IAF136 nº5dixital

Page 1

Infórmate

Número 136

a Fondo

4º trimestre 2014

Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa

www.fondogalego.org

A OLLADA EXTERNA: Entrevista con Irene Lourido

“Os medios deben axudar a crear cidadáns críticos, comprometidos e activos” 12

FONDO DE ARMARIO 8

OS PROXECTOS EN TERREO: Cooperación con ONGD na India e Latinoamérica 10

Os Obxectivos do Milenio a debate nas IX Xornadas

Felipe Carnotto gaña o concurso Imaxes con Fondo 2

‘Comunicando comunidades’ nos institutos 4

8

Obradoiro de compostaxe en Manzaneda 8


1

ACTUALIDADE DO FONDO

INFÓRMATE A FONDO : 136º · www.fondogalego.org

O futuro dos Obxectivos do Milenio a debate nas IX Xornadas Especialistas internacionais debateron sobre a futura axenda da cooperación nas IX Xornadas do Fondo Galego, que se celebraron en Vigo o 10 de decembro, coincidindo co Día dos Dereitos Humanos. Baixo o epígrafe ‘#Alén2015: Os Obxectivos do Milenio, fin e principios’ a Casa Galega da Cultura acolleu os debates sobre o horizonte que se abre despois dos ODM, que este ano darán paso aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). A inauguración do encontro contou coa presidenta do Fondo Galego e concelleira en Redondela, Teresa París, a vicepresidenta e concelleira en Vigo, Isaura Abelairas, e mais a tesoureira da entidade e concelleira en Allariz, Pilar Gallego. Marta Pedrajas, asesora do Ministerio de Asuntos Exteriores, abordou a continuación os resultados dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e, aínda que non se vaian acadar as oito metas, considerou que “ten habido avances espectaculares”. Explicou asemade que os 17 ODS que integran a nova proposta inclúen a sostibilidade social, económica e medioambiental. No entanto, a posición española seguirá defendendo no ano de negociacións que queda por diante que a desigualdade non se contemple só desde o punto de vista da renda e que o enfoque de dereitos sexa unha prioridade.

As representantes da Comisión Executiva abriron as xornadas.

de persoas sofren fame no mundo, unha cifra que se reduce ano a ano. Segundo Salort, ‘podemos rematar coa fame na nosa xeración’ e nesta liña o PMA vén de pór en marcha o Reto da Fame Cero. A Rede Mundial de Cidades e Gobernos Locais e Rexionais tamén estivo representada nas xornadas por Kate Baird, quen lembrou que moitas das metas da axenda internacional han de ser implementadas polas administracións municipais e autonómicas (saneamento, auga, educación...). Se ben para fixar os ODM non se lles consultou, no caso dos ODS si están moi activos para que se teña en conta aos territorios que forman parte de cada país. Mesmo se mantén un Obxectivo de Desenvolvemento Sostible para facer as cidades e os asentamentos humanos inclusivos, seguros, resilientes e sustentables.

O xefe da Oficina do Programa Mundial de Alimentos en Madrid, Antonio Salort, interveu a seguir para explicar o labor desta axencia da ONU, que ve con bos ollos os ODS “porque protexen o concepto de seguridade alimentaria e nutricional”. Estímase que uns 800 millóns Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

2]

No Fondo funciona a solidariedade


INFÓRMATE A FONDO : 136º · www.fondogalego.org

1

Perspectiva crítica A visión crítica chegou da man de David Llistar, para quen ‘Norte e Sur xa non son conceptos xeográficos, senón económicos ou sociais’ e hai redes de intereses que interaccionan a través de grupos de poder. O fundador do Observatorio da Débeda na Globalización, denuncia “a anticooperación, as interferencias negativas que xeran as nosas sociedades sobre os países do Sur”. Pola contra, no canto dos ODS defende un cambio de modelo cara unha coherencia de políticas para o desenvolvemento. Tamén a fundadora da ONGD Implicadas no Desenvolvemento, María Reimóndez, considera que o dos ODM “xa non é un marco de debate axeitado, pois a pobreza é algo político, ten que ver con dereitos, con desigualdade e coa representación”. Ao tempo, esixe que se recoñeza as mulleres como suxeitos de dereitos e que se actúe para alterar as relacións de xénero tamén no ámbito do privado. Denuncia a existencia dun “patriarcado global” reforzado polo capitalismo e reclama que se teñan en conta os espazos nos que as mulleres están a participar para definir as súas prioridades.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Especialistas internacionais analizaron a axenda post 2015.

