IAF141 nº10dixital

Page 1

Infórmate

a Fondo

Número 141

1º trimestre 2016

Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa

www.fondogalego.org

A OLLADA EXTERNA: Entrevista con Alonso Caxade

“O importante é contar con cidadanía crítica que pase da teoría á práctica” 14

OS PROXECTOS EN TERREO: Reconstrución dun centro sanitario saharauí

FONDO DE ARMARIO

13

10

Entrevista coa vicepresidenta do Fondo, Teresa París

O novo plan de actividades xa está en marcha 2

Unha alcaldesa mozambicana visita a políticas galegas

3

Vacacións con Traballo en Mozambique e Cabo Verde 6

8


1

ACTUALIDADE DO FONDO

>

INFÓRMATE A FONDO : 141º · www.fondogalego.org

O novo plan de actividades do Fondo Galego xa está en marcha As deputacións e concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade xa están a implementar as novas actividades contempladas no Plan 2016 que, alén de accións de cooperación, fortalecemento e comunicación, inclúe innovadoras propostas para sensibilizar

a cidadanía fonte as desigualdades e a prol dos dereitos humanos. Tal é o caso dos obradoiros de fotografía social, da actuación das caboverdianas Batuko Tabanka ou das charlas sobre menores soldados complementarias ás exposicións, así como da xira rural dos contos da Tropa de Trapo ou os obradoiros de calceta ‘Tecendo polo cambio’.

unanimidade o pasado 17 de marzo. O presidente do Fondo Galego, Juan González, abría a sesión expoñendo o informe de situación da entidade, para pasar logo á aprobación do balance económico de 2015. Deuse conta a seguir das últimas altas e baixas e presentouse tamén o orzamento previsto para o presente exercicio. Ampliar o número de administracións asociadas, reeditar o concurso fotográfico Imaxes con Fondo, intensificar o traballo en Mozambique ou identificar programas de cooperación son al-

‘O municipalismo galego, aberto a cooperar’ é o título do documento que guiará a actividade anual e que a Asemblea Xeral de socios avalou por

A Asemblea pechouse coa actuación das caboverdianas Batuko Tabanka

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

gunhas das actuacións previstas na planificación para este ano, ao abeiro das Liñas Estratéxicas 2016-2019. Así lle foi explicado tamén ao persoal técnico que actúa de enlace co Fondo Galego nas administracións socias no transcurso das xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria, que se celebraron na Estrada, Lugo, Ourense, Teo, Betanzos e Moaña a finais de marzo. A crise de refuxiadas e refuxiados foi unha das preocupacións que amosaron as e os participantes, situación que a entidade ten denunciado nunha declaración institucional.

Seis vilas acolleron as xuntanzas da Rede Municipalista Solidaria

[

2]

No Fondo funciona a solidariedade


>

INFÓRMATE A FONDO : 141º · www.fondogalego.org

2

ACTUALIDADE DO FONDO

Teresa París, vicepresidenta do Fondo Galego: “Hoxe temos un Fondo Galego máis unido e comprometido do que xa estaba hai catro anos” Teresa París, concelleira de Igualdade en Redondela, asumía en 2011 o reto de presidir o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade nun adverso contexto de crise. Agora, desde a Vicepresidencia, fai balance da última lexislatura e avánzanos o seu papel nos novos retos que afronta a entidade. Que valoración fai dos catro anos á fronte do Fondo Galego?

A miña valoración destes catro anos pasados á fronte do Fondo Galego é moi positiva. Aínda que atravesamos de pleno unha crise moi profunda, que afectou tamén á viabilidade de moitos concellos, teño que dicir que o compromiso pola defensa e procura da cooperación solidaria dende o eido local foi tamén salientable. Dende logo, puido ter sido unha lexislatura moito peor, pero a estratexia adoptada en canto a fortalecemento interno e a enfrontar a crise para superala parece que foi acertada, xa que hoxe temos un Fondo Galego se cabe máis unido e comprometido do que xa estaba hai catro anos. Como se consegue o acordo nunha Comisión Executiva con políticas e políticos de tan distintas cores? Só pode haber unha resposta para esa pregunta, e é traballar cos ollos postos nos obxectivos que se fixan. Só iso. Sempre traballando a través de moito diálogo, moitas horas de reunións Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A vicepresidenta do Fondo Galego e concelleira de Igualdade en Redondela, Teresa París

