Boletín Marzo 2013

Page 1

Instituto de Educación Secundaria

BOLETÍN INFORMATIVO PARA PAIS

Rúa Fernández Losada s/n 32800 CELANOVA Tef. 431565 / 431460 FAX: 988431460 Correo Electrónico: ies.celanova@edu.xunta.es Páxina web: http://centros.edu.xunta.es/iescelanova/.

Boletín informativo para as familias

Marzo 2013

NOTICIAS do CENTRO Exames de pendentes. Na segunda avaliación os exames de pendentes serán do 3 ao 5 de abril (os de Bacharelato farán estes exames na semana previa á Semana Santa). Probas da avaliación de diagnóstico. Os días 28 e 29 de maio, os alumnos/as de 2º ESO serán avaliados nas seguintes competencias: lingüística, matemática e coñecemento e interacción co mundo físico. Probas de acceso a Ciclos. Queremos recordar que as probas de acceso a Ciclos Superiores celebraranse o día 25 de abril e que as probas para Ciclos Medios celebraranse o 23 de maio. Quen estea interesado en recibir información sobre as probas de acceso a Ciclos pode consultar na páxina de Xunta www.edu.xunta.es/fp ou ben preguntar en calquera dos departamentos de Formación Profesional do instituto, ou no departamento de Orientación, tamén do instituto.

ZONA CICLOS…! Montse Pérez, alumna do CMXA cóntanos as actividades realizadas durante este curso, e anúncianos as que quedan por vir: Este ano o Ciclo Medio de Xestión Administrativa realizou diversas actividades extraescolares: Unha viaxe a Arteixo, onde visitamos o Grupo Inditex, onde nos explicaron todo o proceso produtivo, dende o deseño da roupa, pasando pola confección de patróns e o escaparatismo, etc., ata o pasado do ferro. Tamén a selección e empaquetado da roupa e o envío ás tendas de todo o mundo, polo departamento de loxística. Aproveitamos a viaxe para ir ao Acuario da Coruña e despois comemos e pasamos un bo rato en Marineda City. Tivemos unha charla no Instituto sobre Internet, onde nos explicaron os riscos das redes sociais, poñer claves inseguras, poñer sempre o mesmo contrasinal, etc. Tamén fomos ao auditorio de Celanova para recibir unha charla con axuda telemática sobre as Cooperativas, para saber o que son, que tipo de cooperativas existen en Galicia, como se forman, etc. Agora estamos á espera dun "Taller de Control do estrés e da Ansiedade ante os Exames " no que traballarán diferentes dinámicas para reducir a ansiedade en situacións de estrés, centrándose na eliminación de crenzas limitantes e reforzando aquelas que nos permiten o éxito. Ademais, tamén nos apuntamos ás "Xornadas Xuventude Emprende ", a realizarse no Albergue Xuvenil de Gandarío.

1


PÁXINA 2

BOLETÍN INFORMATIVO PARA PAIS ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACION

• Charla: “Técnicas de estudo” . En colaboración co Departamento de Bioloxía. Elías Domínguez. 11 marzo. 1º e 2º bacharelato. •

Charla: “Oferta da Universidade de Santiago”. Celso Rodríguez. 21 marzo. 1º y 2º bacharelato.

• Charlas do “Plan director para a convivencia e mellora da seguridade escolar”. Impartidas pola Garda Civil. Luns 18: “Acoso Escolar”. 1º da ESO. // Venres 22: “Riscos de internet” •

Charlas informativas para o alumnado de Ciclos Formativos de Administración de Empresas e de Electricidade sobre as saídas académicas e profesionais que teñen ao rematar o ciclo. En colaboración co Departamento de Fol.

Información para o alumnado sobre as probas de acceso a ciclos, medio e superior.

