Intres Xuño 2009

Page 1


SUMARIO EQUIPO DE REDACCIÓN EQUIPO DE REDACCIÓN Ánxela García Mato Lucía Mato Uxía Parrado Zeltia Labraña Lucía Villamor Paco Veiga Carme Viveiro Estrella Blanco Xan García Gloria R. Íñiguez Susana Losada ... e alguén que nos esqueceu

CUBERT A CUBERTA Xan García Carballo

Actualidade Mollándonos polo idioma Entrega do premio á defensa do idioma Dereitos Humanos O plan Bolonia Entrevista a un representante da Fronte Polisaria Charla sobre o VIH

Divulgación Na procura do concepto de cultura Políticos e política As rebaixas A felicidade é a túa liña de horizonte. Pintadas O fenómeno dos blogs, fotolog, chats... Temos moitos blogs!

Lectura Entrevista a Jaureguízar Morning Star, de Xosé Miranda

Creación

Ilustramos este Intres con pinturas de Urbano Lugrís. Os debuxos manga son obra de Uxía Parrado. O EQUIPO DE REDACCIÓN

Primeiras lembranzas A miña lingua é... Poemas O meu soño Quero voar Relatos de medo A vinganza nonten límites Os xemelgos Magosto en Ribadulla Os/as amigos/as

O libro de Maruxa A flor rosa Heleico Unha vida nova A felicidade

Herdanza Proverbios e refráns Lendas Algúns ditos con moito miolo

Banda deseñada As series de anime A pantasma Peter Pan As exploradoras Amor xuvenil O ladrón e Gasman Un medo raro Carapuchina Vermella

Cine A miña película favorita

Música Orquestra Olympus Entrevista a Maruxa Fociños Viaxe a Roma Exposición de instrumentos

Instituto Viaxe a Grecia Dous cambios Experimenta Corremelide Manifesto da lingua galega

COLABORADORES/AS COLABORADORES/AS Noel Alba Salgado, Alumnado de 1º de BAC, Alumnado de 1º de ESO, Miguel Ángel Álvarez Varela, Lorena Ambrosio García, Amparo (grupo O Castelo), Tania Arias Carballal, Manuel Casal Costoya, Carlota Casal Vázquez, Miriam Cea Otero, Cristina Conde Carrera, Raquel Conde Santos, Marta Cordido Raposo, Gloria Corral Cea, Alba Fernández Buján, Xisela Fuciños Vázquez, Paula Gallego Peña, Sergio García Mato, Álvaro Garea Mellid, Alba Jubón Gómez, Xácome Laya Sánchez, Ánxeles López Mouriño, Alejandro López Penin, Laura López Roca, Marga López Sande, María (S1C), José Ángel Mella Amil, David Méndez Martínez, Nerea Pampín Vizcaíno, Uxía Parrado López, Rocío Prieto Vázquez, Judith Ramos Castro, Laura Río Carreira, Carla Río (S3B), Patricia Roca Fernández, Noelia Rodríguez López, Mª Carmen Sánchez Sánchez, Laura Segade Casal Noelia Somoza Rouco, Iván Somoza, Silvia Suárez Soutiño, Noelia Varela Puga, Yolanda Varela Puga, María Vázquez Gómez, Patricia Vázquez Loureiro, Raquel Vázquez Regueiro, Andrea Vázquez Rodríguez, Silvia Vázquez Sufuentes, Andrea Vázquez Varela, ... e alguén que nos esqueceu.


Actualidade

MOLLÁNDONOS POLA LINGU A LINGUA

rrado das aulas galegas. Antes ao contrario, só o 17% das clases de Primaria e o 30% das de Secundaria son dispensadas «practicamente en galego» ou «máis en galego» segundo o Mapa. Pero non só iso, senón que máis do 80% dos galegos e galegas declaramos que usamos preferentemente o castelán na escrita, porcentaxe que se eleva ata o 85% se nos referimos á lectura. Á vista destes datos, obtidos obviamente co debido rigor científico, semella evidente que o único idioma que corre perigo en Galicia – e nas súas aulas- é o galego, O certo é que esta situación vén demostrar, unha vez máis, que a política lingüística –ou a súa ausencialevada a cabo polo goberno da Xunta durante practicamente tres décadas, non só non obtivo resultados positivos no camiño da normalización, senón que acelerou o proceso de substitución. Cómpre tamén lembrar que a propia Lei de

3 Xuño 2009

demostran que a situación do idioma galego é, sinxelamente, crítica, pois apenas o 38% da poboación –a terceira parte, como quen di- declara usalo dun xeito habitual. Isto quere dicir, na práctica e sobre todo en ambientes urbanos, que hoxe por hoxe é posible vivir en Galicia sen ter contacto ningún co galego na vida ordinaria. Quere dicir tamén que as persoas que desenvolven as súas actividades nesta situación corren grave risco de non chegar a acadar o limiar mínimo no dominio do idioma galego ou, doutra maneira, de non chegar a ser bilingües. Non ocorre o mesmo, pola contra, coas persoas galegofalantes pois, segundo demostran os mesmos datos, é imposible vivir en Galicia e non ter contacto co castelán. Non pode ser certa, á vista da situación actual, a afirmación de que o castelán corre perigo en Galicia. Tampouco pode selo que o español estea sendo deste-

IES de Melide

O día 17 de maio, e a pesar da choiva que caía a caldeiros, miles de persoas mobilizámonos en defensa da nosa lingua. Foi unha mostra inequívoca, serena e contundente do sentir do conxunto da sociedade galega que dá así resposta tanto a grupúsculos minoritarios que día tras día difunden datos falseados sobre a situación do idioma, como ao goberno autónomo, que reiteradamente se ten manifestado predisposto a agarrarse a tales difamacións para poñer en marcha medidas que fagan dar pasos atrás no proceso de normalización da nosa lingua, como a de deixar sen validez o Decreto que establece un mínimo do 50% do horario lectivo en lingua galega. Pero, é consciente o conxunto da sociedade galega do momento tan delicado que está a vivir o idioma galego, quizais o máis transcendente desde a propia aprobación da Lei de Normalización Lingüística no ano 1983? A sociedade e os seus órganos e entidades representativas só lle poden dar solución axeitada a un problema cando realmente son conscientes da súa dimensión. E o da normalización da lingua galega é na actualidade un problema de dimensións considerables como evidencian os datos recentemente coñecidos do Mapa Sociolingüístico de Galicia e outros moitos estudos anteriores. Os últimos datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia editado recentemente


Actualidade

IES de Melide

MOLLÁNDONOS POLA LINGU A LINGUA

Xuño 2009

4

Normalización Lingüística e os decretos que a desenvolveron nas diferentes etapas, non acadaron un mínimo de cumprimento, fundamentalmente por mor da absoluta despreocupación real da administración nese senso. Dende a publicación e posta en vigor do Decreto 124/2007 inserido no desenvolvemento do Plan Xeral de Normalización Lingüística, puidemos asistir a dúas actitudes pintureiras: a ausencia total de medidas para a súa aplicación por parte da Consellería de Educación e a aparición pública dun sector antinormalizador argumentando imposición e necesidade de protección do castelán, con razoamentos falsos e tendenciosos que nunca foron respondidos contundentemente polas forzas do goberno ou da oposición, unanimemente coautoras da Lei de Normalización Lingüística e do Plan Xeral de Normalización Lingüística.

Son actualmente os organismos supranacionais os que, unha vez e outra, veñen recoñecer a situación actual tanto do galego como doutras linguas minoradas da Unión Europea. É o caso do Consello de Europa e do propio Parlamento Europeo, que recomendan que se poñan os medios para que tales linguas se poidan desenvolver plenamente e para que os individuos non se vexan privados do seu uso como ferramenta de comunicación. Pois ben, cando se pode apreciar en todo o mundo unha nova sensibilidade cara ás linguas, anúnciasenos aquí un novo proceso de minorización e substitución do maior símbolo de identidade do noso pobo. Entendemos que o feito de que o novo goberno adopte decisións dese calibre, escoitando só as voces de quen pretende a desaparición da nosa lingua e –non o esquezamos- da nosa identidade, só pode deberse ou a unha

intencionalidade perversa ou á ignorancia sobre a evolución e desaparición das linguas que, como o galego, están en situación moi desfavorable a respecto doutras. Ou a ambas as cousas xuntas. Débese lembrar a unanimidade política que se levaba producindo dende a aprobación da Lei de Normalización Lingüística (1983) ata tempos recentes, incluída a aprobación tamén unánime do Plan Xeral de Normalización Lingüística (2004), por parte de todas as forzas políticas do Parlamento de Galicia. Desde a óptica estritamente educativa cómpre reiterar tamén, para non perder a perspectiva do obxectivo último do sistema educativo no que fai referencia ao dominio das dúas linguas presentes en Galicia, que, coñecidos os últimos datos sobre a saúde do galego, son as persoas galego-falantes as únicas que teñen auténticas opcións de chegar a ser bilingües. Isto non ocorre coas persoas castelán-falantes, pois poden vivir perfectamente, máis alá do ámbito escolar, sen usar o galego nunca. Non é certo que sexa o alumnado castelán-falante o que está vendo coutados os seus dereitos na actualidade. Pola contra e como queda dito, si está coutado o dereito deste alumnado a unha formación que lle garanta precisamente o dominio real dos dous idiomas presentes en Galicia. E, pola contra tamén, é o alumnado


Actualidade

MOLLÁNDONOS POLA LINGU A LINGUA

ENDL

5 Xuño 2009

E queremos que saiban o presidente da Xunta, Galicia bilingüe etc que, de aplicarse todas estas medidas que están previstas en relación coa nosa lingua, a sociedade galega non permanecerá calada e seguirá MOLLÁNDOSE POLO GALEGO.

IES de Melide

galego-falante o que, independentemente da necesaria formación lingüística, non ten garantido que a súa vida poida desenvolverse en galego. Destas constatacións, por desgraza absolutamente realistas, só pode concluírse que é preciso acrecentar o emprego do galego como lingua vehicular no ensino, e non á inversa, se se pretende lograr precisamente o dominio efectivo dos dous idiomas empregados en Galicia por parte do alumnado. Por todas estas razóns, facemos un chamamento en defensa da normalización do galego a todos e todas os/as ensinantes, ás comunidades educativas dos centros de ensino e á sociedade en xeral, co fin de impedirmos calquera medida regresiva a respecto da lingua, ao tempo que declaramos a nosa decisión inquebrantable de continuar pulando pola normalización lingüística e cultural, así como por unha aplicación de criterios avanzados na planificación lingüística no ensino, inserida nun modelo de ensino público e democrático.


Actualidade

ENTREGA DO PREMIO Á DEFENSA DO IDIOMA

IES de Melide

tos de taberna.

Xuño 2009

6

O venres, día 29 de maio, o Servizo de Normalización Lingüística Terra de Melide fixo entrega do primeiro «Premio Terra de Melide á Defensa do Idioma» que recaeu na Agrupación Cultural e Musical O Castel. Para agradecer o premio, falou Amparo Buján como representante da agrupación. Este é o discurso de agradecemento. Boa tarde a todos. En nome da Asociación Cultural e Musical O Castelo gustaríame agradecervos o recoñecemento que esta tarde nos ofrecedes. Luís Seoane dixo: «un poema é algo que se fai o mesmo que un cadro, e a poesía que conteña pode xurdir das novas dos diarios. Poesía atópase nun edificio, na rúa, na historia, na natureza, nun sentimento.» E eu dígovos: a lingua é algo que se fai o mesmo que un cadro, e a poesía que

conteña pode xurdir das novas dos diarios (se escolledes ben). A lingua está nos edificios, na rúa, na historia, na natureza, nun sentimento. A lingua tamén está na escola, aínda que a moitos lles pese; a lingua está nos hospitais, nos mercados, nos xogos. Porque a lingua somos nós. Hai lingua nos pais que arrolan os nenos cun canto de berce, hai lingua en dous namorados que se mandan mensaxes, hai lingua no opositor que redacta exames ou na muller que vai á peixería. Hai lingua na Foliada, claro. A Foliada naceu coma unha xuntanza de músicos e amigos, aos que axiña se lles uniron artesáns ou obradoiros tradicionais e actividades complementarias como a presentación dalgún libro, charlas ou un concurso de can-

Se, como dixemos, a lingua está en todo (porque a lingua somos nós), a Foliada foi só outro motivo para poñernos de manifesto. Para tal expresión valémonos dalgunha estratexia: ·dende o principio foi unha constante a exposición organizada polo colectivo, que amosou fotografías antigas de Melide ou axudou a lembrar mitos e lendas. ·outra das actividades con máis sona foron os obradoiros para a recuperación dos oficios tradicionais. Ten un significado especial o da fía, coas tres mulleres que nos axudaron: subiron ao escenario, botaron a vista atrás, e mentres contaban aventuras «de cando eran mozas», ían fiando, ripando, xuntando en mazarocas. Que gusto oílas falar da roca e o fuso, a ripa e a espadela, e decidir cal conseguía o fío máis fino! ·tamén foron chamativos os obradoiros da malla, cando trouxemos a máquina enorme de mallar ou aquel ferreiro que traballou para nós un anaco. Aquilo era recordo para moitos e ensinanza de novo para outros, pero había lingua por todas partes. ·ademais os artesáns da pedra, da madeira, de instrumentos. ·o apartado dedicado aos xogos tradicionais é o mellor exemplo de idioma vivo, e lúdico!


Actualidade

ENTREGA DO PREMIO Á DEFENSA DO IDIOMA

Porque a lingua é un tesouro, do que hai que ser merecente.

Lingua proletaria do meu pobo,ç eu fáloa porque sí, porque me gosta, porque me peta e quero e dáme a gana: porque me sae de dentro, alá do fondo dunha tristura áceda que me abrangue ao ver a tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sen raíces que ao pór a garabata xa non saben afirmarse no amor aos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos avós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos da linguaxe, remo i arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque si, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingua. Anímovos a seguir cultivando o idioma, e deséxovos saúde, amor, lingua e Patria. Moitas grazas.

7 Xuño 2009

Na acta de constitución da Asociación aparecen como fins principias a investigación, o estudo, a conservación e a defensa da cultura. A promoción e a difusión, e o labor de concienciación. É a nosa intención seguir traballando para acadar eses obxectivos.

E eu non falo para os soberbios non falo para os ruíns e poderosos, non falo para os finchados, non falo para os baleiros, non falo para os estúpidos, que falo para os que aguantan rexamente mentiras e inxustizas de cotío; para os que súan e choran un pranto cotián de bolboretas, de lume e vento sobre os ollos núos.

IES de Melide

Pero o cerne da nosa xuntanza é a música. A música como conservante da lingua: a que adoza os momentos duros de traballo, o altifalante das protestas, o fío condutor de moitos encontros, o berro animoso. Na nosa cita a música persóase nos grupos que participan no serán, na marcha gaiteira polas rúas, nos bailadores ou nos cantadores nas tabernas. Nada disto se pode separar da lingua. A lingua está en todo. A lingua somos nós, logo os nenos son o futuro da lingua. A continuación da palabra está neles. Tamén se fai lingua cando imos aos colexios a cantar os Reis. Fomos acompañados dun reiseiro, que lles explicou aos rapaces as horas de diversión unidas a xaneiro, os cantos de Nadal, as panxoliñas, o aguinaldo e a requenaviva. Tamén se fai lingua cando lles amosas un refaixo, ou como colocar o dengue. As partes da gaita ou o son das ferreñas na pandeireta.


Actualidade

IES de Melide

FOLGA EN CONTRA DEREIT OS HUMANOS DO PLAN BOL DEREITOS ONIA BOLONIA

Xuño 2009

8

Un artigo aparecido en La Voz de Galicia o sábado 8 de novembro, conta como uns soldados israelís humillan un palestino. A pesar de que o palestino non supoñía unha ameaza directa para as tropas israelís, estas secuéstrano, cóbrenlle a cara, póñeno de xeonllos e átanlle as mans. O palestino vese obrigado a repetir frases que lle manda un soldado, son burlas e humillacións que repite ante as risas doutros soldados. Tras darse a coñecer o vídeo onde aparecen estes feitos, o Exército israelí asegura condenar todo tipo de humillación e non aproba o que fixeron con este cidadán palestino, pero eu pregúntome onde estaban eles cando aconteceu isto. Esta noticia demostra que, por desgraza, aínda no século XXI hai mostras de violencia, humillacións e malos tratos.Creo que neste artigo vese perfectamente que se burlan dos dereitos humanos e que en moitos países hoxe practicamente nin existen. Para rematar, gustaríame non ter que ver máis estas noticias, e que remataran para sempre.

O día 22 de outubro de 2008 manifestámonos 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato en contra do plan Bolonia. Neste plan elimínanse as licenciaturas e diplomaturas para dar paso aos grados e postgrados. Tamén se quitarán as becas, que serán substituídas por cartos que se terán que devolver en cotas cando se empece a traballar. Como dicía, o día 22 de outubro manifestámonos en contra desta lei. Concentrámonos todos no instituto e saímos del con rumbo ao concello. Alí estivemos coa alcaldesa, que escoitou as nosas protestas. Despois fomos cara o centro da vila, onde estivemos protestando en contra desta lei. Cando estabamos pasando por unha rúa, unha señora, dende a ventá do seu piso, berrounos: «Deixade de andar a berros e estudade». Penso que a xente non entende o que pasa, e creo que algúns alumnos tampouco lle dan moita importancia. Para algúns deles ir á folga é sinónimo de pasalo ben, pero non de intentar cambiar o futuro. A proba está en que cando saímos do instituto eramos bastantes máis dos que viñemos. Considero que valeu a pena, xa que se non fixeramos a folga todo o mundo pensaría que estamos de acordo con esta lei, e desta maneira deixamos ben clara cal é a nosa postura. ALBA FERNÁNDEZ BUJÁN, B1B


Actualidade

NON A O PLAN BOL ONIA AO BOLONIA

IES de Melide

O día 22 de outubro os alumnos e alumnas do instituto de Melide fixemos unha folga para protestar contra o plan Bolonia. Ao igual que en moitos outros centros próximos, o alumnado do IES de Melide manifestouse no instituto e logo polos arredores do centro. Comezaron lendo un manifesto que dicía como é o plan Bolonia e o que pretende facer con todo o estudantado. Logo repartiron pancartas entre o alumnado con 9 lendas escritas nelas que dicían: «Non á privatización», «Non ao plan Bolonia». Ao remataren coa lectura, os alumnos/as de 2º ciclo e bacharelato dirixímonos á praza do convento, e leron de novo o manifesto diante do concello. Alí estaba o alumnado de 2º ciclo e bacharelato xunto coa alcaldesa e outras persoas. Logo foron polas rúas de Melide, protestando e recollendo sinaturas entre os cidadáns que apoiaban a folga. Para rematar, dirixíronse todos ao centro e seguiron recollendo sinaturas entre o profesorado e o alumnado. Este plan pretende: Retirar as bolsas universitarias, pasando estas a ser préstamos que haberá que devolver ao rematar a carreira. Endurecer a selectividade, introducindo unha proba oral de idiomas, isto favorecerá aos estudantes que poidan acceder a academias privadas. Obter unha nota superior ao igual a cinco. Endurecer o acceso ás carreiras máis solicitadas. Este plan prexudicaríanos a todos nós, xa que non todos teñen a posibilidade de estudar. Con este plan cada vez serán menos os estudantes que teñan o privilexio de acceder ás carreiras. Por iso todos dicimos: «NON AO PLAN BOLONIA»

Xuño 2009

MARY CARMEN SÁNCHEZ SÁNCHEZ, B1A

A folga contra o plan Bolonia que numerosos alumnos e alumnas do centro de Melide secundaron o ano pasado, xunto con moitos outros centros educativos de Galicia, mostrou, polo menos dende a miña perspectiva e pola parte que me toca, unha gran unidade contra as numerosas inxustizas que o actual goberno galego galego pretende facer cumprir, pese a unha total disconformidade cidadá. Eu só espero que o goberno reflexione sobre as medidas tomadas e refute o plan Bolonia. JUDITH RAMOS CASTRO, B1A


Actualidade

IES de Melide

ENTREVIST A A AHMEDU MOJT AR ENTREVISTA MOJTAR ABDELAHE

Xuño 2009

10

O día 29 de outubro viñeron ao IES de Melide integrantes da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e o representante da Fronte Polisaria para Galicia, Ahmedu Mojtar Abdelahe, ao cal lle fixemos unha entrevista para coñecer máis do problema do pobo saharauí. - Ola, boas tardes, señor Ahmedu. - Boas tardes. - Que relación o une con Galicia? - Vén dada polo feito de que en todas as comunidades autónomas do estado existe unha representación permanente da Fronte Polisaria. Temos unha oficina aberta dende principios dos 90 e tamén o feito de que existe o proxecto Vacacións en paz polo que moitos nenos saharauís pasaron as súas vacacións aquí, en Galicia. Isto, sumado á necesidade de sensibilizar á opinión pública, xustifica a existencia dunha oficina permanente. - En que situación se atopan na actualidade os campos de refuxiados? -Atópanse nunha situación que se podería cualificar como de emerxencia permanente. Emerxencia permanente porque ao tratarse dunha poboación refuxiada, precisa a asistencia e axuda humanitaria permanentemente. A situación é delicada e difícil ao mesmo tempo. Neses campamentos hai arredor de 200.000 persoas que subsisten da axuda humanitaria: alimentación, medicinas, as poucas infraestruturas que agora mesmo hai nos campos… Polo tanto, é unha si-

tuación deplorable pero os habitantes dos campos anhelan que se faga xustiza para que poidan regresar á súa terra. - Ve próximo o plebiscito de autodeterminación? - Para nós o referendo de autodeterminación é unha das posibles vías para resolver o conflito. Loxicamente, este referendo estivo a punto de organizarse dúas veces, pero por incumprimento por parte de Marrocos co trato con Nacións Unidas non se puido levar a cabo. Nós pensamos que se a ONU e os países occidentais interesados na resolución deste problema exercesen máis presión sobre Marrocos, o referendo poderíase levar a cabo porque todos os mecanismos necesarios para facer esa consulta existen: a ONU ten un corpo electoral definido e sábese que saharauís teñen o dereito de participar nesa consulta. Polo tanto, é unha cuestión de falta de vontade por parte de Marrocos. - Poderíanos explicar bre-

vemente que labores realiza a Fronte Polisaria? - A Fronte Polisaria é a organización política que representa ao pobo saharauí. Todo o traballo deste movemento político vai encamiñado a que o pobo do Sáhara Occidental teña a oportunidade, quizais única na súa historia, de expresarse con liberdade e decidir libremente o seu futuro. Mentres non se logre esa meta, o seu traballo é amplo. Vai dende a organización dos campos de refuxiados ata a sensibilización da opinión pública internacional a través de embaixadas repartidas por todo o mundo. A República Árabe Saharauí Democrática (RASD) está recoñecida por máis de oitenta países cos cales mantemos relacións diplomáticas. Hai que lembrar tamén os centos de oficinas que temos establecidas en Europa e Estados Unidos, que teñen a finalidade de informar ás forzas políticas, a diversas ONG e á opinión pública en xeral a evolución do conflito.