[

3]

No Fondo funciona a solidariedade


>

INFÓRMATE A FONDO : 141º · www.fondogalego.org

2

e de intercambio de información, ter un bo asesoramento desde a Secretaría, e facer que o traballo sexa de todos os representantes e socios. Penso que non se pode doutro xeito.

internacional e sempre, e por enriba de todo, promover a defensa dos valores humanos e dos dereitos da persoas. Por que as administracións locais deben cooperar cos países empobrecidos?

Cal está a ser o seu papel agora na Vicepresidencia? O concello que represento, Redondela, é un concello moi solidario xa desde fai moito tempo. O noso labor, a partir da constitución da nova Comisión Executiva, non pode ser outro que aportar coma sempre o que estea na nosa man, facer que nesta nova etapa se sigan conseguindo obxectivos e apoiar as liñas de traballo aprobadas pola Asemblea para estes catro anos que xa comezaron, de afianzamento na nosa comunidade, máis achegamento á poboación e dar un xiro para promover programas máis duradeiros de cooperación solidaria nos países onde se desenvolve o noso traballo. Tratarei de facer o mellor tamén dende a vicepresidencia, con total lealdade ao Fondo Galego.

A bibliotecaria redondelá María José Villar participou nas Vacacións con Traballo en Cabo Verde

Que influencia teñen as actividades de sensibilización que chegan aos concellos socios do Fondo Galego?

to dos lazos co Fondo ou simplemente de abrir unha fiestra a un mundo onde todo está xa interconectado. Na infancia, na nosa mocidade, nos colectivos ou centros de ensino, ou na sociedade en xeral, coas actividades conséguese a difícil pero necesaria tarefa de aumentar a empatía con pobos diferentes así coma a solidariedade

Todas as actividades que chegan aos concellos deixan un pouso positivo, xa sexa na transmisión de coñecementos, de aumento da implicación, de fortalecemenFondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

4]

No Fondo funciona a solidariedade

Non é unha pregunta fácil de contestar, xa que non todo o mundo pode comprender a importancia de cooperar dende a administración máis próxima á cidadanía. O certo é que os problemas que se resolven e que se enfrontan no día a día das administracións locais fan de nós, os concellos, a ferramenta máis eficiente para axudar en proxectos solidarios, xa que coñecemos de primeirísima man o valor da xestión a nivel das persoas. Por iso creo firmemente que a achega que desde os concellos se fai neste proxecto conxunto que é o Fondo Galego ten un valor engadido innegable, o valor da experiencia e do coñecemento polo miúdo tanto dos problemas coma das posibles solucións. Somos unha ferramenta de cooperación única, moito máis versátil e


>

INFÓRMATE A FONDO : 141º · www.fondogalego.org

2

apegada ao terreo, xa que a nosa interlocución é de entidades locais galegas a entidades locais onde colaboramos. Unha técnica municipal de Redondela participou na última edición de Vacacións con Traballo, cales son os beneficios deste programa de voluntariado internacional? O programa de Vacacións con traballo é unha expresión clarísima desta colaboración de parte a parte, entre iguais, dos concellos e deputacións galegas cos parceiros locais nos países onde se desenvolve a actividade do Fondo Galego. É un programa que aporta non só o traballo presencial das técnicas e técnicos municipais que van desde aquí a desenvolver o seu traballo nas entidades locais de países do Sur, coma Mozambique ou Cabo Verde nesta convocatoria de 2016, facendo as súas tarefas adaptadas ás dinámicas propias deses lugares e tratando de optimizar e axudar a mellorar nos procesos clave para eles. Aporta máis alá, a experiencia persoal,

o contacto directo das formas de traballo propias coas alleas, e a experiencia vital de pasar un mes enteiro en localidades que están aínda no camiño do desenvolvemento. O voluntariado, homes e mulleres, volta cunha impronta imborrable. Cada quen unha, a súa. E, para o Fondo Galego, esa aprendizaxe vital que se fai alí é tamén un valor importantísimo á hora de sensibilizar a nosa poboación e de transmitir cunha mensaxe moi directa como chega a mellorar a vida das persoas con pouco que nós axudemos os seus esforzos.