NON VALE PARAR!!!: ACTIVIDADES DO DEPARTAMENTO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Visita a Compostela: a programación inclúe a asistencia á representación teatral da obra “Pelos na lingua” e ademais a visita o Museo do Pobo Galego. Campañas de información e divulgación. Estas campañas teñen un percorrido anual, aínda que é no segundo trimestre cando máis nos centramos nelas • • •

Reparto do material enviado desde a Dirección Xeral de Política Lingüística, procurando que os diversos Departamentos Didácticos o coñezan. Reparto de información actualizada sobre os fondos en galego que se gardan nas distintas seccións da Biblioteca. Elaboración de trípticos coa descrición de rutas de interese cultural na comarca de Celanova, que despois se utilizarán na actividade de “Intercambio”.

Colaboración co Equipo da Biblioteca na elaboración de materiais e actividades relacionados co fomento da lectura en galego. Certames: posta en marcha da convocatoria do Certame Literario Emilio Ferreiro” que vai xa na súa vinte e cinco edición. PÁXINA“Celso 2 Revista O POLEIRO: Recollida, selección e inicio da primeira fase de corrección da revista. Elaboración do noso blog opoleiroiescelanova.wordpress.com Intercambio epistolar entre os alumnos de último ano dos centros da Coordinadora comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da comarca de Terra de Celanova-Baixa Limia. Seguir cooperando coa Coordinadora comarcal de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da comarca de Terra de Celanova-Baixa Limia na realización das actividades postas en marcha: microtoponimia e encontro de centros. Eventos • Organización de actos en homenaxe á figura do autor seleccionado este ano con motivo da celebración do Día das Letras, atendendo á divulgación da súa obra e á súa contextualización. • Colaboración co Equipo da Biblioteca na elaboración de materiais e actividades relacionadas con días sinalados o Entroido, San Valentín, muller traballadora, Rosalía de Castro, semana da prensa, día da Árbore… • Colaboración co Equipo da Biblioteca coa presenza no centro dun contacontos, actividade integrada na semana de Literatura e Tradición Oral. Intercambio cultural con outro centro: o equipo ofrecerá o plano do percorrido, unha relación secuenciada das actividades a realizar en cada punto, a documentación complementaria (textos literarios, datos históricos,etc.) da actividade. O obxectivo e fomentar a capacidade organizativa do alumnado, propiciar as habilidades sociais en galego, pois toda a negociación co centro de intercambio realízanas os alumnos e reforzar a identificación cos valores culturais da propia bisbarra. Continuamos ca actividade do Taboleiro da lingua que analiza e escolma a prensa diariamente á procura de asuntos relacionados cos progresos ou atrancos da normalización ou con cantos datos de interese sobre a lingua, as súas institucións e o decorrer da actualidade cultural vaian xurdindo.

2


ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS DURANTE O TRIMESTRE BOLETÍN INFORMATIVO PARA PAIS DATA

ACTIVIDADE

ALUMNADO

DEPARTAMENTO

Dec. e Xan.

Taller de habilidades sociais (Mancomunidade)

4º ESO

Orientación

Do 8 ao 11

Excursión a Madrid

4º ESO/ 2º Bach (Arte)

Xeografía e Historia

17

Visita a Inditex, Acuarium e Marineda City

C.M.X.A.

Administración

Xaneiro

25

Teatro: Les misérables

3º e 4º ESO

Francés

25

Teatro: Luces de bohemia

4º ESO e Bach.

Lingua española

7

Viaxe a Santiago

ESO

Normalización lingüística

15

Implantación da banda ancha 3G no rural galego

1º e 2º CMXA

Administrativo

18

Charla sobre alcoholismo

Orientación

27

Exposición: descubre as cooperativas, empresas de economía social

3º e 4º ESO Ciclos de xestión administrativa e electricidade

Febreiro

Xunta de Galicia

Marzo 6

Entrenamento do club de atletismo nas pistas de Monterrey

Club atletismo

Educación física

VIAXE A MADRID (ALUMNADO DE 4ºESO E 2º BACH )

