Manuel Antonio.Obra Completa. V.I. Prosa

Page 1

obra completa

p rosa

CLĂ SICOS DA ACADE M IA


1_ManuelAntonio_VOL1.indd 2

29/02/12 12:29


Manuel Antonio Obra completa Volume 1: Prosa

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 3

29/02/12 12:29


1_ManuelAntonio_VOL1.indd 4

29/02/12 12:29


obra completa

prosa Edición e notas de Xosé Luís Axeitos Agrelo

CLÁSICOS DA ACADE M IA

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 5

29/02/12 12:29


© dos textos inéditos:

fundación barrié © da introdución, notas aclaratorias e aparato crítico: Xosé Luís Axeitos Agrelo © da presente edición:

fundación barrié | real academia galega

Quedan prohibidos, dentro dos límites establecidos pola lei e baixo os apercibimentos legalmente previstos, a reproducción total ou parcial desta obra por calquera medio ou procedemento, xa sexa electrónico ou mecánico, o tratamento informático, o aluguer ou calquera outro xeito de cesión da obra sen a autorización previa e por escrito dos titulares do copyright.

Deseño: David Carballal Impresión: La Ibérica isbn da colección: 978-84-9752-062-1 isbn do volume i: 978-84-9752-063-8 Depósito legal: c 412-2012

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 6

29/02/12 12:29


ÍNDICE

Introdución xeral Cronobiobibliografía

11 19

p ros a l i t e r a r i a Introdución Xornadario [A cidade d’os homes que non tiñan alma] O que o sol-por calaba As irremediabes merancorías Novela vulgar [“Terras d’afora”] [Conto d’o afogado] [O neno e o vello] [A novela de Rodolfo Cruceiro] [A novela de Ramón Cruceiro] O romeiro de Sant-Iago [Prólogo d’o Maruxo] Diario romántico [A novela de Iván] [Singraduras]

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 7

31 37 43 45 47 49 53 59 63 65 71 103 107 111 117 123

29/02/12 12:29


p ros a e ns a ís t ic a Introdución

131

De tema literario e cultural Mais alá! Os epígonos valleinclánicos [A Euxenio Montes ] Ateneísmo Gabanza d’o cantar Gabanza do piano mal tocado O sentimento d’o tráxico n-os romances d’os cego Encol d’a metáfora. Lerias [Notas sobre arte popular] Un poeta d’a nosa terra Prólogo d’un libro de poemas que ninguén escrebeu “Pepina Tayoya” Cousas de Padrón Fatiguemo-nos

135 145 147 149 153 161 165 167 171 173 177 181 183 189

De natureza política De otro sector Notas de un inadaptado Desde Rianjo Terra ceibe! “Honni soit...” O Estado Leución d’Hestoria Patriotismo O remorso d’as estátoas e a dinidade d’o silenzo

193 197 199 203 207 209 211 213 215

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 8

29/02/12 12:29


t r a duc ións Introdución

221

Jean Epstein. La poésie d’aujourd’hui Albert Gleizes e Jean Metzinger. Du cubisme Edgar Allan Poe. O retrato oval Henri Rambaud. Poética de Mallarmé Eugène Melchior. La maite de la mer

235 269 287 291 293

Prosa

Poesía Guillaume Apollinaire. Outono Paul Éluard. Boxeador Jack Judge. It’s a Long Way to Tipperary René Kerdik. Bar Phileas Lebesgue. Vigo Hrand Nazariantz. Mare, triste mare Benjamin Péret. A morte d’o cisne Adrien Rambaud. Criolla morta n-o leito d’os sonos Arthur Rimbaud. Cabeza de fauno É ela almea? Mariña Sono pra o inverno O corazón roubado Sensación Oración d’o serán Coarteta Vocaes [Felicidade]

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 9

299 300 301 302 305 307 309 311 318 319 320 321 322 324 327 328 329 331

29/02/12 12:29


Philippe Soupault. Escalade [Papel] Tristan Tzara. Prealable (Previo) Émile Verhaeren. Os errantes Paul Marie Verlaine. Canción d’outono Sagesse (Sabencia)

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 10

332 333 334 335 337 338

29/02/12 12:29


I N T RODUC IÓN X E R A L

Este volume, que recolle a obra en prosa de Manuel Antonio, forma parte dun proxecto conxunto entre a Real Academia Galega e a Fundación Barrié e permitirá, por fin, a publicación da obra completa do escritor rianxeiro. O devandito proxecto inaugura tamén unha nova colección, con vocación de futuro, que se denominará Clásicos da Academia. O plan da publicación da obra completa de Manuel Antonio contempla a posibilidade de cinco volumes: o primeiro para a prosa, o segundo e o terceiro para o riquísimo epistolario, inédito en gran parte, o cuarto para a poesía e un derradeiro volume destinado á biografía do escritor rianxeiro. A inclusión dun quinto tomo coa biografía como parte da obra completa do poeta permitiranos incluír unha serie de escritos, notas, documentos e iconografía diversa que se conservan, inéditos, entre os papeis do autor. Contrariamente ao que puideramos pensar, pola súa curta vida, Manuel Antonio foi un verdadeiro gardador de papeis: non faltan os cromos da infancia, os xogos anotados, a lousa escolar, as caricaturas académicas, os apuntamentos secretos, os cadernos anotados, as axendas cos enderezos dos amigos e das editoriais, contas das pensións polas que pasou, as necrolóxicas de familiares e veciños, as cartas amorosas da adolescencia, os boletos de viaxes en tren ou en barco, os recortes de xornais e revistas, as facturas de diversos pedidos, listaxes de amigos aos que debe carta, etc. E, o que é máis importante, numerosas anotacións e apuntamentos que ben puideran ser esbozos 11