Actualidade

ENTREVIST A A AHMEDU MOJT AR ENTREVISTA MOJTAR ABDELAHE «OS SAHARAUÍS VIVEN NUN ESTADO DE EMERXENCIA PERMANENTE», AHMEDU MOJTAR ABDELAHE, REPRESENTANTE DA FRONTE POLISARIA EN GALICIA VISITOUNOS NO PASADO OUTONO.

versión, o cal é totalmente normal pero todo se debe facer na súa xusta medida. Achegarse a estas problemáticas e implicarse nelas, ademais de contribuír para que esas inxustizas se poidan remediar, tamén permiten que a xente nova constrúa un mundo máis libre, democrático e xusto, porque esas son as solucións reais dos problemas que hoxe en día afectan ao mundo no que vivimos e, no caso do pobo saharauí, é un pobo que tedes cerca, que podedes considerar un pobo irmán e oxalá pronto os saharauís accedan á súa liberdade e poidades viaxar ao Sáhara Occidental libre e independente, e coñecer as familias saharauís das cales tivestes os seus fillos. - Moitas grazas por concedernos esta entrevista e acercarnos tan ben aos problemas polos que pasan os nosos compañeiros saharauís. - Grazas a vós tamén por darme a oportunidade. XISELA FUCIÑOS VÁZQUEZ B1B, DAVID MÉNDEZ MARTÍNEZ B1A

11 Xuño 2009

- Cre que a manifestación do 15 de novembro pode axudar en algo? - Creo que calquera acción hai que vela en positivo e sumala a moitas outras accións. Esa manifestación prevista para o 15 de novembro en Madrid servirá para visualizar a problemática saharauí, que a opinión pública se dea conta de que na problemática saharauí ten responsabilidade o estado. Seguen mirando a outro lado e a cidadanía ten que ensinarlles que ese non é o camiño a seguir. A cidadanía debe tentar que o Estado leve a cabo unha solución pacífica que axude a solucionar o problema dos saharauís que leva durado moito mais do que debería. - Para finalizar: quere contarlles algo aos nosos compañeiros e compañeiras? En primeiro lugar agradecervos o esforzo investido para realizar hoxe a charla no voso instituto, agradecervos o interese que estades mostrando ante este problema. Sinceramente é motivo de satisfacción que xente nova se interese por estes problemas, porque lamentablemente non é a dinámica que actualmente segue a xente nova, que actualmente pasa destes temas e tira máis polo ocio e a di-

IES de Melide

Outra das funcións da Fronte Polisaria é a de recabar toda a axuda humanitaria tanto para o mantemento da poboación como para acadar maior recoñecemento internacional. En definitiva, difundir a problemática saharauí para lograr máis adhesións á resolución do conflito. - Que poderiamos facer os galegos e galegas para que o Estado Español tente solucionar o problema saharauí? - Hai que recordar que o problema dos saharauís foi causado por unha decisión do Estado Español no 1973. Esta postura é a que xerou o actual exilio saharauí e esta situación de guerra permanente. Unha situación na que Marrocos vulnera os dereitos humanos. Polo tanto, ao ser un problema xerado polo Estado Español, este ten unha responsabilidade histórica e moral co pobo saharauí. Os cidadáns, como cidadáns dun país democrático, poden facer moitas cousas: actividades dedicadas a recoller axuda humanitaria para o pobo saharauí e actividades de denuncia da situación actual e sensibilizar e informar ao resto de poboación desta problemática. Os cidadáns poden reclamar e esixir coa súa voz e o seu voto para que se faga xustiza e, a través dos medios internacionais precisos, se lle dea liberdade ao pobo saharauí para poder expresarse como pobo.


Actualidade

IES de Melide

CHARLA SOBRE O VIH

Xuño 2009

12

Boas, compañeiros/as!!! Como ben sabedes, no mes de novembro tivemos no noso IES unha charla sobre o virus VIH, o virus que cando está avanzado provoca a enfermidade da SIDA. Polo tanto, para manternos sans, deberiamos manter sexo seguro, que non sei por que, pero ás veces isto non ocorre. Non só podemos quedar nós embarazadas, senón que podemos coller unha enfermidade de transmisión sexual, que a eles tamén lles afecta. O que deberiamos facer sería a proba, só para quedar sen a dúbida, e, sempre que manteñamos unha relación, poñer condón. É o único que te protexe das enfermidades. Como ben vistes, polo IES hai carteis pegados polas paredes alertándonos de que non esquezamos os condóns... e, a verdade, non é gracioso, É NECESARIO. Así que facede as cousas coa cabeza. Ata outra, e... non esquezas os condóns. Bicos. EDURNE SUÁREZ PRADO, B1B

O día 26 de novembro foi o Día Internacional contra a SIDA, polo que tivemos unha charla sobre esa enfermidade. Foi amena e aprendín cousas novas. En gran parte foi polo modo en que deron a charla, xa que, sabendo que a mellor forma de aprender e saber unha cousa é véndoa, puxéronnos unha película onde se observaban as vías de transmisión do VIH e como, en pouco

tempo, se pode transmitir entre un grupo de compañeiros. ESTEFANÍA

Nesta charla, entre outras cousas, explicaron a diferenza entre o VIH e a SIDA, xa que hai moita xente que non a ten clara. Chámaselle VIH ao virus e SIDA á enfermidade que produce o virus. Nunha primeira parte puxeron a película «Kids», que conta a historia duns rapaces neoiorquinos dos anos 80. Despois explicáronnos algunhas cousas sobre a enfermidade, como por exemplo: como se manifesta, que problemas pode ocasionar... Persoalmente gustoume moito a conferencia, xa que nos falaron dunha enfermidade da que a maioría da xente só sabe o nome e non en que consiste, e aclaráronnos as dúbidas neste aspecto. XISELA

O outro día estivemos vendo unha película na que aparecían uns rapaces que non tiñan actuacións razoables: bebían e fumaban a todas horas e todos polas mesmas botellas, mantiñan relacións sexuais sen ningún tipo de seguridade nin métodos anticonceptivos. Deste xeito podían ser infectados polo VIH ou SIDA. A maioría da xente que o ten non o sabe, por iso estaría ben realizar as probas para comprobalo e poder tratalo. Este virus non se transmite só por relacións sexuais, senón tamén polo sangue, por compartir xiringas con outras persoas ou por beber


Actualidade

CHARLA SOBRE O VIH

No principio da película saía un grupo de rapazas dando a opinión que tiñan elas das relacións sexuais, e por outro lado un grupo de rapaces facendo o mesmo. Eles opinaban todo o contrario que elas. Para min, estas charlas é importante que se dean todos os anos, porque aínda que o saibamos, non podemos estar o suficientemente convencidos dos riscos aos que estamos sometidos. Tamén penso que a xente que mantén relacións sexuais sen usar protección non pensan nada, que non teñen a cabeza para pensar, porque non custa case nada usar protección. PATRICIA

13

A película trataba sobre un rapaz que mantiña relacións sexuais con rapazas virxes sen preservativo, xa que así pensaba que non se contaxiaría. Unha rapaza coa que estivera el fixo a proba e descubriu que tiña o VIH e, como só estivera con el, o rapaz contaxiáraa. Mentres, el intentaba deitarse con outra rapaza e conseguiuno nunha festa, mentres a primeira buscábao para avisalo. Pero chegou tarde e drogada, polo que quedou durmida, e o amigo do rapaz deitouse con ela así e contaxiouse. Polo tanto, dunha persoa contaxiada, nun curto período de tempo, acabaron catro co VIH. De onde lle viña o contaxio? Pois pénsase que da nai do rapaz, porque el só se deitaba

Xuño 2009

MANUEL

IES de Melide

un litro de cuspe de outra persoa infectada. Despois de ver esa película, déronnos unha charla para que intentaramos evitar este tipo de condicións nas que podes ser infectado/a, e incluso repartíronnos tres preservativos para cada persoa, e ensináronnos a poñelo, tanto o masculino como o feminino, porque, mal posto, pode levarnos a que rompa, e polo tanto non valería de nada. Considero que esta charla é moi importante e válida, pero tamén lla deberían de dar aos de terceiro e cuarto de ESO, porque cada vez máis relacións inseguras ou sen métodos anticonceptivos son mantidas por persoas con trece e catorce anos. con virxes. Hai uns anos o contaxio por VIH era menor, pero nestes últimos tempos subiu dunha maneira abraiante. A máxima alerta atopámola na xuventude de entre 16 e 25 anos, e só polo simple feito de poñer un preservativo, o contaxio non se produciría. NOELIA

A min a película pareceume algo irreal. Os protagonistas dábanse á mala vida, xa que consumían drogas, fumaban e bebían alcohol con menos de dezaoito anos. Tamén tiñan mala hixiene por parte das nais cando eran pequenos, e mesmo eles non se duchaban e cambiaban de roupa moi a cotío. DIEGO


Divulgación

IES de Melide

NA PROCURA DO CONCEPT O CONCEPTO DE CUL TURA CULTURA

Xuño 2009

14

Que é cultura? Unha cousa é segura: este é un concepto que todo o mundo cre coñecer e a todos nos custa definir, quizais porque a concepción da cultura varía dunhas persoas a outras e está moi ligada á visión que posúe cada un e, desde o punto de vista do uso da lingua, unha persoa realmente culta non é aquela que cre coñecer a lingua, senón aquela que domina todos os rexistros dela e sabe usalos segundo as circunstancias. Mais si hai algo no que todos coincidimos: a cultura non é individual, senón un mosaico de múltiples elementos que están, ademais, relacionados coa identidade. Os alumnos de 1º de BAC A queremos aportar as nosas visións do que entendemos por cultura.

É a interacción lingüística entre as persoas e tamén un modo de transmisión de información (Mari Carme). É o resultado da interacción lingüística (Judith). O conxunto de coñecementos, modos de vida e costumes dun pobo e nunha época (Patricia). O conxunto de coñecementos, crenzas e costumes que caracterizan ás poboacións (Ingri). O conxunto de tradicións dun pobo (Tania). O conxunto de costumes dos nosos ancestros que agora intentamos coñecer todos (Silvia). O conxunto de coñecementos (do que moitos carecen) que se van adquirindo ao longo da vida e que se transmiten a través da linguaxe e dos sentimentos (Inés). É o conxunto de costumes e emocións que teñen as persoas ou pobos (Fani).


Divulgación

NA PROCURA DO CONCEPT O CONCEPTO DE CUL TURA CULTURA É o conxunto de tradicións, crenzas, saberes... que nos dan unha identidade como pobo e como persoas (Carlota).

IES de Melide

O conxunto de costumes e tradicións que coñece, ou intenta coñecer, unha persoa e que a fan integrarse nun pobo ou comunidade (Maikel). É un conxunto de costumes, tradicións… dun pobo ou persoa (Diego).

15

Os distintos costumes, linguaxe, tradicións… que ten unha determinada sociedade (Lidia). Son a tradición, os costumes e moitas outras cousas que forman unha sociedade (Andrea). Tradicións, costumes, coñecementos… que crea unha sociedade e se transmiten entre xeración e xeración a través da linguaxe (David). O conxunto de tradicións e costumes que tiña antigamente un pobo e que se vai transmitindo de xeración en xeración (Alberto). O conxunto de experiencias, ideas e leccións que se adquiren ao longo da vida (Álex). Costumes, coñecementos, crenzas e todo o que só coñecen as persoas dun lugar específico (Uxía). Conxunto de tradicións que ten un pobo, sociedade… (Laura). Conxunto de coñecementos, costumes… que unha persoa pode chegar a adquirir (Mónica). ALUMNADO DE 1º BAC A

Xuño 2009

É o que nós creamos, dende o principio do mundo, cos nosos feitos, costumes… (Martín).


Divulgación

IES de Melide

POLÍTICOS E POLÍTICA

Xuño 2009

16

Vouvos dar a miña opinión sobre os políticos e do que falan. Todos coñecedes a Rajoy, Anxo Quintana, Touriño, Zapatero, etc; pero, por que só se fala deses se eu o único que os vexo facer é falar, falar, falar e falar. Por que non se coñecen aqueles que son os que en realidade máis traballan? Non se coñecen porque nos medios de comunicación non lles interesa que se vexa a realidade, o único que queren é que o deles sexa o máis visto, aínda que non sexa verdade, aínda que conten todo o contrario, tanto ten, porque ninguén lles di nada, nin os intenta corrixir. Pídovos que reflexionedes sobre isto, criticade e intentade corrixir e criticar o que non vos pareza xusto. Anímovos a escribir a INTRES para dar as vosas opinións. NOEL ALBA SALGADO, S3C

AS REBAIXAS

Todos os anos despois das datas de Nadal e Reis chegan as rebaixas a todo Galicia. A maioría dos galegos e das galegas cando imos de compras nunca nos fixamos un orzamento para gastar un determinado diñeiro, senón que tendemos a abusar das tarxetas de crédito. Neste caso eu creo que temos máis tendencia as mulleres, xa que facemos máis compras ao longo do ano, e gastamos máis. Pero ao contrario que algúns homes, fixámonos moito máis nas etiquetas, prezo e talle, se o que mercamos está ben rebaixado, se se atopa en bo estado, se é de boa calidade e, o máis importante e principal, que sexa actual, xa que moitas veces as tendas sacan produtos, roupa, aparellos... de anos pasados gardados en stock, os que non deron vendido e inténtano ao estar rebaixados. Cando saímos mercar buscamos o «choio» perfecto ou a «ganga» onde

pedimos nada máis e nada menos que sexa barato, tamén se utiliza o famoso dito dos tres «b» de bo, bonito e barato, que sería o máis efectivo, aínda que moi difícil de atopar... pero non imposible. Segundo as enquisas, este ano asistimos ás rebaixas máis agresivas dos últimos anos, así que deberemos ter coidado á hora de mercar e informarnos, preguntar as dúbidas que teñamos, xa sexa na publicidade ou nas posibilidades de cambio. Xa sabes que necesitamos gardar o comprobante de pago, as etiquetas e que nos deben dar garantías para non ter problema ao devolver a prenda. Se xa mercas por internet ou estas aprendendo, accede a páxinas seguras para non ter ningún problema. TANIA ARIAS CARBALLAL, B1A


Divulgación

A FELICID ADE É FELICIDADE A TÚA LIÑA DE HORIZONTE «Non esperes ser feliz. A felicidade é a túa liña de horizonte. Retirarase antes de que poidas alcanzala» William Nicholson, La sociedad de los otros

sa, pero si cambian as cousas. Vannos concienciando pouco a pouco levándonos a tentar manter o planeta, e isto obriga a algunhas empresas a utilizar os novos métodos de produción para mellorar a súa popularidade e vendas, pero isto non é suficiente. A comodidade segue reinando para os humanos, e aínda que comecemos a cooperar, rematamos por cansar. Se queremos rematar con esta situación, debemos desafiar a nosa natureza como seres humanos e olvidarnos de loitar pola felicidade. De todos os xeitos, non lograremos ser felices. Ademais, os luxos que estamos acadando non nos servirán de nada cando o ser humano se atope de fronte cunha situación coa que non se poderá enfrontar: quedar sen planeta. Onde imos utilizar os luxos se nin sequera temos onde existir? Todos nós temos o poder de evitalo. É o noso deber usalo. DAVID MÉNDEZ MARTÍNEZ, B1A

17 Xuño 2009

todo pola extrema dependencia que temos deses papeis de cores para sobrevivir e poder perseguir a nosa felicidade: precisamos deles para cubrir as nosas necesidades básicas e os luxos que todos queremos. Ninguén escapa ao sistema, e isto lévanos a pensar nos que mandan no diñeiro, as grandes empresas. As empresas son organismos dirixidos por persoas que buscan a felicidade como todos os demais e, polo tanto, o único que pretenden é obter diñeiro sen importar os medios que usen: a contaminación, os materiais e enerxías non renovábeis nin reciclábeis e materias primas reciclábeis, que levan ao esgotamento destes, o cal non sucedería se se utilizasen fontes de enerxía renovábeis e materiais reciclábeis, pero ao usar estes medios os beneficios diminúen e, con eles, tamén o fai a felicidade teórica. Agora ben, non podemos culpar aos directivos desas grandes empresas por facer o que fan, porque o ser humano, ademais de buscar a felicidade, tamén loita pola comodidade, e utilizar os métodos convencionais é máis sinxelo, como tamén o é para nós comprar produtos máis contaminantes pero menos caros, e non traballar por reducir a contaminación tamén o é. Non hai demasiadas persoas que loiten e se preocupen polo planeta e os seres vivos que o habitan, e por desgraza non son altos cargos de ningunha empre-

IES de Melide

O ser humano é un animal único. Dende que nacemos, loitamos ata a nosa morte buscando a felicidade e o cumprimento dos nosos soños, chegando a olvidar as necesidades básicas que temos como animais, pero nunca o logramos. Pode ser que, nun momento dado, academos algo que queriamos, pero en lugar de ser felices buscamos unha nova meta, e loitamos por ela ata conseguilo, repetindo o ciclo ata a nosa morte. Non estou dicindo que esta forma de vida sexa negativa, xa que grazas a ela se crearon marabillas inimaxinábeis doutro xeito, pero é certo que a causa de elementos que corrompen a nosa visión da felicidade, téñense provocado desastres tamén inimaxinábeis doutro xeito. As ansias de poder combinadas con ideas extremistas deron lugar a inxustas ditaduras nas que se tenta eliminar ideas a través de mortes. O fanatismo patriótico e relixioso provocou e segue provocando millóns de mortos en inxustas guerras e a discriminación causa tamén grandes perdas humanas. De acordo. Moitos destes problemas viron a súa dimensión inmensamente reducida nos últimos séculos, pero existen e fan dano día a día. Ademais, queda o elemento principal da corrupción da visión da felicidade. Falo, obviamente, do diñeiro. O diñeiro pode chegar a espertar o peor que unha persoa ten no seu interior, e


Divulgación

PINT AD AS PINTAD ADAS Os graffitis ou pintadas son formas de inscrición ou pintura que podemos atopar en propiedades públicas ou privadas (muros, automóbiles, mobiliario urbano, pistas de skate), frecuentemente con contido político ou social. Pero tamén son graffitis as inscricións que quedaron en paredes dende os tempos do Imperio Romano (consignas políticas, insultos, declaracións de amor,…). Do mesmo xeito, os piratas e os mariñeiros deixaban os seus pseudónimos e iniciais sobre pedras e rochas nas terras que pisaban.

Historia do graffiti contemporáneo

IES de Melide

Algúns graffitis famosos ata os anos 50.

Xuño 2009

18

Durante a Segunda Guerra Mundial, cando as tropas norteamericanas entraron en Túnez (primavera de 1943), viron por primeira vez o graffiti: Kilroy was here («Kilroy estivo aquí»). Nos seus avances por Italia, Francia e Alemaña, as tropas volveron atopar este graffiti, pero nunca se soubo nada sobre o autor (crese que pertencía a unha unidade de Ohio). O certo é que se fixo famosa en todo o mundo.

Graffiti moderno (1960-1970).

Décadas máis tarde, por mor, das revoltas estudiantís de Maio do 68 en París, moitos slogans popularizáronse. Algún exemplos: - L’ imagination au pouvoir («imaxinación ao poder»). - Sous les pavés il y a la plage («debaixo do empedrado está a praia»). A expresión graffiti úsase tamén para referirse ao movemento artístico do mesmo nome, diferenciado da pintura ou como subcategoría da mesma, coa súa orixe no século XX. Foi un movemento iniciado en Nova Iorque e Filadelfia (getting from the underground) nos anos 60.

Últimas décadas do graffiti

O graffiti é un dos elementos básicos da cultura Hip Hop, na que se chama «grafo» ou «graffiti» a un tipo específico de pintada Dentro dos graffitis, cobrou gran importancia o «tagging», firma ou acrónimo dunha persoa ou dun grupo de persoas, xeralmente crews (grupo que se dedica a pintar de maneira conxunta). Para os tags co nome dos crews, sóense utilizar abreviaturas ou siglas. Un tag é unha maneira de expresar un propio estilo mediante un alcume ou un alias. O tagging comezou na década dos setenta nos trens de metro de Nova Iorque. Algúns graffiteiros combinaban maneiras de pintar e así apareceu o estilo «trow up». Foi o seguinte paso na evolución do graffiti, é unha versión refinada da letra pompa, e a súa popularidade xorde da súa facilidade para pintar.


Divulgación

PINT AD AS PINTAD ADAS O graffiti está considerado como unha arte urbana, pero hai que saber ben en que espazo se fai, xa que, por exemplo, por unha pintada feita nun inmoble catalogado como Patrimonio Histórico poden chegar a ter multas de ata 30.000 euros. Non vale calquera sitio! Se queres máis información sobre o tema das pintadas e os graffitis, aquí tes algunhas direccións:

Pintadas en Melide

IES de Melide

www.positivos.com www.hiphopyaik.com www.activohiphop.com www.diosquetecrew.com

19

Alberto: As pintadas están feitas por persoas que intentan expresar os seus ideais ou simplemente chamar a atención. Tamén son moi habituais en casas deshabitadas, nos puntos de reunión da xente nova, cabinas telefónicas, etc… Un clásico no mundo das pintadas é: Se estás lendo isto é porque non tes outra cousa mellor que facer. Lucas: Normalmente as pintadas están en exteriores, pero tamén as atopamos nos baños, nos bancos e mesas do instituto… Chámame a atención unha pintada de Melide: é a caricatura dun home fumando; está na Praza das Coles.

Xuño 2009

Iván: En Melide hai unha chea de pintadas por moitas fachadas e muros. Son moi variadas: firmas (taggings), lemas de carácter político, graffitis (debuxos),… Os seus autores son graffiteiros, que pintan sobre todo de noite, nas fins de semana. Unha pintada curiosa é un tagging que hai cerca do insti, na porta dun garaxe .


Divulgación

PINT AD AS PINTAD ADAS

IES de Melide

María: As pintadas soen ser breves e moi expresivas; moitas veces son de carácter político, outras, son debuxos (caricaturas, símbolos,…) e ás veces son firmas de xente que deixa a súa pegada por onde pasa. Unha das pintadas que recordo é unha que vin na porta dun garaxe en Melide: era o debuxo dunha cara con pinta de mala uva.