Galego ten comprobado xa por anos o grande valor que achega este voluntariado internacional, onde as e os protagonistas, non o esquezamos, son persoas que fican sen o seu mes de vacacións e aportan ese tempo coma ferramenta para facer cooperación ao desenvolvemento noutro concello, sen contraprestación algunha, mais que a súa satisfacción e a experiencia vivida.

Creo que é un programa interesantísimo e segue un camiño no que xa se está comezando a mover a cooperación internacional a outros niveis, baseada nese transvase de coñecementos e experiencia dos propios traballadores das administracións, que teñen un capital humano e profesional altísimo e pode axudar dun xeito moi operativo á desenvolver programas e proxectos de cooperación nun eido máis técnico. O Fondo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

Teresa París co presidente do Fondo Galego, Juan González

5]

No Fondo funciona a solidariedade


>

INFÓRMATE A FONDO : 141º · www.fondogalego.org

3

ACTUALIDADE DO FONDO

A presidenta da Rede de Autarcas Mozambicanas entrevístase con alcaldesas galegas

lleira en Redondela, Teresa París, e mais a tesoureira e edil de Pontevedra Carme Fouces, participaron no encontro, que permitiu avanzar na colaboración para fortalecer a Rede Mozam-

bicana de Mulleres Autarcas. A organización dirixida por María Helena Correia, alcaldesa de Mandlakaze e tamén vicepresidenta da Asociación Nacional de Municipios de Mozambique,

ofertará unha praza para o programa de voluntariado Vacacións con Traballo. Outra das actividades conxuntas que se levará a cabo este

A presidenta da Rede Mozambicana de Mulleres Autarcas, que reúne a alcaldesas e concelleiras deste continente, visitou a comezos de marzo distintos concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional das Mulleres. As alcaldesas de Cartelle, Pontecesures e Bergondo recibiron a María Helena Correia, que tamén se reuniu coa Comisión Executiva da entidade para concretar a organización de distintas accións. O presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán, Juan González; a vicepresidenta e conce-

A Executiva do Fondo Galego reuniuse coa presidenta da Rede Mozambicana de Mulleres Autarcas

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

6]

No Fondo funciona a solidariedade


>

INFÓRMATE A FONDO : 141º · www.fondogalego.org

3

ano é a realización no país lusófono dun workshop no que participarán concelleiras galegas. O intercambio de experiencias xirará arredor das dificultades que se atopan as políticas e as ferramentas para superalas, así como o papel das mulleres como axentes de cambio no poder local ou o traballo municipal en igualdade de xénero.

A iniciativa obtivo un gran apoio nas recepcións realizadas en Galicia por parte da rexedora de Cartelle, Carmen Leyte; a de Pontecesures, Cecilia Tarela, e mais a de Bergondo, Alejandra Pérez. O obxectivo era achegarlles aos concellos socios a relevancia do traballo impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para as persoas e colectivos dos países do Sur.

María Helena Correia achegoulles ás políticas de Pontecesures a importancia da cooperación internacional

A alcaldesa de Cartelle e o concelleiro Daniel Fernández, membro da Executiva do Fondo, recibiron a María Helena Correia

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

A rexedora e dúas concelleiras de Bergondo fixéronlle entrega dun agasallo á alcaldesa de Mandlakaze

[

7]

No Fondo funciona a solidariedade


>

INFÓRMATE A FONDO : 141º · www.fondogalego.org

4

ACTUALIDADE DO FONDO

Persoal municipal cooperará en Mozambique e Cabo Verde nas Vacacións con Traballo Catro empregadas e empregados das deputacións e concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade pasarán un mes colaborando cos parceiros da entidade en Mozambique e Cabo Verde a través das Vacacións con Traballo. A undécima edición do programa de voluntariado internacional presentouse este ano en Allariz, coa presenza do alcalde, Francisco García, e mais dunha traballadora municipal que xa participou da iniciativa colaborando en Nicaragua. “Á parte de ser unha experiencia profesional importante, traémonos unha lección de vida que