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 11

29/02/12 12:29


doutras posibles creacións non escritas. En definitiva, se a todos estes papeis e esbozos —riquísima marginalia, imprescindible para unha biografía intelectual do autor— engadimos o catálogo da súa biblioteca persoal, o conxunto daranos ocasión de comprobar o alto grao de porosidade lectora de Manuel Antonio e de afondar na xénese intertextual da súa produción. A realización do proxecto que se inicia con este volume sentímola como a culminación dun proceso sempre agardado e unha e outra vez frustrado polas circunstancias estrañas que concorreron na custodia dos papeis do escritor. O primeiro plan de publicación da obra de Manuel Antonio debémosllo a Roxelio Pérez, o seu curmán e amigo que, xa no ano 1943, estaba decidido a facelo, tal como lle propón a Ben-Cho-Sey en carta datada en Rianxo o 15-7-1943: Eiquí, e gracias á boa vountade d’a miña tía, topei unhas cuartelas de Manoel Antonio, inéditas, con poemas que nada desmerecen dos que figuran en De catro a catro. Isto fixo que eu pensase en pubrigar un libro no que recolla tod’a produzón d’o meu curmán que non está no libro referido, engandindo algúns traballos de crítica que a il se refiren, precedido todo de unha ampria biografía e cecais, d’unha exéxesis literaria. Polo de agora estou recollendo o maior número de datos, e estimaríache que si tiveses algún traballo seu, ou sobor d’il, mo remitises pra que a cousa fose mais compreta. Farei unha edizón limitada, costeada por suscripciós entre amigos e ademiradores pol’o importe que sinifique. Tereiche ó corrente.

Con seguridade que os textos narrativos que publicou Roxerius poucos anos despois co título de Prosa de Manuel Antonio. Fragmento de novela galega(1) respondían ao proxecto exposto a Ben-Cho-Sey. Tivo necesariamente Roxerius que manexar toda a documentación hoxe coñecida para poder afirmar que atopou poemas descoñecidos e tivo que atopar tamén os textos en prosa, (1) En Sonata Gallega, Pontevedra, 1946.

12

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 12

29/02/12 12:29


tal como testemuña o que teña publicado o extenso fragmento dunha novela máis ampla. Un sombrío esquecemento enterra este proxecto ata que no ano 1972 aparece o primeiro tomo da súa obra en edición de Domingo García-Sabell. Resulta curioso observar que tanto Roxerius como García-Sabell aluden á xenerosidade da nai do poeta, que lle dá a coñecer a obra inédita —no caso do sobriño— e que lla entrega en doazón no caso do médico compostelán. Adiviñamos as causas polas que o curmán do poeta non levou ao prelo as obras de Manuel Antonio inéditas: en 1943 acababa de ser readmitido no Maxisterio despois do expediente de depuración, con resultado de expulsión, a que foi sometido a finais de 1936. Non estaba, logo, en condicións de significarse editando textos certamente nacionalistas e revolucionarios no contexto da represión franquista dos primeiros anos corenta. Foi mágoa porque a nosa cultura pasou toda a longa posguerra necesitada do maxisterio do rianxeiro, que tiña capacidade e prestixio dabondo para certificar a compatibilidade entre modernidade e nacionalismo, lección que aínda hoxe non temos aprendida de todo. De calquera xeito, fracasados tamén outros intentos de todos coñecidos, retomamos a obra de Manuel Antonio como promesa de fecundo futuro. Dividimos os textos deste primeiro volume en dous apartados: no primeiro —Prosa literaria— agrúpanse textos con horizonte artístico-literario, estético; no segundo —Prosa ensaística— recollemos, encabezados polo manifesto Mais alá!, aqueles escritos teóricos, de natureza doutrinal, que expoñen as ideas e fundamentos teóricos en materia literaria, musical e artística en xeral. Pareceunos axeitado dividir este apartado segundo, atendendo á súa temática, en textos literarios e textos de natureza política. Malia esta ordenación, os textos están solidamente anoados polo compromiso firme de Manuel Antonio con Galicia. Neste senso os textos revelan un inusual equilibrio entre o raciocinio 13