Xuño 2009

20

Jose: Os colectores de lixo, os vagóns de tren e os coches de todo tipo tamén son lugares nos que te podes atopar cun graffiti. Recordo unha pintada dun nome nun coche. Era morada e amarela, e ocupaba desde o maleteiro ata o capó! Miguel: A maioría das pintadas son feitas por bandas de rapaces, algunhas escritas por xente que protesta por algún motivo e quere conseguir algunha cousa. As máis chulas son as de firmas con algunha rima. Jenni: Para facer unha pintada utilízanse normalmente sprays de miles de cores, pinturas ou rotuladores de trazo groso. Recordo un grafiti nun portal de Madrid: era un cabalo con ás, precioso. Pero as que todos vimos son as que están na entrada dunha coñecida cafetería… ALUMNADO DO PDC 4º ESO:JENNIFER MATO LÓPEZ, MARÍA VÁZQUEZ GÓMEZ, LUCAS RAMOS BUJÁN, MIGUEL CASTRELO FERNÁNDEZ, ALBERTO SÁNCHEZ PANDELO, JOSE ANTONIO FERNÁNDEZ PÉREZ, IVÁN VIDAL VARELA


Divulgación

O FENOMENO DOS BL OGS BLOGS OGS,, OG TS… FO TOL OLOG OG,, CHA CHATS… FOT

21 Xuño 2009

emigración, ou para manter o contacto cos membros da súa familia. En canto ao mundo do fotolog, metroflog, tuenti e calquera blog deste tipo, tamén ten características similares ás do messenger debido a que temos que ter especial coidado á hora de ofrecer información persoal, que pode ser utilizada para calquera cousa. Os adolescentes, que somos as que máis gozamos deste servizo, utilizamos este medio para expresar os sentimentos que temos en cada momento da vida cotiá. O fotolog, desde o meu punto de vista, é un medio para darse a coñecer ao mundo, para que todos os adolescentes do teu medio te coñezan… O fotolog e mas o tuenti son unha moda pois ter moitas sinaturas nestes blogs de xente que incluso nin sequera coñeces, non é sinónimo de popularidade. As sinaturas que realmente pagan a pena son as das

IES de Melide

Un elevado número de persoas utilizamos estes medios para coñecer xente nova, sen nos dar conta de que non todo ten porque ser verdade, non sabemos nin con quen estamos falando, nin como a outra persoa é realmente, porque a dicir verdade, non é moi complicado facerse todo un galán polo outro lado da pantalla dun simple e sinxelo aparello electrónico. Empezan a contarche a súa suposta vida e sen que ti te deas conta indagan a túa propia e ti, inconscientemente, vásllela contando aos poucos. Desta inconsciencia comeza unha suposta amizade, logo desta relación sae o comentario «por que non nos coñecemos?»e loxicamente dás o seguinte paso, quedar para verse por primeira vez en persoa. Non nos podemos fiar do que algún ao outro lado da rede nos diga porque non o coñecemos de nada e non sabemos que pode chegar a facer. Pero tamén ten o seu punto positivo, porque tamén hai historias nas que dúas persoas que na rede se coñecen acaban formando familia, pero a pregunta segue estando presente, que facemos para saber de quen nos temos que fiar? O messenger tamén pode ser unha ferramenta moi útil, por exemplo, para os estranxeiros, que usan este medio para comunicarse cos amigos que tiveron que abandonar debido á

persoas que ti aprecias e que, moitas veces conciénciante de que tes xente ao teu arredor que te aprecia. As sinaturas do fotolog son como unha carta, moitas veces úsanse para expresar o que un sente e non se atreve a dicirllo a esa persoa á cara. Pero o feito de ter sinaturas significa que tes «amig@s», simplemente, desde o punto de vista da maioría dos membros deste sector. PATRICIA VÁZQUEZ LOUREIRO, B1A


Divulgación

TEMOS MOIT OS BL OGS! MOITOS BLOGS!

IES de Melide

Ola a todos! Temos un blog!!! Nel escribimos as alumnas/os de Cultura Clásica de 4º e 3º, pero tamén podedes participar vós escribindo comentarios, e proñéndonos traballos para que fagamos que estean relacionados coa mitoloxía ou co mundo clásico. A nós parécenos unha estupenda idea facer o blog, xa que nel as clases son máis entretidas e aprendemos moitas cousas novas. Por suposto, contamos coa colaboración e axuda da nosa profesora, Susana Losada, que foi quen tivo a idea de que fixésemos todo isto. Por certo! nel podedes consultar tamén o voso horóscopo decatarvos dos moitos líos de Zeus coas súas amantes, consultar dúbidas de mitoloxía, historia, arte, descargar material de clase... O enderezo é

Xuño 2009

22

www.aspasiamelide.blogspot.com

Esperamos que o visitedes e que comentedes o que vos apeteza. Grazas. MARTA & LAURA, S4B

O IES de Melide é un claro exemplo do fenómeno dos blogs. Aproveitamos este espazo para publicitar algunas das nosas bitácoras, animándovos a participar cos vosos comentarios ou mesmo como autores/as.

BIBL OMELIDE BIBLOMELIDE http://www.biblomelide.blogspot.com/ É un espazo da Biblioteca do I.E.S. de Melide, que xurde como lugar de comunicación en torno aos libros: lugar de debate, relato de experiencias, intercambios, descuberta doutros mundos... en fin, todo o que nos pode ofrecer o marabilloso mundo da lectura que queremos compartir con todos os que vós acheguedes a estas páxinas.

PAP ALIBROS APALIBROS http://papalibros.blogspot.com/ É un club de lectores, que non busca nada máis (e nada menos) que ler por pracer, comparti o que se le e difundilo para que outros o disfruten.

CINEMA PPARADISO ARADISO http://www.biblomelidecine.blogspot.com/ Pasa, toma asento, a película vai dar comezo. Nunha biblioteca o cine ten importancia, porque nel temos literatura, poesía, música, interpretación, fotografía, sons, silencios,... e porque, ante todo, nos fai soñar (que non é pouco). Sede benvid@s


Divulgación

TEMOS MOIT OS BL OGS! MOITOS BLOGS! BOAS NOVAS http://boasnovasmelide.blogspot.com/ É un espazo virtual da biblioteca do IES de Melide para falar da cara amable das noticias de prensa, desas que fan abrir o xornal todos os días cun sorriso na boca.

ARTEF A CT O ARTEFA CTO http://artefactomelide.blogspot.com/ É un espazo do IES de Melide para a creación artística, literaria e visual, onde ambas disciplinas dialogan, xogan e se enriquecen mutuamente. Este é o lugar para que amoses o que levas dentro.

ECLIPSE MELIDE http://eclipsemelide.blogspot.com/ Este blog esta creado por dúas alumnas, Yoli e Laura, do IES de Melide, nel queremos dar a nosa opinión sobre a contaminación e o cambio climático, ademais de animarvos a que deixedes comentarios.

MELIDE ECONOMÍA http://economiamelide.blogspot.com/ Blog de Economía 08/09 do IES de Melide sobre Economía, Desenvolvemento Sostible e outros temas de actualidade

L UCES CCIÓN!! UCES,, CÁMARA ... A ACCIÓN!! http://economiamelidecine.blogspot.com/ Blog sobre cine e economía do IES de Melide

O BL OG DE 1º DE ESO BLOG http://iesmelide.blogspot.com/ CLIMÁNTICA IES DE MELIDE http://ies.melide.ccmc.climantica.org/ Blog sobre educación ambiental E aínda temos moitos máis blogs, que podedes visitar na web do instituto: http://centros.edu.xunta.es/iesdemelide/

23 Xuño 2009

É un espazo pretende dar ideas para esas tardes de Sábado e Domingo nas que non se nos ocorren moitas cousas que facer. Xorde coa intención de coñecer por riba de todo o patrimonio histórico e natural do noso arredor: Melide e comarca, Galicia e o mundo. Non nos chega o espazo da nosa casa para experimentar e estamos desexando aprender cousas novas da nosa contorna.

IES de Melide

CONT ORNA CONTORNA http://contorna.blogspot.com/


Lectura

ENTREVIST A A JA UREGUÍZAR ENTREVISTA JAUREGUÍZAR

IES de Melide

acaba contando historias que lle gustan a el, e son libros con intriga, aventuras con intriga, sempre que acontezan nos tempos nos que vivimos; a min gústame a literatura que fala sobre o tempo no que estamos, e non a literatura histórica. E son ese tipo de libros nos que pasan cousas.

Xuño 2009

24

Esta entrevista foi realizada por tres alumnas de 3º de ESO a Jaureguízar cando veu falar co alumnado do IES de Melide sobre a súa obra Salitre en novembro. 1.Cando comezaches a sentir curiosidade pola lectura? Pois durante moitos anos lía libros que non me interesaban moito, porque eu, cando era neno, nos colexios e nos institutos mandábannos ler libros moi clásicos, moi serios, de cousas que aconteceran hai moitísimos anos, cunha linguaxe antiga; a literatura para rapaces aínda non entrara nos institutos nin nos colexios. Eu descubrín que os libros eran unha cousa moi divertida lendo libros de Salgari e de Pío Baroja, un libro que se chamaba Zalacaín el aventurero, que foi o primeiro, lino con 13 ou 14 anos. 2.Cal é o tipo de libros que máis che gusta ler? Son libros parecidos aos que escribo eu, porque un sempre

3. Como comezou o teu afán por escribir? Empezou hai uns 30 anos, cando eu tiña 13, e daquela estaba comezando un grupo que se chamaba «Siniestro Total», que todos coñecedes, pero a min daquela era un grupo que me fascinou moito e me interesou moito o que estaban a facer, unha cousa moi divertida, moi fresca. Empecei a facer letras para formar un grupo, algo parecido a iso; como son torpe de orella non son capaz de facer música, polo que comecei con letras, e a partir de aí empecei a facer contos, e despois acabei facendo as novelas que fago agora. 4. Imaxinaches, cando escribiches as primeiras obras, que algunhas delas ían ser publicadas? Cando escribín as primeiras non, porque era moi novo, pero xa daquela empecei a publicar historias nas revistas do colexio; a primeira historia que publiquei tería 10 anos e publiqueina na revista do colexio, e a partir de aí empecei a publicar en revistas do instituto e despois da universidade, en xornais pequenos, e máis ou menos

ía vendo que publicaban esas cousas que facía. Logo chegou un momento no que conseguín publicar libros. 5. Como te sentiches ao velos publicados? Recordo a primeira vez que publiquei un libro de contos, pois recordo que estiven dando saltos pola casa durante un cuarto de hora cando vin que era meu, que estaba publicado o meu libro, pois é unha emoción grande. 6. Traballas só como escritor ou tes outra profesión? Non, a miña profesión principal é a de periodista. Eu son un redactor de cultura no diario O Progreso de Lugo, é ao que me dedico fundamentalmente, e a parte diso escribo libros, pero o meu traballo é o de periodista. 7. Gustaríache dedicarte única e exclusivamente aos libros? Non sei se me gustaría dedicarme única e exclusivamente aos libros, pero de momento como agora non pode ser, non mo plantexo. Sobre todo porque estou traballando nun sitio que me permite estar en contacto con moitas historias que acontecen todos os días. Isto deume moito material para os libros, e non creo que fose bo que deixase de estar no xornal, por que supoño que as miñas novelas perderían moita vida. 8. Escribes para todos os públicos ou só para a xuventude? Teño 17 libros publicados, e a metade son para rapaces,


Lectura

ENTREVIST A A JA UREGUÍZAR ENTREVISTA JAUREGUÍZAR e a outra metade para adultos, máis ou menos, escribo tanto para un público como para outro. Vou combinando, o normal é que faga unha historia para rapaces e outra para adultos ao mesmo tempo porque me gusta combinar as dúas cousas que son algo distintas; nas de rapaces tento que teñan máis vida, máis acción, máis ritmo; e as de adultos, que teñan máis de análise ou de reflexión.

11. Por que trataches os temas das drogas, alcohol e sexualidade? As drogas, o alcohol e a sexualidade son tres temas

12. Que queres ensinar con este libro? Cando escribo libros non pretendo ensinar nada, porque non dou clases, non son profesor, son periodista. Simplemente conto historias, tanto no periódico coma nos libros. Este libro fala sobre a importancia dos afectos sobre todo. Hai un rapaz que ten unha visión un pouco negativa de seu pai porque é ríxido con el e fai que sexa moi dis-

ciplinado, sen embargo o pai é o que coida del e lle soluciona a vida, e el, a pesar diso, ten mitificada a súa nai, que foi unha muller que o abandonou con seis anos; e falo un pouco diso, de que moitas veces queremos a quen non o merece e miramos mal a quen merece que o queiramos. 13. Esta obra trata dunha problemática actual. Todos os teus libros tratan deste tipo de temas? Os meus libros son sempre actuais; eu non fago novela histórica porque parece que non ten moito sentido se estás vivindo nunha época que non fales sobre a túa época, das cousas que pasan na túa época, das cousas que lle preocupan á xente da túa época. 14. Estás escribindo algunha historia? Eu sempre escribo dous libros a un tempo. Estou escribindo unha historia para rapaces e outra para adultos, e acabo de entregar dúas novelas que conto que sairán en marzo, que tratan sobre un reporteiro

25 Xuño 2009

10 Adoitas deixar o final destas historias indeciso como en Salitre? A historia de Salitre ten un final que non se pecha, que non se conta o que aconteceu, que non se sabe que foi da nai. Este final estaba pensado para que os lectores participasen nel, que pensasen en como podía ser o final. Quería que os lectores participasen dalgún xeito neste libro, pero hai moita xente que me pide unha segunda parte, e xa estou vendo que non sentou ben que deixase este final sen resolver.

que aparecen moi pouco no libro, pero son os que máis chaman. Tratei os temas porque son os que a min me preocupaban moito cando tiña 14 anos, cando nos contan que todo isto non se pode tocar, e logo vaste dando conta dos perigos que teñen cada un deles e das partes boas que teñen. Son temas de sempre, non os inventamos nós; xa en tempos de Grecia e Roma acontecían estas cousas. Son temas que me atraían nesa idade, como supoño que agora vos atraerán a vós, pero a verdade é que os trato moi pouco no libro.

IES de Melide

9. En que te inspiraches para escribir Salitre? Nace de que fun pasar un verán nunha casa que estaba sobre unha praia, e nun extremo da praia había un chiringuito dende o que se vían rapaces facendo surf. Aí foi cando comecei a pensar nesa historia.


Lectura

ENTREVIST A A JA UREGUÍZAR ENTREVISTA JAUREGUÍZAR

IES de Melide

que investiga misterios polas cidades galegas, e vai para rapaces. Espero que vos guste se tedes oportunidade e interese de lelo.

Xuño 2009

26

15. Canto tempo lle dedicas á creación literaria? Érgome todas as mañás ás seis, e o normal é que escriba ata as oito, máis ou menos. Eu teño dous nenos, e depende do que durman eles, do que me deixen traballar eles, pero o normal é entre unha hora e media e dúas horas. 16. En que te inspiras cando creas as historias. Véñenche simplemente as ideas á cabeza nun momento? Non, as ideas non veñen á cabeza, o normal é que un vaia todo o día lendo prensa, eu estou traballando un xornal, co cal todos os días estou en contacto con moitas historias que me interesan que van creando un pouso e ao final hai unha chispa que prende e sae a historia de aí, pero estou sempre lendo historias, mirando historias en internet e iso crea ao final os libros. 17. Cal dirías que é a túa obra preferida? É complicado dicir isto, porque non é moi xusto o éxito dos libros, a vida dos libros. Hai libros que custou moito facelos e que logo non interesaron a ninguén; outros que escribín rápido e foron un éxito. Un dos que me gusta máis é Salitre, é o que se leu aquí no instituto de Melide, e se me gusta é porque primeiro

contei unha historia que me apetecía contar, de intriga, unha historia moi sinxela e que foi moi ben recibida polo público, e iso sempre se agradece moito. 18. Acábanos de chegar a noticia de que fuches o gañador do premio Terra de Melide coa túa obra O Globo de Shakespeare. Como te sentes con este premio, un máis dos moitos que estás acadando? Este é un premio moi importante. Paréceme importante que un concello coma este faga unha aposta por manter un premio como o de Terra de Melide. Eu presenteime a el porque considero que é un dos premios importantes que hai nestes momentos no país. E foi cunha novela que se chama O Globo de Shakespeare, que está chegando nestes momentos ás librarías, e sempre cando un saca un libro ten un certo medo, porque un non sabe como vai reaccionar o público. Se houbese unha fórmula, todos nos dedicariamos a ela, e este libro en concreto, como vai respaldado por un premio, sempre hai un dobre medo porque a xente sempre o vai ler pensando que ese libro levou un premio e que sempre ten que ser un bo libro. Non sei se é un bo libro ou un mal libro, iso téñeno que decidir os lectores, pero sempre hai esa cousa. 19. Poderíasnos falar un pouco da túa obra O Globo de Shakespeare? É unha historia que aconte-

ce en Ribadeo, nunha vila da costa de Lugo na que eu pasei a miña infancia toda, e o que pasa é que hai un pazo no que aparece unha obra inédita de Shakespeare; entón é un pouco contar esa historia. Hai unha intriga e unha serie de personaxes que viven os seus amores e desamores a raíz de que atopan ese suposto manuscrito de Shakespeare. 20. Gustaríache dicir algo para os nosos lectores? Si, gustaríame contarvos o que estiven comentando hoxe nas clases aos rapaces que estabades. Que as historias non están unicamente nos libros, que están tamén nas mensaxes de SMS que vos enviades e nas historias que vos contades de cando vos pasa algo con un rapaz, ou con un profesor. ANDREA VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, SILVIA VÁZQUEZ SUFUENTES, PATRICIA ROCA FERNÁNDEZ, S3A


Lectura

MORNING ST AR, DE XOSÉ MIRAND A STAR MIRANDA Atopámonos no século XIX. Un grande número de bandoleiros esténdese por Galiza formando gavelas. Nisto se basea a novela Morning Star de Xosé Miranda.

ANDREA VÁZQUEZ VARELA, B1A

27 Xuño 2009

no que se nos conta a situación actual dos personaxes. O título desta novela é o nome do barco de Benito Soto (último pirata de occidente) que abordou o «Morning Star» no que levaba o tesouro polo que Lázaro e Tomás se enfrontan na novela. A súa tradución ao galego é «luceiro da alba»,que será a unión entre Lourenzo e Helena, pois cada vez que o miraban recordábanse un ao outro cando tiñan que separarse. Esta novela é entretida e emocionante, pois mantén a intriga en varias ocasións ao longo do libro. Ademais, creo que é bastante fácil de ler, posto que non ten un vocabulario moi complicado. Quizais o que menos me gustou fose o principio, cando conta como vivía antes da chegada de Lázaro no primeiro capítulo. En resumo, creo que é unha boa obra que recomendaría para ler a todos aqueles aos que lles gusten as novelas de aventuras.

IES de Melide

Este libro conta a historia de Lourenzo Tasende, que é un rapaz duns catorce anos que vive cos seus pais na taberna da Disputa, cerca de Pontevedra. Un día chega á súa casa para quedar, Lázaro Rivadulla, antigo amigo de seu pai, e dende entón a súa vida cambia. A nai morre e tras isto o pai volve a formar parte dunha gavela na que participara sendo novo. Pouco a pouco Lourenzo vaise involucrando neste grupo e vai descubrindo que o obxectivo principal da gavela é un tesouro pirata que o enfronta á gavela de Tomás das Congostras. Nun asalto, enfróntase aos seus compañeiros para salvar unha rapaza, Helena Rouco, da que se namora. Con ela foxe e, mentres o fan, teñen que enfrontarse a numerosos ataques da gavela de Rivadulla que incluso mata o pai de Lourenzo cando os encobre. O rapaz consegue chegar a Lugo e deixar a Helena a salvo cuns parentes. Despois disto Lourenzo achégase a Pontevedra, onde se atopa con Tomás das Congostras e alíase con el para buscar o tesouro escondido. Para iso contan cos bandoleiros da súa gavela e cunhas cartas de Lázaro, das que se apropiara, e que os conducen ata o agocho do tesouro. Lourenzo pasa unha tempada no cárcere do que

logra escapar grazas a Helena, que mentres tanto estivo buscando a seus avós. Ao final Lourenzo vive felizmente coa rapaza en Morning Star, novo nome que lle dan á Disputa. Esta novela está escrita en primeira persoa, posto que é o protagonista o que conta a historia cando xa é adulto. Nela mestúranse personaxes ficticios e outros reais, dos cales algúns foron sacados do cantar de cego »A vida e morte afrontosa de Tasende». Os personaxes principais desta novela son: Lourenzo Tasende fillo (protagonista da narración, e un rapaz valente e boa persoa), Lourenzo Tasende pai (provoca a situación determinante para que o seu fillo viva esta historia a causa do seu pasado), Helena Rouco (rapaza bondadosa que lle axuda a Lourenzo en todo e incluso lle ensina a ler), Lázaro Rivadulla (é ruín, cobizoso e egoísta), Tomás das Congostras (é bo home e parece que se encariña co p r o t a g o n i s t a ) e Campanachoca (é o que lle conta a Lourenzo o pasado de seu pai). A historia desenvólvese na zona de Pontevedra principalmente, pero tamén en zonas de Compostela, Lugo e Ourense. Máis concretamente, ocorre entre a Disputa e a casa de Gatomorto, onde se atopa o tesouro. O tempo da historia aproxímase aos dous anos e segue unha orde cronolóxica, pero é contada como unha acción do pasado, o que queda claro ao final da novela


Creación

PRIMEIRAS LEMBRANZAS

IES de Melide

Que cousas nos quedan fixadas na memoria cando recordamos a nosa infancia? A esta pregunta contesta o alumnado de 1º de Bac.

Xuño 2009

28

Lembro o primeiro día de escola da miña vida. Ese día sería inesquecible. Fun cunha prima e coa miña nai. Eu sabía que ía ao colexio e, ao principio, a idea gustábame, pero despois, ao saber que ía quedar soa cos meus compañeiros, non quería. Cando me levaron á miña clase, todos os rapaces ou a maioría estaban chorando, e eu, ao velos, tamén. Eu dicíalle a miña nai que non me deixara con eles, e ela contestábame que xa volvería, pero que agora tiña que quedar alí. Ese día foi desastroso, xa que, aínda que a profesora trataba de calmarnos, o único que se oían eran berros. Cando era a hora de saír ao patio, todos os rapaces e rapazas poñiámonos a xogar coa terra e coas árbores. Había unha que tiña forma de coche, moto ou o que fose, e alí xogabamos a que conducía un ou outro. Tamén recordo que algunha nena traía a corda, e xogabamos todos os rapaces e rapazas. Un poñíase nun lado e outro no outro, e saltabamos, aínda que ás veces as rapazas decidían quen podía xogar e quen non.

O meu primeiro recordo é cando empecei o colexio, pois eu tiña moita gana de ir. Acórdome que o primeiro día veu miña nai comigo e eu dicíalle que marchara, pois quería ir soa para a miña aula coñecer os meus compañeiros. Tamén me lembro que un rapaz da miña clase non quería vir ao colexio, e todas as mañás choraba por súa nai. Un día a nosa profesora tivo que pechar a porta con pecho porque el quería abrila e marchar. Para min a miña aula era moi bonita, porque estaba adornada con debuxos polas paredes, aínda que o que máis me gustaba dela era que había un instrumento de música chamado carillón, ademais as súas placas eran de colores, e case todos os días ía tocalo, á miña maneira, claro. Recordo tamén cando era a hora da comida, iamos comer ao comedor, facíame moita ilusión, pois sempre había moitos rapaces e rapazas. Máis tarde saiamos ao recreo e xogaba un montón coas rapazas da miña clase. Cando chegaba á casa, recordo que lle contaba a miña nai todo o que fixera ese día.

Recordo que miña prima e eu sempre fomos as máis pequenas dos primos. Como mínimo levámonos sete anos co resto. Cando elas xa empezaron a ser mozas e deixaron de ser nenas, xa tiñan os seus secretos, as súas noites de festa, os seus móbiles, as súas cartas de amor... Nunca nos contaban nada porque nós eramos «demasiado pequenas» para saber o que facían. Recordo que sempre mirabamos os móbiles, as carteiras, asexabámolos detrás das portas e sabiamos todo. Despois contabámoslles todo do que nos enteraramos e non sabían como era posible que souberamos tantas cousas. Do que máis me acordo é de cando nos berraban se nos vían mirando nas súas cousas. Daquela si que non nos riamos. Tamén me lembro moito dos momentos nos que o meu veciño e eu esperabamos polo autobús do colexio xogando ao tres en raia. Sempre chegabamos un cuarto de hora antes á parada para poder xogar antes de ter que marchar. Hai moitos máis momentos, pero estes dous son os meus primeiros recordos que, claro está, nunca esquecerei.


