Boletín xun 16

Page 1

BOLETÍN INFORMATIVO PARA AS FAMILIAS NOVAS DO CENTRO

Xuño 2016

EXAMES DE SETEMBRO: 1, 2, e 5 de dito mes. O calendario de exames estará exposto no taboleiro de entrada e na páxina web do IES. Deberá presentarse todo o alumnado que teña materias suspensas en xuño. CONFIRMACIÓN DE MATRÍCULA Todo o alumnado de 3º, 4º e Bach que tralos exames de setembro teña que repetir curso deberá facer unha confirmación de matrícula na secretaría do centro do 7 ao 12 de setembro. Para poder garantir a oferta das optativas é imprescindible confirmar a matrícula o máis pronto posible, en canto se saiban as notas. SOLICITUDE DE TRANSPORTE O alumnado de 1º Bach, 2º Bach e Ciclos Formativos que necesite transporte escolar para o curso 2016-2017 deberá facer una solicitude de transporte na secretaría do centro dende o 8 de setembro. LIBROS DE TEXTO O listado de libros de texto para 2º e 4º ESO estará exposto no taboleiro da entrada e na páxina web do IES a partir do 11 de xullo. O alumnado que vaia cursar 1º ou 3º ESO e solicitara o banco de libros, debe esperar a que se inicie o curso e lle sexan adxudicados os libros para mercar os que lle falten. Se queres cursar ciclos formativos infórmate na secretaría do IES ou na páxina web da CCEOU edu.xunta.es/fp. (É imprescindible facer a solicitude vía web agora ao finalizar o curso). Despedimos ao equipo directivo saínte agradecéndolle o seu esforzo durante todos estes anos de traballo para o centro.

O INICIO DE CURSO, SERÁ PREVISIBLEMENTE O 15 DE SETEMBRO.

GAÑADORES DO “CONCURSO PROYECTA INNOVACIÓN” O noso proxecto Empoléirate na Ciencia foi o gañador do Concurso Proyecta Innovación Innovación!!! !!! O proxecto abarca deseño de prototipos e impresión 3D, e foi posto en marcha polo departamento de Tecnoloxía, nas persoas de Celso Fernández e da alumna de mestrado (e exalumna do centro) Beatriz Blanco Rodríguez, con colaboracións varias de outros departamentos (biblioteca, inglés, plástica, etc.) e coa mediación da coordinación dos contratos programa, na persoa de Irma Fernández. Entre todos acadaron para o centro o primeiro premio do Concurso Proyecta Innovación, que concede a Plataforma Proyecta, dependente da Fundación Fernández Latorre e da Fundación Amancio Ortega. Tras unha primeira fase de selección, e xunto con outros nove centros, chegamos á final, que tivo lugar no VI Encontro Inspiratics, Inspiratics promovido pola mesma plataforma, e na que tivemos que defender o noso proxecto durante 10 minutos, respondendo a continuación ás preguntas do xurado. Os encargados da defensa foron os profesores xa mencionados, coa inestimable axuda de dous dos alumnos implicados: Iván Dobaño e Rubén Valado. Para facelo apoiáronse nunha espectacular montaxe audiovisual elaborada por Carlos Alonso, do departamento de Inglés e con música de Xabier Oviedo, o encargado da xestión dos equipos informáticos do centro. Un gran traballo en equipo!!! Máis información en http://www.plataformaproyecta.org/


DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

CICLOS FORMATIVOS

Visita do IES de Melide O intercambio cultural con outros centros é unha das actividades que o alumnado máis disfruta. Neste curso visitounos o IES de Melide. As 10.30 da mañá chegaron a Celanova. Recibímolos interpretando a BSO de Breaveheart en concordancia co proxecto da Biblioteca " O CINE“. O resto do día non paramos: visita ao mosteiro, á casa dos poetas, concerto didáctico de órgano... A nosa vila ten moito que ofrecer!!!

Taller de convivencia. O alumnado de FP Básica e Ciclo Medio participou nunha actividade para fomentar o autocontrol. Quedaron moi contentos coa coordinadora da actividade e, por suposto, coa actividade en si.

Intercambio co IES Ramón Aller Ulloa de Lalín En palabras da nosa coordinadora de dinamización lingüística, Mª Carmen Valugo, "As boas experiencias hai que repetilas: iso pensamos Pilar Espiño e mais eu cando decidimos organizar o II Encontro entro alumnado do IES Ramón María Aller Ulloa e o IES Celanova Celso Emilio Ferreiro. O día 6 de Abril, iremos a Lalín coa intención de pasar un día inesquecible.” E así foi!

Visita a Gadisa Tamén foron visitar o o centro loxístico da empresa Gadisa e a coñecer a vila de Betanzos. Roberto López .

Encontro con Saamira Ganay O alumnado do IES participou nun encontro moi especial coa actriz ourensá Saamira Ganay, no que coñeceu máis de cerca o mundo do audiovisual galego, e no que tivo a oportunidade de entrevistala, preguntándolle todo tipo de dúbidas acerca da súa vida profesional e persoal e sobre o que acontece tralas cámaras nunha rodaxe. Todo isto e moito máis poderédelo atopar na revista do centro elaborada polo EDLG: O Poleiro, que xa está editada.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

O departamento de Administrativo desexa que o curso teña sido de utilidade tanto a nivel profesional como a nivel persoal, e agardamos que os que remataron teñan un marabilloso futuro cheo de oportunidades que saiban aproveitar.