O alcalde de Allariz e a técnica municipal Estela Iglesias participaron na presentación de Vacacións con Traballo 2016

creo que ningún dos que estivemos alí imos esquecer”, comentou Estela Iglesias ao lembrar a súa estadía co Instituto de Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Promoción Humana-Somoto. A técnica alaricana quixo “animar a todos os compañeiros de concellos e deputacións que teñan [

8]

No Fondo funciona a solidariedade

curiosidade a que se decidan a participar, porque é unha experiencia que queda para o resto da vida”. O alcalde, pola súa


>

INFÓRMATE A FONDO : 141º · www.fondogalego.org

4

banda, lembrou que o Concello de Allariz forma parte do Fondo Galego de Cooperación desde os seus inicios e valorou positivamente o programa. Ata o 30 de abril permanece aberto o prazo para presentar candidaturas á undécima edición das Vacacións con Traballo, que buscan catro perfís diferentes. A Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos require un de técnica/o de Turismo e outro de axente de Desenvolvemento local, que contribuirán a impulsar o turismo comunitario. En Mozambique, a Fundação Encontro, que atende a menores vulnerables, precisa dun/ha traballador/a social, mentres que a Rede de Mulleres Autarcas oferta unha praza de técnica/o en Igualdade para fomentar a implicación feminina na política. As candidaturas presentaranse enviando a ficha de solicitude ao enderezo electrónico comunicacion@fondogalego.org, canda o currículo, unha carta

de motivación, e mais un escrito de apoio ou consentimento asinado pola/o representante política/o do Fondo Galego no correspondente concello ou deputación. Alén da formación e a experiencia, valorarase a vinculación co eido da cooperación e mais o dominio do galego e do portugués. O programa cubre os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención da viaxe, na que as persoas seleccionadas investirán o seu mes de descanso. As e os participantes nas Vacacións con Traballo achegan asesoramento técnico nos países empobrecidos e intercambian coñecementos, ao tempo que supervisan os proxectos de cooperación internacional e facilitan a colaboración entre o poder local galego e o do país de destino. Ademais, enchóupanse doutras realidades e contribúen a concienciar sobre elas, para o que publican un blog desde terreo, entre outras accións de sensibilización requiridas á volta. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

9]

No Fondo funciona a solidariedade


>

INFÓRMATE A FONDO : 141º · www.fondogalego.org

*

FONDO DE ARMARIO

O concello de Cambados reincorpórase ao Fondo Galego

Seminario Europeo de Educación para o Desenvolvemento

O Concello de Cambados regresa ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que se dera de baixa en 2011, achegando a cota de 1.000 euros que lle corresponde segundo a súa poboación. A alcaldesa, Fátima Abal, asegurou que “esta incorporación non é un mero trámite, senón que adquirimos o compromiso de participar activamente neste organismo e colaborar cos seus fins, defendendo e promocionando os dereitos humanos e a acción exterior de Galicia para a construción dun mundo máis xusto e solidario”. No mesmo senso se expresou o concelleiro de Servizos Sociais, Constantino Cordal, na rolda de prensa ofrecida tras a xuntanza da Comisión Executiva que se celebrou na vila arousá, e que estivo arroupada por representantes dos concellos de Redondela, Pontevedra, A Coruña e Oleiros. A suma de novos concellos e deputacións ao Fondo Galego é unha das prioridades das Liñas Estratéxicas 2016-2019.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade achegará a súa experiencia a entidades de Portugal, Alemaña e Holanda que o 3 de maio participarán en Pontevedra no Seminario Internacional ‘Intercambios en metodoloxías e materiais de educación para o desenvolvemento’. O evento, que se encadra no proxecto europeo Redes para o Desenvolvemento II, celebrarase na Sede Afundación, de 9.30 a 14 horas, e as inscricións poden realizarse no enderezo acorzo@igadi.org. A Rede Intermunicipal de Cooperação para o Desenvolvimento, o Consello Nacional para Parcerías das Cidades entre Países Baixos e Nicaragua (LBSNN) e a ONGD alemá Fine+p amosarán experiencias de éxito en educación para a cidadanía global no ámbito municipal, mentres que concellos socios do Fondo Galego contribuirán con exemplos de boas prácticas neste eido. No descanso de media mañá ofrecerase un café de comercio xusto, amenizado coa actuación das caboverdianas Batuko Tabanka.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

