Boletín Maio

Page 1

BOLETÍN FETE UGT CONCENTRACIÓN CONTRA O BLOQUEO DE PRAZAS NO CXT

Nº 05 maio, 2011

FETE UGT concentrouse en San Caetano para manifestar o rexeitamento aos recortes de prazas que a Consellería de Educación vai a facer no vindeiro concurso xeral de traslados A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN BLOQUEA 200 PRAZAS A TRAVÉS DO CONCURSO DE TRASLADOS POÑENDO EN PRÁCTICA UN NOVO RECORTE NA EDUCACIÓN EN GALICIA. No contexto actual de crise económica como o que vivimos FETE-UGT/Galicia reivindica o papel da Educación como un dos instrumentos fundamentais para conseguir saír desta, e para iso hai que afondar nun novo moConcentración en San Caetano

delo produtivo sostible; o emprego e a actividade económica nútren-

se dun nivel educativo de calidade, que é a maior riqueza e o principal recurso dun país e da súa cidadanía.

ÍNDICE FETE UGT solidarízase co profesor expedientado

3

5

Para FETE-UGT/Galicia, o actual modelo de xestión á

7

baixa da Consellería de Educación ameaza o mantemento dun dos alicerces básicos do noso Estado do Benestar, a

9


Educación, reducindo o orzamento en 2011 nun 6.6%.

Con este tipo de agresións ao ensino, a Consellería esquece que existe un ineludible dereito á Educación. A Educación non é materia mercantil é un dereito. O goberno galego amosa a súa total falta de implicación no desenvolvemento dun sistema educativo de calidade ao recortar o salario do profesorado, o seu poder adquisitivo, a redución da reposición do emprego público, e agora novamente leva a cabo un novo recorte podando 200 prazas a través da supresión no concurso de traslados. Co obxectivo de converxer coa media europea retrocédese, reducindo o gasto público en relación ao Produto Interior Bruto; aumentar o gasto público total e o

gasto público por alumno debe ser prioritario. Unha vez máis facemos un chamamento á Consellería de Educación solicitándolle un cambio de rumbo nas súas políticas. En tempo de crise é imprescindible priorizar.

A Educación non pode ser relegada é unha prioridade. A Consellería de Educación, con competencias plenas nesta materia, ten a obriga de ser o garante da educación en Galicia. Página 2

BOLETÍN FETE UGT


FETE UGT solidarízase co director expedientado A Federación de Traballadores do Ensino da Unión Xeral de Traballadores de Galicia (FETE-UGT/Galicia) solidarízase co profesor Xosé Lois García Carballido que está sendo obxecto dun expediente disciplinario que consideramos inxusto. Rexeitamos a actitude autoritaria da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e amosamos o rexeitamento máis enérxico ante unha medida inadecuada e innecesaria da administración educativa galega. OS FEITOS: Lamentamos que ante unha situación de garantía da calidade do ensino nun instituto, se incoe un expediente a un director recentemente nomeado de xeito directo pola Consellería, é en período de prácticas. Os feitos que deron lugar á apertura de expediente disciplinario son propios da dinámica de preparación do curso, neste caso do curso 2010-2011, no que ten que ver co cupo de profesorado que lle pertence a cada centro. O director do IES Agra de Raíces de Cee propúxolle á Inspección un número de profesores e profesoras en consonancia coas necesidades do centro, organizando os grupos de alumnado de xeito similar ós cursos anteriores e garantindo a máxima calidade do ensino neste centro. A Inspección, nun papel unicamente supervisor e autoritario, amosa a disconformidade coas necesidades de profesorado prantexadas para ese centro e ordena un recorte de profesorado que complica a organización do centro e resta calidade no proceso de ensinoaprendizaxe. Faino de maneira inconcreta e alegando unicamente que a dirección “debe cumprir a lexislación vixente”. É un feito obxectivo que este director está cumprindo a lexislación, dado que co mesmo número de grupos e profesorado o curso anterior contaba con cinco profesores máis. Página 3

BOLETÍN FETE UGT


En todo caso a Inspección na función de colaboración e asesoramento debería concretar a modificación correspondente de grupos de alumnado, horario de profesorado, etc. Función que non realizou. Por outra banda, tamén se incoa expediente disciplinario por propoñer para a Xefatura de Estudos a unha profesora que non ten destino definitivo no centro. En relación con esta incidencia, temos que sinalar que a lexislación prevé proposta de nomeamento para profesorado provisional, caso de ser necesario e coa autorización da Consellería. Neste caso a Inspección debera tomar medidas para corrixir o erro sen necesidade de expediente disciplinario, medida que non resulta necesaria ó noso entender. SANCIÓN DESMESURADA: Logo da instrución dos dous expedientes a Xosé Lois García Carballido, resulta sancionado cunha falta grave e outra leve. Pola primeira, suspéndese de funcións durante tres meses e pola segunda comunícaselle un apercibimento. A esta representación legal do profesorado preocúpalle que a este profesor se lle impoña unha sanción grave, por un precepto lexislativo tan atípico como:”falta de obediencia debida aos superiores e autoridades” e “falta de rendemento que afecte ó normal funcionamento dos servizos”. O nivel de preocupación desta organización sindical vai en aumento ó observar como a Consellería de Educación “utiliza” á Inspección Técnica de Educación para levar a cabo políticas restrictivas en materia de profesorado e de deterioro permanente da calidade do ensino público. FETE-UGT/Galicia insta á Consellería para que abandone este tipo de actitudes que en nada colaboran para mellorar a direccións e a xestión dos centros escolares e anuncia que recorrerá ós tribunais de xustiza para tratar de reconducir este tipo de medidas persecutorias contra os equipos directivos de escolas e institutos. Nº 05

