Intres Xuño 2005

Page 1

Ano Mundial da FĂ­sica


SUMARIO EQUIPO DE REDACCIÓN Directora: Mato Salgado, Ana Deseño Cuberta: Adrián Espiño Equipo de redacción: Ana Agra Mejuto Natalia Iglesias Rodríguez Zeltia Laya Sánchez, Jessica López Bugeiro Rocío López Coego Pablo Mouriño Pereiro Verónica Mouriño Sexto Celia Parrado Rodríguez Belén Pena Sánchez Natalia Rodríguez Carril Roberto Rúa Castro Marcos Sánchez Caricoba Vanessa Sánchez Carril María Taboada Costoya Belén Torreiro Martínez Lorena Varela Amboage Diego Varela Mejuto Diana Vázquez Codesido Margarita Vilariño Ribadulla Cristina Vizcaíno Fernández Xabier Garabal, Manolo Castro, Gloria Rodríguez Mabel Prada Carmen Nieto Paco Veiga Belén F. Guzmán Miguel A. Rodríguez Susana Losada ...e alguén que nos esqueceu.

Intres actuais

2005 O ano mundial da física Un tráxico aniversario Onda de racismo Lorenzo Varela O novo doberman da Igrexa Querida directora de TV En defensa da vida As plabras baleiras ¿...Festa? Sen pasado ne futuro As drogas da noite Naufraxio en Galicia Animais mariños entrevista a un activista de Greenpeace A diglosia entre os mortos, aínda que eles non falan Ler para crer Pena de morte

Intres de cine

Asasinato no San Roque La Galice Romaine Mind the Gap II A miña primeira vez Os nosos contos de 1º de ESO Poemas

Intres lendarios

Contos populares Cantares de Reis Lendas galegas

Intres musicais

Os oficios da música Ray Charles Janis Joplin Entrevista a un supervivinte da “movida madrileña” Melendi Cantante, compositor, poeta... Belinda

A morte de ninguén A man que arrola o berce Catro galegos nos Goya Libro de familia Hai que botalos!

Intres deportivos

Intres divulgativos

Un pouco de “ísica” Récords ¿sabes que...? Facer feliz... Test Novas Pasatempos

¿De que estamos formados’ Albert Einstein Ciclo e conferencias de Física ¿Inflúe o mobíl nas nosas vidas? Curiosidades matemáticas Devoradores de homes A saúde Alimentos que se recomendan Os costumes orientais Espanha empregou armas químicas contra civís! Foucellas A imaxe do anarquismo en España Lisboa: a sua história Madeira

Intres Creativos

Contos solidarios

COLABORADORES

Fernando Torres Análise da liga

Intres para desconectar

Intres do instituto

Aforro enerxético Os grafos do Pavillón Día sen vehículos motorizados Falamelide é nosa Axeita información Participa no teu futuro O contacontos Clases sen fume Viaxe a Grecia Viaxe a Paris Benvida e Ata sempre Despedida final Manifesto Corremelide

Francisco Javier Silvela Sánchez, Rubén Costoya Sánchez, Ana Méndez Asorey, Mirta Sueiro Costoya, Rafa, Lucía Agra Mejuto, Edi C.C., Olalla Vázquez Varela, Marta Pájaro Varela, Iria Arias Pintor, Carmen Liñeira, Unha melómana da música da terra, Miriam Blanco Rodríguez, Alejandra Arenas, Verónica Mouriño Sesto, Belén Torreiro Martínez, Marga Vilariño, Rocío López, Aritz Rodríguez García, Adrián Espiño, Zeltia, Daniel Mato, Enrique Mejuto, Tania, Nuria, Lorena, Beatriz Rey Gosenje, Rosa Mato Amboage, Unha teleadicta, Rober, Leticia Sánchez, Samuel Garabal, Inge, Cristina L. Somoza, Hugo de la Plaza, Cristina Vizcaíno, Uxía, Ingri, Ángel M. Neira, Ruth Garrido, Rosa Cabado, Sandra Rodríguez, Ana V. Laíño, Noelia Rodríguez, Noelia Varela, Uxía Parrado, Estefanía Martínez, Xisela Fuciños, Mónica I. Parrado, Gloria Corral, David S1D, Inés Roca, Natalia R.C., Natalia Penas, Alberto Vilariño, María Cabanas, Damián Cagide, Anabel, Bea e unha chea de anónimos colaboradores/as.


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

2005, O Ano Mundial da Física Do mesmo xeito que o ano 2000 foi escollido como Ano Mundial das matemáticas, este presente ano 2005 celebramos a Física no centésimo aniversario dos extraordinarios descubrimentos de Einstein.

Mediante o movemento browniano Einstein estableceu un método para “contar” átomos e determinar o tamaña das moléculas.Todo isto serviu para establecer de xeito rotundo e definitivo a estrutura corpuscular da materia. Por outro lado a súa teoría cuántica demostrou que a luz, que ata ese momento fora considerada coma unha vibración do campo electromagnético,isto é, como unha onda, se comportaba no efecto fotoeléctrico tamén coma unha partícula. Esta na actualidade

3

denomínase fotón. Este descubrimento foi fundamental, porque establece a natureza dual da luz; unhas veces comportase como unha onda e outras como corpúsculos materiais.Todo isto foi o xerme da mecánica cuántica que supuxo unha nova concepción da estrutura da materia e do seu comportamento. Por último coa teoría da relatividade Einstein estableceu que a velocidade da luz é fixa e que esta non depende do soporte no que se traslada. Ademais, deixou de considerar o espazo e o tempo como entidades separadas, e comezou a traballar a partir dun continuo espazo-tempo que dependía do observador.Tamén demostrou mediante a fórmula E=mc2 que a masa e a enerxía son intercambiables, é dicir, que

a masa se transforma en enerxía e que ámbalas son coma as dúas caras da mesma moeda de maneira que unha pequena cantidade de masa se pode transformar nunha enorme cantidade de enerxía. Agora, tras teren explicados brevemente os motivos polos cales se nomeou ao 2005 como Ano Mundial da Física, cabe tamén expoñer os obxectivos que con esta conmemoración se pretenden acadar: ·Promocionar o coñecemento da física en toda a sociedade. ·Fortalecer a ensinanza da física en todos os niveis. ·Xerar un aumento do número de estudantes de esta ciencia. Promover a física como

Xuño 2005

Por isto, o ano 2005 foi escollido como Ano Mundial da Física, comezando o 13 de xaneiro cunha cerimonia na sede da UNESCO, en París, conmemorando estas xeniais publicacións que revolucionaron a visión da física no mundo: o movemento browniano, a teoría cuántica e a teoría da relatividade.

Intres

En apenas sete meses de 1905, un asistente técnico da oficina suíza de patentes en Berna chamado Albert Einstein enviaba para a súa publicación seis artigos á prestixiosa revista alemá Annalen der Physic. Estes traballos cambiaron a concepción da física, da historia e do mundo que hoxe coñecemos.


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

UN TRÁXICO ANIVERSARIO

Intres

base doutras disciplinas e como fundamento de novos campos científicos e de tecnoloxías emerxentes. ·Evidenciar os grandes retos da física do século XXI. ·Motivar a reflexión do rol da física no desenrolo dos países. ·Promover a física como parte da nosa herdanza cultural.

Xuño 2005

4

Para rematar, lembrar tamén que, igual que en moitos outros lugares do mundo, no noso I.E.S tamén se celebrou este ano dedicado á física con tres interesantes conferencias: Esquerda e dereita no cosmos. a asimetria no universo por D. Jaime Barros, Por que me gusta tanto a física por D. Antonio Ribas Menéndez e O CERN, o maior laboratorio de física do mundo por D. Ramón Cid Manzano. Estes tres actos tiveron lugar respectivamente o día 30 de marzo, o día 6 de abril e o día 14 de abril e trataron de dar a coñecer ao alumnado diversos temas relacionados coa física como por exemplo a simetría dos espellos, os posibles obxectivos da física nun futuro,o traballo realizado no CERN... Estas xornadas foron unha boa iniciativa para facer ver aos alumnos a importancia da física e ao mesmo tempo facer que entraran en contacto con este presente Ano Mundial da física. Inge-Maríe Andersen Martínez

Preto de nós atópase o once de marzo, máis coñecido coma o 11M, no que moita xente perdeu seres moi queridos, como maridos, esposas, fillos, tíos sobriños, amigos... ¿Por que? ¿por ser culpables dun roubo, dunha violación, dun asasinato...? pois NON, morreron por ser xente inocente, por coller un tren á hora de sempre para ir traballar ou estudar. Ese día toda España, e con ela todos nós, espertamos salpicados de sangue, sangue de xente inocente. Desde a chegada da noticia, o noso país estaba conmocionado, e por desgraza moita xente preparando o loito.

España cambiou un vermello inxusto por un negro de pena, dor, sufrimento... por un loito conxunto. Agora xa nada podemos facer máis que recordalos con pena e amargura, nunca esquezades, querid@s compañeir@s a xente que morreu o 11M, porque por desgraza outro día podíanos tocar a calquera de nós

OND A DE RA CISMO ONDA RACISMO Nos pasados días chamoume a atención un suceso ocorrido nun barrio ao sur de Madrid: “Mozo español asasinado a mans dun suramericano cando ambos mantiñan unha pelexa”. Ata aquí mesmo se podería dicir que non me sorprende, pois hoxe en día eventos coma este xa non son noticia ningunha, e pola contra acendemos o televisor ou a radio esperando escoitar algunha barbaridade deste tipo ou aínda peor. Ben, volvendo ao conto, o caso é que tras este desafortunado acontecemento, mozos radicais deron en perseguir a todos os inmigrantes que atoparon por diante, e non debemos esquecer que foron moitos, xa que neste barrio da capital o número de persoas estranxeiras é o suficientemente alto como para plantexarnos a busca de solucións efectivas.

Vendo que isto non ocorría, os veciños decidiron convocar unha manifestación multitudinaria para pedir unha maior seguridade, así como o cese deste xermolar de violencia xenófoba. Feito chamativo é o comportamento dos pais do mozo falecido, que reclaman xustiza para o autor do asasinato – actitude totalmente comprensible-, pero que piden, igual que os demais manifestantes que se deixe de acosar aos outros inmigrantes que non cometeron maior delito que vir a España buscando unha oportunidade para eles, pero sobre todo para os seus fillos. Evidentemente trátase dun erro sinecdóquico, xulgamos o todo pola parte. Un feito preocupante pero cada vez máis frecuente nunha suposta sociedade multicultural. Beatriz Rey Gosenje. B1A


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

UN TRÁXICO ANIVERSARIO

Intres

base doutras disciplinas e como fundamento de novos campos científicos e de tecnoloxías emerxentes. ·Evidenciar os grandes retos da física do século XXI. ·Motivar a reflexión do rol da física no desenrolo dos países. ·Promover a física como parte da nosa herdanza cultural.

Xuño 2005

4

Para rematar, lembrar tamén que, igual que en moitos outros lugares do mundo, no noso I.E.S tamén se celebrou este ano dedicado á física con tres interesantes conferencias: Esquerda e dereita no cosmos. a asimetria no universo por D. Jaime Barros, Por que me gusta tanto a física por D. Antonio Ribas Menéndez e O CERN, o maior laboratorio de física do mundo por D. Ramón Cid Manzano. Estes tres actos tiveron lugar respectivamente o día 30 de marzo, o día 6 de abril e o día 14 de abril e trataron de dar a coñecer ao alumnado diversos temas relacionados coa física como por exemplo a simetría dos espellos, os posibles obxectivos da física nun futuro,o traballo realizado no CERN... Estas xornadas foron unha boa iniciativa para facer ver aos alumnos a importancia da física e ao mesmo tempo facer que entraran en contacto con este presente Ano Mundial da física. Inge-Maríe Andersen Martínez

Preto de nós atópase o once de marzo, máis coñecido coma o 11M, no que moita xente perdeu seres moi queridos, como maridos, esposas, fillos, tíos sobriños, amigos... ¿Por que? ¿por ser culpables dun roubo, dunha violación, dun asasinato...? pois NON, morreron por ser xente inocente, por coller un tren á hora de sempre para ir traballar ou estudar. Ese día toda España, e con ela todos nós, espertamos salpicados de sangue, sangue de xente inocente. Desde a chegada da noticia, o noso país estaba conmocionado, e por desgraza moita xente preparando o loito.

España cambiou un vermello inxusto por un negro de pena, dor, sufrimento... por un loito conxunto. Agora xa nada podemos facer máis que recordalos con pena e amargura, nunca esquezades, querid@s compañeir@s a xente que morreu o 11M, porque por desgraza outro día podíanos tocar a calquera de nós

OND A DE RA CISMO ONDA RACISMO Nos pasados días chamoume a atención un suceso ocorrido nun barrio ao sur de Madrid: “Mozo español asasinado a mans dun suramericano cando ambos mantiñan unha pelexa”. Ata aquí mesmo se podería dicir que non me sorprende, pois hoxe en día eventos coma este xa non son noticia ningunha, e pola contra acendemos o televisor ou a radio esperando escoitar algunha barbaridade deste tipo ou aínda peor. Ben, volvendo ao conto, o caso é que tras este desafortunado acontecemento, mozos radicais deron en perseguir a todos os inmigrantes que atoparon por diante, e non debemos esquecer que foron moitos, xa que neste barrio da capital o número de persoas estranxeiras é o suficientemente alto como para plantexarnos a busca de solucións efectivas.

Vendo que isto non ocorría, os veciños decidiron convocar unha manifestación multitudinaria para pedir unha maior seguridade, así como o cese deste xermolar de violencia xenófoba. Feito chamativo é o comportamento dos pais do mozo falecido, que reclaman xustiza para o autor do asasinato – actitude totalmente comprensible-, pero que piden, igual que os demais manifestantes que se deixe de acosar aos outros inmigrantes que non cometeron maior delito que vir a España buscando unha oportunidade para eles, pero sobre todo para os seus fillos. Evidentemente trátase dun erro sinecdóquico, xulgamos o todo pola parte. Un feito preocupante pero cada vez máis frecuente nunha suposta sociedade multicultural. Beatriz Rey Gosenje. B1A


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

LORENZO V ARELA VARELA cha para Madrid, onde comeza a carreira de Filosoía e Letras e conecta co gupo PAN (Poetas Andantes e Navegantes). O grupo xorde do diálogo entre un fato de amigos, diálogo que, nun segundo momento, tomará forma escrita na revista PAN, aparecida en 1935 e dirixida por Xosé Otero Espasandín. Nela colaboraron, alén de Varela, R.Dieste, Fersen, Antonio Espina... Tamén traballa como crítico literario para o xornal El Sol.

En 1934 deixa Galiza, logo de participar nos acontecementos revolucionarios e por caus destes, e mar-

En 1937 publícase en Valencia a antoloxía Poetas en la España Leal, onde a obra de Varela aparece a

5 Xuño 2005

Fillo de emigrantes, a súa infancia transcorre entre Monterroso e Bos Aires. En 1931, ano de proclamación da Segunda República, volve a Galiza e instálase, con súa nai, en Lugo, onde estuda o bacharelato. Estes primeiros anos da República (1932) serán o tempo das primeiras inquedanzas literarias e políticas, entre as que estará presente o galeguismo e o marxismo, que o levarán a participar na fundación da Federación de Mocedades Galeguistas e a militar na troskista Izquierda Comunista. Neste contexto hai que situar a súa amizade con Ánxel Fole e Ramón Piñeiro.

Nestes anos colabora nas Misións Pedagóxicas, un proxecto moi achegado ao que hoxe coñecemos como dinamización cultural e que se insire dentro das reformas educativas da II República. A idea era levar a cultura aos lugares máis afastados, ao tempo que tentaban dignificar os valores da cultura tradicional de medios rurais. E para iso créase un Teatro de Guiñol, realízanse audicións musicais, proxeccións cine-

Durante a Guerra Civil, xa afiliado ao Partido Comunista, combina o seu labor político e militar coa actividades culturais ao servizo da causa republicana, entre as que podemos citar as colaboracións en revistas como Hora de España, Milicia Popular ou Diario del Quinto Regimiento. Tamén se responsabiliza, a carón de Alberti, Mª Terresa León, Dieste... , de El Mono Azul. Hoja Semanal de la Alianza de Intelectuales Antifascistas para la Defensa de la Cultura. Esta publicación, máis inmediata e combativa, ten no romance o seu mellor medio de expresión.

Intres

Xesús Lorenzo Varela Vázquez naceu o 10 de agosto de 1916 nun barco que entraba no porto d´A Habana, todo un símbolo do que sería a súa vida, a cabalo entre dous mundos.

matográficas, exposicións didácticas..., sempre itinerantes. Este proxecto foi interrompido polo comezo da Guerra Civil (1936).


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

LORENZO V ARELA VARELA carón da de Machado, Alberti ou Miguel Hernández. Na antoloxía Homenaje de despedida a las Brigadas Internacionales, publicada en 1938, tamén aparecerá a súa obra.

Intres

A guerra e a derrota deixarán unha firme pegada na súa obra.

Xuño 2005

6

Perdida a guerra, Lorenzo varela vive en México entre 1936 e 1941. Neste breve espazo de tempo participa en importantes iniciativas culturais, como a creación da revista Romance e a colaboración en Taller, dirixida por Octavio Paz. Será en México onde, en 1940, apareza o seu primeiro poemario individual, Elegías españolas, ilustrado con debuxos do pintor exiliado Miguel Prieto e publicado na editorial Guerra Literaria. A obra componse de tres elexías, Elogio del llanto, Primera Elegía Muladar (Tribunal del Virgo), e Desagravio del Vino Tinto, precedidas por unha dedicatoria (un poema dividido en dúas partes). En 1941, Lorenzo Varela instálase en Bos Aires, onde traballa no xornalismo e na tradución e leva a cabo unha intensa actividade cultural mantendo as súas fidelidades políticas. En 1942 publica Torres de Amor, ilustrado por Seoane e que será o libro que o consagra como poeta. Dende decembro de

1942 até xullo de 1943, participa na revista De Mara a Mar, da que é secretario. Ao desaparecer De Mar a Mar, Cuadrado, Seoane e Varela crearán e dirixirán Correo Literario, unha revista na que aparecen publicacións de escritores exiliados e latinoamericanos de diferentes nacionalidades, como Alberti, Francisco Ayala, Mario de Andrade, Ernesto Sábato... Lorenzo Varela colaborou en case todos os números, co seu nome ou co pseudónimo de Felipe Arcos Ruíz, con textos sobre novidades literarias ou pictóricas ou de creación poética, como Ofrenda a los franceses, Atenas ou Canciones a la Victoria. Correo Literario ten que pechar por motivos políticos (Perón chega ao goberno) e Seoane e varela fundan Cabalgata.

En 1944 publica a súa primeira obra en galego, Catro poemas pra catro grabados. Estes poemas desenvolven unha temática histórica, cunha intensa carga mítica, presentando uns personaxes de valores positivos e proxectando o pasado sobre o presente cun espírito combativo e de resistencia. En María Pita presenta a heroína elevándoa a símbolo de loita pola liberdade: María das batallas, Dareiche un reiseñor por cada bala. I unha estreliña nova No berce dunha dorna, Núa, espida, graciosa: Varona dos meus ollos, unha estrela Que ti ganache, poderosa e leda. En María Balteira recrea a famosa soldadeira que aparece nas cantigas de escarnio e maldicir, gabándoa como unha muller que reafirma a súa personalidade e loita contra a represión. A Ruy Xordo evoca, por medio do nome do lider irmandiño, a loita antiseñorial. O touro reinterpreta o xuízo de Deus que superou o bispo Adaúlfo para demostrar a súa inocencia. En 1943 edita un estudo sobre a obra de Baudelaire, Actualidad de la obra crítica de Baudelaire, e Murillo, monografía sobre o pintor, en 1945 El Renacimiento e en 1948 Seoane, estudo dedicado ao pintor amigo. E nesta época tamén escribe algúns contos que nunca chegaron


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

LORENZO V ARELA VARELA non vai publicar novos volumes de versos.

Ferrín. En 1971 publica un ensaio sobre Salvador Dalí.

En 1960 casa con Marika Gerstein, muller de ampla cultura que será a súa compañeira durante o resto da súa vida.

En 1976 regresa do exilio, e vivirá entre Madrid e Galiza; mais a súa volta non foi unha experiencia positiva, pois notou a indiferenza e o descoñecemento cara ao seu labor no exilio.

Sobre do ano 1960, o poeta comeza a pensar na posibilidade do regreso e fixo unha visita a España, aínda que, finalmente decidiu nos quedar.

Nos anos cincuenta comezan a aparecer en Galiza algúns poemas seus, sempre evitando os de temática máis conflitiva e é incluído por Francisco Fernández del Riego na súa Escolma da poesía galega IV. Os contemporáneos. En 1959 publica un novo texto, esta vez poético, sobre Seoane: Ante unos grabados en madera de Luis Seoane. A partir destes anos

En 1970 publícase o libro Castelao na voz dos poetas, no que se inclúe un soneto de Varela. Tamén nesta data aparece, no primeiro e único número da revista CucoRei, o poema Cantiga nova que se chama cadea, dedicado a Méndez

Cristina López Somoza Hugo de la Plaza Villasante Cristina Vizacíno Fernández ESO 4 A

7 Xuño 2005

En 1954 publica Lonxe, un gran libro de poesía galega no exilio con dúas liñas temáticas. Unha é a dos guerrilleiros galegos dos anos corenta que loitan contra o franquismo e onde destacan Manuel Ponte ou Manuela. En Compañeiros da miña xeneración mortos ou asesinados lembra os amigos mortos na guerra e na represión. A outra liña temática é a ausencia da Terra, o exilio (O galo), a diáspora por causas económicas (Emigrante).

Morre en 1978.

Intres

a ver a luz en libro.

Ao longo dos anos sesenta as súas publicacións diminúen e boa parte da súa poesía está espallada ao longo de diferentes libros e álbums. Cómpre destacar a publicación de Homenaje a Picasso en 1963 e un novo ensaio sobre Seoane, Seoane o el arte sometido a la libertad, en 1966. Escribe no volume Galiza Hoy, publicado con Seoane e Díaz Pardo na editorial antifascista Ruedo Ibérico de París e nel denuncia a situación de Galiza baixo o franquismo.

Nos seus últimos traballos prologa os libros Cen chaves de Sombra, de Paz Andrade, e Escolma ferida de Manuel Lueiro.


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

O NO VO “DOBERMAN” D A IGREXA NOV DA

Xuño 2005

8

Tras a morte o pasado mes de abril do papa Xoán Pablo II, celebrouse un conclave co fin de elixir un sucesor deste polaco que logo se converterá en Santo. Pero a elección non puido ser máis sorprendente e previsible á vez: o cardeal Joseph Ratzinger, o máis estreito colaborador do falecido pontífice, que asumiría o cargo baixo o título de Benedicto XVI. Este primeiro papa do século XXI representou na Igrexa a imaxe dun gardián inflexible da doutrina, represor de teólogos innovadores; por sorte ou por desgraza, parece ser que este será un papado de transición, pois dados os setenta e oito anos do excardeal, o seu tempo á fronte da Igrexa será relativamente breve. Podemos considerar o pasado deste alemán máis ben digno de esquecer, pois, ao parecer, cando era mozo foi obrigado xunto co seu irmán a ingresar nas xuventudes hitlerianas, aínda que segundo afirma a súa familia non simpatizaba co nazismo.

A súa actual postura conservadora reflíctese claramente na misa “pro-elixindo pontífice” previa ao conclave, en cuxa homilía o agora Benedicto XVI se refería á “ditadura do relativismo” para deixar claro que estes son tempos difíciles para a doutrina cristiá, nos que Europa volveu á época do paganismo. Do mesmo xeito, como aseguraba nunha entrevista concedida meses atrás ao diario italiano “La República”: “O laicismo transformouse nunha ideoloxía imposta pola política e que non concede espazo público á visión católica”. Sen embargo, e aínda que resulte sorprendente, Ratzinger foi nos seus tempos de xuventude un teólogo progresista do episcopado alemán e participou activamente nas aperturas do Concilio Vaticano II. Mais a súa actitude cambiou radicalmente, e chegou a combater este Concilio que antes defendera, condenando a máis de cen estudosos dos Evanxeos por tentar poñer en práctica os acordos desta reunión de bispos presididos polo papa Xoán XXIII. O seu carácter non mudou dende entón, e continúa dicindo que a presenza de Deus é necesaria na sociedade actual ou esta autodestruirase, comparándoa co ocorrido cos réximes totalitarios. Outro tema

conflitivo no seu pontificado podería ser a “ética sexual”. Baixo o seu criterio, a píldora foi o punto de partida dunha revolución antropolóxica na que o acto sexual perdeu a súa intencionalidade e finalidade, e na que todos os tipos de sexualidade se fixeron equivalentes, chegando a equipararse a homosexualidade e a heterosexualidade. Por iso asegura que a elección do goberno español de legalizar o matrimonio entre persoas do mesmo sexo non axuda en absoluto a estes individuos “que sofren”, e lonxe disto é destrutiva para o modelo de familia e a sociedade en xeral, poñendo polo tanto en perigo os elementos básicos dun sistema de dereito. Con este panorama, ¿credes que chegará un día no que poidamos comparalo co defunto Karol Wojtyla? Beatriz Rey Gosenje. B1A


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

QUERID A DIREC TORA DE TELE VISIÓN QUERIDA DIRECT TELEVISIÓN ESP AÑOLA: SPAÑOLA: L evo moito tempo querendo

Intres

escribirlle esta carta, pero até o de agora non me daba decidido, á parte de que estiven ocupadísima vendo a tele nesta última tempada. Verá vostede, unha das cousas que máis me gustan é ver a tele, véxoa sempre que podo e son das que deixan o vídeo a gravar se algunha das miñas series favoritas é en horario de traballo. Na miña casa temos unha tele para cada un, ademais das da cociña e da sala. Pero non me vou a enrollar aquí con detalles da miña vida, que vostede terá moito que facer e eu tamén, que me vai empezar Luar, e me vai saír o sobriño no público. Aínda que non é da TVE, recoméndolle moito que o vexa, pois é do melloriño que temos na nosa tele galega... pero non se nos vaia antollar co Gayoso e levalo para a súa tele, que quedamos a velas vir. Pois como lle dicía, querida directora, estiven moi ocupada esta tempada cola tele, 9 porque hai que ver a cantidade de acontecementos, tan tristes algúns, que pasaron ultimamente. Teño que felicitala pola morte do papa. A ver, enténdame, quería dicir por todos os programas que puxeron nesas datas. Eu xa quería ben a este papa noso, que me parecía moi boa persoa, pero, dígolle a verdade, antes de ver as súas reportaxes eu non sabía que era tan bo. Non lle me estraña que o fagan santo, e se teño saúde e cartos hei de ir aló, a Roma; xa que perdín o da morte, non hei perder o da canonización. ¡Que envexa me deron todas esas persoas que estiveron na praza de San Pedro día e noite, rezando a pé feito polo Santo Padre!. Non, outra coma esta non a perdo en directo, aínda que agora que recuperei a fe na nosa tele, non dubido que daquela nolo retransmitan con todo luxo de detalles. E digo o de “recuperar a fe na tele”, porque eu estaba tremendo cando gañaron as eleccións os socialistas e pobre Sr. Urdazi, un profesional excelente, tivo que abandonar o seu posto. ¡Até nos van quitar a misa dos domingos!, pensei eu e, por sorte, enganeime. E que estes socialistas parecía que tiñan teima coa relixión, que até a querían sacar da escola, da tele e de todas partes. Agora, despois da morte do papa, a todos nos queda claro que España é un país católico, como sempre foi e sempre ha de ser. ¡Que estado laico, nin que farrapos de gaita! Mire como nos solidarizamos todos, e puxemos as bandeiras con lazos negros. Ata os socialistas

Xuño 2005


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

QUERID A DIREC TORA DE TELE VISIÓN QUERIDA DIRECT TELEVISIÓN ESP AÑOLA: SPAÑOLA:

Xuño 2005

10

se emocionaron coa morte de Xoán Paulo II, aínda recordo a cariña de pena de Dna Mª Teresa Fernández de la Vega e as palabras de Zapatero. É que os socialistas tamén teñen o seu corazonciño. E aínda non tiveramos tempo de repoñernos desta desgraza, e xa ve, que nos morre Rainiero de Mónaco. ¡Que home tan bo e que vida tan triste lle tivo que pasar! Porque os ricos tamén lle pasan as súas penas. ¡Que guapísima lle era a muller e que namorado se lle vía dela! Mágoa que os fillos lle saíran algo tortos, aínda parece que a Carolina ía endereitando algo, ¡esa si que ten mala sorte cos homes!. Por certo, querida Carmen (e perdoe a confianza), tampouco estaría mal que falasen algo máis sobre as familias reais europeas, que é moito máis bonito velo na tele que andar comprando revistas. E se non teñen espazo, xa podían ir quitando todos eses programas de libros e documentais que non sei quen os ve. É que na segunda cadea póñenlle cada cousa... Menos mal que despois de tanta morte vennos a boa nova dun nacemento. Non sabe o que me alegrei, querida Carmiña (permítame que lle chame así), polo embarazo da princesa; case aínda máis que cando me decatei de que ía ter o meu primeiro fillo. Ai, Carmiña, espero que non nos decepcione e nos vaia contando todos os detalles do embarazo, o parto e o nacemento. Eu xa estou desexando saber se é neno ou nena ¿vannos poñer pola tele a primeira ecografía real? ¡Que emocionante sería ver en posición fetal o noso futuro rei! E antes de despedirme, que me vai empezar o Luar, quería dicirlle que non faga caso das críticas. A audiencia non baixou nadiña, que llo digo eu que non coñezo a ninguén que non estivera vendo todo o día o do papa. Ademais, é moito mellor que nos poñan a morte do papa ou a de Rainiero, que os coñecemos todos. Porque, digo eu, e vostede aínda o saberá moito mellor ca min ¿Que nos importa a nós o que pasa en África ou en todos eses países, Uzbequistán, Kirziguistán ou nonseiquistán, se non sabemos sequera onde quedan? É certo que a min, que lle son moi sensible, me da moita pena ver negriños e mouros mortos. Pero é que eu a esta xente non lla coñezo de nada, e xa teño abondo cos meus problemas. E o da guerra do Iraq ¿é que non acabara xa? Todos os días a falar dela, e logo aínda se queixan do que puxeron do papa. Que non, miña Carmiña, que non faga caso e a quen non lle guste a tele que non a vexa e pague as cadeas privadas. Que se a tele é de todos será para ver cousas bonitas e non as salvaxadas que fan os negros ou os terroristas árabes. E antes de despedirme dígolle, polo seu ben , que ate máis curto aos da segunda cadea, que lle van quitar toda a audiencia con tanto documental deprimente, tanto programa de libros e tanto debate. Un abrazo. Unha teleadicta.



Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

AS PPALABRAS ALABRAS BALEIRAS

Xuño 2005

12

Convidámosvos a entrar nesta páxina de “Mulleres femias, para ser exact@sarmadas de América en favor da pistola”, que toda ela é un canto á vida, na que se condena o asasinato de Terry Schiavo. Se facedes clic en “Mission”, veredes que o uso da armas está avalado nada máis e nada menos que polo propio Creador. É que, como dicía miña avoa, no mundo ten que haber de todo e, como digo eu, para surtido...internet. En fin, que algúns ou algunhas xa non entendemos nada, nin sabemos que vida hai que defender. Acórdanos unha frase do actor Charlton Heston, presidente a Asociación Americana do rifle: “Só mo quitaredes, morto”. Por se hai algún malpensad@, referíase ao rifle (o de disparar, eh?). A nós, femias desarmadas e confusas, ocórrensenos que de aquí podiamos sacar un tema que seguro ía ser superventas en EEUU: “ANTES MORTA QUE SEN RIFLE, QUE SEN RIFLE, QUE SEN RIFLE...” Desarmed and desorganizated and confused Females of Ghaliza Ceibe

Palabra: sons articulados que expresan unha idea ou concepto. Non sabemos se o noso pensamento orixinou a linguaxe ou se, pola contra, é esta o soporte d o pensamento. En todo caso, cada concepto debería aludir a unha única e precisa realidade. O tempo, que todo o modifica, tamén o fai coas palabras. Termos en desuso como os obxectos que designaban ou proscritos, igual cás situacións que querían ocultar, ou palabras cheas de sentido como o honor, están hoxe devaladas. Un acto espontáneo no noso século significa xusto o contrario que na época na que se admitiu no dicionario da RAE. O libre uso da lingua parece ter tocado teito na nosa sociedade da información. As palabras viaxan a través de cables e ondas para chegar ás pantallas de plasma, titulares de periódicos, radio, folletos propagandísticos, lemas electorais..., xunto ás palabras, as imaxes, as

cores, as actitudes... Nunca na historia do home as nosas neuronas tiveron que procesar tanta cantidade e variedade de estímulos lingüísticos. Varios pensadores auguraron o uso e abuso de termos moi apreciados pola sociedade. PAZ, DEMOCRACIA, LIBERDADE, SOLIDARIEDADE, NATURAL, REVOLUCIÓN, DEREITOS son hoxe conceptos manoseados. Tanto desde o espazo público coma do privado, estas palabras explotáronse de tal maneira que xa carecen de significado inequívoco. Palabrería: palabras vanas e ociosas. Rosa Mato Amboage. B1A


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

¿...FEST A ...! ¿...FESTA

persoas onde só collen trescentas, que farán unha hora de cola para deixar o “glamuroso” abrigo e outra para recollelo; unha máis para conseguir un cubata na ‘barra libre´ e un par delas para poder entrar no baño, esquivando certos vómitos. E aínda están os fillos dos pais que a pesares de seren moi feitiños, acaban sendo uns petardos; as cousas como son. Non é estraño tampouco ver algunha que outra pelexa ou algunha rapaza chorando ata as tantas, como tampouco falla que che poida sentar mal o marisco ou o pavo ou o que sexa. Os máis finos xa sabemos que van a unha cea exquisita de hotel carísimo e á fin, abúrrense como ostras; nunca mellor dito. Os máis esaxerados disfrázanse de lentexoulas e traxe longo, coa última en perruquería nas señoras, e as conversacións de negocios estresantes nos cabaleiros. Non soen faltar os nenos que se empeñan en facer unha serie de monadas tales como tocar o violín ou

13 Xuño 2005

non está... Seguramente bicando ao mesmo, que hai dous minutos discutía contigo ao teu carón, pero despois das doce xa todo forma parte do pasado, que máis dá, festa! Logo xa toca a diversión e por suposto, beber champán ou cava ata fartar. Algúns entusiastas tiran confeti e serpentinas cando a música comeza coas típicas cancións e desafinacións, abrindo paso a que toda a familia baile e recorra o estreito comedor, ou corredor, apartando cadeiras e mesas e... Pero por suposto, sempre hai quen decida saír á rúa, xa que é moito máis divertido, estreando as mellores galas e saudando coa famosa frase a todo o coñecido que se poña por diante, a pesar do tráfico espantoso que debe haber nas cidades, o frío que soe facer esa noite e as grandes esmorgas nas que a maioría cae. Tamén están os valentes que van a unha festa organizada onde se encontrarán con máis de setecentas

Intres

Xa sei que este artigo encaixaría mellor no anterior intres, debido á data á que se refire, pero como non foi posíbel, aquí vai; Quizais este país debe ser o único en que toda a xente, ao unísono, celebramos un acto festivo da mesma maneira: as doce uviñas o día 31. Aquí si que non existen nacionalidades con tradicións particulares: soan as doce campanadas e case corenta millóns de persoas nos poñemos ante a televisión para ver caer a bóla do reloxo da Porta do Sol, aturando posiblemente un ano máis ao Ramon García coa conseguinte acompañante, para darnos as instrucións acerca do “papamento” das uvas, e por suposto darnos a benvida ao novo ano. Para iso lles pagan. E todos nós, procurando non atragantarnos co costume de comelas sen mastigar. A cousa non é tan antiga; parece ser que naceu a principios de século, cando había excedentes de uva e debían inventar algo para que o persoal as tragase como fose. Pero algúns resístense, aínda que pareza incríbel e cean igual que outro día calquera, incluso deitándose antes das campanadas se hai sono, sós ou acompañados. Pero o ‘normal´ é que a maioría de nós esperemos impacientes, o derradeiro instante do ano, con doce persoas, ou as que sexan, de pé ante un electrodoméstico, brindando con alegría (ou mágoa) a esperada e famosa frase “¡feliz aninovo!” ou buscando un recuncho para chamar todos á vez a alguén que


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

¿...FEST A ...! ¿...FESTA

Xuño 2005

14

pór en práctica os primeiros pasos de ballet, mentres os pais e avós aplauden cun sorriso de orella a orella, e os invitados buscan unha ventá pola que fuxir. Un panorama que mola. Os agasallos, vaia dilema! e para isto, rompémonos a cachola quince días antes ou máis, para deducir que cousa pode cumprir os tres BBB! Bo, bonito e barato. Así é que, o día anterior ao festín poida rematar sendo un dos peores do ano, e se é nos últimos minutos do peche das tendas, moito mellor. Os centros comerciais xa poden afirmar sen tapuxos que foron eles os inventores do Nadal. Ai! Que sería de nós,

sociedade de consumo, sen eses excelentes decorados... música de fondo, panxoliñas, árbores, bólas, velas, portais, postais, luces... etc, etc? ¡O Nadal pode chegar a ser moi “guai”, por suposto! vacacións, movemento, familiaridade, agasallos...pero tamén moi triste. Unha falsa bandexa onde nos ofrecen todo tipo de ledicias, na que a maioría de nós caemos. Pero de verdade respiramos todos esa felicidade? Aparentemente todo é paz e harmonía, pero detrás de miles de persoas hai desgrazas que nin o Nadal nin ningunha outra época poden facelas esquecer. Nadal solitario, de fame, dor,

guerras...Amósannolo como algo que realmente non é; pasamos, finximos e seguimos para adiante. Somos realmente nós? Claro que se non é así, a ver como se ía celebrar esa noite, esa febre de Nadal. Un pode encerrarse a escuras e con tapóns nos oídos, e deixar pasar o tempo, pero entón pasaría a ser a excepción da humanidade...en moitos países o Nadal pasa desapercibido, non existe! pero aquí somos millóns de persoas somerxidas nesa tolemia, e nin un meteorito sería capaz de destruíla. ¡Festa! Lorena

SEN PPASADO ASADO NIN FUTURO 250 Millóns. Podería ser o soldo dun actor de éxito,podería ser o premio dunha lotería, podería ser o número de vendas dun disco. Pero non é así. Trátase da cifra de nenos que en todo o mundo non saben o que é vivir nin soñar. 250 millóns de infernos sen infancia. Os máis afortunados ingresarán no mundo adulto sen máis opcións que seguir traballando, explotando o resto da súa vida. Aos que a sorte non os acompaña, verán como a súa saúde se vai minando ata que un día se apague sen ter un só recordo agradable gardado para o último instante. Non tiveron tempo, o 80% deles traballaron de 16 horas en diante diarias sen un só día libre. En moitos países latinoamericanos, familias enteiras constrúen manualmente ladrillos. Unhas pequenas cubertas

de coiro nos dedos non son suficiente protección para evitar algunha pequena man quebrada que nunca poderá alcanzar unha vida mellor. As minas é outro dos traballos (ideais). A súa estatura permítelles entrar na escura boca do dragón que arranca os seus pulmóns e devora os seus ollos. Os mercados, pódense definir coma unha cidade maldita de nenos aprisionados por fardos dúas veces máis grandes ca eles ou carros cargados de pesados soños esnaquizados. As fábricas tamén os engolen. ¿Por que tomar medidas de seguridade? ¡que tontos son cando os produtos químicos encharcan os seus pulmóns ou arrancan a súa pel!. ¿Non esperarán que encima de deixalos traballar e cambiar a súa fame por mise-

ria lles deamos algunha protección?. ¡Iso non seria produtivo!. Berra unha voz anónima. Eses son os afortunados. O resto deixa os pés na rúa pedindo esmola ou camiñando polo lado salvaxe das drogas, a prostitución e a criminalidade. Nalgúns países moitos pequenos que non saben ler xa aprenderon a disparar contra outros nenos que por algunha razón son os seus inimigos. Rober, Rocio, Marga 1º BAC C


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

¿...FEST A ...! ¿...FESTA

Xuño 2005

14

pór en práctica os primeiros pasos de ballet, mentres os pais e avós aplauden cun sorriso de orella a orella, e os invitados buscan unha ventá pola que fuxir. Un panorama que mola. Os agasallos, vaia dilema! e para isto, rompémonos a cachola quince días antes ou máis, para deducir que cousa pode cumprir os tres BBB! Bo, bonito e barato. Así é que, o día anterior ao festín poida rematar sendo un dos peores do ano, e se é nos últimos minutos do peche das tendas, moito mellor. Os centros comerciais xa poden afirmar sen tapuxos que foron eles os inventores do Nadal. Ai! Que sería de nós,

sociedade de consumo, sen eses excelentes decorados... música de fondo, panxoliñas, árbores, bólas, velas, portais, postais, luces... etc, etc? ¡O Nadal pode chegar a ser moi “guai”, por suposto! vacacións, movemento, familiaridade, agasallos...pero tamén moi triste. Unha falsa bandexa onde nos ofrecen todo tipo de ledicias, na que a maioría de nós caemos. Pero de verdade respiramos todos esa felicidade? Aparentemente todo é paz e harmonía, pero detrás de miles de persoas hai desgrazas que nin o Nadal nin ningunha outra época poden facelas esquecer. Nadal solitario, de fame, dor,

guerras...Amósannolo como algo que realmente non é; pasamos, finximos e seguimos para adiante. Somos realmente nós? Claro que se non é así, a ver como se ía celebrar esa noite, esa febre de Nadal. Un pode encerrarse a escuras e con tapóns nos oídos, e deixar pasar o tempo, pero entón pasaría a ser a excepción da humanidade...en moitos países o Nadal pasa desapercibido, non existe! pero aquí somos millóns de persoas somerxidas nesa tolemia, e nin un meteorito sería capaz de destruíla. ¡Festa! Lorena

SEN PPASADO ASADO NIN FUTURO 250 Millóns. Podería ser o soldo dun actor de éxito,podería ser o premio dunha lotería, podería ser o número de vendas dun disco. Pero non é así. Trátase da cifra de nenos que en todo o mundo non saben o que é vivir nin soñar. 250 millóns de infernos sen infancia. Os máis afortunados ingresarán no mundo adulto sen máis opcións que seguir traballando, explotando o resto da súa vida. Aos que a sorte non os acompaña, verán como a súa saúde se vai minando ata que un día se apague sen ter un só recordo agradable gardado para o último instante. Non tiveron tempo, o 80% deles traballaron de 16 horas en diante diarias sen un só día libre. En moitos países latinoamericanos, familias enteiras constrúen manualmente ladrillos. Unhas pequenas cubertas

de coiro nos dedos non son suficiente protección para evitar algunha pequena man quebrada que nunca poderá alcanzar unha vida mellor. As minas é outro dos traballos (ideais). A súa estatura permítelles entrar na escura boca do dragón que arranca os seus pulmóns e devora os seus ollos. Os mercados, pódense definir coma unha cidade maldita de nenos aprisionados por fardos dúas veces máis grandes ca eles ou carros cargados de pesados soños esnaquizados. As fábricas tamén os engolen. ¿Por que tomar medidas de seguridade? ¡que tontos son cando os produtos químicos encharcan os seus pulmóns ou arrancan a súa pel!. ¿Non esperarán que encima de deixalos traballar e cambiar a súa fame por mise-

ria lles deamos algunha protección?. ¡Iso non seria produtivo!. Berra unha voz anónima. Eses son os afortunados. O resto deixa os pés na rúa pedindo esmola ou camiñando polo lado salvaxe das drogas, a prostitución e a criminalidade. Nalgúns países moitos pequenos que non saben ler xa aprenderon a disparar contra outros nenos que por algunha razón son os seus inimigos. Rober, Rocio, Marga 1º BAC C


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

AS DROGAS D A NOITE DA NOITE..

¿REALMENTE PENSADES QUE MERECE A PENA? O INTELIXENTE NON É SÓ O QUE SACA BOAS NOTAS, SENÓN SABER TAMEN TOMAR DECISIÓNS IMPORTANTES COMA ESTA. Ti decides, iso é verdade. Pero eu teño a necesidade moral de dicirche que, se es un dos que consomen drogas, a túa decisión non foi a máis acertada.

15 Xuño 2005

CONSUMO DE ÉXTASE NO MUNDO AUSTRALIA———————————————3.4% IRLANDA——————————————2.4% ESPAÑA——————————————1.8% CANADÁ—————————————1.3% ISLANDIA———————————0.9% GRECIA———————————0.7% ISRAEL———————————0.4% CROACIA————————0.3% VENEZUELA——————0.3% GHANA————————0.01%

Intres

*Estas non son máis que unhas de tantas, xa que cada día son máis. KETAMINA: Anestésico utilizado en veterinaria.Relacionado coa música dence desde hai unha década. Ten propiedades alucinóxenas, psicodélicas e estimulantes. Pode provocar ataques de pánico, delirios e alucinacións suicidas. GHB (ÉXTASE LÍQUIDO): Tratase de óxibato sólico, un anestésico para o tratamento de la narcolespsia e facilitador da perda do peso. Sintetizouse por primeira vez no 1960 e fixo a súa aparición nos clubs británicos no 1994, e a España tardou un ano máis en chegar. Sóese atopar en estado líquido transparente ou en pequenas cápsulas de plástico. Úsase especialmente polos seus efectos euforizantes e porque aumenta o desexo sexual. En doses elevadas produce náuseas, alucinacións e vómitos, e incluso pode chegar a provocar a morte por sobredoses. CRACK: Mestura de coca e amoníaco. O seu nome débese ao son que produce a coca cristalizada cando de queima para aspirar. Considérase como unha das sustancias máis aditivas existentes e asóciase a grupos marxinais. METANFITAMINA (SPEED): Estimulante con efectos similares ás anfetaminas. É coñecida co nome de “coca de pobres” polos seus efectos similares e o seu baixo custo. Aumenta a autoestima, a capacidade de atención e provoca un alto estado de euforia. MDA (CRISTAL LOVE PILL): Variante da anfetamina. Foi utilizada nos anos 40 como depresor do apetito. Nos últimos anos volveu en forma de po para ser inxerida oralmente. En doses baixas, de 30 ou 40 mg, produce unha sensación de euforia e empatía.


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

NA UFRAXIO EN GALIZA NAUFRAXIO

Xuño 2005

16

O pesqueiro “O Bahía” regresaba a Galiza dende o País Vasco, onde estivera na pesca da anchoa, cando o día 9 de xuño do pasado ano naufragou repentinamente nas costas galegas con 10 tripulantes a bordo,

preto das Illas Sisargas, foi a causa do mal tempo. Na operación de rescate participaron embarcacións de Salvamento Marítimo, helicópteros da Xunta de Galiza e tamén efectivos da Garda Civil e Protección Civil. Cando se estaba a proceder co rescate, cabía a posibilidade de que os mariñeiros desaparecidos estivesen nas adegas do pesqueiro afundido entre 70 e 100 metros de profundidade. Era moi difícil o rescate debido á

profundidade, pero ante as peticións dos familiares, pensouse na posibilidade de utilizar submarinistas especializados para mergullarse na zona do afundimento. Os 10 membros da tripulación falecidos pertencían ás confrarías de Cangas e Redondela, en Pontevedra. Lucía Agra Mejuto. B1C

ANIMAIS MARIÑOS

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

O home xera a diario toneladas de lixo que van parar ao mar, sen ter en conta as consecuencias desa acción. O simple feito de tirar unha bolsa de plástico á auga pode facer que un animal morra afogado. Os restos dunha rede de pesca, as

latas de refresc o . . . todo é lixo que, por culpa da acción do home, pasa a ser o causante da morte de moitos millóns de animais c a d a ano. Pero non só se seguen tirando residuos ao mar a diario, senón que, ademais, trátase de materiais que tardan miles de anos en degradarse, polo que se acumulan manchando e contaminando cada día máis a auga e tamén o fondo mariño.

O lixo mariño atópase en todas partes: en alta mar, no fondo mariño, nas marismas, nas desembocaduras de ríos e praias. A culpa é de toda a xente que verte o seu lixo ao mar pensando que este o come, pero esa non é a realidade; cada ano, por culpa disto, morren millóns de animais que son inocentes e teñen dereito a vivir. Morren de forma cruel e dolorosa animais como focas, leóns mariños, baleas, golfiños, tartarugas mariñas, peixes, crustáceos e corais. ¡¡¡BASTA XA!!! RECICLA, NON CONTAMINES E SALVA ANIMAIS. Lucía Agra Mejuto. B1C


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

ENTREVIST A A UN A CTIVIST A DE ENTREVISTA ACTIVIST CTIVISTA GREENPEA CE CE,, MARCOS LÓPEZ GREENPEACE cabo a miña defensa persoal contra os agresores do planeta.

¿Por que decidiches entrar a formar parte do día a día de Greenpeace? Porque me considero unha persoa moi sensibilizada cos temas ambientais. Dentro de Greenpeace podo levar a

Fálame

un

pouco

de

17 ¿Diríasnos algo para rematar esta entrevista? Si, daría unha mensaxe a aquela xente que desexa colaborar na defensa da natureza, para que se mova, porque o noso planeta necesítavos. Verónica Mouriño. B1B

Xuño 2005

¿A que idade comezaches no mundo da ecoloxía? Aos dezasete anos, pero isto xa viña dende pequeno, porque sempre me gustou este mundo.

¿Consideras Greenpeace un hobby ou é algo máis para ti? Si, considéroo unha forma de vida.

Intres

¿Recordas como comezaches colaborando en Greenpeace? Hai quince anos. Primeiro estaba nunha asociación galega da Coruña chamada Biotopo, entrei nela para poder entrar en Greenpeace, porque colaboraban xuntas. En Greenpeace comecei como socio pagando unha cota; despois como voluntario nun grupo de apoio, que están por toda España; e ata agora que son activista da asociación.

¿Es capaz de compaxinar ben o teu traballo coa salvación do planeta? Si, de momento si, porque teño un traballo que mo permite, polo menos actuar dentro da comunidade, pero a nivel de España depende. ¿Vexetariano? Podes ser ecoloxista e ser omnívoro. Se es vexetariano, podes selo por moitos motivos, como o sufrimento dos animais ou porque comen alimentos transxénicos... Non está reñido ser ecoloxista con ser vexetariano. Eu, polo momento si que son vexetariano dende hai anos.

CEMMA Colaboro tamén en CEMMA, que é máis ben unha asociación científica que se encarga de todo o litoral galego. Encárgase de facer un estudo de todos os animais mariños de Galiza, sobre todo do delfín mular. Ten un convenio coa Xunta hoxe en día para legalizar o traballo que estamos facendo.


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

A DIGL OSIA ENTRE OS MORT OS DIGLOSIA MORTOS OS,, AÍND A QUE ELES NON FFALAN ALAN AÍNDA

Xuño 2005

18

¿ Quen estaría disposto ou disposta a escribir un artigo no que se reflictan todos estes datos cos que estamos traballando? ¡ Eu! Dixo Uxía ¡ Eu tamén!. Así empezou o lío. Tocounos describir os pormenores da tarefa que nos leva enredando dende hai tempo. Tratábase de continuar con algo que polo visto comezara o ano pasado : o traballo coas esquelas ¡Toca madeira! Pero nós agora iamos analizar con máis profundidade o tema dos TOPÓNIMOS. Os xornais que revisamos u n h a morea d e

rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO foron : La Voz de Galicia, maioritariamente, El Correo Gallego, El Progreso e Faro de Vigo. Contabilizamos un total de 2.635 esquelas e, antes de empezar co asunto que imos tratar, permitídenos un dato :¡Primeira Sorpresa! ou primeira d e -

cepción, como queirades, fronte ao 94% das escritas en lingua castelá do curso pasado, agora atopámonos cun 97 %.¡¡ Que pasada, a situación empeorou!! De momento non imos permitir que o desalento nos invada e imos cos topónimos. Para comezar facémosvos unha preguntiña ¿ Como vos parece que


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

A DIGL OSIA ENTRE OS MORT OS DIGLOSIA MORTOS OS,, AÍND A QUE ELES NON FFALAN ALAN AÍNDA

Lugo Pidrafita Villalba Pontevedra Bayona La Cañiza Las Nieves Puentecaldelas Puentecesures Villagarcía de Arosa

desinterese invaden os medios de comunicación? ¿As funerarias móvense na irregularidade por ignorancia? ¿A dor dos familiares permite que outros decidan por eles? ¡Culpables TODOS!. Sabedores de que segundo as nosas enquisas, o 44% das persoas que habitualmente len o xornal, miran as esquelas sempre e un 20% fano ás veces, e conscientes da importancia deste feito, nós decidimos que imos aportar un grao de area e facer chegar o resultado do noso traballo e as nosas reflexións aos concellos, as funerarias, e aos medios informativos. Farémolo a principios do Curso que vén ou agora, se nos dá tempo. Xa vos contaremos. Uxía e Ingri no nome de todos /as os/as de 1º e 2º ESO

Así o ven os nenos e nenas

19 Xuño 2005

La Coruña Arteijo Irijoa La Baña La Coruña Órdenes Oza de los Ríos Puebla del Caramiñal Puenteceso Puerto del Son Riveira San Saturnino Sobrado de los Monjes Tordoya Villarmayor

Nas esquelas revisadas aparecen a miúdo os topónimos que vedes, repetidos unha e outra vez, só ás veces o nome correcto lémbranos que están aí, pero moi poucas, a verdade. Como podedes constatar é na provincia da Coruña onde máis infractores atopamos pero ¿será porque é da Coruña o xornal máis consultado, polo tanto do que temos máis datos, ou a realidade é esa? Hai casos realmente curiosos para referirse a un mesmo lugar. Para A Pobra do Caramiñal aparecen ata catro formas diferentes de nomeala: Puebla; A Pobra; Puebla del Caramiñal; P. Do Caramiñal¿Que pasa? ¿Hai confusión? ¿Non sabemos? ¡Non queremos saber!. No que se refire a lugares máis pequenos, parroquias, aldeas... a situación clama ao ceo e non sabemos se rir ou chorar cando lemos: Taboeja, La Silva, Irijoa, Feria del Tres, Vijoy, Mesón del Viento, Puente del Puerto.. etc. etc. ¿Quen son os culpables da situación?¿De quen é a responsabilidade de facernos chegar o nome correcto do concello ou localidade na que vivimos?¿Son os mortos os que elixen unha lingua que non usaron de vivos?¿A rutina, o

Intres

queda mellor: A Coruña ou La Coruña? Supoñemos que diredes A Coruña ou iso é o que a nós nos gustaría, porque a realidade é que se utiliza La Coruña no 86% das esquelas ¡Danlle a razón ao alcalde da cidade!, famoso defensor deste xeito de referirse á nosa provincia . Pero non pensedes que remata así o conto, isto só é unha anécdota da que xa estamos cansos. A lei de Normalización di textualmente no seu artigo 10 “os topónimos de Galiza terán como única forma oficial a galega”, polo tanto chegamos a unha conclusión. Os concellos que ides ver no mapa seguinte, que son os que non cumpren a Lei, realmente NON EXISTEN, non na nosa terra.


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

LER PPARA ARA CRER

Xuño 2005

20

O Tribunal Federal Supremo de Alemaña anulou o día 22 de abril de 200500 a sentencia pola que Armin Meiwes, coñecido como “o caníbal de Rotenburgo”, tería que cumprir unha condena de oito anos e medio por devorar e matar a un coñecido seu. Este home xa fora condenado hai uns anos, pero o caso foi revisado a petición súa, do seu avogado e da súa familia. A Audiencia Provincial de Alemaña non puido xulgar a Armin Heiwes por canibalismo, xa que o canibalismo non está tipificado coma delito en Alemaña. O novo xuizo terá lugar en Francfort, e aínda se descoñece o lugar onde se celebrará. A fiscalía teme que o caníbal estea na rúa dentro de pouco -nun prazo duns cinco anospola súa boa conducta e busque novos obxectivos. Polo tanto, a fiscalía considera a condea insuficiente e solicita que sexa condenado por asasinato, xa que en Alemaña un asasinato está castigado coa cadea perperuta. O seu avogado defensor sostén que se lle debe reducir a condena, xa que o asasinato contou co consentemento da víctima. Por Internet Durante o proceso de Meiwes

puídose demostra que o caníbal castrou, decapitou, troceou e comeu partes do corpo de Bernd Jürges Brandes. A súa víctima era un inxeñeiro informático berlinés de tan só 43 anos. Os feitos tiveron lugar ne marzo de 2001. Esta macabra historia remóntase a finais do verán de 2000, cando Armin Meiwes puxera un puxera un anuncio en Internet co seguinte texto: “Busco xoven que queira ser devorado”.

O caníbal, actualmente de 43 anos, invitou á súa víctima a unha mansión do s. XVIII na localidade de Rotenburgo e alí realizou o seu ritual sanguento. O primeiro que fixo foi castralo e despois verdugo e víctima intentaron comer o pene. A víctima botou máis de dez horas desangrándose até que o caníbal se cansou e lle cortou o a gorxa cun coitelo. Acto seguido, descuartizouno co mesmo coitelo e, por se non fose suficiente, grabou todo cunha cámara de video. Cando rematou co descuartizamento, enterrou algunhas partes do corpo de

Brandes no xardín e outras gardounas no conxelador da súa casa para así comelas pouco a pouco. Durante o xuizo, Meiwes confesou que mentres vía esas arrepiantes imaxes masturbábase. Dende os oito anos Por se a narración do acusado non abondase para impresionar aos presentes na sala, a declaración acompañouse de proxeccións de video, nas que a maior parte dos asistentes tivo que pechar os ollos en varias ocasións. O caníbal non aforrou nin o máis mínimo detalle cun discurso confiado, lúcido e sorrinte. Explicou que sendo un adolescente xa sentía un marcado interese polo canibalismo e cando tiña entre oito e doce anos fantaseaba con comer aos compañeiros de clase que me gustaban. As películas de zombies e as imaxes de matadeiros facían que a súa fantasía se excitase. O máis curioso de todo é que Meiwes era un home moi estimado no seu traballo e sempre estaba disposto a axudar os seus compañeiros de labor. El máis o seu avogado sosteñen a mesma idea: “Para min non foi un asasinato. Só se pode cometer iso en contra da voluntade da víctima. Só lle practiquei a eutanasia” Nota: Segundo declaracións de Meiwes hai cerca dun millar de persoas dispostas a deixarse comer. Ángel Manuel Carril. B1C


Intres Actuais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

PENA DE MORTE 1. ¿En que países actualmente existe a pena de morte? En China, Cuba, Exipto, Estados Unidos (algúns estados), Guatemala… 2. ¿Existe en España a pena de morte? Non, en España a pena de morte está abolida, só se pode utilizar en caso de guerra.

5. Razóns a favor e en contra da pena de morte. Razóns a favor: - A pena de morte é a única capaz de conseguir que algunhas persoas se absteñan de facer accións criminais. - É a única arma que ten a sociedade para defenderse. É coma unha lexitimación. - Toda pena ten como fin a corrección. Razóns en contra: - Non se pode castigar a ninguén coa pena de morte xa que é imposible medir o

7. Declaración do Congreso de Deputados do día 5 de outubro de 2005 O Congreso de Deputados no día Internacional contra a pena de morte manifesta:

I. O seu absoluto respecto polo dereito á vida, proclamado na Declaración Universal de Dereitos Humanos e recollido no artigo 15 da constitución española. II. O seu firme rexeitamento á pena de morte en todo lugar e baixo calquera circunstancia, por ser unha forma de castigo discriminatoria, inhumana e irrevogable. III. A súa esixencia de que se conmute a pena de morte aos españois condenados no mundo e de que as execucións cesen de inmediato en todos os países. IV. A súa plena crenza en que a abolición da pena capital será unha realidade neste século XXI que contribuirá á creación dunha orde internacional máis humana e máis digna. V. O seu interese en que a Asemblea Xeral de Nacións Unidas aprobe unha resolución pro moratoria das execucións capitais con miras á abolición definitiva á pena de morte. Ruth Garrido Ríos & Sandra Rodríguez Amor. B1C

21 Xuño 2005

4. ¿Nos países nos que existe a pena de morte existe menos criminalidade? Non, as estatísticas demostran que a pena de morte non consigue diminuír os delitos con ela castigados.

6. Crítica en contra Nós non estamos a favor da pena de morte, pensamos que toda persoa ten dereito á vida tal e como se di na Declaración Universal dos Dereitos Humanos; se alguén comete un delito non ten por que ser castigado coa súa execución xa que hai outro tipo e castigos. No caso de que a persoa que cometa un delito teña un trastorno psicolóxico, non debe ser recluído no cárcere, senón que debe ser ingresado nun centro psiquiátrico. Por outra parte, tamén pensamos que todas as persoas deben ter as mesmas condicións. Porque se a xente que ten diñeiro comete o mesmo delito que a ten uns recursos económicos máis escasos, ten máis probabilidades de que a súa pena sexa menor; ou no caso de que fose acusado de pena de morte podería pasar a ter cadea perpetua ou unha pena menor.

Intres

3. Distintas formas de practicar a pena de morte. - Silla eléctrica - Inxección letal - Cámara de gas - Lapidación - Fusilamento - Decapitación - Aforcamento

grado de culpabilidade n u n h a persoa. - Non é preciso matar ao preso, chega con recluílo.


Intres de cine

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

A MORTE DE NINGUÉN (O ENIGMA DE HEINZ CHES)

Xuño 2005

22

FICHA TÉCNICA

Nacionalidade: España Ano de producción: 2004 Estrea (en Galicia): 14-05-05 Xénero: Documental Título orixinal: La mort de ningú Dirección: Joan Dolç Intérpretes: personaxes reais e Juan Echanove Guión: Joan Dolç Productoras: Malvarrosa Media coa colaboración de TV3

O 2 de marzo de 1974 o garrote vil funcionou por última vez en España. Pouco antes das dez da mañá o verdugo acabou coa vida do anarquista catalán Puig Antich na prisión de Barcelona, Case ao mesmo tempo corría a mesma sorte na prisión de Tarragona un misterioso vagabundo que fora condenado á pena capital polo asasinato dun garda civil en decembro de 1972. O pouco que se sabía del era o que el mesmo contara: que se chamaba Heinz Ches, que nacera en Polonia en 1939 e que non tiña familia. Segundo palabras do di-

rector, Joan Dolç, “o réxime franquista executouno porque non era ninguén e como ninguén estaba pasando á historia”. O documental reconstrúe a biografía duns dos últimos executados do franquismo e demostra que Ches non era polaco, nin nacera en 1939 e si tiña familia. O home axustizado en Tarragona chamábase Georg Michael Welzel e nacera na República Democrática Alemana en 1944. Welzel era un fuxitivo da Alemania do Este, que saíra clandestinamente do seu país buscando máis oportunidades. A ironía tráxica desta historia é que o maior líder da loita anticomunista de Europa, Franco, acabou executando a un fuxido dun país comunista. As autoridades coñecían perfectamente a verdadeira personalidade de Ches, pero había motivos políticos para ocultar a verdade. Tras o atentado contra Carrero Blanco, en decembro de 1973, o réxime franquista viuse cambaleado polo se tomaron medidas para que se percibise un reforzo da autoridade. Aplicáronse entón sentencias de morte, xa firmadas con anterioridade, como a do anarquista catalán Puig Antich, que se convirteu nun símbolo da loita antifranquista. Para maquillar esta execución dun preso político, condenado por un tribunal militar, decidiuse executar ao mesmo tempo a un delincuente común, que quitara ferro ao asunto e despolitizase as execucións. Heinz Ches foi o

GARROTE VIL

“ninguén” que fixo o papel de “despistador ”. A súa execución só asistiron os que estaban obrigados a facelo. Anque os detalles deste penoso acontecemento gardáronse coma secreto sumarial, sábese que morreu a mans dun verdugo inexperto que prolongou a súa agonía ata extremos moi doorosos. Este acontecemento inspirou á compañía catalana Els Joglars na súa obra teatral La Torna, estreada en 1977. A partir dos poucos datos coñecidos constrúese unha farsa na que todos os personaxes levan máscara excepto Ches, que asiste impávido como ao espectáculo que se constrúe ao seu redor. “Torna” en catalán era o nome que recibía unha peza de pan que non chegaba ao


Intres de cine

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

A MORTE DE NINGUÉN (O ENIGMA DE HEINZ CHES) maturgo Albert Boadella entre outros. REsultan arrepiantes algunhas declaracións coma as dun exministro de xustiza do franquismo que xustifica o feitos e quítalles importancia cunha naturalidade pasmosa. Sacar aos mortos coma estes do esquecemento supón a recuperación da nosa memoria histórica, que nos fai entender mellor o presente e reformulalo dende outras perspectivas. A vista deste documental permítenos, pois, unha nova lectura de frases tan cacarexadas ultimamente

coma “a traizón aos mortos” coa que acusan certos políticos desmemoriados do noso pasado aos que intentan negociar a paz presente. Colectivo Antiamnesia Intres

peso previsto. O director da compañía, Albert Boadella, foi xulgado na transición democrática por un tribunal militar que o condenou ao cárcere e provocou o seu exilio. O documental é unha valiosa radiografía dos últimos anos do franquismo. Nel interveñen personaxes coma os xornalistas José Luis Martín Prieto e Manuel Campo Vidal; a familia de Ches: irmáns, compañeira e fillos; o seu avogado Jordi Salvá, o historiador Juan eslava Galán, o escritor Manuel Vázquez Montalbán e o actor e dra-

Título orixinal:The Hand That Rocks the Cradle» País: EE.UU. Ano: (1992) Duración: 105' Director: Curtis Hanson Actores: Annabella Sciora, Rebecca De Mornay, Matt McCoy Guionista: Amanda Silver

Esta é unha película estadounidense de Curtis Hanson e que foi estreada nos cines en 1992. A pesar de ser de intriga, non é recomendada para menores de trece anos e a súa duración é de aproximadamente 110 minutos. Nela relátase a historia de Peyton Flandes, unha muller que, tras perder o seu marido e o seu fillo, decide vingarse de Claire Bartel ao que acusa de toda a súa desgraza. Tras conseguir introducirse como neneira na familia Baertel, un matrimonio con dous fillos que aceptan a Peyton

como unha muller bondadosa e servizal, pon en marcha un terrible plan que ameazará con destruír a vida de Claire. Un diminuído psíquico que traballa para a familia, observa algo raro sobre Peyton, pero ninguén termina por crelo e acaba sendo despedido; sen embargo, é el máis tarde quen saca a familia de apuros e descobre que a encantadora neneira esconde algo máis. Rosa Cabado Miguélez. B1A

Xuño 2005

A MAN QUE ARROLA O BERCE

23


Intres de cine

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

A MORTE DE NINGUÉN (O ENIGMA DE HEINZ CHES) Montalbán e o actor e dramaturgo Albert Boadella entre outros. REsultan arrepiantes algunhas declaracións coma as dun exministro de xustiza do franquismo que xustifica o feitos e quítalles importancia cunha naturalidade pasmosa. Sacar aos mortos coma estes do esquecemento supón a recuperación da nosa memoria histórica, que nos fai entender mellor o presente e reformulalo dende outras perspectivas. A vista deste documental permítenos, pois, unha nova lectura de frases

tan cacarexadas ultimamente coma “a traizón aos mortos” coa que acusan certos políticos desmemoriados do noso pasado aos que intentan negociar a paz presente. Colectivo Antiamnesia

Título orixinal:The Hand That Rocks the Cradle» País: EE.UU. Ano: (1992) Duración: 105' Director: Curtis Hanson Actores: Annabella Sciora, Rebecca De Mornay, Matt McCoy Guionista: Amanda Silver

Esta é unha película estadounidense de Curtis Hanson e que foi estreada nos cines en 1992. A pesar de ser de intriga, non é recomendada para menores de trece anos e a súa duración é de aproximadamente 110 minutos. Nela relátase a historia de Peyton Flandes, unha muller que, tras perder o seu marido e o seu fillo, decide vingarse de Claire Bartel ao que acusa de toda a súa desgraza. Tras conseguir introducirse como neneira na familia Baertel, un matrimonio con dous fillos que aceptan a Peyton

como unha muller bondadosa e servizal, pon en marcha un terrible plan que ameazará con destruír a vida de Claire. Un diminuído psíquico que traballa para a familia, observa algo raro sobre Peyton, pero ninguén termina por crelo e acaba sendo despedido; sen embargo, é el máis tarde quen saca a familia de apuros e descobre que a encantadora neneira esconde algo máis. Rosa Cabado Miguélez. B1A

23 Xuño 2005

A MAN QUE ARROLA O BERCE

Intres

peso previsto. O director da compañía, Albert Boadella, foi xulgado na transición democrática por un tribunal militar que o condenou ao cárcere e provocou o seu exilio. O documental é unha valiosa radiografía dos últimos anos do franquismo. Nel interveñen personaxes coma os xornalistas José Luis Martín Prieto e Manuel Campo Vidal; a familia de Ches: irmáns, compañeira e fillos; o seu avogado Jordi Salvá, o historiador Juan eslava Galán, o escritor Manuel Vázquez


Intres de cine

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

CA TRO GALEGOS NOS GO YA CATRO GOY

Intres

O s galegos non podemos ter q u e i x a despois da última edición dos Goya, xa que catro d e l e s atópanse na nosa terra, ou como ben dixo Mabel Ribera, unha das premiadas, no noso país de Nun-

Xuño 2005

24

ca Máis. Dende logo, o que si está claro é que a gran triunfadora da noite foi a película de Alejandro Amenábar, Mar adentro. A historia do tetrapléxico Ramón Sampedro calou fondo nos corazóns dos españois e levou catorce das

quince estatuíñas ás que estaba nominada, e tres delas foron para os nosos galegos. O primeiro foi Tamar Novas, que daba vida ao sobriño do tetrapléxico , na categoría de mellor actor revelación; o segundo foi Celso Bugallo, o irmán de Ramón, como actor de reparto e, a terceira, Mabel Ribera, Manuela, a cuñada de Ramón, a quen tod o s coñecemos polo seu papel de Balbina na s e r i e P r a t o s combinados, como actriz de reparto. Pero a noite non rematou aquí para os galegos, porque o cuarto Goya foi o de Julio Fernández (presidente de Filmax) pola

película P3K Pinocho 3000 como mellor filme de animación. O s galegos podemos estar moi orgullosos dos nosos actores, que viron reflectido o seu talento nunha gala de tal categoría, ademais de recoñecer que o gañaron competindo, en casos como o de Mabel Ribera, con actrices da talla de Victoria Abril ou Silvia Abascal. Así que nunca foi tan certa a frase de: “Galicia Calidade”. Seguide así, gañando éxitos. Miriam Blanco Rodríguez.B1A

LIBRO DE FFAMILIA AMILIA

O pasado sábado 1202-05 estreouse a serie Libro de Familia en Melide. Fixeron falta bastantes meses para podela facer. A rodaxe fíxose en Melide, isto foi unha boa propaganda

para a nosa vila, xa que así virá moita máis xente a visitala. Estreouse nunha carpa que puxo o Concello no parque, para presenciar o primeiro capítulo da serie. Alí apareceron todos os actores e actrices, os de Melide e os que non o eran, a directora... Antes ce comezar, a alcaldesa e a directora pronunciaron unhas palabras. Cando rematou, a xente falaba moi ben da serie, porque lles gustara moito e dicían que era moi boa. A min, persoalmente, gustoume moito, porque se

contaba como era a vida dos nosos avós. Hai dúas cousas que foron o mellor, o primeiro foron os meus compañeiros que actuaron na película, e o segundo, ver os sitios por onde andamos os de Melide. Nunca crin que nesta vila se ía facer unha serie. Síntome moi orgulloso de que Melide saíra na tele. O que menos me gustou foi que entre os protagonistas non fora ningún da vila, aínda que si houbo bastante xente de Melide que participou. Daniel Mato Cela. S3B


Intres de cine

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

HAI QUE BO TAL OS!!!! BOT ALOS!!!!