10 ]

No Fondo funciona a solidariedade


>

INFÓRMATE A FONDO : 141º · www.fondogalego.org

*

Chamamento á solidariedade con Ecuador

Sae do prelo a Memoria 2015

Logo de que un terremoto de 7,8 graos golpeara duramente a cidades e comunidades da costa de Ecuador, deixando preto de 600 persoas mortas, entidades públicas e ONGD puxeron en marcha accións de rescate e axuda humanitaria nas zonas máis afectadas. Atendendo á preocupación do municipalismo polo acontecido e á súa disposición a colaborar, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade non permanece impasible ante esta catástrofe e fai un chamamento ás administracións socias para que canalicen as súas achegas a través desta entidade. Como en anteriores ocasións, desde cada concello ou deputación poderá achegarse a contía que se estime oportuna, de xeito voluntario, na conta ES78 2080 0209 5630 4001 6786 de Abanca, indicando como concepto a palabra “Ecuador”. Entre todas e todos dotarase un fondo común que será destinado a un proxecto de post emerxencia liderado por algunha entidade de referencia e con experiencia acreditada no país.

Xa está publicada a ‘Memoria 2015: 10 anos de Vacacións con Traballo’, que resume a actividade do Fondo Galego durante o pasado exercicio, no que se cumpriu unha década deste programa de voluntariado internacional. Tamén outras accións de sensibilización colleitaron unha boa acollida, tanto as vinculadas a proxectos de cooperación coma as novas edicións dos encontros dixitais #Alén2015, os contos da Tropa de Trapo, os ciclos de cine, as exposicións e recursos educativos itinerantes ou as X Xornadas Anuais de Cooperación. Outro dos bloques centrais do documento baséase nos proxectos de cooperación internacional, tres deles impulsados de xeito directo polo Fondo Galego en Cabo Verde e Mozambique. Recompílanse asemade os avances naquelas actuacións apoiadas a ONGD galegas a través da convocatoria de 2014, así coma a axuda de emerxencia para a poboación refuxiada de Gaza.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

11 ]

No Fondo funciona a solidariedade


>

INFÓRMATE A FONDO : 141º · www.fondogalego.org

*

Nova exposición fotográfica sobre Nicaragua

Os efectos da cooperación na vida das persoas

A exposición ‘Nicaragua.O futuro’ iniciou e San Sadurniño a súa andaina polas administracións locais e provinciais socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. As fotografías foron realizadas por Felipe Carnotto na viaxe ao país centroamericano que realizou como gañador da segunda edición do certame Imaxes con Fondo. Tras visitar os proxectos alí apoiados, co Instituto de Promoción Humana-Somoto como parceiro local, o fotoxornalista ofrece a través de vinte instantáneas unha perspectiva en chave persoal sobre a vida cotiá, as paisaxes, as problemáticas, os soños e as esperanzas da poboación. Completan a mostra catro paneis informativos sobre a cooperación internacional promovida polo Fondo Galego en Nicaragua, que inclúe máis de trinta proxectos, 17 deles desenvolvidos de xeito directo co Inprhu-Somoto en áreas como vivenda, saúde, auga e saneamento, formación, ou turismo sostible.