As gravacións dos debates están dispoñibles nas canles do Fondo Galego en Youtube e Ivoox, e tamén se pode acceder a un resumo en Twitter a través do hashtag #XornadasFondo14. Amais dos relatorios, no transcurso das xornadas entregáronse os galardóns do concurso fotográfico Imaxes con Fondo II e expúxose a mostra ‘Galicia-Cabo Verde: unha irmandade’, coas instantáneas tomadas no país africano por Rober Amado, gañador da primeira edición do certame.

[

3]

No Fondo funciona a solidariedade


2

ACTUALIDADE DO FONDO

INFÓRMATE A FONDO : 136º · www.fondogalego.org

Felipe Carnotto gaña o concurso Imaxes con Fondo retratando a pesca artesanal O fotoxornalista Felipe Carnotto gañou a segunda edición do concurso de fotografía Imaxes con Fondo, convocado polo Fondo Galego. Unha instantánea sobre a pesca artesanal, acompañada dun ‘tweet’ en defensa desta actividade sostible, mereceulle ao autor de orixe brasileira afincado en Vigo unha viaxe a Nicaragua para realizar un traballo fotográfico sobre os proxectos apoiados pola entidade organizadora. A moza vilagarciá María Goretti Dorgambide venceu na categoría xuvenil cunha imaxe a prol da solidariedade, pola que obtén unha cámara réflex.

que quedou terceiro o baixo prezo que cobra quen produce os alimentos.

dutos de comercio xusto e os terceiros cun lote de películas de temática social.

Reflexionar sobre a nosa responsabilidade na construción dun mundo máis xusto era o principal obxectivo do do certame, que no apartado para persoas adultas levaba o lema ‘Cambia, reivindica e constrúe’. Manuel Costa (Moaña) obtivo o segundo posto cunha enxeñosa obra sobre a pobreza mentres que Borja Blanco (Ferrol) denunciaba no traballo

‘A solidariedade dá sentido ás nosas vidas’ era o enunciado da categoría xuvenil, na que Laura Díaz Martínez (Ferrol) acadou o segundo premio cunha crítica á contaminación dos mares e María Rodríguez Vila (Oleiros) ficou co terceiro, animando a compartir coa súa fotografía e o seu ‘chío’. Os segundos postos estaban dotados cunha cesta de pro-

Ata 95 obras e 58 participantes Un total de 95 fotografías presentadas por 58 participantes -44 na categoría adulta e 14 na xuvenil- concorreron á segunda edición de Imaxes con Fondo. As e os internautas puideron votar as imaxes en Facebook e as quince obras mellor valoradas en cada sección foron logo avaliadas polo xurado. Este

Premiadas e premiados recolleron os galardóns en Vigo.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

4]

No Fondo funciona a solidariedade


INFÓRMATE A FONDO : 136º · www.fondogalego.org

1

estaba integrado por María Jesús González e Esther López, vogais da Comisión Executiva do Fondo Galego polo Concello de Cambre e pola Deputación de Lugo, respectivamente; Helena Capera, representante da Coordinadora Gale-

ga de ONGD, e os fotoxornalistas Rober Amado e Marcos Míguez. O xurado valorou non só as imaxes presentadas, senón tamén a pertinencia das mensaxes que as acompañaban.

‘A pesca artesanal permite un equilibrio no ecosistema mariño. Fomenta a economía local e supón arredor do 80% da flota galega’, Felipe Carnotto.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

‘Baixo unha coiraza de illamento afóganse berros de axuda’, María Goretti Dorgambide.