25 Xuño 2005

a censura na TVG, a crise do galego, a deficiencia nas infraestruturas, a precariedade laboral, a emigración dos mozos ou as consecuencias do Prestige. Entre os xéneros atópanse debuxos animados, documentais, monólogos e relatos de ficción. Entre as propostas, destaca unha adaptación de Julio Cortázar La casa tomada, un manga no que un grupo musical loita contra os inimigos da natureza ou un arremedo da serie South Park, para a ocasión rebautizada como North West Park. Unha vez rematada, a película Hai que botalos distribuirase en todo o país en salas comerciais, e onde calquera que desexe colaborar na súa proxección a proxecte!! Tamén está previsto editar a fita en DVD. Este proxecto nace en continuidade con Hay motivo, filme de acción política que varios cineastas espanhois realizaran denantes das eleccións do 14 de marzo de 2004. ZeLTiA 1ºbac B *fonte; A Nosa Terra

Intres

Vinte e cinco curtametraxes contra Fraga que queren mostrar a Galiza real, cunha ollada crítica e claras intencións políticas. Ese é o miolo do proxecto Hai que botalos, promovido polo colectivo Burla Negra (como non!!) xunto coa productora A Fraga Maldita (nunca mellor dito!!), participando tamén na producción Manuel Rivas, Mabel Rivera ou Margarita Ledo... e máis de 100 profesionais!! Hai que botalos é unha iniciativa política e cultural que o colectivo Burla Negra pensou para intervir no ano electoral “amosando unha visión crítica da situación real na que se atopa Galiza. Cada un dos vinte e cinco proxectos ten o seu equipo propio e total liberdade no guión e no xénero escollido, polo que no filme haberá documentais e

traballos de ficción. Hai que botalos segue aberto e os promotores solicitan apoio voluntario de todos os que queiran participar, de tódolos xeitos xa hai varias curtametraxes en fase final e outras moitas a piques de remataren o guión ou a gravación. A idea é que se poida comezar a exhibición no final da primavera. Máis de cen profesionais colaboran coa iniciativa, algúns con notoriedade nas súas respectivas áreas. Mabel Rivera, que vén de gañar un goya por Mar adentro, Luís Tosar, Carlos Blanco, Vítor Mosqueira ou Miguel de Lira xa comprometeron a súa presencia. Realizadores como Henrique Banet, Margarita Ledo, Xosé Zapata e Ricardo Llovo dirixirán algunhas das curtas. Tamén escritores como Manuel Rivas, Suso de Toro, Xavier Queipo, Camilo Franco, Séchu Sende ou Rosa Aneiros colaboran na parte técnica e creativa. Entre os temas escollidos, inclúese unha biografía de Manuel Fraga, a carretaxe de votos no rural,


Intres divulgativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

¿DE QUE EST AMOS FORMADOS? ESTAMOS

O ceo, a Terra, o vento, o mar, as árbores, os animais e os seres humanos, todo isto e todo o resto está formado por quarks u, por quarks d, por electróns e polo baleiro. A modo de divertimento, imos construír (só no pensamento, porque na realidade é naturalmente imposible) unha vaca, á que chamaremos “A Marela”. E imos facelo contando só con

electróns, con quarks u e con quarks d. ¡É todo o que necesitamos! O proceso comeza “fabricando” os nucleóns. Vexamos: Fabriquemos protóns Receita de cociña: cóllense dous quarks u e un quark d. Sóltanse e... inmediatamente obtense un protón. Fabriquemos neutróns Receita de cociña: agora collemos un quark u e dous quarks d e... inmediatamente, ó soltalos, obteremos un neutrón. Ademais dun bo e abundante cargamento de neutróns e protóns, temos necesidade de constituír un cargamento similar de electróns. Traballando fino, exactamente tantos electróns como protóns. Nestes momentos temos xa os “materiais” necesarios para obter átomos. Vexamos como: Fabriquemos átomos

25 Xuño 2005

Cando os quarks se agrupan de dous en dous obtéñense os MESÓNS, que son todos inestables. Mais cando os quarks se agrupan de tres en tres forman partículas que coñecemos ben (como os nucleóns que forman o núcleo dos átomos: protón e neutrón) ou tamén outras partículas, estas inestables, como son as pertencentes á familia dos

chamados “protóns pesados”. Se nos limitamos ás partículas estables (que son as que máis nos interesan posto que son as que compoñen tanto o noso corpo como a materia que nos rodea), a lista destes “compoñentes simples” é breve: • Na categoría de “puntos solitarios” o ELECTRÓN • Na categoría de “puntos asociados” o quark u (up) e o quark d (down) E ... ¡ iso é todo ¡

Intres

Pois... basicamente, estamos formados por puntos solitarios, individuais e viaxeiros, que non acougan en ningún lugar, sempre inquedos e en movemento, que xiran arredor de puntos agrupados de tres en tres. É mágoa que as partículas máis fundamentais sexan moi difíciles de representar. Pero se facemos uso dunha aproximación e dun modelo que a nós nos pode resultar familiar, poden considerarse como puntos de materia (que polo tanto posúen unha masa precisa), pero os cales teñen unhas dimensións que, ata o de agora, escaparon a toda posible medida. Cando a enerxía se condensa (simplificando cando dous fotóns altamente enerxéticos chocan) fórmanse “puntos”. Existen dous tipos: • Os puntos que permanecen sempre solitarios (como por exemplo o electrón, o muón ou o neutrino). • Os puntos que non poden evitar a súa asociación inmediata: os quarks.


Intres divulgativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

¿DE QUE EST AMOS FORMADOS? ESTAMOS

Xuño 2005

26

outros. Xuntámolos o máximo que podamos e formarán unha bola sólida (entrará en xogo a interacción nuclear forte, moi intensa pero de moi curto alcance).. Soltar posteriormente oito electróns, que comezarán a gravitar nos arredores. • Facemos o mesmo con outro tipo de átomos, tamén necesarios, como o calcio e o fósforo para formar os osos, ou ben o ferro para constituír a hemoglobina do sangue da “Marela”, e así con todo tipo de átomos que necesitemos. Receita de cociña: Para “A Marela” necesitamos sobre todo átomos de carbono, de osíxeno, de hidróxeno e de nitróxeno. Mans á obra: • Receita para o hidróxeno: Tomar un protón e soltar un electrón nos arredores. Xirará e xirará (como a canción de Xil Ríos) arredor do protón máis ou menos ben. En todo caso, permanecerá nas proximidades. Iso si, non poderemos saber exactamente o lugar concreto no que está nun certo momento (impídenolo o Principio de Incerteza de Heisenberg) pero isto non representa ningún problema. Chega con saber que estará nos lindes próximos do protón. Digamos que estará baixo o manto protector (mediante a interacción electromagnética) do protón. • Receita para o carbono: Tomar seis protóns e seis ou sete neutróns e mantelos uns

instantes uns fronte aos outros. Xuntámolos o máximo que podamos e formarán unha bola sólida (entrará en xogo a interacción nuclear forte, moi intensa pero de moi curto alcance). Soltar posteriormente seis electróns, que comezarán a gravitar nos arredores (xa sabes que xirando, xirando,...) • Receita para o nitróxeno: Tomar sete protóns e sete ou oito neutróns e mantelos uns instantes uns fronte aos outros. Xuntámolos o máximo que podamos e formarán unha bola sólida (entrará en xogo a interacción nuclear forte, moi intensa pero de moi curto alcance).. Soltar posteriormente sete electróns, que comezarán a gravitar nos arredores. • Receita para o osíxeno: Tomar oito protóns e de oito a dez neutróns e mantelos uns instantes uns fronte aos

• Agora precisamos reunir estes átomos en moléculas. Non hai problema: Para a auga dous átomos de hidróxeno e un átomo de osíxeno. Para outras moléculas haberá que reunir decenas, centenares e ata miles de átomos. Non preocuparse porque temos dabondo. Agora cómpre constituír, a partir destas moléculas, algunhas decenas de miles de millóns de células vivas. Faise. O proceso é rutineiro. Por último, pero non por iso menos importante nin menos complicado, é mester mediante unha montaxe xuizosa e racional das células, rematar a vaca, formar á “Marela”. Precisamente de todo iso están formadas todas as vacas (e por suposto nós mesmos). Na nosa “fabricación” esqueciamos só dous elementos, só dous pero de


Intres divulgativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

¿DE QUE EST AMOS FORMADOS? ESTAMOS

En resumo, ó organizarse entre elas, as antipartículas deberían dar orixe a conglomerados de antimateria. Pero, ¿existen tales conxuntos de antimateria no Universo? Esta é a típica pregunta que mellor sería no facer... porque aínda non se atopou unha resposta precisa. Sen embargo, parece probado que si existen eses conglomerados, mais son (afortunadamente) menos abundantes que a materia ordinaria. ¿Por qué? Mis-

terio. Outro misterio é o da propia existencia da materia ordinaria. Porque, efectivamente, se á creación de cada partícula corresponde a creación dunha antipartícula coa que se pode aniquilar, uns instantes despois da creación do Universo todas esas partículas e antipartículas terían que terse destruído mutuamente. Entón, ¿cómo explicar que haxa materia sen a súa contrapartida en forma de antimateria? As investigacións futuras da Física de partículas deben dar unha resposta, que daquela explique, polo menos en parte, como é posible que a materia que nos rodea exista e que nós mesmos existamos. Ata entón, a letra da cantiga de Siniestro Total “inspirada” na titulada “Sweet Home Alabama” da Steve Miller Band seguirá tendo vixencia: ¿Quen somos? ¿De onde vimos? ¿Adonde vamos? ¿Qué facemos nesta Galaxia?... Departamento de Física e Química.

27 Xuño 2005

Mais... hai algo desacougante. Tanto a teoría como as experiencias realizadas teñen confirmado que toda partícula posúe a súa partícula ”inversa” ou antipartícula. Os quarks e os electróns posúen todos as súas antipartículas. E isto da lugar a algunhas curiosidades: 1ª Cando unha partícula atopa á súa antipartícula, ambas as dúas se destrúen mutuamente e a materia que as constituía volve a ser enerxía pura (por exemplo, en forma de radiación visible, UV ou ben en forma de raios X). 2ª Como a enerxía se condensa en “puntos” dá

sempre orixe a un número igual de “puntos” e “antipuntos”. E como as propiedades dos “antipuntos” son aproximadamente as mesmas que teñen os “puntos”, pódese imaxinar perfectamente que os antiprotóns (dous antiquarks u e un antiquark d), os antineutróns (un antiquark u e dous antiquarks d) e os antielectróns poden formar antiátomos, antimoléculas, anticélulas, anti”Marelas”, etc ... e finalmente, por qué non, antiplanetas.

Intres

carácter primordial: A escala do tempo A longa e pausada evolución que conduciu ó plano da vaca. Este plano ten de especial que se reproduce a si mesmo e que, posto en presenza de sustancias favorables, “realízase” de xeito autónomo ... como un ordenador que podería construírse a partir do seu propio programa. Agora ben, o importante é que na base para “fabricar” á “Marela” só había “puntos” (electróns, quarks u e quarks d) que como todos os “puntos” que forman o noso planeta e os seus habitantes, naceron da condensación da enerxía hai de 10.000 a 20.000 millóns de anos.


Intres divulgativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

ALBERT EINSTEIN

1º-Movemento browniano: estudaba o movemento aleatorio entre as partículas presentes nun fluído, foi unha proba máis para que se aceptase a existencia dos átomos. 2º -Efecto fotoeléctrico: foi en 1905 cando Albert Einstein interpretou correctamente o efecto fotoeléctrico tratado anteriormente por Max Plank.

3º-Teorías da relatividade: Estas teorías resultan das novas concepcións referentes ás medidas espaciotempo realizadas por diversos observadores en movemento relativo. A teoría

Teoría da relatividade especial ou restrinxida: trata sobre o campo electromagnético, a súa propagación no espazo e no tempo e a constancia da velocidade da luz sen ter en conta a velocidade do foco emisor. Einstein afirma que os experimentos realizados nun sistema de referencia son independentes de calquera movemento rectilíneo uniforme do mesmo. Exemplo: Imaxinemos unha situación na que haxa un observador A fixo, en relación ao solo, e un vagón movéndose con velocidade V con respecto ao solo. Dentro do vagón hai unha bóla que se move cunha velocidade F en relación ao vagón. Deste xeito para o individuo B que está fixo con respecto ao vagón, a velocidade da bóla é F. Sen embargo, para o outro individuo a velocidade da bóla é: V+F. No caso da luz as cousas non ocorren deste xeito: Temos un observador A fixo con respecto ao solo, que observa un vagón que leva unha velocidade V en relación ao solo. Dentro del un individuo B acende unha lanterna de modo que, para o observador B, a velocidade da luz é C. Segundo Einstein,

29 Xuño 2005

Contribucións ao campo da Física:

enerxía necesaria para arrancar o electrón e neste caso non se produciría o citado efecto aínda que se incrementase o número de fotóns. Esta enerxía do fotón consómese no traballo de extraer o electrón e o resto en comunicarlle enerxía cinética que lle permite afastarse do metal. A velocidade máxima coa que os electróns parten do metal depende da frecuencia da luz que incide e non da súa intensidade. En 1921 recibiu un premio Nobel debido a estes estudos.

de Newton aceptaba que todos os observadores realizarían as mesmas medidas de intervalos de espazo ou de tempo, independentemente da velocidade coa que se movan. Ante esta situación Einstein formulou dúas teorías:

Intres

Albert Einstein (18791955) naceu en Alemaña o 14 de maio de 1879 e pasou a súa xuventude en Munich, para trasladarse despois a Milán. Aos 15 anos Einstein abandona os seus estudos, máis tarde remataraos en Suíza. Na súa infancia destaca pola enorme curiosidade a prol da natureza e as súa capacidade para resolver cálculos matemáticos de elevada complexidade, aos 12 anos xa era coñecedor da xeometría de Euclides. Ingresou no Instituto Politécnico Nacional de Zúrich onde se doutoraría en 1905.

Segundo este, a luz estaba constituída por fotóns (partículas cunha enerxía determinada). As radiacións de intensidade elevada posúen un gran número de fotóns, pero cada un deles leva unha enerxía determinada. Unha vez que esta radiación choca co cátodo, e dado que o fotón leva a enerxía necesaria para arrancar un electrón, prodúcese o efecto fotoeléctrico. Tamén pode ocorrer que os fotóns non teñan a


Intres divulgativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

ALBERT EINSTEIN

Intres

para o observador A, a velocidade da luz emitida pola lanterna tamén é C, e non C+V.

Xuño 2005

30

Teoría xeral da relatividade: O comportamento dos corpos movéndose libremente baixo a acción dun campo gravitatorio é indistinguible da que terían en ausencia deste campo. Así Einstein postulou o principio da equivalencia segundo o cal para experimentos locais, as forzas gravitatorias e as reaccións ou forzas aparentes que aparecen en todo sistema de referencia non inercial son equivalentes. Na sociedade: A partir de 1919 Einstein recibiu o recoñecemento internacional e acumulou unha gran cantidade de premios procedentes de distintas sociedades científicas. En 1923 visitou España impulsado por Pastor. Foi un defensor permanente do pacifismo e do

sionismo e opúxose á participación de Alemaña na I Guerra Mundial. As súas teorías chegaron a ser ridiculizadas en público polos antisionistas. Cando Hitler chegou ao poder Albert abandonou Alemaña para ingresar no Instituto de Estudos Superiores en Princeton. Enviou tamén unha carta ao presidente D. Roosevelt na que pedía a creación dun programa de investigación sobre as reaccións en cadea e conseguiu acelerar a fabricación da bomba atómica. Posteriormente escribiulle de novo ao presidente para disuadilo de utilizar a arma nuclear. A ciencia sempre ocupou nel o primeiro lugar pois como ben dicía: “ Só o descubrimento da natureza del Universo ten un sentido duradeiro”. Einstein é autor dalgunhas obras como: Sobre el sionismo, El mundo como yo lo veo, La evolución de la Física...

Estas son algunhas das súas frases: - “O nacionalismo é unha enfermidade infantil. É o sarampelo da humanidade” - “Se a miña teoría da relatividade é exacta, os alemáns dirán que son alemán e os franceses que son cidadán do mundo. Pero se non, os franceses dirán que son alemán e os alemáns que son xudeu.” - “¿Por que esta magnífica tecnoloxía científica, que aforra o traballo e nos fai a vida máis fácil, nos aporta tan pouca felicidade? A resposta é esta: simplemente porque aínda non aprendemos a utilizala con tino”. - “Una velada na que todos os presentes están absolutamente de acordo é una velada perdida” “O problema do home non está na súa bomba atómica senón no seu corazón.” Mirta Sueiro Costoya. 1. BAC. A


Intres divulgativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

CICL O DE CONFERENCIAS DE FÍSICA CICLO

A primeira conferencia foi impartida por D. Jaime Barros Leboreiro, licenciado en Química Industrial cunha cualificación de sobresaliente. Traballou como profesor de Química entre1983 –1985 e posteriormente como profesor de Informática coa categoría de Xefe de Estudos. Foi autor tamén dunha tese doutoral de 3 anos. Este conferenciante falou sobre a asimetría do Universo. As súas palabras impactaron ao deixar claro que, polo de agora, non seriamos quen de comunicarnos cos extraterrestres ( no caso de que os houbese) a pesar de que moitos científicos como a doutora Wu estiveran traballando a prol disto, pois o que para nós é

materia, para eles podería ser antimateria e viceversa, o que para nós é o Norte, para eles sería o Sur. A segunda conferencia estivo a cargo de D. Antonio Rivas Menéndez. Celebrouse o día 6 de abril. Antonio Rivas licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1981; sen embargo cando estaba estudando 3º de Química decatouse de que era un gran afeccionado á Física, así pois ao rematar a súa carreira de Química matriculouse en 1997 na UNED, na licenciatura de Física. Agora está a piques de conseguir o seu propósito de licenciarse en Física (realmente é un modelo a seguir). Son moitos os estudantes que non teñen claro o que queren facer, e moitos deles optan por escoller a mesma carreira que os seus compañeiros, sen embargo, este señor deixounos ben cla-

O 14 de abril acudiu ao noso centro D. Ramón Cid Manzano, que forma parte do corpo de catedráticos na especialidade de Física e Química, actualmente é profesor de ensino secundario no IES “Xulián Magariños” en Negreira. A finalidade desta conferencia foi informarnos sobre o CERN, o maior laboratorio de Física do Mundo. Está situado en Xenebra, entre Suíza e Francia. O CERN dispón dun acelerador de partículas de 25 km de perímetro, este laboratorio foi a base de Internet, eran moitos os físicos que para desenvolver correctamente o seu traballo precisaban comunicarse a milleiros de km de distancia. O feito de gardar esta forma de comunicación en segredo non os levaría a ningures, así que decidiron facela pública. O CERN cumpriu 50 anos en setembro do ano pasado e ao longo destes anos foise facendo cada vez maior.

31 Xuño 2005

Nos pasados meses de marzo e abril, tivo lugar no noso centro un ciclo de conferencias de divulgación científica para conmemorar o Ano Mundial da Física.

Intres

ro que iso non pode ser, “ un ten que escoller o que máis lle guste, sen mirar as saídas que poida ter”. Nisto estou totalmente de acordo con el, pois non podemos traballar toda a vida en algo que non nos gusta. Nesta conferencia fomos informados dos pasos a seguir na carreira de Física e das múltiples saídas que ten, pois son demasiadas as cousas que aínda están por descubrir e que resultarían atractivas para calquera tipo de persoa, calquera avance que se poida obter será de proveito para a humanidade.


Intres divulgativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

CICL O DE CONFERENCIAS DE FÍSICA CICLO

Xuño 2005

32

Milleiros de científicos traballan nestes intres para saber que ocorre cando chocan uns protóns con outros, este experimento levarase a cabo nun circuíto situado a 100km de profundidade. Os 100.000 millóns de protóns necesarios proceden de átomos de hidróxeno, unha vez obtidos circularán a gran velocidade e en sentidos contrarios, así os choques xerados serán máis violentos. Para iso son necesarios 7 billóns de voltios e unha grande superficie circular , xa que os protóns terán que circular a gran velocidade e dispoñendo de curvas abertas facilitarán a circulación. Precísanse tamén catro detectores que a través dun ordenador nos proporcionarán información sobre o acontecido cando choquen estes protóns . Pero hai algo que realmente nos chamou a atención a todos, a Universidade de Santiago de Compostela ten un grupo de científicos

traballando no CERN, pero non só é iso, senón que Marta Penas Garrido, unha rapaza de Negreira foi nomeada recentemente membro permanente do Comité Científico do CERN, e iso debe motivarnos a todos, ao integrarnos no mundo da Física poderiamos gozar de grandes oportunidades, así como esta rapaza o conseguiu, quizais nós...

Sinceramente non creo, sería bastante difícil, pero tranquilos, non é esa a única saída da Física senón que dispón de moitas máis como se pode comprobar consultando o tríptico conmemorativo do Ano Mundial da Física. Mirta Sueiro Costoya. 1º BAC A.

¿INFLÚE O MÓBIL NAS NOSAS VID AS? VIDAS? Coido que si. Moitos expertos aseguran que produce cancro e outra serie de fenómenos prexudiciais para a nosa saúde. Fóra destes casos, eu quero poñer por argumento o aspecto do vicio, xa que creo que existen outras cousas que son máis malas para a nosa saúde e ás que non se lles dá tanta importancia. A moita xente este aparello cáusalle adicción porque todos podemos ver que existen unha serie de persoas que son incapaces de vivir se non o teñen. É certo que é moi interesante e moi útil porque permítenos manternos en comunicación cos nosos amigos, familia...sen embargo, goza de aspectos moi negativos; impide estudar porque incita ao entretemento, fai que sempre se teña que estar pendente del; para mirar a hora, enviar un SMS... Nos últimos tempos, a tecnoloxía deste tipo de teléfono avanzou moitísimo. Hoxe nos móbiles de última xeración podemos gravar vídeo, sacar fotos, entreternos cos videoxogos, ver a cara da persoa coa que queres falar(videochamada)...e recordemos que hai anos apenas se podía pasar da pantalla en branco e negro. Dentro de pouco non debe estrañarnos que xa non fagan falla aparellos que marcaron etapas da historia como a televisión ou o ordenador. É moi difícil manterse á última moda xa que cada mes saen ao mercado novos modelos. RAFA. 1ºBAC-C


Intres divulgativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

ALGUNHAS CURIOSID ADES CURIOSIDADES DAS MA TEMÁTICAS MATEMÁTICAS

POTENCIA DO COSMOS En maio de 1997, astrofísicos de varios lugares do mundo puideron observar cos seus telescopios un espectáculo alucinante: trátase dunha xigantesca explosión cósmica causada polo choque de dúas estrelas de neutróns. O fenómeno produciuse a ...7000 anos luz da Terra. En quilómetros, é aproximadamente 6 , 6 2 × ÿ ÿþ .Isto quere dicir que a explosión ocorreu hai 7000 anos e que o seu brillar tardou todo ese tempo en chegar ata nós viaxando á velocidade da luz. Ese choque liberou unha cantidade de enerxía equivalente a cinco quintillóns de veces o da primeira bomba atómica. IGUAL COMO DOUS RAIOS IGUAIS Estamos tan acostumados a utilizar algúns signos que non nos preguntamos de onde veñen. Por exemplo, as dúas raias ( = ) que indican a igualdade empezou a usalas un matemático inglés chamado Robert Recorde hai uns 400 anos. Nun dos seus libros, conta

que elixiu ese signo porque «dúas cousas non poden ser máis iguais que dúas rectas paralelas». UN «r» MAL FEITO O símbolo da raíz cadrada apareceu por primeira vez nun libro alemán de álxebra no 1525. Antes disto, para indicar a raíz dun número escribíase «raíz de...». Logo, para abreviar comezouse a usar «r». Pero se o número era longo, o trazo horizontal do r alongábase ata abarcar todas as cifras, Así naceu o símbolo , como un r mal feito. O POETA INCANSABLE O escritor e matemático francés Raymond Queneau, escribiu hai uns trinta anos, un libro titulado « Cen billóns de poemas». E non era unha metáfora: a súa obra contiña, en verdade, 100.000.000.000.000 de poesías distintas en soamente dez páxinas. A solución ao misterio está no inxenio do poeta matemático. En cada unha das dez páxinas do libro escribiu un poema de 14 versos cunha peculiaridade: cada un dos

33 Xuño 2005

HISTORIAS DE PI Nun documento exipcio de hai 1700 anos, xa se mencionaba este número dándolle un valor de 256/81, ou o que é o mesmo, 3,1604. Aínda non afinaran moito. O matemático chino Tsu Chong-Chih, que viviu hai 1500 anos, deulle un valor de 3/1, é dicir, 3,1415929. Xa se ía acercando máis. A idea de relacionar este número ao símbolo p é recente (hai uns 300 anos) e ocorréuselle ao matemático William Jones, aínda que o

popularizou Leonard Euler. Ao longo da historia, os matemáticos de todo o mundo trataron de obter as maiores aproximacións de p. Unha das últimas lográrona David e Gergory Chodnovsky, que atoparon o seu valor con nada menos que 1.011.196.691 decimais, que escrita en folio, ocuparía 260.000 páxinas.

Intres

UN NÚMERO QUE VALE O SEU PESO EN OURO 1,618... parece a simple vista un número calquera, pero en realidade é un número de ouro. En Grecia, filósofos e artistas descubriron que os rectángulos que teñen por lados a e b de maneira que a/b = 1,618, son especialmente harmoniosos. Un rectángulo así chamárono rectángulo áureo. A ese número, resultado de 1 +v5/2, simbolizárono coa letra grega f («fi») en honor ao escultor grego Fidias. O rectángulo áureo ten unha curiosa propiedade. Se creas nel un cadrado tomando como lado o lado curto do rectángulo, a parte que sobra é, á súa vez, un rectángulo áureo; unha especie de fillo que garda exactamente as mesmas proporcións que o seu pai.


Intres divulgativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

DEV ORADORES DE DEVORADORES HOMES

Intres

versos encaixaba perfectamente en calquera liña de todos os demais poemas. Ademais fixo que as follas fosen recortables en tiras, de forma que todas elas fosen intercambiables. Pois, efectivamente, a cantidade de poemas distintos que se poden compoñer con estes 140 versos é de 100 billóns. Se te atreves a intentalo, debes saber que, no caso de que poidas compoñer e ler un poema por minuto, tardarás 190 millóns de anos en acabalos todos.

Xuño 2005

34

GALILEO E OS CORPOS QUE CAEN A velocidade coa que chega un corpo ao chan tras unha caída libre no baleiro vén dada por unha ecuación de segundo grao que relaciona o espazo e a velocidade. A masa non intervén para nada. Así que a velocidade coa que chegan ao chan unha bóla de aceiro e unha de corcho é a mesma. Ese problema apaixonou a Galileo que, segundo contan, deixou caer desde a torre inclinada de Pisa dous obxectos de distinto peso para comprobar experimentalmente a súa teoría. M o i t o tempo despois, cando se puido realizar o experimento nun tubo de vidro no que se fixera o baleiro, comprobouse que a teoría de Galileo era certa. Belén Torreiro Martínez S3D

Os animais atacan aos bebés, esnaquízanos... ¿Que está a pasar? ¿Por que atacan ao home? OSOS PARDOS. Un oso pardo matou e devorou a dous excursionistas en Alasca. Os biólogos que estudaron o caso consideraron que o ataque do oso produciuse ao verse ameazado no seu propio hábitat. TIGRES. Unha tigresa aterrorizou a Nepal e o norte da India en 1907. Cando a mataron, xa acabara con 436 persoas. No momento da súa morte, a tigresa estaba devorando o cadáver dunha nena. TIBURÓNS. A culpa de que hoxe asociemos o tiburón cun animal asasino tena o cine. Nos anos do tráfico de escravos e durante a Segunda Guerra Mundial, os combates navais do Pacífico e os naufraxios provocaron ataques de tiburóns atraídos polo olor do sangue. Isto desencadeou situacións de depredación que hoxe son anormais. CROCODILOS. Os crocodilos máis perigosos para o home son os mariños, pola súa forza e tamaño. En 1945, mil xaponeses refuxiáronse nos manglares dunha illa fuxindo das tropas británicas. Durante o día, estes animais non se deixaron ver, pero pola noite cebáronse coas tropas. Estes casos de diferentes animais demostra que, cando o ser humano irrompe no hábitat dun animal, este vólvese máis agresivo para

defender o seu territorio. Sandra Rodríguez Amor Ruth Garrido Ríos. B1C


Intres divulgativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

DEV ORADORES DE DEVORADORES HOMES

Intres

versos encaixaba perfectamente en calquera liña de todos os demais poemas. Ademais fixo que as follas fosen recortables en tiras, de forma que todas elas fosen intercambiables. Pois, efectivamente, a cantidade de poemas distintos que se poden compoñer con estes 140 versos é de 100 billóns. Se te atreves a intentalo, debes saber que, no caso de que poidas compoñer e ler un poema por minuto, tardarás 190 millóns de anos en acabalos todos.

