos afirmar ningunha conclusión contundente porque a poboación dos datos foi escasa: na enquisa dos científicos participaron 200 homes e 62 mulleres e na enquisa do Perdouro participaron 162 homes e 189 mulleres.

Que espero da miña carreira profesional? IES Perdouro Non levar traballo á casa Estabilidade e seguridade laboral Liberdade para pór en práctica ideas propias Salvar o mundo ou polo menos facer del un lugar mellor Ambiente de traballo relaxado Unha progresión rápida en responsabilidade e soldo Viaxar polo mundo Unha idea clara e precisa do que hai que facer Tempo para a familia e amigos Facer algo importante, contribuír á sociedade Flexibilidade á hora de organizar o traballo e a xornada laboral Un traballo cun certo prestixio Un bo soldo Aprender continuamente cousas novas Tarefas motivadoras

H M

0

IES PERDOURO

5

10

15

20

25

30

35

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA - 2019


CAMPUS TERRA - LUGO

XUVENCIENCIA NA AULA- 2019

Que podo ofrecer? IES Perdouro Curiosidade e espírito lúdico Mobilidade internacional Autonomía no traballo Paixón Habilidades comunicativas Pensamento crítico Mentalidade aberta Capacidade analítica e rapidez de percepción Motivación persoal Capacidade para asumir riscos Capacidade para asumir responsabilidades Traballo en equipo Xestión do tempo e establecemento de prioridades Capacidade para asumir a iniciativa Coñecementos de inglés Habilidade matemática Paciencia e perseverancia Creatividade

H M

0

IES PERDOURO

5

10

15

20

25

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA - 2019

30


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.