personaxes femininos da literatura e a mitoloxía clásica

Page 1

EURÍDICE Eurídice Εὐρυδίκη era unha ninfa de Tracia. Un día o poeta Orfeo coñécea e namóranse. No día da súa voda, Eurídice sofre un intento de rapto. Ela escapa, pero na súa carreira pisa unha víbora que lle morde un pé e lle provoca a morte. Orfeo, desesperado, decide baixar a buscala ao inframundo.


DAFNE Dafne. Δάφνη (loureiro) Dafne foi perseguida por Apolo, a quen Eros disparara unha frecha dourada para que se namore dela. Ela fuxiu de Apolo porque Eros lle disparara á súa vez unha frecha con punta de chumbo, que provocaba desprezo e desdén. Durante a persecución, Dafne implorou axuda ao deus do río, quen a transformou en loureiro, árbore que desde ese momento se converteu en sagrada para Apolo.


HIPÓLITA Hipólita Ἱππολύτη é a raíña amazona, dona dun cinto máxico que lle regalara o seu pai, Ares, o deus da guerra. Ο noveno traballo de Heracles foi obter o cinto a petición da filla de Euristeo. Nunha versión da historia, Hipólita namórase de Heracles e dalle o cinto voluntariamente.


HELENA DE TROIA Helena de Troya Ἑλένη, raíña de Esparta. O seu nome fai referencia á "luz que brila na escuridade”. Era considerada filla de Zeus e pretendida por moitos heroes debido á súa gran beleza. Foi seducida ou raptada por Paris, príncipe de Troia, o que deu orixe á Guerra de Troia.


AFRODITA Afrodita Ἀφροδίτη ( Escuma do mar ), na mitoloxía grega, Venus na mitoloxía romana. É a deusa da beleza, o amor, o desexo e a reprodución. Nace do sangue e o seme de Urano e da escuma mariña. Os seus animais son a pomba e o golfiño. Como plantas ten a rosa e o mirto.


ARTEMISA Artemisa Ἄρτεμις na mitoloxía grega, Diana na mitoloxía romana. Era filla de Zeus e Leto, e a irmá xemelga de Apolo. Deusa virxe da caza, protectora da Natureza e a Lúa. Na arte grega clásica adoita ser representada como unha cazadora virxe, nova, alta e delgada, levando un vestido curto,con botas de caza, arco e frechas. A miúdo aparece na pose de disparar e acompañada por un can de caza ou un cervo.


HERA Hera Ἥρα, na mitoloxía grega. Considéraselle a esposa lexítima e eterna de Zeus, deusa do matrimonio e do fogar. Con ela, Zeus tivo a Ares, Hebe, Ilitía e Hefesto, pero Zeus non lle foi fiel e tivo moitas aventuras amorosas con outras deusas inmortais, Esta deusa participou no xuízo da mazá de ouro, pero non foi elixida como a máis bela porque Paris preferiu a Afrodita. Este feito supuxo a guerra de Troia. Os seus atributos eran o pavo real, que é o símbolo da primaveira, e a granada, que é o símbolo da fecundidade.


ATENEA Atenea Ἀθήνα na mitoloxía grega, Minerva na mitoloxía romana. Patrona da cidade de Atenas, é a deusa da guerra, civilización, sabedoría, estratexia, das artes, da xustiza e da habilidade. Naceu da testa de Zeus completamente armada, despois de que este se tragase á súa nai Metis. Os seus atributos son a longa lanza e o escudo (coa cabeza da Gorgona); tamén a éxida e o fuso. Os seus animais son a curuxa e a serpe. Como plantas ten a oliveira.


DIDO Dido Fundadora e primeira raíña de Cartago. A súa fama débese principalmente ao relato incluído na Eneida do poeta romano Virxilio. Cando Eneas chega á costa de Cartago, Dido namórase del enseguida e Eneas correspóndea. Pasan un tempo xuntos, pero Eneas, que recibiu de Xúpiter a misión de fundar un novo pobo no Lacio, debe partir cara ao seu destino.O heroe, pese á dor que lle ocasiona, obedece a vontade divina e deixa Cartago. Tremendamente desconsolada e ofendida, Dido decide suicidarse maldicindo o abandono de Eneas. Desde ese momento comeza o histórico odio de Cartago cara a Roma.


CLEOPATRA Cleopatra Filopátor Nea Thea ou Cleopatra VII Κλεοπάτρα Φιλοπάτωρ é a última raíña do Antigo Exipto e da dinastía ptolemaica. Foi a primeira desta dinastía que aprendeu a falar o idioma exipcio; pero non só coñecía este idioma, senón tamén grego, hebreo, sirio e arameo e quizais latín. Foi instruída nos campos da literatura, música, ciencias políticas, matemáticas, astronomía e menciña. Ademais tiña fama de posuír modais doces e refinados e unha suxestiva voz, cousas que facían dela unha muller moi sedutora.


LUCRECIA Lucrecia é un personaxe pertencente á historia da Antiga Roma, coetánea do último rei romano, Tarquinio o Soberbio (534510 a. C.). Filla do ilustre romano Lucrecio Tricipitino, contraeu matrimonio con Colatino. Foi vítima dunha violación perpetrada por Sexto Tarquinio, fillo de Lucio Tarquinio. Esta ultraxe e o posterior suicidio de Lucrecia, desencadearon a caída da monarquía e o establecemento da República.


HYPATIA DE ALEXANDRÍA Hipatia viviu en Alexandría no século IV a.C. Foi filla dun soado matemático e astrónomo. Unha muller culta e tolerante cunha inmensa sede de coñecementos. Aprendeu todo o que sabía o seu pai e superouno. A súa casa converteuse en lugar de ensino e reunión para aqueles interesados en ciencia, filosofía e outras disciplinas. Inventou un aparello para destilar a auga e un hidrómetro para medir a densidade dos líquidos. Pero naqueles tempos co auxe do cristianismo en Alexandría algúns fanáticos relixiosos non aceptaron a unha muller coa súa sabedoría e tolerancia. Hipatia foi asasinada e as súas obras destruídas.


CANDIDATO ROMANO TOGA CANDIDA

Provén de "candidus", brillante. Esta toga utilizabana os candidatos a unha maxistratura pública. O seu nome provén de que eran tratadas con xiz para darlle unha cor branca que resalte. Isto simbolizaba pureza das súas intencións.


ASPASIA DE MILETO Aspasia de Mileto (Ἀσπασία) 470 a. C.– 400 a. C. Filla de Axíoco, foi unha muller famosa por haber estado unida ao político ateniense Pericles, desde aproximadamente o 450 a.C. ata a morte deste no 429 a.C. Mestra de retórica e logógrafa, tivo gran influencia na vida cultural e política na Atenas do Século de Pericles.


Os vestidos gregos e romanos


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.