Portela valladares

Page 1

Naceu en Pontevedra en 1867 e morreu en Vendol (Francia) en 1952. Político liberal, foi elexido deputado xa en 1.905 e 1.910. En 1.923 foi ministro de Fomento e en 1.935 ministro de Gobernación. A finais dese ano preside o Goberno, e preséntase ás eleccións do 1.936 polo Partido del Centro. Tralo triunfo da Frente Popular, resiste ás presións de Gil Robles, José Antonio, Franco e Calvo Sotelo para declarar o estado de guerra e evitar o goberno de esquerdas; polo contrario dimitiu e entregou o poder a Manuel Azaña. Durante a Guerra Civil defendeu á República Española e exiliouse en Francia, onde morreu. Ademais do seu papel na política española, estivo vinculado ao autonomismo galego. En 1.910 participou na formación de Acción Galega, e defende no parlamento aos agrarios galegos. En 1.922 escribiu en “A Nosa Terra”: “…Non pasará unha hora… sen que diante deles érganse o peito en sangue, a testa en resprandor- os galegos caídos en SOBREDO; e na Mai Terra, tan sofrida, tan aldraxada, tan querida, tamén erguerase do seu leito de secular inmovilidade nun berro de delor e de alumbramento…” Asinou, con outros galeguistas, o Pacto de Barrantes a prol da autonomía galega. Tivo unha cordial relación con Castelao, e apoiou a campaña do Estatuto dende a súa actividade política e dende o seu xornal “El Pueblo Gallego”


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.