Página 4


CURSOS TRABALLADORES ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS DOCENTES COMARCA

CURSO

HORAS

DATAS

AROUSA

MULTIMEDIA EN EDUCACIÓN

30

27/04/11 26/05/11

INGLÉS: USUARIO AVANZADO

30

18/07/11 29/07/11

COMPETENCIAS PROFESIONAIS PARA A XESTION DUN AULA DIXITAL

30

9/05/2011 25/05/2011

APLICACIÓN DA WEB.2 NOS CENTROS EDUCATIVOS

30

OCTUBRE

SISTEMAS OPERATIVOS NAS TICS:WINDOWS, LINUX

30

6/05/2011 28/05/2011

PREVENCION DE RISCOS PSICOSOCIAIS: INTELIXENCIA EMOCIONAL

30

9/09/2011 24/09/2011

OURENSE

REALIZACIÓN DE MATERIAIS DIDACTICOS A TRAVÉS DE FERRAMENTAS INFORMÁTICAS

30

4/05/2011 26/05/2011

PONTEVEDRA

TICS NAS DISTINTAS ÁREAS EDUCATIVAS:INFANTIL,PRIMARIA,SECUNDARIA,BACHERELATO,FP

30

24/05/2011 10/06/2011

REALIZACION DE MATERIAIS DIDÁCTICOS A TRAVÉS DE FERRAMENTAS INFORMÁTICAS

30

SEPTIEMBRE/ OCTUBRE

REALIZACIÓN DE MATERIAIS DIDÁCTICOS A TRAVÉS DE FERRAMENTAS INFORMATICAS

30

ABRIL

INTERNET APLICADA Á EDUCACIÓN

30

SEPTIEMBRE/ OCTUBRE

MULTIMEDIA EN EDUCACIÓN

30

ATENCIÓN A DIVERSIDADE

30

SEPTIEMBRE/ OCTUBRE

DANZAS POPULARES DO MUNDO IV

30

SEPTIEMBRE/ OCTUBRE

PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E MANIPULACIÓN DE PRODUCTOS

30

MAIO

FERROL

LEMOS

SANTIAGO

VIGO

CORUÑA

COSTA LUGUESA

LABORAIS

COMARCA

CURSO

HORAS

DATAS

SANTIAGO

DEREITO LABORAL Y S.S.

30

Sep—oct

ERGONOMIA E AMBIENTE FÍSICO NO LUGAR DE TRABALLO

30

26/03/11 16/04/11

PREVENCION DE RISCOS LABORAIS E MANIPULACION DE PRODUCTOS

30

Maio

PREVENCIÓN DE RIESGOS LABORALES EN EL CENTRO EDUCATIVO

30

31/05/11 30/06/11

VIGO

Página 5

BOLETÍN FETE UGT


FETE-UGT AROUSA Rúa Castelao 22, Baixo 36600 - Vilagarcía ( Pontevedra ) Tlf. 986 511 213 - Fax 986 510 520 E-mail: arousa@feteugtgalicia.es

FETE-UGT A CORUÑA Avda. Fernández La Torre 27, 2º 15006 - A Coruña Tlf./Fax 981 247 875 E-mail: acoruna@feteugtgalicia.es

FETE-UGT COSTA LUGUESA

FETE-UGT DEZA

García Doriga, Edificio INEM 3ª Planta 27850 - Viveiro ( Lugo ) Tlf. 982 550 016 - Fax 982 550 016 E-mail: costalugo@feteugtgalicia.es FETE-UGT FERROL

Baiuca, 7 36680 - A Estrada ( Pontevedra ) Tlf./Fax 986 573 223 E-mail: deza@feteugtgalicia.es FETE-UGT LEMOS

Rúa do Carme, 43 – 45, 2º 15402 - Ferrol ( A Coruña ) Tlf./Fax 981 359 131 E-mail: ferrol@feteugtgalicia.es FETE-UGT LUGO

Roberto Baamonde 29, Baixo 27400 - Monforte ( Lugo ) Tlf. 982 403 210 - Fax 982 402 498 E-mail: lemos@feteugtgalicia.es FETE-UGT OURENSE

Ronda da Muralla 58, 1º 27003 - Lugo Tlf. 982 221 854 - Fax 982 246 511 E-mail: lugo@feteugtgalicia.es FETE-UGT PONTEVEDRA

Parque San Lázaro 12, 1º 32003 - Ourense Tlf./Fax 988 237 790 E-mail: ourense@feteugtgalicia.es FETE-UGT SANTIAGO

Pasantería 1, 1º 36002 - Pontevedra Tlf. 986 858 413 - Fax 986 861 054 E-mail: pontevedra@feteugtgalicia.es FETE-UGT VALDEORRAS

Miguel Ferro Caaveiro 12, 1º 15707 - Santiago ( A Coruña ) Tlf. 981 573 634 - Fax 981 575 033 E-Mail: compostela@feteugtgalicia.es FETE-UGT VIGO

Praza do Concello 2, Baixo 32300 - O Barco ( Ourense ) Tlf. 988 682 744 - Fax 988 321 152 E-mail: valdeorras@feteugtgalicia.es

García Barbón 67 36201 - Vigo ( Pontevedra ) Tlf./Fax 986 220 812 E-mail: vigo@feteugtgalicia.es


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.