Xuño 2005

34

GALILEO E OS CORPOS QUE CAEN A velocidade coa que chega un corpo ao chan tras unha caída libre no baleiro vén dada por unha ecuación de segundo grao que relaciona o espazo e a velocidade. A masa non intervén para nada. Así que a velocidade coa que chegan ao chan unha bóla de aceiro e unha de corcho é a mesma. Ese problema apaixonou a Galileo que, segundo contan, deixou caer desde a torre inclinada de Pisa dous obxectos de distinto peso para comprobar experimentalmente a súa teoría. M o i t o tempo despois, cando se puido realizar o experimento nun tubo de vidro no que se fixera o baleiro, comprobouse que a teoría de Galileo era certa. Belén Torreiro Martínez S3D

Os animais atacan aos bebés, esnaquízanos... ¿Que está a pasar? ¿Por que atacan ao home? OSOS PARDOS. Un oso pardo matou e devorou a dous excursionistas en Alasca. Os biólogos que estudaron o caso consideraron que o ataque do oso produciuse ao verse ameazado no seu propio hábitat. TIGRES. Unha tigresa aterrorizou a Nepal e o norte da India en 1907. Cando a mataron, xa acabara con 436 persoas. No momento da súa morte, a tigresa estaba devorando o cadáver dunha nena. TIBURÓNS. A culpa de que hoxe asociemos o tiburón cun animal asasino tena o cine. Nos anos do tráfico de escravos e durante a Segunda Guerra Mundial, os combates navais do Pacífico e os naufraxios provocaron ataques de tiburóns atraídos polo olor do sangue. Isto desencadeou situacións de depredación que hoxe son anormais. CROCODILOS. Os crocodilos máis perigosos para o home son os mariños, pola súa forza e tamaño. En 1945, mil xaponeses refuxiáronse nos manglares dunha illa fuxindo das tropas británicas. Durante o día, estes animais non se deixaron ver, pero pola noite cebáronse coas tropas. Estes casos de diferentes animais demostra que, cando o ser humano irrompe no hábitat dun animal, este vólvese máis agresivo para

defender o seu territorio. Sandra Rodríguez Amor Ruth Garrido Ríos. B1C


Intres divulgativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

ALIMENT OS ALIMENTOS QUE SE RECOMEND AN RECOMENDAN A SAÚDE

35 Xuño 2005

A nosa vida transcorre á velocidade da luz, dependemos totalmente dun reloxo que rexe completamente os nosos actos, pero parece que iso non o podemos cambiar. Sen embargo, a comida rápida non é a mellor solución, pois aínda que corras e corras, se che dá un infarto, de seguro que pararás. Pero tampouco son moitas as posibilidades das que dispoñemos para evitar este tipo de comida. Por exemplo, no instituto o único que se vende é pastelería comercial rica en graxas e lambetadas que acaban cos nosos dentes. Non se debe pasar sen comer nada no recreo, iso din, pero tamén hai que pensar que, se o facemos, só estaremos prexudicando o noso organismo, quizás facéndolle máis mal do que pensamos. Debemos reflexionar e pensar sobre a gran cantidade de xente que está a morrer a causa de enfermidades cardiovasculares provocadas por este tipo de alimentos. Quizais se deberían poñer no mercado máis produtos vexetais, tipo bandexas de froita ao lado da máquina de café, por exemplo, pero se seguimos así, non sei a onde iremos parar, de seguro que non moi lonxe. Somos novos e temos a solución na man. Regula a túa alimentación. Mirta Sueiro Costoya. B1A

Intres

“A saúde non o é todo, mais sen saúde non somos nada”, frase dita por Shopenhauer. Un parágrafo moi evidente pero que a miúdo esquecemos , cando outras cousas captan a nosa atención. Pero, que é a saúde? Con frecuencia escoitamos que a saúde é a ausencia de enfermidade. Sen embargo, o simple feito de non estar enfermos non significa necesariamente que esteamos sans. O concepto de saúde abarca moito máis que a ausencia de enfermidade algunha. Para entender o que significa debemos ter en conta, ademais, o estado físico, os factores psicolóxicos, a súa relación co entorno... coñecendo estes factores podemos dar unha exacta definición. SAÚDE: estado de benestar físico, mental e social. Este estado parece un obxectivo difícil de conseguir. Sen embargo, o que si que está ao noso alcance é fomentar actitudes e valores persoais que promovan a saúde e tratar de evitar que esta sexa prexudicada. Querido lector, axuda a mellorar a saúde de todos!!

O cerebro só require para o seu funcionamento osíxeno e glicosa, sen embargo precisa doutros nutrientes para o desenvolvemento do pensamento, da memoria... As vitaminas do grupo B son as máis beneficiosas para o sistema nervioso; se carecemos desta vitamina, pódense producir determinados trastornos como irritabilidade nerviosa e depresión. Tamén son importantes os minerais para o funcionamento das neuronas. Os ácidos graxos insaturados (algúns deles encóntranse nos froitos secos) son moi necesarios para o desenvolvemento do cerebro. Sen embargo, o exceso de aditivos altera o comportamento do sistema nervioso. Agora que nos atopamos en época de exames, precisamos informarnos sobre os alimentos que nos axudarán a mellorar o noso rendemento, os máis recomendados son os cereais integrais, como a avea, e os froitos secos oleaxinosos, como as noces. Noces: Son ricas en vitamina B6, que intervén no bo funcionamento do cerebro. Contén fósforo e potasio, mentres que é baixa en sodio, polo que favorece o bo estado do sistema cardiovascular. Tamén contén ferro, magnesio e calcio. A noz é unha das mellores fontes de oligoelementos que se encontran en tan pequena cantidade no noso organismo, pero que son imprescindibles para a vida. Mais a noz só é un exemplo dun alimento saudable, pero dispoñemos de moitos outros dos que renegamos. Hoxe en día, a maioría da mocidade aliméntase basicamente de comida rápida, mais xa hai xente adulta que comeza a mergullarse tamén nese mundo.


Intres divulgativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

OS COSTUMES ORIENT AIS XA FORMAN ORIENTAIS PARTE DE TTODO ODO O MUNDO

Xuño 2005

36

O ioga é considerado un medio para liberar doenzas que afectan tanto ao corpo como á mente, unha filosofía práctica que permite ao individuo mellorar a súa calidade de vida, inclusive é recomendado por moitos médicos para combater algúns problemas de saúde. Este “deporte” naceu na India hai miles de anos e foise transmitindo de mestres a discípulos ao longo dos séculos. Esta disciplina foi evolucionando de acordo cos problemas que foron xurdindo na sociedade, pero sen perder a súa verdadeira esencia. Axuda a mitigar, aliviar e reverter tensións, ansiedade, angustia, depresións, enfermidades…É unha disciplina terapéutica que se utiliza para prever doenzas e buscar equilibrio no corpo. Unha das c a r a c t e r í s t i c a s fundamentais é o control da respiración, xa que contribúe á osixenación do sangue e á ampliación dos pulmóns. As sesións de ioga consisten nunha serie de posturas e movementos relaxados, rematando cuns minutos de meditación. Cada postura serve para estimular a circulación en zonas específicas do corpo e mellora as condicións dos músculos e diferentes ór-

ganos. Dise que, por exemplo, persoas que teñen problemas nas mans e practican ioga experimentan mellores resultados que as que utilizan muñequeiras, igual que é considerado un bo método para tratar a diabete, a artrite e o estrés. Moita xente pensa que por practicar esta disciplina hai que levar unha dieta vexetariana, pero non están no certo, simplemente é aconsellable levar unha alimentación equilibrada.

O ioga é un exercicio apto para todo tipo de persoas sas ou enfermas e sexa cal sexa a súa constitución. Para a terceira idade é esencial aproveitar toda técnica que lles sexa favorable para mellorar a súa calidade de vida. Aínda que os movementos son lentos e suaves, poden causar danos se non son ben realizados, por isto é necesario recorrer sempre á axuda dun profesor experimentado nesta técnica. Verónica Mouriño Sesto B1B



Intres divulgativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

ESP ANHA EMPREGOU ARMAS ESPANHA QUÍMICAS CONTRA CIVÍS!!!!

Un libro publicado hai uns anos en Alemaña proba que

ña.

37 Xuño 2005

Un alto comisario francés en Marrocos calificou a pretensión de Abd el –Krim de establecer unha república islámica no Rif como “ a maior ameaza para a civilización e paz de Occidente”, a que se debía facer fronte calquera prezo, é dicir, empregando armas químicas. O goberno de Londres, ante o risco de que a rebelión do rifenho puidera estender o fundamentalismo islámico a Exipto e a outros territorios árabes sometidos ao dominio británico, deu por bo o suministro de gas velenoso alemán ao exercito espanhol violara o Tratado de Versalles, que prohibía terminantemente o emprego de armas químicas, tras a súa utilización na Primeira Guerra Mundial. Pero no momento que, por exemplo, a Guerra do Golfo sementaba a barbarie e inxustiza ao mundo, aquela conducta inhumnana do militarismo prepotente debe servir para avivar sensibilidades pacifistas. O belicismo desenfreado non respecta as máis elementais barreiras morais e conduce a esos crimes horribles. En Decembro do 1924, o cónsul alemán en Tetúan informaba que os bombardeos con gas velenoso tería éxito para acabar reducindo aos árabes (non dicía aos beréberes rifeños, si non que xeralizaba!!) sempre que se poida seguir ocultando a opinión pública mundial o procedemento que se estaba empregando.!! CADA VEZ FAISE MAIS PATENTE QUE OS PAISES OCCIDENTAIS TEÑAN UNHA DOBLE MORAL PARA XUSTIFICAR OS SEUS MASIVOS BOMBARDEOS AEREOS NESTA CONTENDA DESENCADEADA PARA LIBERAR PAISES ORIENTAIS , PERO NA QUE O FIN NON XUSTIFICA OS MEIOS!! ZeLTia 1ºbac B

Intres

o Exercito español lanzou armas químicas á poboación do Rif Sobre a conciencia do Exercito Espanhol recae a responsabilidade de empregar por primeira vez gas ,despois da I Guerra Mundial e do Reino Unido en Iraq no 1919, dende avións contra a poboación civil, campesiños do Rif, que declaraban no 1923 república islámica independente do resto de Marrocos. Os habitantes do Rif, desas terras inhabitábeis non aceptaban o protectorado espanhol no norte nin o francés no sur de Marrocos. O lendario Abd el-Krim, que tan bravamente loitara contra as forzas coloniais ao principio da década dos vinte, só se lle puido someter regando as súas aldeas con armas químicas, cun gas velenoso, que afectaba á pel e as súas vías respiratorias e contaminaba o medio ambiente. Ademais, dise que Francisco Franco non foi o heroe da guerra de África, cuxo falso prestixio militar valeulle o mando no pronunciamento do 1936 contra a República, si non cómplice directo do xenocidio se, dadas as súas funcións no Exercito de África, tivo coñecemento das matanzas de gas no Rif. O xefe de departamento de gas das forzas armadas de Alemaña lembraba aínda no

1938, cando a Alemaña de Hitler estaba metida no apoio á Espanha de Francona Guerra Civil, que o fin do conflicto colonial en Marrocos na década anterior fora posíbel porque as armas q u í m i c a s arroxadas dende avións contaminaban as aldeas da rexión montañosa do Rif, poñendo así fin a resistencia dos seus habitantes.!! Os suministros de gas velenoso concertáronse a través da Embaixada espanhola en Berlín. Acordouse un envío de un gas coñecido como “Cruz amarela” que os alemáns transportarían ata Málaga, onde se faría cargo delas o exercito espanhol. Esta indigna cooperación secreta militar hispano-alemana, anterior a chegada de Adolf Hitler ao poder, pero que foi preludio da posterior colaboración que fixo posíbel o envío a Franco de avións para cruzar o estreito, tivo entón o apoiadas principais potencias coloniais europeas, incluídas Francia e Gran Breta-


Intres divulgativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

FOUCELLAS

Xuño 2005

38

A historia do franquismo en Galicia, ao igual que no resto do estado, está chea de dolor, angustia e represión. Pero quizais onde esta represión se fixo máis patente foi, precisamente, en Galicia. Este lugar, poucos días despois do alzamento fascista, estaba practicamente dominado polas forzas militares sen, case, enfrontamentos. Unha situación, que, en cambio, favoreceu a organización de partidas guerrilleiras por todas partes. Así, temos os casos de Foucellas, de Piloto, de pancho ou de Langullo. Todos eles conseguiron resistir ata os anos 60 e 70. Pero quizais, se houbese que elixir un nome mítico destes mártires da liberdade habería que falar de Foucellas. Era natural dunha aldea coruñesa: Foucellas. En 1936 traballou como peón nunha serraría da parroquia de Mesía. Era de estatura pequena pero de forte com-

plexión física. Pertencía á C.N.T. e en Xuño de 1936 xa se enfrontou co destacamento da Garda Civil de Cabruy. Ao dicir da xente, era un rebelde nato y tiña un don rarísimo: cheiraba os gardas a cen metros á redonda. Aínda que oficialmente se lanza ao monte en 1941, asegúrase que, antes de que rematase o verán de 1936, xa andaba por aquel monte fustigando as forzas inimigas. Foucellas instálase nos Montes de Boecio. A partida componse case toda de prisioneiros republicanos (“que recorreran tódolos pasos da amargura, coma Cristo”). A zona batida é a do cuadrilátero BetanzosOrdes-Arzúa-Guitiriz. Cabrera Baja e bateu toda a zona norte de Puebla de Sanabria —de onde parece que era natural «Abelardo»—, dende San Martín de Castañeda ata Santa Eulalia de Rionegro. Esta partida caracterizouse pola ocupación pola forza de varias vilas e aldeas do Val de Sanabria, Santa Colomba de Sanabria e Trefació, entre outros, así como por unha serie de mortíferas emboscadas que tenderon ás forzas do orde. Esta partida actuou moitas veces apoiada por grupos foráneos e, moi particularmente, polo de “Girón” (leonés) e o de “Abel” (galego). Ao dicir das xentes, “Abelardo” levaba na súa partida aos mellores prácticos da rexión e cóntase que os seus homes eran os máis hábiles introdutores, na Serra do Eixe, das parti-

das que ían invernar nos Montes do Castelo, o santuario da guerrilla do Noroeste de España. Os mandos desta partida eran militantes do P.C.E. e case todos foron evacuados cara o estranxeiro. Con dicir que aos guerrilleiros se lles chegou a chamar “os foucellas”... Xa que levaba un asistente moi eficiente: un tal «Ricardín» Por outra parte, a través desta partida a guerrilla da rexión podía dispor de infinidade de puntos de apoio. A mediados de maio de 1948, cando a partida se dirixía cara os montes de Lalín, sostiveron unha dura liorta coas forzas represivas e sufriron baixas importantes. O 9 de marzo de 1952, cando “Foucellas” se encontraba na zona de Betanzos, foi descuberto no seu refuxio. Abriuse un tiroteo, o guerrilleiro resultou ferido nun pé, e detivérono. Foi xulgado por un consello de guerra, na Coruña, e executado o 26 de xullo de 1952. Aritz Rodríguez García. 1ºBAC.-B


Intres divulgativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

A IMAXE DO ANARQUISMO EN ESP AÑA ESPAÑA

Durruti

Funeral de Durruti

Ascaso

Durruti como unha das figuras máis representativas da vitoria popular, pero sofren a dolorosa baixa de Francisco Ascaso. O 24 de xullo, cando o comunismo libertario empezaba a ser unha realidade,

o PCE (partido comunista español) estalinista, que desataría meses máis tarde unha brutal persecución contra anarquistas e outros radicais, e non só liquidou a Revolución, senón que foi o comezo da fin da propia República á que dicían salvagardar. Francisco Javier Silvela Sánchez 1º BAC C

39 Xuño 2005

partiron cunha columna cara Aragón coa milicia igualitaria. Alí non deron recuperado a cidade, pero axudaron á transformación social que significou o “establecemento das colectividades agrarias aragonesas”. Na súa persoa, Durruti encarnaba o que eran os sentimentos e metas dos traballadores en armas, sendo un peculiar “xefe” cuxo privilexio principal era combater na primeira fila. Esa vida radiante remataría en novembro de 1936. O día 15 chegou a reforzar a columna de Madrid con 1800 homes; de inmediato van ao máis duro do combate, e o 19 alcanzouno unha bala, cando supostamente transitaba unha área segura. Morreu na madrugada do 20, sendo sepultado 2 días despois no cemiterio de Montjuich, acompañado do duelo máis multitudinario visto na urbe. O principal sospeitoso da súa morte foi

Intres

Buenaventura Durruti Dumange foi a expresión da rebeldía e a utopía anarquista, unha testemuña de liberdade e loita. Así foi a súa vida. Naceu, sendo o segundo de 8 irmáns, o 14 de xullo de 1896 en León. Comeza a súa xuventude igual có seu pai, obreiro afiliado á UXT. Como membro da sección ferroviaria, participa con ardor na folga xeral revolucionaria de 1917, impulsada en conxunto coa Confederación Nacional de Traballadores (CNT, anarcosindicalista). Isto custoulle a expulsión da UXT por radical e marchou exiliado a Francia onde se relacionaba cos, tamén exiliados, anarquistas, afiliándose a este partido en xaneiro de 1919 tras a súa chegada a España. Xunto a Francisco Ascaso forma o grupo Crisol, que na historia foi lembrado como “Os Solidarios”. O grupo reunía o máis valioso do proletariado catalán, golpeando a reacción onde máis

doía ata que chegou a ditadura de Primo de Rivera en 1923. Dos Solidarios nunca se resaltou a defensa da CNT na hora tan desesperada, cando miles de militantes caeron. Case todos os Solidarios morreron ou purgaron longas penas, mentres Durruti e Ascaso se refuxiaron en París. Coa volta de Durruti a Barcelona, o ano1931 é de efervescente actividade. Intégrase á FAI (Federación Anarquista Ibérica), creada secretamente en xullo de 1927. Cando Durruti e Ascaso non estaban presos, traballaban como mecánicos nunha empresa de Barcelona, e eran vistos como o puño da Revolución Social. A CNT e a FAI loitaron con coraxe, e derrotaron os alzados de Cataluña, con


Intres divulgativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

LISBO A: A SU A HISTÓRIA LISBOA SUA

Xuño 2005

40

Desde a sua origem, Lisboa viveu sobre tudo sob o signo do comércio. Chamada Ulissipo pelos fenícios, depois Olisipo pelos romanos, foi uma escala nas rotas marítimas da antiguidade; mais tarde foi conhecida como Felicitas Julia, um cruzamento de vias romanas. Os musulmanos chamaram-na al-Ušbuna e tomaram-na por assalto em 711; anos mais tarde, em 844, rodearam-na de muralhas e fizeram dela um importante centro comercial. Reconquistada pelos cristãos e logo perdida de novo, a cidade foi ocupada definitivamente pelos portugueses em 1147. Em 1255 Afonso III o Reformador, rei de Portugal,fezde Lisboa a capital do seu reino; porém, outras cidades, como Évora, por exemplo, disputaram-lhe a sua capitalidade durante certo tempo. A fortuna de Lisboa está ligada ao seu porto. A partir do século XIV, a cidade foi um porto activo que acolhe cada ano numerosos navios. Ao tranferir à capital, em 1482, a Casa da Guiné e Mina, cirada por Henrique o Navegante em Lagos, a monarquia fez de Lisboa a metrópole do comércio atlântico. À medida que se estenderam as conquistas afuiram à cidade o ouro de África, as especiarias de

Oriente, o açúcar brasileiro e os produtos europeus oferecidos em contrapartida. A liberdade do comércio com O Brasil puido, por algum tempo, favorecer a outros portos; porém, os perigos da guerra no mar obrigaram a que se volvesse ao sistema dos comboios, para o maior proveito de Lisboa como em tempos do monopólio real. Em 1797 segurava ainda as quatro quintas partes do comércio imperial. No século XVI, tanto pela sua riqueza como pelo número dos seus habitantes, Lisboa figurava entre as primeiras cidades da Europa. As 15 hectares da cidade visigoda e as 100 do século XIII, eram desde havía muito tempo insuficientes. Das beiras do Tejo, a cidade desbordou amplamente pelas pendentes da colinas. No século XVIII, um terrível desastre assolou esta próspera cidade: o 1 de Novembro de 1755, um sismo muito violento arruinou os bairros comerciais, provocando mais de 30000 mortos. Desta desgraça nasceu uma nova cidade, construída segundo os planos de Eugénio dos Santos, a Lisboa de Pombal, com uma ampla fachada ao mar sobre o admirável emprazamento potuário que oferece o “Mar da Palha”. Uma vez desaparecido o império colonial, Lisboa ficou reduzida, a começos do século XIX, ao papel de simples capital política do seu país, que atravessava por muitas dificuldades. Incluso chegou a parecer que cedia ao Porto, a metróple do Norte, o papel de capital industrial.

Entre 1801 e 1864, a população da cidade estancou-se nuns 200000 habitantes. Depois dum século, o desenvolvimento demográfico, amplamente alimentado por uma forte migração rural, recomeçou a um ritmo acelerado. Certemente, os quatro bairros que constituem a cidade têm menos de 900000 habitantes e certas paróquias como Carnide ou Charneca têm ainda um carácter rural, mas Lisboa desborda amplamente sobre os concelhos vizinhos nos que se criam cidades-dormitório. Na mesma cidade, o sector terciário (comércio, bancos, serviços públicos) d e s e n v o l v e u - s e consideravelmente; na beira do Tejo, criaram-se importan-

tes centros industriais: Seixal, Casilhas e, sobre tudo, Barreiro. Desde 1966, a grande ponte, chamada ao começo Salazar e hoje do 25 de Abril, une as duas partes da capital, aglomerando um grande conjunto que, desbordando a Lisboa histórica ou os 82 km² da cidade oficial, estende-se amplamente nas duas beiras do Tejo. O 25 de Agosto de 1988 declarou-se um incêndio de enormes proporções no centro histórico de Lisboa. A ve-


Intres divulgativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

MADEIRA

A HISTÓRIA A ilha era já conhecida pelos navegantes fenícios. Sabe-se que foi descoberta por marinheiros italianos

41 Xuño 2005

É a ilha principal dum pequeno arquipélago português situado a 32º latitude norte no oceano Atlântico, a uns 1000 km. ao sudoeste de Lisboa. A superfície total da ilha é de 196 km. quadrados, e tem uma população de 275000 habitantes, com uma densidade de 346 habitantes por km. Quadrado. A ilha surgiu tras uma série de erupções vulcânicas que se produciram durante a Era Terciária. Uma série de vulcães, entre os que destaca o Pico Ruivo, alinham-se entre Tristão, ao oeste, e São Lourenço, ao leste, formando uma cadeia de montanhas e conos cuja altitude só descende por debaixo dos 1200 m. nos seus extremos. Da cordilheira, e fortemente inclinados em direcção ao mar formando alcantilados impresionantes, surgem grandes moles de lava profundamente quebrados. A única esplanada é a Paúl da Serra, meseta despida situada a 1400 m de altitude no centro-oeste da ilha.

provavelmente genoveses, a começos do século XIV; a ilha aparece nos mapas florentinos dos Médici de 1351. Durante expedições marítimas levadas a cabo sob a influência do grande prícipe português Henrique o Navegante, dois marinheiros desta nação, João Gonçalves Zarco e Tristão Vaz Teixeira, tomaram possessão da ilha em 1419 em mome do rei de Portugal João I. O primeiro governador da ilha foi Bartolomeu Perestrelo, e até 1750 um membro da sua família ocupou sempre este cargo. A mulher de Cristóvão Colombo pertencia a esta família. Colombo foi a Madeira em 1478 para comerciar com açúcar, e foi nesta ilha onde se casou. Naquela época a ilha era já rica. Os portugueses, que a baptizaram com o nome de Madeira porque estava coberta de bosques, queimaram a imensa maioria das árvores para dedicar as terras à agricultura, que pronto alcançou grande prosperidade. A cana de açúcar e o vinho foram até os nossos días as mais grandes riquezas de Madeira. A partir de meados do século XV intrioduciram-se na ilha as cepas de malvasia. Ana Vázquez Laíño ESO 4 B

Intres

tustez das instalações, com abundantes estruturas de madeira, e o carácter comercial da zona explicam as dificuldades dos bombeiros, assim como a destrutividade do fogo. As perdas no património arquitectónico da cidade são completamente irreparáveis. Os primeiros balanços do sinistro lançaram umas cifras trágicas: uma pessoa morta, trinta feridas e umas perdas materiais calculadas em 500 milhões de dólares. Os Armazéns Grandela, os de Eduardo Martins e os do Chiado arderam por completo. O elegante café Ferrari, com os seus interiores de madeira antiga, o museu do disco antigo Valentim de Carvalho e, sobre tudo, a Casa de Batalha, um imóvel de 350 anos de antiguidade (do qual permanece milagrosamente em pé a estrutura de pedra), sucumbiram também às chamas. A reconstrução do bairro do Chiado e da Baixa Pumbalina foi encargada ao arquitecto Álvaro Siza Vieira.


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

CONT OS SOLID ARIOS CONTOS SOLIDARIOS Para as mozas e os mozos do I.E.S de Melide, con cariño e agradecemento de parte dun Carballo con Botas, que un día vos contou contos para que cambiedes o mundo. ¡Graciñas!4-5-2005

Intres

BUSEGE E MUTITUMBA ORIA CONTRA MUTITUMBA,, UNHA HIST HISTORIA O ODIO

Xuño 2005

42

En realidade, Mutitumba (que durmen debaixo das árbores) en Zimbabwe, Busege (pequenos lobos) en Uganda, Skadukinders (nenos das sombras), Buoidoi (polvorientos), Saligoman (desagradables), Gamines, Phaseurs, Chinches, Cabritos... son os innumerables alcumes de 90 millóns de desposeídos, dos meniños da rúa, co que son chamados en Suráfrica, Ruanda, Vietnam, Chile, Colombai, Congo... esta podía ser unha das súas historias: Mutitumba soñaba con escoitar o mar dentro dunha

caracola. Alguén lle falara do son das ondas e da calor na praia, pero debaixo daquela árbore que o acubillara ninguén sabía do mar, da area, nin dunha simple caracola. Aínda así, Mutitumba precisaba daquel soño estrano coma única posibilidade de vecer a friaxe, o certeiro terror da noite. Precisaba durmir, quería soñar coa calor do sol para non ser vencido pola máis terrible das mortes, a do frío debaixo dunha árbore no inverno da súa alameda. Nun deses soños apresentouse un nveno lobo: “chámome Busege e veño fuxindo da guerra do norte onde fun enrolado cando neno. Meus pais trocáronme por algo para comer, eles non tiñan culpa, eramos oito irmáns e a fame apretaba sen cesar. O día no que me levaro os homes da guerra moito cherei, naquel lugar eran moitos cama min. Algúns, día e noite limpabamos as escopetas e metralletas, outros disparábannas. As caras dos nenos semellaban oxidadas como aquelas armas. Vin meniños coma ti abríndose en sangue e morte, escoitei berros que enxordeceron os meus ouvidos, que ninguén soportaría, que eu nunca quixera escoitar. Así que un día decidin fuxir. Faláranme dun bosque onde ninguén fora

capaz de entrar polo medo os lobos, pero eu sabía que maior terror que o que eu vivira non sería capaz de aniñar mesmo no animal máis fero. Adentreime ata toparme con eles, ollaron as alimañas para min e ao verme deberon sentir tanta mágoa que me acubillaron na súa manada, chamáronme Busege (pequeño lobo) e con eles percorrín os bosques facéndome fero e forte. Medrei ao mesmo tempo que medrou u odio conmigo. Un día decidí partir na percura dos que me fixeran dano, quería vinganza, odiaba o home coma o pode odiar aquel lobl. No camiño ía verquendo odio e morte pola faciana, era poderoso, tiña a forza dos lobos e a intelixencia dos homes, ninguén podería comigo. Tiña tantas gañas de odiar, tantas gañas de matar... Enfurecido adentreime na túa alameda cando sentín algo estrano, o sentido dunha perda, algo profundo desaparecía dentro de min. Co roce das árbores na miña pel de neno lobo, co bater de ponlas convertidas en brazos que adentraban as súas mans no meu corpo, co palpar das toradas, mesmo das follas, sentía como se arrrincaba, como se desprendían os anacos do oidio que me


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

CONT OS SOLID ARIOS CONTOS SOLIDARIOS acompañaba, os bocados da vinganza que me enfurecía, sentí que ía perdendo aquel afán de destruir todo, e como comprenderás foron moitas as árbores contra as que batín ata chegar onda ti, pequeño Mutitumba. Vinte deitado por debaixo desta árbore, nesta alameda, e na túa cara por fin descubrín as cores da tenrura. Decateime que xa

non buscaba morte, nen odio, nen vinganza. Decateime que na túa cara habitaba a máis poderosa e cruel das vinganzas, o teu silenzo, a túa bondade. Por eso agora quero levarte onda o mar, quero que escoites o son da caracola, que mires para as ondas, que sintas a súa calor. Quero que ti tamén ceibes entre as augas a tenrura que

te habita, quero que ti, Mutitumba, sexas quen de parar por fin as gañas de odiar”. Aquel foi o derradeiro soño de Mutitumba. Topárono baixo dunha árbore naquela lonxana alameda, os ollos pechos e un poderoso sorriso nos beizos. A súa cara era de paz.

A NENA QUE CHORABA PEDRAS E O COCIÑEIRO MINGUANTE. Intres

43 Xuño 2005

Yetana, a nena do deserto, era domadora de ventos enriba dunha alfombra de areas e pedras rachada pola calor refuxiada dentro nunha tenda de campaña. Yetana non domaba leóns, nen elefantes, crocodilos ou xirafas, domaba os ventos do mencer e do lusco e fusco, os ventos do solpor e os da desesperanza. Un día de friaxe topouse cun vento endiañado que se lle metou polas orellas, era o vento da tristeza que foi directo ao corazón. Ao principio non sentiu nada pero pouco a pouco a tristeza domouna a ela. Co tempo, Yetana escomezou a chorar, chorara moitas outras veces, pero neste caso o seu pranto era diferente, Yetana choraba pedras. No principio non eran máis que areas secas coma as do seu deserto, pero axiña se converteron en pedriñas que enroxecían a súa cara. O estrano suceso apareceu


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

CONT OS SOLID ARIOS CONTOS SOLIDARIOS

Xuño 2005

44

en todos os xornais, a xente voltou a mirada cara o sufrimento do seu pobo e coma sempre nestes casos xurdiu a caridade, tamén chamada mentira, compaixón, cociencia intranquila. Nos países importantes organizáronse caravanas solidarias e telemaratóns. Un día pola fronte das pequenas montañas de area e pedra apareceu unha equipa de científicos extranxeiros que lle dixeron á nena: “Non te preocupes Yetana, somos científicos dun país importante, a nosa tecnoloxía avanzada fará que non sofras máis”. Prepararon un remedo químico con potentes compoñentes trnasxénicos que axiña derreterían as pedras que choraba a nena. Yetana bebeuno a groliños pero as pequenas areas do seu pronto convertéranse en croios diminutos que a mancaban aínda máis. Pasados os días chegou un grupo de médicos especialistas mundiais en bágoas estranas. “Non te preocupes pequena; somos dun país moi importante, a nosa mediciña é tan avanzada que o teu problema imos solucionar”. Prepararon un remedo de pirulas, xaropes e inxeccións de diferentes cores e tamaños, ela só sentiu que os croios eran pedras enormes. A equipa médica rapidamente abandonou aquel lu-

gar.

Pasou o tempo e foi maior o sufrimento ata que unha noite montado nunha burra apareciu un cociñeiro, do país dos chupanubes –que andaban todo o día co pensamento nas nubes- e ninguén lle fixo moito caso. Achegouse á jaima de Yetana e pediu permiso para entrar. “¿Qué quere?”, preguntáronlle. “Facerlle a cea á nena”, contestou. Afanouse nas potas e fogóns, botou estranos ingredientes, cociñou e axiña serviu unha estrana sopa de cor verde intenso. Cando a nena aquela sopa tomou, de súpeto desapareceron as pedras dos seus ollos. Todos ficaron abraiados e axiña con forza preguntaron “¿Quen es ti? ¿De que país tan importante chegas aquí?”. O chupanubes contestou: “Son cociñeiro dun país minguante e a vosa

filla ten o corazón entristecido que é o mal máis importante”. Eles preguntaron cal era o seu segredo. “¿Qué lle prepara á nena? Sopa de esperanza. O meu país non é importante, é un país minguante, cada vez somos máis pobres e sufrimos todo o que sufristes vos; un día descubrimos que precisábamos remedo, os nosos fillos choraban pedras, así que buscamos ingredientes ata topar a receita desta sopa de esperanza. Recolectamos ortigas da razón, cultivamos cebolas da tolerancia, sementamos allos de ternura, cocémolos con auga de libertade (que cae na chuvia de outono) e servimos en cuncas verdes sopa de esperanza. Axiña temos forza para ceer que algún día seremos libres, os nosos nenos deixan de chorar bágoas de pedra e xogan na area sorrindo. Canto máis mingua o noso país máis cociñeiros somos, e máis sopa de esperanza temos. Así que agora andamos polo mundo cociñándoa porque sabemos que só dise xeito seremos capaces de parar todo eso que fai minguar o noso país diminuto e por fin seremos libres”. Dende aquel día Yetana, e os da súa tribo cociñan día e noite a sopa de esperanza. Pódovolo dicir eu, que un día coñecín a Yetana e tamén a aquel cociñeiro chupanubes dun país minguante. Por certo... ¡Que rica estaba a sopa de esperanza!....