[

5]

No Fondo funciona a solidariedade


3

ACTUALIDADE DO FONDO

INFÓRMATE A FONDO : 136º · www.fondogalego.org

O ébola centra o último dos doce encontros dixitais #Alén2015 O responsable de Relacións Externas de Médicos Sin Fronteras, Carlos Ugarte, protagonizou o derradeiro dos ciberencontros mensuais #Alén2015 organizados polo Fondo Galego de Cooperación coa finalidade de crear un espazo de debate e reflexión en torno a distintos temas relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, así como coñecer as propostas das convidadas e convidados para a axenda post 2015. O esquecemento no que caeu a crise do ébola e os problemas derivados da mesma en África Occidental, a enorme magnitude da epidemia e a insuficiente e tardía resposta da comunidade internacional, o traballo de MSF en Siria e outros países en conflito, os problemas aos que se enfrontan para levar a cabo o seu labor en terreo ou como lle están a afectar á organización os recortes en axuda humanitaria foron algúns dos temas abordados na conversa con Médicos sin Fronteras.

Carlos Ugarte, de Médicos sen Fronteiras, pechou os ciberencontros.

No primeiro dos encontros dixitais, realizado en xaneiro, participou o cofundador do Observatorio da Débeda na Globalización, David Llistar, e versou sobre a anticooperación, título homónimo dun dos seus libros. En febreiro estivo nas redes sociais do Fondo Galego Sarsur, un colectivo coruñés que aportou unha interesante visión sobre a situación do Sáhara Occidental. Helena Maleno, investigadora e integrante da

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

6]

rede de apoio Caminando Fronteras/Walking Borders, abordou en marzo os fenómenos migratorios e fronteiras. Tom Kucharz, membro de Ecoloxistas en Acción, ofreceu en abril unha pormenorizada reflexión sobre o declive enerxético, o consumo ou o cambio climático, entre outros temas. Nacho Martínez, da Plataforma 2015 y más, falou en maio sobre os ODM e a axenda post 2015.

No Fondo funciona a solidariedade


INFÓRMATE A FONDO : 136º · www.fondogalego.org

3

En xuño, Amaia Celorrio, de ACNUR, fixo unha análise da situación que están a vivir persoas refuxiadas de todo o mundo. Margarita González, do grupo local de Amnistía Internacional na Coruña, centrou en xullo o seu discurso nos protocolos de actuación e intervencións de AI en países en conflito. María Reimóndez, fundadora e vicepresidenta de Implicadas no Desenvolvemento, amosou algunhas “alternativas” ao sistema de cooperación tradicional, ademais de tratar cuestións tan interesan-

tes como os criterios de selección de países prioritarios para a realización de proxectos de cooperación. En setembro contamos con Pablo Rodríguez, que representou á Coordinadora Galega de ONGD e tratou, entre outras cuestións, o labor das organizacións galegas, o seu papel na sociedade e as dificultades ás que se enfrontan produto da crise. O convidado de outubro, Marco Gordillo, coordinador de campañas de

Pablo Rodríguez representou á Coordinadora Galega de ONGD en setembro.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Manos Unidas, defendeu a cooperación local como un valor para a cidadanía, e sinalou a importancia do cambio climático e da seguridade alimentaria na erradicación da pobreza. En novembro estivo nas redes sociais do Fondo Galego Nanda Couñago, directora de Amarante Setem, que abordou temas como a compra pública responsable, o comercio xusto ou a defensa dos dereitos laborais das traballadoras do téxtil.

A directora de Amarante avogou en novembro polo consumo responsable.

[

7]

No Fondo funciona a solidariedade


INFÓRMATE A FONDO : 136º · www.fondogalego.org

*

FONDO DE ARMARIO

‘Comunicando comunidades’ nos institutos

Obradoiro de compostaxe en Manzaneda

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) animou a máis de 500 estudantes a implicarse para mellorar a súa comunidade cun documental gravado en El Salvador no marco do proxecto financiado polo Fondo Galego para reducir a vulnerabilidade ante o risco de inundacións. Centros educativos de Bergondo, Boiro, Cabanas, A Estrada, Fene, A Pobra do Caramiñal, Poio, Pontecesures e Vigo acolleron a actividade de sensibilización, que se completaba cunha charla previa para contextualizar o audiovisual e un debate posterior no que se impulsa á mocidade a participar na resolución das problemáticas sociais que afectan a súa contorna. A través de testemuños directos, ‘Comunicando comunidades’ pon de relevo como as cooperativas, os movementos de base e as organizacións comunitarias permiten afrontar cuestións como a contaminación, a violencia, a falta de información ou a carencia de traballo.

