Recomendacións veran 16

Page 4

LECTORES AUTÓNOMOS (2º CICLO) O MISTERIO DO LIXO MUTANTE Carlos Freire Edit.: Sushi Books Catro gatos da rúa, Fiz, Carlocho, Felisa e Nébedo atopan entre restos de comida unha botella cuns estraños xeroglíficos. A curiosidade por coñecer o autor da misteriosa mensaxe levaraos a vivir múltiples aventuras, escoitar historias entretidas e a descubrir os segredos do mundo da reciclaxe.

EL LETRERO SECRETO DE ROSIE Maurice Sendak Edit.: Kalandraka O poder da imaxinación e a súa capacidade transformadora da realidade son os elementos que utilizan Rosie e os seus amigos para reinventarse cada día. Xogar a ser outro, diluírse en diferentes máscaras para facer da vida un lugar emocionante.

CONTOS PARA NENOS QUE DORMEN DESEGUIDA Pinto & Chinto Edit.: Kalandraka 28 contos que sorprenden pola súa brevidade, orixinalidade e sentido do humor.

Beatriz Osés

LO QUE SABEN LOS ERIZOS Edit.: Kalandraka

Poemas impregnados de melancolía. A nena protagonista recorre a distintos animais para pescudar canto pesa unha bágoa. Pero nin a balea, nin a cigarra, nin a musaraña saben "cando pasa a negra tristeza". Unha invitación a endulzar con alegría os malos momentos .

SWIMMING WITH DOLPHINS Edit.: Oxford (Read and imagine, level 4) Dan, o científico, traballa con golfiños. Ludo, o golfiño, está baixo a auga e non pode respirar. Quen o axudará? Inclúe CD.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.