Taller de Solidariedade amosa a través da exposición ‘Chaves do cambio’ os efectos positivos que a cooperación internacional produce na vida das persoas dos países empobrecidos. A mostra, estreada en Lugo, encádrase no proxecto desenvolvido en Nicaragua co Inprhu-Somoto e co financiamento do Fondo Galego, cuxo obxectivo era impulsar o agroturismo de xeito que contribuíra a soster un Centro de Educación Alternativa Rural. Os paneis recollen os testemuños de Rosalina, Manuel, Douglas, Oneyda e os irmáns Ernesto e Héctor, que se atopan entre as 154 persoas indíxenas beneficiadas pola iniciativa. Trátase de estudantes, artesáns e guías que posan sostendo a súa chave do cambio e explican como o seu día a día mellorou grazas ás accións apoiadas desde Galicia. O fotógrafo José Manuel Fandiño, logroñés afincado no país centroamericano, é o autor destes retratos aos que se suman imaxes do proxecto.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

12 ]

No Fondo funciona a solidariedade


>

INFÓRMATE A FONDO : 141º · www.fondogalego.org

*

OS PROXECTOS EN TERREO: Reconstrución dun centro sanitario saharauí Mentres en Mozambique segue en marcha o proxecto coa Fundação Encontro a prol da saúde infantil e materna, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de destinar 10.000 euros á reconstrución dunha unidade de atención sanitaria que foi derrubado polas intensas chuvias do pasado mes de outubro nos campamentos de Tinduf. Estes fondos de emerxencia canalízanse a través

da asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e serán xestionados pola Media Lúa Vermella Saharauí. As inundacións do pasado outono viñeron agravar as xa difíciles condicións de vida da poboación refuxiada en Alxeria. O torrente de auga e os refachos de vento causaron cuantiosos danos nas infraestruturas e edificios públicos, coma os dispensarios ou o propio hospital, ao que contribuíu a inestabilidade do chan de area e a inexistencia dun sistema de evacuación de pluviais. Ao tempo, producíronse cortes de electricidade e nos transportes, que incidiron no desabastecemento de auga e alimentos.

A presidenta de Sogaps, Maite Isla, asinou o convenio co Fondo Galego

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Dajla, a wilaya que se atopa máis afastada e na que se levará a cabo a intervención, resultou a máis prexudicada pois, alén da perda de aveños e víveres, constatouse a destrución total ou parcial de todas as vivendas de adobe, así como de moitas jaimas, o que obriga a reunir ata vinte persoas nunha mesma tenda de campaña. A consecuente degradación das condicións hixiénicas fai aínda máis necesario o centro sanitario que se reconstruirá co financiamento do Fondo Galego, nun contexto marcado pola gran dependencia exterior e pola prevalencia de afeccións como a anemia nas mulleres ou a desnutrición en nenas e nenos.

As fortes chuvias derrubaron infraestruturas e vivendas nos campamentos

[

13 ]

No Fondo funciona a solidariedade


>

INFÓRMATE A FONDO : 141º · www.fondogalego.org

*

A OLLADA EXTERNA Caxade: “O importante é contar con cidadanía crítica que pase da teoría á práctica” @alonsocaxade Caxade xestábase a finais de 2012 co lanzamento de transgresoras videocreacións cuxa boa acollida sorprendeu ata ao seu propio ideólogo, Alonso Caxade. Pouco despois, a iniciativa tomaba forma de banda coa incorporación de Manu Paino, Manu Espiño e Xosé Tuñas, sen deixar de ser unha aposta persoal do músico de Ames. A etiqueta folk-pop quédase curta para definir o singular estilo, que lle valeu galardóns coma o de Mellor Artista nos XIII Premios Opinión, entre outras no-

Tras a exitosa acollida do seu primeiro traballo, Caxade lanza novo disco

Non é algo premeditado, aínda que supoño que metade e metade de cada parte. O bo de ter un proxecto en solitario é que podes facer a música que queres en cada momento. Se aínda por riba é un proxecto independente, non teño tabús nin condicionantes para experimentar, sempre e cando me guste gravo e toco esas músicas. Veño da mú-

minacións. Tras o éxito dun reivindicativo primeiro disco, que logo volvería gravar coa Banda de Música da Bandeira, falamos con Alonso Caxade cando sae á rúa ‘E isto é o amor’, o adianto do seu novo traballo.