Amigos da Terra desenvolveu en Manzaneda un obradoiro de compostaxe promovido polo Fondo Galego de Cooperación. Dar a coñecer esta alternativa como modelo doméstico e municipal de xestión dos refugallos económica, ecolóxica e socialmente sustentable era o obxectivo da actividade de sensibilización, na que mesmo se montou un composteiro artesán que foi instalado no CEIP para uso do alumnado. A metodoloxía teórico-práctica permitiu reflexionar sobre a situación actual dos residuos en Galicia, as problemáticas asociadas a súa xestión e as alternativas existentes. Explicouse asemade o proceso da compostaxe, a súa implantación nos fogares e o sistema e extracción e aplicación do compost, un abono natural que substitúe os agroquímicos. Este método reduce á metade a materia orgánica desbotada e, polo tanto, os seus efectos contaminantes e os custos do seu tratamento.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

8]

No Fondo funciona a solidariedade


INFÓRMATE A FONDO : 136º · www.fondogalego.org

*

Presentación ante a rede portuguesa

Debate sobre as novas competencias

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade presentouse na Asemblea Xeral da Rede Intermunicipal de Cooperação para o Desenvolvimento, creada por 15 municipios portugueses co asesoramento da entidade galega no marco do proxecto europeo Redes para o Desenvolvemento. A delegación desprazada ata a cidade lusa de Maia explicou a evolución da asociación, os seus obxectivos e a súa estrutura e funcións, amais de responder as preguntas das e dos asistentes, especialmente interesados no sistema de cotas mínimas que permite a todos os concellos participar na loita contra a pobreza e as desigualdades. No encontro púxose de relevo o papel dos municipios europeos na cooperación internacional para fortalecer as capacidades dos gobernos locais de países parceiros, facilitar os procesos de descentralización e desenvolvemento local e contribuír ao cumprimento dos Obxectivos do Milenio.

As xornadas ‘As novas competencias de municipios e comunidades autónomas en materia de cooperación para o desenvolvemento’, organizadas pola Fundación Musol en Santiago de Compostela, contaron coa participación do secretario do Fondo Galego, que presentou o modelo da entidade e os distintos escenarios posibles para o futuro inmediato en Galicia. No encontro, celebrado na Facultade de Dereito a finais de novembro, debateuse sobre a recente Lei de acción exterior do Estado e a súa incidencia sobre a cooperación, a posición dos entes locais tras a reforma lexislativa ou o papel das ONGD no marco da cooperación local. Profesoras da USC protagonizaron os relatorios canda representantes da entidade organizadora e da Coordinadora Galega de ONGD. A actividade encádrase nun proxecto máis amplo para a formación de persoal político e técnico da administración local e autonómica.

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

9]

No Fondo funciona a solidariedade


INFÓRMATE A FONDO : 136º · www.fondogalego.org

*

OS PROXECTOS EN TERREO: Cooperación con ONGD na India e Latinoamérica Nas últimas semanas botaron a andar a maior parte os proxectos de cooperación para o desenvolvemento financiados polo Fondo Galego a seis ONGD como resultado da última convocatoria de axudas, e os que faltan arrincarán no mes de xaneiro.

Amigos da Terra promove a bioxardinería en Nicaragua.

Facilitarlle o acceso a auga a máis dun milleiro de persoas é o obxectivo da iniciativa que Amigos da Terra puxo en marcha a mediados de novembro cunha subvención de 29.918 euros e co Instituto de Promoción Humana (Inprhu) como parceiro local. En cin-

co comunidades dos municipios de Somoto e San Lucas mellorarase a infraestrutura e o manexo das fontes. Para conseguilo, realizaranse capacitacións sobre a xestión da auga e o saneamento, rehabilitación de estruturas, reforestación e tratamento das augas grises. Ao mesmo tempo, achegaranse solucións tecnolóxicas como as bioxardineiras que permiten depurar as augas residuais e reutilizalas para o rego. A actividade de sensibilización que se levará a cabo en Galicia consistirá precisamente na fitodepuración e irá dirixida prioritariamente a persoal técnico municipal, comunidades de montes e outras organizacións interesadas. A comezos de decembro iniciábanse tres proxectos, un deles o impulsado por Implicadas no Desenvolvemento na India canda a ONG People’s Development Initiatives (PDI), para o que recibiu 6.736 euros. A actuación promove a participación social e política dunhas 1.500 mulleres no distrito de Tiruchipalli, no marco dun programa de empoderamento máis amplo que xa contara anteriormente co apoio do Fondo Galego. Se ben daquela se centrara na zona urbana, agora intervirase en dez aldeas do rural co fin de aumentar a autoestima e contribuír ao empoderamento económico e social das mulleres, amais de reducir as barreiras de participación e formalas no marco político. Unha