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

ASASINA TO NO SAN ROQUE ASASINAT

45 Xuño 2005

do KM para ir á ZOE onde ía haber un espectáculo ás cinco e media, pero cando estabamos collendo as chaquetas escoitamos un balbordo na rúa incluso superior ao que había dentro do local; e de repente vimos como un rapaz abría camiño entre a xente de dentro e quedaba parado no medio da pista. Parecía ser máis ou menos da miña idade, estaba completamente cuberto de sangue e tiña os ollos en branco. A música do local parara de soar e só se escoitaban murmurios, algún berro histérico e os choros do rapaz. Quedei moi asombrado ao velo entrar, non o esperaba. Tiña na cabeza un corte enorme do que non paraba de brotar sangue, tiña o corpo che de magoaduras, un ollo completamente negro e inchado e a roupa chea de barro. De repente o rapaz deixou de laiarse, abaneou un pouco, e caeu no chan; ao pasar isto, os berros histéricos e incluso algún desmaio empezaron a verse e escoitarse entre a xente do local, que non cría o que estaba a ver. Algúns de nós acercámonos ao rapaz para intentar taparlle a ferida da cabeza coa nosa roupa a ver se paraba de sangrar, outros colleron auga para limparlle as feridas, outros dábanlle aire ou intentaban mantelo esperto. Eu estaba espantado, tremíame todo o corpo, parecía que estaba nun pesadelo. O rapaz levantou a cabeza e fixou a súa mirada nos meus ollos, abriu a boca como para intentar dicir algo pero nese intento queimou todas as súas forzas e desmaiouse. De alí a un anaco chegou a ambulancia e a policía, pero non puideron facer nada, no medio da xente o rapaz xa estaba morto; a escena era terrible, as luces do local iluminaban a súa cara e o seu corpo enriba

Intres

Non estivera nunca en Melide polas festas do San Roque. Era o primeiro día de celebración, a noite estaba moi calorosa, non había nin unha nube no ceo e a luz da lúa facía que nos rincóns das casas só existise unha impenetrable escuridade. A rúa estaba abarrotada de xente que non aguantaba nin dentro dos pubs nin da discoteca debido a que o ambiente de sauna que había nestes, causado pola numerosa xente que se atopaba dentro e pola falta de aire acondicionado en todos deles, era insoportable para moitos. As festas dese ano foran organizadas polo concello con moito coidado e, segundo dicía a xente da vila, aspiraban a ser as mellores que xamais existiran; había organizados concertos, xantares e incluso excursións para tódalas idades. Todos eran conscientes da importancia que terían esas festas, ou polo menos iso parecía ao ver tanta xente, eu polo menos nunca vira unha multitude así nas festas dunha vila. Era algo incrible. Chegara a Melide esa mesma tarde con dous amigos meus de Curtis. Os tres decidiramos durmir as menos horas posibles e pasar unhas festas inesquecibles. Alá polas tres da noite

aventureime, convencido polos meus amigos, a entrar no KM. As gafas empanáronseme nada máis poñer un pé dentro do local, non comp r e n d í a como podía haber tanta xente nun sitio tan pequeno, de tantas persoas como había case non se escoitaba a música, só se oía barullo, tarareos e os asubíos da xente de Brocos; pero non me quedaba máis remedio que entrar, posto que aos meus amigos aquel ambiente parecía encantarlles e non me apetecía pasar a noite só, así que seguín o meu camiño cara o inferno. A noite transcorría con normalidade, eu precisaba saír do local cada pouco tempo a tomar un pouco o aire ou a mexar posto que non me atrevía a entrar no baño por medo ao que podía atopar alí; parecíame un pecado non aproveitar a noite para dar unha volta e disfrutar do ambiente; pero esas saídas non eran moi longas, posto que non quería incomodar aos meus amigos. Alá polas cinco da madrugada volvín dun deses paseos e ao entrar no KM tiven que escoitar aos meus amigos, posto que estaban molestos porque querían cambiar un pouco de ambiente e non me atopaban para marchar; expliqueilles que me liara un pouco mentres estaba mexando e que o sentía moito, e pareceron quedar conformes coas miñas palabras de desculpa. Dispuxémonos a saír


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

ASASINA TO NO SAN ROQUE ASASINAT

Xuño 2005

46

dunha poza de sangue que cada vez era maior, posto que o líquido seguía saíndo do corpo sen vida, as luces brancas palpabrexantes creaban unha escena a cámara lenta, propia dunha película de terror, mentres outra vermella ía iluminando as caras chorosas, abraiadas ou en shock das persoas que estaban alí; esa imaxe non se irá da miña cabeza na vida, quedou gravada fortemente no meu cerebro. A policía desaloxou o local onde só quedaron eles e os médicos co corpo do rapaz; tamén nos mandaron agardar fóra para responder a algunhas preguntas. Despois de agardar na rúa uns minutos, saíron do local cinco policías con caderno e bolígrafo na man anotando toda a xente que estaba alí, pedindo os D.N.I e facendo preguntas sobre como ocorrera todo; a min non me apetecía nada falar coa policía, quería marchar e tirarme na cama a durmir un bo anaco; pero iso non era posible, así que quedei alí a contestar todo o que me preguntaron. Xusto cando me fixeron a última pregunta saíu do local o corpo envolto nunha saba e enriba dunha padiola escoltado por médicos e policías. Logo, acercóusenos un axente local e informounos que a festa rematara, como mínimo por esa noite e que volveramos ás nosas casas a descansar, tampouco esquecerei o alivio que sentín ao dicirme que podía marchar para a cama. Cando chegamos á parrillada «El Molino», que era onde nos aloxabamos, fomos cada un para o seu cuarto sen pronunciar nin unha palabra, neses momentos as ganas de falar non existían. Á mañá seguinte baixei cedo a almorzar, posto que non durmira nada en toda a noite polo nervioso que estaba, e non facía nada quedándome no cuarto. Alí, grazas á televisión

que estaba acesa, ao xornal que collera para ler e á xente que estaba almorzando e falando do tema, informeime un pouco de quen era o rapaz, como estaban as investigacións, que ía pasar coas festas, e outras cousas relacionadas co tema. O morto, como eu calculara, tiña máis ou menos a miña idade, dous anos menos para ser exactos, e, segundo comentaban os veciños, era un rapaz que nin se metía en líos, que non era moi coñecido na vila e que non existía ningunha razón aparente para que lle sucedera iso. Puiden ler no xornal que o concello tiña pensado s u s pender

as festas e axudar en todo o posible á policía que non tiña ningunha pista para averiguar quen fora o asasino, posto que non había ningunha testemuña e que capturar un asasino non é tan sinxelo como semella na televisión. Ás doce da mañá os meus amigos xa baixaran dos seus

cuartos e xa tiñamos decidido que esa mesma tarde volveriamos a Curtis para intentar esquecer todo o antes posible. Pasou unha semana xa dende que ocorreron os feitos; ninguén se esqueceu daquela noite, aínda non avanzaron nada as investigacións, e a televisión aínda fala bastante do tema; Galiza está conmocionada e Melide xa non é a vila que era, a xente ten medo de andar pola rúa, ten medo de que volva pasar algo parecido. Por suposto eu non son unha excepción e tampouco dou borrado da miña mente o pasado aquel día, cada vez que pecho os ollos vexo o rapaz ríndose de min por mexar na rúa, véxome chamándoo, dándolle un bo puñetazo no ollo e deixándoo medio atontado, collendo unha barra de ferro e estampándolla contra a cabeza; nunca esquecerei o son desa barra contra a súa cabeza; véxome marchando do lugar e deixando o corpo na escuridade tirado no chan pensando que o golpe non fora para tanto e que de alí a un pouco espertaría só cunha dor de cabeza, nunca esquecerei que aquel golpe fora demasiado forte e que lle partín o cranio, nunca esquecerei que eu matei a ese rapaz...


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

LA GALICE ROMAINE

- Ui, pasaba horas e horas

- ¿Como se chamaba a rapaza?

II Cando cheguei alí eran as 7:47 da tarde; tres horas atrasados. Día chuvioso; húmido; forte vento do nordeste; ceo encapotado; sen xente na rúa; o único son, aparte dos naturais, que se escoite provén das case 200 tascas abertas. Si, xusto como me explicarían máis tarde, era o típico día outonizo nesta comarca. Atopo, por fin, o lugar onde me hospedaría durante uns anos. Ante a miña sorpresa, non está tan mal. Entre aquelas catro paredes tiña previsto escribir o meu libro, en segredo. Pero pronto me decataría de que iso era imposible, aos dous días todo o mundo estaba ao corrente e cargados de ideas para o meu proxecto. III - ¿Vostede como o coñeceu? - Se é un deses seres hipócritas que primeiro veñen moi agradables e desinteresados pero que no fondo non queren máis que buscar chismes para despois vendelos;

47 Xuño 2005

- ¿E que me di dos seus pasatempos?

- Anxelita. Seguro que ela sabe moito máis ca min. Eu só o coñecía do choio. Eu son de Palas, pero veño todos os días traballar ao Estilo dende hai 27 anos. Daquela eu tamén era moza, pero non tanto coma eles. Facíame compaña nos días de choiva. Eu ensineille a xogar á brisca. Agora ela é profesora do Nº 2. Se ten algunha dúbida máis, chámeme, que estarei encantada de falarlle daquel estraño inquilino.

Intres

- Sen dúbida ningunha, éralle un home coidadoso. Fíxese que todos os días, antes de marchar ás súas camiñatas de sempre, colocaba a habitación e limpábaa el mesmo para aforrarme traballo. ¡Que educado! Dicíame que se seguía traballando así, dentro de 15 anos sería unha vella inválida. Pois iso, cando volvía, aí cerquiña da noite, antes de secarse e cambiarse ou comer algo, recollía todo. Dicía que era porque tiña mala memoria e se non ordenaba e pasaba a limpo ao momento... nada. ¿Sabe o que máis me chamaba a atención? Que se preocupaba polos pequenos detalles, xa sabe, em..., quería sempre o pano dobrado pola metade, as zapatillas á esquerda da cama... A el gustáballe pasar as follas do caderno; a min ata me poñía dos nervios, todo o tempo, e veña pasar follas e follas e follas, ¡que mal!

lendo. Sempre libros estranxeiros, claro. Os seus favoritos eran os de Gunter Gras se Amin Malouf, ou algo así. Eu seillo porque obrigoume a ler un tocho grandísimo, nunca o acabei. Eran cousas nunca vistas por aquí. Sempre comentaba que unha vez que liches un libro deses, o resto eran lixo. ¡O que é ter cultura! É que era francés, e eses de por alí dan moito de si. Sempre tiña unha radio prendida. Quería estar á última en noticias, música... de todo. Así era que despois sabía todo dos políticos, deportistas, sabios e estes que son “moito máis” na Xunta e institucións desas. A min as súas cancións durmíanme, Chopin, Bach... Eu mesma ensineille a apreciar a alegría e sabedoría das muiñeiras. Porque, ¿sabe?, eu antes bailaba, ¡ui como bailaba!, si señor; aínda que lle pareza mentira, cada vez que movía o esqueleto, polo menos 15 homes poñíanse aos meus pés. Tiña por costume ir todos os solpores correr cunha rapariga. Eu non sei, o runrun da xente dicía que andaban liados. A min iso non me gustaba; xente nova, leña verde, todo é fume. Iso de andar por aí xuntos, sen sabelo a familia... ¡Boh!, mal non facían.


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

LA GALICE ROMAINE fágame o favor de saír da miña casa xa.

Intres

- Non se confunda, señora, eu só quero saber que pensaba, que escribía, que sentía... a súa vida privada impórtame pouco. El era un home pouco sociable; tiña os seus amigos pero non era deses que sempre andan á procura de máis.

Xuño 2005

48

- Coñecémonos facendo sendeirismo. A ambos nos gustaba correr, andar en bici. El comprara unha de cuarta man, destas antigas de manillar curvo e baixo. Faciamos carreiras entre nós. Case sempre gañaba eu. Co tempo funlle collendo agarimo. Era un bo home, moi intelixente e observador. Notábase que era un ilustrado da Bretaña. As súas ideas chocaban coas nosas. Nós só tiñamos relación en horas de ocio. Enténdanos, os dous estudabamos e, o que menos apetece é poñerse a falar destas cousas en media hora que tes libre. As nosas conversas eran máis ben relacionadas co cine, a música, a moda e cousas así. - Entendo. ¿Nunca lle falou do seu traballo, dos seus proxectos? Ha de saber que quería escribir un libro. O primeiro que se facía de estudos xeográficos sobre Galiza. - Si, xa o sabía. Creo que aínda non se publicou, ¿non? - Así é - Pois lamentándollo moito, eu só lle podo falar do que vivín con el. ¿Probou a preguntarlle

a Xosé Luís Carril? Eles intercambiábanse os apuntes. Era como o seu compañeiro de traballo. IV A primeira impresión que tiven foi que me atopaba nunha pequena vila mariñeira, coma a que imaxinas cando les unha descrición nun conto ou ves unha película. A pequena diferenza é que está chantada en terra firme, no corazón dun Reino perdido que se atopa indeciso entre seguir progresando e imitar aos veciños ou decantarse polo seu lado máis autóctono, tentando desfacer o pouco que quedaba. Unha vila afastada e allea a todo o que acontece ao seu redor, porque os melidenses teñen claro que a eles nunca lles vai afectar, e na que o inexorable paso do tempo parece deterse. Un pobo no que coñecería outros niveis de realidade e que nunca se atopará en libros porque é imposible de plasmar. Realidades que descobres a partir das experiencias da xente que está ao teu carón. Xente que desexa continuar coa súa vida de sempre, coa tradición dos seus antergos, pero que, á vez, sabe coller o bo que traen os metecos, ofrecéndolles a cambio valores desta cultura dados con especial agarimo, entusiasmo, emoción e sabedoría. V - ¿Coñeceuno en persoa? - Si, pero non eramos grandes amigos. El paraba aquí de

vez en cando. Sempre tomaba unha copiña de viño e contaba un conto cos veciños. - ¿Era coñecido polo pobo? - Mire, este é un núcleo pequeno. Aquí todo se sabe. Non existe a discreción nin os segredos, xa sabe. E cando pasa algo así... a xente aínda abre máis a orella. Era todo unha atracción ao principio: a súa boca falaba sete linguas, os seus ollos viran nove países distintos, os seus oídos deleitáranse con grandes compositores europeos. Sen dúbida era unha atracción. Imaxínese o que foi para este pobo, o que trouxo, o que deixou. Si señor, era grandioso. Foi como un espertar. O que non sei é por que escolleu Melide para quedarse e non Santiago ou Lugo. El cada día asustábase máis do atrasados que estabamos neste país. Si, moi bonito, leis que nos defenden, democracia, ciencia, declaración dos dereitos humanos... pero, a dicir verdade, as herdanzas ían para os irmáns máis vellos, as mulleres na casa e sen estudos... Eu agora falo ben del porque as súas ideas comezaron a ser frutíferas hai tan só uns poucos anos. Cando estivo aquí, hai uns 20 anos, moito o temos criticado polos seus aires liberais. Non rezaba, seica era protestante; trataba por igual aos mozos cós vellos; tiña como amigos mulleres... Provocou toda unha revolución. - ¿Que me di do seu traballo científico?


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

LA GALICE ROMAINE queridos, a tristura que inunda o teu interior dificultan aínda máis a separación. Sabedor de que nunca máis volverás, que o retorno é imposible, a pena que dá mover o pano en sinal de adeus, un adeus para sempre e non un ata pronto, é inaguantable. ADEUS. VII - ¿Que relación gardaba con el?

VI A morriña que sentín ao irme do meu segundo fogar non hai palabras neste mundo que a expresen. A mágoa que sentes ao ver que, cada segundo que pasa, vaste afastando dos teus seres

- A derradeira vez que o vin estaba bastante completo, pero non sei como quedou o libro. Dáme rabia e mágoa que teña que vir un estranxeiro para facer un estudo sobre a distribución da poboación galega. - ¿Cres que as súas avanzadas ideas naquela época puideron marcar a maneira de facer e escribir o libro? - Moitísimo. Estrañábase dos

- Ao principio mandabámonos correo, pero catro anos despois de marchar de Melide non volvín saber nada del nin do estudo. ¿Para que quere saber todo isto? - Son da editorial “Luciérnaga”. Queremos publicar o seu libro. Só nos faltan datos para a introdución e ocorréusenos vir aquí coñecer o ambiente no que o escribiu. - Entón, por fin, despois de 20 anos... - Cremos que é imprescindible. É o único libro deste tipo que se coñece. Levamos 15 días un compañeiro e eu procurando información para completalo. Cando o publiquemos, mandámoslle unha copia para vostede. VIII A amigos, a amigas, a compañeiros, a compañeiras, a benfeitores, a benfeitoras, a axudantes, a ilustres e a non tan ilustres , a xefes, a compatriotas, a irmáns de sangue, lingua, coñecemento e corazón... en fin, a todas aquelas persoas que co seu apoio, esforzo e ilusión fixeron posible este libro, quero dicirlles: BOS DÍAS, AMIGOS Asinado: Abel Bouhier Dedicatoria de Abel Bouhier do libro “La Galice romaine” Rosa Mato Amboage (B1A)

49 Xuño 2005

- Grazas pola información ¿A conta? - Nada. Invita a casa. Xa sabe, se quere algo máis, as portas do Norte están sempre abertas.

- ¿Que opina do proxecto?

- ¿Sabe algo del?

Intres

- Diso non sei nada. Fale co seu amigo Carril. Por moito que nos falara diso, a maioría de nós eramos case analfabetos e non iamos entender nadiña. Aínda que levou a contraria en temas fundamentais a unha masa de 5000 persoas e realmente os seus costumes non nos agradaban, teño que dicir que foi unha sorte, un orgullo e un honor telo con nós. Coido que sempre botaremos de menos o seu característico saúdo: un “bos días, amigo” pronunciado con unha firme pero á vez cariñosa seriedade.

- Era, daquela, tan só oito anos máis vello ca el. Eu estudara xeografía, pero estaba no paro. “Se estudas has ter un bo futuro”, xa ve. Cando me decatei da súa chegada e dos seus propósitos, enseguida me puxen en contacto con el. Dende aquela, xuntabámonos unha vez á semana e falabamos dos avances do seu traballo. Eu prestáballe libros, apuntes, notas. Ao se tratar dun libro de estudos xeográficoeconómicos e antropolóxicos de Galiza, todo o relacionado coa miña materia consultábamo antes.

nosos anticuados costumes. De aí o nome que lle quería poñer: “La Galice romaine”.


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

MIND THE GAP (II) Conversa no messenger entre seis individuos de moi distantes lugares.

Intres

Cubano: ¿Que fixestes co meu país, tío? Alemán: Atrévete a equivocarte e a soñar. Canadense: A paz é moito máis que o non belicismo. Coreano: E ti? Galego na Arxentina: Son un bichiño pequeniño... Yonki: Só mo arrebataredes morto.

Xuño 2005

50

- “A paz é moito máis que o belicismo” di: Pero tío, abre os ollos. ¿Non te dás conta de que na maioría de países o número de mortos por armas de fogo non sobrepasan os 150 e nos Estados Unidos chega a 11100? -“Só mo arrebataredes morto” di: É que nós somos así porque todo o noso pasado estivo tinguido de sangue. -“Atrévete a equivocarte e a soñar” di: Bah, tío, non flipes, e logo cos nazis (120000000 de mortos) os indios exterminados por españois, a invasión de China por Xapón e os hindús falecidos a mans de ingleses. -“Só mo arrebataredes morto” di: Ben, nós somos unha sociedade multicultural. Hai moitos negros... -“Son un bichiño pequeniño” di: Pois eu vou andando por Bos Aires e vexo rosados, amarelos, negros, brancos,

café leite...

con

-“Só mo arrebataredes morto” di: É que meu pai con toda a pobreza.... -“A paz é moito máis que o belicismo” di: Si, moitísima, nós temos o dobre de paro ca vós e a longo prazo... -“¿Qué fixestes co meu país, tío? Di: O voso erro é o afán capitalista que encobre o odio e o medo por todo que tedes... -“¿Qué fixestes co meu país,tío? Di: O número de mortos e de violencia descendeu nos últimos 10 anos, mentres que a venda de armas e munición ascendeu un 150%... -“Atrévete a equivocarte e a soñar” Por non dicir todos as noticias sobre atracos, mortes, roubos, pragas e posibles masacres.... Porque cando prendo os vosos canais televisivos, só vexo desgrazas. -“¿Qué fixestes co meu país tío? Di: Estades acojonados. -“Son un bichiño pequeniño” di: As vosas mortes son proporcionais ó número de armas que tedes.

-“Só mo arrebataredes morto” di: Iso non é razón ningunha. O meu é un país moi grande e as armas teñen só un fin lúdico, encántanos a caza. Ademais, en moitas familias, o ter unha arma na casa proporciónalles seguridade. -“A paz é moito máis que o non belicismo” di: Boh, iso é unha trola! Aquí o 70% das familias temos armas e non por iso imos matando a todos os que nos fan rillar os dentes. -“¿E ti?” di: O que pasa é que hoxe en día a ideoloxía dominante é o antiamericanismo... -“¿E ti?” di: As ideoloxías positivas, as que propoñen unha utopía, están gravemente enfermas. Así, o aspecto construtivo desapareceu, só queda o aspecto destrutor, o odio cara aos outros: a América, aos xudeus e ás mulleres. -“Atrévete a equivocarte e a soñar” di: Os americanos son uns


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

MIND THE GAP (II) -“Son un bichiño pequeniño” Que lle queres, é a súa maneira de ser... Agora vos mando un exemplo:

imperialistas.

-“¿E ti?” di: É unha falta de realismo e unha estupidez odiar a calquera.

-“Só mo arrebataredes de morto” di: Si home, e que máis. O que sodes vós é uns envexosos.

-“Son un bichiño pequeniño” di: ¿Que é para ti o odio?

-“Son un bichiño pequeniño” di: Non é iso , animal. É que lle reprochamos a Bush que non sexa Deus, cando sempre nos fixo crer que si.

-“Só mo arrebataredes morto” di: E iso que máis terá?!!! -“Atrévete a equivocarte e a soñar” di: É o contrario de amor. -“A paz é moito máis que o non belicismo” di: Mentira, o contrario é a lucidez, a coraxe e a autocrítica. -“¿Qué fixestes co meu país, tío?”di: O odio é a angustia ante a propia vulnerabilidade -“¿E ti?” di: Antipatía é aversión cara

-“¿Que fixestes co meu país, tío? Falando de Deus, ese non era o que amaba a todos os seres humanos? Eu non vexo que Bus sexa tan caritativo... -“Atrévete a equivocarte e a soñar” di: Non hai máis que ver as súas prioridades... -“¿Qué fixestes co meu país, tío?” E detrás del, van boa parte dos americanos. Porque xa se sabe, a onde vas tolo?, a onde van todos.

-Americanos: Recomendamos que desviedes o voso rumbo quince graos Norte para evitar colisións. -Galegos: Negativo. Repetimos, desviade o voso rumbo quince graos Sur para evitar colisión. -Americanos: Fala un capitán dun navío dos Estados Unidos de América. Insistimos, desviade o voso rumbo 15 graos Norte para evitar colisión. -Galegos: Non o consideramos conveniente. Suxerimos que desvíen o seu rumbo 15 graos Norte para evitar colisión -Americanos: Fálalles o capitán James Howard, ao mando do portaavións USS LINCOLIN, da Mariña dos Estados Unidos, o segundo navío máis grande da flota norteamericana. Escóltannos dous acoirazados, seis destrutores, cinco cruceiros, catro submarinos e numero-

51 Xuño 2005

-“Son un bichiño pequeniño” É un sentimento que nos dá seguridade e protección-

Intres

-“¿Qué fixestes co meu país, tío?” di: Putos globalizadores de merda!!!!!!

unha cousa cuxo mal se desexa.

Galegos versus americanos, conversación real gravada da frecuencia de emerxencia marítima canal 106. Na costa Fisterrá, entre galegos e norteamericanos, en outubro, 16 de 1997: -Galegos: Les habla el A-853, por favor, desviade o voso rumbo quince graos Sur para evitar colisións...... Aproxímanse cara a nós, distancia 25 millas náuticas.


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

MIND THE GAP (II)

Xuño 2005

52

sas embarcacións de apoio. Dirixímonos cara as augas do Golfo Pérsico para preparar manobras militares ante unha eventual ofensiva de Iraq. Non suxiro, ordeno que desvíen o seu rumbo 15 graos Norte!!! Do contrario verémonos obrigados a tomar as medidas que sexan necesarias para garantir a seguridade deste buque e da forza desta coalición UDS. Pertencen a un país aliado membro da OTAN e desta coalición..... Por favor, obedezan inmediatamente e quítense do noso camiño!!!!!! -Galegos: Fala Juan Manuel Salas Alcántara. Somos dúas persoas. Escóltanos o noso can , a nosa comida, dúas cervexas e un canario que agora está durmindo. Temos o apoio da Cadea Dial da Coruña e o canal 106 de emerxencia marítimas. Non nos diriximos a ningún lado xa que falamos desde terra firme, estamos no faro A- 853 Fisterra, da costa de Galicia. Non temos a máis puta idea do posto no que estamos no ranking de faros españois. Poden tomar a s medidas que consideren oportunas e lles dea a gana para garantir a seguridade do seu buque de

merda, que se vai dar un hostiazo contra as rochas, polo que volvemos a insistir e suxerimos que o mellor, máis san e máis recomendable e que desvíen o seu rumbo 15 graos Sur para evitar colisións......!!!!!!!

O ocorrido en Iraq amosa que na actualidade o dereito internacional redúcese ao poder do máis forte.

-Americanos: Ben, recibido, grazas.

-“Só no arrebataredes morto” di: Claro, as guerras xustas son as de defensa propia e as santas.

-“¿Que fixestes co meu país , tío? Di: Veña oh!!! Ja , ja ja!!!!!!!!! -“Só mo arrebataredes morto” di: Ide por aí!!!! O mundo precisa unha forma de imperialismo para asegurar a orde e organización da sociedade. -“A paz é moito máis que o non belicismo” di: Si, xa, coma a invasión de Oriente Próximo que pretende reafirmar a hexemonía do imperialismo americano. -“¿Que fixestes co meu país, tío?” di: Por iso, non constitúe tan só unha guerra, é unha elección que decidiron sen máis os homes de Bus..... -“¿Qué fixestes co meu país, tío?” di: E o carallo foi que en lugar do esperado aplauso popular, as tropas encontráronse cunha inesperada oposición. -“Son un bichiño pequeniño” di:

-“Só no arrebataredes morto” di: Os pacifistas non son máis que uns ilusos. -“Atrévete a equivocarte e a soñar” di: ¿E ti cres que as guerras xustas son as de defensa propia e as santas?

-“¿E ti?” Di: O home en esencia é guerreiro e o seu afán de loita pódese bloquear, pero non suprimir. -“A paz é moito máis que o non belicismo” di: Ningunha guerra ten xustificación algunha... -“A paz é moito máis que o non belicismo” di: E menos as santas, non se deben matar as ideoloxías. -“¿Que fixestes co meu país, tío? Di: As relixións son inútiles: Abandonaron as armas ante a visión do inferno na terra, ou por bendicilo. -“Son un bichiño pequeniño” A única filosofía útil hoxe é a que nos ensina o que non queremos ver. Rosa Mato, Bea Rey, Mirta Sueiro. 1º BAC. A.


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

A MIÑA PRIMEIRA VEZ

Por eles estou hoxe aquí, para curarme, para chegar a ser o pai que nunca fun, xa que despois do suicidio de Maruxa me necesitan máis que nunca. Será por eles, pola memoria dela e do Lalo, polo que saia deste pozo do que onte non vía a saída e hoxe xa vexo un raio de esperanza. Ana Mato Salgado. B2B

53 Xuño 2005

a deixalas e pouco a pouco conseguino. Uns poucos meses despois de deixar por completo as drogas, chegou o Lalo de América e dende aquela a miña vida volveu cambiar. As noites eran a continuación dos días, as drogas marcaban a nosa existencia. Unha triste mañá avisáronme da morte de Lalo por unha sobredose. Foi duro aquilo, quizais o golpe máis duro de todos, e tentei deixalas de novo, pero elas puideron comigo, foron máis fortes ca min, de novo convertéronse na miña razón de vivir. ¡Cantas noites teño pasado moribundo nas rúas, nos bancos do parque! ¡Cantos choros de Maruxa! ¡Cantas miradas cheas de medo e pena reflectían os ollos dos nenos...!

Intres

Recordo a miña primeira vez como se fose hoxe mesmo. Xa hai tempo dende aquela, pero nunca consigo sacala da cabeza, sobre todo nos días nos que peor me atopo. Xa levabamos tempo pensando en facelo, invadíanos a curiosidade, o saber que se sentía, pero a pesares de ter tantas ganas de probar, nunca encontrábamos nin o momento nin o lugar oportuno. Era unha tarde de inverno cando soou o teléfono, era o Lalo, tan só me dixo: “En dez minutos na vella casa á que cada sábado imos a panda do botellón, porque hoxe facémolo.” Con estas simples palabras o meu corazón empezou a latexar con forza, e sen pensalo marchei correndo ao lugar indicado co único pensamento dos minutos que me quedaban de espera. Ao chegar alí, xa estaba o Lalo agardando, o único que lle preguntei foi de onde os sacara. Díxome que llos collera ao irmán. Sen máis palabras comezamos a facelo. Por fin chegara o momento máis desexado e había que disfrutalo. Ao acabar, os dous

sentiámonos felices, contentos e desexando repetir. Fora unha experiencia única, as sensacións naquel momento eran difíciles de explicar, nin hoxe o sabería facer. D e s p o i s daquela primeira vez, volvemos quedar en máis ocasións. Era un segredo, tan só o Lalo máis eu o sabiamos, era un pacto de silencio o que había entre nós os dous; pero os da panda xa empezaban a sospeitar, polo que un día invitámolos a que participasen. Agora entre os cinco o pracer e a diversión eran maiores. Cada vez as nosas xuntanzas eran máis frecuentes, incluso chegamos a facelo dúas ou tres veces ao día, e xa non nos escondiamos de ninguén, daba o mesmo o que a xente pensase de nós. Un día chegou o Lalo todo contento, traía unhas raias para probar. Eu non era consciente do que supoñía pasar dos simples “petas”, que o Lalo lle collía ao irmán maior, a consumir cocaína, xa que tan só fora un par de veces. Ao rematar o instituto, cada un dos da panda tomou o seu camiño, moi separados os uns dos outros. Un marchou a estudar ao Reino Unido, os outros tamén chegaron a ser homes de proveito e o Lalo marchou para América. Cando coñecín a Maruxa as raias xa eran un hábito na miña vida, pero ela axudoume


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

OS NOSOS CONT OS DE 1º ESO CONTOS

Intres

O DRA GÓN QUE TIÑA O RABO MÁIS CURT O CÓ DRAGÓN CURTO DUNHA BÓLA

Xuño 2005

54

Hai millóns de anos, nun país chamado Fricolacumbreque había un dragón chamado Rabolongo. Os demais dragóns ríanse del porque tiña o rabo moi curto e non pegaba co seu nome. - Mirade! O dragón que ten o rabo máis curto có rabo dunha bóla. - Oíches, mamalón!, o nome non che pega nada –dicíanlle. E cada vez que o insultaban, o dragón sacaba unhas tesoiras xigantes e ameazaba: - Como volvades insultarme, córtovos o rabo e quédavos igual có meu. E marchaba sempre saltando, e cada vez que tocaba cos pés no chan, saían chispas. - Oes? Si, ti es o do rabo máis curto có dun porco –dicíalle outro dragón. - Para empezar, non é porco, é bóla. E para continuar... Xa estou cheo! E o dragón, cada vez que alguén o insultaba cortáballe o rabo aos dragóns, e nunca máis o insultaron. Iso si, quedoulle o alcume de “Segarrabos” Noelia Rodríguez López. S1D

ERNEST O ERNESTO Unha vez Ernesto ía polo monte na súa bicicleta. Era xa media noite, non se vía case nada, ía frío e empezaba a chover. Ernesto meteuse nunha cova. Era moi longa e tiña moitos corredores e pasadizos. Acendeu un lume e comezou a durmir. De noite sentiu que alguén lle murmuraba algo no oído. Espertou e viu un troll. Ernesto preguntoulle polo seu nome, pero o troll non llo contou. Díxolle que o seguira e o rapaz seguiuno. O demiño levouno ante un pequeno buraco e díxolle ao rapaz que se metese alí e que iría parar a un cuarto cheo de diñeiro; o pícaro entrou e despois dun longo percorrido foi parar a unha recámara sen saída, só cunha fiestra no teito; logo cerrouse o buraco por onde entrara. El axiña comprendeu que estaba

atrapado. De súpeto, pola fiestra apareceu a cara do troll e, ríndose del, díxolle que ía quedar atrapado para sempre. Ernesto colleu un croio e tirouno á fiestra, deulle ao troll, que caeu rompendo os cristais. O rapaz escapou rapidamente pola ventá, colleu unha lata de gasolina, expandiuna pola cova e plantoulle lume.

MALUARTE A semana pasada, cando estaba eu tumbada encima da cama lendo unha revista, apareceu unha luz pola ventá, e de repente apareceu un ananiño que levaba un gorro azul e un mono vermello. Era pequeno e tiña as orellas puntiagudas, igual que o seu nariz. - Ola, eu son Maluarte e vivo en Marte, onde estou? - Estás en Melide, na miña casa, que fas aquí?