Canto hai de tradición e canto de innovación no proxecto Caxade? Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

14 ]

No Fondo funciona a solidariedade

sica tradicional e folk, estudei no conservatorio e toquei en grupos de diferente estilo. Aprendo con toda a xente coa que toco e coa que vexo tocar, así que, supoño, Caxade como proxecto persoal é o resumo de todo o que levo tocando desde pequeno e tamén aquelas cousas que me quedaban (e quedan) pendentes por experimentar.


>

INFÓRMATE A FONDO : 141º · www.fondogalego.org

*

Dous anos de xira e un cento de concertos despois, con que te quedas dos directos de presentación de ‘A dança dos moscas’? A oportunidade de tocar en moitos lugares diferentes para públicos moi distintos e poder obter resposta da xente. Cando

“Caxade é un proxecto independente, non teño tabús nin condicionantes para experimentar”

se presenta un disco, e cando se fai unha xira con ese disco, previamente xa houbo moitos meses de traballo compoñendo, arranxando, estudado, ensaiando e gravando as músicas. Para o público é unha novidade e é importante ter ese feedback refrescante.

Achas que o pensamento crítico -que reivindicas- se acentuou nos últimos tempos?

Caxade ten actuado en festivais solidarios coma o Implícate. FOTO: Xaime Cortizo

Unha das cousas positivas do feedback que comentabamos é ver como a xente se sumou a este proxecto por dúas razóns: a estética e a ética, o estilo musical e o discurso reivindicativo. Sinceramente pensei que esta última parte ía pasar máis desapercibida, e alegroume saber que non, que á xente lle interesa e moito.

Onde cres que está a clave para non converternos en moscas danzando arredor da bosta, para liberarnos do xugo da “gente pota” que ostenta o poder?

O proxecto de Alonso Caxade destaca pola experimentación musical e o carácter reivindicativo

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

15 ]

No Fondo funciona a solidariedade

“A xente sumouse a este proxecto por dúas razóns: a estética e a ética, o estilo musical e o discurso reivindicativo” Ser libres en todos os aspectos da vida, e reflexionar sobre os nosos movementos e pasos, moitos deles inconscientes e feitos pola deriva na que o sistema no inserta. É moi complicado porque o capitalismo ten unha maquinaria moi, moi ben feita, que funciona á perfección e que é moi difícil de parar, pero témolo que tentar, non queda outra. O importante é abrir fen-


>

INFÓRMATE A FONDO : 141º · www.fondogalego.org

*

“O capitalismo ten unha maquinaria que funciona á perfección e é moi difícil de parar, pero témolo que tentar”

“Hai unha intención pedagóxica de tansmitir as cousas deixando claves para pensar, para a reflexión” Participaches na ultima edición do festival de Implicadas no Desenvolvemento, por que dirías que é importante promover a cooperación internacional?

das pequenas por onde entre a luz e pouco a pouco facer o burato máis grande ata que sexa algo significativo. Debémosllo a moita xente que traballou neste camiño antes que nós e debémosllo ás fillas das nosas fillas.

A poética, as metáforas e mesmo os tintes surrealistas nos temas de Caxade permiten facer máis levadeira a denuncia que conteñen? Esa é a idea. É didáctica. Hai unha intención pedagóxica de tansmitir as cousas deixando claves para pensar, para a reflexión. Ata a letra que máis absurda acolle no fondo unha idea forza sobre a que pensar. Ás veces de modo máis explícito ou ás veces máis agochada, pero forma parte do proxecto e da idea desde que a xestei.

‘A dança dos moscas ao vivo’ é o reultado da gravación coa Banda de Música da Bandeira

Botas en falta máis “canción protesta” no panorama musical galego?

A túa escolla lingüística é o galego-portugués, que adoitas respostarlles aos descridos deste sistema?