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

10 ]

As mulleres protagonizan o traballo de Implicadas na India.

responsable local do proxecto visitará Galicia para trasladarlle a experiencia á cidadanía e nos concellos tamén se informará sobre a metodoloxía dos Grupos de Axuda Mutua. Arquitectos sen Fronteiras, pola súa banda, recibiu 28.442 euros para colaborar en Guatemala coa Asociación indíxena agropecuaria pro desenvolvemento rural. Trátase de fortalecer os procesos autónomos de desenvolvemento en 16 comunidades, campesiñas e maioritariamente indíxenas, do municipio de Champerico, a través do impulso dunha cooperativa dedicada a elaborar materiais de construción, onde ademais os beneficios se invisten en necesidades comunitarias. Preténdese mellorar a xestión e a produtividade a través de capacitacións, ampliar o abano da oferta, realizar campañas para ampliar

No Fondo funciona a solidariedade


INFÓRMATE A FONDO : 136º · www.fondogalego.org

*

mercado, visitas de intercambio, mellora de instalacións, etc. Ao tempo reactívase a organización e participación da veciñanza, sobre todo das mulleres. A actividade de sensibilización consistirá en dar a coñecer este traballo, establecendo paralelismos co cooperativismo galego.

Arquitectos sen Fronteiras apoia unha cooperativa guatemalteca.

Un total de 28.443 euros obtivo Enxeñería sen Fronteiras para ampliar o acceso á auga potable e ao saneamento en sete municipios rurais da parte hondureña do Golfo de Fonseca. Para fortalecer as capacidades locais neste senso, impartiranse capacitacións sobre a elaboración de plans de xestión integral do recurso hídrico, formarase en hixiene e saúde, realizaranse estudos hidrolóxicos, formacións en software libre, etc. Para a sensibilización en Galicia realizarase un vídeo sobre a actuación e mais un panel con fotogra-

fías do proxecto, que se exhibirán ao tempo que se imparten charlas para promocionar o voluntariado. Ofertan asemade unha praza para Vacacións con Traballo, o programa de voluntariado internacional dirixido ao persoal técnico das administracións locais e provinciais socias do Fondo Galego. No mes de xaneiro póñense en andamento os outros dous proxectos cofinanciados pola asociación municipalista. Un deles é o impulsado por Intered co Movemento Manuela Ramos en Perú, que recibiu 29.343 euros. A iniciativa promove a participación e implicación das mulleres quechuas e aimaras organizadas na rexión de Puno, como estratexia para mellorar a efectividade da ruta de atención ás vítimas de violencia familiar e sexual en tres distritos. Os piares do proxecto serán o desenvolvemento das

capacidades necesarias e mais un programa de sensibilización e promoción articulado cos operadores policiais, xudiciais e fiscais. Alén diso, porase en contacto a realidade das mulleres peruanas coas galegas a través de cinco encontros ‘Entretecendo’ para tecer e reflexionar arredor da economía feminista, rematando cun acto final de yarn bombing, ou arte urbana de la, en torno ao monumento dunha muller destacada. Por último, dedicaranse 29.461 euros a potenciar en Nicaragua o turismo sustentable da man de Taller de Solidaridad e o InprhuSomoto. Búscase mellorar os ingresos e a capacidade financeira do centro de educación alternativa rural Telpolchalli fortalecendo a produción e venda de servizos agroturísticos, para o que se poden aproveitar os atractivos naturais e culturais existentes na zona co fin de promocionar e posicionar Totogalpa como destino. Mediante a implicación do centro, búscase resolver o problema da deficiente estrutura para a prestación de servizos de información turística, aloxamento e animación, polo que se financiarán melloras na oficina e as habitacións, equipos agropecuarios sementes e outros insumos agrícolas necesarios. Unha exposición fotográfica visibilizará o proxecto en Galicia.