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

OS NOSOS CONT OS DE 1º ESO CONTOS

Hai moito, por aqueles tempos, o merlo era branco coma a neve. Cando voaba confundíase coas nubes e cando andaba, coa neve. Así que a pega, cando se puxo nas pólas do abeto, non viu o paxaro, parado noutra póla próxima. O merlo pensou que andaba moi atarefada rañando a codia coas patas e picoteándoa co seu peteiro... - Eh, pega! Por que maltratas o pobre abeto? A pega, que non o vira, case cae do susto. - Confesa! –saltoulle o merlo- Ensíname o que querías agochar baixo a codia do abeto. Era un anel de ouro, fino e pulido, que brillaba na escuridade. O merlo revolteou ata a pega. - Quero un así. Onde o atopaches? A pega suspirou. O merlo era moi curioso.o - Lonxe, moi, moi lonxe –respondeu- Hai que ir ao centro da terra por un sitio nada bonito, amigo meu, alí é onde vive o Rei dos Tesouros Secretos. - Lévame alí –dixo o merlo. E seguiu á pega ata un lago no cume da montaña máis alta de por alí. Ao lado había unha cova moi negra. - Aquí é –susurrou a pega- Escoita ben: primeiro atravesarás unha sala toda de cobre,

55 Xuño 2005

O MERL O COBIZOSO MERLO

Intres

- Non o sei, cando espertei, aparecín aquí. O trasno comezou a mirar a miña habitación e dixo: - Este é un bo sitio para instalarse - Que nin se che ocorra iso! - Por que? - Porque non, e punto –contesteille. Mauarte comezou a berrar coa rabia, e de repente entraron os meus pais. - Que pasa aquí? - Nada, este trasno que... - Imaxinacións túas, aquí non hai ningún trasno. O trasno xa desaparecera. Cando marcharon, Maluarte apareceu e eu collino nunha bolsa e empecei a darlle golpes contra a ventá. Cando o estaba facendo, apareceu detrás miña. - Voute castigar –dixo con aire de resabido. De repente, aparecín en Venus. Revisei todo e estaba soa, construín unha casa e ao redor fixen un xardín. Pouco a pouco fun construíndo a miña propia cidade, con supermercado, librerías... pero seguía estando soa. Unha mañá, cando estaba eu chorando na ventá, apareceu Maluarte. - Creo que che chegou de castigo. Se queres concédoche un desexo - Si, quero volver á casa. - Iso non pode ser. - Pois logo, quero que veñan os meus pais e amigos a vivir comigo. Clin! Apareceron. Co tempo, coas radiacións, convertémonos en extraterrestres. Aparecéronnos antenas, outro ollo, e a pel púxosenos verde. Dende ese día, vivimos todos alí. Tamén compramos unha nave por se queriamos ir de viaxe á Terra. Noelia Varela Puga. S1D


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

OS NOSOS CONT OS DE 1º ESO CONTOS

Xuño 2005

56

despois unha de prata e por último, outra de ouro. Se consegues pasalas todas sen tocar nada de ningunha, chegarás á sala do trono de diamantes co rei sentado nel. Darache o que lle pidas. - Vale, adeus. - Sobre todo, non toques nada. E todo sucedeu como dixo a pega. A primeira sala era de cobre, a segunda de prata, pero... Ai! O merlo quedou pasmado coa beleza daquel lugar, non só había paredes, teito e chan de ouro, senón que ata había area de ouro e miles de cacharros do mesmo metal! O merlo non aguantou máis, meteu o peteiro na area. Pobre paxaro! Que fixo? De súpeto oíuse como do teito saía o Rei dos tesouros secretos. Era estraño, o merlo viu un homiño pequeno, cunha coroa de zafiro, roupas de xade e un cetro de cristal: - Desgraciado! Como te atreves a tocar os meus tesouros sen o meu consentimento? – berrou o rei- agora, destruireite! Fadas, ninfas, trasgos, bruxas e magos, invocade para min a peor criatura e que mate este cobizoso merlo mandándoo así aos infernos! Dito isto, un monstro máis horrible que eu que sei apareceu na sala nunha nube de ouro. O merlo xa estaba case fóra cando o último sopro da criatura o alcanzou. Á entrada da cova a pega seguía esperando. - Xa vexo, non te resistiches á tentación do ouro. - Xa ves? E que ves? Me cago no demo! –dixo o merlo sen alento. - Mírate na auga. O merlo inclinouse sobre o lago, agora era negro coma un anaco de carbón, excepto o peteiro, que quedou dourado coma a area, e iso tranquilizouno un pouco. Uxía Parrado López. S1C

RUBÉN O DETECTIVE Rubén era un rapaz que tiña 17 anos, era alto, louro e tiña perilla. Seus pais, Sara e Manuel, mudáronse de casa, esta tiña trasteiro e soto. Ao día seguinte de instalarse, Rubén baixou ao soto e encontrou unha pelota. Como era afeccionado ao fútbol e ademais era bo xogador, púxose a darlle patadas, e, de repente, apareceu unha pantasma que lle repetía que se fose e que non lle contará a ninguén que estaba alí escondido, en caso contrario, mataríao. Rubén foise sen dicir nada e subiu á súa habitación. Á mañá seguinte, un home petou á porta, Sandra abriulle e este dixo se podía ver a súa casa. Os pais de Rubén aceptaron. Primeiro ensináronlle o trasteiro e viu que estaba todo en orde; logo viu a cociña, o comedor, a sala de estar, os dormitorios, os baños e tamén viu que estaba todo en orde. O home mirou o reloxo e dixo que se tiña que ir, aínda que quedara sen ver o soto. Rubén alegrouse. Pasaron catro anos, Rubén tiña 21 e estudara para ser detective. Un día saíu buscar traballo e despois de dúas semanas encontrouno en Barcelona. Cando estaba instalado na súa oficina, déronlle o seu primeiro caso. Tratábase dun home que buscaba o culpable da morte da súa muller e o roubo do seu coche. Rubén sorprendeuse ao ver que era o mesmo señor que estivera na súa casa. O home explicoulle que a policía deixara o caso por non ter ningunha proba. Dous meses despois, resolveu o caso, o asasino fora o amante da súa muller. O home era pobre, como non tiña diñeiro, díxolle que lle axudaría nos seus próximos casos. O seguinte caso tratábase dun bebé abandonado nunha casa, e anos despois os seus pais adoptivos querían saber quen e por que o abandonaran.


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

OS NOSOS CONT OS DE 1º ESO CONTOS

Estaba alí, naquel estraño lugar. A xente corría dun lado a outro como fuxindo de algo, algo do que eu non me decatara. Intenteille preguntar a unha muller que corría desesperada, seguida dos seus tres fillos, pero non me escoitou. De súpeto unha sombra xigantesca escureceu máis aínda aquel ceo vermello. Non había dúbida, era el. Ía coñecer aquel ser do que tanto oíra falar. Esa sombra veloz que leva os nenos, ninguén sabe como nin para onde. Era o gran dragón do castelo de Pambre. Agora entendo a desesperación coa que corría aquela señora. A lenda di que o dragón do castelo de Pambre rouba os nenos para convertelos en escravos. O curioso é que non é el quen os leva nas súas poderosas garras; simplemente desaparecen unha vez que a sombra do enorme animal cobre a vila. Aínda que era consciente de que con só sete anos o meu futuro era incerto, non sentía medo. Naquel momento só pensaba nos meus pais e a miña irmá que viña de camiño. Xisela Fuciños Vázquez. S1B

A LEBRE DISFRAZADA DE VELLA Érase unha vez unha lebre que estaba farta de vivir no bosque e cheirar mal. Un día ocorréuselle disfrazarse de vella, dunha vella pobre que non tiña para comer. Horas despois pasou unha velliña chamada Isabel e a lebre atacouna, Isabel en seguida caeu no chan inconsciente mentres que a lebre lle sacaba a roupa e a poñía ela. Desde ese día, a lebre, máis coñecida como “a fera” poñíase todas as tardes na praza da vila, un lugar chamado Castromil. Sentábase na praza e ao seu lado tiña un carteliño que poñía: “Son unha pobre velliña que non ten nin para comprar un bocadillo. Unha esmola”.

57 Xuño 2005

A SOMBRA DO DRAGÓN

Intres

Ao mes seguinte, coa axuda daquel home, resolveu o caso. Esa fin de semana saíu a divertirse, coñeceu unha rapaza que tamén era detective e que se chamaba Susana. Despois dunha longa conversación sobre os casos de cada un, fixéronse amigos. Un ano despois, Rubén tiña 22, Susana saía con el todas as fins de semana. Unha tarde falaron da idea de abrir unha axencia de detectives. Despois dunha longa discusión sobre o tema, chegaron a un acordo. Medio ano despois, o 8 de xuño, inauguraban a axencia, ocasionalmente ese día era o aniversario de Rubén, 23 anos. Pola noite, cando o estaban a celebrar xorde un problema, Rubén tiña unha chamada do home para dicirlle que tiña problemas. Rubén presentouse de inmediato no lugar que lle indicara , a azotea do edificio máis alto da rúa Prats. Aterrara un OVNI chegado de Marte con bombas e pistolas de raios láser para facer estoupar a Terra. Rubén, de inmediato, foi xunto un feiticeiro para pedirlle unha poción para facelos desaparecer, pero o feiticeiro díxolle que necesitaría uns meses para facela. Como non había tempo que perder, volveu ao lugar. O OVNI estaba manexado por un robot e o “alien” que o acompañaba, os extraterrestres capturaran un ancián. A cousa poñíase difícil porque eles só tiñan un puñal e unha espada. Ese día deuse conta de que había cousas que non podían solucionar os detectives e decidiu chamar o exército, que tomou o mando. Ao exército, con todas as súas armas, non lle foi difícil arrestalos e poñer orde na cidade. Estefanía Martínez Núñez. S1C


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

OS NOSOS CONT OS DE 1º ESO CONTOS

Xuño 2005

58

Toda a xente da vila de Castromil cría o conto e todos os días dábanlle unha boa propina coa que a lebre non dubidaba en comprar cousas finas, perfumes, etc. Pero ás 8 da tarde cambiábase para volver á praza e seguir rogando esmolas. Un día, unha señora chamada Dolores descubriu o engano da lebre porque lle viu o pelo, o pelo que non parecía dunha vella, e gritou: Esta é unha impostora, enganounos a todos co conto de que era unha vella, e mirade agora, ata parece que ten máis cartos ca nós, viviu á nosa conta! Impostora! A “fera” sentíase moi avergonzada e ao cabo dun día deuse conta de que o seu destino era ser unha lebre, unha simple lebre que nacera para habitar no bosque e ter amigos animais. Pero agora, coas súas mentiras e os seus enganos nin os animais do bosque a querían preto deles. Á lebre non lle quedou máis remedio ca pedir perdón coas seguintes palabras: “Perdoade, fun moi inxusta ao pensar que podía ser o centro do universo e ter uns amigos mellores, pero agora Deus deume o meu castigo e fíxome comprender que non podo ter mellores amigos ca vós” Os animais, con boa fe, perdoáronlle e seguiron no bosque todos felices e contentos, como unha familia. Mónica Iglesias Parrado. S1

QUEN FFALARA? ALARA? Imanol era un rapazolo de 14 anos que vivía en Galiza. A el gustáballe moito viaxar, por iso todos os veráns ía de vacacións á Rioxa, que era o seu lugar de nacemento. Xa remataran as clases e, coma sempre, estaba inquedo por marchar para alá. Despois de moitos días de angustia, a espera xa rematara. Chegara o día! Pero... Levantouse da cama e viu que enriba do armario había algo que nunca antes vira. Chamoulle a atención e foi mirar para ver o que era. Colleu a cousa na man e, tan asombrado estaba, que ata pálido se puxo. Sabedes o que era esa cousa? Pois, é demasiado difícil de explicar, pero ao parecer era unha boneca diabólica. Aínda que el lle tiña moito medo ao feito de ter na casa unha boneca diabólica, decidiu levala con el de vacacións. Xa aló, a boneca comezou a facer cousas un tanto raras. E, de repente, escoitou! Imanol, Imanol! Era a boneca quen o chamaba! Gloria Corral Cea. S1A

O MONSTRO DE IBERIA Manolo era un rapaz novo e atrevido que nunca montara nun avión. Era a primeira vez. El e mais os seus pais ían de excursión a Mallorca. No aeroporto de Santiago de Compostela compraron os billetes e, tras unha longa espera, marcharon. Manolo sentou no asento. O avión era cómodo, pero o que non sabían era que tamén era perigoso. Era un perigo insospeitado. A medio camiño, Manolo viu unha sombra debaixo do seu asento e, de golpe, levantouse con tanta forza que tropezou contra o teito. Todos miraban para el, asombrados da acción do neno.


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

OS NOSOS CONT OS DE 1º ESO CONTOS A sombra subiu pola parede, colgouse do teito e fíxose visible. Era un monstro pequeno. Tiña unhas grandes gafas cor vermella e uns pequenos ollos marróns. Non tiña pelo, senón unha viscosa masa verde, o nariz pequeno e chato e unha boca que case non lle collía na cara. Tamén tiña unha gran barriga e unhas pequenas patas. O neno levantouse e correu polo corredor cara ao baño. Alí encerrouse sen deixar pasar a ninguén. Os outros pasaxeiros tamén corrían, pero a maioría sen saber o que pasaba. Corrían simplemente por ver os outros con medo. O monstro entrou na cabina de mandos e os pilotos desmaiáronse. Ninguén conducía o avión. O monstro plantouse diante do baño e comezou a chorar. Manolo deuse conta de que non tiña malas intencións, entón abriu a porta do baño e saíu lentamente. O monstro mirouno e pediulle a súa amizade. Xusto entón, o avión comezou a descender en picado. Manolo foi correndo á cabina e espertou ao piloto. Logo o avión aterrou en Mallorca e durante as vacacións o neno e o monstro fixéronse moi amigos. Agora chámanlle o monstro de Iberia, por aparecer nun avión desta compañía. David. S1D

O MA GO -A GUIA MAGO GO-A -AGUIA Intres

59 Xuño 2005

Estaba eu na miña habitación unha noite estrelada mirando cara as estrelas cando, de súpeto, unha púxose a brillar moito e mirei para ela fixamente, cando me decatei de que me chiscaba un ollo. Eu devolvinllo e vin que se achegaba cara a min cunha gran rapidez. Pero, cando chegou á miña habitación, transformouse nunha fermosa aguia parlante que me dixo: - Ola, son o Mago-aguia que veño facer os teus soños realidade –dixo con aire moi sabio. Tes que pedir tres desexos. Eu, sorprendida, pensei que todo era un soño fantástico dos meus, pero non, todo era realidade. Entón respondinlle: - Que non haxa guerras no mundo, é o que máis desexo de todo, paz para todos; pode facerme ese soño realidade? - Si –respondeu- pero trátame de ti, muller. Sacou unha ramiña de oliveira do peto, meteuna na boca e converteuse nunha pomba. De súpeto, volveuse outra vez aguia. E dixo que xa estaba concedido. - Cal é o teu segundo desexo? - Ir polo ceo, visitar todo o universo, todos os astros e todo o firmamento. - Vale, iso está feito. Fomos montados nunha bicicleta espacial, con dous turbos detrás. Visitamos todo, todo o universo. Canto volvemos á habitación, díxome que lle pedira o terceiro desexo, que tiña que marchar para o ceo, xa que ía amencer. Eu dixen: - Que non te vaias nunca, ese é o meu desexo. - Pero iso non pode ser, teño que marchar, pide outro. - Quero vivir feliz ao longo da miña vida. - Iso si, ese desexo está concedido –dixo con voz moi forte- xa está, xa cho concedín. Eu, moi feliz, díxenlle: - Grazas!, Moitas grazas!. Virás algunha vez visitarme? Non contestou, foise afastando ata chegar ao ceo. Ao chegar alí, a estrela dixo: - Siiiiiiii!!!, adeuuuuuussss!! E entón quedei durmida, pero xusto nese momento entrou miña nai pola porta para que me erguera. De repente, houbo un contratempo que logrou que se fixese outra vez de noite para que eu volvera durmir, ese foi Mago-aguia. Inés Roca Agra. S1D


Intres creativos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

POEMAS

Intres

GALICIA O MEU REFERENTE

Xuño 2005

60

Galicia, es o meu referente, Galicia, sentinte desde o berce por iso non te afastarei da mente aínda que o castelán me espeten. Quérote Galicia , e como boa nai que es, loitarei, loitarei , para que te respecten. A túa bandeira azul e branca alí onde vaia ,ondearei . E as bágoas que esvaran polas fazulas cando de rabia se amosen porque alguén de Ti se mofe, coa túa bandeira ,enxugarei. Mais, non son quen de deter as bágoas cando Ti me acolles, cando Ti me falas. De emoción me enches, non teño palabras... Respóstache o meu corazón abrente, Que, es Ti, Galicia, Ti, o meu referente. EDI C. C.

ÁRBORE Na primavera, cando todo brota, amósa-los teus gromos adornando o teu perfil exuberante! Ti, que nos protexes, no verán, do calor sofocante ... Ti, que donas referente, sen falar, a calquera camiñante ... Despregando harmonicamente o abano das túas pólas, acolles, sen dubidar, ata ás aves migratorias! Bicando o ceo, cos teus saloucos máis altos, os niños acubillas ... E, na lonxevidade es o reflexo da hospitalidade! Ti, Árbore! símbolo da vida e da realidade, quixéramos hoxe multiplicarte! e, aínda máis ... Con esta plantación, perpetuarte! Mais, como non! Comezaremos por respectarte co gallo de que a terra sempre, manteña o seu corazón VERDECENTE! EDI C. C.


Intres Lendarios

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

CONT OS POPULARES CONTOS OS A VISOS D A MORTE AVISOS DA

Saíu unha vez un rato da casa nun día de inverno, e encontrouse cun rato do monte cheo de frío e moi fraco. - ¿E ti cómo estás así tan fraco?-díxolle o rato de casa- Vente comigo , que alí onde eu estou hai sempre de comer sen necesidade de pasar frío nin mollarse para buscar de comer. - ¿E o gato? – Preguntoulle o do monte. - ¡Bo! –respóndelle o da casa. Hai un, pero é como se nada. Sempre está durmido. Ti ven e verás como paso diante del e nin sequera me ve. Foron os dous á casa, e viron o gato durmido diante da porta. Pasou o rato por diante del todo confiado, pero o gato abriu un pouco os ollos, deu un brinco, e o gato quedou entre as uñas e os dentes do gato. O rato de monte que tal viu, deu media volta e dixo: - Vale máis no monte fraco, que gordo no cu do gato.

DEIXA O MUNDO COMO ESTÁ

Un galego e un andaluz están nunha fonda onde só lles puxeron de comer un prato de patacas con carne, estando a carne no lado do galego e as patacas no do andaluz... O andaluz comezou a falarlle ao galego do movemento de rotación do mundo,e, para explicarllo mellor, comezou a mover lo prato, pois o que quería era deixar a carne do seu lado, e namentres dicía: - ¿Lo ves? Así es como gira. Pero o galego, entendeu o xogo, e volteando o prato, coa carne para si berroulle ao andaluz: - ¡Deixa o mundo como está ou féndoche a testa!

61 Xuño 2005

O RA TO DO MONTE E O D A CASA RAT DA

Intres

Un rapaz encontrouse coa morte unha vez, e fixéronse moi amigos. Entón o rapaz díxolle á morte que, xa que eran amigos lle ía pedir un favor: que se podía avisar antes de ir por el, que así podía divertirse mellor. A morte prometeulle ao rapaz que así o faría. Despedíronse, e pasaron mitos anos sen que o rapaz recibira ningún aviso. Pero un día presentouse a morte diante do rapaz, que agora xa ía indo vello, e díxolle que viña por el. O home, todo asustado, díxolle que iso non era o trazaran, que quedara de avisalo con tempo, e que estas non eran as palabras. A morte contestoulle: - ¿Branquexouche o pelo? - Branquexou –contestou o home. - ¿Caéronche os dentes? - Caeron. - ¿Perdiches as forzas? - Perdín. - ¿E logo, que máis avisos querías?


Intres Lendarios

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

CANT ARES DE REIS CANTARES O día de Reis Pero o paso do tempo non perdoa, e todo vai perdendo forza e intensidade , e, como non podía ser menos, os Cantares de Reis tamén foron desaparecendo paseniñamente no ocaso . Por iso, no concello de Boimorto organizouse o día dous de xaneiro a I Xuntanza de Reiceiros, na que participaron arredor de 15 cuadrillas de reiceiros , o número de compoñentes destas variaba dende unha voz e unha gaita, tan só, ata cuadrillas de 20 e 30 persoas. O obxectivo era non deixar morrer esta tradición , demostrar que non é preciso perder as nosas raíces, se nolo propoñemos; a música é par-

Xuño 2005

62

Por todos é sabido que o noso país é lugar de festexos e tradicións . Os galegos aproveitamos a mínima oportunidade para organizar unha alborada e troulear. Como non podía ser menos, o Nadal é unha desas épocas . Dende hai moitos anos en Galicia, a noite do 5 de xaneiro íase cantar Os Reis . Soían vir a Melide, doce, quince ou máis gaiteiros, cada un coa súa panda de mozos, que ían cantando os “reis” polas casas e así pasaban toda a tarde e parte da noite.Tamén ían polas aldeas e nos dous sitios ,a xente dáballes cartos, chourizos, ovos, etc, que é o que todos coñecemos por aguinaldo de Reis.

AGUINALDOS DA TERRA DE MELIDE San Xosé e mais María Eles van para Belén Eles van cantar os reises Cantémolos nós tamén. (para onde daban o aguinaldo) Eiquí nos deron a requenaviva Quen nola deu, moitos aniños viva Eles que vivan e nós que vivamos Roguen a Deus que no ceo nos vexamos (para onde non daban o aguinaldo) San Xosé ía moi triste porque ía polas montañas e María moi alegre co seu fillo nas entrañas Eiquí non deron do demo cousa, de hoxe nun ano estén baixo da lousa. Eiqui non deron, eiqui nos darán o cu da galiña i o rabo do can

te importante da nosa historia. O concurso consistía na interpretación dun cantar por cuadrilla; os mellores serían agasallados cun 1º premio de 300 € e un 2º premio de 150 €. Aínda que o premio non estaba mal, xa que un doce non lle amarga a ninguén, todos os alí presentes creo que tíñamos máis presente que o que primaba era a recuperación da tradición. Esperemos que este obxectivo se vaia logrando pouco a pouco , e entre todos poñer da nosa parte para que as nosas raíces non se vaian perdendo . Un saúdo. Unha melómana da música da terra!

CANTIGA DOS ÁNXELES Anxeliños somos, e do ceo baixamos, Se nos dan licencia os reises cantamos

Déanos señora anque sea pouco un touciño enteiro e a metá de outro

Anxeliños somos, e do ceo vimos, bolsillos traguemos diñeiro pedimos

Que bastantes porcos ten para matar

E denantes das doce a Belén chagaren Eiquí hai señores Que gastan chelina, que nos han de dare a súa prepina E denantes das doce a Belén chegaren Señora casada, señora solteira, torresmos e ovos, queixos da queixeira.


Intres Lendarios

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Dende o outro día a muller foi e díxolle o señor. ¿Con que ollo me viches na feira? Ela mostroulle con cal fora e tiroullo naquel intre.

O outro día era 27 e foi a muller á feira das Cruces de Sobrado e polo ollo que untara viu ao señor do castro que ninguén máis vía. En vez de calar e de non facer caso, chamouno aínda que el non lle falaba.

Ao día seguinte, o rapaz foi ao castro e sentou encima dunha pedra, pousando a cunca mais o molete. Cando quixo erguerse, notou que estaba apegado á pedra, e era que contara na casa o sucedido no monte e non dera tino do segredo que a moura lle encargara. Chegando a noite, oíu unha voz que lle dixo: “Neniño, vaite, que teñen moita pena por ti na túa casa” O rapaz marchou, máis a manteiga e o pantrigo quedaron apegados para sempre. M i r i a m B l a n c o Rodríguez 1º BAC-A

63 Xuño 2005

Neste castro había tamén un señor encantado, e unha vez pasou por alí unha muller que daba peito. O encanto a quen ninguén vía, chamouna para que dera de mamar a un meniño que el tiña e levouna por unha mina moi longa ata unha casa bonitísima. Despois que lle deu de mamar, trouxo o señor unha untura e mandoulle á muller que metera nela os dedos e logo que lle untara os ollos ó neno. Fíxoo así, mais ela sen se dar conta pasou os de-

dos por un ollo seu e dende entón vía por el coma os encantos.

Intres

O CASTRO DE PEDROUZOS (Melide- A Coruña) Din que no castro de Pedrouzos hai tres minas ou vigas: unha de ouro, outra de prata e outra de alcatrán; como non se sabe cal é esta, e tocarlle non se pode, pois todo canto hai no arredor se queimaría, non se anda en busca das outras dúas.

O CASTRO PEDRO (Folladela-Melide-A Coruña) Un rapaciño de Ordes andaba gardando o gando e ao chegar ao castro apareceulle cunha tenda dicíndolle: -Neniño, que cousa é a que che gusta máis disto. -Pois, señora, gústanme estas tesoiriñas. -Ben, ven mañá por elas; pero trae un molete de pantrigo e unha cunca de manteiga, e dareichas.


Intres Musicais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

OS OFICIOS D A MÚSICA DA A música é unha arte, pero tamén é un oficio ao que se dedican moitas persoas para gañar o sustento. A música, como arte en xeral, é unha actividade desinteresada. Esta postura idealista refírese fundamentalmente aos seus motivos máis profundos, pero nesta, como en calquera outra profesión, é posible e desexable unir a vocación persoal á rendibilidade. O traballo ben feito é froito dun afán persoal de superación, aínda que o recoñecemento persoal suporía un importante estímulo engadido. A diferenza entre o profesional e o afeccionado non é tanto de grao como de salario: o profesional cobra polo que fai e o afeccionado non cobra ou incluso paga. A especialización conduciu á segregación de compositores, intérpretes e oíntes, pero son moitos máis os oficios relacionados coa música. Detrás duna orquestra sinfónica, dun teatro de ópera, dunha actuación multitudinaria ou dun disco, hai un gran equipo de profesionais sen os cales o resultado visible non sería posible. Case todos eles teñen que ter coñecementos musicais.

Intres

A Composición

Xuño 2005

64

O primeiro e máis importante para que exista unha actividade musical é crear a música. Na tradición oral e nas súas manifestacións máis antigas, a música era resultado anónimo do facer colectivo. En tempos máis recentes, a función de crear música personalizouse e especializouse enormemente. A creación musical máis libre é aquela que non responde a encargos nin a outras condicións que poidan coartar a fantasía. Este é o caso dos compositores que máis se comprometen coa creación para descubrir novos camiños. En moitos casos, estes creadores tiveron que sobrevivir con outros oficios máis ou menos relacionados coa música, como a docencia, a administración ou o periodismo. Os compositores teñen dereito a percibir unha remuneración pola difusión da súa obra, xa sexa en partituras, discos, concertos, retransmisións, gravacións ou calquera outro medio. En tempos pasados, os creadores non tiñan control sobra estes beneficios económicos, pero afortunadamente hoxe xa non sucede isto, e de todo iso, correspóndelles unha porcentaxe. Os herdeiros conservan os dereitos ata setenta anos despois da morte do autor, e despois as obras pasan a dominio público por lei. As asociacións ou sociedades de autores encárganse de controlar e xestionar estes dereitos a través dunha rede mundial. En España, a Sociedade Xeral de Autores e Editores conta con 53000 socios. En casos contados, os compositores tamén poden recibir un encargo remunerado ou algún premio polo seu labor. Ata o século XIX os compositores traballaban sempre por encargo; hoxe en día os compositores que atenden a demanda da música incidental para cine, radio ou televisión, conseguen grandes beneficios económicos; o seu labor consiste en compoñer músicas adaptadas a cada xénero, a unhas duracións prefixadas e a uns requisitos técnicos moi específicos. Sacrifican parte da súa propia creatividade, pero a reiterada propagación da súa música recompénsalles cun bos dereitos de autor. En algúns conservatorios estranxeiros existe unha especialidade para estudar composición aplicada aos medios. O traballo de composición non sempre é creativo, tamén pode consistir en adaptar, orquestrar ou arranxar temas musicais de outros. Algúns temas son compostos por músicos que só crean a melodía. Para ser compositor necesítase musicalidade, oído e boa memoria. En segundo lugar fai falla ter estilo, técnica e paciencia. Ademais, o compositor debe saber promoverse e debe dedicar a esta tarefa case tanto tempo como á creación. Por motivos de discriminación sexual, aínda son poucas as mulleres compositoras, aínda que o seu número vai en aumento


Intres Musicais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

OS OFICIOS D A MÚSICA DA e a súa presenza é cada día máis importante. Os movementos feministas rescataron nomes de compositoras como Beatriz de Día, María Martínez, María Malibrán, Clara Wieck...

A Interpretación

As actividades musicais xeran unha importante actividade comercial, sobre todo de venta de pianos, instrumentos electrónicos e informática musical. Ademais de vender os seus produtos, as tendas de instrumentos e partituras asesoran aos seus clientes. Hai vendedores especializados que fan demostracións de instrumentos e dos novos inventos que a electrónica vai poñendo en circulación. No campo dos instrumentos musicais tamén exercen a súa profesión os afinadores, os técnicos reparadores, os restauradores e os fabricantes. En España fabrícanse especialmente guitarras e instrumentos folclóricos. Tamén hai construtores de órganos de tubos, continuadores da tradición hispana. Os construtores de instrumentos de corda denomínanse “luthiers” e son persoas que seguen construíndo instrumentos musicais coas súas propias mans. É frecuente a compra-venda de instrumentos de segunda man, que serven durante moitos anos e a veces séculos.

65 Xuño 2005

O Comercio e fabricación de instrumentos.

Intres

A imaxe do intérprete sóese identificar coa do gran virtuoso, que é o que máis chama a atención. O mérito do virtuoso consiste en sobresaír dentro da profesión, por iso son unha elite entre os músicos. Estes intérpretes soen facer carreira como solistas para exhibir ao máximo todas as súas facultades. Os instrumentos melódicos ou cantantes contan sempre con colaboración de pianistas acompañantes. Para alcanzar a cima do virtuosismo é necesario ter grandes facultades musicais e grandes dotes para a actuación en público. Os virtuosos soen cultivar unha imaxe excéntrica para distinguirse aínda máis. O virtuosismo é un fenómeno que produce admiración e rexeitamento ao mesmo tempo. Ademais dos virtuosos, hai outros profesionais da interpretación que son tamén grandes artistas. Poden ser concertistas ou membros de diversas agrupacións. Sóeselles chamar músicos de atril , porque, a diferenza dos solistas, non tocan de memoria, senón lendo a partitura posta no atril. Nos últimos anos creáronse moitas orquestras sinfónicas en España grazas ao apoio das administracións autonómicas e locais, xerando unha oferta laboral estable. Tamén se fundaron orquestras xuvenís, que serven para completar a formación dos futuros músicos profesionais. Dentro dos profesores de orquestra existen diversas categorías. O concertino é o primeiro violín e xefe da orquestra. Cada corda e sección soe ter ademais un xefe propio, encargado de revisar os materiais e de coordinar ensaios parciais se fosen necesarios.


Intres Musicais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

OS OFICIOS DA MÚSICA que os informadores son empregados da redacción.

Intres

Edición.

Xuño 2005

68

A publicación de partituras corre a cargo do copista, que fai uso de programas informáticos para esta tarefa. O copista debe coñecer perfectamente o solfexo, as normas de ortografía e de tipoloxía musical... para preparar coa maior limpeza e corrección o material. Este é un traballo laborioso e lento que require moita paciencia e perfección. Este profesional tamén preparan as partituras das orquestras separando a parte correspondente a cada instrumento, de maneira que o músico só ten no seu papel a parte que lle corresponde interpretar. O único que usa a partitura completa é o director.

A Gravación

As gravacións realízanas produtores musicais, que son os responsables do resultado sonoro. Comproban coa partitura na man os resultados e introducen as rectificacións pertinentes, controlando as mesturas, reverberación, axuste de frecuencias... Dirixen o equipo de gravación, formado por enxeñeiros e técnicos, que son os responsables de manexar os aparatos. O seu papel é creativo e deben ter unha perspectiva da música moi completa. Ás veces interveñen na realización de bandas sonoras de películas, anuncios...O seu papel é fundamental na retransmisión de concertos en directo. Rubén Costoya Sánchez

OS INSTRUMENT OS INSTRUMENTOS DE CORD A CORDA O violín é un instrumento de corda, un dos principais compoñentes da orquestra. O violín nace como unha combinación do rabel e da lira de braccio e comeza a tocarse na Europa do século XVI. Trátase dun cordófono, posto que o son prodúcese ao vibrar as súas catro c o r d a s . Pertence á familia d e corda segundo a clasificación tradicional.O seu tamañ o varía segundo o int é r prete, aínda que os máis habituais miden uns 35 cm de longo. Está feito de madeira e as súas cordas son de metal. O seu doce son realza tanto a música de cámara como a popular ou mesmo o jazz. É un instrumento moi popular debido á súa expresividade. Outro instrumento d e corda moi coñecido p o r todos nós é o vo io l ncheo l, que non é máis ca un viol í n b a i x o q u e se toca entre a s pernas sentado. Este m i d e arredor duns 75 cm. e súa aparición foi un pouco posterior á do violín. Por último, o membro máis grande desta familia é o contrabaixo. Mide uns 2 m. e tócase de pé. Ten, igual que os dous anteriores, catro cordas. E cronoloxicamente podemos situalo paralelo ao violonchelo. Calquera destes instrumentos faise soar cun arco, feito de crins de cabalo, máis tamén se pode tocar punteando as súas cordas.


Intres Musicais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

RA Y CHARLES RAY Ray Charles xorde de novo tras a película «Ray» protagonizada por Jamie Foxx, que nos descobre a apaixonante vida do rei do Soul.