Creación

PRIMEIRAS LEMBRANZAS

IES de Melide

29 O meu primeiro recordo é con meu irmán e cos meus curmáns. Recordo que estabamos na casa de meus avós no verán, e, claro, como eramos nenos gustábanos facer trasnadas. Unha delas é a que máis recordo. Estabamos todos aburridos e como tiñamos moita calor decidimos ir a un regato que había alí, ao lado da casa. Pero había un problema, que os nosos pais non nos deixaban ir, xa que era perigoso. Pero nós, como eramos tan cabezotas, non fixemos caso e marchamos ás escondidas. Os nosos pais viñeron detrás de nós e berráronnos. Pero chegou o meu avó e convenceunos para que nos deixasen quedar. E así foi, quedamos todos alí, foi un día moi bonito porque o pasamos moi ben en familia. Nunca poderei esquecer este día, xa que foi un dos máis especiais da miña vida.

Agora, mentres escribo a historia daquel día, danme ganas de rir, mais naquel momento o nos que seguiron, máis ben parecía que ía ser a depresión da miña vida... Era pola mañá cedo, ben cedo... relativamente, e os meus padriños chegaban aquel domingo con un regaliño para min, aínda que non era nin o meu aniversario, nin ningunha festa, nin data a recordar. Trouxéranme unha ruleta, ou algo así lle chamaban. Era de moitas cores, redonda e cunha pelotiña dentro, que ao facer xirar a ruleta, producía un son coas pedriñas que tiña dentro. Era tanta a graza, que con catro anos aquel xoguetiño de pouco máis de 100 pesetas, me causaba que ata ía ao baño con el... Pero de tanto ir o cántaro á fonte, acabou

Xuño 2009

O meu primeiro recordo é de cando tiña cinco ou seis anos, unha trasnada que fixemos os primos todos, que tiñamos máis ou menos a mesma idade, o día da festa da casa dos meus avós. Puxémonos a xogar ás agachadas no cuarto, que era de madeira, e se se corría podían caer os armarios ou o chineiro. Alí no comedor tiñan un chineiro coa louza, e, claro, nós puxémonos a xogar e a correr igual e caeu o chineiro coa louza. Menuda bronca nos caeu! É o primeiro recordo que teño dunha bronca. Despois, doutra cousa que me acordo bastante é de cando aínda ía no colexio, en párvulos. Enfadeime cun amigo de clase por un xoguete, e el tanto se cabreou que tiñamos que levar mandilón e el colleu as tesoiras e meteume un corte no mandilón. A profesora mandoulle pedir desculpas e el non mas quería pedir e, aínda por encima, dábame patadas.


Creación

PRIMEIRAS LEMBRANZAS

IES de Melide

rompendo, e iso neste caso foi o que pasou... Indo cara a horta, a ruleta bateu nunhas pedras e rompeu... Naquel momento pensei en volver atrás no tempo, e a perrencha que collín aínda me dura hoxe. Xa se sabe, momentos e problemas de nena pequena que agora só parecen uns chistes.

Xuño 2009

30

Hai algunha cousa da que sempre me lembrarei. Falo de cando empecei a ir ao colexio, só tiña catro anos. Normalmente os nenos pequenos ao ir ao colexio choran, pero a min non me pasou iso. Eu quería ir ao colexio. Os primeiros días só iamos dúas horas e despois víñannos buscar; cando miña nai veu por min todos os nenos marchaban, pero eu non quería, eu quería ir para a casa no autobús, cando fora miña irmá. Tamén me lembro de algo que pasou ese día. Cando somos pequenos, no tempo de lecer que temos no recreo, sempre comemos algo. Eu ese día levara unhas poucas galletas, e unha compañeira pediume unha, pero eu non lla dei, entón ela, como vinganza, mordeume no brazo. Un día que eu estaba na casa duns veciños con miña irmá e meus tíos, un can mordeume; eles estaban apañando as patacas e eu ía para a miña casa, pero de súpeto, o can soltouse da cadea e veu detrás de min. Eu ía correndo, pero tropecei nunha pedra e caín. O can

quería trabarme na cara, pero eu defendíame cos brazos, e foi alí onde me mordeu. Despois eu levanteime e fun correndo a onde estaban eles, e xa me levaron ao médico. De tanto berrar quedei afónica por unha semana.

para coller ras, metelas nun bote, telas na casa e darlles de comer. No verán viñan todos os veciños de Bilbao e Barcelona e mais meus primos, e todos faciamos casetas de madeira para onde iamos toda a tarde xogar.

Os primeiros recordos son cando empecei a escola aos tres anos. Os primeiros días tíñame que levar miña nai ao colexio, pero despois xa ía coa veciña. Como todos os nenos, a primeira semana choraba. Para min o peor día da semana era o domingo, porque sabía que o luns tiña que ir á escola. Outro recordo moi significativo para min era cando empecei a andar na bicicleta e ía coa miña avoa ata o río

Un dos meus primeiros recordos da infancia son as longas temporadas na aldea dos meus avós. Ía coa miña avoa e a miña irmá, un pouco maior ca min, ao prado coas vacas. Nós eramos unhas rapazas moi medosas e tiñámoslle ás vacas, así que a miña avoa tiña que termar das vacas e mais de nós. Pero unha vez sentadas estabamos xenial. A avoa traía un abrigo vello para poñernos sobre el no prado e


Creación

PRIMEIRAS LEMBRANZAS levábanos tamén un bolo de pan e chocolate, e con todo isto pasabamos a tarde. Este é un dos meus mellores recordos coa avoa, que dende o meu punto de vista foi unha muller loitadora, traballadora e, sobre todo, moi boa persoa.

Os meus primeiros recordos veñen todos a partir dos tres anos, idade á que

31

empecei a escola. Ata entón, por moito que intente lembrarme, non consigo atopar nada. Lembro que cando empecei na escola, sempre xogabamos pola mañá, e a mestra mandábanos persignarnos cada mañá, algo ao que hoxe por hoxe sigo sen verlle a lóxica e sen saber por que nos mandaban facelo. O que tamén faciamos era aprender a ler formando sílabas; nunca se me esquece o de o M co A, MA; e o de o P co A, PA. Foi así como empezamos a ler as primeiras palabras, e así ata conseguir ler unha frase. Tamén me acordo de todos os rapaces cos que compartía aula, moitos dos cales son hoxe dos mellores amigos que teño.

Un dos meus recordos que nunca esquecerei foi cando tiña tres ou catro aniños. Eu sempre andaba detrás de meu irmán; para onde ía el, ía eu. Estabamos na casa de meu avó. Meu irmán e meu curmán íanse duchar e eu estaba ceando mentres. Cando xa acabara, fun en busca deles ao cuarto de baño, que estaba a tres ou catro metros da casa. Eu lémbrome de que lles petaba na porta para que me abrisen porque non lle chegaba á maneta para abrir; e, como non me abrían, empecei a chorar. Meus pais e meus padriños acudiron xunto a min pensando que me mancara ou caera. Cando chegaron onda min viron que era o que me pasaba, entón para compracerme, abrírona, e grazas a iso puideron com-

Xuño 2009

Eu recordo que cando tiña catro ou cinco anos gustábame moito ir co meu avó dar un paseo ao longo do río e saltar todas as pozas que encontraba polo camiño. Tamén lembro que no inverno, cando viña da escola, gustábame moito sentar detrás da cociña de leña e xogar alí unha partida de cartas, despois ía durmir un anaco e, ao espertar, poñíame a xogar toda a tarde ao fútbol ata que se fixese de noite.

IES de Melide

Recordo que un día caera unha nevada, e meus irmáns puxéranme un abrigo moi grande, un gorro que me cubría a cabeza toda e uns guantes , e fomos xogar ao prado que hai ao lado da miña casa. Fixemos un boneco moi grande e moitas bólas polo prado adiante. Eu era moi pequeno, paréceme raro que me acorde, xa que era moi cativo; pero seguramente que é porque aquel día paseino moi, moi ben.


Creación

PRIMEIRAS LEMBRANZAS

IES de Melide

probar que meu irmán e meu curmán estaban inconscientes. Os médicos dicían que meu irmán estaba morto! O que ocorrera fora que houbera un escape de gas e como non deran saído, pois ocorreu o que ocorreu. Grazas a Deus están vivos para contalo! e eu tan orgullosa.

Xuño 2009

32

O meu recordo foi o primeiro día de escola. Nunca me separara dos meus pais. Verme rodeada de rapaces e profesores nun sitio tan grande foi un total desasosego. No momento en que me meteron na clase, nun descoido da profesora e aproveitando que a porta estaba aberta, escapei da clase e funme sentar a unhas escaleiras a chorar. Os meus pais, a profesora e o porteiro buscáronme por todo o colexio, e, á fin, encontroume o porteiro e volveume meter na clase. Outra lembranza que teño foi cando me atropelou o panadeiro. Miña avoa, como todos os días, fora coller o pan, e eu fora con ela. Nun despiste dela, eu púxenme a xogar coa boneca diante do coche do panadeiro, el arrincou e non me viu. Levoume por diante, eu quedei enganchada aos ferros que ten o coche por debaixo, ata que a camiseta me rompeu. Os meus pais andábanme buscando por todas partes ata que miña nai me atopou tirada na cuneta. Rapidamente leváronme ao médico, e cando volvín para a casa traía unha perna e un brazo escaiolados.

acendino e púxenme a andar nel. Miña avoa viña correndo detrás para que parase. Eu sabía moi ben como se paraba e se andaba porque meu avó sempre me ensinaba. Sempre me acordarei da cara de miña avoa.

Recordo que eu sempre me daba golpes contra todos os lados porque me encantaba correr, por exemplo, ía correndo polo corredor da casa e petei contra o marco da porta da cociña coa cabeza e caín de cu. Tamén, outra vez, facendo o parvo enriba do mesado caín de cabeza ao chan. Recordo outro golpe na casa da miña avoa cando xa comezara a andar en triciclo, tropecei contra unha pedra e fixen un pinchacarneiros dando co nariz contra outra pedra. Teño un recordo bo que me fai moita graza. Eu de pequeno, con un ano e pouco, collín os testos de dúas potas vellas que ía tirar miña nai, e despois andaba todo o día pola casa con eles a bater un contra o outro a modo de pratiños. Teño dous recordos moi presentes, e ademais os dous foron na casa de meus avós. O primeiro tería sete anos máis ou menos. Estaba co meu avó e con miña avoa e meu avó non sei que estaba facendo co tractor. Cando mirei para o tractor e vin que non estaba nel, fun eu,

Unha das cousas que mellor e máis recordo é a meu irmán e as pelexas entre nós, xa que a maioría das veces acababa chorando, e era daquela cando parabamos, xa que lle debía dar pena. Destas disputas a que mellor recordo é cando estabamos a xogar ás agachadas e tocábame a min buscalo. Agochouse dentro dun armario, e eu, aínda sabendo que estaba alí, pechei a porta, e ao cabo dun anaco, como el petaba e eu non daba aberto, comecei a chorar. Cando eu era pequeno, do primeiro que me acordo é de estar na festa na casa de meus avós xogando con todos os meus curmáns. Aquel día había moitas bombas e eu pasaba moito medo. Non quería saír da casa polo ruído que facían as bombas. Acórdome que meus avós tiñan un can, eu andaba encima del e o can levábame de paseo. Logo empezou a chover e non me deixaron saír máis da casa, e botei todo o día chorando ata que me quedei durmido. Recordo cando estaba eu cos meus amigos no colexio, teriamos uns tres ou


Creación

PRIMEIRAS LEMBRANZAS

Un dos recordos que teño foi cando empecei na escola en Melide. Estaba en párvulos, e cando ía para o colexio, xa ía de camiño coa profesora, porque vivía ao meu carón. Todos os días pola mañá, en canto a vía, sempre me daba uns caramelos para ir comendo polo camiño, despois, na clase, dicíame que se me portaba ben me daba outros para cando viñeramos de volta á casa. Algúns días dábamos e outros non.

33 Xuño 2009

Recordo os bos momentos que pasei no colexio; nas clases, no recreo, nas excursións... ou as vacacións que pasaba na Coruña na casa dos meus tíos. O Nadal tamén me gustaba moito polos Reis Magos e Papá Noel, igual que a todos os nenos. Aínda hoxe recordo a ledicia coa que miraba debaixo da cama e atopaba unha morea de agasallos. Estes son algúns dos recordos que me gusta intentar manter na memoria por moitos anos, xa que á fin son os máis bonitos.

IES de Melide

catro anos. No recreo xogabamos a botar carreiras, e acórdome que eu non daba gañado, e para gañar, escondinme detrás da papeleira. Os outros tiveron que entran e eu, como estaba escondido, non me viron os profesores e quedei só no patio. Lémbrome que despois viñeron por min, porque estaba chorando ao verme alí só. Ao final entrei para a clase e non pasou nada máis. A partir deste momento non volvín intentar facer trampas.

Un dos primeiros recordos que teño foi cando abrín a cabeza contra unha pequena estatua que hai na Praza das Universidades. Non me gusta que ese sexa o meu primeiro recordo, pero si que o é. Ese día paseino moi mal, ata tal punto que me desmaiei e só recordo que sangraba moito e que me doía moito cando o médico me cosía, de isto fará sete ou oito anos. Non sei se foi polo golpe ou por que foi que antes de que abrira a cabeza non me acordo de case nada.

Os meus primeiros recordos son na miña casa en Suíza. Tiña eu un ou dous anos cando estaba a xogar por toda a casa cun coche grande. Era amarelo, cun volante rosa e o asento azul. Eu sempre andaba sentado nel apuxando cos pés, da cociña para o salón , do salón para a habitación e da habitación para a cociña. Sempre facía o mesmo recorrido. Acórdome que sempre tiña un obstáculo na porta da cociña, xa que había que subir un pequeno chanzo, e para subilo tiña que poñerme de pé e levantar o coche.


Creación

IES de Melide

PRIMEIRAS LEMBRANZAS

Xuño 2009

34

Estaba no corredor da miña casa, toda contenta, facendo que colocaba os zapatos onda a porta, era xa hora de comer e meu curmán ía comer á miña casa. Cando chegou, abriu a porta e deume con ela na cara. Eu empezara a chorar e miña nai colleume no colo. Outro dos meus primeiros recordos é de un día que estaba eu na casa coa miña avoa. Ela fora á leira sachar as patacas. Eu fora con ela, puxérame un peto rosa que tiña e fun con ela. Pouco despois chegou miña nai á casa e sacárame unha foto.

Os meus primeiros recordos, sen dúbida son todos os días de Reis, dende o primeiro ata o último. Tampouco hai que esaxerar, o primeiro día de Reis que vivín tiña só catro meses; coma quen dí, aínda non tiña nin os ollos abertos; pero do resto acórdome de todos, e cada un ten algo especial. Xa non me refiro aos regalos, tamén a todas as anécdotas de cada un dos días. Para min o día dos Reis é un día moi especial, xa que toda a familia se xunta para comer e festexar que viñeron os Reis Magos. Sei dende hai tempo quen son de verdade os Reis, pero cando era pequeniña, facíame moita ilusión pensar que aparecían todos os seis de xaneiro, moi cedo, tres homes montados nos seus camelos e traían regalos para toda a xente. O seis de xaneiro sempre foi o día que máis cedo me levanto, porque non aguanto as ganas de abrir os regalos. Acórdome de que un ano había un paquete moi grande para min, e quedei pasmada cando o vin, era unha cociña de xoguete que tiña de todo, era abraiante. Outro ano, regaláronme un carriño de bebés cunha boneca moi bonita dentro, moito teño xogado con el, pasei tardes enteiras facendo de mamá. E así todos os anos, cada vez tocábame un regalo diferente, pero non por iso me facía menos ilusión. ALUMNADO, B1B E B1C


Creación

A MIÑA LINGU A É LINGUA A miña lingua é como un bebé que arrolo no seu berce e mouméolle palabras fermosas: bolboreta, amorodo, saudade, morriña... A miña lingua é como un neno pequeno, traste, pero doce que comeza a falar: auga, sorriso, nai, xouba... e tenta comezar a camiñar, a ser libre.

alcatrán, abofé, trasno, gravata... A miña lingua é como un adulto que se desenvolve por si mesmo:

IES de Melide

A miña lingua é como un demo adolescente complicado ás veces, pero aínda así quéroa:

35 Xuño 2009

mercar, emprego, cartos... A miña lingua é como unha velliña encurvada que lle dá doces aos seus netos cando a veñen ver: feira, igrexa, mestura, carballo... A miña lingua somos todos, dende o máis vello ata o máis cativo, porque a lingua non é cousa de idade, é cousa de sentimento. CARLOTA CASAL VÁZQUEZ, B1A


Creación

POEMAS

IES de Melide

IMPOSIBLE OL VID AR OLVID VIDAR

Xuño 2009

36

Non te podo olvidar, cada momento xunto a ti non o podo olvidar, escoitando a túa voz, sentíndote respirar, non o podo olvidar. Verte sorrir, verte chorar, non o podo olvidar; terte aquí e non poderte observar, non o podo olvidar. Quérote bicar, quérote abrazar, pronto me vas olvidar e non o podo evitar. Pero gústame soñar que non te vas marchar, e queira ou non, vasme olvidar. NEREA PAMPÍN VIZCAÍNO

O XARDÍN DA NOITE Pola noite nun xardín, unha nena choraba lágrimas baleiras por un amor que se cravaba. Doces as rosas que lle regalaba indo a vela para que a perdoara, dicíndolle que a amaba, e como pobre namorada ela o desculpaba. Noites tristes nun xardín que a alba a iluminaba, doces bágoas dunha nena docemente namorada. Con ese amor tan grande ela, pobre nena namorada, aos ventos chorando berraba: «Penas grandes e dolorosas, para min; sen el, o meu mundo baleiro quedaba, e xa non desprenden máis que dor amarga as rosas que el me regala» A doce nena namorada un día comprendeu que el xa non existía, porque na súa vida, el nada merecía. Comprendeu que era mellor así, que el xa non a quería.

As tardes ao teu lado son soños realizados, aínda que me tivese avergoñado de que nos visen abrazados. Un bico da túa boca eu quixese degustar, o pracer que me provoca é imposible de evitar. NEREA PAMPÍN VIZCAÍNO

Pequena historia de amores rotos que, por desgraza, non son poucos. Se algún día te sentes triste, pensa de verdade se el te quería, porque, á luz do día, ela soñaba escapar desa longa agonía. MARÍA VÁZQUEZ GÓMEZ, 4º PDC


Creación

O MEU SOÑO Estes son os soños, desexos, aspiracións que manifestou o alumnado de 1º de Bac.

Un dos meus soños é ter unha familia no futuro coa que poder compartir a miña vida, tamén ter unha carreira de licenciada en Empresariais, e a raíz diso conseguir un traballo no que me sinta a gusto. Por outra parte, outro dos meus soños é poder vivir nun mundo no que todos sexamos iguais ante a lei e teñamos as mesmas oportunidades.

37 Xuño 2009

Quixera traballar en algo que me gustara, como xornalismo e, se non o consigo gustaríame ter un traballo onde puidese viaxar moito, xa que esa é unha das miñas paixóns, visitar todos os sitios que puidese, como París, Londres, Grecia, Estados Unidos e tamén África e Asia, xa que quixera coñecer culturas e cousas que non son habituais no meu pais. Á parte disto, tamén quixera ter unha casa grande con boas vistas e cunha cristaleira moi grande, unha piscina e un xardín enorme cheo de plantas de todas as clases. A verdade é que teño moitos máis soños como o de ser nadadora profesional ou escalar algunha montaña, pero non os podo contar todos, xa que non acabaría en varios días.

Non só teño un soño, teño moitos: que este mundo cambie, que sexa igual para todos, que haxa paz, que sexamos persoas de verdade... Penso que isto é o que quere todo o mundo, ou iso quero crer. Pero o meu soño particular é viaxar por todo o mundo. Coñecer outros países, outra xente, outras culturas, outras relixións e outros tipos de música. Gustaríame ir a Arxentina. Sempre me falaron de que alí teño tíosavós e encantaríame coñecelos. Outros sitios que quero visitar son México e Borneo. Espero conseguilo algún día. Outro soño que teño é ter un traballo que me guste, ao que cada día vaia contenta, sen que me moleste ir. Ter os meus amigos e a miña familia sempre preto de min, e, como non, gañar os cartos suficientes para vivir ben e non ter que pedirlle nada a ninguén, e ter boa saúde para poder gozar de todo isto. Din que se loitas polo que queres o consegues. Se tes un soño, intenta levalo a cabo, só así é a maneira de que se poida realizar.

IES de Melide

A verdade, póñome a pensar e non teño un soño en concreto, teño moitos! Algún deles sería como os que ten case toda a xente: coñecer famosos, por exemplo futbolistas como Cristiano Ronaldo ou actores da televisión..., que lles toque a lotaría a meus pais para poder ter todo o que quixera! Tamén me gustaría viaxar a bastantes sitios, como ao Caribe, Suíza, Italia, Alemaña... en fin, moitas cousas! Cando falo coas miñas amigas sobre os nosos soños, falamos de que nos gustaría saír ata a hora que quixeramos, ter máis vacacións, en fin, estar sempre de festa, pasalo ben, estar coas persoas que queremos... resumindo, ser felices! Algún soño xa se me cumpriu, como por exemplo: visitar a cidade de París, e algún outro máis! En fin, soñar é gratis, aínda que din que loitando polos soños pódense cumprir... Pode ser...


Creación

O MEU SOÑO O meu soño é que o día de mañá teña a miña carreira, un traballo, poder axudar a algunha ONG e ser moi feliz. Encantaríame axudar a algunha ONG, pero hai tantas tan diferentes que non teño nin idea de por cal decidirme, pero teño aínda moito tempo para pensalo.

IES de Melide

O meu soño é casar co famoso Hugo Silva, é o meu amor platónico. Gustaríame casar con el porque ten moitas cousas boas. O principal é que ten moita «pasta», así poderiamos facer a casa máis bonita de todas.

Xuño 2009

38

Un soño... non sei cal deles podo contar, xa que eu, polo menos teño uns cantos. O de vivir feliz, cunha familia feliz, nunha casiña feliz, xa é un tópico. O relacionado cos temas do corazón, mellor deixalo... Ah, si! O soño que me gustaría cumprir é algo que polo momento é inalcanzable para min, pero que á primeira oportunidade que teña tentarei que se faga realidade. A min gustaríame poder dar a volta ao mundo, pero non en avión, nin en barco. Hai un medio de transporte menos común, o globo. Sempre, dende moi pequena, me gustaron as alturas. Miña avoa sempre dicía que estaba «subida no poleiro» e penso que é así. Aínda hoxe, cando vou a un parque de atraccións, nas que son máis altas, nesas estou eu. Penso que ver o mundo dende arriba debe ser precioso, e máis aínda cando é el o que te move. Sería incrible poder viaxar, aínda que fose pouco tempo nese medio de transporte tan, tan curioso. Tamén pensei moitas veces en que estaría ben posuír unha máquina do tempo, para poder ir aos diferentes momentos da historia, ou para intentar non ter tantos problemas, mais iso, até o de agora, é imposible. Eu creo que o soño de todas as persoas é ter saúde e ser feliz, aínda que hai xente que pensa que a verdadeira felicidade é o diñeiro, pero non vale de nada ter moitos cartos se non tes saúde, Agora mesmo o meu maior soño é aprobar todo con boas notas e a partir de aí poder estudar algo que me guste, e nun futuro traballar nalgún lugar onde me sinta ben, atopar alguén que me queira e acepte pasar o resto da súa vida comigo... O que nunca me gustaría sería a soidade. Gustaríame gañar moitos cartos e así ter dous coches, tres casas e cartos para as miñas cousas, para a caza e o tiro ao prato con escopeta. Nunca me casaría, agora lévase o de xuntarse e xa está, e así non hai problemas.