Río Grande é unha da comunidades implicadas no proxecto con Enxeñería sen Fronteiras. FOTO: Srta Eve/ESF

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

11 ]

No Fondo funciona a solidariedade


INFÓRMATE A FONDO : 136º · www.fondogalego.org

*

A OLLADA EXTERNA Irene Lourido: “Os medios deben axudar a crear cidadáns críticos, comprometidos e activos” Irene Lourido é un dos rostros máis recoñecibles da Televisión de Galicia, ao principio rachando co monopolio masculino no espazo deportivo ‘En xogo’ e hoxe á fronte do Telexornal Fin de Semana. Afeccionada a tocar o piano e mesmo á interpretación teatral, a súa traxectoria está salpicada de colaboracións solidarias dentro e fóra da pantalla. Prácticas de consumo responsable e de participación veciñal sorprenden tamén na cara máis descoñecida da xornalista pontevedresa.

A xornalista Irene Lourido.

gos, que me axudaron moito. E foi a mostra de que as mulleres podemos traballar en calquera ámbito. Nin o departamento de deportes nin calquera outro son exclusividade dos homes.

Como viviches a túa incorporación ao xornalismo deportivo, un eido da profesión onde daquela predominaban os compañeiros homes?

“Os medios son unha das bases, pero a cidadanía tamén debe implicarse socialmente”

Foi unha etapa moi boa na miña carreira, de moita aprendizaxe. Tiven compañeiros, hoxe amiFondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

12 ]

No Fondo funciona a solidariedade

Botas en falta que se fale máis das categorías femininas ou dos deportes minoritarios? Claro que si. Aínda que se están facendo esforzos por ampliar o que se conta, nunca debemos estar conformes. Debemos rebuscar para non deixar temas importantes sen contar, máis


INFÓRMATE A FONDO : 136º · www.fondogalego.org

*

aqueles que non acostuman ter tanta visibilidade e que se ven solapados polos temas habituais no día a día.

Onde situarías a responsabilidade dos medios na configuración dunha cidadanía crítica e activa, que participe no cambio cara unha sociedade máis xusta e inclusiva? Os medios teñen a función non só de entreter, tamén de formar e informar. Así que a súa responsabilidade é total. Os medios son unha das bases pero os cidadáns tamén deben implicarse socialmente. Os medios deben axudar a crear cidadáns críticos, comprometidos e activos, por suposto. Pero se non o fan, e esa parece ser a tendencia, os cidadáns debemos reinventarnos igualmente. E hoxe en día é

“A tendencia debe mudar se non queremos que a lingua quede relegada, e todos temos responsabilidade”

máis doado facelo. Internet está cambiando xeitos, tanto de comunicarse como de implicarse.

Fuches un dos rostros da Semana TVG coa Infancia impulsada canda Unicef. É tarefa dos medios públicos implicarse neste tipo de campañas? Si, dos medios públicos, non públicos e de todas aquelas empresas ou institucións que teñan un mínimo de sensibilidade co que nos rodea. Se todos estivésemos máis concienciados conseguiriamos ir cambiando tanta desigualdade aínda que fose moi pouco a pouco.

Irene Lourido no lago Atitlán durante unhas vacacións solidarias en Guatemala.

“Cando coñeces outras vidas é cando comprendes que non precisas de tantas cousas”

Si, máis tendo en conta os últimos datos do Instituto Galego de Estatística. Hai unha tendencia que debe mudar se non queremos que a nosa lingua quede relegada. E, de novo, todos temos responsabilidade, cada un dentro do seu ámbito.

A promoción da lingua galega é un dos principais obxectivos establecidos na creación da CRTVG, dirías que esta misión é hoxe máis necesaria ca nunca?

Consideras que os medios prestan suficiente atención a cuestións coma a solidariedade, a cooperación internacional ou a defensa dos dereitos humanos?

Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

[

13 ]

No Fondo funciona a solidariedade

Non. Nunca é dabondo. Falamos da defensa dos dereitos humanos. Todo o que se diga sobre iso é pouco.