69 Xuño 2005

Quedou orfo sendo menor de idade, pero grazas aos consellos da súa nai soubo gañar a vida polo zona de Florida, tocando o piano en bandas de todo tipo, pero logo se decatou de que desa maneira non crecería musicalmente, e foise á cidade máis afastada de Florida, Seattle. Alí coñeceu a Quincy Jones, daquelas un trompetista adolescente, que quedou pasmado polo oído do pianista e a súa capacidade para orquestrar; foron compañeiros musicais, e na nova cidade Ray chamou a atención do público negro por imitar como ninguén a Nat King Cole e Charles Brown. E alí espertou o instinto comercial do propietario de Swingtime, un modesto selo

dos Ánxeles especializado en música para afroamericanos. As primeiras gravacións de Ray fixéronse en Seattle no 1949, pero ao ano seguinte xa usaba o seu propio nome nos Ánxeles. Swingtime acabou vendendo o contrato de Ray por 2.500$ a Atlantic, a compañía dos irmáns Ertegun, dous turcos fascinados polos ritmos negros. En Atlantic, logrou erotizar o gospel, a música da súa igrexa baptista. O gran escándalo de moitos crentes, volvérono como unha profanación, unha blasfemia. Despois disto Ray Charles comezou co rock and roll onde falaba do sexo sen ningún pudor. Ray sempre foi un mullereiro, xogaba con varias cartas, e o resultado foi unha ducia de fillos...recoñecidos. En 1959 deixou Atlantic despois de recibir un dos mellores contratos da historia: ABC-Paramount pagáballe as gravacións e mostrábase xenerosa no reparto de beneficios, con eles Ray rentabilizou a súa arte, e ademais, comezaba a lanzar a súas interpretacións de cancións country. Esas gravacións establecérono como artista estadounidense, apreciado a ambos lados da barreira racial. Esta compañía tamén tapaba a relación de Ray Charles coas drogas, ata que uns axentes de aduanas encontraron marihuana e heroína no seu coche cando regresaba de Canadá. Foi noticia en todo o mundo, e isto foi o que condicionou a Ray

Intres

Este gran artista naceu (1930) na pobreza, nunha vila de Xeorxia onde os negros pertencían ao grupo dos máis miserábeis. A súa nai, Aretha Robinson, era unha orfa que aos 16 anos quedou embarazada do seu pai adoptivo, que ao pouco desapareceu para fundar outra familia; mentres, Aretha marchou da súa casa e instalouse en Greenville (Florida), onde traballou de lavandeira para sacar adiante a Ray e ao seu irmán pequeno, froito doutra relación, que morreu afogado nun accidente doméstico que deixou traumatizado a Ray, incapaz de reaccionar e socorrelo; na película ese accidente é o evento central da súa existencia. Nove me-

ses despois do accidente, Ray comezou a ter problemas nos ollos: vítima dun glaucoma, aos sete anos xa perdera totalmente a vista. Unha institución para cegos e xordos axudouno a desenvolverse na escuridade, e alí estudou música.


Intres Musicais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

RA Y CHARLES RAY

Intres

á hora de deixar os seus problemas coa heroína, mais seguía consumindo marihuana con tranquilidade.

Xuño 2005

70

Para Ray a súa cegueira non supuxo ningunha barreira ao longo da súa vida diaria. Na súa casa ou no seu traballo desenvolvíase con tanta soltura que moitos visitantes chegaban a sospeitar que

finxía a cegueira. Para ordenar os seus traxes usaba un peculiar sistema, consistía en marcar as solas dos zapatos e os traxes, isto permitíalle coordinar estilos e colores á hora de vestirse. Cociñaba sen axuda e incluso resultou ser un excelente cociñeiro. Foi proclamado O pai do soul, pero sempre mantivo unha distancia respecto a esa música. Durante os seus anos de esplendor non se adaptou ao soul sureño nin se aproximou ao son Motown ou ao son Filadelfia. Ray continuou triunfando con grandes baladas country. Fixo versións dos Beatles e comezou a ser moi familiar entre o público: participaba en comedias dos Blues Brothers ou Leslie Nielsen;

JANIS JOPLIN

aparecía en campañas publicitarias vendendo dende Pepsi-Cola a outros produtos. Ray era unha persoa maior que ía por libre e que perdera o compás estético e ideolóxico dos novos tempos. Nin sequera cando a enfermidade se apodera del, renuncia á música. Pasa os seus últimos meses rematando Genius loves company, a colección de duetos que sería o seu éxito póstumo, e colaborando na película que nos descobre a súa apaixonada vida e na que é interpretado por Jamie Foxx - que grazas a esta extraordinaria interpretación recibiu o pasado 27 de Febreiro o Óscar ao mellor actor- rexurdindo de novo a imaxe de Ray Charles, que permanecerá inmortal entre nós. Natalia R.C. 1ºBAC

(1943-1970)

A mellor cantante branca da historia do blues, e tamén representante do “acid-rock”. Este volcán, nacido nunha pequena vila de Texas (Port Arthur) no 1943, chegou á súa fin un 4-101970, pero a súa alma segue activa. Era unha muller forte, que soportou críticas feroces, algunha delas feita con moi mala intención, que soubo sobrepoñerse a músicos que non tiñan nin unha décima parte do seu talento, era capaz de tumbar bebendo a calquera, e soubo gañar o respecto do mundo machista.

Janis triunfou e gañou. O 12 de agosto de 1970 foi a última vez que Janis se subiu a un escenario, a

derradeira frase que pronunciou foi moi curiosa, foi algo semellante a unha última vontade: “Se aínda vos queda enerxía, ide para a casa e gastádea en amar a quen comparta a vosa vida con vós. Adeus”. Foi unha lenda do rock e do blues, nacida e morta para ser mito, un personaxe inmortal que posuía ese excepcional, inexplicable e cativador punto de tolemia e que facía posible a súa voz cascada, desgarrada, sensual, imperiosa, burlona, desamparada, obscena, vital, agresiva, vibrante... ¡non existen palabras para


Intres Musicais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

RA Y CHARLES RAY

Intres

á hora de deixar os seus problemas coa heroína, mais seguía consumindo marihuana con tranquilidade.

Xuño 2005

70

Para Ray a súa cegueira non supuxo ningunha barreira ao longo da súa vida diaria. Na súa casa ou no seu traballo desenvolvíase con tanta soltura que moitos visitantes chegaban a sospeitar que

finxía a cegueira. Para ordenar os seus traxes usaba un peculiar sistema, consistía en marcar as solas dos zapatos e os traxes, isto permitíalle coordinar estilos e colores á hora de vestirse. Cociñaba sen axuda e incluso resultou ser un excelente cociñeiro. Foi proclamado O pai do soul, pero sempre mantivo unha distancia respecto a esa música. Durante os seus anos de esplendor non se adaptou ao soul sureño nin se aproximou ao son Motown ou ao son Filadelfia. Ray continuou triunfando con grandes baladas country. Fixo versións dos Beatles e comezou a ser moi familiar entre o público: participaba en comedias dos Blues Brothers ou Leslie Nielsen;

JANIS JOPLIN

aparecía en campañas publicitarias vendendo dende Pepsi-Cola a outros produtos. Ray era unha persoa maior que ía por libre e que perdera o compás estético e ideolóxico dos novos tempos. Nin sequera cando a enfermidade se apodera del, renuncia á música. Pasa os seus últimos meses rematando Genius loves company, a colección de duetos que sería o seu éxito póstumo, e colaborando na película que nos descobre a súa apaixonada vida e na que é interpretado por Jamie Foxx - que grazas a esta extraordinaria interpretación recibiu o pasado 27 de Febreiro o Óscar ao mellor actor- rexurdindo de novo a imaxe de Ray Charles, que permanecerá inmortal entre nós. Natalia R.C. 1ºBAC

(1943-1970)

A mellor cantante branca da historia do blues, e tamén representante do “acid-rock”. Este volcán, nacido nunha pequena vila de Texas (Port Arthur) no 1943, chegou á súa fin un 4-101970, pero a súa alma segue activa. Era unha muller forte, que soportou críticas feroces, algunha delas feita con moi mala intención, que soubo sobrepoñerse a músicos que non tiñan nin unha décima parte do seu talento, era capaz de tumbar bebendo a calquera, e soubo gañar o respecto do mundo machista.

Janis triunfou e gañou. O 12 de agosto de 1970 foi a última vez que Janis se subiu a un escenario, a

derradeira frase que pronunciou foi moi curiosa, foi algo semellante a unha última vontade: “Se aínda vos queda enerxía, ide para a casa e gastádea en amar a quen comparta a vosa vida con vós. Adeus”. Foi unha lenda do rock e do blues, nacida e morta para ser mito, un personaxe inmortal que posuía ese excepcional, inexplicable e cativador punto de tolemia e que facía posible a súa voz cascada, desgarrada, sensual, imperiosa, burlona, desamparada, obscena, vital, agresiva, vibrante... ¡non existen palabras para


Intres Musicais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

JANIS JOPLIN

Intres

71 Xuño 2005

describila!, podemos describir a Janis enteiramente como ALMA. É a súa alma núa e limpa o que se percibe cando canta blues. Foi a raíña das emocións ocultas, a voz dos corazóns torturados, unha muller que non parecía deste mundo. Janis Joplin veu ao mundo, e o mundo namorouse dela. Cando cantaba poñía o seu corazón, a súa alma e a súa vida na canción. Berraba, retorcíase, choraba, facía uso do pracer e da paixón... era sentimento puro o que exhalaba a súa voz. Ao remate dun concerto, estaba empapada en suor... Morreu con apenas 27 anos porque quixo vivir ao límite, experimentar todo o posible e vivir a vida fóra do escenario coa mesma intensidade coa que actuaba sobre el. Por iso se dixo de ela que non cantaba...”Janis sangraba”. A súa música está feita para a emoción, para chorar, saltar, berrar e, sobre todo, gozar deste tesouro que nos deixou o mundo. Janis Joplin foi unha moza extraordinariamente intelixente, sensible e cunha gran capacidade para aprender coñecementos novos, pero precisamente por esa mesma tendencia do seu carácter receptivo á comprensión e á aceptación de todo aquilo que vía e sabía, era enormemente vulnerable en tanto que calquera demostración de hostilidade ou de incomprensión cara a ela, facíaa sentirse rexeitada, e aquilo producíalle unha gran sensación de confusión e de dor. Isto explica a súa acusada tendencia a quitar a dor que lle producía sentirse rexeitada con sustancias depresoras do sistema nervioso, é dicir, alcohol e drogas. Ela seguía a “ecuación”: música-drogas. Tiña calidades como persoa culturalmente inquieta, que lía todo o que caía nas súas mans e que buscaba nas conversas cos seus compañeiros o debate. Como todo gran artista, como todo gran talento, foi capaz de crear unha nova linguaxe, de reinventar a música e todo o que a rodeaba, como ela soubo facer no rock americano dos anos 60 e que nunca coñeceu o medo a transgredir, a innovar, a ser ela mesma; a súa personalidade nunca foi lineal, nin previsible, nin axustada ao tipo de perfil no que podemos encarar á maioría das persoas. Janis Joplin é a día de hoxe un mito, unha lenda e un personaxe inmortal porque, sen dúbida, ela posuía ese punto de tolemia cativador que tal vez conlevaba de maneira inequívoca a xenialidade que envolvía a súa inimitable forma de cantar, de interpretar e de sentir a música, e que a envolvía a toda ela. “Perla” (como lle chegaron a chamar os seus amigos) chegou a ser un personaxe a cuxa figura podemos aproximarnos desde puntos de vista moi deferentes, e en cada un deles, vela á súa vez desde diferentes caras. Nela atopamos unha alma que, a través da forza da súa voz e o seu sentimento foi recoñecida como unha das intérpretes de blues e rock máis grandes que existiron xamais, á altura de nomes como os de Bessie Smith, Sarah Vaughan ou Billie Holiday. Deixaba a súa pel, os seus sentimentos e a súa vida en cada canción. O blues, unha música que é imposible tocar se non se sente no máis profundo do corazón, cobrou unha dimensión completamente nova na voz de Janis. Estremecía, conmocionaba e impactaba como ningunha, porque vela cantar era vela sentir con tal intensidade a música que era imposible non darse conta de que estaba deixando anacos da súa propia vida en cada escenario. Unha vida que non foi fácil, porque outro dos prismas desde os que podemos intentar coñecer a Janis é desde a vida dunha moza nacida e criada no seo dunha sociedade


Intres Musicais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

ENTREVIST A A UN SUPERVIVENTE D A ENTREVISTA DA “MO VID A MADRILEÑA VIDA MADRILEÑA”” “MOVID 1. Define á xuventude madrileña da época: Despois da morte de Franco, comeza a abrirse esa porta da liberdade que nunca estivera aberta, con isto comeza o interese por todo. Había unha gran diversidade en canto ao estilo da xente que, segundo el, saía en “pandilla”, denominábanse “tribos urbanas”, había moitos tipos, entre eles: os “rockers” que eran un estilo como os protagonistas da película Grease. Os da “new wave”, eran os innovadores da época, moi parecidos aos compoñentes do grupo musical Durán, durán. Os “punkys” os “heavys”, e…agora mesmo non lembro máis, estes eran os máis comúns.

se fala na actualidade dela? moi próximo, así que recórdase os que non a viviron non do, un claro exemplo disto é cisco, o nacemento dos recorden e se fale deles, os falar diso tal e como foi.

4.¿Que música se escoitaba pola rúa? Como agora, había moitos tipos de música desde Elvis ata o máis moderno, pero os grupos e artistas que máis éxito tiñan eran: Dentro do heavy e do rock, estaban: Led Zeppelin, AC / DC, Iron Maiden, Barón Rojo, Burning, Leño, Eric Clapton, Emmerson... Entre o pop, había maioritariamente nacionais: Mecano, Radio Futura, Loquillo y los Trogloditas, Gabinete Calligari, Alaska y los Pegamoides, Ramoncín el rey del pollo frito…A maioría da música era de importación, tamén a había española, pero creada por influencia da estranxeira. 5.¿Consideras estes anos algo que se debe lembrar ou polo contrario como algo pasaxeiro sen a máis mínima importancia? Os que estivemos alí para vivila claro que a debemos lembrar, foi a nosa xuventude, pero os demais aínda que a queiran recordar, será diferente. Non é o mesmo vivilo que escoitalo. Algo como a movida habería que vivilo para poder falar de como foi realmente. 6.Dime en poucas palabras unha definición da movida: Irrepetible para aqueles que a vivimos. Tras a saída da ditadura, comezamos a coñecer cousas que xamais imaxinamos que puidesen chegar a existir no Madrid dos 80. Unha época innovadora e, sobre todo, experimental. Verónica Mouriño Sesto. B1B.

73 Xuño 2005

3.¿A movida foi tal e como Si, penso que si, é algo bastante, aínda que penso que saberían lembrala como é debio dos anos 60-70 en San Franhippies, que aínda que se que non o vivimos non podemos

pecial que non teña a de agora? busca da súa liberdade e das súas moitos anos de imposición. Eratos desa ousadía a falta de idade tiñamos e unha cambio cousas por ten todo o que liberdade, nin ningunha chados nun ámbito consumista cousas novas.

Intres

2.¿Esa xuventude tiña algo esEsa xuventude reaccionou en canles de expresión despois de mos novos e estabamos repleprovocadora que sempre nos dá e a ausencia de prexuízos, non nada que perder nin que gañar, cidade, por fin, aberta ao onde quedaban moitas facer. A xente de agora xa quere e non valora esa outra cousa, eles están pee non fan nada por buscar


Intres Musicais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

MELENDI

Xuño 2005

74

O 21 de xaneiro abría os ollos en Oviedo un meniño que levantaría paixóns... ¡boas e malas! Puxéronlle Ramón, pero, por aquel entón, el xa prefería que o chamaran polo seu orixinal apelido: Melendi. ¡Iso xa indicaba que quería ser diferente aos demais!. E sempre loitou por conseguilo... Súa irmá, un ano e medio maior que el, era a rapaza perfecta e exemplar da casa. En cambio, Melendi era o rebelde, o anti-cole, o lacazán... ¡Tiña todo o que seus pais non aturaban! Mira que sufriron con el... ¡Cantas noites sen pegar ollo esperándoo na porta! ¡Cantas cartas do director con queixas polo seu mal comportamento! De pequeno, quería ser futbolista e chegou a xogar no equipo da súa cidade, inda que xa escondía unha vocación, a música. Melendi tívoo clarísimo. Deixou os estudos, ben, máis ben invitárono a abandonar o instituto polas súas trasnadas... E comezou a traballar de camareiro e pizzeiro. Foi entón cando comezou a frecuentar locais nocturnos e a meterse na música máis que nunca... En canto puido, independizouse en Oviedo, inda que non deixou de dar tumbos. E é que Melendi quería dedicarse á música, pero non tiña cartos e estaba só... Fixo moitas trasnadas. Foise a Segovia a traballar nunha feira de xamóns e chegou a fuxir a Ibiza ¡por unha rapaza! Menos mal que en xaneiro de 2001 atreveuse por fin a montar un grupo: “Bosque de Sherwood”. Loitou por sacalo adiante, mesmo deron varios concertos en Oviedo, pero non saíu ben...¡Non podía tirara toalla!e decidiu escribir tres temas super persoais: “Sin noticias de Holanda”, “Vuelvo a traficar” e “El informe del forense”.E gravou unha maqueta na súa casa por se algún día alguén quería escoitala. Unha tarde de abril de 2002 Melendi estaba traballando de camareiro nun local e viu entrar o responsable dunha discográfica. Viña facerlle unha proba a un compañeiro, pero el aproveitou para tocar os seus temiñas e ensinarlle o seu estilazo. O cazatalentos alucinou e viu nel unha futura estrela do pop flamenco e a rumba canalla. Por iso, á semana seguinte chamárono para darlle un notición...¡Íase a Madrid a gravar un disco! Entre agosto e setembro do 2003, meteuse nos estudios Oasis e deixou a pel para que o seu primeiro álbum vira a luz.¡E viuna!A discográfica non lle fixo moita promoción e case ninguén o coñecía ao principio, pero Melendi non parou de traballar ata conseguilo.¡E arrasou co seu disco!E iso que dicían que era lacazán e un rapaz malo. Pois demostrou que diso non tiña nada. Tania e Nuria

O irreverente cantante de Oviedo, Ramón Melendi é capaz de refundir a rumba máis canalla co flamenco rock máis auténtico. Apuntaba maneiras para ser futbolista, pero a guitarra, sen dúbida, golpeoulle o corazón. O seu primeiro disco “Sin noticias de Holanda” logrou alcanzar os primeiros postos nas listas de venta grazas ao tema “Con la luna llena”, sintonía oficial da volta ciclista a España 2004. A continuación, “Que el cielo espere sentao” xa está na rúa dende o pasado mes de abril. Abandonadas as rastas e adoptando un look máis atractivo, presenta como credencial o que será unha nova bomba, o seu primeiro sinxelo “Caminando por la vida”, unha rumba de aire optimista que cala fondo á primeira. Ana Méndez Asorey. B1A.


Intres Musicais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

CANT ANTE OR, POET A ... CANTANTE ANTE,, COMPOSIT COMPOSITOR, POETA Joaquín R. Martínez Sabina nace en Úbeda (Jaén) en 1949, e con só catorce anos comeza a facer os seus primeiros poemas e a ler autores como Marcusse, Proust...

pero pensade que son case trinta anos de carreira profesional. O seu primeiro elepé “Inventario” ve a luz en 1978, e a partir de aquí sucédense os discos, en 1980 “Malas compañías”, “La Mandrágora”

75 Xuño 2005

conquistador nato, tivo dúas fillas con Isabel Oliart. A súa saúde... precaria; no 2001 sofre un leve infarto cerebral, o que o leva a tomar unha gran decisión, isto dixo na súa biografía: “Seguramente cerrará alguna fábrica de tabaco por mi culpa, porque, señores, están viendo a un ex-fumador “. No 2003 diagnostícanlle unha grave lesión nas cordas vocais. Os rumores que falan da súa suposta adición a drogas como a cocaína sempre foron en aumento e incluso se chegou a dicir que o seu deterioro físico era porque padecía SIDA, algo que nunca se chegou a confirmar. Da súa faceta como cantante, quizais a máis coñecida, vou intentar resumila o máximo posíbel,

Intres

Aos dezaseis anos forma a súa primeira banda, “Merry Youngs”, que versionaba a Elvis, Chuck Berry, etc. Nun principio matriculouse na Universidade de Granada para estudar Filoloxía Románica, pero en 1968, durante o estado de excepción, seu pai, comisario de policía, recibe a orde de detelo. Tense que exiliar ata o ano 1977 en Londres por pór un cóctel molotov nunha sucursal bancaria como protesta polo proceso de Burgos. Da súa época inglesa, son moitas as anécdotas que conta, actuou ante George Harrison no seu aniversario, recibindo unha propina de cinco libras, e durante dous anos foi “squatter” (ocupa). De volta en España, comeza a actuar en pequenos pubs madriliños e aparece en programas de televisión que

lle van dando certa fama. O máis destacable destes comezos foron as súas actuacións en “La Mandrágora” con J.Krahe e Alberto Pérez. Como dato a destacar, direi que antes que como cantante, no mundo da música foi coñecido como gran compositor. En 1979 Antonio Flores grava unha canción de Sabina, “Pongamos que hablo de Madrid” converténdoa en número un dos 40 principais. Serían moitos os que posteriormente tamén se beneficiarían do talento de Joaquín: Miguel Ríos, Ana Belén... É coñecido o seu labor socio-político, participa nas festas para o referendo da OTAN, actúa en mitins políticos, etc. En 1986 temos a primeira referencia poética de Joaquín, a Deputación de Granada publica “De lo contado y sus márgenes” con poemas escritos inéditos. Será no 2000 cando apareza a súa primeira biografía autorizada Joaquín Sabina. Perdonen la tristeza, de Javier M. Flores. Desde logo é un home polifacético; fixo pequenos papeis en series de televisión e en películas de cine, a última no ano 2004, “Isi & Disi”, escribe tamén unha columna semanal en Interviu, titulada “Esta boca es mía”, tamén se dedica á hostalería, se pasades por Madrid non deixedes de ir á “La Cantina de la Mordida”. Da súa vida privada, só resaltar que baixo esa aparencia de home débil e incluso pouco atractivo, está un


Intres Musicais

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

CANT ANTE OR, POET A ... CANTANTE ANTE,, COMPOSIT COMPOSITOR, POETA

Xuño 2005

76

(1981), “Ruleta Rusa” (1983), “J.S y viceversa” (1985), en 1987 consolídase o seu éxito vendendo 500.000 copias de “Hotel, dulce hotel”, sucédense os éxitos: “El hombre del traje gris” (1988), “¡Con un par!” (1990), chega ao millón de copias con “Física y Química” (1992) e en 1994, feito histórico en España, sae á venda “Esta boca es mía” da

que se venden 80.000 copias na primeira semana; pasa o mesmo con “yo, mi, me, contigo” (1996). No 98 canta, xunto a Fito Páez “Enemigos íntimos”, e como se o título fose unha premonición, as discrepancias entre os dous cantantes fixo suspender a xira. En 1999 publicouse “19 “Los ingredientes que debe reunir una buena canción son una buena letra, buena música, buena interpretación y algo más. Ese algo más, nadie sabe en qué consiste, pero es lo que te llega dentro”. Joaquín Sabina.

días y 500 noches” (o meu favorito), que gañou catro Premios da Música da SGAE (incluíndo mellor autor, artista pop, disco e canción) ademais de conseguir o Ondas 2000 á mellor canción. No 2002 aparece “Dímelo en la calle” e no 2003 artistas femininas interpretan algunhas das súas cancións en “Sabina entre todas las mujeres”. Na actualidade está colaborando en discos como “Neruda en el corazón”, “y todo vanidad” e con artistas como Café Quijano. E algo do que está moi orgulloso, encargáronlle a composición do single do Himno do Centenario do Atlético de Madrid, “Motivos de un sentimiento”. María Taboada. B1A.

BELIND A BELINDA Belinda é unha rapaza que cos seus 15 anos xa está triunfando en parte do mundo co seu primeiro disco que se chama coma ela. Naceu o 15 de Agosto do 1989, polo que é Leo, en España, pero con 4 anos marchou para México!! Por iso se considera mexicana, aínda que os seus avós son españois. Mide 1´67 cm. e pesa 50 Kg. Nos seus días libres gústalle compoñer cancións e saír coas súas amigas a festas como calquera moza da súa idade. Tamén lle gustan moito os deportes extremos, ir de compras e, sobre todo, ama a súa música. Soña, como case todo o mun-

do, coa paz mundial e con que a súa música chegue aos corazóns de todas as persoas. Odia o maltrato aos animais, porque ela ten un chihuahua chamado Bambi, que lle fai moita compañía e divírtese moito coas súas trasnadas. Tenlle medo ás inxeccións. Por todo isto e pola súa música é xa un modelo a seguir polas rapazas novas. No seu disco aparecen 14 cancións incluíndo unha con Andy y Lucas, No Entiendo. Despois de gravar este vídeo xuntos fixéronse moi amigos, a ela impresionoulle o talento dos gaditanos. Trata temas sobre todo amoro-

sos, que combina con música pop-rock. Olalla Vázquez Varela, Marta Pájaro Varela, Iria Arias Pintor.


Intres Deportivos

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

FERNANDO TTORRES ORRES

Nestes intres a Liga das estrelas non pode estar máis interesante. F.C.Barcelona e Real Madrid son os principais clubs que están en boca da xente á hora de formular as apostas con respecto a onde irá parar o título ligueiro. A miña opinión, baseada na realidade da clasificación, é que o título ligueiro finalmente será acadado polo Barça, xa que é un equipo moi sólido comezando polo porteiro que, con Casillas, é dos mellores de España. A defensa esta marcada por xogadores de tanta autoridade e potencia como Puyol. No Centro do campo destacan a calidade e visión de xogo de Xavi que acadará o seu froito en forma de goles coa dianteira mellor do mundo. Son moitos os puntos que separan a este equipo dos “Galácticos” de Florentino Pérez. Non vexo capaz o Madrid de acadar o liderato a pesar de contar con figuras tan determinantes como Zinedine Zidane, Luís Figo, Ronaldo...que contan coa fama mundial tanto polas súas actuacións coas seleccións como polo seus anuncios publicitarios. O DEPOR estou practicamente seguro de que acadará postos de Europa porque ten que demostrar que segue sendo un dos mellores clubs en todo o mundo. Remato facendo referencia á abraiante tempada do Celta de Vigo e a situación dos demais equipos galegos. Coido que para o próximo ano poderemos gozar do derbi que tanto nos gusta aos afeccionados galegos. Non está en tan bo momento o Pontevedra que, como non poña as pilas, non vai manter a categoría o próximo ano. Tamén é certo que está a ser moi prexudicado polas situacións arbitrais e pola mala sorte. Respecto ao Racing de Ferrol, coida destacar a impresionante actuación de Mario Bermejo, o “pichichi” da segunda división. O Racing fixo unha primeira volta moi boa e agora parece ver cumprido o seu obxectivo, a permanencia. RAFA.1ºBAC C.

77 Xuño 2005

ANÁLISE D A LIGA DA

Intres

Este rapaz con só 20 anos xa se converteu nunha estrela futbolística e en todo un ídolo para todas nós. Naceu o 20 de marzo de 1984 na cidade de Madrid, aínda que ten raíces galegas xa que os seus avós son de aquí, concretamente da pequena aldea de Gastrar, onde tamén comezou o seu interese polo fútbol con só catro anos. É un dos moitos futbolistas solidarios, pertence a moitas ONGs e sobre todo gústalle axudar aos máis pequenos, por exemplo este pasado Nadal participou na campaña “Un neno un xoguete”. Ademais participa coa Fundación Talita, con Crecer Xogando, con Oliver Mayor e na organización do tamén deportista Lance Amstrong. O grupo que máis lle gusta é “El canto del loco” e ademais é moi amigo de Dani, o cantante do grupo. Sempre intenta ir a todos os concertos e o último CD que comprou foi o seu directo. Moitos din del que é o Beckham español, xa que ademais de ser o ídolo das rapazas é o exemplo a seguir dos rapaces. Son moi coñecidos os seus cortes de pelo: mechas louras, extensións, cresta, pelo de punta… ademais de todo isto encántalle a moda, entre os seus favoritos están Custo, Replay, Dolce & Gabbana, Hugo Boss e Pepe Jeans, do que é imaxe este ano!!! A pesar de todo isto el afirma que non gasta moito diñeiro en roupa, que só compra o que lle senta ben. Ademais da roupa gústanlle os reloxos grandes. Cando chegou á maioría de idade, cumpriu un dos seus antollos: sacar o carné de conducir, sacouno con bastante facilidade. Ao conseguilo comprou un impresionante Porsche, aínda que o acaba de cambiar por un potente Hummer. No seu tempo libre ten unha adicción: a Play Station. Torres non ten suficiente co seu traballo e cando chega á casa engánchase á máquina. Ademais outra das súas afeccións é xogar ao billar, que por certo se lle dá moi ben. Olalla Vázquez Varela, Marta Pájaro Varela, Iria Arias Pintor.


Intres para desconectar

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

“UN POUCO DE FÍSICA ...” FÍSICA...” A LLei ei de Murphy Murphy.. Baseándonos en que os gatos sempre caen de pé e as tostadas polo lado da manteiga (unha das leis de Murphy); se atamos unha tostada ó lombo dun gato, untámola e deixamos caer o felino, ¿Por que lado o fará?

Respostas:

1. Obviamente non cae, ao ser a lei de Murphy inquebrantable ao igual que a lei da gravidade, quedarán suspendidas no aire xirando eternamente. 2. Todo depende do prezo da alfombra, se custou un “wevo” mancharase de manteiga. Se o gato e a alfombra son persas, é probable que se alíen para evitar a mancha.

Intres

3. Hai un caso no que non se cumpre a lei de Murphy: “Ao realizar o experimento só, e sen medios para acreditalo”.

Xuño 2005

78

Exames de instituto

Respostas de exames de instituto

-A catedral de León: Foi construída polos romanos grazas a un arquitecto americano. - Formación das cordilleiras: As montañas non se forman en un ou dous días, tardan moito tempo en formarse. - ¿Que é a atmosfera?: A atmosfera é o sitio onde se encontran os procesos atmosféricos como as nubes. Nesta parte prodúcense os raios sísmicos, que son aqueles que producen os terremotos e o temblamento da terra. - Movementos do corazón: De rotación ao redor de si mesmo e de traslación ao redor do corpo. - Círculo: É unha liña pegada polos dous extremos formando un redondel. - Averiguar se é primo o número 2639: Pa´ min este número é primo porque creo que non hai ningún número que dividido por este número que é 2639 nos dea exacto. Se vostede ve que está mal corríxao. - Primeira lei de Mendel: Mendel era un home que durante toda a súa vida dedicouse ó cruce das plantas. Das súas experiencias fixo un libro pero publicárono nunha encadernación mala e a xente non se enterou. Despois de Mendel dúas persoas descubriron o mesmo que el sen sabelo e viron que perderan o tempo inutilmente. -O anarquismo; É unha ideoloxía racional e astrinxente.





Intres para desconectar

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

FACER FELIZ A UNHA MULLER É DO ADO DOADO ADO.. SÓ NECESIT AS SER: NECESITAS Amigo Compañeiro Amante Irmá Pai Mestre Educador Cociñeiro Mecánico Decorador E sobre todo moi solvente!!

Estilista Sexólogo Psicólogo Audaz Prudente Simpático Atlético Cariñoso Atento Intelixente

Creativo Doce Ambicioso Forte Comprensivo Tolerante Capaz Valente Fiable Apaixonado.

Intres

Da mesma forma , hai que poñer atención en:

Xuño 2005

82

a.- Non ser celoso, pero tampouco desinteresado. b.- Levarse ben coa familia, pero non prestarlle máis atención que a ela. c.- Darlle un espazo, pero ao mesmo tempo preocuparse por onde andou.

Recordar as datas de/a: Aniversario Aniversario de noivos Aniversario de voda Graduación O santo Menstruación Primeiro bico Compromiso Aniversario do irmán máis apreciado Aniversario dos avós E da amiga máis querida.

E seguir isto ao pé de letra non asegura o 100% da felicidade dela, xa que isto pode levar a que se sinta inmersa nunha vida sofocante causada pola perfección.

E FUGARSE CON CALQUERA DESGRACIADO VIVIDOR QUE ESCONTRE POR AÍ. DIXO DEUS: ¡AMÁDEAS! PERO NUNCA DIXO QUE HABÍA QUE ENTENDELAS.

Facer feliz un home é moito máis doado: Sexo Comida



Intres para desconectar

Intres

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Xuño 2005

84

UN ADEUS Á ROLEY

VIDEO XOGOS VIDEOX

Seguro que moitos de vós ao ler, ver ou simplemente escoitar este nome, A Roley, xa saberedes ao que me estou a referir ou, mellor dito, do que vou falar neste novo número de Intres , pero para quen non o saiba, estoume a referir á hamburguesería máis popular e coñecida en Melide. Aínda que os máis cativos non a coñeceredes, e refírome a non visitala con frecuencia, como a visitamos os da miña idade. Pero vós, os outros, si que sabedes que local é este, porque... ¿quen non foi algunha vez comer á Roley? ¿Quen non pasou a comer un sábado á noite antes de ir para a casa? Pois, o que máis e o que menos, xa pasamos todos, ¡e como se agradecían eses bocadillos, as patacas fritas con salsa rosa...! Eses si que eran almorzos antes de ir para a casa. Non sei o que fariades vós cando tiñades tempo libre, pero seguro que tiñades un local preferido para pasar a tarde ¿si ou non?, pois o meu local, como o dos meus compañeiros, era a Roley. Nós alí pasamos tardes de verán, de inverno... etc. naquel curruncho onde pasabamos desapercibidos da xente que entraba, e, sobre todo, ese local era onde iamos fumar os nosos primeiros cigarros ás escondidas dos nosos pais, e o noso amigo Manolo, o dono da Roley, non lles dicía nada, sempre nos encubría en todo. E con isto, o que quero é transmitir un Adeus á Roley e un ata sempre a Manolo e á súa Senhor (señora), seguro que vos estaredes a preguntar ¿por que un adeus? porque a Roley pechou as súas portas para sempre, e ¿cando pechou? pois esta Semana Santa. ¡¡¡ADEUS, ROLEY!!! ¡¡¡ATA SEMPRE, MANOLO!!! Ángel Neira Carril

Se hai un xogo que merece a categoría de clásico, é, sen dúbida, “Los Sims”, un simulador social que ten o honor de ser o videoxogo máis vendido da historia. Os fans deste particular “Gran Hermano” están de noraboa, posto que unha nova edición sairá á venta proximamente. Ana Méndez Asorey. B1A.

