Lois Pereiro Interactivo

Page 1

LOIS PEREIRO

INSTALACIÓN MULTIMEDIA POR ESCOITAR.COM

Biografía a través da

súa obra, das súas imaxes e dos seus sons, en especial da súa voz

Cronoloxía en formato multimedia dunha vida a contracorrente

Escoitar.com ofrece a construción dun interface multimedia para coñecer a obra do escritor galego Lois Pereiro. O interface está composto por 2 elementos:

*Unha pantalla multitáctil de gran tamaño flotando horizontalmente sobre unha peana *Un muro vertical de 2x3.5 metros en formato caseta portátil sobre o que se desprega unha liña de tempo da súa vida e obra incluíndo pequenas pantallas incrustadas (marcos dixitais).

Ofrécese a programación dende cero do interactivo sobre pantalla multitáctil xigante (42”), engadindo o deseño do stand sobre o que flotarán pequenas pantallas multimedia sobre unha liña de tempo da vida do escritor (o concepto que guiará este traballo).


Pantalla MultiTáctil Sobre unha pantalla multitáctil de 42” (107 cm en diagonal), programarase un interactivo dinámico e sensible ó tacto e á manipulación con dedos e xestos. Basado no concepto de liña de tempo, será posible dar vida ó gran muro que acompaña á peana coa pantalla.

Openframeworks jQuery

Computer Vision, physical mapping, HTML5, CSS3 e outras tecnoloxías darán vida a esta instalación

A liña de tempo poderá ser desprazada coas mans, sensible a varios usuarios ao mesmo tempo. Cada espazo de tempo nesta liña (intervalo de anos, por exemplo), ou hitos na vida do escritor terá contido especial e poderase despregar en novos contidos da pantalla como si se tratase de abrir unha nova páxina web. Haberá xogos relacionados coa súa obra escrita, álbums de fotos interactivos coa posibilidade de estirar as fotografías, construir puzzles con algunha delas, libros electrónicos nos que se poderán pasar páxinas, xogos para completar algúns dos seus poemas, reproductores de son para escoitar a súa voz e a voz dos seus amigos e unha serie de accións interactivas que axuden ó visitante a instroducirse na súa vida e obra. Para o deseño deste sistema empregaranse tecnoloxías como Openframeworks (librería c++), HTML5, CSS3, jQuery Touch e outras para todo o relacionado coa imaxe, e Supercollider e Javascript para todo o relacionado co son. Todo elo sobre unha pantalla multitáctil Philips de 42 pulgadas alimentada cun pequeno ordenador embebido e silencioso (sin ventiladores).


Muro dinámico/Stand Con 3,5 ou 4 metros, e respaldando á pantalla interactiva, haberá un muro plano e portátil con retro-iluminación (como unha lámpada) no que aparecerá impresa a liña de tempo da súa vida e con 4 marcos dixitais incrustados nos que as fotografías do autor moveranse continuamente (ver diagrama máis abaixo)

Lona semitransparente montada sobre un stand portátil de estructura de alumiño (encartable nunha maleta de transporte con rodas)

Impresa sobre unha lona semitransparente colocarase a liña de tempo co mesmo deseño do interactivo da pantalla táctil.. Esta lona retro-iluminada terá un aspecto de pantalla xigante na que se poderá coñecer a vida do escritor dunha ollada, estructurada por anos ou hitos na vida do artista e na que se podrán colocar logos de colaboradores, patrocinios e calquera elemento gráfico necesario. O deseño do muro faise no noso estudio e entrégase en tamaño para impresión. No muro van tamén incrustadas catro minipantallas (marcos dixitais) nos que as fotografías cobran vida nun slide-show en loop contínuo e de moi fácil montaxe (sin ningunha complicación). As imaxes en movemento xunto coa retro-alimentación de todo o muro axudarán a crear unha imaxe dixital e contemporánea da vida do autor.



Tech Riders Sistema Multitáctil O sistema multitáctil está composto por 4 elementos:

1.- PANTALLA MULTITÁCTIL PHILIPS MONITOR MULTITÀCTIL 42" HIGH BRIGHTNESS | Brillo: 700 Cd/m2 | Conexións: VGA, DVI-D, HDMI, RS-232C, S-Vídeo, V.Componentes Contraste: 1000:1 | Peso: 45 kg. | Pulgadas: 42

2.- ORDENADOR CON SISTEMA OPERATIVO WINDOWS 7 Industrial e encapsulado, de tamaño pequeno, sin ventiladores (silencioso)

3.- PEANA PARA MONTAR A PANTALLA Parecida á da foto que se pode ver abaixo, anque pódese facer con calquera estructura sinxela envolta coa mesma lona da impresión do muro.

4.- AURICULARES PARA O PÚBLICO

*Pantalla Philips Multitáctil 42” *Peana para posicionala horizontalmente *Ordenador encapsulado e silencioso dentro da peana *Cascos para o público


Tech Riders Muro/Stand O muro pode estar construído cun stand portátil estándard: *Estructura de alumiño anodizado. *Soleras de alumiño con velcro. *Forro total co arte, impreso en lona comercial ou tela. *Estuche cilíndrico de transporte. *Bolsas de tela para empaque interno.

4 marcos dixitais de diferentes tamaños con ranura SD para tarxetas de memoria. Necesidade de troquelar a lona en catro lugares para a incrustación das 4 mini-pantallas

Alzado da instalación


Acerca de Escoitar.com Escoitar.com é unha nova empresa de servizos audiovisuais herdeira da longa experiencia de proxectos e iniciativas vivas como a produtora de eventos SINSALaudio de Vigo ou os colectivos de creadores como Alg-a.org (Galicia), Artesonoro.org (global) ou Mediateletipos.net (global). Escoitando, o outro nome da empresa, é xerundio de Escoitar, é dicir, é a acción empresarial da Asociación Cultural Escoitar.org, un proxecto cunha traxectoria importante en relación ao traballo co patrimonio inmaterial (a paisaxe sonora de Galicia) e cuxas propostas foron reclamadas en todo o mundo. Escoitando reúne, entón, a experiencia acumulada de todos estas frontes ofrecendo ao mercado algúns proxectos innovadores como as Audioguías noTours (que interaccionan co visitante en relación á súa posición e actitude), os Mapas Sonoros interactivos (capaces de ofrecer unha postal sonora dun lugar) e unha serie de módulos para a industria cultural que complementan a estes produtos pero ao mesmo tempo ofrecen novas perspectivas sobre a produción cultural contemporánea (desenvolvemento Web avanzado, sistemas interactivos, produción de interfaces, video HD, etc.). Escoitando é tamén un laboratorio de desenvolvemento web, especialista en aplicacións multiplataforma como jQuery Mobile -Android, IOS- e HTML5+CSS3. Entre os clientes actuais da empresa destacar o Museo Nacional Reina Sofía (implementación de nova web e creación da radio e a televisión do museo), o Festival ZEMOS98 de Sevilla (Web e TV), a Casa Encendida de Madrid (Audioguías), a LABoral Centro de Arte Industrial de Xixón (Audioguías do barrio de Cimadevilla), etc.

noTours.org é un dos seus proxectos con maior proxección internacional (México, Alemaña, Rumanía, Estonia)

Son responsables do portal de Arte Sonora Artesonoro.org e da publicación Mediateletipos.net Forman parte de Centro de Creación Experimental de Cuenca e do Grupo de Investigación DX7 Tracker da Universidade de Vigo


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.