VIAXE A ASTURIAS

- Colaboración na información que se lle aportou ao alumnado de Bacharelato e ESO sobre estudos posteriores , elección de optativas etc. -Colaboración na Xornada de Portas Abertas, para aquel alumnado de nova incorporación ao centro tanto de Bacharelato coma de 6º de Primaria dos centros adscritos. -Contacto coas Universidades de Santiago para falarlles sobre o Selectivo, matrícula, residencias , Becas etc. - Charlas informativas con diferentes temáticas: Grao de Xeografía e Historia; saídas profesionais e académicas do Exército, uso de Internet , acoso escolar e prevención de drogas (esta última impartida pola Garda Civil), etc. -Taller de Habilidades Sociais para 3º de ESO, impartido polo Educador Social da Mancomunidade.

O alumnado de 4ºESO aproveitou o remate dos exames para viaxar do 17 ao 20 de xuño a Asturias. O comportamento do alumnado foi excelente e os profesores acompañantes, Javier Fernández e Toña Morgade, voltaron encantados da experiencia.

E non deixes de visitar os nosos Blogs!!! Meteoescolas: http://escarabana.blogspot.com.es/ EDLG: http://edlgblog.blogspot.com.es/

Biblioteca: http://bibliotecapoleiro.blogspot.com.es/ Contratos-Programa / Proxecto Road to CERN: http://roadtocern.blogspot.com.es/


ACTIVIDADES DO CENTRO ACTIVIDADE

ALUMNADO

DEPTO.

Mércores

Atletismo

14 alumnos

Ed. Física

1

O POLÍGONO NUNCA VISTO (EXPOOURENSE)

CM XA

CMXA

4

TEATRO INGLÉS

DATA Abril

Road to CERN, o noso proxecto dependente dos Contratos Programa que partiu do departamento de Tecnoloxía e contou coa colaboración dos de Inglés, Francés e Matemáticas, finalizou da mellor maneira posible. A viaxe a Xenebra foi todo un éxito do que ata a prensa fixo eco, e é que visitar as instalacións de investigación en física máis importantes do mundo (o CERN) non se fai tódolos días. O alumnado participante no proxecto pasou por varias fases que podedes ver no noso blog, roadtocern.blogspot.com.es.. . E finalmente, visitou Xenebra entre os días 3 e 6 de Xuño nunha experiencia inesquecible: algúns viaxaron por primeira vez en avión, outros estiveron por primeira vez no estranxeiro, todos se abraiaron coas marabillas da ciencia, sorprendéronse coa beleza do lago Leman navegando dun lado ao outro, practicamos idiomas, tiveron tempo para o lecer e para probar a fondue de queixo, e mesmo para visitar museos e viaxar en tranvía… Experiencia Road To CERN… inesquecible!!!

VIAXE A PORTUGAL O alumnado de 4ºESO B, xunto cos profesores Juan Lamas e Castor Pérez, está, a peche deste boletín, disfrutando dunha viaxe a Trasosomontes (Portugal), e, a xulgar pola foto, parece que o están pasando moi ben! Desexamos que todo vaia estupendamente e teñan un bonito recordo do seu paso polo IES.

Todos os INGLÉS cursos 4ºESO EQ.DIRECTIVO 1ºBACH

4 XORNADAS SENSIBILIZACIÓN /Tarde) ACCIDENTES DE TRÁFICOXORNADA INTERCAMBIO 2º E 3º ESO EDLG 6 EDLG-LALÍN XERMOLÓN-XOGOS 1º ESO EQ.DIRECTIVO 7 POPULARES XEOGRAFIA VISITA A SANTIAGO: ARTE 2ºBACH-A 8 E Hª BARROCA 3º, 4º ESO/ LATÍN/GREGO 11 TEATRO CLÁSICO 1º , 2º BACH CHARLA CON CARLOS 1º BACH BIBLIOTECA 14 MONTERO 4ºESOEDLG 18 INTERCAMBIO IES DE MELIDE 1ºBAC TALLER PRÁCTICO DE 1ºFPBASICA ORIENTACION 20 MOTIVACION 1ºBACH-2º ContratosCHARLA FÍSICA DE 22 Programa BACH PARTICULAS.CERN TALLER PRÁCTICO DE 1ºFPBASICA ORIENTACION 22 MOTIVACION CONVIVENCIA DIOCESÁ (TUI- 3º ,4ºESO RELIXIÓN 25 /1ºBACH VALENÇA DE MINHO) TALLER PRÁCTICO DE 1ºFPBASICA ORIENTACION 26 MOTIVACION TALLER PRÁCTICO DE 1º FPBÁSICA ORIENTACIÓN 28 MOTIVACIÓN Maio Mércores

2 4 16 27 Xuño

Atletismo

Atletismo

3 ao 6

VISITA AO CERN (XENEBRA-SUIZA)

17 ao 20 VIAXE FIN DE CURSO: ASTURIAS

22 ao 24

Ed. Física

PROXECCIÓN DO 4ºESOBiblioteca DOCUMENTAL FRANKENSTEIN 1ºBach ENCONTRO CON 2º e EDLG SAAMIRA GANAY 3ºESO/EDLG INTERCAMBIO CO IES LALÍN 2º e 3º ESO EDLG VISITA Á BAIXA LIMIA 4ºESO Bioloxía

Mércores

20

14 alumnos

VIAXE FIN DE CURSO ÁS ILLAS CIES VIAXE FIN DE CURSO: TRASOSMONTES (PORTUGAL)

14 alumnos

Ed. Física

1ºBac (6 alum) TECNOLOXÍA 2ºBac (2 alum)

4ºESO-A

TITORÍA

3ºESO A-B-C BIOLOXÍA 4ºESO-B

TITORÍA



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.