CHINTO CRESPO

Page 1

CHINTO CRESPO Jacinto Crespo Figueras naceu en Lugo en 1849 e finou en Vigo aos 82 anos, o 17 de xaneiro de 1931. Non hai datos da súa infancia e xuventude, xa que as súas actividades nas loitas dos agraristas de Teis escomezaron cando tiña 50 anos. A campaña antiforal do Directorio Antiforista de Teis, no concello de Lavadores, convírteo nun líder popular, destacando as súas dotes de orador nos mitins de Vigo, Pontevedra, Ourense, A Coruña e Lugo. Forma parte do Comité Provincial da Federación Agraria de Pontevedra. En Teis exerce de mestre e participa nos mitíns contra os foros, usando a lingua galega coma canle de expresión. Candidato a concelleiro, asina artigos contra os caciques, sendo por este motivo condeado a un desterro, converténdose nun dos primeiros “mártires” do agrarismo galego. Xa vello, no seu desterro, reorganizou o agrarismo estradense, dándolle un carácter anticaciquil. No 1913, da man dos fillos de Ponteareas en Arxentina e Uruguai, chega á Secretaría da Federación Xudicial Agraria daquela vila, voltando á loita agraria a nivel provincial. Segue a atacar ao caciquismo e volta a ser procesado e encarcelado. Reintegrouse ao distrito de Lavadores traballando modestamente no Concello por decisión do IV Congreso Agrario Provincial. A partires de aquí desaparece da vida pública, aínda que mantén o seu espírito de loitador nos seus escritos.

Chinto Crespo en Ponteareas


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.