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 13

29/02/12 12:29


do teórico e a paixón coa que defende os seus ideais políticos. O seu ideal de conquistar un espazo de liberdade política e autonomía literaria para Galicia, máis alá do seguimento de consignas políticas e partidistas, levouno á defensa irrenunciable da nosa lingua, da nosa bandeira, da nosa música, dos nosos mariñeiros e da nosa paisaxe. Calquera que sexa a valoración estética da obra de Manuel Antonio ningún lector lle poderá negar a fecunda ambición coa que abordou todas as súas empresas literarias, sempre ao servizo de Galicia. A nosa edición Non se caracteriza a nosa cultura literaria por unha rica tradición editora. Temos a proba coa obra de Cunqueiro que cando estamos a celebrar o centenario do seu nacemento, non dispoñemos dunha edición crítica acorde coa categoría do escritor de Mondoñedo. Son demasiadas as edicións perpetradas a granel e sen denominación de orixe. A aparición dos manuscritos do rianxeiro vainos permitir ofrecer uns textos dignos e responsables á altura da paixón construtiva coa que os creou o seu autor. Este, xustamente este, é o reto da nosa edición: ofrecer a obra de Manuel Antonio nuns textos fiables, con denominación de orixe coma os bos viños. Por este motivo optamos, seguindo os criterios ecdóticos que xa utilizamos con ocasión da edición da poesía do rianxeiro, por unha edición filolóxica que reproduce con absoluta fidelidade os manuscritos autógrafos do autor, respectando os seus hábitos gráficos. Eliximos esta opción porque é a que mostra mellor a posibilidade de contemplar o texto como sagrado, inalterable e con absoluta fidelidade á realidade gráfica. Non renunciamos tampouco, como complemento, a mostrar a realidade icónica do orixinal manuscrito reproducindo algunha 14

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 14

29/02/12 12:29


páxina facsimilar de cada un dos textos orixinais. A reprodución fotográfica do texto ten un indubidable valor semiolóxico ao facilitar detalles coma a cor da tinta, as dimensións do papel utilizado, etc. O noso traballo vese simplificado porque dispoñemos para cada texto do correspondente manuscrito autógrafo. Nalgúns casos este, sen correccións e con coidada grafía, semella estar preparado para o prelo. Noutros casos, os menos, o manuscrito, menos elaborado, está cheo de riscados e anotacións que denotan unha segunda ou, por veces, terceira reescritura. Nestes casos anotamos a pé de páxina todo o que se mostra lexible. E cando dalgún texto aparecen redaccións que responden a un estado de elaboración anterior, transcribímolas ao final como borradores. Naqueles poucos casos nos que non dispoñemos do manuscrito autógrafo, transcribimos o texto impreso corrixindo aqueles aspectos que se apartan, con evidencia, dos hábitos do escritor. Cando temos o texto orixinal e o impreso, nos menos dos casos, optamos pola edición crítica, facendo constar a pé de páxina as correspondentes eleccións e variantes. A fidelidade da nosa edición aos hábitos gráficos do autor queda reforzada polo argumento que nos proporciona o contexto polémico no que se estaba a desenvolver a ortografía galega nos anos vinte que, falta dunha normativa académica aceptada, mostraba múltiples tendencias e solucións. Por outra parte, e con relación á ortografía, Manuel Antonio segue coherentemente unhas pautas persoais que responden a criterios moi reflexivos. Por este motivo é moi evidente a falta de respecto ás súas meditadas grafías que observan determinados xornais que deron acubillo aos poucos textos que chegaron a ser editados. Esta circunstancia permítenos ver a man de Villar Ponte no impreso do manifesto Mais alá! que reflicte os hábitos gráficos do de Viveiro antes que o manuscrito do rianxeiro. Por este motivo seguimos sempre os orixinais manuscritos aínda naqueles poucos 15

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 15

29/02/12 12:29


casos en que dispoñemos do texto impreso, pouco respectuoso cos hábitos gráficos do rianxeiro A regularidade gráfica de Manuel Antonio é moi visible nas formas contractas d’o / d’a; d’un / d’unha; n’un / n’unha; n-o / n-a malia apareceren d’este / de este ou esta tripla opción de ao / ó / a o. Non emprega o til en mais (adverbio de cantidade) nin en lua / rua / tua e son numerosísimas as duplicidades e variantes léxicas propias dunha etapa de busca e de expansión. Os exemplos son diversos: esquecer / esquencer; escrever / escreber; inteleitual / inteleutual; difrenza / diferenza; humanidade / humandade; idea / ideia; verba / verva; infinito / infindo; coma / como; efecto / efeuto; despois / dispois; decir / dicir. De calquera xeito, a nosa edición filolóxica reafírmase na premisa idealizadora de que o autor non se equivoca nin de sentido nin de forma. Por outra parte, seguindo as normas habituais, aparecen entre corchetes as palabras que se restablecen. Cando falta unha palabra sinálase con puntos suspensivos entre corchetes e as transcricións dubidosas van seguidas por un signo de interrogación entre corchetes. Respectamos a puntuación de Manuel Antonio, sempre moi precisa e significativa.

16

1_ManuelAntonio_VOL1.indd 16

29/02/12 12:29


clรกsicos da academia 1 Manuel Antonio Obra completa: Vol. i. Prosa isbn: 978-84-9752-063-8


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.