Boledix Outubro

Page 1

BOLETÍN FETE UGT EDITORIAL DO SECRETARIO XERAL FEDERAL DA FETE UGT

Nº 01 Outubro 2010

POSTFOLGA E EDUCACIÓN A folga do 29 S supuxo un apoio dos traballadores e traballadoras deste país para que os Sindicatos sexamos os interlocutores ante o Goberno e a Patronal, pero ademais, ese mesmo día pola tarde, os cidadáns botáronse á rúa, manifestándose nunha multitudinaria marcha democrática lembrando que hai (que ten que haber) outra forma de saír da crise e non só as solucións que xorden das institucións que, nun principio tiñan a obriga de controlar a aqueles que a través da especulación nos levaron ao desastre financeiro, feito que posteriormente se trasladou ás empresas e a vida cotiá. O FMI fixou chegar ao 3% do déficit no 2013 e iso supón realizar uns axustes orzamentarios máis centrados en rebaixar os gastos que en incidir na fase recadadora dos ingresos. Seguramente Carlos López Cortiñas, Sº Xeral

chegaremos

a

ese

obxectivo pero, en que condicións? Estamos nunha triste etapa onde os

contables do FMI están por riba dos políticos. Dicíase que había que aproveitar este momento difícil,

ÍNDICE Educando en Igualdade

3

Ensino Privado e Concertado 4

dende o punto de vista económico, para cambiar o noso modelo Campaña FP / Comedores

6

Formación

7 8

conceptos con respecto ao 2010, así mal podemos incidir nese

Saúde Laboral Día mundial do transporte

novo modelo.

Cómic

9

Recursos na rede

10

productivo, e para iso as Universidades, a través de transferir o coñecemento ás empresas ían ser a plataforma, utilizando para iso o I+D+I e as novas tecnoloxías; pero se examinamos os orzamentos para o 2011, observamos o descenso do 8% nestes


O noso sindicato fai unha aposta clara por equiparar os datos de matriculación na FP de Grado Medio cos da UE e para iso aposta por flexibilizar a propia estructura da FP, para que o alumno antes de abandonar o sistema educativo volva a recolocarse ou que se recoñeza a súa cualificación profesional a través da experiencia; o que non podemos admitir é que a través dunha Lei como a da Economía Sostible, a Universidade poida impartir títulos de Grado Superior de FP. Os ciclos de Grado Superior gozan dun recoñecemento por parte das empresas, é o alumnado que se soe inserir mellor no mercado laboral ou seguir os seus estudos para obter

o

título

universitario.

Non

estará

detrás

desta

pretensión a dificultade que teñen determinados estudos universitarios en ter matrículas razoables? A nosa Federación está inmersa nunha “campaña específica de recollida de firmas” entre o profesorado para que estes estudos se manteñan no ámbito non universitario, campaña que trasladaremos ao Ministerio. Os docentes, ao igual que os demais empregados/as públicos, temos que seguir dicíndolle ao Goberno, que hai

que reconducir a negociación colectiva na Función Pública, rota

unilateralmente por parte do Goberno, ao rebaixarnos o salario a finais do curso pasado e conxelárnolo no 2011, deixando sen valor o acordo firmado coas OOSS do sector. Iniciamos o curso en peores condicións laborais, aumentando os rateos, reducindo o número de profesorado por centro e aínda temos algunhas conquistas sindicais, como a xubilación anticipada LOE en dúbida. O sistema educativo é a peza chave para saír da crise fortalecidos: o aumento na formación dos cidadáns, xunto a un apoio á Universidade para impulsar ese cambio no modelo produtivo son esenciais para conseguilo. Pero tanto a sociedade como o Goberno teñen que ter claro que para facelo os/as traballadores/as do ensino somos imprescindibles.

A educación é un traballo en equipo

Carlos López Cortiñas Sº Xeral Federal da FETE UGT

Página 2

BOLETÍN FETE UGT


EDUCANDO EN IGUALDADE O pasado mes de xuño FETE UGT

firmou

Ministerio

un de

convenio

co

Igualdade

co

obxectivo de achegar a Igualdade ás aulas. a

Deste convenio xurde

campaña

Igualdade”,

“Educando centrado

en nas

relacións afectivas e a promoción das relacións de bo trato e de igualdade entre homes e mulleres.

A coeducación é parte fundamental da Educación en Valores. Unha sociedade igualitaria e non discriminatoria cara ás mulleres esixe que se empece dende as primeiras idades pasando por todas as etapas educativas.