O verán pasado estiven un pouco máis cerca de cumprir un dos meus soños, ser mestra. Impartín clases de inglés a unhas rapazas, gústame moito ensinar e para min é un soño que nun futuro poida ser unha boa mestra. Pero teño máis soños, e para min o principal é dar a volta ao mundo.Visitar os lugares máis inhóspitos e coñecer as distintas e interesantes culturas que existen no mundo. Gustaríame moito visitar países de Asia (China, Xapón...) que teñen unha cultura moi interesante. Poder vivir en primeira persoa a situación na que viven milleiros de persoas en África, e por último ir a algún monumento impresionante de Latinoamérica. Teño pensado ir ao Sáhara moi pronto, pois teño alí un «irmanciño» pequeno que quero ir visitar. Vive nun campamento de refuxiados en Tindouf (Alxeria) coa súa familia. Quero ir ver como viven alí e coñecer máis profundamente o problema que os fai vivir nun campamento de refuxiados.


Creación

O MEU SOÑO Quero montar unha discoteca e poder vivir toda a vida dela, sen ter que traballar moito e estando sempre nun lugar que me gusta.

Os meus soños hoxe non cambiaron tanto con relación aos que tiña cando era neno. Xa non me atrae o de ser futbolista, pero si o de ter a miña mansión cos meus deportivos no garaxe e a súa piscina. Iso si, se non son futbolista, que mellor cousa que que me toque a lotería e gañar un montón de millóns de euros para non ter que traballar?, que xa me queda menos para acabar de estudar e, que mellor que vivir sen dar pancada o resto dos meus días? O meu desexo é facer a miña vida sen depender de ninguén, facer o ciclo de maxisterio infantil, encántanme os cativos pequenos!, sacar o carné e ter a miña casiña e a miña familia.

O meu soño? Uf... Creo que serían tantos... E todos tan inalcanzables... O mundo está cheo de problemas, a maioría con solución e outros sen ela. Gustaríame que todos se resolvesen... Pero... Aínda que poida parecer egoísta, ante todo iso está a miña xente... Creo que se eles alcanzasen a felicidade, o meu soño estaría cumprido.

39 Xuño 2009

O soño que desexaría conseguir sería xogar a ser gardameta da selección española de fútbol sala.. Estaría moi ledo se na miña vila houbese algún equipo ou escola deportiva na que poder xogar, para poder chegar a ser un profesional do fútbol sala cumprindo o meu soño de chegar a ser como Luís Amado, actual porteiro da selección española de fútbol sala.

Gustaríame facer algún ciclo relacionado co coidado dos nenos, pois encántanme; ou ben co coidado dos demais, como auxiliar de enfermería. Aínda que sendo realista, o meu soño, aínda que pareza tétrico sería traballar nunha funeraria, preparando os defuntos, organizando enterros... en fin, todo o relacionado con este mundo. Este soño non é compartido polos meus pais, pero a min sempre me gustou ir aos enterros, e sinto un especial achego coas familias. É un mundo que non coñezo con profundidade, pero gustaríame probar. Ao mellor cando me vexa no sarillo a miña idea cambia totalmente.

IES de Melide

A verdade é que non teño un soño moi específico, o que soñamos todos, ou case todos: ter moitos cartos, unha gran mansión e un coche deportivo moi caro. Eu confórmome con bastante menos, gustaríame moito ser profesor de ximnasia nun instituto de secundaria; pero, aínda que non descarte o meu soño, creo que nunca chegarei a velo realizado, porque se require moito físico e estar moi en forma para acceder a esas probas. Tamén, como non, o que tantas veces soñei cando era máis pequeno, chegar algún día á elite do fútbol, chegar a cobrar e poder vivir facendo o que máis me gusta, que é xogar ao fútbol.


Creación

O MEU SOÑO

IES de Melide

O meu soño é chegar a ter un bo traballo de economista onde me poida sentir cómoda e ter polo menos un mes de vacacións para poder viaxar polo mundo. Ao primeiro lugar a onde me gustaría ir é aos Estados Unidos, para poder ver a estatua da liberdade. Tamén me gustaría chegar a casar e ter un fillo, e encantaríame poder adoptar unha nena ou un neno africano, para poder sacalo desa pobreza na que viven por eses países.

Xuño 2009

40

O meu verdadeiro soño é poder ser trombón solista nunha orquestra sinfónica, concretamente en Chicago Symphony Orchestra (CSO) ou en New York Philarmonik. E o que estou facendo para conseguilo é: ir ao conservatorio; estudar moito na casa, todo o que podo, porque para min estudar trombón é como para outras persoas xogar ao fútbol ou á playstation, porque é o que máis me gusta, divirte e entretén; e tamén comunicarme por correo electrónico cun dos mellores trombonistas do mundo, para min o mellor, e que é o actual trombón solista da Chicago Symphony Orchestra, Jay Friedman, para que me dea consellos. Este é o meu soño e espero que algún día deixe de selo e o poida gozar na realidade. Acabar os estudos á primeira sen repetir ningún ano, atopar un traballo no que non haxa que facer moito esforzo, cobrar moito diñeiro, sacar o carné de conducir, atopar unha moza moi guapa e, algún día, casar e ter algún fillo. O meu maior soño sería poder crear unha familia feliz, vivir no lugar que máis me gusta, Visantoña, seguir estando como estou e sendo como son, gozar de todo o que hai e haberá, de todo o que aprendín e aprenderei. Acabar de estudar música, seguir tocando no grupo de gaitas, no cuarteto de clarinetes e na Banda de Música de Visantoña. Que os meus fillos sigan con esa tradición de estudar música, coa tradición das festas de Visantoña, que este feliz pobo sempre quede así como está, que nunca se acabe como outros nos que a xuventude marchou e quedaron despoboados. Axudar á xente que de verdade o necesita, chegar a ser mestra de música, e, sobre todo, ser feliz e estar coa miña familia.

Teño moitos soños, pero o que levo soñando toda a vida, desde moi pequeniña é o de ser profesora de ximnasia. Xa sei que se pode cumprir facilmente, pero creo que está un pouco lonxe. Este soño, pouco a pouco, foise transformando hai uns anos, e é que como a min me gusta tanto xogar ao fútbol, desexaría poder ser adestradora dalgún equipo feminino importante, e poder gañar a vida traballando disto; pero este soño si que está lonxe, dado que o fútbol feminino non está á altura do masculino e non ten punto de comparación o soldo dun adestrador masculino co dunha adestradora feminina. Co cal, só me queda soñar, e se algún día me pasa, pois sería unha das persoas máis felices que poidan existir, porque poder gañar a vida facendo algo que che encanta debe ser marabilloso. Só queda esperar e esperar...


Creación

O MEU SOÑO

O meu soño sería ter o número premiado dunha lotería e converterme en multimillonario, para poder comprar unha casa xigante con piscina, moitos coches de luxo, e facer as maiores discotecas do mundo. Tamén poder chegar a ser alguén famoso, que me admirase toda a xente. Teño moitos soños, pero non creo que se fagan realidade, é mellor pensar na vida real. O meu gran soño sería ser un gran futbolista profesional e xogar nun equipo de fútbol inglés, por exemplo no Liverpool. Gustaríame ser un dos mellores futbolistas do mundo, gañar moitos cartos facendo o que me gusta e ser moi feliz. Tamén me gustaría ter unha gran mansión con xente que traballase para min e que fixese o que eu lles mandase, ter un gran coche, un só, dos mellores do mercado, e, sobre todo, ter unha gran moza guapa e boa persoa.

41 Xuño 2009

O meu soño é ser multimillonario, poder comprar e facer todo o que me dea a gana. Tamén me gustaría poder saír todos os días cos meus amigos a tomar algo por aí ou ir xogar ao fútbol sen preocupacións de traballos ou de estudos, non ter que ir ao instituto e poder quedar toda a mañá durmindo, que meus pais non me castigasen sen saír e poder facelo todos os días sen preocuparme pola hora á que teño que chegar á casa.

Eu teño moitos soños, como comprar un coche que me guste, unha casa grande en Madrid, ser futbolista profesional, xogar no Real Madrid e moitas cousas máis. Pero o meu soño máis importante é que me toque a lotería, porque así cumpriríanse moitos dos meus soños. Se me tocase a lotería, compraría un BMW, unha casa grande de dous pisos con garaxe, unha piscina dentro da casa, con ximnasio, un iacusi para poder bañarme e relaxarme nel, cunha pista de tenis, un xardín e unha terraza para tomar o sol. Tamén compraría un montón de cadros, xa que me gustan moito, e poñeríaos por toda a casa para podelos observar. Os cadros serían de paisaxes de montaña, praias, prados... Pero o máis importante sería un bo sofá, para estar sentado todo o día sen facer nada.

IES de Melide

O meu soño? Así en frío e sen pensalo demasiado, non sabería que contestar, véñenseme tantas cousas á cabeza... Pero unha das que máis desexo sería poder ter sempre ao meu carón os seres que máis quero, pero por moito que soñe nunca se fará realidade. A miña familia, os meus amigos... imaxinádesvos poder estar sempre xuntos? Ou polo menos, de morrer, facelo todos xuntos. Tamén me gustaría moito que a felicidade fose eterna, pero ao igual que o outro, nunca se cumpriría, xa que pode haber momentos, pero ser eterna... non o creo. Con calquera destas dúas cousas conformaríame, e ti? Cal é o teu soño?


Creación

O MEU SOÑO

IES de Melide

O meu gran soño é que cando medre e marche do instituto faga algo para o que non teña que traballar moito e que me chegue para vivir folgadamente, para poder viaxar e coñecer lugares e culturas diferentes. O outro soño que teño e que é imposible é que non me fagan nunca dano.

Xuño 2009

42

O meu soño é... O meu soño é moi diferente ao que tiña cando era cativa. Antes desexaba ser famosa, cantante, rica, futbolista, ximnasta... unha morea de cousas que, no seu momento, está moi ben desexalas, pero que co paso do tempo van mermando. Hoxe en día eu non sei o que quero soñar. Soñaría paz e amor para todo o mundo, comida, vivenda e outras moitas cousas para os países pobres, pero... De que me vale soñar cousas que sei que non se poden cumprir? Quero deitarme na miña cama, durmir e espertar nunha illa deserta, rodeada da miña xente, esa que me quere e me mostra o seu cariño e coa que pasei e paso bos momentos. Por que todo o que soño soa a ciencia ficción? Nunca lle atoparei sentido aos meus soños e nin sequera terei unha resposta para as preguntas e incógnitas que estes me deixan. Nos momentos difíciles tamén penso no fermoso que sería ser un peixe e así esquecerme de todas as cousas cada uns cantos segundos. Mais, se un desexo puidese pedir, non pediría nada estraño, soamente saúde e moita felicidade para min e para toda a xente. ALUMNADO B1B E C

QUERO V OAR VO Dende pequeniña sempre lle tiven envexa ás gaivotas, ás bolboretas, ata ao avións porque neles podía voar e ver todo dende arriba. Sempre quixen ter unhas ás como as dos anxiños que están alí arriba no ceo, mirando todo o que acotece ao seu arredor e coidando de que non pase nada. Gustaríame viaxar e ver todo o que ocorre neste planeta chamado Terra. Coñecer as culturas que nos rodean, ver como viven en australia, como xogan os nenos xaponeses, como durmen os esquimós e moitas máis cousas que descoñezo. Sería unha sensación inimaxinable, pero seguro que fantástica, poder voar, sentirse libre, poder ir a calquera lugar sin ningún río, mar, montaña nin obstáculo que cho impida. Sentiríame a raíña do ceo, a quen todos envexarían. Ese sería o meu gran soño. Aínda que sei que é imposible que se faga realidade, non deixo de imaxinarme como sería poder VOAR.


Creación

RELA TOS DE MEDO RELAT A boneca de porcelana

Apartamento 666 No apartamento 666 vivía unha señora moi maior e un pouco estraña. Non se relacionaba con ninguén, non saía nunca do apartamento. As compras facíaas telefonicamente e traíallas un rapaz do supermercado que tiña prohibido pasar do dintel. Alí deixaba as bolsas e alí cobraba o seu importe. Un día non volveu abrir a porta, pero ninguén a botou de menos. Pasaron vinte anos, e como as facturas da luz, a auga e os impostos tíñaos domiciliados nunha conta bancaria e había fondos nela , ninguén tiña ningunha queixa . O presidente da comunidade de veciños, intrigado pola historia que sobre ela corría pola veciñanza, chamou á policía, abriron a porta e atoparon un esqueleto sentado fronte a un televisor aceso . Souberon a data da morte polo diario que tiña no seu colo: Nadal de 1982. MANUEL CASAL COSTOYA, B1C

43 Xuño 2009

GLORIA CORRAL CEA, B1C

IES de Melide

Sara era unha nena de tan só nove anos. Vivía nunha pequena vila non moi lonxe de aquí. Á pequena gustábanlle moitísimo as bonecas de porcelana, é máis, coleccionábaas. Tiña unhas cincuenta e oito, pero había uns días vira unha nunha estraña tenda da vila que lle parecía tan fermosa e, ao mesmo tempo, tan diabólica que lla pediu ao seu pai como regalo de aniversario. El comproulla, pero a señora da tenda díxolle que lle medraban as unllas e que llas había que cortar tódalas noites, xa que se non podería ocorrer unha desgraza. O pai, moito ao seu pesar, levouna e explicoulle á filla o que tiña que facer. Un día, Sariña organizou unha festa na súa casa á cal invitou a tódalas súas amigas. Chegou a noite e deitáronse. A meniña pensou que, como estaban todas xuntas, a boneca non podía facer nada e non lle cortou as unllas. Contaron historias de medo e máis tarde durmíronse. Xa pola mañá, os pais foron á habitación para espertalas e levaron un bo desgusto: as nenas estaban mortas, cuns cortes moi fondos, rodeadas de sangue… A boneca non estaba pero nos corpos había restos das unllas. Anos máis tarde vírona nun escaparate dunha tenda noutra localidade. Ao pasar por diante, a boneca diabólica moveu os ollos dun lado para outro e soltou unha risiña que zumbaba nos oídos.


Creación

RELA TOS DE MEDO RELAT

IES de Melide

Unha noite de acampada

Xuño 2009

44

Era unha noite de finais de primavera. Uns cantos amigos e amigas decidiramos ir de acampada á un monte próximo, que estaba situado a uns cinco quilómetros da vila. A priori todo soaba xenial, aquela noite tiña que ser unha das inesquecibles. O noso grupo de excursionistas estaba formado por tres mozos: Josh, o típico tío popular do insti , capitán do equipo de fútbol, Miguel, era o meu mellor amigo, en consecuencia moi popular, e eu (deixarei que me describan outros). Nós, acompañabamos a tres raparigas: Mary, a rapaza máis desexada do IES (é dicir ,a parella ideal para Josh, xuntos non habían facer máis que falar do seu físico e parvadas); outra das nenas: Ariana era a mellor amiga de Miguel; e por último Carme, a miña moza, que dicir dela, sobran as palabras… A noite comezou moi ben, cando nos atopamos no sitio ideal, instalamos as tendas. Despois o típico, un pequeno lume e a historia de terror. Cando o frío comezou a facer acto de presencia, refuxiámonos nas tendas de campaña. O soño apoderábase de min cando de súpeto... ¡un berro! Era Miguel. Algo ocorrera mentres el e Ariana se quedaron fora apagando a pequena fogueira. Os demais saímos das tendas pitando para falar con el. Explicounos que cando perdera de vista un intre a nosa compañeira, esta desaparecera. Ninguén o dubidou un momento, e todos nos puxemos á procura de Ariana. Por un lado ían Josh, Mary e Miguel e polo outro Carme e eu. Tan pronto como nos separamos, escoitouse un ruído, que de seguido se viu acompañado dun forte berro de Josh. En medio de semellante barullo distinguimos que as persoas que oiamos eran Josh e os nosos amigos… Algo estaba pasando. Agarrei a Carme pola man e comezamos a correr cara ningures, escapando de algo que non sabiamos que era… corremos e corremos… e de socate, cando me dei conta, estaba só, Carme tamén desaparecera de xeito misterioso. Que me esperaba agora? Que ía facer? Mentres cavilaba sobre todo isto, de novo escoitei ese ruído, un ruído do que sabía que non podía esperar nada bo… Unha sombra negra estábase acercando, cando xa estaba o suficiente próxima a min, saltou… era hora de desaparecer e berrar como o resto dos meus compañeiros… Cando espertei na tenda de acampada ao lado de Carme, ela estaba alí, durmindo, e eu estaba totalmente empapado pola suor. SERGIO GARCÍA MATO, B1C

A decisión equivocada Hai moitos anos, un mozo saíu da súa casa para ir a unha festa. Como ía andando (non tiña outro medio) fíxoselle de noite. Cando xa estaba cerca, puido ver no bosque unhas luces que lle pareceron un tanto raras. De súpeto, e sen darse de conta, unha estraña señora xurdiu da nada e preguntoulle se quería chegar xunto as luces por terra ou por aire. El contestoulle que quería chegar por


Creación

RELA TOS DE MEDO RELAT terra. Diversas fontes din que escoitaron berros de intenso sufrimento, lamentos e súplicas dun mozo ao ser arrastrado polo chan ata as descoñecidas luces. Non se acordaba de nada do que lle pasara, pero cando espertou estaba nun hospital con graves feridas e múltiples contusións. NOELIA SOMOZA ROUCO, S4B

Elvira

45 Xuño 2009

NOELIA RODRÍGUEZ LÓPEZ, S4B

IES de Melide

Elvira era unha nena duns dez anos que non tiña pai. A súa nai traballaba todo o tempo, polo que tiña que deixar a filla soa na casa . Unha noite sentiu un calafrío e tivo medo de deixala soa, pero como non podía deixar o seu traballo, xa que era a súa única maneira de vivir, decidiu marchar. - Voute chamar cada dúas horas para ver como estás. E non lle abras a ninguén. Cando chegue petarei á porta tres veces- Díxolle á súa filla. A nai pechou a porta e marchou . Elvira, asustada e soa, decidiu durmir para que pasara o tempo sen darse a penas conta. Ao pouco tempo, o teléfono soou espertando a nena; levantouse do sillón e, apresurada colleu o teléfono coa esperanza de escoitar a voz da súa nai. - Mamá es ti? Mamá? Mamá? Pero ninguén contestou. Desilusionada e asustada colgou o teléfono e foi para a cama mentres se tranquilizaba para quitarlle importancia. Antes de deitarse, o teléfono volveu soar, ao chegar e descolgalo: - Bo, mamá non é gracioso, contesta! … mamá! Estás asustándome! Elvira colleu de novo o teléfono e volveu para cama, desta vez aínda máis asustada. De súpeto chaman á porta. - Toc toc! Pero non houbo unha terceira vez, polo que Elvira decidiu non abrir, xa que a súa nai lle dixera que tocaría á porta tres veces. Ao caer a noite, a súa nai non chegara e Elvira comezou a asustarse. De novo o teléfono soou: - Ben, mamá, xa é tarde, ven para casa. E do outro extremo só se escoitou: - Ti estás soa agora. Elvira colgou o teléfono e comezou a chorar. Correu ata a porta para avisar a algún veciño e chamar á policía. Ao saír, Elvira atopou o corpo ensanguentado da súa nai no chan. Quedou moi afectada, e tiveron que internala nun psiquiátrico onde continúa hoxe en día. ¿Sabes por que o sei? Pois porque EU SON ELVIRA, e por iso che digo: «Ti estás soa agora».