O noso alumnado gozou duns días en Madrid moi ben aproveitados, con actividades interesantísimas de todo tipo: visitas guiadas ao Xardín Botánico, ao Museo do Prado, Reina Sofía e Thyssen, onde ademais de explicarnos a súa colección permanente visitamos a exposición temporal dedicada a Gauguin; tamén visitamos Faunia, un espazo espectacular que recrea os diferentes ecosistemas e onde puidemos ver aos animais na súa salsa, e mesmo asistimos a un musical no Teatro Rialto: “Más de Cien Mentiras”. Tivemos tempo de aprender, de convivir, de rir e sobre todo de abrir os ollos e as mentes a novas experiencias. O comportamento dos nosos rapaces e rapazas foi excelente, mais chegamos á conclusión de que non están moi acostumados a camiñar… Achegamos algunhas das frases célebres coas que sazonamos a viaxe: Almorzade ben!!!

“Ausonia…” e “Pichirilo”,

as nosas cancións estrela…

Apaga o espertador!!!

“Pasmaos!!!”

¿Collerán os pingüíns na bañera…?

¡¡¡Sede puntuais!!!

“Ombliguitos...!”, o apelativo cariñoso das profes ao alumnado…

“Ola k ase?”, a frase célebre chea de faltas de ortografía…

Foto de grupo no Museo do Prado Eu son fan da guía do Museo de Campás!!! (“Facédelle moito caso ás vosas profesoras…”)

3


BOLETÍN INFORMATIVO PARA PAIS

PÁXINA 4

ESTO É SÓ UNHA MOSTRA DAS NOSAS NOVIDADES… ATENTO AO FACEBOOK OU AO CATÁLOGO MEIGA!!! PÁXINA 4

E máis libros…!!!!!

Cultura Clásica… Antología de La Ilíada y la Odisea El Asno de Oro Historias de fantasmas y de misterio en la Antigüedad La Eneida (versión adaptada) El Viaje en la Antigüedad Apología de Sócrates E OUTROS !!!!

Homero Apuleyo Antología Virgilio VVAA Jenofonte

English Books… Journey to the Centre of the Earth Submarine The Man Who Should Be King (edición da biblioteca) The Little Prince

Pelis… El hombre que pudo reinar Shakespeare in Love Hamlet Hamlet La invención de Hugo Up Submarine Blancanieves, 2012 Los Idus de Marzo Frankenweenie Los miserables Madagascar 3 Ice Age 4

John Huston John Madden Laurence Olivier Kenneth Branagh Martin Scorsese Pete Docter Richard Ayoade Pablo Berger George Clooney Tim Burton Billy August DREAMWORKS Steve Martino

Jules Verne Joe Dunthorne Rudyard Kipling Saint-Exupery

Leyendas del bosque Cuentos para antes de dormir Absalón, Absalón 40 preguntas y respuestas para entender la maldita crisis Mala índole Acabad ya con esta crisis El país imaginado Insolación Diccionario de música, magia, mitología y religión Los desorientados Don Hamlet e outras pezas. Teatro Galego Completo En defensa do Poleiro El chico de la última fila El libro de la selva Cuentos de las Mil y una noches El hombre que quiso ser rey (edición da biblioteca)

SUSAETA Cruz Igerabide William Faulkner Capeáns Garrido Javier Marías Paul Krugman Eduardo Berti Pardo Bazán Ramón Andrés Amin Maalouf Cunqueiro Alberte e vv.aa Juan Mayorga Rudyard Kipling Agustín Celís Rudyard Kipling

E tamén…. Shutter Island Samarcanda Se o vello Sinbad volvese ás illas El callejón de los milagros El principito Caravansarai El bambú resiste la riada Viento del Este, viento del oeste Contos galegos de tradición oral Sinsajo En llamas Diccionario dos seres míticos galegos

DennisLehane Amin Maalouf Álvaro Cunqueiro Nahgib Mahfud Saint-Exupery Fdez Gabaldón M. Del Amo Pearl S Buck Camino Noia Suzanne Collins Suzanne Collins Cuba Rodríguez

E moito máis…!!!! 4


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.