TELEFONÍA MÓBIL Por fin o oviño con cámara!! Si!! Como o les, Siemens sacou o oviño con cámara (SL65), o móbil máis esperado. Posúe un orixinal deseño con tapa deslizante que, ao abrirse, descobre un teléfono coas últimas prestacións, cámara de fotos e de vídeo!! Agora agardaremos polo oviño con cámara e mp3!! Ana Méndez Asorey. B1A.

OS ADOLESCENTES Nestes tempos estanse a observar moitos malos tratos a causa dos homes que só nos queren ás mulleres para que traballemos e fagamos o que eles queiran. Tamén existen problemas de embarazos entre adolescentes, que se preocupan diso cando o problema non ten remedio. A xuventude quere ter un corpo que se axuste á moda, un corpo de modelo. Deixan de comer para perder peso e fan moito exercicio para adelgazar e isto trae como consecuencia enfermidades como a bulimia e a anorexia, que poden producir incluso a morte. Así que ¡vivide a vida!. Natalia Penas Mato S3B.


Intres do Instituto

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

AFORRO ENERXÉTICO Durante o presente curso estivo a funcionar un grupo de traballo que baixo o título “¿É posible un modelo económico sostible sen eficiencia e aforro enerxético?” . As principais conclusións ás que chegou son as seguintes:

Intres

Reafirmámonos na importancia que para a comunidade educativa, e nomeadamente para o alumnado, teñen todos estes temas relacionados co aforro enerxético, coa eficiencia enerxética, cos modelos económicos posibles e co desenvolvemento sostible.

Xuño 2005

86

Constatamos a potencialidade, que para a introducción destes aspectos nas preocupacións do alumnado, posúe o traballo interdisciplinario e globalizado, ademais de como mecanismo de presentación da complexidade e implicacións da problemática medioambiental. Salientamos a necesidade de introducir prácticas de aforro e eficiencia enerxética nos centros, como un medio máis para concienciar ó alumnado en particular, e á comunidade educativa en xeral, sobre a virtualidade destas prácticas para aspirar a un desenvolvemento económico respectuoso co medio ambiente. Asumimos a importancia de iniciar canto antes, no momento en que chega alumnado novo ó centro, as actuacións neste campo para que no decorrer do tempo se vaian sedimentando actitudes e valores que asuman a importancia que para o futuro terán as prácticas de aforro e eficiencia enerxética. Comunicamos que a realización dunha auditoría enerxética ó Centro, por parcial e imperfecta que sexa, é de vital importancia para descubrir usos e prácticas contraindicadas e incidir nas medidas convenientes que impliquen un maior aforro e un uso máis eficiente da enerxía sen perda de confortabilidade. Informamos á comunidade educativa sobre a importancia de practicar, no Centro, nos fogares, no Concello, en calquera instalación sexa residencial ou non, medidas de


Intres do Instituto

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

AFORRO ENERXÉTICO eficiencia e aforro enerxético. Subliñamos a necesidade de abordar desde unha óptica interdisciplinaria os estudos sobre estes temas, e salientamos a oportunidade que isto pode supoñer para o aumento da c o o r d i n a c i ó n interdepartamental no Centro.

Apoiamos o uso e a potenciación de fontes de enerxía renovables (eólica, solar térmica, solar fotovoltaica, mareomotriz, xeotérmica e biomasa) no camiño de conseguir alternativas enerxéticas viables ás fontes de enerxía convencionais (petróleo, carbón e gas natural). Neste sentido anceiamos que as alternativas enerxéticas consideradas de futuro por constituír fontes enerxéticas limpas, razoablemente seguras e, practicamente, inesgotables, como son a xeración de hidróxeno como combustible a partir de fontes renovables e a obtención de enerxía eléctrica a partir da reacción nuclear de fusión, sexan impulsadas polos poderes públicos, aportando fondos para a investigación que faciliten e impulsen a introducción de financiamento privado en I+D nestes campos1 , no camiño de obter estas fontes de 1 Sabemos que cando se aposta decididamente por unha tecnoloxía, invertindo o que sexa necesario, aportando recursos humanos e materiais provintes tanto do ambito estatal como privado, os resultados non tardan en aparecer. Temos o caso paradigmáticos das baterías para os terminais da telefonía por onda. Cando se descubriron oportunidades de negocio e se apostou fortemente por esta tecnoloxía aoportando fondos e recursos para a investigación, pronto se produciron os resultados desexados.

87 Xuño 2005

a) Suficiencia: hai que consumir menos, é básico transmitir esta idea ó alumnado. b) Eficiencia: hai que facer máis, producir máis con menos enerxía; hai que introducir na sociedade as ideas e a filosofía do chamado factor 4, que consiste, basicamente, en duplicar o benestar coa metade dos recursos naturais. c) Na aposta decidida polo desenvolvemento das enerxías renovables. En consecuencia:

Intres

Declaramos que non será posible un desenvolvemento económico sostible, respectuoso coa Natureza, se non se practican da forma máis eficaz posible medidas de aforro e de eficiencia enerxética. Neste sentido aspiramos á introducción dun novo modelo enerxético baseado nos seguintes aspectos:


Intres do Instituto

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

AFORRO ENERXÉTICO enerxía o antes posible2 . Reclamamos que as Administracións públicas, e preferentemente para nós a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, asuman as prácticas de aforro e eficiencia como un factor máis de calidade nas súas actuacións e actividades. A ninguén se lle escapa o extraordinario efecto negativo que transmiten e a imaxe de descontrol e malgasto que trasladan, certas conductas, certas formas de proceder e actuar que se producen nas oficinas e dependencias públicas, con total desprezo deica prácticas e usos enerxéticos minimamente comprometidos coa saúde medioambiental do planeta.

Xuño 2005

Intres

Recomendamos á Dirección do centro que, na medida en que os recursos orzamentarios o permitan, tome medidas encamiñadas a aumentar as prácticas de aforro e eficiencia enerxética no Centro. Entre outras propoñemos: a) Instalar progresivamente termóstatos nas súas dependencias. b) Apagar algúns radiadores situados preto das portas de acceso nos corredores da 88 planta baixa. c) Colocar entre as paredes e os radiadores paneis de chapa de madeira forrados de papel de aluminio en todos os radiadores do Centro. d) Instalar progresivamente balastros electrónicos nos equipos de iluminación. e) Instalar sensores de apagado automático en certas dependencias do Centro. f) Adquirir paneis fotovoltaicos de silicio policristalino para uso didáctico. Como unha das actividades da campaña de concienciación que se desenvolveu entre o alumnado convocáronse dous certames dos que a seguir imos a dar unha moi breve referencia: A título individual foi convocado un concurso para elaborar e deseñar unha postal de nadal que estivese centrada no aforro enerxético, ou ben no malgasto que as veces se fai da enerxía. O gañador foi o alumno de 4º de ESO Alberto Vilariño Tarrío. O seu pre-

mio consistiu nun lote de pilas recargables co seu correspondente cargador. ¡Parabén! A título colectivo convocouse un certame entre os grupos de 1º e 2º de ESO. O obxectivo era practicar na aula medidas de aforro e eficiencia enerxética. A clase que resultou gañadora, por estreito marxe pois todos os grupos tiveron un comportamento excelente, foi a de S1D. O premio consistiu nunha viaxe á vila ourensá de Allariz. Visitouse

a fermosa vila así como diferentes instalacións relacionadas coa xeneración de enerxía eléctrica (central de biomasa e minicentral hidráulica), con actividades e industrias tradicionais (museos do xoguete, de fábricas de curtidos e do proceso do liño) ou con oficios relacionados co agro e a gandería (ecoespacio do Rexo). Miguel A. Rodríguez Méndez Coordinador

2 Consideramos que o proxecto internacional ITER (Reactor Internacional Termonuclear Experimental) pode ser, en tanto que suporá, de ter éxito, a solución do problema enerxético do mundo, o inicio do fin das restriccións enerxéticas ó desenvolvemento económico.


Intres para desconectar

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

ENCRUCILLADOS ...E SOP AS ENCRUCILLADOS...E SOPAS ENCRUCILLADO Verticais 1. Tipo de vivenda 3. Sei máis un 4. Animal rumiante 6. Cada peza dura e ríxida que forma o esqueleto dos vertebrados Horizontais 2. Despedida 5. Tipo de uva 7. Auga en estado sólido 8. Adán e... 9. Recipiente para beber

O U R I V E R I A S

V O V O I D E D A S

O Q G A F A S I N M

I U A D Q V E C E R

D E F I U I E V D T

E I E O E O V O I D

E X A V V U E V T E

P A T O E R R O O R

Q R I L R I D I D C

U D A P A R E D E E

Busca nesta sopa 6 palabras coa axuda das súas definicións.

Poeta Sono que se fai despois do xantar (ao revés) Falar con seseo Retroceder Preparar un molde para facer o baleiro dunha parte dun edificio Engano Ave mariña Antes do tempo esperado

G D Z D O L O A S

S C H I R L O R E

T Z A F Ñ B P N I

V A A E O U C Z R

A L T E G O A C E

C P S H F T Ñ J C

E C E R F G V S U

D T S N S H T O A

O R M S E S E A R

85 Xuño 2005

Descubre nesta sopa as palabras que se corresponden coa súa definición.

Intres

Persoa que da mala sorte: _ _ _ _ Arte dos ourives: _ _ _ _ _ _ _ _ _ Que ten forma de ovo:_ _ _ _ _ _ Acto de queixarse: _ _ _ _ _ _ Entrar en calor: _ _ _ _ _ _ Cor da herba fresca: _ _ _ _ _ Natalia Penas Mato. S3B


Intres do Instituto

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

OS GRAFOS DO PA VILLÓN NO VO PAVILLÓN NOV 1º «BAL ONCEST O» «BALONCEST ONCESTO»

Este grafo é un dos mellores, segundo a opinión dalgúns compañeiros. Empregouse nel un degradado azul-amarelo-azul, uns bordes laranxa, unhas sombras negras e uns brillos de cor branca. A súa elaboración foi bastante dificultosa porque: ·Posta a punto do autor despois dun tempo sen pintar. ·1ª toma de contacto cos materiais. ·Moita xente que se amoreou para presenciar o espectáculo.

2º «FÚTBOL»

Problemas: Houbo que ensanchar os bordos en negro posto que na primeira pasada escorregaron uns chorros de pintura pola parede e quedaban fatal.

Bastante positiva a opinión dos compañeiros sobre este grafo, aínda que eu non quedei satisfeito de todo. Caracterízase pola súa simpleza, xa que está feito unicamente de cor verde, bordes negros e amarelos, e brillos en branco. Problemas: O amarelo dos bordos non cubría ben o verde do fondo e houbo que aplicar negro por enriba.

4º ««V VOLEIBOL»

Para min o mellor, posto que tiven un axudante de excepción, Daniel Mella, o cal, aínda que non prestou moita axuda, si que influíu no bo “rollo” que alí se formou mentres se pintaba. Utilizouse o violeta e o azul para o fondo, laranxa como borde, e branco facendo de brillo.

5º «A CTIVID ADES NA NA TUREZA» «ACTIVID CTIVIDADES NATUREZA»

Este graffiti serviu para contradicir as opinións que divulgaban que unha cousa tan grande non podía caber nun espazo tan pequeno. Neste graffiti intentouse aproveitar as cores que sobraran dos demais grafos. Problemas: Algúns sprays acabáronse antes do previsto. AGRADECEMENTOS: A Manolo, o profesor de E.F., que moveu infinidade de fíos para que este proxecto se levase a cabo. Á Directiva do IES que non se opuxo a esta idea, aínda que parecese bastante arriscada.

89 Xuño 2005

3º «BÁDMINT ON» «BÁDMINTON»

Intres

Un dos peores, segundo a miña opinión, xa que os materiais deixaron moito que desexar. A combinación de cores baseouse nun fondo amarelo con lunares laranxa, uns bordos-sombra vermellos, todo isto resaltado con negro e potenciado con brillos de cor branca.


Intres do Instituto

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

DÍA SEN VEHÍCUL OS VEHÍCULOS MO TORIZADOS MOT

Xuño 2005

90

O pasado luns, 6 de xuño, celebramos no instituto o “Día sen vehículos motorizados”. O obxectivo era provocar unha reflexión sobre a necesidade de diminuír as emisións de CO 2 á atmosfera, así como lembrar a necesidade, cada día máis sentida, de practicar medidas de aforro e eficiencia enerxética. Moitos de nós viñemos andando ou en bicicleta ó centro. Cómpre que iniciativas como esta, e outras que poidan aparecer, teñan continuidade. A saúde do noso planeta non aguanta moitas máis toladas. Colectivo de alumnado, persoal non docente e profesorado a prol da eficiencia e o aforro enerxético.

FALAMELIDE É NOSA NOSA.. Dispoñémonos a escribir este artigo e, se vos somos sinceras, non sabemos moi ben cal é o noso fin, quizais que se escoite algo máis Falamelide. Para os despistados: Falamelide é a radio do instituto, se a queredes sintonizar non tedes máis que sintonizar o 90.5 da FM, e para saber días e horarios só tedes que fixarvos nos letreiros que hai pegados polos corredores. En Falamelide poderedes escoitar diversidade de temas e, por suposto, ¡Moita música! Non estamos moi informadas, pero imaxinamos que en toda Galicia non haberá moitos centros que conten con algo así. ¿De verdade credes que vale a pena desperdicialo? nós non; polo tanto quizais sexa ese un dos motivos polos que estamos a escribir isto. Non podemos deixar de lado a esas persoas que fan que Falamelide non se vaia abaixo, a todas elas moitas grazas e noraboa. Pola nosa parte non queda nada máis que dicir, só pedirvos un favor e é que cando rematedes de ler isto paredes a reflexionar un pouco sobre el. O dito, a escoitar Falamelide e graciñas polo voso tempo!!! Marga e R¨cyo (BAC 1ºC)

AXEIT AD A INFORMA CIÓN AXEITAD ADA INFORMACIÓN

Cando falamos de información neste centro ¿falamos de información axeitada? É dicir ¿dispoñemos dunha información que responda aos nosos intereses? Ao meu parecer, non. Todo o mundo comenta a indecisión do alumnado á hora de escoller unha carreira. É bastante tráxico chegar a segundo de Bacharelato sen saber que camiño coller, a maioría da xente colle as optativas “simplemente por coller”. É verdade que se nos proporcionan ao longo do curso unha serie de charlas informativas, pero en realidade ¿a quen lle interesan? soamente ao que queira dedicarse a iso. Sei que é imposible traer unha persoa que fale de cada unha das carreiras que quere estudar o alumnado, pero penso que sería máis proveitoso que se nos falase dos temas realmente relacionados coa universidade: a matrícula, as residencias universitarias e os seus prezos, os tipos de materias que hai... Seguro que todo iso nos interesaría máis, porque despois quéixanse de que non acudimos a estas reunións, sen embargo se eu vou estudar unha Filoloxía, unha Enxeñería, etc ¿para que quero eu unha información sobre soldadura e caldeirería? ¿para cultura xeral? Non, creo que isto non é o caso. Por iso escribo este artigo, para que se nos sexa concedida unha información que realmente precisamos e da que non somos coñecedores. Estamos a aprender xeometría, sintaxe, etc cando non sabemos nin como se constrúe un currículo ¿é iso axeitado? Non sei, vós veredes, mais aí tedes a miña opinión. Mirta Sueiro Costoya


Intres do Instituto

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

PARTICIP A NO TEU FUTURO ARTICIPA Alí estiven aprendendo e relendo o proxecto para contárllelo aos políticos o pasado día 27 de decembro. Eles na tribuna, oíndonos e poida que escoitándonos. Nós, no hemiciclo! Pedindo o que a mocidade galega precisa e, o que é tan importante ou máis, o que non precisa. Con esta historia só pretendo convencervos de que participedes, en que? En calquera actividade ao voso alcance. Nunca sabemos o que pode ser bo ou malo... cedo ou tarde todo ten a súa recompensa e, como alguén dixo “o saber non ocupa lugar” A.M.A.

O pasado mércores 8 de maio chegou ao noso instituto un contacontos. O seu nome era Anxo e xa estivera en Melide polo mesmo motivo había catorce anos. Cando entramos na aula

de audiovisuais, quedamos un pouco abraiados porque o home non tiña traza de dedicarse a contar contos. Pouco despois de sen-

tar nas nosas cadeiras comezou o seu relato, empezou dicindo que era de Monforte, onde había unha ONG que se dedicaba a recadar cartos para mercar bicicletas que logo serían doadas a países pobres onde, grazas a este servizo,os médicos podían chegar a tempo a calquera emerxencia. Algunha das actividades que realizaban para xuntar cartos consistía en ir polos institutos de Galicia contando contos, outra delas é facer paseos guiados en bici por Monforte. As historias das que

falaba eran entretidas, xa que as contaba por medio de personaxes imaxinarios e ao mesmo tempo trataban de temas de moita relevancia que nos poden afectar a todos. Algúns deles eran a guerra e a fame no mundo. Segundo ía avanzando na súa narración a xente mostrábase máis interesada porque tamén formaba parte da historia. Cando a sirena de cambio de clase soou Anxo finalizou o que empezara e deunos as grazas por portarnos ben, antes de marchar tamén quixo deixar o nome dunha páxina web onde lle poderiamos consultar o que quixeramos. Daniel Mato Cea, Enrique Mejuto Sesar. 3ºB.

91 Xuño 2005

O CONT ACONT OS CONTA CONTOS

Intres

Unha mañá informeime de que había un proxecto de algo de política de emprego, apunteime (“non creo que sexan moitas horas”). Pasan os días, os meses, reunímonos, discutimos e redactamos. Pasado case un ano, chámanme un mediodía dicindo que me vou catro días a Bruxelas con todo pagado. Xa teño outra visión do proxecto. Bruxelas, unha tranquila cidade. Parlamento, Metro, Comisións, Fundación Galicia Europa, eurodiputados, conselleiros... Un mes máis tarde, decembro, de novo soa o teléfono, hai que expoñelo no Parlamento Galego. Cada día gústame máis!


Intres do Instituto

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

CLASES SEN FUME

Xuño 2005

92

Os alumnos de 1º de E S O A do noso centro, a proposta do titor e seguindo a invitación da Vicedirección (Xefatura de Actividades Extraescolares) e o Departamento de Orientación, decidiron tomar parte na actividade “CLASES SEN FUME” promovida pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia dentro do programa de “Promoción da vida sen tabaco”. Ao longo do curso realizamos varias actividades que iremos referindo neste artigo-resumo que presentamos. En todas as sesións de T i t o r í a dedicouse un tempo a informar dos prexuízos que causa para todos, fumadores ou non, o consumo do tabaco. Aportáronse datos concretos de casos coñecidos por parte de alumnos e titor, preparáronse as distintas actividades, etc… A actividade comezou co compromiso adquirido por todos e cada un dos alumnos e o titor de non fumar durante a duración da campaña (de novembro a maio), pero intentamos chegar un pouco máis lonxe e procuraremos que ese compromiso se prolongue dun modo indefinido. A primeira actividade era confeccionar un slogan e un debuxo relacionado co mesmo. Todos os alumnos fixeron o seu slogan e, coa colaboración do profesor de Educación Plástica e Visual, o debuxo correspondente. Por votación de todos elixiuse aquel que nos pareceu máis axeitado e remitímolo á Consellaría de Sanidade.

Fixéronse copias dos slogans e colocáronse repartidos por todo o Instituto. Avanzado o curso, preparouse un pequeno “discurso” que os alumnos en grupo de dous leron en todas las aulas de E.S.O. do Instituto e tamén aos alumnos do 3º Ciclo de Educación Primaria dos tres Colexios de Melide, do de Toques e dos dous de Santiso. A todos eles envióuselles unha pequena mostra dos slogans por se lles interesaba expoñelos no seu respectivo Colexio. Preparamos un Guión de Radio que gravamos na emisora do I . E . S . FA L A M E L I D E , estando á espera da súa emisión, tanto pola nosa emisora como por Radio Melide. N o n puidemos facer unha comparsa alegórica ao tema polo Entroido, porque desde principios de curso estaba programada outra actividade para ese día e faltaban bastantes alumnos. O máis importante non é o que fixemos ao longo do curso. O máis importante –e esa era a nosa intención principal- é concienciar a todos do gravísimo problema que supón o consumo do tabaco. Os datos son elocuentes: ademais de causar unhas 18.000 mortes ao ano en España, tamén hai que ter moi en consideración que a calidade de vida diminúe dun xeito alarmante. Rematamos este brevísimo repaso coa reflexión coa que terminabamos a charla impartida polas distintas clases:” Dálle un NON grandísimo ao tabaco e un SI moito máis grande á vida”


Intres do Instituto

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

VIAXE A GRECIA

93 Xuño 2005

cidades. Ao pasar algo máis dunha hora facemos a primeira escala, Barcelona, e como nos sobra tempo os galegos imos conquistar as Ramblas. Nas Ramblas cada un foi ao seu. Parecía un circo na rúa: mimos, flores, globos e mercados. Así tras unha agradable parada nas terras catalanas arrincamos cara ao país das ruínas por excelencia. Pero non íamos sos, senón que os raparigos de Ames e Pontepedriña tamén se uniron á viaxe. ¿A primeira impresión de Grecia? pois houbo de todo. Imaxinade unha cidade enorme con moitísimo tráfico e x e n t e , mestizaxe de culturas, tendas de todo tipo e o que máis nos chamou a atención, a cantidade de quioscos que alí había. Pois ben, na nosa estan-

Intres

A nosa viaxe comeza o xoves 10 de marzo. Moi, moi cediño reunímonos todos no aeroporto de Santiago. Para moitos de nós era o primeiro voo que realizabamos na nosa vida e os nervios estaban a flor de pel. Tivemos que esperar mentres facturabamos a equipaxe e se facían todas esas cousas que se fan nos aeroportos que ninguén entende e que che fan estar alí unha hora sen facer nada e a medida de que pasaba o tempo aumentaba a tensión. E chegou o momento de de embarcar. Despedidas emotivas, bágoas por aquí, bágoas por alá, o pito do detector de metais, nostálxicos adeuses... pero nós iamos cheos de felicidade. Agora si, a nosa viaxe comezaba ¡O IES de Melide poñía rumbo a Grecia! Os avións son algo incrible, son bichos enormes que sucan os ceos e cando vas dentro non te enteras de nada, a non ser pola diferencia de presión que che tapona os oídos e iso fastidia un pouco. Ademais, nalgúns momento estás ao lado das nubes e incluso chegas a ver algunhas

cia en Atenas fixemos as visitas obrigadas a lugares de interese, como xa podedes imaxinar: A Ágora, a Torre dos ventos e, como non, a Acrópole, que foi o principal centro de atención para todos. Nunha palabra, impresionante. Xa no barrio de Plaka probamos a comida típica de alí: os gyros, os sublakis, os iogures... que en xeral tiveron grande éxito. Na mañá seguinte achegámonos ao Pireo para embarcar rumbo a Santorini. A curiosidade invadíanos todo o corpo por saber como sería o barco que nos levaría durante oito horas de viaxe. Non estaba mal, era grande, ofrecía servicio de cafeterías e butacas, un elemento importante, pois tras unha noite en vela sen chiscar ollo o único que desexábamos era durmir. Pero a nosa desgracia foi que non nos deixaron nin media butaca para os galegos. Así que cabreados e furiosos ocupamos en cadeiras incómodas calquera recuncho que se nos poñía por diante, roncando coma se podía e máis de un acabou co pescozo retorto. Santorini é unha illa non moi grande, pero moi bonita, onde puidemos contemplar os seus estratos volcánicos e a súa rechamante estructura xeolóxica, así como as fermosas vistas que ofrecían os acantila-


Intres do Instituto

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

VIAXE A GRECIA

Xuño 2005

94

dos. ¡E que praias...! con aquela areíña vermella e negra. Por suposto, houbo valente que se mergullaron naquelas augas. E que dicir das profes, que ata luciron os seus tipiños, como non, Susana e Natalia ¡fóra vergoñas!. Pois alí en Santorini, onde estivemos algúns días, tivo lugar a gran festa da viaxe ¿imaxinades? Foi moi divertido, xa pola tarde nos iamos facendo a idea de que íamos vivir unha noite grega, comida grega, camareiros gregos, música grega, bailes gregos, festexos gregos... Rematamos de cear todos xuntos, Ames, Melide e Pontepedriña; imaxinádevos, ocupábamos todo o restaurante, a verdade é que era pequeno, pero... jeje. Todos tranquilos puxémonos a bailar, e aquí hai que puntualizar que Susana soltou a melena e desfrutou coma unha anana alí cos camareiros dálle que dálle... sen pensar mal ¿eh?, que non paraba de suar co que se movía cos ritmos gregos, de feito animounos a todos. E de repente ¡¡¡PLAS!!! todos calamos e miramos para o chan, un camareiro todo ledo comezou a tirar algún prato ao chan e nós ¡ala! ¡ai vai, toleou!. Pero non,

explicáronnos que, aínda que agora xa non era moi usual, os gregos cando están moi contentos n u n h a festa para amosar o ben que o p a s a n escachan pratos no c h a n . ¡ Q u e cousas teñen as culturas occidentais, que ben! O día seguinte volvemos a Atenas para pasar os dous nosos últimos días. Fixemos unha excursión pola Argólida que resultou moi interesante anque algo apurada de tempo. Polo camiño fixemos unha paradiña para ver a canle de Corinto. A seguinte parada foi Micenas, un enclave arqueolóxico da Idade do Bronce, onde puidemos ver a fortaleza do mítico Agamenón, que conduciu aos gregos na guerra de Troia. Paramos en Nauplio para comer, e aínda que non tivemos moito tempo puidemos ver que se trataba dunha fermosa cidade, a primeira capital do estado grego moderno. Rematamos a xornada no famoso e impresionante teatro de Epidauro, onde puidemos comprobar as excelentes condicións acústicas coas que os gregos construían os seus teatros. O último día foi esgotador, case non sobrevivimos á visita do Museo Arqueolóxico Nacional, pero

fómonos apañando como puidemos para contemplar a sala micénica e as esculturas da época arcaica e clásica. Tan pronto saímos do museo fomos a toda pastilla a aproveitar as poucas horas que nos quedaban para facer as últimas compras. A partir das catro da tarde comezou a nosa viaxe de regreso de aeroporto en aeroporto ata chegar a Labacolla á 1 da noite, onde nos agardaban as nosas familias. Alberto, Lorena, Zeltia...entre outr@s. ¡Grecia...! Recordos que nunca esqueceremos. Pasámolo de marabilla naquela viaxe cultural e ao mesmo tempo divertida. Ademais de ver un montón de cousas coñecemos a moita xente nova de outros institutos. Coas que máis migas fixemos foi coas compañeiras do IES de Ames, a verdade é que son xente marabillosa e seguimos en contacto con elas para recordar vellos tempos e correr novas aventuras. Aquilo é outro mundo. Os primeiro días do regreso botamos moito de menos aquilo e cada vez temos máis ganas de volver. Así que ¡a ver se organizan outra igualiña a esta para o ano! ¿Oíches Susana?. Pero por moito que organicen, par nós esta será inesquecible. María e Damián.


Intres do Instituto

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

VIAXE A PPARIS ARIS O Departamento de Francés organizou unha viaxe de estudios a Francia que se realizou no mes de marzo pasado, visitáronse as cidades de Bayonne, Bordeaux, le «Futuroscope» (Poitiers) e Paris. Esta actividade levouse a cabo conxuntamente co IES Breamo de Pontedeume. Aproveitamos esta ocasión para manifestar o noso agradecemento ó apoio prestado polo equipo directivo e compañeiros do centro, así como a colaboración e confianza dos pais de Assumpta, Bruno, Emma, Laura, Lucía, Patricia, Rocio, Silvia e Soraya, que co seu interese e comportamento motívannos a seguir traballando para que esta actividade teña continuidade. MERCI BIEN et À LA PROCHAINE!!! Anabel e Bea.

Intres

95 Xuño 2005

Melidenses no Sacre Coeur (Montmartre)

Louvre, seguindo os pasos de Dan Brown

Dama de Ferro

Mundo máxico (Disneyland)


Intres do Instituto

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

BENVID A A OS QUE CHEGARON BENVIDA AOS NO VOS NOV S1A

Intres

S1B

Xuño 2005

96

S1C

S1D

S1E


Intres do Instituto

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

ATA SEMPRE A OS QUE MARCHAN AOS

B2A

Intres

97 Xuño 2005

B2B

B2C


Intres do Instituto

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Intres

DESPEDID A FINAL DESPEDIDA

Xuño 2005

98

Chegou o momento de finalizar unha etapa e emprender outra, o momento de despedirme do que vou deixar atrás, o momento de volver ter que marchar. Parece mentira que me toque xa estar a escribir isto, a miña carta de despedida. Sempre pensei no que poñería, pero o que nunca pensei foi que os anos pasarían tan rápido e que tan axiña tería que estar a facelo. Sempre custa abandonar lugares, e máis sabendo que nunca retornarás. Todo empeza e todo se acaba, nada é para sempre, e isto acabouse para min. Estou contenta polo que vai vir, pero tamén sinto tristeza polo que vou deixar, xa que sei que nunca vai ser o mesmo nin os mesmos, por iso, á vez que estou escribindo, vánseme pasando mil e unha imaxes, centos de recordos pola cabeza. Agora estou percorrendo co pensamento o instituto, os comilóns na cafetería, as escapadas nas horas libres á biblioteca, as escapadas nas horas de clases pola manivela (ou o que fose) a conserxería, as carreiras polas escaleiras, os xogos e bromas no ximnasio, a aula de abaixo de tecnoloxía, onde emprendín tantos proxectos nunca rematados, a antiga clase de debuxo onde alguén de mirada triste e hoxe de presenza ausente me ensinou que o mellor debuxo é o que se fai co corazón; a segunda aula de música, onde coas melodías de Mozart nacía a maxia no meu corazón. A clase Álvarez Carballido, o meu inesquecible 2ºD e a clase Fernán e Aldara, o meu lembrado 3ºD; as aulas da

planta de arriba... cantos recordos en cada un destes recunchos, canta xente que os fixo especiais. Con cada liña estou máis preto de marchar, e iso cada vez dáme máis pena, aínda que este curso foi o máis duro de todos, demasiado que estudar, pouco tempo para facelo, presión, agobio, todo o mundo falando da “selectividade”, toda a confianza que os demais tiñan en min, medo a decepcionar... e no único no que pensaba era nos días que quedaban aquí, desexando que pasaran o máis axiña posible, e poñer fin a isto, pero agora non quero, porque sei que vou botar de menos todo isto; o encontro cada mañá con elas, botando as primeiras risas do día ata que cada unha se vai para a súa clase esperando a que chegaran as 11:10 para volvernos xuntar todas, mentres a Ro aproveitaba para facer unha graza e sacarnos a todas o maior dos sorrisos. A tranquilidade que me transmitían as palabras de Karina e o sorriso de Pulina ante calquera adversidade, tantos comentarios, preocupacións e alegrías compartimos as tres. Véndote dous sitios máis atrás, ás veces evitando o cruce das miradas, sempre sen dirixirnos palabra e intentando esquecer as vellas historias que hoxe volveron renacer. As historias tamén de cada fin de semana que me contaba Marga detrás do muro da clase de música que nos illaba ás catro cotorriñas. O reencontro á saída do instituto xunto con Nata e Silvia contando as parvadas que

acontecían cada día. A tremenda soidade que sentía cando pensaba que, aínda que saíse ao corredor, non o vería, e iso acababa un pouco máis coa miña alegría. A súa ausencia neste último curso convertíase en presenza no meu pensamento en todo momento. Difícil será tamén esquecer a voz da Belenciña mandándome calar e eu sen poder deixar de falar. As mesmas clases e a mesma extraordinaria profesora (cos seus defectos e virtudes) de Lingua Castelá e Literatura dende 2º de ESO ata hoxe. As excelentes explicacións de Xeografía e Historia que nos daba Carmen Santos, quizais de carácter respectuoso e co corazón máis fermoso. E os demais profesores deste ano e cursos anteriores que aínda seguen saudando polos corredores. Xa a piques de rematar, estoume dando conta de que o que debo sentir non é tristeza polo feito de marchar, senón ledicia por marchar co que levo. Grazas a todos os que tanto me ensinastes e que fixestes destes últimos seis anos os mellores da miña vida. Ata sempre. Ana Mato Salgado. B2B.


MANIFESTO CORREMELIDE 2005 Queremos Un canto Un canto Un canto Un canto

facer un a todos a todos a todos a todos

canto. os aterecidos. os aldraxados. os tristes. os desprestixiados.

Basta xa de facérmonos as vítimas! Non somos o que queren facernos ver. Non somos carne de canón. Non somos veleiros que zozobran. Non somos correntes sen rumbo. Hai unha semente que plantar, un pasado que rescatar, unha cultura para dignificar, unhas riquezas que explotar, unha lingua que falar. Temos unha árbore que coidar. Non a asoballes. Non a tales. Non a fagas murchar. Non a esquezas. Escribiremos as follas en branco. Para amosar as nosas inquedanzas. Para liberar os nosos pensamentos. Para transmitir o noso legado. Para ceibar os nosos ideais. Despecharemos as portas do noso futuro. Polas que entrarán aires novos. Polas que chegarán nubes cargadas de esperanza. Polas que marcharán as augas ennegrecidas. Polas que virán bos tempos para Galiza. Temos algo pendente. Non ti, nin eu, senón todos. Rescátaa, loita, protéxea. Non teñas medo. Sé un rapaz que fala na súa lingua nai. Sé un home que loita polo seu. E sé un vello que nos deixe errar. Rosa Mato Amboage. Beatriz Rei Gosenge.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.