Creación

RELA TOS DE MEDO RELAT

IES de Melide

Os ladróns de sombras

Xuño 2009

46

Desde principios de ano, a historia de Carla foi portada en varios xornais do mundo. O caso da moza, que agora se atopa morta, deu a volta ao mundo. E non precisamente polo feito de estar morta, senón máis ben polo que fixo que agora se atope nesa situación. A muller de 22 anos de idade, modelo de profesión e exuberante beleza, experimentou o que aínda ninguén experimentara xamais: o acercamento coas sombras do máis alá. Era un mércores pola tarde. O sol brillaba con intensidade. A sesión de fotografía que esa tarde lle ían facer a Carla para a portada dunha revista de moda, viuse alterada algunhas semanas máis tarde. Carla, que pasara por etapas de anorexia e estivera a punto de verse cara a cara coa morte, non imaxinaba que o seu futuro se ía ver trastornado só por culpa dunhas fotos. O día do revelado das fotos, Carla observou como detrás dela aparecía unha gran mancha negra, algo borrosa e difuminada. Sacoulle importancia ao tema, tal vez só era culpa dun erro ó revelalas. Buscou fotos de anos anteriores e foi cando viu as sombras de novo. Pero…como é que ata entón non as vira? Non atopou as palabras exactas para responderse a si mesma á pregunta que se formulou. Seguiron as sesións de fotos, como tamén seguiron aparecendo as sombras, pero, en cada unha destas, achegábase máis a ela. Ata que unha foto fixo que o temor se vise proxectado nos seus ollos.Viu, atemorizada, como esta sombra a collía polo pescozo coas dúas mans e llo retorcía de maneira salvaxe e estremecedora. Non dixo nada. Non podía. A súa boca quedou aberta, como entalada. Non soubo que facer. Entón decidiu contalo. Ensinoulle as fotografías ás súas compañeiras de traballo, pero ningunha delas viu a sombra. Non dixo nada máis, temendo que a tomasen por tola. Despois de varios días de continuas sesións de fotos, o interese por velas finalmente reveladas aumentaba. Cando por fin as observou con detalle, viuse nas fotos morta no chan onde lle sacaran as fotos, e, detrás, unha sombra, esta vez moito menos borrosa, ríndose dela. Foi entón cando os seus ollos se puxeron en branco e a escuma brotou salvaxemente da súa pequena boca. Desmaiouse. Inconsciente? Non, tal vez sería máis explícito dicir que morrera, despois de tragar a lingua. Encontrárona horas máis tarde e xa non se puido facer nada por ela. Foi entón cando unha das súas compañeiras colleu unha foto xa revelada. Observouna e os seus ollos enchéronse aínda máis de pánico: só se vía a paisaxe de fondo. Clara non estaba, pero si estaba a súa sombra. A sombra de Carla, que se ría mirando o obxectivo da cámara. Da súa boca saíu un gran berro de terror, angustia e pánico. Non se sabe claramente a causa da súa morte. O que é seguro é que non morreu só polo susto ao verse morta na foto coa sombra ríndose dela estupidamente. Entón… por que un final tan tráxico? Ninguén o sabe nin logrará sabelo nunca, o que si é certo é que, no momento de morrer ela, todas as fotos reveladas nese momento, mostraban sempre aquela sombra negra por detrás da xente. En ocasións ríase, outras veces non, pero a sombra sempre estaba… MARTA CORDIDO RAPOSO, S4B


Creación

A VINGANZA NON TEN LÍMITES

IES de Melide

47 Xuño 2009

En Porto Rico vivía unha rapaza moi guapa de vinte e tres anos, chamada Catherine. Tiña o cabelo longo e louro, uns ollos azuis coma o mar e uns beizos moi vermellos. Era alta e delgada, e acababa de rematar a carreira de modelo. Yanira era a mellor amiga de Catherine e entre elas non había ningún segredo.Yanira tamén era loura e delgada,tiña vinte e catro anos, era un pouco máis pequena que Catherine e tiña os ollos de cor verde moi clariña, case tirando a azuis. Era sábado, un día no que a xente nova sae de noite e vai para as discotecas cos seus amigos\as para pasalo ben. Ese día Catherine e Yanira quedaran para saír de noite e ás doce reuníronse na discoteca Palladium. Yanira: Chegas tarde! Onde estabas? Xa ía marchar! Catherine: Perdoa, é que non puiden chegar antes, avarióuseme o coche na metade do camiño e puiden vir grazas a un home moi amable que mo arranxou. - Ai, si? E como se chamaba? Era guapo?-Dixo Yanira entusiasmada. - Muller! Xa estás pensando nos mozos?-dixo Catherine - Xa estamos na idade! A ver conta, conta respondeu Yanira - Chámase Víctor, e si, era feito -Respondeu Catherine. - Con que si eh? pois a ver

se o vemos e xa mo presentarás -dixo Yanira - Pois xa cho presentarei, e así doulle as grazas, pero agora imos dar unha volta -dixo Catherine rematando coa conversación. As dúas amigas foron pasear e logo entraron na Palladium onde viron a Víctor, Yanira presentouse e logo tivo que marchar porque ao día seguinte tiña que traballar nun bar e, como era o seu primeiro día, quería ir cedo, entón Catherine quedou con Vítor. Vítor era un home moi alto e forte, tiña vinte e cinco anos e o seu pelo era castaño claro. Na metade da conversa que estaban tendo,

Catherine di: Gustoume moito coñecerte, pero agora teño que marchar que xa se me fixo tarde. - Deixa que te acompañe ata a casa -Dixo Víctor. - Non fai falta, xa bastante fixeches con arranxarme o coche -respondeu Catherine. - Iso non foi nada, pero por favor, insisto, deixa que te acompañe, e conduzo eu, que ti bebiches un pouco e pódente multar -insistiu Víctor. - Vale, tes razón, ademais parécesme moi bo home. Iso era o que Catherine pensaba, pero había unha cousa moi importante que non sabía de


Creación

IES de Melide

A VINGANZA NON TEN LÍMITES

Xuño 2009

48

Víctor, e era que el era un asasino moi perigoso, pero era demasiado tarde, porque xa ían os dous dentro do coche. Andaron un pouco, e cando Catherine lle dixo que torcera para a dereita, el torceu para a esquerda e meteuse por unhas rúas estreitas e escuras, e Catherine asustouse. Nisto recibiu unha mensaxe de Yanira que poñía: «Se aínda estás con Víctor, escapa del canto antes!! mirei en internet e é un asasino!! Dime onde estades e chamo á policía, contesta! « Nisto Catherine dille a Víctor: - Teño que baixar do coche. - Xa é demasiado tarde respondeu Víctor. El xa non volveu falar ata que sacou unha pistola e dixo: - É unha pena porque es moi guapa, pero xa sabes que son un asasino e non te podo deixar viva. Catherine deulle unha patada á man que sostiña a pistola e esta saíu polo aire, deulle unha segunda patada na barriga e Catherine correu de cara á pistola, pero el agarrouna por unha perna e caeu. Víctor levantouse, colleuna, agarroulle forte as mans, e cunha perna achegou a pistola. Tras coller a pistola el deulle un puñetazo a Catherine, e ela caeu medio inconsciente no chan. El colleu a pistola e disparoulle no corazón.

Mentres todo isto ocorría, Yanira estaba toda nerviosa ao ver que Catherine non lle contestaba, deulle un calafrío e decatouse de que algo malo pasara e inmediatamente chamou á policía. Víctor observou o cadáver de Catherine mentres pensaba en como desfacerse del, entón colleuno e meteuno no maleteiro do coche, levouno ata o mar e tirouno para a auga, logo volveu para Palladium como se nada pasara. Yanira non deu esperado pola policía, porque tardaba moito, e foi a Palladiun para preguntarlle ao camareiro se sabía algo de Catherine. Cando chegou, xa non lle fixo falta preguntar porque xa viu

a Víctor. Dirixiuse a el e díxolle: - Ola, que fas aquí tan só? Catherine xa marchou? - Si, dixo que se lle facía tarde e marchou. Como é que andas por aquí? non era que mañá te tiñas que levantar cedo?-preguntou Víctor. - Si, pero cos nervios non daba durmido e decidín dar unha volta. Por que non quedamos un día para tomar algo? - Encantaríame quedar contigo -respondeu Víctor. -Pois entón intercambiamos números, que che parece? Intercambiaron os números e Yanira marchou. Ela sabía que algo malo lle pasara a Catherine, porque ela sempre contestaba ás mensaxes, entón volveu para a casa e xa viu alí a policía. Yanira contoulle


Creación

A VINGANZA NON TEN LÍMITES

valente como pensas. Yanira quedou mirando para el e apuntándolle coa pistola cando se sentiron as sirenas da policía, e dixo: - Non, eu non son unha asasina coma ti, penso que sufrirás máis quedando vivo, e cando te encerren, os outros presos encargaranse de ti. Niso chegou a policía e esposaron a Víctor. Aos dous días foi a xuízo e condenárono a cadea perpetua polo asasinato de Catherine e outras dez mulleres. Cando o xulgaron, Yanira dixo mirando de cara ao ceo: - Descansa en paz, miña querida amiga, xa se fixo xustiza. Dende aquel suceso, volveuse ver a paz en Porto Rico e Yanira por fin puido vivir tranquila, aínda que nunca máis volvería ver a súa querida amiga Catherine á que sempre levaría no corazón. MIRIAM CEA OTERO, S3A

49 Xuño 2009

xunto a el, apuntoulle con ela na cabeza e este díxolle: - Que fas? Estás tola? Baixa a arma! - Non, voute matar, igual que fixeches coa miña mellor amiga!-dixo Yanira mentres choraba. - Pero ti dixeches que che caía mal! -defendeuse Víctor - Díxeno para que non me mataras! Finxín quererte para que me confesaras todo, porque sempre souben que ti a mataras, pero hoxe por fin se vai facer xustiza. Víctor non se ía render tan facilmente e tiroulle a pistola ao chan, ela ía collela cando sentiu un golpe moi forte no lombo e caeu. El colleu a pistola e logo dixo que a amaba, pero que non ía deixar que o mataran. Yanira adiantóuselle, e cun xarrón ben grande que había alí, golpeoulle a cabeza. A pistola volveu caer, pero esta vez colleuna Yanira, e el dixo: - Veña, mátame se é o que queres, a ver se es tan

IES de Melide

todo á policía, pero ademais de que lle dixeron que non levaba nin unha hora desaparecida, non lle creron nin unha palabra. Cando a policía dixo iso, Yanira deuse conta de que nunca lle ían facer caso e decidiu tomar a xustiza pola súa man. Estaba moi doída por dentro porque sospeitaba o peor, pero se quería vingarse dese asasino tiña que ser forte. Pasou o tempo despois do sucedido e Yanira seguía co seu plan; se quería que Víctor lle contase todo, tería que namoralo, e xa o conseguira. A pesar de ser un asasino,Víctor confiaba en Yanira, porque el estaba namorado de verdade. Un día,Yanira sacoulle o conto e este rematou confesando. Ela, doída, díxolle: - Ben, fixeches ben, total xa me resultaba pesada, e, por curiosidade, onde tiraches o cadáver? -Tireino ao mar, na costa mais próxima -Respondeu Víctor. Niso Yanira dixo que tiña que ir ao baño e pechouse alí a chorar, dicindo en voz baixa: «Catherine, vaise facer xustiza» En canto puido, Yanira foi á policía e contou todo. De inmediato, a policía foi ata o lugar indicado para recuperar o corpo de Catherine, e, mentres tanto, Yanira ía encargarse de Víctor. Cando chegou á casa, colleu a pistola de Víctor, foi


Creación

PEQUENAS CREA CIÓNS CREACIÓNS

IES de Melide

OS XEMELGOS

Xuño 2009

50

Érase unha vez unha muller que estaba embarazada de xemelgos. Un día ía camiñando pola beirarrúa e atopou cun home que lle dixo: - Para aí, que che vou bautizar o fillo! E botoulle auga á barriga, bautizándoo. Ao cabo duns meses a muller deu a luz dous xemelgos que naceron mortos. E uns días despois, aquel home soubo que a muller dera a luz dous xemelgos que morreran e que estaban enterrados no cemiterio. Nos días seguintes o home pasou polo cemiterio de noite e oía unhas voces que lle dicían: - Ola padriño! - Non é teu, que é meu! E así sempre que pasaba polo cemiterio de noite. O home, co medo no corpo, foi ver ao cura e díxolle o que pasaba, e o cura díxolle que tiña que ir de noite desenterralos e enterralos no adro, e así o fixo. (Baseado en feitos reais) JOSÉ ÁNGEL MELLA AMIL, PDC 3º

MA GOST O EN RIBADULLA MAGOST GOSTO Os de Ribadulla somos potentes! porque tamén fixemos o magosto un sábado. Había c h u r r a s c o , queimada, castañas... e eu cominas. Algúns xa ían un pouco borrachos; un pouco non, bastante. Houbo unhas 70 persoas. Pasámolo moi ben e rimos a escachar. Saímos no xornal El País o domingo. ÁNXELES LÓPEZ MOURIÑO, S1A

OS/AS AMIGOS/AS Contan que cando eu era pequena, moi pequena... choraba moito, ás veces penso que é por iso polo que agora río tanto. Teño 16 anos, e unha das cousas, se se pode chamar así...que máis me gusta é a xente. A xente e a música. A maioría das veces pensas que os problemas que tes ao teu redor cáusaos toda esa multitude que te rodea, e neses intres, agradecerías que toda esa xente te deixase soa para intentar ser feliz, pero é a xente, ao mellor non é a mesma, pero xente de igual forma a que fai que saques un sorriso nos peores momentos... Esta xente son os chamados «amigos», algo que eu penso que teño, penso que non me é difícil facelos, xa que me gusta moito falar e estar con eles. Pode que sexan amigos dunha noite tola, ou amigos para toda a vida, pero sempre hai unha cousa común entre nós, e esa cousa é a que máis me enche: un sorriso.


Creación

PEQUENAS CREA CIÓNS CREACIÓNS

IES de Melide

Nunha noite escura, apareceu unha sombra por detrás da casa do xefe de policía de Melide. Aquela sombra era a dun ladrón que a pesar de saber de quen era a casa, entrou roubar nela. O xefe de policía, Xosé, escoitou ruídos, saíu da habitación e encontrouse cara a cara co ladrón. Ao ver a Xosé disparoulle e matouno, polo que se converteu nun asasino. Ao día seguinte Xosé non foi traballar e os seus compañeiros fórono buscar á súa casa. Petaron na porta e como non lles abría rompérona. Ao entrar viron o corpo de Xosé tirado no salón e a arma do asasinato. Decidiron ir ata a casa da nai e dixéronlle: - O teu fillo está morto. -Pero, como é posible? - Matouno alguén, xa estamos investigando. A nai de Xosé púxose a chorar. O día do enterro todo o mundo lle daba abrazos e dicíalle que non se preocupase, que todo se arranxaría. Ela púxolle rosas e marchou do cemiterio. A policía encontrou pistas na arma e polo ADN souberon que o culpable fora o veciño do lado. Fórono chamar á casa pero escapara da vila para que non o colleran. Seguramente iría ao aeroporto de Santiago para ir a outro país. Así que foron ata alí e antes de que escapara collérono. Fixéronlle un xuízo no que saíu perdedor. A nai de Xosé ao volver a casa tropezou nunha pedra e caeu. Non lle pasou nada pero volveulle ao recordo a primeira caída do seu fillo. Ese mesmo día, ao encarcerar o asasino, unha pomba saíu por enriba do cárcere como dicindo que xa pasara o perigo

51

Fai cincocentos anos, en Londres, vivía un can que non sabía ladrar. O can estaba farto de que riran del, xa que como non se daba defendido, os gatos non lle tiñan medo. Un día, o can decidiu ir ata unha aldea próxima, onde vivía unha bruxa. Camiñou durante todo o día e cando chegou á casa da bruxa tocou o timbre. A bruxa, que se chamaba Maruxa, abriulle. Ao dicirlle o can o que lle pasaba, ela respondeulle: - Axudaríache se tivera o meu libro de esconxuros. - E logo, non o tes? - Non, perdino. - Cando o viches por última vez?- preguntou o can. - Onte pola tarde, cando veu a pantasma Lucía. Pero, agora que recordo, pasou o morcego Diego e cando marchou xa non había libro. - Temos que falar con Lucía a ver que pensa deste asunto. Foron ata a casa de Lucía e, cando chegaron, preguntáronlle: - Tes ti o libro de Maruxa? - Non, creo que o ten Diego. Maruxa, tesme que axudar a atemorizar a xente, xa que non me atrevo. - Pois axúdame a encontrar o meu libro. Despois de andar ata a casa de Diego tocaron á porta e el abriulles. - Tes ti o libro de Maruxa?- preguntaron os tres a coro. - Teño, pero non llo vou dar porque onte non falou comigo. Maruxa que sabía que ao morcego lle daba medo a noite díxolle: - Se me dás o meu libro fago que non che dea medo a noite. Diego deullo e Maruxa fixo o que lle prometera. Tamén fixo que o can ladrara e non falara, que a pantasma quixera atemorizar a xente e o máis importante de todo, recuperou o seu libro. MARÍA, S1C

Xuño 2009

O libro de Maruxa


Creación

PEQUENAS CREA CIÓNS CREACIÓNS

IES de Melide

A FL OR ROSA FLOR

Xuño 2009

52

Había unha vez unha flor que cando chovía poñíase amarela, e cando ía sol poñíase rosa. A flor estaba máis contenta cando ía sol, xa que lle gustaba moito a color rosa. Ela era amiga das outras flores e mais do sol. Un día pasou por onda ela o señor sol, que estaba dando un paseo, e díxolle: - Ola, señora flor, que tal estás? - Eu ben, señor sol. - Imos dar un paseo, señora flor? - Para min sería de bo agrado pasear con vostede. - Pois imos alá. A flor e o sol foron dando un paseo e encontráronse coas demais flores, e dixéronlles: - A onde van vostedes? - Imos dar un paseo, porque hoxe, a verdade, é que está moi bo día. - Inda vos habedes namorar. - Pois pode que si. Por que non nos casamos, señora flor? - Pois pensarémolo durante o regreso á casa. O sol e mais a flor foron pensativos e agarrados da man para a casa. Ao cabo duns días decidíronse e casaron. ÁNGELES MOURIÑO, S1A

HELEICO Hai anos, moitos anos, na época na que os romanos invadiran a Península Ibérica, había un palacio no centro de Roma no que habitaba unha fermosa muller. Era unha princesa que estaba encerrada nunha torre, xa que o seu pai había anos que consultara con un bruxo ao que lle preguntou que ía pasar coa súa vida, e o bruxo dixéralle que se non tomaba precaucións, ía ser asasinado polo seu neto. Entón, ao escoitalo, o pai, que era o rei dun pequeno país, encerrou a súa filla única. Pero un día, por casualidade, pasou por alí Casiólidis, un príncipe doutro reino, e ao ver a fermosa Helena subida na torre, namorouse dela e Helena del. Casiólidis tiña fama de ser moi forte e moi valente, e dun só golpe derrubou a porta da grande torre. Ela baixou correndo escaleiras abaixo e abrazouse a el. Estiveron toda a vida xuntos, e polo amor tan grande que sentían tiveron un fillo ao que lle chamaron Heleico. Vinte anos despois Heleico xa estaba feito todo un home. Era tan fermoso como a súa nai, e tan forte e valente como o seu pai. Dobraba os troncos das árbores cunha soa man, separaba as montañas da terra e moitas cousas sobrenaturais. Un día participou nunha guerra contra os cartaxineses e matou o pai do que sería a súa prometida. Ela, enfadada, decidiu vingarse, e o día da súa voda con Heleico, verteulle veleno na copa de champaña. Pero non o tomou el, senón o seu avó, o rei, e diredes: por que estaba alí? Vóuvolo contar. O rei era o amigo do pai de Erika, noiva de Heleico. Nun tempo Erika e o seu pai perderon toda a fortuna que tiñan, pero o rei axudounos. No medio da voda, Erika estrañouse de que Heleico non estivese mal, pero o rei si, e quedou alí, inerte no medio da xente. Erika, ao ver que matara, por culpa de Heleico, o seu salvador, suicidouse. E esa é a historia de Heleico ROCÍO PRIETO VÁZQUEZ, S1D


Creación

PEQUENAS CREA CIÓNS CREACIÓNS UNHA VIDA NOVA

A FELICIDADE O que nos faz felizes? Sabe o que as pessoas valorizam para serem felizes? Existirá uma receita para sermos felizes? Quais sao os principais objectivos na vida das pessoas? Sao estas muitas questões de, se calhar, difícil resposta. Este tema foi tratado nas aulas de português, na turma de 4ºC, e estas sao algumas das nossas aportaçáes, contribuições, reflexões..... Leia.....talvez ache alguma coisa muito interessante. Eu sou muito jovem para saber bem o que é a felicidade mais considero-me muito satisfeita com a minha vida. Eu creio que a vida duma criança é muito mais singela do que a vida dum adulto;fazemnos felizes coisas mais simples. Por exemplo, quando estou com os meus amigos, eu sou feliz! Pois eles são o mais importante para mim, embora a família também seja importante. Quando consigo coisas eu sozinha, por mim própia, sinto-me muito bem, feliz mas..... com os adultos a felicidade é mais difícil. A felicidade é algo relativo, pois cada pessoa tem uma ideia própria de como consegui-la. Eu seria feliz simplesmente com os meus amigos perto de mim, com a minha família apoiando-me e conseguindo que os meus objectivos se cumpram. Objectivos como criar a minha família ou ser independente: madurar em outras palavras. Mais às vezes, madurar significa, eu acho, perder parte da inocência da juventude e começar a viver num mundo cheio de préssas e de problemas, num mundo muito mais complexo do que é para mim agora. CRISTINA CONDE CARRERA 4ºC

53 Xuño 2009

PAULA GALLEGO PEÑA, S1B

IES de Melide

Hai dous anos, unha rapaza chamada Dalila foi vivir a Alxeria. A súa casa era pequena, branca e cunhas ventás e unha porta vermella. O colexio ao que ía estaba moi preto da súa casa. Os primeiros días de colexio non entendía nada e todo o mundo a miraba con cara rara, e iso facíalle sentirse incómoda. Aquilo non lle gustaba en absoluto e sempre lle preguntaba aos seus pais cando ían volver a Galicia, pero eles sempre desviaban o tema. Despois dun mes, en Dinduf, a súa vila, unha rapaza do seu colexio díxolle: «Salam». Como xa entendía un pouco de árabe respondeulle do mesmo modo, e comezaron a facerse amigas. A rapaza chamábase Malika. Era delgada, tiña os ollos negros como o carbón, os beizos pequenos, o pelo rizado e curto e era moi morena; pero o que máis lle chamou a atención a Dalila era a súa fermosura. Malika estivo moito tempo con Dalila, porque as súas casas estaban ao lado. Xogaban xuntas, facían os traballos do colexio xuntas, e moitas cousas máis. Malika axudaba moito a Dalila co árabe, e moi pronto fixéronse inseparables. Dalila aprendeu árabe en moi pouco tempo, e xa estaba convertida en toda unha saharauí. Os seus pais, ao ver que viña tan contenta do colexio, puxéronse moi ledos. Ás veces preguntábanlle se quería volver a Galicia, pero agora a que desviaba o tema era ela.


Herdanza

PRO VERBIOS E REFRÁNS PROVERBIOS

IES de Melide

Tentaremos coñecer a sabedoría popular a través de refráns e proverbios franceses coas súas correspondencias en galego. En primeiro lugar daremos a definición de proverbio.O proverbio é un tipo de paremia, un enunciado sentencioso; provén do latín provertbium . Outros enunciados sentenciosos son os refráns. O refrán provén do occitano refranh, que significa retrouso (estribillo en castelán). Os refráns son sentencias breves, normalmente anónimas. A maioría dos refráns son observacións baseadas na experiencia colectiva ó longo do tempo, con temas que van desde a meteoroloxía ata o destino fatalista de existencia. A súa estrutura normalmente é pareada, recorren tanto á rima como a figuras literarias. Comezaremos con un proverbio que di: « Les proverbes ressemblent aux papillons; on en attrape quelques-uns, les autres s’envolent» W.Wander Os proverbios son coma as bolboretas; collemos algunhas, as outras foxen.

Xuño 2009

54

A continuación propoñemos outra lista de proverbios: 1- Chacun pour soi, la Terre pour tous Cada un na súa casa fai o que quere 2- Mieux vaut tard que jamais Máis vale tarde que nunca 3- Coeur qui soupire n’a pas ce qu’il désire Corazón que suspira non ten o que desexa 4- On te montre la lune et tu regardes le doigt Ensinámosche a lúa e ti miras o dedo 5- Tout ce qui brille n’est pas or Non todo o que reloce é ouro 6- Il ne faut pas dire: fontaine, je ne boirai pas de ton eau Nunca digas desta auga non beberei 7- L’habit ne fait pas le moine O hábito non fai o monxe 8- On a toujours besoin d’un plus petit que soi Non despreces a ninguén, porque igual o necesitas 9- Aujourd’hui à moi, demain à toi Hoxe por min, mañá por ti 10- La nuit porte conseil A noite trae consellos 11- Le soleil brille pour tous O sol brilla para todos 12- Chose promise, chose due O prometido é débeda


Herdanza

PRO VERBIOS E REFRÁNS PROVERBIOS 13- Un de perdu, dix de retrouvés Un que perdes, dez que atopas 14- Il faut réfléchir devant les problèmes Non hai que facer unha montaña dun gran de area 15- Loin des yeux, loin du coeur Ollos que non ven, corazón que non sente 16- Dans la maison du forgeron, la broche est en bois Na casa do ferreiro, coitelo de pao 17- Aux chevaux maigres vont les mouches A cans fracos, todo son pulgas

19- Du dire au faire, il y a au milieu la mer Do dito ó feito hai un bo treito

21- Mieux vaut tard que jamais Máis vale tarde que nunca 22- En demandant on va à Rome Preguntando chégase a Roma 23- Il vaut mieux prevenir que guérir Máis vale previr que curar 24- Tel a du pain quan il n’a plus de dents Deus dálle pan a quen non ten dentes 25- La nuit tous les chats sont gris Pola noite tódolos gatos son pardos 26- Mauvaise herbe croît toujours Mala herba nunca morre 27- Qui ne risque rien, n’a rien O que non se arrisca non colle nin pisca 28- Brevis qui bêle perd sa foulée Ovella que berra, bocado que perde 29- Il ne faut pas mettre la charrue avant les boeufs Non se pode poñer o carro diante dos bois

55 Xuño 2009

20- Un malheur ne vient jamais seul Unha desgraza nunca vén soa

IES de Melide

18- Dans la bouche fermée n’entrent pas de moustiques En boca pechada non entran moscas


Herdanza

PRO VERBIOS E REFRÁNS PROVERBIOS 30- Chien qui aboie ne mord pas Can ladrador, pouco mordedor 31- Seules les montagnes ne se rencontrent pas Arrieiros somos e no camiño tropezaremos

IES de Melide

Os refráns da chuvia e do bo tempo, do frío, das sementes e das colleitas, parécense no interior de cada cultura, pero varían segundo as linguas, as maneiras de dicilo, as tradicións, os mitos, as relixións e naturalmente os climas.