Non. Cada quen ten que facer o estilo que lle preste no momento e cantar as cousas das que goste, contar esas cousas que quere desafogar. Ter máis ou menos música protesta non é relevante, o relevante é ter cidadanía crítica que pase da teoría á práctica porque o que nos define, o que fai cambiar o mundo, son as nosas accións non as letras das cancións. Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Que non gosto de presumir e que son uns independentistas lingüísticos (dependendo do perfil). Se teño algo máis de tempo e a persoa ten verdadeiro interese, explícolle que o galego non existe, é un constructo, un acordo, e que temos que escoller entre ser a “lingua nai” do portugués ou ser unha “lingua filla” descendente do castellano. [

16 ]

No Fondo funciona a solidariedade

Foi un pracer participar no Implícate. Coñecía o esforzo grande que facían, pero véndoo desde dentro é espectacular a densidade do mesmo. Paréceme decisivo o traballo na cooperación, o primeiro porque se fai desde o ámbito asambleario e con sentido de colectivo, o segundo, na parte internacional, porque se traballa en cousas tan elementais e dá medo que aínda existan no mundo hoxe en día. Por último, porque se trata de darlles ferramentas a un colectivo en cuestión para que elas mesmas as apliquen e poñan en práctica, minimizando as actitudes intervencionistas no sentido negativo.


>

INFÓRMATE A FONDO : 141º · www.fondogalego.org

1

Tamén tes cedido cancións para traballos audiovisuais, cal é a túa postura sobre os dereitos de autor, agora que se fala do procomún? Si, cedín para varios traballos audiovisuais, e tamén só de audio, con grande gosto e pracer. A miña música, xa desde hai anos (antes de ter este proxecto persoal) está licenciada con copyleft, o contrario a copyright. O bo deste sistema é que o músico, ou artista, é dono dos seus dereitos e que decide o que quere permitir ou o que quere restrinxir. Deste modo, todas as persoas que gosten da miña música, saben que a poden usar e difundir só pedindome permiso a min e sen terlle que pagar, por exemplo, á SGAE. Infelizmente, moita da culpa que se lle bota a esta sociedade privada de xestión é só responsabilidade dos músicos (socios) que a forman e que moitas veces en público a critican aínda que en privado fagan parte dela.

“Paréceme decisiva a cooperación porque se trata de darlles ferramentas a un colectivo para que elas mesmas as apliquen” Xa por último, que imos atopar no novo disco que está a piques de saír? Un paso adiante no musical, que para moitos será pequeno, pero para outras será grande, e sempre chamando a rebelión, á crítica. Como che comentaba ao comezo, o bo de traballar de maneira independente, sen tabús nin condicionantes, é facer o que quero en cada momento. No musical sigo explorando un son propio e característico, unha maneira persoal de traballar e concibir a música, e cada vez estamos máis próximos ao ideal que teño na cabeza.

A poderosa “gente pota” protagoniza unha das pezas clave no primeiro disco de Caxade

“Moita da culpa que se lle bota á SGAE é só responsabilidade dos músicos (socios) que forman parte dela” Alonso Caxade caracterizado como Sr. Xorda nunha das súas surreais videocreacións

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

17 ]

No Fondo funciona a solidariedade


Infórmate

>

INFÓRMATE A FONDO : 141º · www.fondogalego.org

a Fondo

Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Redacción e Administración: Centro Cívico Sur, Rúa Luís Braille, 40 36003 Pontevedra Tel/Fax: 986 84 34 36 / 698 14 45 36 Internet: http://www.fondogalego.org email: info@igadi.org Depósito Legal: VG-473-2007 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa

Socios do Fondo Galego Concellos: A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Laracha, A Pobra de Trives, A Pobra do Caramiñal, Abegondo, Allariz, Ames, Arteixo, As Pontes, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Burela, Cabanas, Caldas de Reis, Cambados, Cambre, Carballo, Cartelle, Castrelo de Miño, Castroverde, Cedeira, Corcubión, Covelo, Culleredo, Cuntis, Dumbría, Fene, Ferrol, Fornelos de Montes, Gondomar, Laxe, Lousame, Lugo, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Moaña, Moeche, Mondoñedo, Monforte, Moraña, Mugardos, Narón, Neda, Nigrán, Noia, O Barco, O Irixo, O Porriño, O Valadouro, Oímbra, Oleiros, Ourense, Outes, Poio, Pontecesures, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Sada, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Sarria, Soutomaior, Teo, Tomiño, Triacastela, Valga, Verea, Verín, Vilar de Santos, Vilardevós, Vilasantar, Viveiro, Xove Deputacións: A Coruña, Lugo.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.