Audioguias Escoitando.org para interiores

Page 1

noTours

Detalle do rack de audioguías para interiores de Escoitando.org

AUDIOGUÍAS

ESCOITANDO.ORG

Un paseo multisensorial pola historia do lugar: noTours noTours? noTours é un proxecto de Escoitando.org (Escoitar.org , artistas, enxeñeiros, antropólogos e musicólogos), que permitirá percorrer espazos portando audioguías mp3 de pequeno tamaño para experimentar acústicamente o lugar. Ofrece unha experiencia acústica ligada ao espazo e chea de relatos persoáis e historias que convirten o paseo nun acontecemento para todos os sentidos. Os contidos e algúns aspectos sobre a interactividade co usuario distinguen este produto dun audio-guía ao uso.

como funciona? Utilizando o formato cada vez máis estendido do audio-guías turísticas que facilitan información sobre espazos catalogados como relevantes e de interese público, este proxecto propón utilizar este sistema de coñecemento auditivo no espazo para achegarse dende a orella ás historias e relatos locais, para intervir non só na percepción do espazo percorrido,

senón na propia percepción dos usuarios das audioguías.

acompañe ó visitante durante o seu paseo polo espazo.

Os visitantes poderán recoller as audioguías na entrada dos espazos (edificios, museos, xardíns, etc.). O recinto percorrido terá una sinaléctica que lle mostrará ós visitantes o número de pista asociada ó lugar que está visitando (unha pegatina en vinilo que indica o número de pista que o visitante ten que escoitar nese espazo concreto).

Anque o máis importante e destacado deste proxecto son os contidos e as dinámicas que se xeneran no desenvolvemento das audioguías, é dicir, o modo no que se inscribe o proceso de construcción na realidade do lugar visitado, existe outra dimensión moi importante: a

que propón? noTours propón a construcción deste relato sonoro múltiple traballando previamente cos axentes e historiadores locais. Para a súa construción faranse entrevistas en profundidade con estos axentes así como traballos de prospección que axuden a construir un relato próximo e ligado á memoria do lugar. A estes relatos incorporaranse elementos sonoros, efectos sonoros e entornos musicáis para construir un docudrama (documental sonoro) que

tecnolóxica.

Escoitar.org ofrece unha Páxina Web na que se poden escoitar públicamente os contidos da audioguía, cunha ficha tecnica e artística dos proxectos que relata y coa posibilidade de descargar os contidos para ser escoitados no recinto a través de reproductores mp3 persoais ou das audioguíás Escoitar.org. Tamén ofrece a creación de aplicacións para dispositivos de man (Tablets, Smartphones, etc.) ou a posibilidade de instalar pantallas táctiles no espazo como reclamo das audioguías.


DOCUMENTACIÓN PARA O VISITANTE

SINALÉCTICA


A produción Fases da produción da audioguía noTours

fase 1

fase 2

fase final

1

1

1

Traballos de prospección.

Realización de entrevistas en profundidade con axentes culturais locais

Optimización dos aparellos cos contidos xa procesados e finalizados

2

2

2

Concretar contidos (resultado do traballo coa organización do evento e os intereses dos proxectos e expositores)

Elaboración, procesado e composición dos audiorelatos.

Proba final no espazo no que funcionarán as audioguías e colocación da sinaléctica no recinto

3

3

3

Acordos con algún sponsor e presentación pública do proxecto.

Primeiros paseos coas audioguías para probas de sentido e narratividade

Posta en marcha do sistema.

OS RACKS CON AUDIOGUÍAS Existen diferentes versións según o tamaño da proposta. Desde un de 9 unidades (na foto), ata 32. Todos os racks inclúen sistema de carga e cascos hixiénicos para os usuarios.


algunhas intervencións de

Escultura Escuchadora de Escoitar.org en la Facultad de Bellas Artes de Cuenca (diciembre 2009)

Escoitar.org fomentando e promocionando a escoita activa...

______________________

Acerca da Escoitando.org Escoitando é a cara empresaria do Colectivo Escoitar.org, un grupo de activistas sonoros que traballan na posta en valor da experiencia acústica (denostada historicamente en favor da visual).

______________________

O seu principal obxectivo é o fomento e a promoción do fenómeno sonoro e a escóita activa (son promotores en España da corrente Estudos Aurais). Entre outras actividades traballa na conservación da memoria sonora, a posta en valor do patrimonio cultural inmaterial, o fomento da participación dos oíntes na configuración do patrimonio sonoro e os traballos de campo, rexistro e contextualización dos sons ambientais do país. Actualmente traballa en varios proxectos, algúns deles no contexto de Galicia (Fonotopías de Galicia. Gravación de sons en perigo de extinción) ou o deseño dun mapa sonoro de Galicia público e universalmente accesible. Co-editores de proxectos como Artesonoro.org, Mediateletipos.net ou noTours.org, presentaron os seus proxectos en México (Fonoteca Nacional), Holanda (Interference), Alemaña (ZKM), Italia (Academia das Artes), EEUU (ArtBasel) ou en espazos peninsulares como Matadero-Madrid, Medialab-Prado, Laboral, Artium, CGAC, MARCO, Bòlit Girona ou Casa Encendida. noTours, o sistema de audioguías de Escoitar.org (coas súas dúas versións, as de interior e as de exterior -gps+brúxula dixital-) foron utilizadas en países como Estonia, Rumanía, Portugal e Francia, e en espazos da península como El Retiro de Madrid ou a Bienal de Arte Contemporáneo de Pontevedra.

Son responsables do portal de Arte Sonora Artesonoro.org e da publicación Mediateletipos.net ______________________

Forman parte do Centro de Creación Experimental de Cuenca


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.