Xuño 2009

56

1-Taille tôt, taille tard,

Poda en marzo

taille toujours en mars

vendima no regazo

2-Carnaval au soleil

Marzo, marzola

pâque au feu

trebón e raiola

3-Avoine de février

Sementa a avea en febreiro

remplit le grenier

se queres facer diñeiro

4- Année bissextile

Ano bisesto

anée infertile

nin bo ano, nin bo enxerto

5- Neige qui tombe en février

Neve febreiriña

la poule l’emporte avec son pied

levántaa unha galiña

6- Pendant le joli mois de mai

En maio

Ata o 40 de maio

couvre-toi plus que jamais

aínda a vella queima o tallo

non quites saio

7- Pour la Saint Martin

Polo San Martiño

tue ton porc e goûte ton vin

mata o teu porquiño

Bibliografía

- Dictionnaire de refrains et dictons. Le Robert - Proverbio. Wikipedia, La Enciclopedia Libre - 1001 Refranes con su correspondencia en alemán, árabe...


Herdanza

LEND AS LENDAS Historia da Cova da Serpe

A vella e as súas tres fillas Unha vella perdera as súas tres fillas. Foi onde unha meiga, que lle dixo que tiña que facer tres bolas con leite dunha muller preñada, despois debería tiralas contra unha laxe que había nun outeiro cercano mentres pronunciaba un meigallo. Unha vez feitas as bolas, a vella, ante a dúbida, rompeu a máis pequena pola metade, e o único que viu foi como estaba botando sangue. Ao día seguinte foi xunto a laxe, tirou a primeira bola e apareceu a súa filla máis grande polo medio da pedra, montada nun fermoso cabalo. Tirou a segunda, e apareceu a súa filla mediana. Cando tirou a última bola rota, a parede abriuse, a bola caeu dentro e alí quedou, sen que a súa filla aparecera. YOLANDA PENAS VARELA, S4B

57 Xuño 2009

NOELIA VARELA PUGA, B1ºC

IES de Melide

O que vos vou contar é unha lenda que me relatou miña avoa, e aínda que non é de moito medo, é o máis parecido. Na chamada «Cova da serpe» había un monstro con forma de serpe que tiña atemorizados a todas as vilas do arredor. Comíalles todo o que pasaba por diante da entrada da cova, fosen cabalos, lobos, ovellas… e cando non atopaba de comer ía á vila e obrigáballes a darlle alimento. A xente estaba cansada, pero con moito medo, e se a cousa seguía así, a comida non chegaría para todos. Ata que pasou por esa vila unha tecelá que non era de por alí e non coñecía a existencia dese terrible ser que a todos tiñan atemorizados. Pasou camiñando diante da cova, e o monstro, ao sentir ruído, saíu para fóra. Ao principio, a tecelá asustouse pero recouperouse ao momento e comezou a soltar lá. A serpe metíaa na boca e comíaa. Canto máis saltaba, máis comía. Así estiveron un bo anaco: a serpe atragantábase ás veces, pero a derradeira foi a definitiva, xa que empezou a retorcerse e ao momento caeu ao chan. Cando a tecelá chegou á vila, contou o que pasara a todos e celebrárono cunha gran festa. Dende ese día ao lugar quedoulle o nome de «Cova da Serpe» polo monstro que alí habitou».


Herdanza

ALGÚNS DIT OS CON MOIT O MIOL O... DITOS MOITO MIOLO Neste número do INTRES ofrecemos unha pequena mostra da literatura oral que recollemos en 3º de ESO durante este curso. Como vedes, son cantigas, adiviñas, refráns... con moito miolo, porque o pobo sempre foi sabio e nunca lle fixeron falta grandes discursos para ir... ao miolo.

IES de Melide

Adiviñas:

Xuño 2009

58

- Informante: Maruja García Monterroso, 51 anos. - Lugar de recollida: Maceda. - Investigador: Iván Somoza Castro. - Texto: Un neno nace en Melide e sáenlle os dentes en Arzúa. Onde lle saen os dentes? - Solución: Na boca. -

Informante: Modesto Salgado, 82 anos. Lugar de recollida: Chaín – Santiso. Investigador: Noel Alba Salgado. Texto: Ve cos oídos e camiña coa caiada; que é? Solución: Un cego.

-

Informante: Lisa Adán Vázquez, 70 anos. Lugar de recollida: Golán. Investigadora: Raquel Vázquez Regueiro. Texto: Unha señora moi aseñorada, chea de remendos e ningunha puntada. Solución: A galiña.

Refráns: -

Informante: Felisa Castro León, 72 anos. Lugar de recollida: Corneda – Boimorto. Investigador: Álvaro Garea Mellid. Texto: Día de todo, véspera de nada.

-

Informante: Maruja, 70 anos. Lugar de recollida: Palas de Rei. Investigador: Alejandro López Penín. Texto: En maio, a vella pon o pano.


Herdanza

ALGÚNS DIT OS CON MOIT O MIOL O... DITOS MOITO MIOLO Ditos e cantigas:

- Informante: Concepción, 72 anos. - Lugar de recollida: O Leboreiro. - Investigador: Miguel Ángel Álvarez Varela. - Texto: Quen me dese ter nai, aínda que fose dunha silva, aínda que a silva picase, miña nai sería.

- Informante: María Barreiro Vilar, María do Campo, 96 anos. - Lugar de recollida: Castiñeiroa – Maceda. - Investigadora: Lorena Ambrosio García. - Texto: Debaixo da auga cantaba unha ra; dixo o sapo: doulle un chus-chus; dixo a ra: preñada me quedo; dixo o sapo: un buen caballero; dixo a ra: me marcho a Madrid; dixo o sapo: tráeme un mandil; dixo a ra: de que color?; dixo o sapo: verde e amor; dixo a ra: no teño diñeiro; dixo o sapo: téñoo eu; dixo a ra: tráemo praquí; dixo o sapo: merda patí! - Informante: Remedios, 74 anos. - Lugar de recollida: Palas de Rei. - Investigador: Xácome Laya Sánchez. - Texto: Cando chove e fai sol, corren as meigas cara Ferrol.

59 Xuño 2009

- Informante: Teresa Cea Parrado, 78 anos. - Lugar de recollida: Melide. - Investigadora: Alba Jubón Gómez. - Texto: Nosa Señora do Carme, desde o alto do castelo, de noite cobre Melide debaixo do seu mantelo.

IES de Melide

- Informante: Concepción, 72 anos. - Lugar de recollida: O Leboreiro. - Investigador: Miguel Ángel Álvarez Varela. - Texto: Quen me dese ser árbore, que desde alí vese ben, tamén vexo os meus amores, se se paran con alguén.


Banda Deseñada

AS SERIES DE ANIME

IES de Melide

Definicións

Xuño 2009

60

Manga: Un manga é como se lle chama a un cómic xaponés. Dende a década dos 90, o manga comezou a chamar a atención doutros países. Ao principio foron Corea e Taiwán os principais destinos de exportación. Logo, estendeuse a China e o sudeste asiático, e xa no século XXI chega con forza a Europa e Estados Unidos. O manga non é soamente entretemento. Ten unha gran forza visual que lle dá unhas posibilidades expresivas que non teñen a escritura e a linguaxe falada. Moitas series de animación están baseadas nos mangas, igual que películas, videoxogos e novelas. Os mangas poden ser de moitos tipos como: romántico/ de amor (chamados shojo), de comedia/humor, estudantil, deportivo (spokon), fantástico, horror, ciencia ficción, misterio, de robots (chamado mecha), de pelexas (chamado shonen), parodia, histórico/de samurais, erótico (chamado hentai)… Non son todos os que hai, pero si os máis coñecidos. Anime: Serie de animación xaponesa, pode estar baseada nos mangas ou que pase do revés, que os mangas se baseen nel. Hai de tantos tipos como mangas. Os animes son coñecidos por persoas de todas as idades, desde nenos a adultos. OVA: Película de animación baseada nun manga ou nun anime. Non soen durar moito máis dunha hora a menos que estean divididas en capítulos.

As series que me gustan Shin-Chan

Shin-Chan é un anime que trata sobre as trasnadas que fai Shinosuke Nohara e como afectan estas á súa familia, amigos e coñecidos. Esta é unha serie moi coñecida polos nenos. Como a maioría dos animes, este naceu dun manga. É de tema humorístico. Pode parecer que ao seu creador, Yohito Usui, non se lle dá ben debuxar, pero iso é porque Shin-Chan é un superdeformed, é dicir, un manga estilizado. O debuxante non intenta facer debuxos perfectos, simplemente, cómicos. Ao ser este anime tan famoso, fixéronse moitas películas e produtos de merchandising baseados nel, ademais de videoxogos.

One Piece

One Piece é un anime que trata sobre as aventuras que teñen Monkey D. Luffy e a súa tripulación pirata, piratas bos, iso si. Eles van na procura do One Piece, o lugar onde Gold Roger, o antigo rei dos piratas, deixou o seu maior tesouro. Esta serie é tamén moi coñecida e naceu dun manga. O seu estilo é algo estilizado. É un shonen con bastante humor. Igual que Shin-Chan, de One Piece fixéronse videoxogos e a décima película sairá nos cines xaponeses no 2009.


Banda Deseñada

AS SERIES DE ANIME Yu- Gi- Oh!

Yu-Hi-Oh! É un anime que trata da historia de Yugi Moto, que un día monta un crebacabezas milenario no cal hai un espírito dun faraón chamado Yami. Yugi e os seus amigos irán salvando o mundo varias veces xogando a un xogo de cartas de monstros moi famoso tanto na serie como na realidade. Esta serie é coñecidísima por rapaces e rapazas, aínda que sobre todo por rapaces, de medio mundo. Tamén se basea nun manga do mesmo nome, aínda que despois se fixeron series como Yu-Gi-Oh! GX que non teñen que ver co cómic. É un shonen, non hai pelexas de persoas, pero si duelos coas cartas. Tamén ten partes de humor grazas a uns amigos de Yugi. Igual que as anteriores series, Yu-Gi-Oh! deu lugar a numerosas películas e videoxogos.

Naruto

Naruto é un anime que trata sobre as aventuras dos ninjas Naruto Uzumaki, Sasuke Uchiha e Sakura Haruno, ademais doutros personaxes relevantes. É unha serie que xa dende o comezo tivo moito éxito. A pesar de que o anime cambia bastante a historia, os deseños de personaxes, quita a maioría do sangue e as partes sedutoras das mulleres ou parecido (por exemplo Naruto e Sasuke bicáronse nun capítulo e sacárono), no manga non ocorre igual, xa que, ademais de que está todo o dito antes, os personaxes falan con moitas máis palabrotas e fan moitos cortes de manga. É un shonen con moito humor. Polo de agora non se fixeron películas ou OVAs, pero si moitos videoxogos para todo tipo de consolas.

61 Xuño 2009

Tanto Dragon Ball, Dragon Ball Z como Dragon Ball GT, son animes que tratan das aventuras dun superguerreiro vido doutro planeta chamado Son Gokuh (o rapaz, non o planeta) e os seus amigos e familiares nas que sempre salva o mundo e o universo. Esta é a serie máis coñecida das que escribín e escribirei. Naceu do manga homónimo de Akira Toriyama, excepto Dragon Ball GT, da que só hai anime. É un dos mellores shonen que se fixeron, hai partes de humor, aínda que o interesante son as pelexas. O malo da serie é que as batallas son moi longas e todo o mundo morre unhas cantas veces. O bo é que a medida que a serie avanza, os debuxos son mellores. Deste anime fixéronse un montón de películas, OVAs e videoxogos, ademais de merchandising. Agora mesmo están a facer a película de Dragon Ball con xente de carne e óso. O deseño de personaxes foi tan agraciado que ao seu autor encargóuselle facer personaxes para videoxogos que non teñen nada que ver co manga.

IES de Melide

Dragon Ball/Z/GT


Banda Deseñada

AS SERIES DE ANIME Inuyasha

Inuyasha é un anime que trata sobre Kagome Higurashi. Esta rapaza, o día do seu 15 aniversario, cae no pozo da súa casa, e como é un pozo máxico, viaxa ao pasado. Alí vivirá aventuras co medio demo chamado Inuyasha (que significa Inu, demo, e Yasha, can) e outros amigos que a acompañarán na súa viaxe para derrotar a Naraku. A este anime ocórrelle ao revés que a Naruto, o manga está moi mal debuxado e o anime mellora moito. Esta serie xa ten ás costas catro películas e un videoxogo. É moi famosa entre as rapazas, xa que a pesar de haber pelexas, hai amor por todas partes.

IES de Melide

Fullmetal Alchemist

Xuño 2009

62

Fullmetal Alchemist é un anime que trata da vida de Edgard e Alphonse Elric. Estes dous irmáns perderon a súa nai por xogar coa alquimia, e ao intentar recuperala, Ed perde un brazo e unha perna e o espírito de Al quedou encerrado nunha armadura. Para que a súa nai e o resto de partes do seu corpo volvan, deberán alistarse nos Alquimistas Nacionais e buscar a pedra filosofal. Naceu dun manga cuns debuxos tan logrados como os da serie. É un shonen con moito humor xa que Ed é moi baixo e pilla rabietas sempre que llo din. Tivo bastante éxito e xa se fixeron películas.

Sarxento Keroro

Sarxento Keroro trata da invasión (ou intento) da Terra por uns extraterrestres con forma de ra. Son 5 é ao chegar ao noso planeta pérdense, pero atopan cada un un rapaz ou unha rapaza co que vivir. A historia céntrase en Keroro, o xefe, o máis parvo do grupo, que queda coa familia Hinata. Naceu dun manga, cuns debuxos non tan atractivos como os da serie. Xa dende o primeiro momento acadou moito éxito. É totalmente humorístico. Leva pouco tempo no mercado co que aínda non se fixeron películas nin videoxogos.

Zatch Bell!

Zatch Bell! é outro anime sobre extraterrestres. Estes chámanse mamodos e a historia céntrase en Zatch Bell, un con aparencia de neno pequeno. El non recorda nada por que ao chegar á Terra perdeu a memoria, polo que non sabe que ten que loitar contra outros 99 mamodos para converterse no seu rei. Co tempo coñece a Kiyomaro, un rapaz que ten que axudarlle a chegar á coroa. Ao avanzar a historia daranse de conta de que tamén deben salvar o mundo dun mamodo malvado, pero contarán coa axuda dos seus amigos. A serie e o manga teñen debuxos idénticos. É un shonen cun montón de humor e personaxes un pouco superdeformed. Xa conta con varias películas aínda que ningún videoxogo.


Banda Deseñada

AS SERIES DE ANIME Sakura, cazadora de cartas

Este anime é tan famoso como o manga xa que é de CLAMP, e trata de Sakura Kinomoto, unha rapaza que un día perde unhas cartas máxicas e que debe recuperar pero non estará soa, acompáñana Keroberos, o gardián das cartas, e Tomoyo, a súa mellor amiga. Este anime é un shojo polo que gusta máis as rapazas. Os debuxos son moi bos, coloridos e imaxinativos. Non ten videoxogos e as películas tratan do futuro de Sakura.

Evangelion

Paranoia Agent é unha serie de só 13 capítulos que tratan as vidas de persoas infelices que se volven tolas, xa que hai un asasino chamado O Rapaz do Bate que vai golpeando á xente que quere escapar de calquera cousa. Nos está baseado nun manga e, igual que Evangelion, é violento e erótico. Non ten películas videoxogos nin adaptación a manga.

Samurai Champloo

Champloo significa mestura, ou sexa, mestura samurai, e nunca mellor dito xa que esta anime trata a historia de Fuu, unha rapariga que busca a seu pai, e dos dous samurais que a acompañan, Mugen e Jin, completamente diferentes. É un shonen que tampouco se basea no manga, non ten películas nin videoxogos e consta de 27 capítulos. É moi divertida porque Mugen é un brután que non para de dicir palabrotas.

Samurai 7 O anime é unha adaptación futurista da película de Kurosawa. Trata dunha aldea de labregos que teñen que dar a súa comida a uns samurais malvados. Entón a sacerdotisa, a súa irmá e un campesiño irán na procura de sete samuráis que os

63 Xuño 2009

Paranoia Agent

IES de Melide

Este mecha trata de Shinji Inari, un rapaz que con outras dúas mozas deben pilotar os EVA, robots xigantes para combater aos ANXOS, uns extraterrestres. Este anime non se basea nun manga como os anteriores. Trata dun tema que lles gusta moito aos xaponeses: as razóns da existencia humana. É moi violento á par que erótico e dramático, xa que a maioría dos personaxes morren e os que sobreviven quedan tolos. Fixéronse moitas películas pero ningún videoxogo nin se adaptou ao manga.


Banda Deseñada

AS SERIES DE ANIME defendan. É un shonen moi divertido e con batallas espectaculares. Ao ser a adaptación dunha película, non ten manga nin videoxogos.

R.O .D .Read or die R.O.D .D.Read

IES de Melide

R.O.D. é un OVA coñecido en medio mundo. Trata de Yomiko Readman, unha espía da División de Operacións Especiais da Biblioteca Real Británica. Baixo o nome código de Papel, usa o seu poder para controlalo (o papel, non o seu nome) e loitar contra o mal. Ten un debuxo moi logrado e as pelexas son moi entretidas. É de ciencia ficción.

Xuño 2009

64

Blood+

É un anime de vampiros e conta a historia de Saya, unha rapaza que vive tranquilamente. Pero un día atopa a Hagi, que lle dá unha katana facendo que a súa vida cambie totalmente. Saya debe recordar o seu sanguinario pasado e loitar contra chiropterano, uns monstros vampiros. É un shonen moi ben debuxado que non se basea nun manga, ao contrario que a súa precuela Blood: O último vampiro. Polo de agora non se fixeron películas nin videoxogos baseados nel.

TEXTO E ILUSTRACIÓNS ORIXINAIS: UXÍA PARRADO LÓPEZ , B1A


Banda Deseñada

A PANTASMA ANTÍA, CELTIA, BRAIS, NAWAL, S1A

IES de Melide

65 Xuño 2009


Banda Deseñada

PETER PAN

IES de Melide

ROCÍO, PAULA, JANIRA, S1D

Xuño 2009

66


Banda Deseñada

PETER PAN ROCÍO, PAULA, JANIRA, S1D

IES de Melide

67 Xuño 2009


Banda Deseñada

AS EXPLORADORAS

IES de Melide

PAULA, AITANA, S1A

Xuño 2009

68


Banda Deseñada

AS EXPLORADORAS PAULA, AITANA, S1A

IES de Melide

69 Xuño 2009


Banda Deseñada

AMOR XUVENIL

IES de Melide

JAVI, ALBA, ANDREA, S1B

Xuño 2009

70


Banda Deseñada

O LADRÓN E GASMAN ADRIÁN CARRIL E DANIEL BLANCO, S1A

IES de Melide

71 Xuño 2009


Banda Deseñada

UN MEDO RARO

IES de Melide

SARA, PAULA, S1A

Xuño 2009

72


Banda Deseñada

CARAPUCHIÑA VERMELLA LORENA E LAURA, S1A

IES de Melide

73 Xuño 2009


Cine

A MIÑA PELÍCULA FFA AVORIT A ORITA a admiración, o amor, a amizade..., e tamén fainos pensar, porque vemos un home ao que lle ofrecen unha vida moi boa, pero rexéitaa porque, aínda que o verdadeiro emperador está morto, non o quere traizoar , a pesar de arriscarse a perder os seres que máis quere, por ser leal.

IES de Melide

« O regreso de 007, unha película de misterio e acción (Iván)

Xuño 2009

74

«Titanic» - Porque mestura paixón con pena e é unha película de amor clásica. O único malo que ten é que o seu final é moi triste.(Edurne) - Unha das cousas que máis me gustou foi a música. (Lorena) - A parte que máis me gusta é cando están os dous, o rapaz e a rapaza subidos á varanda. E a que menos é cando o barco parte á metade e algúns se salvan e outros non, porque os botes non chegan para todos e algúns quedan conxelados no mar. (Yoli) - Unha película que xa vin unhas cinco veces, pero que volvería ver outras tantas e seguiría sen me aburrir dela. Verdadeiramente merece a pena vela. Ten momentos que non sabería definir, pero que máis dunha vez fixeron que me saísen as bágoas.(Marina) - Vina polo menos unhas cinco veces e a quinta que a vin, sentina case coa mesma emoción que a primeira. Gustoume moito porque describe como eran as cousas naquela época, as situacións de cada persoa, os dereitos que tiñan. Pero o porqué de que a vira tantas veces e me gustara tanto foi, sobre todo, porque conta unha historia real, unha catástrofe que pasou hai moitos anos e que levou a vida de moitas persoas. (Patricia)

- Este drama foi a película dos noventa, tanto polos once Óscars conseguidos como polo éxito que acadou. Unha das cousas máis curiosas da película é que está baseada en feitos reais.(Estefanía) - Gústame moito pola emocionante historia de amor entre os protagonistas. Unha apaixonada historia de amor con diferentes obstáculos e que acaba coa morte do protagonista. O que máis me gusta da película é que aconteceu de verdade hai bastantes anos. (Raquel) «Jackie Chan» porque as películas de batallas xaponesas fanme rir e tamén teñen ese toque de intriga que tanto me gusta.(Edurne) «Gladiator» Esta película é a que máis me gusta porque presenta valores moi positivos como o respecto,

«Planta 4ª» Antonio Mercero, director e guionista desta película, trata o tema de tres adolescentes que «viven» na 4ª planta dun hospital entre dietas, enfermeiras, doutores, quimioterapia, cadeiras de rodas, caídas de pelo, etc. Estes tres cancerosos, Miguel Ángel, Jorge e Dani, xunto con outros máis, son os protagonistas desta historia tan triste, pero que á vez o director non quere mostrar o lado triste, senón a grande amizade dos protagonistas, os novos pacientes por coñecer, os pa-


Cine

A MIÑA PELÍCULA FFA AVORIT A ORITA gústanme moito as de animais. E tamén porque sempre que a vexo, véxoa xunto con meu irmán, fainos rir e pasámolo moi ben, pero ao mesmo tempo tamén é de medo. (Yoli)

75

A todo gas II. Éunha película que mestura a acción co mundo do motor. Gústame porque trata de coche se xente que ten que facer retos relacionados cos coches, con carreiras, con motos... para sobreviviren ou gañar cartos. A min encántanme este tipo de películas, xa que at ao final non sabes que vai suceder ou como vai acabar. Ademais am in todo o que estea relacionado co mundo do motor e sexa de acción gústame moito.(Carlos) - Gústame moito xa que a miña gran paixón son os coches, que é o tema central da película. (Xaquín) «Parque Jurásico 3» É a miña película favorita porque é de dinosauros e a min

Xuño 2009

«A todo gas» Se me teño que quedar con algunha película, quedaríame con esta, porque me gustan os coches e todo ao seu arredor tal e como se ve nesa famosa película. (Aníbal)

- Trata de carreiras de coches por Tokio. Gústanme as películas de acción e de coches. (Cristian)