FETE UGT GALICIA realizou a presentación desta campaña en tres centros da provincia da Coruña. As actividades foron desenvolvidas no CEIP Concepción Arenal e CEIP de Zalaeta da Coruña e no CEIP Mosteirón de Sada.

Nelas participaron preto de 200 alumnos/as de 2º a 6º de primaria e 8 mestres/as que recibiron o día 4 a presentación da campaña por parte da Secretaría de Políticas Sociais da FETE e unha formación inicial por parte dunha relatora do Ministerio de Educación.

Desexamos que esta actividade se repita en moitos centros de Galicia. Debido a importancia que ten o tema da igualdade no Ensino animámosvos a participar nesta campaña

Nº 01

Página 3


ENSINO PRIVADO e CONCERTADO REFORMA LABORAL:

para nós prexudicial

Resulta practicamente imposible sintetizar todos os cambios da reforma laboral que prexudican os dereitos dos traballadores. Aquí, simplemente,

expoñemos

algúns

dos

máis

salientables: • Fai que o DESPEDIMENTO dos traballadores

sexa: máis fácil, máis barato e máis rápido • As Empresas poderán descolgarse das Subas

Salariais pactadas nos Convenios Colectivos • A modificación do horario de traballo será a

discreción da empresa • As

Empresas

poderán

reducir

a

Xornada

Laboral

dos

Traballadores,

unilateralmente máis información

XUBILACIÓN PARCIAL:

caos administrativo

Xubilación parcial aos 60 anos e 6 meses: Xa vos informamos recentemente de que segundo da provincia de que se tratase estábase a conceder ou non a xubilación parcial aos 60 anos e 6 meses

aos

traballadores

do

ensino

concertado. Ante semellante desconcerto FETE-UGT Galicia fixo unha consulta ás catro direccións provinciais. As respostas foron as seguintes: As dirección provinciais de Coruña e Lugo responden que haberá que esperar á publicación no BOE da lista dos convenios que se poden acoller á disposición transitoria segunda do Real Decreto lei 8/2010 de 20 de maio. A dirección provincial de Ourense manifesta que si é aplicable a antedita disposición transitoria e a dirección provincial de Pontevedra di que non. máis información Página 4

BOLETÍN FETE UGT


CONTRA O RECORTE DO SALARIO As organizacións sindicais FETE-UGT, FSIE, USO e CCOO denuncian o posible recorte dos salarios dos traballadores do ensino concertado para o ano 2011. FETE-UGT, xunto co resto das organizacións sindicais e empresariais máis representativas do Ensino Privado Concertado, diriximos unha carta ao Ministro de Educación, Ángel Gabilondo, co fin de solicitarlle a reunión urxente da Mesa do Ensino Concertado para debater o Proxecto de Lei dos Orzamentos Xerais do Estado para 2011.

Así

mesmo,

partidos

tamén

acordamos

políticos

con

presentar

aos

representación

parlamentaria as emendas necesarias para que non se produzan estes recortes.

máis información

Nº 01

Página 5


CAMPAÑA en defensa da FORMACIÓN PROFESIONAL FETE UGT rexeita rotundamente o sistema de integración da Formación Profesional Superior nas Universidades. MANIFESTO: "Non aos ciclos formativos de FP na Universidade" Solicitamos a túa firma para expresar a túa oposición a que os ciclos formativos pasen a depender dos Campus de excelencia

COMEDORES ESCOLARES A Consellería de Educación responde ante a reclamación da FETE-UGT sobre os dereitos do persoal docente e laboral nos comedores escolares. A UGT esta estudando xuridicamente este tema para establecer o correspondente contencioso. máis información

Página 6

BOLETÍN FETE UGT


FORMACIÓN CURSOS NA REDE FETE UGT GALICIA organiza dous cursos na rede Curso para activos (funcionarios/as docentes, interinos/as, substitutos/as, mestres de relixión, mestres privada concertada) 60h en dous módulos de 30 LINUX COMO FERRAMENTA DIDÁCTICA I - do 13 de decembro ao 20 de xaneiro LINUX COMO FERRAMENTA DIDÁCTICA II - do 1 de febreiro ao 6 de marzo Homologado pola Consellería de Educación

Curso para parados/as LINUX COMO FERRAMENTA DIDÁCTICA 60h (poderán ser as 60 ou 4 certificados de 15 horas) Homologado pola Universidade de Santiago