Gústache viaxar e mesmo fuches cunha ONG a Guatemala. Recomendarías este tipo de experiencias para coñecer outras realidades? Por suposto, ás veces non nos damos conta de que a nosa contorna non é o habitual. Nós somos privilexiados. E cando


INFÓRMATE A FONDO : 136º · www.fondogalego.org

*

A presentadora postulouse como madriña da Semana Solidaria do IES Félix Muriel.

coñeces outras vidas é cando comprendes que non precisas de tantas cousas, que temos unha sociedade pervertida en moitos sentidos.

Vives nun barrio compostelán con certa vida asociativa, participas dos colectivos veciñais? Participo, si. E creo que é un xeito fantástico de coñecer xente, de implicarte na túa veciñanza e

“As asociacións veciñais axudan a facer barrio, a dar pequenos pasos polo benestar común” de ser un pouco máis humanos, máis sociais. Tendemos a illarnos, a ir por libre. Nas cidades case nin sabemos como se chama esa persoa coa que coincidimos cinco veces ao mes no ascensor. E as asociacións veciñais son fundamentais, axudan a que fagamos barrio, a sentirnos Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

parte de algo e a dar pequenos pasos polo benestar común.

cidiches prestar o teu apoio a este proxecto?

Tes impulsado iniciativas persoais como mercadiños de roupa de segunda man, ata que punto crees que un consumo responsable é clave para acadarmos un futuro sostible?

Se podes colaborar, compartes ideas e proxectos... por que non facelo?

É absoltuamente chave. Temos un consumismo atroz, totalmente dirixido. Non o precisamos. E aínda que nolo queiran facer crer, non nos fai máis felices, máis ben todo o contrario. Podemos reciclar, reutilizar, darlle vida a prendas e obxectos que a industria quere que enterremos pensando só no seu propio beneficio, non no noso, claro.

As palabras poden ser mentirosas. As imaxes, sobre todo se as ves ti mesmo, non.

“Temos un consumismo atroz. E aínda que nolo queiran facer crer, non nos fai máis felices” O curso pasado postulácheste como madriña da Semana Solidaria do IES Félix Muriel (Rianxo), por que de[

14 ]

No Fondo funciona a solidariedade

Cres niso de que “unha imaxe vale máis ca mil palabras”?

Cal é a nova coa que che gustaría abrir o vindeiro telexornal? Gustaríame acabar o ano e que no balance da violencia machista non houbera nin unha soa morte.

“Gustaríame acabar o ano e que no balance da violencia machista non houbera nin unha soa morte”


Infórmate INFÓRMATE A FONDO : 136º · www.fondogalego.org

a Fondo

Edita: Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Redacción e Administración: Avda. Joselín 7 P3 4B 36300 Baiona (Pontevedra) Tel/Fax: 986 357 238 / 698 144 536 Internet: http://www.fondogalego.org email: info@igadi.org Depósito Legal: VG-473-2007 Autorízase a reprodución e divulgación desta folla informativa

Socios do Fondo Galego Concellos: A Coruña, A Estrada, A Guarda, A Laracha, A Pobra de Trives, A Pobra do Caramiñal, A Teixeira, Abegondo, Allariz, Ames, Arteixo, As Pontes, Bergondo, Betanzos, Boiro, Brión, Burela, Cabanas, Caldas de Reis, Cambre, Carballo, Cartelle, Castrelo de Miño, Castroverde, Cedeira, Corcubión, Covelo, Culleredo, Cuntis, Dumbría, Fene, Ferrol, Fornelos de Montes, Gondomar, Laxe, Lousame, Lugo, Malpica de Bergantiños, Manzaneda, Moaña, Mondoñedo, Monforte, Moraña, Mugardos, Narón, Neda, Nigrán, Noia, O Barco, O Irixo, O Porriño, O Valadouro, Oímbra, Oleiros, Ourense, Outes, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Pontedeume, Pontevedra, Porto do Son, Ramirás, Redondela, Rianxo, Ribeira, Riotorto, Rodeiro, Sada, San Cibrao das Viñas, Sandiás, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Sarria, Soutomaior, Teo, Tomiño, Triacastela, Valga, Verea, Verín, Vigo, Vilar de Santos, Vilardevós, Viveiro, Xove Deputacións: A Coruña, Lugo.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.