IES de Melide

seos nocturnos, a ilusión por coñecer a Estopa, etc. A película está baseada nunha obra de teatro, e o director desta obra viviu esta enfermidade en primeira persoa. Esta película encantoume, tanto que nunca me cansarei de vela. A primeira vez quedei sorprendida. Eu sabía da existencia do cancro, pero nunca imaxinei que xente da miña idade o puidera vivir. Emocionoume moito pensalo. Pero a película non é demasiado triste, xa que intenta darnos a visión de que hai que asumir o que veña, como fixeron estes adolescentes, que a pesar de ter esta enfermidade viven a vida ao máximo dentro das súas posibilidades. A maior parte desta longametraxe son momentos divertidos que te fan sentir igual que os protagonistas.(Marga) - Se me tivese que decantar por unha película, creo que sería por esta. Os protagonistas, co seu humor, fan máis soportable a súa estancia no centro, xa que aquí pódense facer cousas moi divertidas, como coñecer novos pacientes, burlarse das enfermeiras, facer unha serie de excursións nocturnas polos corredores... (Gloria)

«A princesa e o mariñeiro» Quizais sexa a que máis me gusta porque nos conta a historia dunha rapaza que non pode decidir por ela as súas cousas, como por exemplo con quen quere casar. Gústame porque nos conta a historia que moitas mulleres están a vivir. É moi inxusta, pero non poden facer nada, porque se non mátanas.(Lucía) «A vida es bela» Cando tiñamos aproximadamente 12 anos, no colexio puxéronnos unha película. Contaban os mestres entre eles que era unha das máis bonitas e interesantes que viras; e, aínda que non


Cine

IES de Melide

A MIÑA PELÍCULA FFA AVORIT A ORITA

Xuño 2009

76

son mestra, tamén o digo eu agora. Cando a vin por primeira vez, recordo que non me gustou nada máis que a banda sonora, pero ao mellor iso era porque daquela non tiña os coñecementos necesarios para poder entender de que vai. O seu título é «A vida é bela». Foi a película máis bonita que xamais vin, máis ca «Titanic», ou máis cás de «Pokemon» A historia da Segunda Guerra Mundial é o miolo desa película, dese filme tan marabilloso de Roberto Berigni. Cheguei a vela tres veces seguidas no mesmo día, e en total 22 veces. De tanto tempo enganchada ao DVD, sei ata os diálogos dos personaxes secundarios, terciarios e cuaternarios se é que existen. Non me importa aca-

bar chorando cada vez que a vexo, ou obsesionarme buscando información sobre o tema da Segunda Guerra Mundial cada vez que abro o DVD. Porque é unha película marabillosa. (Fátima) - Esta película é a miña favorita porque mostra os esforzos que fan os nosos pais por non nos facer sufrir, e moitas veces non os valoramos. A historia cóntaa Josué, o neno, cando xa é maior, e eu creo que fai valorar moito o amor que nos dan os nosos pais. (Patricia)

Juno. Nela cóntase a historia dunha adolescente que debe afrontar un embarazo non desexado. Aínda no instituto, Juno queda embarazada do seu amigo, Paulie Bleeken. Despois de falalo cos seus pais, Juno decide ter o neno

e dalo en adopción, entón ponse a mirar nos anuncios do xornal para dar cun matrimonio adecuado para o seu fillo. Estar embarazada nun instituto estadounidense non é fácil, e o seu entorno vólvese un tanto hostil. Finalmente o matrimonio sepárase, pero Juno dálle o seu fillo en adopción a Vanesa (a muller que se separa) (Noelia) Thogan. Trata sobre un home que era de Arxentina e marchou para Estados Unidos buscar traballo. Gustoume porque o seu personaxe era moi divertido e, a pesar de que algunhas veces non tiña un «can» estaba sempre de bo humor. Tamén porque reflectía a vida cotiá do protagonista e tiña escenas que facían rir. (Miguel)

O xardineiro fiel. É unha película espectacular. Trata de dous personaxes, un


Cine

A MIÑA PELÍCULA FFA AVORIT A ORITA

Harry Potter. Esta serie gústame porque é entretida e encántanme os actores.(Martín) Un peque que vai de marcha. Gústame moito porque trata dun bebé, e a min os bebés encántanme, e fai cousiñas que son propias de persoas adultas, polo que ris moito, e é supersimpático. (Cristina)

O pozo. Trata dun dos temas que máis me gustan, o terror. Custoume moito vela, xa que o medo na miña casa era visible. Esta é unha das películas que marcan. (Noelia)

77 O diario de Noa. É unha historia de amor que foi narrada por Noa cando xa ía maior para que ela,a súa muller, que ten alzhéimer se acordara de toda a súa vida. Ao final terminan morrendo xuntos e ela acordándose del. (Sandra)

Troya. Para min a película é moi triste, pero gústame como se fixo, e gústanme os actores, entre eles Brad Pitt e Orlando Bloom, que son os meus preferidos.(Ana) O pianista. Trata sobre un dos pianistas máis coñecidos, polaco. Esta película gañou tres Óscars, a Palma de Ouro do festival

porque este é o tema principal do que trata.(Noelia)

Cidade de Deus. Encantoume. Cóntanos unha historia real que ocorreu en América do Sur. Hai escenas moi violentas,

Xuño 2009

O Único. É unha película de acción, na que o seu protagonista era un mozo xaponés experto en artes marciais.(Alberto)

de Cannes 2002 e un Goya á mellor película europea.(Diego)

IES de Melide

home e unha muller, que se namoran e van vivir a África, aí axudan aos máis desfavorecidos. Ao final ela morre e el continúa o seu labor en África, seguindo a investigación que levaba a cabo a súa muller relacionada coas industrias farmacéuticas. A película transmite un sentimento de solidariedade, de necesidade de ir axudar alí. Para min foi unha gran película. (Xisela)

Gato negro, gato branco. É unha comedia preciosa. Encantoume. (Noelia) Brave Heart, en galego Corazón salvaxe. Trata sobre a guerra entre ingleses e escoceses pola liberación de Escocia. Gústame porque é unha película onde hai moito sangue e moitas mortes. Tamén me gusta o tema da película, xa que non é aburrido. (Iván) Zohan: licenza para peitear. Recomendo vela porque é bonita. A min gústame porque me fai rir moito. Penso que é divertida porque a forma de ser do personaxe é a de estar sempre contento e nunca preocupado. (Diego)


Música

ENTREVIST A A MARUXA FOCIÑOS PPAMPÍN AMPÍN ENTREVISTA DO GRUPO FUXAN OS VENT OS VENTOS

IES de Melide

ORQUESTRA OL YMPUS OLYMPUS

Xuño 2009

78

Con tanta crise, tanto Obama por aquí e por aló e tantas malas novas, hai que darlle un pouco de música e baile ao ambiente, non? Pois para iso está a orquestra Olympus. No mesmo lugar de hai un ano, cos mesmos músicos e cantantes, con novas actuacións e moitas cousas máis, esta gran orquestra galega, por segunda vez, volve poñer a pel de galiña a todos os seus seguidores. A gran novidade deste segundo récord é a actuación de cantantes tan coñecidas como Marta Sánchez, os grupos «La Unión», «Nacha Pop» etc, que teñen previsto superar as 24 horas que superaron o ano pasado. Poida que non sexa unha noticia importantísima relacionada con todo o que se está a vivir hoxe en día, que non teña nada que ver coa crise, coas guerras, a economía, etc; pero eu aínda así considéroa importante Eu estiven presente no primeiro récord que conseguiron e podo asegurar que é un auténtico «subidón» velos actuar en directo, compartir risas e ata lágrimas con eles. Son máis de 24 horas seguidas actuando sen parar, e iso merecería moito máis ca un récord.

MARUXA FOCIÑOS PAMPÍN, é unha magnífica artista que presta a súa voz a un dos grupos máis representativos do folclore galego: FUXAN OS VENTOS. Contestounos moi amablemente ás seguintes preguntas: Cando comezou a interesarlle o mundo da música? - Xa de pequena me dicían que cantaba ben, e co tempo, funme dando conta de que realmente tiña aptitudes para a música, principalmente para a parte vocal. - A que idade empezou a can-

tar? - Como dixen, xa de ben pequena, pero a un nivel profesional, foi cando estudaba en Santiago, na Coral «Cantigas e Agarimos». Con eles fun con dezanove anos a Bos Aires. Con vintecinco anos, propuxéronme entrar en Fuxan os ventos, e dende aquela non deixei nunca de cantar. Ademais de formar parte deste grupo, tamén formo parte da Coral de Agolada e da banda de gaitas «Bico da Balouta», tamén de Agolada; con eles fun hai pouco á Bretaña francesa. - En que ano se formou Fuxan os ventos?


Música

ENTREVIST A A MARUXA FOCIÑOS PPAMPÍN AMPÍN ENTREVISTA DO GRUPO FUXAN OS VENT OS VENTOS -O grupo formouse no ano 1972. Organizouse daquela un certame de músicos de creación propia. Presentámonos e acadamos o primeiro premio. - Como foi a elección do nome do grupo? - Foi a raíz dese certame de música. A canción coa que gañamos titulábase «Fuxan os ventos».

- Cantos álbums teñen publicados? -Se non me falla a memoria, creo que oito: Fuxan os ventos, Tequeletequele, Sementeira, Quen a soubera cantar, Noutrora, Na Memoria dos Tempos, Galicia canta ó Neno e Sempre e máis despois. - De todos eles, con cal se quedaría? -Non me quedaría con ningún en concreto, pero si que hai algunha canción en particular que prefiro. - Podería dicirnos unha? -Compañeira, é unha das miñas favoritas, fala da relación dun home e unha muller, unha relación baseada no amor e no compromiso co seu país.

- Que instrumentos tocades? -Dúas gaitas, unha galega e outra irlandesa, todo tipo de frautas, mandolina, percusión, bombo, pandeiro, tambor, cunchas, zanfona e violín. - Cal lle gusta máis? -A zanfona, polo seu son tan particular. - De todas as actuacións que fixeron, cal foi a máis importante para vostede? -Todas as actuacións son especiais, cantas en lugares onde probablemente nunca cantaras, con diferente público, diferentes ambientes... pero recordo unha serie de actuacións que fixemos pola montaña de Lugo, en aldeas onde despois de cantar faciamos unha xuntanza cos veciños. Alí recollemos moitas pezas e establecemos un contacto directo coa xente. Recórdoo con moito cariño. - Que fai para coidar a voz? -Nada, basicamente nada. O que si noto é que teño que fluidificar máis as cordas vocais, é dicir, que hai que hidratalas.

- Como compaxina o seu labor como mestra co seu papel de nai e coa súa dedicación ao mundo da música? -A miña primeira ocupación é o meu traballo de mestra, xa que este é o que me dá de comer. Hoxe en día os meus fillos xa son maiores e non precisan que estea tan pendente deles como cando eran pequenos. Á música dedícome as fins de semana. Antes do Nadal, a formación orixinal de Fuxan os ventos volveu xuntarse para dar un concerto no Auditorio de Santiago, co motivo dos 36 anos da súa creación. Tal foi o éxito que axiña se esgotaron as entradas. No concerto xuntáronse tamén unha serie de invitados como Mercedes Peón ou Pepe Ferreirón, de Milladoiro; Uxía Senlle, Guadí Galego... que souberon actualizar o repertorio de Fuxan os Ventos e darlle novos aires. CARLA RÍO E ANDREA VÁZQUEZ.

79 Xuño 2009

- Como se fixo tan famoso o grupo? -Porque recollemos moitos temas tradicionais. No ano 1975, morre Franco e saímos dunha época de ditadura. A xente estaba ávida de escoitar a alguén que reivindicara as nosas tradicións, a nosa lingua e, en definitiva, a nosa cultura.

IES de Melide

- Séntese cómoda dentro de Fuxan os ventos? -Si, moi cómoda. Levamos 35 anos xuntos.


Música

IES de Melide

VIAXE A ROMA

Xuño 2009

80

Principalmente vou explicar por que se fixo esta viaxe, o que fixemos, os sitios que visitamos... Esta viaxe foi realizada polo noso grupo de gaitas: «Airiños da Ponte». O primeiro día fomos de visita ao Vaticano por dentro e tamén andamos por outros lugares de Roma de paseo, vendo igrexas e outros monumentos, como o Coliseo por fóra. O martes cos rapaces e rapazas da banda de «Merza»(que hoxe é unha das mellores de Galicia) formamos tres grupos e seguimos de visita, vendo capelas, a fontana de Trevi, na que se tira unha moeda e se pide un desexo, e un montón de cousas máis. O mércores fomos tocar para o Papa. Tanto a banda como o noso grupo, fomos moi fotografados , tanto por turistas como por xornalistas . Pola tarde tivemos que ir facer un ensaio para ao día seguinte ir tocar á «fie-

ra» que é ao que nós lle chamamos feira. O día seguinte tocamos na inauguración da feira, viñérona inaugurar ministros, e a tarde tivémola libre para seguir visitando Roma ou facer o que quixeramos. O venres tocamos outra vez pola mañá na feira, e pola tarde andamos ao noso aire. O sábado fomos no AVE a Florencia e vimos un montón de cousas, todas preciosas. O último día fomos ao Vaticano, subimos á cúpula e vimos todo dende arriba, outra preciosidade, aínda que tivésemos que subir máis de 500 escaleiras aproximadamente. E esa mesma tarde volvemos en avión para a casa. A verdade, para min e penso que falo tamén polos meus compañeiros, foi unha experiencia estupen-

da que nunca cambiaría, era todo moi bonito, pasámolo moi ben e ademais fixemos novos amigos e amigas tanto galegos como italianos. Tamén teño que dicir que as comidas eran bastante boas , a pasta , a pizza, os xeados e os capuchinos sobre todo. A xente era moi amable con nós, aínda que nos miraba como a algo raro pola impresión de vernos vestidos de gaiteiros, que para eles é unha cousa nova, pero estivo moi ben aínda que nos quedou a pequena pena de non poder ver Venecia, xa que nos levaba cinco horas ir e outras tantas volver. Pero, aínda que tivemos algún inconveniente, saíunos todo moi ben e estamos todos moi contentos. SILVIA SUÁREZ SOUTIÑO, B1A


Música

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENT OS INSTRUMENTOS

IES de Melide

81 Xuño 2009

Moitos dos instrumentos que vemos ou que incluso tocamos están feitos de caros materiais, polo que custan un ollo da cara. Pero no noso IES, o IES de Melide tivemos unha iniciativa, máis ben quixemos facer ver a todas as persoas que non o instrumento máis caro nin o máis bonito é o que mellor soa. Como fixemos isto? moi fácil, cada alumno fixo un instrumento con materiais que atoparon e que xa non servían para nada. Porque en pleno século XXI non podemos permitir que materiais que parecen inservibles se convertan en inservibles como é o caso das caixas de galletas, si, si, as de toda a vida de chapa, ben, pois con unha desas caixas podes facer un tamboril, ademais podemos contribuír a que no mundo se deixe de pensar que o máis caro, e non o máis orixinal, é o mellor. En realidade isto todo pode parecer un xogo de nenos, pero se o miramos dende o lado racional dámonos conta de que en realidade non o é, senón que nós, os rapaces, somos conscientes de que podemos ser felices cun simple tamboril ou unhas maracas feitas por nós mesmos. O importante é divertirse, e non fai falta que sexa cun instrumento supercaro, podémolo facer cunha simple caixa de galletas un pouco «maqueada». E sobre todo, o importante é a linguaxe da música e o que pode

unirnos, aínda que sexa cun instrumento feito por nós artesanalmente. Instrumentos feitos con cartón, lata, papel e, sobre todo,con moita, pero que moita imaxinación. Con todos estes materiais e con ilusión fixemos todos os alumnos de segundo da ESO cada un o noso ins-

trumento. Só fai falta ganas e un pouco de imaxinación para facer un instrumento musical co que atopemos pola casa. Simplemente cunhas latas de Coca cola ou de Fanta, arroz e uns paus podemos facer unhas maracas, que logo podemos decorar ao antollo de cada un, ou cunha pá


Música

IES de Melide

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENT OS INSTRUMENTOS

Xuño 2009

82

coma as que utilizan os nosos pais para facer o regos das patacas, podemos facer unha guitarra… Como estes instrumentos hai moitos máis e máis curiosos. Para poder velos e ver o fácil que pode resultar facer unha guitarra, unhas maracas, uns timbais ou unha frauta pan co que atopemos pola casa, só temos que achegarnos xusto enfronte de dirección ou da sala de profesores do IES de Melide. Nesta exposición feita polos alumnos de todo segundo da ESO para a clase de música podemos observar moitos e diferentes instrumentos, fareivos unha pequena clasificación: De vento temos frautas chifres…, de percusión hai timbais, tamborís… e de corda hai guitarras... O fin desta exposición non só era un traballo para a clase de musica, senón que era para que nos decatásemos de que hai outras formas de divertirse sen que sexa estar falando polo mesenger ou estar xogando á play. O obxectivo de todo isto era tamén que todos os rapaces pasaramos un tempo cos nosos pais, avós, veciños... para que nos ensinaran a facer instrumentos como os que facían antigamente eles para divertirse. E así, unha vez máis, a música fíxonos pasar un bo anaco, incluso antes de tocar. LAURA LÓPEZ ROCA, S2B


Instituto

VIAXE A GRECIA

83 Xuño 2009

SILVIA E PATRI, 3ºA

IES de Melide

A finais de marzo deste ano, un pequeno grupo de alumnos do IES de Melide pasamos oito fantásticos días en Grecia.Pasámolo moi ben a tódalas horas, divertímonos moito, e probamos moitas cousas novas. Entre elas ir in barco, en avión, en metro e en burro!!! Ai que molones eran. Tamén probamos todas as comidas típicas de alá nunha cena que fixemos todos xuntos. Cando digo todos xuntos, refírome ós tres institutos que fomos: IES de Ames, de Carballo e o noso, o de Melide. Eran todos xeniais, falamos con todos e pasámolo moi, moi ben con eles, iso é que houbo algúns choros ó despedirnos no aeroporto de Santiago. Ata queremos facer unha cea para vernos todos outra vez!!! Ademais de todo isto tamén nos gustou moito todos os monumentos que vimos: o Partenón (impresionante, era enorme...), o templo de Apolo en Delfos... Pero, polo menos nós, podemos dicir que o que máis nos gustou foi a illa de Santorini e o barco no que chegamos a ela, aínda que tivemos que botar oito horas nel. Era preciosa, con tódalas casiñas brancas, con moitos camiños, escaleiras, e sobre todo costas cara arriba...Ó final do día doíannos as pernas...Pero mereceu a pena. E non esquecemos a illa do volcán, que bonita era!, toda a illa vermella e moi diferente do que estamos acostumados a ver. Tamén estivemos, como non, en Atenas, pero esa cidade non nos gustou moito. Había zonas moi vellas e algunhas persoas eran moi raras, con perdón. Pasámolo moi ben pero nestes últimos días xa tiñamos unhas poucas ganas de vir a Melide e ver a nosa xente. (Publicado o 2 -04-09 en http://aspasiamelide.blogspot.com)


Instituto

BREVES EXPERIMENT A EXPERIMENTA DOUS CAMBIOS

IES de Melide

En primeiro lugar, quero dicir que a crítica que vou expoñer a continuación é persoal, e eu non coñezo os culpables pero si os prexudicados, todos os alumnos e alumnas que na primeira avaliación nos tivemos que adaptar a tres profesoras de inglés.

Xuño 2009

84

Nós o primeiro día de clase coñecemos os/as profesores/as que nos ían dar clase durante todo o curso. Todo ata aquí é normal, o problema chega cando, pasado un mes de clase e logo de habituarnos á nosa profesora de inglés, nos chega unha substituta que nos di que vai estar con nós ata o final da avaliación. Nós adaptámonos a ela, facemos un exame e todo ben. O segundo problema chega cando unha ou dúas semanas antes de rematar o curso nos chega outra substituta que nos di que nos vai facer ela o último exame. Parece todo unha comedia, un reto, pero por desgraza, é a realidade. Que lles pasou ás outras profesoras?, quen nos virá despois destas curtas vacacións, a primeira, a segunda, a terceira, ou outra nova profesora? Son respostas que acharei o día 8 de xaneiro. LAURA RÍO CARREIRA, B1A

O pasado día 20, na praza do parque de Melide tiveron lugar un conxunto de experimentos científicos que tiñan como obxectivo principal dar a coñecer a parte máis lúdica da física e a química, por exemplo amosándonos como un globo, despois de metelo nun recipiente de nitróxeno líquido a -200º C de temperatura, encóllese para despois inchar e estoupar. Este evento foi posible grazas á axuda de alumnos e ex-alumnos do instituto de Melide, que nos mostraron dunha forma un tanto especial e sinxela as curiosidades que esconde a ciencia. Dende o meu punto de vista, actividades como «Experimenta» debe habelas todos os anos, porque son unha boa maneira de que os melidenses coñezan a ciencia, e os alumnos poidan traballar máis de cerca con ela. JUDITH RAMOS CASTRO, 1º BAC.


Instituto

CORREMELIDE

IES de Melide

85 Xuño 2009


Instituto

MANIFEST O D A LINGU A GALEGA MANIFESTO DA LINGUA

IES de Melide

(Lido na IX edición do Corremelide. 29 de maio de 2009)

Xuño 2009

86

A lingua é o que nos diferenza doutros países, pobos ou culturas. Se nós non falamos o galego, que é a nosa lingua, quen vai ser o que o fale? Todos e todas somos libres de elixir a lingua que queiramos, pero se os nosos antepasados loitaron porque na nosa terra, Galicia, se falase o galego, como galegos que somos, teriamos que estar orgullosos de termos unha lingua particular e tan especial como é a nosa, a lingua galega. Temos unha lingua pola que se loitou para que, á fin, se puidese falar, e tería que significar unha honra para todos os galegos e para todas as galegas ter unha lingua única e particularmente especial que nos fai a todos posuidores dunha gran riqueza que non se debería perder, pois esa lingua é mais prezada que o ouro e a prata. Como bos galegos teriamos que protexer o noso tesouro, porque para un galego, para unha galega, o máis importante ten que ser o seu, que neste caso é a lingua, algo que a xente galega nunca debería esquecer nin botar fóra da súa rutina, porque dentro

do normal dun galego debería entrar falar a lingua galega. Só temos que mirar un pouco para atrás e ver que hai relativamente pouco tempo, nos colexios e nos lugares públicos non se podía falar galego, só se podía falar o castelán. Grazas á chegada da democracia ao noso pais, fíxose que se fomentase a diversidade das linguas, e que deste xeito todo o mundo puidese falar e expresarse coa lingua que quixese, sen obrigas de ningún tipo. O futuro da nosa lingua está nas nosas mans e só falándoa podemos facer que sexa

inesquecible e que nunca se vaia das conversas de todos os galegos. Non hai nada mais bonito que ver a unha persoa falar a súa lingua. Cando alguén fala a súa lingua, honra á súa comarca, ao seu país, polo que os galegos e as galegas deberiamos facer que Galicia se desborde de honra. A lingua galega é fina ou dura, rica ou pobre, agarimosa ou arisca, depende de quen a mire… moitos adxectivos se poden buscar para describir a nosa lingua, e quizais todas esas contradicións fan que sexa unha lingua especial. LAURA LÓPEZ ROCA. 2ºB ESO




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.