Máis información na túa sede comarcal

EDUCACIÓN EN VALORES DATAS : 3, 4 e 5 de novembro LUGAR :

Edificio Sindical - Parque San Lázaro,12 - baixo OURENSE

HORARIO: mércores e xoves de 18.00 a 21.30, venres de 18.00 a 21.00 PREZO:

15€ afiliad@s - 45 non afiliad@s

HOMOLOGACIÓN: Esta actividade de formación está homologada pola Universidade de Santiago polo tanto é computable para as oposicións e para o concurso de traslados pero non para os sexenios. máis información no teléfono 988 237 790

Página 7

BOLETÍN FETE UGT


SAÚDE LABORAL PRESTACIÓNS ÁS QUE SE TEN DEREITO EN CASO DE ACCIDENTE LABORAL OU ENFERMIDADE PROFESIONAL Hai que ter en conta que no caso de accidente de traballo e enfermidade profesional téñense unha serie de dereitos médicos como: • Tratamento médico cirúrxico e de

rehabilitación, todo o gasto de prescricións farmacéuticas e técnicas diagnósticas e terapéuticas que sexan necesarias. • Subministración e renovación dos aparellos de

próteses e ortopedia se fosen necesarios, así como os vehículos para inválidos se fosen necesarios. • Cirurxía plástica e reparadora axeitada cando quedasen deformacións ou

mutilacións que produzan alteración importante no aspecto físico do accidentado/a • Rehabilitación necesaria ata obter unha curación

completa • Os gastos de desprazamento, se fosen necesarios para

recibir a asistencia.

DÍA MUNDIAL DO TRANSPORTE ESCOLAR FETE UGT lanza unha campaña para concienciar aos estudiantes sobre a importancia dun comportamento correcto nos autobuses escolares

Página 8

BOLETÍN FETE UGT


Nยบ 01

Pรกgina 9


Recursos para EI

Recursos para primaria

xogos educativos EP

Recursos

Recursos para EI e EP

Recursos EP e ES

FETE-UGT AROUSA

FETE-UGT A CORUÑA

Rúa Castelao 22, Baixo 36600 - Vilagarcía ( Pontevedra ) Tlf. 986 511 213 - Fax 986 510 520 E-mail: arousa@feteugtgalicia.es FETE-UGT COSTA LUGUESA

Avda. Fernández La Torre 27, 2º 15006 - A Coruña Tlf./Fax 981 247 875 E-mail: acoruna@feteugtgalicia.es FETE-UGT DEZA

García Doriga, Edificio INEM 3ª Planta 27850 - Viveiro ( Lugo ) Tlf. 982 550 016 - Fax 982 550 016 E-mail: costalugo@feteugtgalicia.es FETE-UGT FERROL

Baiuca, 7 36680 - A Estrada ( Pontevedra ) Tlf./Fax 986 573 223 E-mail: deza@feteugtgalicia.es FETE-UGT LEMOS

Rúa do Carme, 43 – 45, 2º 15402 - Ferrol ( A Coruña ) Tlf./Fax 981 359 131 E-mail: ferrol@feteugtgalicia.es FETE-UGT LUGO

Roberto Baamonde 29, Baixo 27400 - Monforte ( Lugo ) Tlf. 982 403 210 - Fax 982 402 498 E-mail: lemos@feteugtgalicia.es FETE-UGT OURENSE

Ronda da Muralla 58, 1º 27003 - Lugo Tlf. 982 221 854 - Fax 982 246 511 E-mail: lugo@feteugtgalicia.es FETE-UGT PONTEVEDRA

Parque San Lázaro 12, 1º 32003 - Ourense Tlf./Fax 988 237 790 E-mail: ourense@feteugtgalicia.es FETE-UGT SANTIAGO

Pasantería 1, 1º 36002 - Pontevedra Tlf. 986 858 413 - Fax 986 861 054 E-mail: pontevedra@feteugtgalicia.es FETE-UGT VALDEORRAS

Miguel Ferro Caaveiro 12, 1º 15707 - Santiago ( A Coruña ) Tlf. 981 573 634 - Fax 981 575 033 E-Mail: compostela@feteugtgalicia.es FETE-UGT VIGO

Praza do Concello 2, Baixo 32300 - O Barco ( Ourense ) Tlf. 988 682 744 - Fax 988 321 152 E-mail: valdeorras@feteugtgalicia.es

García Barbón 67 36201 - Vigo ( Pontevedra ) Tlf./Fax 986 220 812 E-mail: vigo@feteugtgalicia.es


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.